Tenentes de xuíz
16?? Miguel de Rosende. En 1628.
Xuíz de Primeira Instancia do Partido de Redondela
A “Junta Suprema de Galicia” nomea o 5 de marzo de 1820 os xuíces interinos de primeira instancia.
1820, 5 marzo. Josef Lebrón (Interino). N. en Ourense, 1776. Bacharel en ambos Dereitos pola Universidad de Oviedo (1797). Avogado do Consejo de Castilla (1802). Alcalde da xurisdición de Ruecos, de señorío (1803). Xuíz subdelegado do departamento de Allariz e Junquera de Ambia para a secularización e alleamento dos bens eclesiásticos.
29-6-1821 A raíz do establecemento da Constitución as Cortes resolveron que Galicia seguira dividida interinamente nos 47 Partidos Xudiciais acordados en 1813, un deles era Redondela.
1822, 4 maio. Francisco Beira y Briones.
1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella)
1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.
1835 Francisco Pantoja. En febreiro de 1836 o goberno central afastado do seu cargo.
Constitución do Concello de Redondela tal e como o coñecemos hoxe en día: 3 de decembro 1836.
1836 Fernando Paradela.
183? Ignacio Bartolomé. En 1837
183? Francisco Sancho Gutierrez. Cando menos dende 1838. Foi fiscal e rexistrador da propiedade en Pontevedra, ademais de correspondente da Real Academia da Historia. Destituído tralo pronunciamento de 1840.
Provincia de Vigo
1840, outubro. Francisco Paradela
1841,11 de marzo. Tomás Álvarez de la Braña. Anteriormente xuíz de Perales de Tajuña. En 1842 era moi criticado porque tiña á súa disposición 12 homes armados que lle foron facilitados do Provincial de Ourense.
1843, 6 de agosto. Juan Igneson y Miramon. Sendo Promotor fiscal en propiedade no Xulgado de Carballino (Ourense), a Xunta de goberno da vila de Redondela nomeouno xuíz, cargo que desempeñou ata o 23 de outubro de 1843, en que tivo lugar na praza de Vigo o pronunciamento pola Xunta central para contrarrestar ao que derrocou ao Duque de la Victoria. Tomou parte activa no movemento tanto coas armas na man como auxiliando nos traballos de Secretaría da Xunta. Por estes feitos veuse obrigado a emigrar ao estranxeiro, non podendo volver ata a amnistía xeral de 1847.
1843, 20 de novembro. Telesforo Contreras.
1843, 29 de decembro. José María Pesqueira. O 9 de abril de 1847 trasladado a Santiago.
1847, 9 de abril. José de Santa Marina. Ata setembro de 1950..
1850, 17 de setembro. Ignacio Bartolomé. No cargo ata 1854.
1854-57 Francisco María Donnet. Suspendido en setembro de 1856 por asistir ao banquete con que se honrou ao marqués de Albaida na casa de Juan Manuel Pereira. Sería reposto poucos días despois.
1856 José Barbeito del Prado. Actúa como xuíz nunha sentenza de novembro, probablemente foi o substituto durante a suspensión do anterior.
1858 Froilán Prieto. O 30 de xullo de 1858 permuta a súa praza co xuíz de Pontecaldelas.
1858, 30 de xullo. Luis Genión Álvarez
1860 Antonio Suárez Sequeiros. En febreiro de 1861 nomeado para A Cañiza.
1861, xaneiro. Ramón Sampedro Borines
1861 Valentín Suárez. Falecido ese mesmo ano.
1861, outubro. Francisco Aguirre. Anteriormente en Tabeirós. Continuaba en 1863.
1863, 4 de abril. Luis Gómez Seara. O 7 de abril de 1865, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Ribadavia (Ourense).
1865, 7 de abril. Buenaventura Pla de Huydobro. Era ademais Xefe Honorario da Administración Civil. En xullo de 1866 promovido ao xulgado de Huete (Cuenca).
1866, xullo. Jose María Nieto y Pasecio. Nomeado en comisión despois de trocar a súa praza no xulgado de Huete co xuíz anterior. O 4 de Agosto del 66 foi promovido ao de Pontevedra, tomando posesión o 4 de Abril do ano seguinte.
1866, outubro. Diego de Olcina. Non chega a exercer porque o 19 de outubro de 1866, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Pego (Alicante).
1866, 19 de outubro. Ambrosio Fernández Vitacarros. Servía en Viana do Bolo. Cesa ao ser suprimido o xulgado.
Supresión do Xulgado de Primeira Instancia polo real decreto de 27 de xuño de 1867,
186? Francisco Garrido Sobral. Xuíz de paz de Redondela en 1868.
Restablécese o Xulgado de Primeira Instancia o 8-1-1872.
1872, xaneiro. Manuel ¿? Anteriormente xuíz electo de Vilalba.
187? Gerardo Parga y Varela. Anteriormente xuíz de primeira instancia de Villar del Arcebispo (Valencia). Estaba no cargo en 1873. Deixou o cargo en xullo de 1875 ao ser nomeado promotor fiscal de Noia.
187? Eugenio Salgado. En novembro de 1876 trasladado a Bande.
1876, decembro. Balbino Llamas y Pons. Procedente do de Bande.
187? Eugenio Salgado y López. En marzo de 1879 trasladado a Tui.
1879, abril. Celestino Arias Ulloa Gago. Procedente do xulgado de Ponteareas.
1880, abril. Ramón Vidal Olivares. Cesou en marzo de 1881.
188? José García Gallego. Cando menos dende outubro de 1882. Trasladado ao xulgado da Estrada en marzo de 1883..
1883-1886. José Orge y Portela. No cargo ata que en marzo de 1886 foi trasladado a Cambados.
1884 José de Soto. Aparece como xuíz de Redondela no Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, de 1884.
1886 Crisanto Manuel Pereira Nogueirol. O seu nomeamento foi protestado por ser propietario en Redondela o que era incompatible co desempeño do cargo. Ademais este veciño da vila estaba involucrado na vida política local.
188? Manuel María Puga y Fernández. Promovido en novembro de 1887 a Morón (Sevilla)
1887, 9 de novembro. José Fernández Arroyo y Pozuelo. Anteriormente vicesecretario da Audiencia do Criminal de Linares.
188? Amadeo Domínguez. En decembro de 1888 trasladado a Allariz.
1888 decembro. Manuel Dacal y Ambrosio. Deixou o cargo en decembro de 1888 por permuta co xuíz de Valoria la Buena.
1888 decembro. Florentino Alonso Lasiote. Chegou a Redondela por permuta co xuíz anterior. En abril de 1891 é nomeado xuíz de Monforte.
1892 / 1899, decembro. Adolfo Serantes y Feijoo. Permuta co xuíz de Pontecaldelas en decembro de 1899. Na súa despedida os seus amigos regaláronlle un estoxo que contiña un bastón coa inscrición: “1900 A. S. Redondela”.
José Ogando Foto: www.worldvitalrecords |
Xuíz Delgado e Secretario Echevarría. Foto:El Pueblo Gallego |
Alberto García falando na festa da Árbore 1924, en Mos. Foto; El Pueblo Gallego |
José Bellver, Foto: Vida Gallega |
1964, 31 de marzo. Manuel González Nájera (Paredes de Nava-Palencia, 1925/Santiago de Compostela, 2004). Tamén exerceu en Castrojeriz, A Cañiza, Castropol e Tui. Ascendido a maxistrado é destinado a San Sebastián (publicado no BOE 27-6-1970). Despois de sete anos no País Vasco sería trasladado á Coruña onde exerceu no Xulgado de Instrución número 2 e posteriormente como maxistrado-xuíz de Vixilancia Penitenciaria de Galicia.
Xuíz Municipal
188? Crisanto Pereira. En 1881.
188? Manuel Sestelo. En 1884 e 1885.
188? Leodegario Rubín Monroy. En 1887.
1893, marzo. Pedro Fontenla Figueroa. Avogado.
1897, xuño. Ramón Francisco Pardo Ferro. Alcalde en varias ocasións e presidente do partido conservador de Redondela. Faleceu estando no cargo en marzo de 1898.
1901 José Cacheiro Cardama. O seu nomeamento quedou sen efecto ao pasar a ser rexistrador da propiedade.
1901, xullo. José Fontenla Pardo. Elixido en propiedade para o bienio 1901-1903.
1903, xuño. Maximino Crespo Rivas. Reelixido en 1905, 1907,1911 e 1915.
Non remata o seu último mandato por falecer de rápida enfermidade.
1916, novembro. Emilio Torrado André. Anteriormente suplente. A finais de 1919 nomeado para o seguinte cuadrienio. Continúa no cargo a mediados de 1920.
1920, novembro. Manuel Pereira Míguez.
1922, decembro. Evaristo Graño.
1923. Manuel Pereira Míguez. Ocupou o cargo en maio de 1923 ata novo nomeamento, que se faría efectivo na súa persoa en decembro dese mesmo ano. Continuaba no cargo en outubro de 1927.
192? Emilio Torrado André. No cargo en 1929.
1930, xuño. Manuel Pereira Miguéns.
1931, xuño. Alfredo Lorenzo Martínez
1931, setembro. Gustavo Otero Sestelo. Aproveitando que o seu irmán, Pedro, era nomeado alcalde, se autoproclamou xuíz municipal sen ter acadado o título de avogado. Sería destituído tralo inicio da guerra e a entrada na alcaldía de Francisco Cunqueiro.
1936, agosto. Juan Crespo Álvarez. Confirmado no cargo en outubro de 1936.
19?? José Reboredo Blanco. En 1941.
Xuíz Comarcal
1945, outubro. José Alonso Troncoso.
1951, febreiro. Antonio Tapia Seoane. Pola Orden de 25 de xuño de 1954, é declarado xubilado forzoso, por cumprir a idade regulamentaria.
1955, xaneiro. Constantino Méndez Rodríguez. Avogado pontevedrés. Faleceu estando no cargo, en 1969.
1969, outubro. César Augusto Pérez Quintela. Procedente do xulgado de Bande. En xuño de 1982 nomeado titular do xulgado número 2 de Pontevedra.
Suplentes
Xuíz 1ª instancia suplente (Ás veces é o xuíz municipal)
1861 Crisanto Pereira Noguerol. Xuíz suplente 1º
1861 Fernando Rodríguez Prida. Xuíz suplente 2º
1887, outubro. Leodegario Rubín Monroy (Xuíz municipal).
1923, maio. Manuel Pereira Míguez. Ata a toma de posesión do titular en xuño.
1929, setembro. Emilio Torrado André.
1942, decembro. José Jaime Pérez Rodríguez
1969, agosto. Ovidio Chamosa Sarandeses.
Xuíz municipal suplente
1895 Fernando Alfaya Pérez
1900, agosto. Maximino Crespo Rivas.
190? Jacinto Mos Figueroa. Renuncia en abril de 1907.
1907, maio. Antonio Orellana
1907, outubro. Serafín Sampedro Couto.
1910, marzo. José Fontenla Pardo. Faleceu estndo no cargo.
1910, novembro. Pedro Otero Milleiro. Relexido en 1911.
1914, abril. Emilio Torrado André. En novembro de 1916 nomeado xuíz municipal.
1917, abril. Luis Telmo Bernárdez Santomé. Médico. En decembro de 1919 elixido para o seguinte cuadrimestre.
1920, novembro. Heliodoro Rivas Rivas.
192? Manuel Pereira Míguez (Xuíz municipal). En maio de 1923 ocupou a praza de titular ata novo nomeamento, que recaería na súa persoa en decembro dese ano.
1923, decembro. Jaime Serín Domínguez.
1926. Antonio Ocampo Fraga. Médico. No cargo en xuño de 1926.
1927 Jaime Serín Domínguez.
1929, setembro. Pedro Otero Sestelo
1930, xuño. Ramón Criado Fontán
1931, xuño. Dositeo Pérez Sobrino
1936, outubro. Dositeo Pérez Sobrino
Xuíz comarcal sustituto:
1965, abril Jose Antonio Conde Martínez
1966, xaneiro. José Jaime Pérez Rodríguez. Veciño de Redondela, xa desempeñara o cargo con anterioridade. Delegado comarcal de Sindicatos
1970, decembro. José Antonio Conde Martínez.
Texto: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Boletín Oficial del Estado http://www.boe.es/
Ministerio de Cultura http://www.mcu.es/
Wikipedia https://gl.wikipedia.org
Faro nacional, Volumen 6. Escrito por Colegio de Abogados de Madrid ,Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (Madrid),Sociedad...
Boletín de la Revista general de legislación y jurisprudencia. Varios anos.
Los jueces del trienio liberal.Escrito por Ricardo Gómez-Rivero (Google Books)
Supresión Partido xudicial 1965(Páx. 112. Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.)
Centro Superior Bibliográfico de Galicia: http://www.csbg.net/ => El Correo de Galicia (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), El Regional (Lugo)...
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, El Compostelano, Boletín judicial de Galicia, La Integridad (Tui), El lucense, Diario de Galicia (Santiago), La Noche...
Biblioteca Nacional de España. www.bne.es => La Voz (Madrid), La Correspondencia de España, La Época (Madrid), Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración...
En www.boe.es => Gaceta Oficial de Madrid, Boletín Oficial del Estado
La Vanguardia www.lavanguardia.es/hemeroteca
La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
Outros: La Situación de Galicia
Arquivo familiar-escrituras
Archivo Histórico Nacional >pares.mcu.es
Aportacións Xosé Moreira Docampo e Celso Milleiro Sánchez
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Petición a Miguel de Rosende, tenente de xuíz de Redondela (1628). Sampedro 65-10 Notas sobre rúas e lugares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario