martes, 14 de abril de 2020

Capelas desaparecidas

Ermida de Santa Tareixa de Xesús (Cedeira). A mediados do s. XVIII pertencía ao fidalgo D. Fernando de Castro e Mosoco.

Ermida de Nosa Sra. do Socorro (A Portela-Cedeira). Da nome á Punta Socorro. No s. XVIII era propia das monxas xustinianas de Vilavella, a onde pertencía este barrio, quen tiveron pleito co párroco de Cedeira por causa de estar situada no distrito da súa freguesía; de feito, nas visitas episcopais incluíase dentro da Vilavella.

Ermida da Encarnación (Chapela). Da nome ao Alto da Encarnación. Pertencía á linaxe dos Araujo (Riofrío). Xa existía a mediados do séc. XVII. En 1923 edificouse unha casa sobre as súas ruínas.

Ermida de Nosa Sra. da Concepción (Asnelle-Reboreda). Erixida no ano 1752 por D. Baltasar de Taboas, familiar do Santo Oficio da Inquisición, e a sua dona Antonia de Otero.

Ermida de San Boaventura (Reboreda). En 1754 era padroado lego de María de Souto, veciña de S. Salvador de Queimadelos

Capela de San Xoán Bautista (R. San Xoán de Arcal-Redondela). Era propia das monxas do convento Vilavella, a onde pertencía o lugar.

Capela da Nosa Sra. do Carme (Redondela). A súa fundación complétase no testamento da veciña de Nigrán, Dona María Calvo, en 1740

Capela do Espíritu Santo. Foto: J. Migueles, 2009
Capela do Espírito Santo (Rúa do Espírito Santo-Redondela). Aínda se conservan restos. En 1781 se atopaba en mal estado polo que se retiraron as imaxes á igrexa parroquial.

Capela ¿? (R. Cabo dos Fumeiros-Redondela). Xunto á Casa do Cristo de Limpias. Nos anos 40 do século pasado atopábase abandonada e servía de vivenda a un portugués coñecido como señor Juan, que se gañaba a vida vendendo leña e traballando como xornaleiro e que falecería nela. Nun artigo de 1962 Amado González Cardama, a cita como Capela do Espírito Santo e conta que está habitada por unha familia. A capela desaparecería cando se construíu un edificio.
Capela no Cabo dos Fumeiros. Facebook> Alonso Vidal
Capela ¿? (A Lamosa-Trasmañó). En 1673 o fidalgo Gaspar Méndez de Sotomayor, fundaba na súa casa grande da Lamosa unha misa na honra da Virxe de Guadalupe. Na segunda metade do s. XVIII esta capela atopábase practicamente abandonada.

Capela do Pazo de Petán (R. Padre Crespo-Redondela). O señor desta casa tamén era patrón da capela maior da igrexa de Vilavella.

Ermida do Anxo Custodio (O Viso): Erixiuse na primeira metade do XVIII por iniciativa do párroco D. Lucas Vicente Fidalgo nun terreo da comunidade. A finais deste século xa se atopaba en ruínas.

Ermida de Santo Tomás de Aquino (Alxán-O Viso). No pazo ou casarón fundada por Antonio Rodríguez e que no s. XVIII pertencía aos Pereira. A mediados do s. XVIII xa non se empregaba.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/). As vellas ermidas redondelanas (Unha aproximación histórica). X. Miguel González.
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra> Poder de representación nunha querela acerca da posesión da capela de Nosa Señora do Socorro (1753).


2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. No sé la fecha de la foto de la calle "Cabo dos Fumeiros". Te doy algunos datos. La casa baja que se ve al final, a la derecha, es el taller del ferreiro. La casa de mi abuela era la siguiente hacia abajo. Y mi madre solía decir que se construyó estando mi abuelo fuera, en Uruguay, donde murió en 1951. Luego la foto debe ser anterior a esa fecha. Espero haber ayudado. Un saludo

    ResponderEliminar