domingo, 12 de abril de 2020

González, Benigno F. (Trasmañó) Emigrante e benefactor de Trasmañó

Foto: Galeguismo e sociedade na Redondela da II República. Lois Barros
           Comerciante en Buenos Aires ao seu regreso gastou os seus aforros en melloras para a súa parroquia. Ademais de axudar aos veciños con menos recursos, arranxou un camiño, construíu unha casa-escola e unha edificación para a Sociedade Agraria de Trasmañó “La Predilecta”.
Despois da súa morte, en febreiro de 1934 fixéronlle unha homenaxe. A citada sociedade agardou na estrada ás demais sociedades agrarias do distrito, ao ex-deputado a Cortes Alfonso R. Castelao e ao secretario do Partido Galeguista Alejandro Bóveda. Precedidos da banda de música de Redondela e das bandeiras republicana e galega, dirixíronse á casa natal do homenaxeado na que Castelao deu unhas verbas e descubriu unha lápida na súa memoria. Logo, gardaron uns minutos de silencio. Máis tarde, sería Alejandro Bóveda o que falaría na escola seguido da interpretación do himno galego cantado por nenos e nenas da parroquia.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario