martes, 19 de febrero de 2019

Cargos Públicos: Rexistrador da Propiedade

Rafael Ramos. Foto:www.elche.me
 
 

1861, 19 de decembro. Jacobo Queimaliños.

En agosto de 1865 o cargo atópase vacante con fianza de 8.800 rs.

1866, 10 de abril. Jacinto González del Castillo. Nomeado por falecemento do anterior. O 4 de xaneiro de 1867 foi substituído por non presentar a fianza.

1867, 10 de xaneiro. José María Sancho. O 9 de xuño de 1867 aprobouse a súa permuta co rexistrador de propiedade de Ayamonte.

1867, 9 de xuño. Juan Lobera Díaz. Anteriormente rexistrador de propiedade de Ayamonte. En xaneiro de 1877 nomeado para Vigo.

1877, 13 de marzo. Antonio Tovar y Méndez. Anteriormente, rexistrador de Pontecaldelas. En febreiro de 1878 é nomeado por R. O. rexistrador da propiedade de Cambados.

1878, 30 de abril. Joaquín Huguet y Villar. Servía en Atienza.

1881, 15 de novembro. Antonio Salgado Rodríguez. Serviu o de Pontecaldelas.

1884, febreiro. Rafael Ramos Bascuñana. Natural de Elche, onde era masón, colaboraba na prensa local, fundou a Caja Rural del Campo e Académico mestre da Real de Xurisprudencia. Por R. O. do 14-6-1887 trasladado a Pego.

1887, 15 de novembro. Manuel Calderón Neira. Servía o de Chantada. En maio de 1889 nomeado para Cambados.

1889, 27 de setembro. José Martínez Álvarez Ron. Servía o de Ramales.

1890, 30 de agosto. Marcial Carballido Bugallal. Anteriormente Rexistrador da Propiedade de Caldas de Reis. Renunciou ao cargo o 5 de xaneiro de 1892 por ser nomeado Gobernador Civil de Ourense e ser incompatibles os dous cargos.

1892, 16 de abril. Francisco Perona y García. Serviu o de Viana do Bolo. En agosto de 1898 nomeado rexistrador de Vigo.

1898, setembro. José Domínguez Amoedo. Avogado. Nomeado con carácter interino ata novo nomeamento.

Herráiz. Foto: Vida Gallega
1898, 05 de decembro. José Herráiz Ruibal, anteriormente rexistrador da propiedade en Sequeiros. Deixou o cargo o 22 de febreiro de 1899 ao ser nomeado rexistrador da súa vila natal, Tui. Alí falecería en 1933, exercendo daquela como rexistrador da propiedade de Sevilla. Tamén exercera como tenente coronel co Corpo Xurídico da Armada.
1899, marzo. Francisco Sánchez Varela. Interino ata novo nomeamento.
1899, 24 de maio. José María Gutiérrez y Gutiérrez. Anteriormente servía en Valle de Cabuérniga. En xuño de 1900 deixa o cargo ao ser nomeado rexistrador de Amurrio.
1900, xullo. José Cacheiro Cardama. Interino ata a toma de posesión do novo titular.
1900, 28 de maio. Francisco Sánchez Varela. Antes servía no rexistro de Ordes.

1906, xaneiro. Jacinto Mos Figueroa (Redondela). Nomeamento interino ata a nova toma de posesión.

1906, 26 de xaneiro. Fermín Díaz Fernández. Servía o de Fonsagrada. Natural de Mondoñedo e casado con Emérita Arango. En decembro de 1912 deixa o cargo ó ser nomeado rexistrador da propiedade en Viveiro.

1912, decembro. Jacinto Mos Figueroa (Redondela). Interino ata novo nomeamento.

1913, 31 de xaneiro. Joaquín Castro García. Anteriormente rexistrador da propiedade en Xinzo de Limia. En 1922 ocupaba o cargo de rexistrador da propiedade en Tui.

1921, decembro. José Otero Fernández (Redondela) En xullo de 1923 nomeado rexistrador de Carballino. Faleceu en 1951 con tan só 59 anos, exercendo daquela en Santiago de Compostela.

1923, agosto. Felipe Hermida Pérez. Seguía no cargo en 1930. Estudou na Universidade de Santiago. Conselleiro delegado da “Editorial Galicia S.A.”. Concedéuselle a xubilación aos 70 anos en 1967, exercendo daquela en Barcelona.

1925. Eulogio Padín Lorenzo (Redondela). Interino, cubrindo vacacións.

1931, abril. Jesús Larios Martín. En setembro de 1939 nomeado para Villaviciosa(Asturias). Escribiu varios ensaios de xenealoxía.

1939, decembro. Luis Artime Prieto. En outubro de 1951 nomeado rexistrador da propiedade de Ribadavia.

195? César Martín Muñoz. Natural de Águilas (Murcia), en xuño de 1954 sería nomeado Delegado Provincial de Sindicatos.

19?? Jaime Pazos Cabaleiro. En 1961.

196? Juan Antonio Cuadrado Cánovas. Deixa o cargo en maio de 1965 para desempeñalo en Fuente de Cantos (Badaxoz).



Texto: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Guía de forasteros de Madrid, Guía oficial de España, La Iberia, El globo, La Época, El Siglo Futuro, El Foro español (Madrid), La Correspondencia de España, El Liberal...

Boletín Oficial del Estado www.boe.e

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Vida Gallega, La Integridad diario católico, Diario de Pontevedra, El Correo de Lugo...

Censo de actividades del Partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Arquivo familiar de J. Migueles

http://prensahistorica.mcu.es => La Correspondencia de España, Boletín Ofiial de la Provincia de Orense

Cartas de principios de siglo sobre el no desplazamiento de la prenda. Elche, 1958. R. Ramos Folqués. www.elche.me

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Boletín de la Revista general de legislación y jurisprudencia, Volumen 15. Rafael Ramos, 1861

 

Cargos Públicos: Varios cargos do Xulgado

Procurador dos tribunais


18?? 18?? Santos Esteiro Queimaliños. En 1849.

18?? José Bernardo González. En 1854.

1856 José Otero. Alcalde que entre outros separou do seu cargo ao xuíz de primeira instancia e ao promotor fiscal.

18?? Santos Esteiro Queimaliños. Cara a 1879.

18?? Pedro Fontenla Rodriguez. F. en 1879. Foi Alcalde de Redondela.

18?? Manuel Milleiro Lopez. Cando menos entre 1879 e 1894.

188? Alejo Real Soto. En 1887 concédeselle un ano de licencia.

18?? Paulino Otero Garcia. Cara a 1894.

18?? Jesús Pereira. Cara a 1894.

18?? Lorenzo Pérez. Cara a 1894.

18?? Maximino Rivas. Cara a 1894.

18?? Eulogio Padín Padín. En 1897. Seguía en 1926.

1??? Silverio Alonso (ou Pérez). Cando menos entre 1905 e 1925.

19?? Bernardo Fernández Esteiro. Polo menos entre 1911 e 1934.

19?? Generoso Muíños Arines. Cando menos entre 1909 e 1934.

192? Buenhijo Pérez Sobrino. Cando menos entre 1910 e 1929. Alcalde en catro ocasións.

192? Eulogio Padín Lorenzo. Fillo de Eulogio Padín Padín. Cando menos dende 1925.

192? Juan Crespo Álvarez. Cando menos entre 1925-1929. Foi xuíz municipal.

196? Florentino Pereira Míguez. Cando menos entre 1957 e 1965.

19?? Bernardo Fernández Soto. Cando menos durante os anos 60. Mentres traballaba como procurador pagaba a un mutilado de guerra para que o substituíra no cargo de mestre. Logo acadaría praza na escola de Redondela, da que chegaría a ser director e na que se xubilaría a principios dos anos 80.

Outros Procuradores

Nos exames celebrados Na Coruña, en xuño de 1948, para Procuradores dos Tribunais, obtiveron sobresaíntes, José Carreira Rivero e Santiago Fernández Soto.

Nos exames celebrados na Coruña para Procuradores dos Tribunais, en xuño de 1958, aprobou con sobresaínte, Fernando Alfaya Bula.



Promotor Fiscal

183? Francisco Portela

1835, nov-18 40 José Veiga y Feijoo. Destituído tralo pronunciamento de 1840.


Provincia de Vigo

1840, outubro. Bernardo Portela Pérez. Constaba como interino ata que a finais de 1842 é nomeado definitivamente.

184? D. N. Sánchez. Cargo que desempeñou ata o 23 de outubro de 1843, en que se sumou ao pronunciamento que tivo lugar na praza de Vigo pola Xunta central para contrarrestar ao que derrocou ao Duque de la Victoria. Ante estes feitos foi posto en busca e captura.

1844 Bernardo Portela Pérez. Cando menos ata 1847.

1848- 63 José Veiga y Feijoo. En setembro de 1856 foi apartado do cargo por acudir a un banquete que Juan Manuel Pereira celebrou na honra de José María Orense, marqués de Albaida. Recoñécenselle 19 anos, 8 meses y 22 días de servizos. Decláraselle o haber anual de 2.500 rs.: soldo regulador 10.000.

1867 José Francisco Garrido y Soberal. Cesa ao suprimirse o xulgado.

Supresión do Xulgado de Primeira instancia polo real decreto de 27 de xuño de 1867 e restablecido o 8-1-1872.

1873 Ramón Maraira. En 1873.

187? Ramón Vidal Olivares. Xuíz de Redondela desempeñou o cargo de Promotor fiscal en comisión. En decembro de 1877 é nomeado xuíz de Verín.

1880 Tomás Díaz Varela. Procedente de Grandas de Salime.

1881 Pedro María Usera y Rodríguez

1882, xaneiro José Orge y Portela


Fiscal municipal

1882, xaneiro. José Arza Portela.

188? José Benito Rodríguez Arango. Cando menos entre 1888 e 1897.

1897-99. José María Arango.

1900, outubro. Antonio Orellana Pereira.

1901. José Cardama Cacheiro. O seu nomeamento quedou sen efecto.

1901. José Fontenla Pardo. Reelixido para os seguintes bienios ata que en febreiro de 1908 déixase sen efecto o seu nomeamento "por padecer de enagenación mental". Curiosamente pouco despois sería nomeado xuíz municipal suplente.

190? Serafín Sampedro Couto. No cargo en 1910.

1910, novembro. Pedro Fontenla Pardo

1914, novembro. Luis Pereira Míguez. Reelixido no 1918.

1920, novembro. Francisco Crespo Rivas. Seguía en 1928. Elixido novamente en xuño de 1930.

1931, xuño. Manuel Bernárdez Fontán

1935, novembro. Ramón Muíños Casal. Confirmado no cargo en outubro de 1936.

1949, xaneiro. José Carlos Casal Rivas. O 5 de xaneiro de 1950 concédeselle a excedencia forzosa.


Fiscal municipal suplente

1905, setembro. José Borines Sobrino

1910, novembro. Luis Telmo Bernárdez Santomé

1914, novembro. Eladio Martínez Pedrayo. Reelexido no 1918.

1930, xuño. Manuel Suárez Domínguez

1931, xuño. León de la Rosa Escobar

1935, novembro. Manuel Domínguez Suárez.

1936, outubro. Jaime Serín Dominguez

1937, febreiro. Juan Esteiro Alján


1976, setembro. José Molinos Reboredo


Fiscal comarcal (Redondela, Pontecaldelas e Lavadores)

1954, marzo. José A. Arruti Arruti

196? Ricardo Huidobro Iglesias. En marzo de 1963 trasladado a Badajoz.

1967, xullo. Alberto Pereira Ibáñez. Xa desempeñara esta función con anterioridade.


Alguacil do Xulgado

18?? Andrés Figueroa. Aceptouse a súa renuncia convocando a praza o 11 de agosto de 1865.

1912, marzo. Amancio Traseira. Sarxento licenciado do exército.

1912, setembro. Fausto García Rodríguez. Soldado licenciado do exército.

1913, marzo. Juan Hidalgo Luido. Cabo licenciado.

1914, abril. Antonio Escudero. Cabo licenciado do exército nomeado polo Ministerio de Guerra.

19?? Casimiro López Toucedo. Xubilado o 4-3-1925 despois de moitos anos no cargo.


Auxiliar do Xulgado Comarcal

194? Manuel Pintos Vieites. O 6 de decembro de 1950 declarado en situación de excedencia voluntaria, por incompatibilidade con otro cargo.

195? Emilio Rojo Cabana. O 28 de setembro de 1954 declarado en situación de excedencia voluntaria.


Oficial Habilitado do Xulgado Comarcal

194? Francisco Prieto Fernández. O 24 de novembro de 1947 concédeselle a excedencia voluntaria.

195? Rosendo Rilo Pose. En agosto de 1965 trasladado á súa instancia, ao xulgado de Carballo.



Oficial Habilitado do Xulgado de 1ª Instancia

192? Juan Marín Raporeiras. Cando menos dende 1925. Trasladado a Corcubión en outubro de 1926.

192? Francisco Lafuente Barros. A finais de 1928 destinado para Mondoñedo.


Oficial 1º do Xulgado de 1ª instancia

190? Heliodoro Rivas Rivas. En marzo 1909.


19?? Luis Alfonso Pereira Fernández. Cando menos entre 1934 e 1935.

1951, marzo. Agustín Conde Gómez. Proviña do Xulgado de 1ª Instancia de Ourense de onde era natural. O seu ascenso foi publicado no BOE do 26-3-1958, pouco despois estaba destinado no Xulgado nº1 de Vigo.

1959, abril. Abel Pérez Iglesias


Oficial do Xulgado Municipal

19?? Antonio Criado Fontán. En 1925.


Axente Xudicial

1947, 21 de novembro. Ricardo Girón Domínguez. Anteriormente na Audiencia de Castellón.


1957 Manuel Martínez Groba. 13 anos no cargo, trala supresión do xulgado en 1970, foi nomeado xefe da Policía Municipal do Porriño.


Encargado do Rexistro Civil

191? Heliodoro Rivas Rivas. No cargo en 1916.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Galiciana

Boletín de la Revista general de legislación y jurisprudencia, Volumen 18. Año 1863. Escrito por Rafael Ramos, Colegio de Abogados de Madrid

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia, El Pueblo Gallego, El Progreso, La Correspondencia Gallega, La Noche...

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Guía de forasteros en Madrid., El Eco del comercio, La Iberia, El Liberal, La Época, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración...

Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/

Boletin Oficial del Estado. http://www.boe.es/

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Arquivo familiar-escrituras


Cardos públicos: Escribáns- Secretarios do Xulgado

Homenaxe a Francisco Lafuente Ferreirós 1957.  FOTO Siorty-El pueblo gallego

 

Redondela

S. XVI

Pereda, Juan de. Cara a 1549.

Paz, Juan. Cara 1553.

Castro, Alonso de. Cara a 1562.

Rodríguez, Gonzalo. Cara a 1562.

Díaz de Pedrosa, Fernán. Escribán de S. M. cara a 1562.

García Rodríguez, Gregorio ¿? Cara a 1564-1565.

Mariño de Lobera, Payo. Cara a 1565.

Santabaia, Juan de. Escribán veciño de Redondela ando menos entre 1556 e 1570.

Barreiro, Gregorio. Cara a 1576.

Couñago, Domingo de. Cando menos entre 1550 e 1594.

Ayala, Pedro de. Cando menos entre 1546 e 1594.

Rodríguez Ferraz, Balthasar. escribán de nº da vila de Redondela en 1581.

Rodríguez, Pedro. Cando menos entre 1587 e 1637.

Cerdeira y Pinto, Juan de. Escribán de Redondela en 1591.

Gómez, Juan. En 1594.



Secretaría 1ª (1595-1799)

1º. Baltasar Troncoso de Lira
2º. D. Juan de Castro Araujo, 1629
3º. Ventura Troncoso y Lira, 1633
4º. Juan Pereira y Castro, 1635
5º. Domingo de Avalle, 1658. Escribán da súa Maxestade en Redondela, de onde era natural e onde residiu cando menos ata 1697.
6º. Gregorio Rodríguez Cota, 1661. Testou en 1672.
7º. Nicanor Rodríguez de Saa, 1672
8º. Antonio Rodríguez de Saa, 1675
9º. José Casal e José Martínez, 1729
10º. Fernando Melchor de la Iglesia Araújo e Castro, 1743
10º. Juan Antonio Pereira, 1743
11º. Domingo de Amil Martínez, 1749


Secretaría 2ª. (1595-1799)

1º. Domingo de Camba.
2º. Juan de la Iglesia "O Vello", 1657
3º. Domingo González Carballido, 1688
4º. Juan de la Iglesia "O Mozo", 1693
5º. Antonio González de Lamas Carballido, 1709
6º. Domingo González Carballido, 1711
7º. Gerónimo Francisco de la Iglesia Araújo, 1721. Escribán de número en Redondela. Renuncia no 1751 solicitando que se lle entregue o cargo ó seu xenro Juan Antonio Soutullo Bregaña, en troques de que pagase tódalas débedas que tiña contraídas.
8º. Juan Antonio Soutullo y Bregaña, 1756. Seguía en 1762.
9º. Manuel Francisco Soutullo y Bergaña, 1770. Escribán de nº, da S. M. e do Concello de Redondela cando menos ata 1805. Aparece en 1768 como escribán do Convento de Vilavella.
10º. Ventura Soutullo, 1799. Seguía en 1805.


Varios S. XVII- XVIII

Juan de Arines. Cara a 1604.

Juan Noble. Escribán de Redondela cara a 1628-1629.

Luis Gonzalez Carvallido. Escribán veciño de Redondela cando menos entre 1689 e 1727.

Domingo de Amil. Escribán veciño da vila de Redondela en 1731.

Francisco Antonio Gonzalez Carballido. Veciño de San Román de Saxamonde en 1742.

Gerónimo Francisco de la Yglesia. Xa falecido en 1760.

Agustín ¿Estanrión? Escribán Real de SM en 1760.

Carlos Ozores de Puga y Sotomaior. Escribán de S. M. y nº de Redondela en 1761. Seguía en 1764.

Pedro Antonio de Lago. Escribán de número do Concello de Redondela cando menos en 1774, 1798-1799.

Juan Antonio da Veiga. Escribán maior de rendas en 1796.






Cedeira

Antonio Rodríguez. En 1605.

Esteban de Millar. En 1694.

Joaquín Sestelo. En 1792.

Manuel José Monroy. En 1831.


Cesantes

Gregorio Barreiro. En 1604-1607.



Negros

Diego Baliente. En 1604.

Fernando García. En 1605


Reboreda


15?? Pedro Fernandez Fariña. En 1560-1575

175? Baltasar Carvallido. Cando menos entre 1756 e 1760 escribán Real y del Partido de Reboreda, vecino de Redondela.


Saxamonde


Nicolás Núñez. Aparece como escribán no Catastro de Ensenada de Saxamonde (1752).

Joaquín Sestelo. En 1792.


Vilavella

Pedro Fraguero. En 1543.

Francisco da Nogueira. En 1567.

García Rodríguez. En 1578.

Pedro Fernández Fariña. En 1595.

Pedro Rodríguez. Escribán público cando menos entre 1596 e 1637.

Gonzalo de Soto. En 1613.

Antonio Rodriguez. En 1619.

Gaspar Ramos. Cando menos entre 1621 e 1633.

Antonio Ramos de Saavedra. Escribán veciño de Redondela. Cando menos entre 1649 e 1667.

Juan de Castro Araujo. Cando menos entre 1641 e 1648.

Pedro de la Pedrera. Cando menos entre 1669 e 1679.

Jacinto Gregorio Alvarez e Juan Antonio Rodríguez Pereira. En 1762.

Manuel José Monroy. Cando menos entre 1830 e 1858.






S. XIX

Pedro Antonio de Lago. En 1806.

Francisco Antonio Davila. Veciño de Porriño. Entre 1817 e 1821.

Manuel Bula. En 1832

Salvador Veiga. Escribán contador del oficio de hipotecas del partido de Redondela. Cando menos entre 1832 e 1840.

Carlos Gonzalez Lavandeira, de Vigo. En 1835.

José Pereira Noguerol. Escribán de Redondela. Cando menos entre 1831 e 1857.

José Iglesias. Escribán e veciño de Redondela. En 1844 é nomeado visitador das escribanías de toda Galicia para descubrir os fraudes que puideran terse cometido dende 1839.

Andrés da Riva. Escribán de Redondela. En 1868.

Manuel Evaristo Rivas Estévez. Escribán de S.M., numerario e do Xulgado en 1850. Cando menos entre 1879 e 1888.

Juan Seoane Salgado. Escribán cando menos entre 1879 e 1894.

1890, novembro. Leodegario Rubín Monroy. Anteriormente xuíz municipal. Falece estando no cargo en marzo de 1912.

189? Juan Crespo Fernández. Falece estando no cargo en febreiro de 1896.

1898 Jacinto Figueroa. Escribán interino ata novo nomeamento.

1898, maio. Manuel Cacheiro Cardama. Anteriormente, fora xuíz municipal de Fornelos de Montes. En setembro de 1906 pide a excedencia para abrir un bufete de avogado en Redondela.


S. XIX-Saxamonde

1835 Domingo Portela. En decembro.


S. XX. Secretario do Xulgado de 1ª Instancia


1912, xuño. Ventura Domínguez Gómez. Antes servía no xulgado de Bande. Despois de 16 anos no cargo en outubro de 1928 ascende ao xulgado de Mondoñedo.

1928, 15 nov. Luis Echeverría y Barrio. Cando foi nomeado era secretario excedente por supresión do xulgado de Chiclana. O 18 de outubro de 1935, concedéuselle a excedencia. En 1963 era secretario do xulgado de Avilés.

1935, outubro. Carlos Pintos Castro. Continuaba en decembro de 1937.

1946, 14 de xaneiro. José I. Poch Gutiérrez de Caviedes.

19?? Manuel Álvarez Gómez. En xuño de 1951. En outubro de 1951 trasladado a Ribadavia.

1951 Agustín Conde Gómez. Oficial do xulgado, asume o cargo ata novo nomeamento.

1951, decembro Antonio Carbajo Madrigal. Procedente do xulgado de Celanova. Declarado excedente voluntario o 27 de xuño de 1953.

195? Francisco Lafuente Ferreirós. No cargo en xullo de 1954. En novembro de 1956 apróbase o seu traslado ao xulgado de Caldas de Reis, vila da que era natural.

1957, 28 de xaneiro. Alberto Ruíz López Rúa. Anteriormente de Ayamonte. En 1963 sería trasladado a Corcubión.


S. XX

Secretario do Xulgado Comarcal

194? Antonio Rodríguez Garrido. En marzo de 1947 nomeado para Linares de Riofrío (Salamanca).

S. XIX-XX

Secretario do Xulgado Municipal

18? Salvador Barros Pereira. Cando menos entre 1879 e 1894.

189? Juan Garrido Castro. Estaba en marzo de 1896. Faleceu estando no cargo en setembro de 1897.

189? Vicente Francisco Álvarez. Interino. En abril de 1899 é declarado en busca e captura.

1899 Casto Castro Lago. Anteriormente “escribinte” do Concello. Faleceu estando no cargo o 5-12-1921. Tamén exercera como secretario do xulgado de Cambados.

1923, xuño. Jacinto Lera Soloeta. Avogado. Anteriormente en Tomiño. Seguía en febreiro 1927.

1933, abril. David Pardo Carnero. Natural de Panxón (Lugo). Continuaba en 1941.

 

195? Francisco Lafuente Ferreirós. Cando menos entre 1954 e ata a Orde de 16 de novembro de 1956 cando é trasladado a Caldas de Reis.

195? Aurelio Peleteiro. Xubilado en xaneiro de 1961.

1961, 22 de xaneiro. Ramón Ángel Cabo Rodríguez. En novembro de 1964 pasa a desempeñar o mesmo cargo en Celanova.

196? Silo Rodríguez Rodríguez. No cargo cando menos en 1967.

1967 Manuel Malvarez Diz.

1967-68. Abel Pérez Iglesias. Secretario accidental.

1969, outubro. Humberto Casanova Cea. Procedente do xulgado de Chantada.


Secretarios noutros Xulgados

David Borines Sobrino. Secretario do Xulgado de Mos nos anos 20 e 30.



Texto: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Provisións seculares. Libro III. Rexedores, Escribáns e Procuradores de Redondela. Leg.41, Nº210 1595-1799 . Publicado en: Redondelans, Web de Celso Milleiro e Xosé Docampo. www.galeon.com/redondelans/

Pares>Memorial cobrador de rentas del convento de Vilavella

Arquivo familiar> Varios documentos

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia, El Pueblo Gallego, El Progreso...Pleito polo dereito de patronato da Abadía de Sta. María de Reboreda-1744 Alegación...

Página 55 de los protocolos notariales de Joan de la Iglesia de 1674. AUTOR Celso Milleiro

Joan de la Iglesia, escribán de Redondela. Ano 1674, páxina 16. Arquivo Histórico de Pontevedra, AHP. AUTOR: Celso Milleiro

Censo de Redondela (1694) por Xavier Milleiro

1702 Arde Rande.

PARES Portal de Archivos Españoles http://pares.mcu.es =>Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.(Varias parroquias)_ Agustín R. Pereira-Orden Carlos III-1798

Seren nº5

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Guía de forasteros en Madrid., El Eco del comercio, La Iberia, El Liberal, La Época, La Correspondencia de España, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración...

http://prensahistorica.mcu.es=> Boletín Oficial de la provincia de Orense

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

USC>1831-1841 Pruebas de limpieza de sangre de Pedro Couñago.

USC>PROTOCOLOS, N- 252/Registro de escrituras1591. Fol. 205-206. (23 de julio)

Arquivo da Catedral de Santiago

USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela

(USC>Clero 66>Mayordomía de Redondela)

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Fondo Casto Sampedro-Museo Pontevedra: Testamento de Gregorio Rodríguez, escribán de número e concello de Redondela e a súa xurisdición (1672). Deputación de Pontevedra. https://atopo.depo.gal => Acordos do Concello de Redondela (1708)

Deputación de Pontevedra. Tres censos en Redondela (1605). Redención de censo ás monxas de Redondela (1812). Expediente de eleccións municipais. Saxamonde (1836)

(19330507 Terra!)

Cargos públicos: Xuíces

Tenentes de xuíz

16?? Miguel de Rosende. En 1628.


Xuíz de Primeira Instancia do Partido de Redondela


A “Junta Suprema de Galicia” nomea o 5 de marzo de 1820 os xuíces interinos de primeira instancia.

1820, 5 marzo. Josef Lebrón (Interino). N. en Ourense, 1776. Bacharel en ambos Dereitos pola Universidad de Oviedo (1797). Avogado do Consejo de Castilla (1802). Alcalde da xurisdición de Ruecos, de señorío (1803). Xuíz subdelegado do departamento de Allariz e Junquera de Ambia para a secularización e alleamento dos bens eclesiásticos.


29-6-1821 A raíz do establecemento da Constitución as Cortes resolveron que Galicia seguira dividida interinamente nos 47 Partidos Xudiciais acordados en 1813, un deles era Redondela.


1822, 4 maio. Francisco Beira y Briones.


1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella)


1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.


1835 Francisco Pantoja. En febreiro de 1836 o goberno central afastado do seu cargo.


Constitución do Concello de Redondela tal e como o coñecemos hoxe en día: 3 de decembro 1836.

1836 Fernando Paradela.

183? Ignacio Bartolomé. En 1837

183? Francisco Sancho Gutierrez. Cando menos dende 1838. Foi fiscal e rexistrador da propiedade en Pontevedra, ademais de correspondente da Real Academia da Historia. Destituído tralo pronunciamento de 1840.


Provincia de Vigo

1840, outubro. Francisco Paradela

1841,11 de marzo. Tomás Álvarez de la Braña. Anteriormente xuíz de Perales de Tajuña. En 1842 era moi criticado porque tiña á súa disposición 12 homes armados que lle foron facilitados do Provincial de Ourense.

1843, 6 de agosto. Juan Igneson y Miramon. Sendo Promotor fiscal en propiedade no Xulgado de Carballino (Ourense), a Xunta de goberno da vila de Redondela nomeouno xuíz, cargo que desempeñou ata o 23 de outubro de 1843, en que tivo lugar na praza de Vigo o pronunciamento pola Xunta central para contrarrestar ao que derrocou ao Duque de la Victoria. Tomou parte activa no movemento tanto coas armas na man como auxiliando nos traballos de Secretaría da Xunta. Por estes feitos veuse obrigado a emigrar ao estranxeiro, non podendo volver ata a amnistía xeral de 1847.

1843, 20 de novembro. Telesforo Contreras.

1843, 29 de decembro. José María Pesqueira. O 9 de abril de 1847 trasladado a Santiago.

1847, 9 de abril. José de Santa Marina. Ata setembro de 1950..

1850, 17 de setembro. Ignacio Bartolomé. No cargo ata 1854.

1854-57 Francisco María Donnet. Suspendido en setembro de 1856 por asistir ao banquete con que se honrou ao marqués de Albaida na casa de Juan Manuel Pereira. Sería reposto poucos días despois.

1856 José Barbeito del Prado. Actúa como xuíz nunha sentenza de novembro, probablemente foi o substituto durante a suspensión do anterior.

1858 Froilán Prieto. O 30 de xullo de 1858 permuta a súa praza co xuíz de Pontecaldelas.

1858, 30 de xullo. Luis Genión Álvarez

1860 Antonio Suárez Sequeiros. En febreiro de 1861 nomeado para A Cañiza.

1861, xaneiro. Ramón Sampedro Borines

1861 Valentín Suárez. Falecido ese mesmo ano.

1861, outubro. Francisco Aguirre. Anteriormente en Tabeirós. Continuaba en 1863.

1863, 4 de abril. Luis Gómez Seara. O 7 de abril de 1865, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Ribadavia (Ourense).

1865, 7 de abril. Buenaventura Pla de Huydobro. Era ademais Xefe Honorario da Administración Civil. En xullo de 1866 promovido ao xulgado de Huete (Cuenca).

1866, xullo. Jose María Nieto y Pasecio. Nomeado en comisión despois de trocar a súa praza no xulgado de Huete co xuíz anterior. O 4 de Agosto del 66 foi promovido ao de Pontevedra, tomando posesn o 4 de Abril do ano seguinte.

1866, outubro. Diego de Olcina. Non chega a exercer porque o 19 de outubro de 1866, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Pego (Alicante).

1866, 19 de outubro. Ambrosio Fernández Vitacarros. Servía en Viana do Bolo. Cesa ao ser suprimido o xulgado.


Supresión do Xulgado de Primeira Instancia polo real decreto de 27 de xuño de 1867,


186? Francisco Garrido Sobral. Xuíz de paz de Redondela en 1868.


Restablécese o Xulgado de Primeira Instancia o 8-1-1872.

1872, xaneiro. Manuel ¿? Anteriormente xuíz electo de Vilalba.

187? Gerardo Parga y Varela. Anteriormente xuíz de primeira instancia de Villar del Arcebispo (Valencia). Estaba no cargo en 1873. Deixou o cargo en xullo de 1875 ao ser nomeado promotor fiscal de Noia.

187? Eugenio Salgado. En novembro de 1876 trasladado a Bande.

1876, decembro. Balbino Llamas y Pons. Procedente do de Bande.

187? Eugenio Salgado y López. En marzo de 1879 trasladado a Tui.

1879, abril. Celestino Arias Ulloa Gago. Procedente do xulgado de Ponteareas.

1880, abril. Ramón Vidal Olivares. Cesou en marzo de 1881.

188? José García Gallego. Cando menos dende outubro de 1882. Trasladado ao xulgado da Estrada en marzo de 1883..

1883-1886. José Orge y Portela. No cargo ata que en marzo de 1886 foi trasladado a Cambados.

1884 José de Soto. Aparece como xuíz de Redondela no Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, de 1884.

1886 Crisanto Manuel Pereira Nogueirol. O seu nomeamento foi protestado por ser propietario en Redondela o que era incompatible co desempeño do cargo. Ademais este veciño da vila estaba involucrado na vida política local.

188? Manuel María Puga y Fernández. Promovido en novembro de 1887 a Morón (Sevilla)

1887, 9 de novembro. José Fernández Arroyo y Pozuelo. Anteriormente vicesecretario da Audiencia do Criminal de Linares.

188? Amadeo Domínguez. En decembro de 1888 trasladado a Allariz.

1888 decembro. Manuel Dacal y Ambrosio. Deixou o cargo en decembro de 1888 por permuta co xuíz de Valoria la Buena.

1888 decembro. Florentino Alonso Lasiote. Chegou a Redondela por permuta co xuíz anterior. En abril de 1891 é nomeado xuíz de Monforte.

1892 / 1899, decembro. Adolfo Serantes y Feijoo. Permuta co xuíz de Pontecaldelas en decembro de 1899. Na súa despedida os seus amigos regaláronlle un estoxo que contiña un bastón coa inscrición: “1900 A. S. Redondela”.

José Ogando Foto: www.worldvitalrecords
1900, febreiro Rafael González Besada y Valdés. Anteriormente, xuíz de Pontecaldelas. En marzo de 1906 deixa o cargo ao ser nomeado avogado fiscal da Audiencia de Ourense. Nado o 6-12-1863. Doutor en Dereito. Ingresou na carreira xudicial en 1888 cun dos primeiros números. Foi xuíz de Pontecaldelas, Redondela, Pontevedra, Cuenca e San Sebastián. Fiscal das Audiencias de Ourense e Pontevedra, e Inspector Fiscal do Tribunal Supremo, coa categoría de Maxistrado deste alto Tribunal, sendo xubilado coa chegada da República, como desafecto ao réxime. Estaba en posesión, entre outras, da Gran Cruz de Isabel la Católica. Faleceu na súa casa de Guillarei o 1 de xullo de 1943.
1906-marzo. Ramón Cayetano Vázquez Martínez. Anteriormente xuíz de primeira instancia de Corcubión. En xuño de 1907 trasládase a Trujillo.
1907-xuño. Julio Salgado Trillo. Anteriormente xuíz de instrucción en Lalín, que pediu o traslado a Redondela. Ademáis de xuíz, na nosa vila foi presidente do Casino. En xaneiro de 1911 é nomeado avogado fiscal da Audiencia de Almería.
1911, xaneiro. Augusto López de Sáa y Atocha. En 1926 era fiscal de Pontevedra. Era fillo do maxistrado do Tribunal Supremo e Senador, Miguel López de Sáa.
1918-setembro. Avelino Espinosa y Cervela. Nomeado en setembro tomaría posesión ao mes seguinte. Nomeado xuíz de Badajoz en xuño de 1919.
Xuíz Delgado e Secretario Echevarría. Foto:El Pueblo Gallego  
1919, 18 de xuño-1923, 6 de abril. José Ogando Stolle (Forcarei, 1886). Deixou o cargo por ascenso, ao ser nomeado fiscal da audiencia de Santander. En decembro de 1937, asasinado polos republicanos en Teruel, onde exercía.
1923, abril. Alberto García Martínez. Conde de Gacinarro. Trasladado a Tarancón (Cáceres) en outubro de 1926.
1926, 27 de outubro. Ramón Montero Ríos y Quiroga. Fillo do avogado de Santiago, José Montero Ríos. Casado coa señora María Luisa Fernández Cid. Anteriormente, xuíz de Allariz. En novembro de 1929 é despedido nunha cea homenaxe por ser trasladado a Santiago.
1929, 07 de novembro. Rafael Delgado Iribarren. Anteriormente xuíz de Lerma. En abril do ano 1933 deixa o cargo por ser nomeado Xuíz de Vigo.
Alberto García falando na festa da Árbore 1924, en Mos. Foto; El Pueblo Gallego
José Bellver, Foto: Vida Gallega
1933, maio. José Bellver Álvarez. Procedente do xulgado de Ortigueira. En outubro de 1941 ascendido a Maxistrado de entrada. No Museo de Pontevedra consérvase unha colección súa, foto e cinematográfica, que amosa paixases das vilas onde estivo destinado. No 2013, realizouse unha mostra no Multiusos da Xunqueira.
1942, xullo. Juan Esteve Vera. Anteriormante xuíz da Cañiza. Capitán honorífico do Corpo Xurídico militar, era daquela vocal ponente dos consellos de guerra permanentes en Madrid.
1944, xullo. Félix Barros Novoa. Procedente do xulgado de Ponteareas. Pouco tempo despois trasladado ao xulgado de Bouzas (Vigo). En 1963 formou parte do tribunal do tristemente famoso caso do metílico.
19?? Cameselle Barcia, Otto José (Vigo, 1921). Ao ser nomeado para Redondela, converteuse no xuíz máis xoven de España. No cargo durante a inauguración das novas instalacións do xulgado en novembro de 1951. Xunto con Ramón González-Alegre dirixiu a revista de poesía "Alba", publicando o seu primeiro libro de poesía en 1950. Tamén era inspector de Xustiza Municipal da provincia de Pontevedra. O 30 de abril de 1956 é destinado a Ocaña.
1956, 30 de abril. Jaime Rodríguez Hermida. Procedente do xulgado de Castuera. Cesou en xaneiro de 1961 ao ser nomeado maxistrado da Audiencia de Burgos con destino na sala do contencioso-administrativo de Bilbao. En 1968 foi nomeado Presidente da Audiencia de A Coruña.
1961, xaneiro. Francisco Gómez Olivié. En marzo de 1964 é nomeado maxistrado-xuíz da cidade de Albacete.

1964, 31 de marzo. Manuel González Nájera (Paredes de Nava-Palencia, 1925/Santiago de Compostela, 2004). Tamén exerceu en Castrojeriz, A Cañiza, Castropol e Tui. Ascendido a maxistrado é destinado a San Sebastián (publicado no BOE 27-6-1970). Despois de sete anos no País Vasco sería trasladado á Coruña onde exerceu no Xulgado de Instrución número 2 e posteriormente como maxistrado-xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Galicia.


11-11-1965 Supresión do Partido Xudicial de Redondela.

30-07-1970 Supresión do Xulgado de 1ª Instancia de Redondela


Xuíz Municipal

188? Crisanto Pereira. En 1881.

188? Manuel Sestelo. En 1884 e 1885.

188? Leodegario Rubín Monroy. En 1887.

1893, marzo. Pedro Fontenla Figueroa. Avogado.

1897, xuño. Ramón Francisco Pardo Ferro. Alcalde en varias ocasións e presidente do partido conservador de Redondela. Faleceu estando no cargo en marzo de 1898.

1901 José Cacheiro Cardama. O seu nomeamento quedou sen efecto ao pasar a ser rexistrador da propiedade.

1901, xullo. José Fontenla Pardo. Elixido en propiedade para o bienio 1901-1903.

1903, xuño. Maximino Crespo Rivas. Reelixido en 1905, 1907,1911 e 1915.

Non remata o seu último mandato por falecer de rápida enfermidade.

1916, novembro. Emilio Torrado André. Anteriormente suplente. A finais de 1919 nomeado para o seguinte cuadrienio. Continúa no cargo a mediados de 1920.

1920, novembro. Manuel Pereira Míguez.

1922, decembro. Evaristo Graño.

1923. Manuel Pereira Míguez. Ocupou o cargo en maio de 1923 ata novo nomeamento, que se faría efectivo na súa persoa en decembro dese mesmo ano. Continuaba no cargo en outubro de 1927.

192? Emilio Torrado André. No cargo en 1929.

1930, xuño. Manuel Pereira Miguéns.

1931, xuño. Alfredo Lorenzo Martínez

1931, setembro. Gustavo Otero Sestelo. Aproveitando que o seu irmán, Pedro, era nomeado alcalde, se autoproclamou xuíz municipal sen ter acadado o título de avogado. Sería destituído tralo inicio da guerra e a entrada na alcaldía de Francisco Cunqueiro.

1936, agosto. Juan Crespo Álvarez. Confirmado no cargo en outubro de 1936.

19?? José Reboredo Blanco. En 1941.


Xuíz Comarcal

1945, outubro. José Alonso Troncoso.

1951, febreiro. Antonio Tapia Seoane. Pola Orden de 25 de xuño de 1954, é declarado xubilado forzoso, por cumprir a idade regulamentaria.

1955, xaneiro. Constantino Méndez Rodríguez. Avogado pontevedrés. Faleceu estando no cargo, en 1969.

1969, outubro. César Augusto Pérez Quintela. Procedente do xulgado de Bande. En xuño de 1982 nomeado titular do xulgado número 2 de Pontevedra.




Suplentes

Xuíz 1ª instancia suplente (Ás veces é o xuíz municipal)

1861 Crisanto Pereira Noguerol. Xuíz suplente 1º

1861 Fernando Rodríguez Prida. Xuíz suplente 2º

1887, outubro. Leodegario Rubín Monroy (Xuíz municipal).

1923, maio. Manuel Pereira Míguez. Ata a toma de posesión do titular en xuño.

1929, setembro. Emilio Torrado André.

1942, decembro. José Jaime Pérez Rodríguez

1969, agosto. Ovidio Chamosa Sarandeses.


Xuíz municipal suplente

1895 Fernando Alfaya Pérez

1900, agosto. Maximino Crespo Rivas.

190? Jacinto Mos Figueroa. Renuncia en abril de 1907.

1907, maio. Antonio Orellana

1907, outubro. Serafín Sampedro Couto.

1910, marzo. José Fontenla Pardo. Faleceu estndo no cargo.

1910, novembro. Pedro Otero Milleiro. Relexido en 1911.

1914, abril. Emilio Torrado André. En novembro de 1916 nomeado xuíz municipal.

1917, abril. Luis Telmo Bernárdez Santomé. Médico. En decembro de 1919 elixido para o seguinte cuadrimestre.

1920, novembro. Heliodoro Rivas Rivas.

192? Manuel Pereira Míguez (Xuíz municipal). En maio de 1923 ocupou a praza de titular ata novo nomeamento, que recaería na súa persoa en decembro dese ano.

1923, decembro. Jaime Serín Domínguez.

1926. Antonio Ocampo Fraga. Médico. No cargo en xuño de 1926.

1927 Jaime Serín Domínguez.

1929, setembro. Pedro Otero Sestelo

1930, xuño. Ramón Criado Fontán

1931, xuño. Dositeo Pérez Sobrino


1936, outubro. Dositeo Pérez Sobrino


Xuíz comarcal sustituto:

1965, abril Jose Antonio Conde Martínez

1966, xaneiro. José Jaime Pérez Rodríguez. Veciño de Redondela, xa desempeñara o cargo con anterioridade. Delegado comarcal de Sindicatos


1970, decembro. José Antonio Conde Martínez.


Texto: J. Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Boletín Oficial del Estado http://www.boe.es/

Ministerio de Cultura http://www.mcu.es/

Wikipedia https://gl.wikipedia.org

Faro nacional, Volumen 6. Escrito por Colegio de Abogados de Madrid ,Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (Madrid),Sociedad...

Boletín de la Revista general de legislación y jurisprudencia. Varios anos.

Los jueces del trienio liberal.Escrito por Ricardo Gómez-Rivero (Google Books)

Supresión Partido xudicial 1965(Páx. 112. Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.)

Centro Superior Bibliográfico de Galicia: http://www.csbg.net/ => El Correo de Galicia (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), El Regional (Lugo)...

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, El Compostelano, Boletín judicial de Galicia, La Integridad (Tui), El lucense, Diario de Galicia (Santiago), La Noche...

Biblioteca Nacional de España. www.bne.es => La Voz (Madrid), La Correspondencia de España, La Época (Madrid), Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración...

En www.boe.es => Gaceta Oficial de Madrid, Boletín Oficial del Estado

La Vanguardia www.lavanguardia.es/hemeroteca

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Outros: La Situación de Galicia

Arquivo familiar-escrituras

Archivo Histórico Nacional >pares.mcu.es

Aportacións Xosé Moreira Docampo e Celso Milleiro Sánchez

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Petición a Miguel de Rosende, tenente de xuíz de Redondela (1628). Sampedro 65-10 Notas sobre rúas e lugares.