|
O Castro de Negros coas torres no seu cumio. Foto: J. Migueles
|
O Inventario Xeral
do Patrimonio Cultural de Galicia cataloga un total de 780 bens de
interese na Comunidade. Unha cifra ridícula se temos en conta a
consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) a calquera elemento
patrimonial que supere os cen anos. A figura de BIC suponse que
debería protexer este patrimonio, pero na práctica esta protección
poucas veces chega a bo termo e continuamente destrúense mámoas,
petróglifos, edificios históricos...
A nivel nacional, a
asociación sen ánimo de lucro Hispania Nostra, recoñecida pola
UNESCO, publica desde 2007 a “Lista Roja del Patrimonio”.
Nel inclúense os elementos patrimoniais a piques de desaparecer.
Esta lista actualízase cada ano coa inclusión de novos bens e coa
baixa do patrimonio restaurado ou totalmente destruído.
No que atinxe a
Galicia a lista aumenta ano a ano. Se en 2020 recollíanse 35
elementos patrimoniais en grave risco, en 2021 a cifra aumentou a 50
e no que vai de 2023 (agosto) engadíronse dous máis.
Esta idea de dar
visibilidade ao patrimonio que podemos perder e que por desgraza imos
perdendo, lévame a crear a Lista Vermella de Redondela.
1. O Castro de
Negros.
O único Castro cen
por cen redondelán sufriu moitas agresións. As máis graves serían
a colocación dunha torre de alta tensión e unha torre de
sinalización do aeroporto para a que se abriu unha pista de acceso
con recheos de terra. A propia comunidade de montes construíu un
área de lecer con mesas, bancos, un cruceiro e papeleiras que a
miúdo poden verse colmadas de lixo. Se isto fora pouco colocaron
unha fonte, o que provocou importantes danos na realización das
obras de condución da auga ata o alto do castro. A última das
agresións que cabe citar viría desde a propia escola de
Portocabeiro, que durante anos fomentou a busca de restos
arqueolóxicos por parte do alumnado para facer un pequeno museo no
colexio. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html
)
|
Restos do Castro da Peneda que habitualmente están tapados pola maleza. Foto: Juan Migueles
|
2. O Monte da
Peneda.
Un dos maiores
atractivos turísticos co que contamos e no que se atopa outro
castro. Trátase dun lugar cheo de historia, lendas e dunha
tradicional devoción relixiosa que conta cunhas vistas
privilexiadas. Por se todo isto fora pouco, conta cunha sobreira
incluída na listaxe de árbores senlleiras e ademais celébrase a
Festa dos Fachos. Por desgraza é un linde entre Redondela e
Soutomaior polo que, ata o de agora, as dúas administracións locais
non conseguiron unha axeitada coordinación para explotar todo o
potencial turístico deste enclave. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-peneda.html
)
|
Restos dun muíño a piques de desaparecer. Foto: J. Migueles
|
3. Os muíños.
En Redondela chegou
a haber máis de 150 muíños a presión urbanística e
principalmente o abandono está levando á desaparición de moitos
deles. Actualmente (2023) o Concello traballa por conseguir a
concesión dun muíño para convertelo en aula didáctica. Unha boa
iniciativa pero que semella pouco ambiciosa tendo en conta a
recuperación de muíños noutros concellos dentro de proxectos de
creación de sendas fluviais. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html
)
|
Un dos canastros en Cabo dos Fumeiros. Foto: J. Migueles
|
4. A
concentración de canastros (hórreos) do Cabo dos Fumeiros.
Un proxecto
proposto numerosas veces e que ata o de agora (2023) non se levou a
cabo. Os poucos canastros superviventes esmorecen coa escusa (como no
caso dos muíños) de que son bens privados. Na realidade, como pode
verse noutros concellos, é que as administracións contan con
fórmulas legais para intervir nestes elementos, tan só é necesaria
un pouco de vontade política. Neste caso contamos cun fondo
fotográfico para axudar á recuperación deste espazo, que podería
iniciarse coa reconstrución dos canastros de madeira desaparecidos.
Este é o tipo de canastro con maior probabilidade de desaparecer do
noso concello pola necesidade dun maior mantemento. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/canastros.html
)
|
Restos do Cruceiro do Lombo, hoxe desaparecido. Foto: J. Migueles
|
5. Os cruceiros.
Neste caso temos
que aplaudir a recente recuperación do cruceiro e peto de ánimas do
Esteiro (Cesantes), por iniciativa do Obradoiro de Estudos Locais
Fernando Monroy. Un exemplo que agardemos sirva para a recuperación
do Cruceiro e peto de ánimas da Carambola (Reboreda) ou, tamén na
mesma parroquia, do cruceiro da Carambola. A maior ameaza destes bens
son os golpes de coches e camións que levaron á desaparición do
cruceiro do Lombo (Ventosela), por poñer un exemplo. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/cruceiros-desaparecidos.html
). Agora
mesmo faise necesario a protección de cruceiros do século XIX como
o da Raíña (Cedeira), Pousadouro (Reboreda) ou o Carballo
(Redondela) que se atopan en grave perigo de ser destruídos. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html
)
|
Cargadoiro de Coto Wagner. Foto: J. Migueles
|
6. O Cargadoiro
de mineral de “Minero Siderúrgica de Ponferrada
S.A.”, máis coñecido como de Coto Wagner.
Os
recentes intentos do Porto de Vigo de desmantelalo para realizar
novos recheos dentro da Enseada de San Simón o sitúan como a
construción de patrimonio industrial en máis grave risco de
desaparecer do noso concello. Ata de agora non hai un proxecto claro
de recuperación nin deste cargadoiro nin do da
“Compañía
Minerales de Hierro de Galicia”, que sumados ao Meirande, aula de
interpretación da Batalla de Rande, o Castelo de Rande (do que estes
días se denunciaba o seu abandono) e a Ponte de Rande,
transformarían o barrio de Rande nun atractivo turístico moito
maior do que xa é na actualidade. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/cargadoiros-de-mineral.html
)
7.
As casas de Casto Sampedro
e Alejandro Otero.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html
)
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/otero-fernandez-alejandro-redondela-14.html
).
Son
dúas construcións nas que se colocaron placas de homenaxe a estes
dous redondeláns, pero das que tan só se conservan as fachadas. É
unha mágoa ver vivendas que se veñen abaixo por mor do abandono en
pleno casco histórico de Redondela, pero se ademais teñen un
vínculo con persoeiros destacados da nosa vila, fan que a tristura
sexa aínda maior.
|
Restos do Pazo de Soutoxuste. Foto: J. Migueles
|
8.
Os pazos de Soutoxuste e Saxamonde.
Apenas queda nada destes dous pazos que sucumbiron
baixo construcións máis modernas. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html
)
Tamén
é preocupante o prolongado abandono do Pazo de Torrecedeira e da
próxima casa de Monterraso, a primeira reformada e a segunda obra do
arquitecto francés Michel Pacewicz. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html
)
|
Un dos Petróglifos da Moscalleira. Foto: J. Migueles
|
9.
Os petróglifos da Moscalleira (Reboreda).
Descubertos
en 2017 e re-descubertos en 2019 (cando se catalogaron). Realizouse
algunha visita guiada aos mesmos e aí rematou todo. Agora mesmo é
practicamente imposible acceder a eles. Ao atoparse en terreos
privados complica a súa xestión de cara a unha explotación
turística. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-buxel.html
)
Apesares
da posta en valor dalgúns petróglifos (Monte Mirallo e Ruta das
Pedras) son moitos os que aínda carecen de sinalización no noso
concello, o que os pon en perigo de ser esnaquizados por maquinaria
forestal. Tamén son continuas as agresión por persoas que as marcan
con xiz, anacos de ladrillo ou mesmo botando terra, caso máis grave
se viviría nos petróglifos das Porteliñas, no que se pintou un
grafiti.
|
Mámoa oculta pola maleza. Foto: J. Migueles
|
10.
As mámoas.
Ao
igual que os petróglifos, o maior perigo ven polo emprego de
maquinaria forestal. A maior concentración de mámoas a temos no
monte Mirallo (Penide) na que chegaron a catalogarse 58 e das que tan
só quedan algo máis de trinta. As últimas dúas destruídas en
2015 por unha compañía eléctrica sen consecuencias legais para a
mesma. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html
)
|
Telleira hoxe oculta pola maleza. Foto: J. Migueles
|
11.
As Telleiras de Cesantes.
Outra
xoia do noso patrimonio baixo a maleza. Outra iniciativa
do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de
posta en valor levou a unha oferta de compra do Concello aos
propietarios dos terreos que non chegou a bo porto. A eterna promesa
electoral dun paseo pola costa ata a praia de Cesantes tería aquí
un potencial turístico enorme. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/as-telleiras.html
)
12.
As reitorais de Cedeira e Ventosela.
O
bispado de Tui permitiu o abandona destas dúas construcións. No
caso da de Cedeira é xa practicamente irrecuperable co recente
derrube de parte da fachada.
13.
A igrexa de Vilavella.
Seguramente
non debería estar na lista, pero sirve de exemplo da impunidade co
que o clero pode actuar sobre elementos relixiosos que son patrimonio
histórico a conservar. Se
o anterior párroco, Octavio Rotea, tomou decisións como destruír o
altar maior ou o púlpito, o actual non se quedou atrás e tivo
iniciativas
tan cuestionables como furar o campanario para instalar un reloxo ou cortar a reixa de madeira do coro trala que escoitaban a misa as
monxas de clausura do convento. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html
)
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html
).
|
Estado no que quedou a reixa do coro. Facebook da parroquia.
|
Por
desgraza a
lista podería seguir con agresións como a sufrida hai pouco polo
Miliario de Antas ao ser rascado por un tractor (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/os-miliarios.html
)
ou
os golpes de vehículos recibidos pola Marca do Rei e a anunciada
posta en valor que non foi tal. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-marca-do-rei-vilavella-redondela.html
)
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Facebook >
Asociación
para a defensa do Patrimonio Cultural Galego
Ver
bibliografía dos enlaces do texto.