Tamén, atopamos os restos dun castro, do que apenas se pode observar nada e do que se recuperaron varios obxectos que se conservan no Museo de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )
Outra curiosidade é a entrada dunha mina de auga de orixe probablemente romana. Completan o cadro un cruceiro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html )e unha impoñente sobreira, declarada en 2021 árbore senlleira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/as-arbores-senlleiras-de-redondela.html )
Nunha esquina da capela tamén podemos ver un reloxo de sol. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/reloxos-de-sol.html )
Localización Monte da Peneda: 42.326881, -8.590467
Saír de Redondela cara a Pontevedra. Máis ou menos, a 2 km. atoparemos un cruce cara a O Viso. Seguindo a estrada pasaremos entre o cemiterio e a Igrexa Parroquial de O Viso. Un pouco máis adiante un camiño á esquerda conduciranos ata o cumio da Peneda.
Chegados a este punto poderemos escoller dúas opcións subir ata preto do cumio pola estrada ou coller á esquerda e realizar o camiño tradicional a pé. Esta é a ruta por onde se sube á imaxe da Virxe nas festa. A romaría chegou a ter moita devoción por ser un lugar onde se sacaba o mal do aire. Son numerosas as coplas adicadas tanto á Peneda como á Virxe. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/coplas-adicadas-peneda-e-sua-virxe.html ) A subida é algo esixente pero máis curta, ronda os 500 metros. Á altura da última propiedade privada podemos ver unha rocha con petróglifos. Trátanse de dúas combinacións circulares.
Combinacións circulares. Foto: J. Migueles |
Fotogrametría publicada por La septima2 en Wikiloc |
Nos arredores tamén atopamos coviñas e puntos, pero a intensa actividade de cantería fai difícil distinguilas doutras marcas froito desta actividade. No traxecto atopamos outros gravados máis modernos con mensaxes escritos nas rochas do camiño polo que tradicionalmente descorre a procesión.
Gravado coa data de 1947. |
Subida a pé da Peneda. |
Podemos completar á visita achegándonos ao Outeiro Grande, monte cun área con mesas, un heliporto dos servizos de loita contra o lume e unhas fantásticas vistas á Ría de Vigo. En 2023 colocouse neste punto un columpio. Localización Monte Outeiro Grande: 42.320713, -8.602429
O Outeiro Grande visto desde a Peneda. Foto: J. Migueles |
BIBLIOGRAFÍA
Internovas. Historias de Redondela
Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.
SEREN
Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael María Rodríguez Martínez.
Los calderos del castro de A Peneda (Redondela Pontevedra) datos y argumentos para una revalorización. Xosé Lois Armada Pita.
Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo.
O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso, 2020.
Santuario de Nuestra Señora de la Peneda. Víctor Lis Quiben.
Visitas guiadas polo arqueólogo Xurxo Constela Doce, A Citania S. L.
Aportes: Xosé Couñago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario