jueves, 21 de enero de 2021

Asolagamentos

 


1932. Fotos Pacheco. Ahora (Madrid)
1932. Fotos Pacheco. Ahora (Madrid)


         Despois de moito chover e coincidindo coa preamar o 16 de febreiro do 2016 desbordábase o Maceiras asolagando Vilavella. Apesares do excepcional do caso, pódese afirmar que esta é unha zona de risco pola mala urbanización nas marxes do río, que cada certo tempo sofre a inundación de garaxes. Ese mesmo día en Negros, as obras do túnel do tren de alta velocidade provocaron unha acumulación de augas no monte que rematou cun escorregadoiro que arrastrou terra, pedras e árbores, levando por diante muros e varios coches aparcados. 

 

1932, Rúa Alfonso XII. Foto: cedida por  Manuel Leirós

         A principios do presente século a praza da Constitución sufriu continuos asolagamentos, se ben é certo que nos derradeiros anos (2020) semella solucionado este problema. 

Praza Constitución. Foto Ansony Sotelino

 

         O outro punto negro é o paso baixo o "Scalextric" que dende a súa construción é frecuente que se encha de auga coincidindo coas mareas vivas.

         Se botamos a vista atrás, a peor época sería a década dos 70, con desbordamentos en 1969, 1970, 1972 e 1979.

 

O Funil (R. Padre Crespo). Cedida pola familia Fernández Otero

         Remontándonos no tempo, a peor inundación do século XX sería a de 1932, coa rotura de varias pontes. A situación foi tan grave que acudiron os bombeiros de Vigo a axudar no salvamento de persoa e das súas pertenzas. Ademais a destrución das colleitas deixaría nunha precaria situación a numerosas familias.


 

1932 Ponte de Xulián Peitudo.  Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.
 1932 Ponte de Xulián Peitudo.

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.


         Outras riadas terían lugar en 1914 e 1918.

 

Crecida do río. 11-12-1914. Cedida pola familia Fernández Otero.

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

La Voz de Galicia

Galiciana => El Pueblo Gallego

Biblioteca Nacional de España => La Libertad

No hay comentarios:

Publicar un comentario