Un miliario é un marco de pedra que sinalaba as millas (milia
passum de equivalencia variable entre os 480 e 642 metros)
nas calzadas romanas. Casto Sampedro Folgar, un dos fundadores da
Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, catalogou miliarios en
Cesantes (2), Saxamonde, Quintela e Vilar de Infesta, trasladándoos
ao museo de Pontevedra para a súa conservación, agás o miliario de
Vilar, coñecido como Miliario de Antas, que permaneceu in situ pola
oposición veciñal.
Miliario de Cesantes
Descuberto
en 1975 nunha leira chamada O Sobreiro, próxima á fonte dos Frades.
Está adicado a Marco Aurelio.
No
1999 foi cedido á Consellería de Cultura, Comunicación Social e
Turismo e dende aquela está exposto na Casa da Torre, albergue de
peregrinos de Redondela.
.
Miliario na Casa da Torre Fª J.Migueles, 2009
|
Miliario de Outeiro das Penas
Atopado a finais en 1896 no lugar de Sobreiro (Outeiro das Penas,
Cesantes), durante a construcción da liña de ferrocarril
Pontevedra-Redondela. Nel pódese ler “IMP (eratori) CA (esari) P
(io) F(elici) / NUERARI / ANO / INVICTO / AUG (usto)”. (“Emperador
César Numeriano, pío, feliz, invicto, augusto).” En
1975 atopouse nunha leira un anepígrafo que completa o miliario.
Miliario do Sobreiro. Foto publicada en "As illas de San Simón e San Antonio" |
Miliario de Quintela
Atopado en 1896 facendo de soporte dunha mesa de pedra preto da
igrexa parroquial. Está adicado a Decencio no ano 351 d.C.:
“D(omino) N (ostro) / DECENTIO / CAESASR (i) VICTOR (i)”.
Miliario
de Saxamonde
Cortado lonxitudinalmente en catro partes, foron atopadas dúas no
lugar de Padrón (Saxamonde) e os outros dous en Quintela, onde eran
empregados como postes de viña. Está datado no 134 d. C.:
“IMP(eratori)
CAES(ari) TRA(xa)NO/PONTIF(ici) MAX(imo)/TRIB(unicia) POTES(ate)
(XVI) II/CO(n)S(uli) III P(atri) P(atriae) A TU(de)/M(ilia) P(assuum)
XVII".
O Miliario de Antas
Este
marco é o único que se pode visitar in situ en toda a provincia de
Pontevedra. Formaba parte da vía XIX que unía Braga con Astorga,
pasando por Lugo, sendo erixido entre os séculos I e III d. C.
Sinala o límite entre Vilar e as parroquias de Mos: Louredo e
Guizán. Neste miliario apenas se conservan as inscricións romanas,
pero si que presenta cazoletas e cruces gravadas na Idade Media e ou
na Idade Moderna.
Por outra banda, este miliario está moi ligado ás crenzas sobre
fertilidade, contándose que as mulleres cando non conseguían quedar
embarazadas acudían a fregarse contra a pedra. En 1931 a Sociedade
Arqueolóxica de Pontevedra con Casto Sampedro e Filgueira Valverde á
fronte tentaron levalo como os demais ao Museo de Pontevedra, pero a
oposición veciñal impediu o seu traslado.
Miliario de Antas. Foto: J. Migueles, 2008. |
Estado actual (2008).
No
camiño non hai ningún sinal que indique a situación do miliario.
Isto é unha mágoa porque calquera información turística non serve
de nada si a xente non sabe como chegar, de feito a meirande parte
dos redondeláns descoñecen a súa existencia. Dispón dun cartel
explicativo colocado polo colectivo Alen Nós e, un pouco máis lonxe
na estrada, outro con fotos da intervención arqueolóxica realizada
no 2007. É bastante lamentable que o panel informativo estea situado
fóra do camiño de Santiago, porque probablemente moitos peregrinos
pasan por diante sen miralo.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Menhires y marcos de
Portugal y Galicia. Luis Monteagudo García. Anuario Brigantino
2003, nº 26.
Internovas.
Historias de Redondela
(http://www.ipdca.com/internovas/). Os
miliarios romanos de Redondela. J. A.
Orge Quinteiro.
SEREN
Nº3.
Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª
Rodríguez Martínez.
Nº5.
Os miliarios romanos de Redondela. Apuntamentos para unha historia
de Redondela. J. A. Orge Quinteiro.
Redondela
arqueológico-etnográfica.
Jose Manuel Hidalgo.
Pontevedra: Los
orígenes del asentamiento humano. Antonio de la Peña Santos.
O
noso patimonio:
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia_9.html
En
Galiciana-Biblioteca Digital de
Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
Gaceta de Galicia (Santiago), El Correo de Gallego),
La
Opinión
(Pontevedra), El
Lucense
No hay comentarios:
Publicar un comentario