jueves, 12 de agosto de 2021

Cargadoiros de Mineral (I): Cargadoiro de mineral da “Compañía Minerales de Hierro de Galicia” (Cabanas-Trasmañó).

 

Cargadoiro de Rande. Foto: J. Migueles
Cargadoiro de Rande. Foto: J. Migueles

Coñecido popularmente como Cargadoiro de Rande. Realmente atópase no Estreito de Rande, pero non no barrio de Rande (Cedeira), se non no de Cabanas, na parroquia de Trasmañó.

O primeiro proxecto de construír este cargadoiro o atopo nun xornal de 1905: “Onte foi vendida a unha compañía estranxeira a fermosa finca que posuía nas inmediacións de Rande o Sr. Feijoo. A venta fíxose en 16.000 duros. Os actuais propietarios pensan adicar aquela posesión a edificar un apeadoiro para que o ferrocarril traia ata alí os minerais de ferro do Incio.” 

Cargadoiro no momento da súa construción, 1926. Vida Gallega
Cargadoiro no momento da súa construción, 1926. Vida Gallega

 

A Compañía Minerales de Hierro de Galicia, constituída en Madrid en 1924, estaba vinculada a capital de orixe alemán. Explotaba o xacemento de O Freixo (Monforte de Lemos). Esta mina conectábase cun funicular de 7.770 metros de longo coa desaparecida estación de ferrocarril do Canabal, en Sober. Esta obra sería levada a cabo pola empresa POHLIG de Colonia (Alemaña). Por tren, despois de percorrer 162 quilómetros, os vagóns chegaban ata o propio cargadoiro, grazas aos traballos iniciados en 1912 mediante os cales se construíu un ramal de conexión coa estación de Redondela. Unha vez en Rande cargábase a magnetita que se exportaba por mar a Inglaterra e Alemaña. O cargadoiro sería construído por outra empresa alemá, Bleichert, empregándose para a parte metálica materiais dunha terceira empresa xermana, Butzer.

Acceso para o tren, 1926. Foto: Sarabia
Acceso para o tren, 1926. Foto: Sarabia

Acceso para o tren 2021. Foto: J. Migueles
Acceso para o tren 2021. Foto: J. Migueles

Sería o 20 de xullo de 1926 cando se celebra a inauguración oficial coa chegada do primeiro tren procedente das minas do Freixo. A máquina chegou engalanada coas bandeiras de España e Alemaña e no acto, presidido polo director xerente da empresa Friedrich Wiilhelm Cloos, enxeñeiro e vicecónsul de Alemaña en Monforte, e o conselleiro Julio Núñez, asistiron varios cargos da compañía do ferrocarril. En total foron 10 vagóns con 20 toneladas de mineral cada un os que chegaron aquel día e que quedarían almacenados. Non sería ata finais de setembro que sairía o primeiro barco, o vapor portugués “Estoril” cargado con 3.425 toneladas de ferro con destino a Rotterdam. A carga sería realizada a un ritmo de 400 toneladas ao día.

Inauguración do cargadoiro. Foto Sarabia
Inauguración do cargadoiro. Foto Sarabia

Un xornal o describe así:

...cuyo depósito, capaz para 12.000 toneladas,está instalado sobre una galería de 35 metros de largo. Ambos están en comunicación directa por 4 tolvas que llevan por un mecanismo propio el mineral sobre una cinta de goma sin fin. Esta es de 90 metros de largo para carga útil, llevando el mineral sobre la cinta de la vertedera de 17’5 metros de largo. Dicho vertedero sube y baja en la punta, según reclama la altura del barco cargado o vacío o la altura de las mareas, estando accionado su movimiento por un motor de 5 H. P. La cinta grande queda movida por un motor de 25 H.P. pasando en ambos extremos por grandes cilindros, por los cuales se consiguen suficiente tirantez de la misma, no dejándolos resbalar de este modo, evitando así paradas en el caso de flojedad”. 

Carga do vapor Estoril. Foto: Pacheco
Carga do vapor Estoril. Foto: Pacheco

 

Nos seguintes anos aparecen varias noticias referentes a este cargadoiro. En 1928 cando se cargaba de pirita de ferro no vapor inglés “Aquerinde”, un accidente saldouse cun home morto e outro ferido. En xullo dese ano o Concello solicita ao Goberno Civil que obrigue a esta empresa a construír en Rande, con carácter definitivo, unha ponte e unha canle que, establecidas provisionalmente, supoñen un perigo No transcurso dunha folga mineira en 1933 neste cargadoiro retirábase o ferro da citada mina. 

Cargadoiro de Rande, 1929. Foto: Pacheco
Cargadoiro de Rande, 1929. Foto: Pacheco

Cargadoiro de Rande co brazo metálico. Foto: Pacheco.
Cargadoiro de Rande co brazo metálico. Foto: Pacheco. Fondo Buxa.

Aínda que non se atopou constancia escrita, varios autores indican que na II Guerra Mundial era empregada polos nazis para cargar wolframio procedente de minas galegas e leonesas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-i-alemans-en.html )

Entrada inferior. Foto: J. Migueles
Entrada inferior. Foto: J. Migueles
 


Interior do Cargadoiro. Foto: J. Migueles
Interior do Cargadoiro. Foto: J. Migueles


Restos de mineral. Foto: J. Migueles
Restos de mineral. Foto: J. Migueles

Logo o cargadoiro caería en desuso, probablemente na década dos anos 40. A estrutura de ferro que se adentraba no mar foi desmantelada, mais actualmente aínda se pode ver a parte de formigón. Podemos acceder desde a Praia de Rande (con marea baixa) ou desde o Castelo de Rande, baixo a Ponte de Rande. O outro cargadoiro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/cargadoiros-de-mineral.html ), o Museo Meirande e os galeóns afundidos na Batalla de Rande (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html ) completan o gran interese histórico e industrial desta zona. O acceso á parte superior está cortado pero se alguén se aventura a adentrarse no interior do cargadoiro aconsello tomar precaucións xa que hai buracos que comunican as diferentes alturas da estrutura.

Outros restos desta empresa sería o que queda do acceso dende as vías do ferrocarril ou, máis arriba, no Camiño das Regueiras, os restos dun túnel que se empregaba para a condución de auga ata o cargadoiro dende o regato Río Maior.

 Actualmente (2021) os terreos do cargadoiro pertence á empresa Tranvías de Vigo e cada certo tempo hai rumores de proxectos de recheos no mar para a instalación de empresas. 

Vista da parte alta desde o interior. Foto: J. Migueles
Vista da parte alta desde o interior. Foto: J. Migueles

 

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Alberte Román Losada. Ed. Asoc. Alén Nós 2009.

Arquitectura Industrial en la provincia de Pontevedra. Iria Sobrino Fagilde y Rai Iglesias. Proyecto Coag./Vigo. Patrimonio arquitectónico moderno y contemporáneo en Galicia, 2008.

Patrimonio Industrial da Ría de Vigo. www.entremosnapanificadora.com

Aportes: Gonzalo Amoedo

Visitas guiadas polo arqueólogo Xurxo Constela, de A Citania S. L.

SEREN

Nº2. Facendo camiño en Cedeira. Dolores Míguez Montes.


ABC: http://www.abc.es/hemeroteca

El Correo Gallego: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130

La Vanguardia (dende 1881): www.lavanguardia.es/hemeroteca

El País: www.elpais.com

El Noroeste (Hemeroteca)

http://www.csbg.net/

www.hemerotecadigital.bne.es

BOE > www.boe.es

Doctor Jordi Nadal: la industrialització i el desenvolupament econòmic d'Espanya. Editado por Albert Carreras,Miquel Gutiérrez (Google Books)

Tierra y Tecnología. La minería y el patrimonio minero en Galicia. Manuel Lara Coira.

www.mcu.es:=> Varios xornais

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, El Lucense, La Correspondencia Gallega, Gaceta de Galicia, Diario de Galicia, La Noche, Vida Gallega...



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario