Foto: culturagalega.org |
Médico xinecólogo, profesor desta especialidade na Universidad
Central de Madrid. Despois sería catedrático de Obstetricia na
Universidade de Granada, da que sería nomeado rector o 29 de
novembro de 1932. Socialista e membro da UGT foi Concelleiro na
cidade de Granada, Deputado a Cortes por Granada e Pontevedra (1931)
e Subsecretario de Armamento durante a Guerra Civil. Exiliouse a
Francia, onde formará parte do Servicio de Evacuación de Refugiados
Españoles (SERE), e México, onde se converteu no Xefe do Servicio
de Xinecoloxía do Hospital Español e foi membro fundador da
Sociedade Mexicana de Obstetricia e Xinecoloxía, da Unión de
Profesores Universitarios Españoles no Estranxeiro e un dos médicos
da Casa Presidencial mexicana. En canto á súa actividade política
foi vicepresidente do Partido Socialista en México. Ofrecéronlle
volver a España, ao que se negou mentres gobernara Franco. Faleceu
en 1953, ao ano seguinte os seus restos serían trasladados ao
cemiterio dos Eidos.
Homenaxe en Redondela, 1927. Foto: Llanos |
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de
Oro(1939-1989)
www.culturagalega.org
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Vida Gallega
No hay comentarios:
Publicar un comentario