De orixe nobre era fillo de
Bartolomé Rodríguez Cotta e Isabel González. Despois de residir en
Santiago e Madrid, e sendo capitán partiu para Buenos Aires
acompañando ao que sería novo gobernador daquela cidade, do que
informa ao Rey por carta o 16 de agosto de 1678. Casou en 1679 con
Antonia de la Serna y Salazar, viúva. En Arxentina desempeñou o
cargo de Capitán dunha das compañías de infantería da guarnición
da praza de Buenos Aires. En 1696 foi nomeado Gobernador e Capitán
Xeneral de Paraguay, cargo no que tivo que reprimir a sublevación
dos guaycúrues. Faleceu na cidade de Asunción en 1705.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
19160101 Almanaque Gallego (Bos Aires)
No hay comentarios:
Publicar un comentario