miércoles, 15 de abril de 2020

As Telleiras

O monte da Telleira recibe o seu nome porque nel se fabricaban tellas dende o século XVIII. Chegou a haber sete fornos, deixando de empregarse o último deles en 1939. Xa no 2008, o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy deixou ao descuberto restos destes fornos, organizando unha xornada na que se amosou como se fabricaban antigamente as tellas.
Os fornos atópanse nunha propiedade privada e mentres os propietarios non cheguen a un acordo co Concello non hai unhas posibilidades reais de poñer en valor este patrimonio industrial. Actualmente (2019) os terreos están sen rozar e, apesares de que o propietario tapou os buracos dos fornos, a visita ademais de ilegal é perigosa.

Foto: J. Migueles, 2009.

¿Como chegar?
         Pódese ir en coche ou camiñar uns 15 minutos dende o centro. Saímos de Redondela pola Avenida Mendiño cara o Peirao de Cesantes. Coller o primeiro cruce á esquerda antes de iniciar a baixada ao porto. Logo xiraremos a dereita e no seguinte cruce colleremos o camiño do medio. Chegamos ao final do asfalto e collemos un sendeiro cunha baixada na marxe esquerda.


Fotos: J. Migueles, 2009. 

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
As telleiras de Cesantes. Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.
Faro de Vigo





No hay comentarios:

Publicar un comentario