Membro correspondente da Real Academia Galega en 1945. O seu discurso
de ingreso versou sobre a teoría da orixe galega de Cristobal Colón.
Publicou en galego o libro de poemas Amores e dolores, con
prólogo na súa primeira edición de Ramón Otero Pedrayo. Chegou a
preparar outro libro de poemas, esta vez en castelán, titulado
Flores y abrojos do que se publicaron algúns poemas en
diferentes xornais. Foi redactor en Madrid do diario Mundo e
da revista Semana Financiera. Colaborou en xornais como El
Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena
(Madrid), Gente Novel (Madrid), La Revista Popular (Vigo)
ou El Pueblo (Redondela). Era procurador aínda que nunca
exerceu, ocupando altos cargos no Ministerio de Facenda e,
anteriormente, secretario particular do Deputado a Cortes por
Redondela, Francisco de Federico y Riestra.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un
poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed.
Coordenadora de equipos de normalización lingüistica dos centros
educativos de Redondela.
19040900 La revista popular-3nº
19041100 La revista popular
19110809 El Diario de Pontevedra
19230212 Vida
Gallega-Poema
No hay comentarios:
Publicar un comentario