miércoles, 15 de abril de 2020

Monte Buxel (Reboreda-Amoedo(Pazos de Borbén))

        
Mámoa do monte Buxel 1 (Amoedo)

          No monte Buxel limitan as parroquias de Reboreda (Redondela) e Amoedo (Pazos de Borbén) podendo considerarse unha continuación da área arqueolóxica de Amoedo que se inicia nos límites con Soutomaior. Nel atópanse numerosas mámoas e petróglifos, pero o que maior interese espertou a nivel arqueolóxico foi o descubrimento nos anos 90 de catro silos en Reboreda durante a construción do oleoduto e o gasoduto. Estes silos foron datados na idade de bronce, as paredes estaban cubertas de arxila e a profundidade rondaba os dous metros. O seu uso era o de almacenar gran e, dadas as súas dimensións e a posibilidade de que existan máis sen descubrir, crese que se empregaba tanto para o auto-abastecemento como para o comercio. Estes silos foron estudados, catalogados e voltos a tapar polo que non é posible observalos.


 

Mámoa de Alén (Amoedo)

        Outro elemento curioso en Reboreda é un círculo lítico de orixe aínda non determinado descuberto polo arqueólogo Xurxo Constela cara a 2017, sendo dos primeiros en ser catalogados en Galicia. Este círculo é moi difícil de ver porque en superficie apenas se distinguen algunhas pedras que marcan o contorno do círculo. En 2021 a mestra da Universidade de Santiago Pilar Prieto e o arqueólogo Luis Cordeiro presentan un estudo no que recollen un total de 43 círculos en toda Galicia. Ata este momento foran tres os círculos intervidos atopándose restos de cerámica e algún material orgánico que permitiron datalos ao final da Idade de Bronce.

42.277291, -8.570040

 

O círculo lítico en 2018 despois da retirada de madeira tralos lumes de 2017. Foto: Juan Migueles

O círculo lítico no Visor do Plan Básico Autonómico

        En canto aos petróglifos destacan os de Valongo (Pazos de Borbén) polo seu gran tamaño ao "estilo Amoedo", consistente en numerosas cazoletas rodeadas por círculos concéntricos.

Petróglifos de Valongo (Amoedo).
                           
              
       Outros petróglifos en Amoedo (Pazos de Borbén)

          No 2019 este patrimonio vese incrementado coa catalogación dos Petróglifos da Moscalleira en Reboreda, que foran descubertos trala vaga de lumes do 2017 pero que permanecían inéditos. Os gravados son círculos e coviñas pero en gran cantidade apesares dos traballos de cantería na zona.
42.283493, -8.569676

     





Petróglifos da Moscalleira.

        








 
Un pouco máis abaixo descubríronse dous petróglifos máis.
42.283993,-8.570803
42.283904,-8.571326
Petróglifos atopados monte abaixo.


   






      
        Ademais de todos os atractivos arqueolóxicos este monte nos ofrece unha preciosa vista da enseada de San Simón e unhas pistas de dificultade baixa, polo que é ideal para dar un tranquilo paseo a pé, en bicicleta ou a cabalo.
 

Por debaixo do antigo campo de fútbol de Reboreda aínda hai outros dous gravados:

Petróglifos do Eido de Rafaela 1.

42.291859, -8.577146


Petróglifo Eido de Rafaela1

 


 Petróglifos do Eido de Rafaela 2.

42.292275, -8.575937

 
Petróglifo do Eido de Rafaela 2. Foto: J. Migueles
Petróglifo do Eido de Rafaela 2.

Outro petróglifo atopado en 2019 no monte Buxel:

Agrupación de coviñas formando un círculo.

42.289690,-8.566612


 

Texto e fotos: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Visitas guiadas. Xurxo Constela (A Citania S. L.)

Revelar o monumento invisible. Manuel Gago. http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33081&fbclid=IwAR1s0V6ylt8w8ifDfv0xvqjUEQ-9voqIBt3eVNxTNPbVbWzEObPwy19yF6E



No hay comentarios:

Publicar un comentario