- Cruceiros de Término. Marcan os límites dunha parroquia ou lugar.
- Cruceiros de Encrucillada. Nos cruces dos camiños.
- Cruceiros das Pontes.
- Cruceiros de parada. Neles paran ou dan a volta as procesións.
- Cruceiros devocionais. Mandados construir por un particular.
- Cruceiros penitenciais ou expiatorios. Construído como penitencia.
Ofrenda no Cruceiro do Cristo da Nuca (Reboreda). Foto: J. Migueles, 2009. |
Cruz da Encrucillada da Igrexa (Igrexa): Atópase no adro da igrexa, ata 1959 estaba nunha encrucillada a uns 100 metros, onde daba a volta a procesión de San Xoán. (42.257539, -8.629624)
Cruceiro do Cemiterio (Igrexa): A carón dunha mesa pousadoiro. (42.256535, -8.629999)
Cruceiro do Centro Cultural (Igrexa): Realizado por Jose Luis Posada Romero no 1995, durante un curso de cantaría do Concello de Redondela. Ten un Cristo. (42.256147, -8.626788)
![]() |
Cruceiro do Cemiterio |
![]() |
Cruz da encrucillada da Igrexa |
O Cruceiro (Cruceiro): Reparado varias veces por golpes de vehículos. Antigamente tiña a imaxe dun Cristo. (42.2791018,-8.6204244)
Cruceiro da Raíña (Aldea): de 1898, foi restaurado tras ser derrubado no 1997 por un camión. Ten un Cristo baixo INRI e a Virxe María orando. (42.2765846,-8.62559)
Peto das Ánimas da Raíña (Aldea): Ten unha inscrición que di: “DEVOCION DE JUAN GONZÁLEZ”. Trataríase de Juan (González) de Xouvea, benefactor de Cedeira. Probablemente construído no mesmo ano que o cruceiro. No retablo aparece San Antón de Padua co neno en brazos e un anxo liberando a unha das 3 ánimas que están entre as lapas. (42.276778, -8.625426)
Cruz do Eido Vello (Aldea): Descuberto no 2003 no muro de peche da leira Eido Vello. Un veciño de idade avanzada lembra que: - “Esta cruz estaba na entrada para sinalizar que alí vivía un monaguillo, ao que lle cederan a casa, e máis tarde foi aproveitada para construír o muro”. Na miña opinión, este eclesiástico podería ser José Rodríguez Rodríguez, coadxutor de Cedeira cando menos entre 1914 e 1938. (42.277281, -8.626256)
Cristo da Murada (Estrada de Rande): No Inventario Municipal de Redondela aparece como feito no 1800. Atópase dentro dunha propiedade privada por mor da ampliación da estrada, anteriormente estaba enriba do muro. Colocada en lembranza do accidente dun carruaxe no que viaxaba un cura. Na base esta inscrito: “(ilexible)...POR LO QUE MANDARON PONER ESTA YNSINIA D. ITACIO GONZALES Y CONSORTE COMO HEREDEROS SUYOS”. (42.286963, -8.649693)
Peto de Ánimas da Carretera (Aldea. Estrada Redondela-Vigo. Privado): Realizado por Manuel Sobrado en 1940 pola promesa feita por Clementa Carballo Cereijo ao librarse o seu fillo de loitar na Guerra Civil. Ten dous retablos. No máis alto, aparece Cristo na cruz flanqueado pola Virxe María e San Francisco. No segundo unha das 4 ánimas é salvada por San Antón colléndose ó cordón do seu hábito. (42.282428, -8.623336)
Cruz (A Portela): Atópase enriba do muro dunha propiedade privada preto do peirao da Portela. (42.287767, -8.626183)
Cruceiro da Raíña |
Cristo da Murada |
![]() |
Peto de Ánimas da Raíña |
![]()
| ||||
O Cruceiro |
Cruz na Portela |
Cruceiro e Peto das Ánimas da Ponte de Esteiro (O Coto): No peto de ánimas pódense observar 3 ánimas en actitude orante talladas en pedra. O cruceiro foi esnaquizado por un vehículo nos anos 60 do pasado século. Nas seguintes décadas e sen cruceiro o peto de ánimas sufriu unha nova agresión en 1990 cando se asfaltou a estrada. Nos sucesivos arranxos do camiño non se tivo en consideración estes restos continuando a degradación dos mesmos. En maio de 2023 o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy recuperou este conxunto realizándose un novo cruceiro a partires dos aportes orais da veciñanza ante a falta de fotografías do mesmo. (42.293975, -8.607447)
Cruceiro do Adro da Igrexa (San Pedro): Na base lese “PUSO ESTE EL AÑO 1693”. Atopábase no valado leste do cemiterio. Movido no 1976 polo párroco Francisco Alvite Lago, por mor da ampliación do cemiterio. (42.2999471,-8.6123983)
Cruceiro do Torreiro (San Pedro): Atopábase no valado leste do cemiterio. Movido no 1976 polo párroco Francisco Alvite Lago, porque o orixinal foi esnaquizado por un vehículo. A cruz do orixinal restaurouse e consérvase no soportal da casa reitoral. (42.2997607,-8.6109598)
Cruceiro da Casa Reitoral ou do Cura (San Pedro): Atópase na leira da casa reitoral. Tamén se atopaba no valado leste do cemiterio. Movido en 1976 polo mesmo párroco por mor da ampliación do cemiterio. (42.2997607,-8.6109598 )
Cruceiro do Cemiterio (San Pedro): Tamén se localizaba no valado leste do cemiterio ata que foi cambiado ó interior do mesmo no 2005. Este cruceiro e os anteriores formarían parte dun via crucis. (42.2997364,-8.6125486)
Cruceiro do Cobreiro (Illote Cobreiro): Inaugurado o 10 de setembro de 1958 en lembranza dos 43 falecidos da Garda de Franco nun naufraxio o 22 de agosto de 1950. Ten unha pedra acaroada coa inscrición hoxe ilexible: “CAMARADAS DE LA GUARDIA DE FRANCO PRESENTES 1950-1958”. Na cruz presenta un Cristo é, na parte traseira, a Virxe da Peregrina. (42.3047375,-8.6265458)
Peto de Ánimas da Macarella (Outeiro das Penas. Estrada Redondela-Pontevedra. Privado.): O nome ven do alcume dos anteriores donos. Debaixo do retablo pódese ler unha inscrición moi parecida a do Peto do Cemiterio de Redondela: “UNA LAGRIMA POR UN MUERTO SE EBAPORA UNA FLOR SOBRE SU TUMBA SE MARCHITA UNA ORACION POR SU ALMA LA RECOJE EL SEÑOR”. O retablo é de pedra pintada, mostra a San Francisco entre nubes sobre varias ánimas. (42.311088, -8.614640)
Esmoleiro da Virxe do Carme (A Punta, Praia de Cesantes): Atópase na moderna capela da Virxe do Carme. Nunha placa metálica aparece en castelán e en galego: “ESTA IMAXE DA VIRXE DO CARME DONARON OS VECIÑOS DE CESANTES COA COLABORACIÓN DA COMISIÓN DE FESTAS DO ANO 1992-1993 CESANTES 16-7-1993”. (42.309165, -8.621623)
Cruceiro e peto da Ponte de Esteiro, 2010 |
![]() |
Cruceiro de O Cobreiro |
Cruceiro do Cemiterio |
![]() |
Cruceiro do Adro da Igrexa |
![]() |
Cruceiro do Cura |
![]() |
Cruceiro do Torreiro |
Esmoleiro da Virxe do Carme |
Peto da Macarella |
Cruceiro do Torreiro (Igrexa): Esnaquizado no 1975 por un camión, tan só se conserva a base do cruceiro orixinal, o resto fíxose novo. Anteriormente estaba localizado a uns 15 metros e tiña unha imaxe de Cristo. (42.2643075,-8.6696049)
Cruceiro do Folón ou do Alto da Encarnación (Camiño do Folón): Presenta a inscrición “AÑO DE 1766”. As gradas desprendéronse por golpes de vehículos e no 2008 restaurouse e trasladouse moi preto da súa antiga localización no inicio do Camiño do Folón. Segundo se recolleu en Seren nº2 do veciño José Pérez Presa, anteriormente atopábase na leira propiedade da familia Tapias-Aranda de Vigo. Na cruz hai un Cristo baixo INRI e a Virxe dos Dores, e no varal Santiago Apóstolo sobre unha cunca para auga bendita. (42.2744484,-8.6674064)
Peto de Ánimas da Subida á Igrexa (Cño. das Ánimas-Laredo): Situado no peche dunha casa que se coñeceu como a finca do Brasileiro. Ten a inscrición: “ACORDAOS DE NOSOTROS”. O retablo está formado por San Francisco entre dous anxos e debaixo 3 ánimas. (42.264813, -8.672035)
Cruz de home morto das Catro Pontes: No límite entre Chapela e Vigo, xunto ó viaduto das Catro Pontes. Ten a seguinte inscrición: “12-10-1985 FALLECIERON LOS JOVENES JOSE LUIS HORTAS VIDAL GUMERSINDO MARTINEZ BARREIRO LUCIANO BLAS DARROZA Y EUGENIO IGLESIAS FONTAN DE CESANTES”. (42.261320, -8.677458)
Negros
Cruceiro e Peto de Ánimas de Pregal (Pregal): No 1968 o novo trazado da liña do ferrocarril obrigou a trasladalo á beira da estrada Redondela-Peinador e, no 1980, foi desprazado uns 50 metros. O peto non conserva o retablo. (42.261320, -8.677458)
Cruceiro do Castro de Negros: Levantado no 2004. (42.26314,-8.6155489)
![]() |
Cruceiro do Castro de Negros |
Cruceiro e peto do Pregal |
Cruceiro do Adro da Igrexa (Quinteiro): No 2000 foi desprazado 3 metros despois de ser derrubado varias veces por vehículos. Na restauración engadíronse as dúas gradas e retirouse unha mesa de pedra que había preto do cruceiro para facer as veces de altar. ( 42°16'6.56"N, 8°36'4.83"O)
Cruceiro do Cemiterio (Quinteiro): Cando nos anos 50 se construíu este cemiterio se trasladaron a el os restos do arredor da igrexa e probablemente tamén este cruceiro. ( 42°16'8.99"N, 8°36'6.35"O)
Cruz do Igrexario (Igrexario-Quinteiro): Atópase en ruínas no medio do monte. O lugar é coñecido como Igrexario porque nel había antigamente unha capela co seu cemiterio. (42.266981,-8.597746)
Cruz do Cristo da Nuca (Cño. Torrade-A Quintana): Atópase enriba do muro de peche dunha finca. Recibe o nome de Pepa “a Nuca”, que a finais do s. XIX vivía enfronte da cruz. ( 42°17'20.27"N, 8°35'29.59"O)
Cruceiro e Peto Esmoleiro da Carretera (Santo Paio de Abaixo): O conxunto ten gravado o ano da súa construción “1953”, sendo feito polo veciño desta parroquia Cándido Mouriño Lago. Posteriormente a anterior dona da propiedade anexa, Dolores Sestelo Veiga de Ponteareas, mercou a cruz coas imaxes. Amosa un Cristo baixo INRI e a Piedade na parte traseira. Os retablos son de azulexo policromado, típico en Portugal, e representan a San Antón e á Virxe María. Foi desprazado 3 metros no 2003 por mor do ensanche da estrada. (42.284933, -8.598231)
O Cristo de Abaixo (A Quintana): Realizado no 1953 por Cándido Mouriño Lago. Presenta un Cristo baixo INRI e unha Piedade. (42.284559, -8.595050)
Cruceiro do Adro da Igrexa (A Quintana): Ten inscrito “A DUOCI. DEL ABAD JULIO D 1770”, ou sexa, a devoción do abade. Mostra un Cristo baixo INRI coa cabeza xirada cara a un pequeno San Francisco, e pola parte traseira a Virxe das Dores. (42.283723, -8.594874)
O Cristo de Arriba (A Quintana): Presenta a mesma inscrición que o Cruceiro do Adro da Igrexa: “ADUOCI DEL ABAD AÑO DE 1770”. Na cruz aparece Cristo e a Santa Custodia. (42.282861, -8.593418)
Cruceiro do Cemiterio (A Quintana): Trasladado a este cemiterio no 1946 dende outro punto da parroquia. Ata o 2005 atopábase na entrada do cemiterio xunto a unha mesa de pedra, sendo desprazado uns metros durante as obras da nova ampliación. (42.284737, -8.594051)
Cruceiro de Santo Paio (Santo Paio de Arriba): Atopábase enriba dunha rocha ata que no 2002 co ensanche da estrada, se acaroou ao novo muro de peche da propiedade contigua e se lle engadiron dúas gradas. A cruz, cun Cristo, foi obra de Cándido Mouriño Lago no 1953. (42.275313, -8.592416)
Cruceiro do Camiño Fondo ou da Miñoteira (Cruce Outeiro de Reboreda con Cño. Do Rial): Perdeu a cruz hai moitos anos, atopándose dentro dunha propiedade privada. (42.29594, -8.58959)
Cruceiro do Xogo dos Bolos ou das Rendeiras (Asnelle de Abaixo): Estanislao Fernández da conta de que nos anos 70 un canteiro local chamado Rairiz repuxo a cruz, da que carecía naquela época, cumprindo a promesa que fixera se curaba unha perna que rompera. E J. A. Orge e C. Orge e Antuña aportan que nos 60 a cruz fora esnaquizada e substituída por outra feita polo veciño Enrique Freaza. Novamente rompería a cruz que ante a desidia das administracións sería substituída no 2018 por un veciño que realizou un novo deseño coa imaxe da virxe. (42.291699, -8.597402)
Cruceiro de Santo Paio |
![]() |
Cruceiro do Adro |
![]() |
Cruceiro do Camiño Fondo |
![]() |
Cruceiro do Cemiterio |
![]() |
Cruz do Cristo da Nuc |
![]() |
O Cristo de Arriba |
![]() |
Cruceiro do Xogo de Bolos |
![]() |
O Cristo de Abaixo |
![]() |
O Cristo da Carretera |
Cruceiro do Carballo (Rúa Carballo): Ten inscrito “A DEVOCIÓN DE LOS SEÑORES DON MANUEL OCHOA I SU ESPOSA SE HIZO ESTE SANTO CRUZERO EN EL PRESENTE AÑO DE 1790”. A finais do s. XIX, o dono da propiedade privada na que se atopaba fixo un muro de peche, desprazando o cruceiro ata a súa localización actual. Na cruz hai un Cristo baixo INRI e a Virxe, co neno no colo, mentres dous anxos lle sosteñen unha coroa. (42.282481, -8.605897)
Cruceiro da Alameda: O fuste foi aproveitado dunha pérgola que había no parque infantil da Alameda e o resto foi realizado no 1975 por Soliño, empregado do Concello. (42.284954, -8.609270)
Cruceiro da Alfóndega (Pz. da Alfóndega): Realizado no 1982 polo veciño de Saxamonde Gerardo Senra Vilas por encargo do Concello de Redondela. Anteriormente nesta praza había un parque infantil. Na cruz aparece Cristo e a Virxe orando. (42.282730, -8.608146)
Cruceiro das Angustias ou de Santa Mariña (Av. Santa Mariña): Ata os anos 60 nel daban a volta as procesións das Angustias e de San Roque. Na cruz aparece Cristo e a Virxe das Angustias sentada co fillo morto no colo. (42.290342, -8.608245)
Peto de Ánimas do Cemiterio dos Eidos (R. Eidos): Probablemente foi construído a par que o cemiterio no 1830. O antigo retablo de madeira foi roubado, sendo substituído po un de pedra obra de José Antonio Sueiro en 1992. En letras brancas lese: “UNA LAGRIMA POR UN MUERTO SE EVAPORA UNA FLOR SOBRE UNA TUMBA SE MARCHITA UNA ORACION POR SU ALMA LA RECOGE DIOS S. AGUSTIN”. O retablo amosa a Cristo e debaixo del, entre as chamas, o Papa, un cura, un bispo, un frade e unha monxa. (42.283640, -8.606168)
Cruceiro da Mercé ou de Pousadouro (R. dos Eidos): Ten unha inscrición, hoxe ilexible “ESTA OBRA MD. HAZER PEDRO MARTINEZ Y SU MUGER ANTONIA”. Ata 1965 atopábase no centro da encrucillada, sendo desprazada ata a súa localización actual por iniciativa de Enrique Lorenzo, daquela dono do Pazo de Pousadouro. Este cruceiro foi esnaquizado varias veces por golpes de camións e coches. Na cruz ten un Cristo baixo INRI e a Virxe María orando sobre a cabeza dun anxo. (42.285548, -8.601919)
Cruceiro e Peto de Ánimas de Vilavella (Pz. Ponteareas): A finais do s. XIX era coñecido como Calvario das Monxas. Nesta época era mantido e xestionado pola Confraría de Ánimas de Vilavella, fundada en 1741. Ata os anos 80 atopábase na rúa Padre Crespo, próximo á desaparecida casa reitoral. En fotos antigas obsérvase que tiña 5 gradas das que tan só conserva unha. No peto ten pintada a seguinte inscrición: “ROMPED, ROMPED MIS CADENAS. ALCANZADME LIBERTAD. CUAN TERRIBLES SON MIS PENAS, PIEDAD, CRISTIANOS, PIEDAD”. A cruz presenta un Cristo e unha Piedade. No retablo, obra de Sesé Fernández, aparece Cristo flanqueado por San Antón e a Virxe, debaixo 6 ánimas entre as lapas. (42.279069, -8.610338)
Cruceiro de Benita Alfaya (R. Ernestina Otero): Localizado na Finca da Granxa da Ponte de Lima, tamén chamada Banda do Maré. Propiedade de Benita Alfaya Martínez casada con Francisco Cunqueiro “Don Pancho”, quen foi alcalde de Redondela. Hoxe urbanizada, o cruceiro atópase en terreos públicos. A cruz e as imaxes foron mercadas por Benita nas inmediacións da cidade de Pontevedra e o resto da obra foi realizada polo redondelán Enrique Vilas Alonso en 1964. O cruceiro foi esnaquizado nun acto vandálico e sería reconstruído no 2018 polo Obradoiro de Emprego do Concello de Redondela. (42.283822, -8.610172)
Peto esmoleiro da Capela de Santa Mariña (Av. Santa Mariña). Esmoleiro baixo unha foto da Virxe das Angustias. ( 42°17'18.05"N, 8°36'31.13"O)
Cruceiro e Peto de Ánimas de Pasais (R. San Xoán de Arcal): Debe o seu nome á antiga existencia do marco dos “Paisás” (Pasais/Pasales) que delimitaba as parroquias de Redondela, Reboreda e Vilavella. Os pasais son pasos de pedra polos que cruzar un río, neste caso o Alvedosa. En novembro de 1943 a Confraría de Ánimas de Vilavella presentou instancia interesando permiso para erixir este cruceiro, acordándose pasala a informe do concelleiro Crespo Álvarez.
Presenta unha inscrición practicamente ilexible “...SACADME DE ESTAS PENAS...”. E na base do cruceiro “LA MANDO A-CER DO-LO. SYO-(ilexible)”. A finais do s. XIX era mantido e xestionado pola Confraría de Ánimas de Vilavella, fundada en 1741. Na cruz aparece Cristo e no peto un anxo salva a unha ánima mentres outras 5 continúan entre as chamas. O retablo de madeira foi realizado por Sesé Fernández nos anos 80 substituíndo a outro realizado polo Taller Hermanos Fernández (Sesé e Benito) o 28 de marzo de 1942 e pintado en maio de 1954. (42.282308, -8.607324)
O cruceiro de Pasales
ten un faroliño
qu'o abanea o aire
cando fai ventiño:
ris-ras, ris-ras, ris-ras
Cruceiro da Virxe de Fátima (R. da Cooperativa): Foi doada pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Fogar Méndez Núñez, localizándose nun miradoiro ao fondo do Paseo dos Buxos na illa de San Simón. No 1963 os nenos foron trasladados á Residencia Santo Domingo Savio, no Paseo da Xunqueira, e coñecida popularmente como A Casa dos Enanitos, xunto á que se colocou o cruceiro. No 1978 a alcaldía autorizou o traslado do cruceiro ao seu emprazamento actual. ( 42°16'52.37"N, 8°36'27.02"O)
Cruceiro da Cooperativa |
![]() |
Cruceiro da Alameda |
Cruceiro da Alfóndiga |
![]() |
Cruceiro de Don Pancho |
![]() |
Cruceiro de Santa Mariña |
Cruceiro do Carballo |
Cruceiro e peto de Pasais |
Cruceiro e peto de Vilavella |
Cruceiro de Pousadouro |
Esmoleiro de Santa Mariña |
![]() |
Peto de Eidos |
Peto de Ánimas de Os Valos (Os Valos): No muro de peche dunha casa. Despois de décadas sen retablo en 2024 colocóuselle un realizado en granito, non sabemos se fiel ao orixinal. Atópase nunha propiedade privada. Amosa a lenda: “HOY POR MY MAÑANA POR TY”. ( 42°14'34.34"N, 8°35'47.73"O)
Cruz do Outeiral (Igrexa): Hoxe fronte ao edificio do Centro Cultural, tan só a cruz é antiga abandonándose o resto do conxunto na localización orixinal. ( 42°16'28.54"N, 8°39'28.10"O)
Cruz do Adro da Igrexa (Igrexa): Atopábase no medio do cemiterio, ata que nos anos 80 por mor da ampliación e desprazamento do cemiterio foi incrustado no muro de peche do adro da igrexa. ( 42°16'21.98"N, 8°39'26.80"O)
Cruceiro do Fondón (Igrexa): Nel daban volta as procesións ata que polo mal estado do camiño comezaron a darse na Cruz do Outeiral. (42.270145, -8.656446)
Cruceiro na entrada do Convento (Igrexa): Na base ten a seguinte inscrición: “Esta obra la mandó hacer la señora (ilexible) Ozores 1629”. ( 42°16'20.72"N, 8°39'23.78"O)
Cruceiro nun claustro do Convento (Igrexa): Erixido nunha casa da Guardia sería doado ao Convento Beneditino de la Transfiguración del Señor de San Vicente de Trasmañó. É obra do escultor e político vigués, Camilo Nogueira Martínez. (42.272193,-8.656661)
Cruceiro vello do Cemiterio (Igrexa): Feito de cemento sobre unha grada de pedra. Nel aparece o ano “1948”. Substituído cara a 2018 foi desprazado uns metros. ( 42°16'22.68"N, 8°39'25.08"O)
Cruceiro novo do Cemiterio (Igrexa): Realizado cara a 2018 localizouse no lugar onde estaba o vello cruceiro. ( 42°16'22.77"N, 8°39'25.78"O)
Cruz (Camiño do Can Branco): Cruz que asoma nun muro de nova construción dentro dunha propiedade privada. ( 42°16'48.51"N, 8°39'15.77"O)
Cruceiro do Cemiterio |
Cruceiro do Convento |
Cruceiro do Fondón |
Cruz do Adro da Igrexa |
Cruz do Outeiral |
![]() |
Cruz (Cño. Can Branco) |
Cruceiro das Aghrelas (A Miñoteira-Vilar do Mato): Nunha encrucillada a carón da entrada a Aldeas Infantiles. A cruz amosa a Cristo e a Virxe co neno no colo. Realizado en 1992 por Antonio Alves Barbosa, veciño desta parroquia. (42.29843, -8.58916 )
Cruceiro das Aldeas Infantiles (Vilar do Mato): Dentro do recinto das Aldeas Infantiles. Representa a Cristo e á Virxe. (42.29855, -8.58982)
Cruceiro do Torreiro ou da Igrexa (Castiñeira): Atópase preto da igrexa e o cemiterio, xusto diante da escola. Nel da volta a procesión do patrón da parroquia,. (42.29954, -8.58589)
Peto das Ánimas do Eido da Taberna (Castiñeira): O cambio do trazado do camiño hai uns douscentos anos deixouno emprazado no interior dunha vivenda, actualmente propiedade de Santos Couñago Míguez.
Cruceiro do Torreiro (Igrexa): Atópase preto da igrexa. Foi desprazado da súa localización orixinal en 1960. En 1980 foi destruído por un camión, sendo reconstruído por Gerardo Senra Vilas de Saxamonde. ( 42°14'29.49"N, 8°36'54.43"O)
Cruceiro do Cemiterio (Igrexa): O cemiterio foi inaugurado no 1966, pero probablemente este cruceiro se atopara anteriormente enriba do muro do adro da igrexa, xa que neste podemos observar un burato coas mesmas medidas que o pé do varal. ( 42°14'27.32"N, 8°36'56.13"O)
Cruz do Muro da Igrexa (Igrexa): Cruz de granito de corte moderno no muro da igrexa. ( 42°14'27.94"N, 8°36'56.78"O)
Cruceiro do Alto do Viso: Nel pódese ler “JAY 17?7”. Dise del que foi erixido cos cartos enviados polos emigrantes da parroquia no Brasil. En 1965, despois do golpe dun vehículo, foi restaurado por Salustiano Bernárdez Martínez. Foi desprazado uns metros cando se ampliou a estrada. ( 42°19'16.52"N , 8°35'42.66"O)
Cruceiro da Peneda (Monte A Peneda): Realizado entre 1915 e 1920 por Casimiro Ogando Cal e Ignacio García. Xa se construíra un cruceiro no mesmo lugar no ano 1883, substituíndo a outro destruído por un raio. Na cruz ten un Cristo baixo INRI e no fornelo unha caveira sobre dúas tibias cruzadas, este último é un motivo decorativo corrente nos cruceiros. Simboliza a morte. Pode aparecer tanto na base, como neste caso, como no capitel. ( 42°19'36.40"N,8°35'24.64"O)
Cruceiro de Baltar ou do Galleiro (A Mina-Soutoxuste): Atópase na subida ao Outeiro Grande. Realizado a principios do s. XX por Casimiro Ogando Cal e Ignacio García. No 1965 a cruz foi destruída, sendo substituída por unha similar obra de Salustiano Bernárdez Martínez. Esta tamén desapareceu no 1998 e o 29 de setembro de 2007 colocouse a actual, obra de Eladio Martínez Arosa (o Mudo, veciño de Bértola-Vilaboa). ( 42°19'3.33"N, 8°36'13.88"O)
Cruz do Adro da Igrexa (Igrexa): Incrustado no muro do adro, carece de cruz. ( 42°19'19.41"N, 8°35'37.35"O)
Cruz da Casa Reitoral (Igrexa): No 2009 desprazouse uns metros pola mellora das prazas de aparcamento para protexelo do tráfico. ( 42°19'20.31"N, 8°35'36.78"O)
Cruceiro do Loureiro (Parque Loureiro. Tuimil): Atópase no Parque Loureiro, ao carón do Camiño Portugués. Este parque foi inaugurado no 1993 pola Comisión de Festas da Nosa Señora das Dores. O cruceiro obra de Salustiano Bernárdez Martínez e Eladio Martínez Arosa, foi colocado o 31 de decembro de 1990. Na cruz hai un Cristo baixo INRI e a Virxe das Dores. ( 42°18'42.24"N, 8°36'16.36"O)
Cruceiro do Marco ou do Muro (O Marco-Saramagoso): A pesares de atoparse en terreo privado as procesións seguen acercándose a el. ( 42°19'21.36"N, 8°35'25.78"O)
Peto de San Antón (Tuimil): Atópase na parede dunha casa. O retablo de pedra é obra de Camilo Nogueira Martínez. Substitúe a outro máis antigo de madeira que se atopaba en moi mal estado. No retablo vese a San Antón entre nubes sobre 3 ánimas. ( 42°18'26.36"N, 8°36'11.90"O)
![]() |
Cruceiro da Peneda |
Cruz da Casa Reitoral |
Cruceiro da Mina |
Cruceiro do Alto do Viso |
Cruceiro do Loureiro |
Cruceiro do Marco |
Peto de San Antón |
Cruz do Adro da Igrexa |
Ver tamén os Cruceiros desaparecidos https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/cruceiros-desaparecidos.html
Ver tamén os Cruceiros privados https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/01/cruceiros-privados.html
BIBLIOGRAFÍA
Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Estanislao Fdez. de la Cigoña. Edit. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.2005.
SEREN
Nº 1, 2, 4 e 5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. Carlos A. Antuña e J. A. Orge.
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003
Faro de Vigo
Los caminos nuevos de Redondela.Por Gonzalo Rey Lama. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Aportes: Daniel Boullosa
No hay comentarios:
Publicar un comentario