martes, 23 de febrero de 2021

Os premios Coca e o Cocón

 

Premio Cocón. Foto: Luis Pereda Canal

 

        A principios dos 90 o colectivo Ateneo Redondelán dinamizaba a vida cultural mediante a organización de numerosas actividades como conferencias, debates, monicreques... Entre todas elas a que máis deu que falar foi a creación dos Premios Coca e Cocón, para recoñecer o labor das persoas ou colectivos que fixeran algo positivo ou negativo. As figuras dos galardóns foron deseñados por Alberto Cunha "Tatán" e a entrega realizábase o día dos santos inocentes, durante unha cea celebrada nun restaurante da vila. 

José González. Premio Coca, 1994. Faro de Vigo

 

Os premiados coa Coca foron:

1991: As xogadoras e xogadores da SAR.

1992: O grupo ecoloxista Xea, «por enfrentarse valientemente a aquellos que sólo hablan de medio ambiente en los programas electorales».

1993: Félix Fernández, en recoñecemento pola súa traxectoria deste ebanista xubilado que aos 83 anos escribira o primeiro dos seus tres libros de poemas. Nesta edición tamén foron candidatos ao premio a Comisión de Montes de Reboreda e a Asociación de Amigos do Camiño Portugués.

1994: Xosé González responsable do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela obtivo el premio «Coca 94» con el que el Ateneo de esta localidad quiere resaltar las labores positivas.

1995: A Asociación de veciños Abrente “por recuperar o movemento veciñal no casco urbán”. Foron nomeados a asociación feminista Xanela e o colectivo de insubmisos Kasko.


AteneoRed-CocaCocón1995-Abrente FªDe Arcos FdV

Foron galardoados co negativo Cocón, que nunca ían a recoller o premio

1991: A Concellería de Sanidade e Medio Ambiente.

1992. O concelleiro de Educación, Piñeiro Permuy, "polo intento da Concellería que preside de acabar con el conservatorio".

1993. O responsable municipal de tráfico, que "lo comparte al alimón con los conductores «energúmenos»". Tamén aspiraron ao premio: os párrocos que difunden ao vento os servizos relixiosos a través da megafonía e o tándem formado polo alcalde Xaime Rei e o conselleiro Cuiña polo problema do lixo.

1994. Seragua, empresa concesionaria do servizo de augas.

1995 Nesta edición houbo empate entre o conselleiro de Educación, Piñeiro Permuy, e o alcalde de Redondela, Xaime Rei.

Apesares das poucas edicións celebradas esta idea serviu de base para que asociacións doutros concellos, como a Sociedad del Valle de Louriña, crearan os seus propios premios, fomentando así a crítica pero tamén o recoñecemento de persoas e colectivos.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario