martes, 14 de abril de 2020

Igrexas

Igrexa Santiago Apóstol de Redondela.
Do século XV sofre varias ampliacións ata o s. XVIII, é un exemplo de gótico tardío. O altar maior foi substituído a principios dos anos 50 do século pasado. O actual é obra do imaxineiro santiagués establecido en Vigo, Jesús Picón.
Igrexa Redondela. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa San Andrés de Cedeira.
         Barroca de cruz latina. Probablemente do século XVI foi ampliada en 1743. O encargado da obra será o arquitecto Fernando de Casas e Novoa, que nese momento estaba construíndo a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela.
Igrexa de Cedeira. Foto: J. Migueles, 2011
Igrexa de Santa María de Reboreda.
         Barroca do s. XVIII, sería construída a partires dunha máis antiga por mandato de Juan de Mondragón e frei García de Mondragón. O retablo maior, deste mesmo século, foi obra do redondelán Antonio del Villar. A primeira ampliación foi realizada por Juan de Mondragón no século XVI. Unha segunda ampliación foi a levada a cabo por D. Diego de Araujo. O mestre de cantería foi Santiago de Pazos, que reedificou a Capela Maior.
Igrexa de Reboreda. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa de San Pedro de Cesantes
         Aínda que enriba da porta principal aparece “AÑO 1763”, nunha parede lateral lese: “ESTA CAPILLA LA MANDO AZER EL LICEDO. YSIDORO COTA SIENDO JUAN PUDO Y BELAS MACULCOA EN EL AÑO DE 1670”. En setembro de 1921 un raio derrubou a cúpula desta igrexa.
Igrexa de Cesantes. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa de San Fausto de Chapela
         Debido ao seu pouco aforo, construíuse unha máis moderna, conservando a antiga.
Igrexa de Chapela. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa parroquial de Santo Estevo de Negros 
Igrexa de Negros. Foto: J. Migueles, 2009
 Igrexa parroquial de San Mamede de Quintela
Igrexa de Quintela. Foto: Juan Migueles, 2009
Igrexa de San Román de Saxamonde
          Era a capela do desaparecido Pazo de San Román. Na fachada que da á estrada ten a inscrición: "HÍZOSE SIENDO ABAD D. ANTONIO DE SAN ROMAN Y ZEVALLOS DE 1746".
Igrexa de Saxamonde. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa parroquial de San Vicente de Trasmañó
         Por riba da porta principal lese “AÑO1765”.
Igrexa de Trasmañó. Foto: J. Migueles 2010
Igrexa Parroquial de San Martiño de Ventosela.
         Foi construída sendo Bispo de Tui Juan García Benito, durando o seu pontificado dende 1797 e 1825.
Igrexa  de Ventosela. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa de San Martiño de Vilar de Infesta.
          Debaixo do campanario lese “ESTA OBRA SE IZO DE 1783 S. ABAD E. GARCIA”. E xunto á porta principal aparece “1720”.
Igrexa de Vilar. Foto: J. Migueles, 2010
Igrexa de Santa María de O Viso.
          Construída en 1710. No adro e no muro da reitoral pódense observar lápidas e esculturas funerarias do s. XIX, obra do canteiro local Manuel Vidal “Daniña”.
Igrexa do Viso. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa parroquial de Cabeiro
Igrexa de Cabeiro. Foto. J. Migueles, 2009

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Guía didáctica para escolares:
Nº 1. A Igrexa de San Andrés de Cedeira. M. Chamoso Lamas e Fernández Cochón.
Nº3. Arquitectura e urbanismo en Redondela. Alfonso Sotelo Ramos.
Diocese de Tui-Vigo. www.diocesetuivigo.org/

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Compostelano, El Diario de Pontevedra, La Integridad, El Pueblo Gallego, La ilustración gallega y asturiana, Gaceta de Galicia, La Noche, El Lucense...

SEREN
Nº 1, 2, 4 e 5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. Carlos A. Antuña e J. A. Orge.
Nº2. Documentos sobre o templo de San Martiño de Ventosela (Redondela). Avelino Bouzón Gallego.
Ayer de Pontevedra, Efemérides. Autor: Modesto Rodríguez Figueiredo, Ediciós do Castro
La Voz de Galicia
Reconstrucción del Templo Parroquial de San Pedro 1977 / 1981. (Archivo General de la Administración>http://www.archivesportaleurope.net)
Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela. USC>PROTOCOLOS, S- 223/Registro 1554-56
Faro de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario