Si
falamos de Estás, a súa localización
no concello de Tomiño a sitúa a unha distancia considerable do noso
Concello. Mais a historia sempre sorprendente, nos da conta da súa
vinculación con Redondela, e máis concretamente con Vilavella.
A primeira
referencia a Estás data do século XII, cando con motivo dunha
importante doazón que, en favor do Mosteiro de Oia, fai Fernán
Gómez a esta parroquia.
En 1331 o citado
mosteiro fixo permuta co bispo de Tui, don Rodrigo, da igrexa de
Estás pola de San Mamede de Pedornes, de Oia.
E chegamos a
ligazón coa nosa vila cando, en 1555, o beneficio de Estás era de
Presentación do Arcediago de Cerveira, don García Prego de Montaos,
quen un ano antes rematara a construción do convento de Vilavella
(Ver Persoeiros>Vilavella). Por
indicación do Prelado, don Juan de Santillán, Estás converteríase
en anexo de dito convento de Vilavella.
Posteriormente, a Presentación de Estás recaería no Conde de
Maceda, quen posuía o vínculo fundado por García Prego de Montaos.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Recorte de prensa sen identificar. Artigo: “Estás-Tomiño”
No hay comentarios:
Publicar un comentario