lunes, 30 de marzo de 2020

Mendiño (S. XIII-XIV) Trobador Medieval

Foto: Juan Migueles

Nos cancioneiros portugueses pode aparecer coma Mendiño, Mendinho ou Meendinho. Del non se coñece ningún dato e tan só se conserva unha única cantiga de amigo que é considerada unha das máis importantes da literatura trobadoresca galego-portuguesa. A cantiga fala da Illa de San Simón, polo que o consideramos un persoeiro de Redondela a pesares de que se descoñeza o seu lugar de nacemento. Adicóuselle o Día das Letra Galegas de 1998, compartindo este galardón con Martín Codax e Johan de Cangas. Por este motivo na illa de San Simón erixiuse unha estatua que lembra aos tres trobadores. Unha rúa e un instituto de Redondela tamén reciben o nome de Mendiño.

Sedia-mi eu na ermida de San Simion
e cercaram-mi as ondas, que grandes son ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo,


Estando na ermida, ante o altar,
(e) cercaron-mi as ondas grandes do mar ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !


E cercaron-mi as ondas, que grandes son ;
non ei (i) barqueiro nen remador ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !


E cercaron-mi as ondas grandes do mar ;
non ei (i) barqueiro, nen sei sei remar ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !


Non ei (i) barqueiro nen remador ;
morrerei, fremosa, no mar maior ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !


Non ei (i) barqueiro, nen sei remar ;
morrerei fremosa no alto mar  ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !

Cancioneiro da Vaticana : 438 e Cancioneiro da Biblioteca Nacional : 568.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)

Galipedia

Wikisource


Martínez, Martín “Martin Máez” (Chapela) Cantante e actor

Foto: 4actingmanagement.es
           Formouse como cantante na “Escuela Allegro” e na “Escuela de músicos” de A Coruña. Chegando á fase final no “Festival Internacional de O Landro”, en Viveiro, e no “Festival de jóvenes intérpretes”, de Ordes. Logo orientaríase cara a interpretación sen abandoar o canto e a danza, con cursos e seminarios, acadando a licenciatura en interpretación textual pola ESAD de Galicia.
Ten actuado en obras de teatro como: Cachorros de negro mirar (2009), “Sueños de un seductor” (2010), La Disputa (2011), O Cerdeiral (2011), Caixa tres, Bobina 5(2011) e La última noche (2014).
O maior recoñecemento viríalle co musical, interpretando a Mogwli en “El libro de la Selva”, ao que seguirían “Pocahontas, el musical” (2012) e “El Patito Feo” (2013).
Tamén participa en “Apnea, une cadavre esquis”, obra que recibe o premio Ibérico Marta Sierio. En canto ao cine interviu en películas como: Un cuento para Olivia (2007), La noche que dejó de llover (2008) e Agallas (2009); e numerosas curtametraxes: Felicidad Subjetiva, El origen de la especie, The Object... No 2014 grabou a mediomeatraxe musical “D-Mus”.
No 2014 como cantante publica o seu primeiro EP, “Secretos perdidos”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia

Martínez Álvarez, Antonio “Tonacho”. (Redondela) Ebanista


          Aprendeu ebanistería cos irmáns Fernández Crespo. Despois emigraría e á súa volta creou as súas propias versións do Xan Carallás e da Coca. Tamén se especializou na talla de bastóns.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportacións orais.

Márquez, Diego Ventura (Redondela/Chihuahua (México), 1784) Militar


           Membro do exército que defendía os dereitos de España en México. Capitán de dragones del Presidio del Príncipe.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ilustrados en la Nueva España: los socios de la Real Sociedad... – Pág. 260. María Cristina Torales Pacheco – 2001

Madre Constanza de Jesús (Redondela, s.XVIII) Relixiosa


Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela no século XVIII.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
18780630 El heraldo gallego02-03
Libro de la cofradía de Ntra Sra de los Ángeles (1703-1790), Archivo Diocesano de Santiago, serie cofradías y otras instituciones religiosas, nº 11, fol. 5 r.

López Vázquez Ballesteros, Joaquín (Vilavella-Redondela, S. XIX) Político.

Irmán de Ramón María. Deputado a Cortes 3 veces pola provincia de Pontevedra (1843-44 e 51) e 1 pola de Ourense (1844). Gobernador da provincia de Murcia. Supernumerario da Orde de Carlos III en 1830.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Senado.es

López Vázquez Ballesteros. Politicos. Publicado por Xosé Docampo en Xenealoxía.org

1838 Noticia de los señores colegiales huéspedes y actuales del Colegio Mayor de Fonseca
Boletín de Noticias (1843, varios números)
El Eco de Galicia (1851, varios números)
La Oliva, El Iris de Galicia, Boletín Judicial de Galicia

María de los Ángeles Leirós Fernández (Redondela, 1912) Mestra


         Estudou Maxisterio en Ourense e acadou o título de doutora en Historia. Mestra de Historia no Instituto provincial de Ourense, nos cursos 1937 e 1938, 1946-1947 e dende 1951 ata 1958. Co seu irmán Eladio Leirós Fernández escribiu o libro Documentos sobre los puentes de Orense.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
mulleresourensas.blogspot.com.es

Lago, Lino (Redondela, 1973) Pintor.

Foto: ourensedixital.com

Pintor hiperrealista. Licenciado en Bellas Artes na Universidad Complutense de Madrid. Estableceuse en Lituania. Parte da súa obra foi adquirida entre outros por: Museo de la “Fundación de las Artes y los Artistas” de Barcelona, Banco Central Hispano, Paradores, “Bite” Lituania, Zona Franca Vigo ou Caixanova. Ten realizado exposicións en New York, La Habana, Shangai, Madrid, Berlín ou Copenhague

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia
Faro de Vigo

Isaura Lago (Negros-Redondela) Poetisa

Foto: Concello de Redondela, 2019
         Ten publicado o libro “Primaveras marchitas”. Pertence á Agrupación Poética Brétema de Vigo, participando en dúas antoloxías deste colectivo. Recibiu no 2017 o 1º premio no Certame de Poesía Feliciano Rolán.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Agrupación Poética Brétema

domingo, 29 de marzo de 2020

Cereijo, José (Redondela 1957) Poeta

     
Foto: poesiadigital.es
         Establecido en Madrid dende 1968, ten publicado cinco libros de poesía: Límites (1994), Las trampas del tiempo (Hiperión, Madrid, 1999), La amistad silenciosa de la luna (Pre-Textos, Valencia, 2003), Música para sueños (2007) e Los dones de otoño (2015); e un de relatos, Apariencias (2005). Tamén firma as antoloxías poéticas de Leopoldo Panero, titulada Memoria del corazón (Renacimiento, 2009), e de Javier Lostalé, Azul relente (2014). No 2017, publicouse unha antoloxía da súa propia obra poética, Árbol desnudo, realizada por Javier Lostalé.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Castro Arines, José de (Tui, 1911/Madrid, 1997) Escritor e Crítico de Arte



          Nado en Tui, criouse cos seus avós maternos en Redondela ata os seus estudos de bacharelato. Estudou Filosofía e Letras, Ciencias da Información e Grabado, encadernación, estampación e artes do libro. Exerceu como crítico de arte nos xornais Ya, Alcázar, Arte y letras e Informaciones, ademáis de ser director de Santo y seña. Membro fundador da Asociación Española de Críticos de Arte. Membro da Comisión de Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Mestre durante 20 anos na Universidad Menéndez Pelayo de Santander. Colaborou como experto en arte en RNE, TVE e no diario ABC. Traballou no cine documental e como escenógrafo do Teatro Español de Marid. No 1961 recibiu o Premio de Teatro del Ateneo de Madrid e en 1962 o Premio Nacional de Literatura.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)
1997-11-22 El País

María Dolores Caballero Quinteiro (Redondela, 21-6-1933) Pintora.

Foto: galegos.info
        Diplomada en Maxisterio. Estudou debuxo e pintura con Alfonso Quintero e Aurelio Lombera. É coñecida como La embajadora de Sargadelos polos seus cadros ao óleo das porcelanas de Sargadelos. A súa obra atópase exposta no Centro Gallego de Buenos Aires, México, Santo Domingo, Córdoba (Argentina), Roma, Francia, Madrid, Barcelona, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Alicante, Vigo, Sevilla, Valencia, Jaén, Bilbao, San Sebastián, Santiago de Compostela, Palencia, Guadalajara, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Melilla.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

María Goreti Guisande (Redondela, 1975) Modelo e actriz.


       

          Rostro de numerosas campañas publicitarias e protagonista de varios anuncios televisivos a nivel nacional. Entre os seus traballos destacar a da primeira promoción da marca Ausonia dando visibilidade ao cancro de mama. Unha enfermidade rara poría fin á súa carreira.


Autor: Juan Migueles

Fontenla, Joaquín (Redondela, 1744 / ¿Santiago?, 20-6-1815) Relixioso i escritor

         Relixioso da Orde de San Agostiño. Prior do Convento de San Agustín en Santiago de Compostela. Catedrático de Teoloxía e rector da Universidade de Santiago. Un dos seus sermóns baixo o título En reconocimiento de los beneficios, que devió a Dios con motivo del rayo del día 28 de febrero”, está recollido en “Sermones españoles-Obras anteriores a 1800”; e orixinalmente foi publicado en 1788 por Ignacio Aguayo Aldemunde.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Sermón que predicó el R. P. F. Joaquín Fontenla ... en reconocimiento de los beneficios, que devió a Dios con motivo del rayo del día 28 de febrero.
Sermones españoles-Obras anteriores a 1800. Alonso de la Cruz

sábado, 28 de marzo de 2020

Domínguez, Nicolas (Redondela, S. XVIII) Prateiro

         Veciño de Redondela. Entre outras obras, destaca unha cruz procesional para a igrexa de Santiago de Esposende (Ribadavia) en 1732.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX. Escrito por José Couselo Bouzas.

Blanco Lago, Beatriz _ Pintora.

Foto cedida por X. Cameselle Ben
           Finalista no prestixioso certame LVI Concurso Internacional de Dibujo Ynglada-Guillot de la Real Academia Catalana de Bellas Artes. No certame Mod-Portrait 2017 acada as "Becas BAA - Scholarships - Barcelona Academy of Art".

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportacións: Xesús Cameselle.

Bastos Andreu, María (1980) Xornalista

Foto: ecodiario.eleconomista.es
           Despois de vivir uns anos en Barcelona decide facer as maletas e marchar a Latinoamérica onde traballa como xornalista freelance. Ten publicado en medios como Etiqueta Negra (Perú) , Fronterad (España), Letras Libres (México e España) ou Popoli (Italia). No 2014 Martina Bastos foi galardoada co Premio Don Quijote de Periodismo por "La lluvia es una cosa que sucede en el pasado", publicado na revista peruana Etiqueta Negra, e que describe a relación dos galegos coa choiva. Anteriormente xa recibira varios premios polos seus relatos: Concurso 10 años viajando juntos de Viaxes National Geographic, Las Nuevas Plumas (2012), Microrrelatos de Caja de Ávila (2013), Certamen Internacional de Cartas de Amor y Desamor de Almuñécar (2013)...

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
2014/07/04 Faro de Vigo
2014/07 ABC
La Gaceta de La Universidad de Guadalajara 14 Enero 2013
National Geographic. http://ngviajes.com
http://almunecar.ideal.es 17 de Febrero de 2013

Barros Montero, Ángel (Redondela, 1935) Restaurador.

Foto: Xesús Cameselle Ben
           Restaurador autodidacta. Sendo rapaz na porta da súa casa moldeaba en barro as caras dos nenos que servían de modelos improvisados. O seu primeiro traballo foi na fábrica de Regojo deseñando panos.
          Tivo que emigrar a Brasil onde seguiu exercendo como deseñador e vendeu os seus primeiros cadros. Trasladouse a Suiza, onde iniciou un periplo que o levou por diferentes países: Alemania, Checoslovaquia, Dinamarca... Realizou diferentes traballos mentres seguía a pintar co propósito de visitar museos para coñecer as diferentes correntes e pulir o seu estilo.
          Nunha das súas estadías na nosa vila, en 1960, aproveitaría para realizar xunto aos irmáns Alonso unha exposición no Centro Recreativo e Cultural.
          Finalmente estableceuse en París onde traballou durante 12 anos como restaurador nun taller que a súa vez traballaba ás veces para o Museo do Louvre. Tamén asesoraba na compra de arte e de este xeito coñeceu a algún famoso como o cantante Manolo Escobar.
          Anos máis tarde trocou París por Valencia, onde seguiu 18 anos como restaurador para a Universidade de Valencia ata a súa xubilación. Polas súas mans pasaron cadros de pintores como Matisse, Picasso, Tapies ou Sorolla, e retablos de diferentes séculos. Unha vez xubilado estableceuse na parroquia de Reboreda, onde segue a pintar obras propias e copias de cadros famosos.
         A historia da súa vida quedou recollida no documental “Ángel” de Fernando Carreira “Cuchi”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportacións Ángel Barros,
Faro de Vigo

Alberto Luis Barciela Castro (Chapela, 1964) Comunicación e Prensa

           
Foto: academiatv.es
       

            Director de comunicación e relacións externas da CRTVG desde 1994, membro do Pleno e da Comisión Permanente do Consello Galego de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, da Ponencia Técnica de Novos Medios e do equipo técnico de estudios sobre Periodismo Electrónico do Consello da Cultura Galega. Periodista de profesión, é membro do Colegio Profesional de Periodistas de España, membro de número da Sociedad Española de Autores y Editores, e pertence á Asociación de la Prensa de Madrid.

Foi xefe de prensa do Centro Galego de Madrid, traballou nas revistas Sábado gráfico, El Caso e El Cocodrilo. Colaboró con diferentes medios de comunicación escritos e audiovisuais en Madrid, foi subdirector do Gabinete de Comunicación do Grupo Parlamentario Popular no Senado.

En 1990 regresou a Galicia, sendo director do Gabinete de Comunicación do Presidente de la Xunta impulsando as Xornadas de Comunicación de Vilalba, o Club Internacional de Prensa de Galicia e o proxecto da Cidade da Cultura.

2022 Premio Nacional de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

academiatv

El Correo Gallego

 

viernes, 20 de marzo de 2020

Muíños

        
Interior dun muíño. Foto: Juan Migueles
Interior dun muíño
        

Os muíños son máquinas que serven para moer o gran. Os que atopamos en Redondela son muíños fariñeiros de auga. Son de reducio, ou sexa, de roda horizontal, existindo dous grupos que ás veces aparecen combinados:

  • De canle. Son nos que a auga vai collendo altura mediante unha canle para caer con forza no reducio.

  • De cubo. Son os que acumulan auga nun depósito (circular ou cadrado) para conseguir que a auga saia coa presión necesaria.

  • De canle-cubo. A levada ensánchase entrando en diagonal no muíño formando así un depósito no que aumentar a presión como no tipo de cubo.


No libro “Muíños nas terras de Redondela”, Miguel Ángel Abraira Pérez, sen abranguer todos os regatos do concello chegou a recoller 96 muíños. A lista que amoso a continuación amplía este traballo, mais algúns están desaparecidos e outros aínda non os localicei. En total serían:

Cabeiro 6

Cedeira 18

Cesantes 6 (2 desaparecidos)

Chapela 32 (4 desaparecidos)

Negros 11 (4 desaparecidos)

Quintela 4 (1 desaparecido)

Reboreda 23 (2 desaparecidos)

Redondela 6 (5 desaparecidos)

Saxamonde 8

Trasmañó 19

Ventosela 4

Vilar de Infesta 7

Vilavella 3 (2 desaparecidos)

O Viso 12 (2 desaparecido)


TOTAL: 158 (dos cales 22 desaparecidos)


A todos estes habería que engadir outro desaparecido pertencente á fábrica de curtidos que existiu na rúa do Muro (Redondela), que probablemente estaría localizada no solar onde se construíu a nave da empresa Umbro. Na Matrícula de 1893-94, aparece a seguinte información: "Fábrica de curtir pieles de ganado vacuno. Le juran tener molino cortera con destino a la misma movido por caballerías 22'83 metros cúbicos". Sería propiedade de Juan Ipiña Ibarreche e permanecería activa cando menos ata 1905. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html )

Engado tamén un mapa cos que teño xeolocalizados (pouco a pouco irá mellorando), o que nos da unha imaxe clara deste patrimonio que estamos a deixar esmorecer:

https://www.google.com/maps/d/edit?hl=es&mid=1OEoWm6HQOLxrh7wSHao3R_O6QK7X5Nzm&ll=42.27283150742846%2C-8.643030793457031&z=13





Río Pexegueiro (Cesantes/O Viso)

Desemboca na Marisma

Muíños da Molinera (Est. Campo de Fútbol/Redondela): A carón da Ponte de Esteiro. Era propiedade de Javier “o de Sequeiros” e Gloria “La Molinera”. Desaparecidos, construíndose unhas casas no seu lugar. (42.29352, -8.6076) (42.29328, -8.60784 ). Tiña varios empregados, chegando a moer para o exército. Preto da ponte segue existindo un alboio que formaría parte do conxunto (42.293581, -8.607513)

Muíño ¿? (Cño. da Fonte de Ribas, zona do Xote/Cesantes): Reconvertido en alpendre de bloque conserva a levada de pedra. (42.294825, -8.607241)

Muíño do Rato (Lugar do Baghón na zona do Xote-Ameneiral do Pexegueiro/Cesantes): Tipo mixto. Atópase nun sitio que foi empregado durante anos para tirar escombro e todo tipo de refugallos. No 2021 por iniciativa do Obradoiro Fernando Monroy comeza a recuperación da zona. (42.2983548, -8.6067458).

Muíño ¿? (Camiño Cerqueiro/Cesantes): O teito do muíño queda á altura do camiño polo que para evitar que a xente caira dentro o encheron por completo de escombro. Na Documentación da Finca de Sobral fálase dos Muíños de Esteiro, referíndose probablemente a este e o anterior. (42.299167, -8.604956)

Muíño dos Herdeiros (A Nogueira/Cesantes): Desaparecido.

Muíño da Joaquina do Lobo do Caldo (Cño. da Ínsua/A Nogueira/Cesantes): Muíño de canle-cubo con casa enriba á que se lle afundiu o piso de madeira. (42.302811, -8.599881)

Muíño de Adelaida, da Insua ou de Maruja de Carolina (Cño. Da Ganga/A Insua/Cesantes): Recentemente restaurado con materiais modernos e encintado da pedra. Conserva parte do cubo. (42.304930, -8.599652).

Muíño da Gheresana (Cño. Da Ganga/A Insua/O Viso): Muíño de cubo moi ben conservado con pousadoiro na entrada. Este e o anterior son coñecidos como Muíños no Seixo. (42.305231, -8.599699).

Muíño ¿? (A Ínsua/ O Viso): Desaparecido. Derrubado a principios dos 70 para a ampliación da estrada. (Citado no traballo de Miguel Abraira)

Muíño de Cancelos ou do Lino (Cadabal/ O Viso): Construído en 1881. Despois de anos de abandono foi mal reconstruído con materiais modernos. (42.306986, -8.599314)

Muíño de Baltar ou de Florencio do Cabo da Vella (Cadabal/ O Viso): Muíño de cubo restaurado cara a 2009. Construído en 1884. Chamado de Baltar polo actual propietario (2020) José Luis Martínez Baltar, quen o traballou ata 1988. Ten acaroada unha pequena habitación que podería ser empregada para durmir os días de muiñada. No lado dereito da porta ten unha gran cruz e semella que podería haber algunha outra inscrición máis gastada. (42.308361, -8.599048)

Muíño de Manolo de Padia (Cadabal/ O Viso): Desaparecido. Probablemente o que quede estea nunha propiedade privada.

Muíño da Habanera ou de Ceferino Barros (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Muíño de cubo sen tellado. Accedese por unha pontella unida a unha ponte algo maior. (42.308664, -8.597507)

Muíño do Zafarino ou Muíño de Mariquela ou Muíño da Maruxa (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Os dous últimos nomes recollidos polo CEIP Outeiro das Penas fan referencia á propietaria. Conserva as paredes e segundo Miguel Abraira un monumental cubo que a maleza nos impediu observar. (42.30873, -8.5971278)

Muíño ¿? (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Conserva as paredes. Muíño de cubo cadrado con entrada en diagonal. (42.309217, -8.596395)

Muíño de Catalina Rigó ou de Joaquín de Bernarda (Val do Muíño-Tuimil/ O Viso): Construído por Catalina Rigó Veiga en 1883, sobre a porta “ANI 83”. O propietario en 2020 é Antonio Barral. Recentemente (2020) foi encintado e ten tellado de uralita. (42.309528, -8.596013)

Muíño do Escredo (Cño. Da Fonte do Escredo/O Viso): Muíño desmantelado do que tan só se conserva en pé o cubo. (42.312180, -8.584673)


 

Alboio dos Muíños da Molinera


Muíño do Rato. Foto: Juan Migueles
Muíño ¿? (Cño. Cerqueiro)



Muíño do Rato
Muíño do Rato



Muíño da Gheresana
Muíño de Joaquina

Muíño de Adelaida
Muíño de Florentino

Muíñodo Zafarino ou Mariquela 

Muíño de Joaquín

Muíño (Val do Muíño)


Muíño da Habanera
  • Rego Caramboleiro

    Afluente do Pexegueiro.

Muíños da Velasca (Eido de Arriba-Vilar do Mato-Ventosela): Dous muíños de cubo. A auga non pasa dun ao outro teñen regos independentes.

O de arriba foi ampliado en altura con ladrillo e tella plana. Semella que podía ter tellado a dúas augas e o converteron en unha. Parte das tellas, que son planas, caeron. Conserva un pequeno forno. O muíño ten dúas portas unha de entrada e outra máis baixa que da ao segundo muíño. (42.305730, -8.587861)

O de abaixo tiña tellado de uralita con tella enriba que se afundiu caendo varias pedras das paredes. Ten cruces protectoras no lado dereito da porta. Consérvase unha pontella de acceso. (42.305636, -8.587906)

 

Muíño de Velasca 1

Muíño da Velasca2



Río Alvedosa (Redondela/Reboreda/Pazos)

(Non aparecen os muíños do veciño concello de Pazos de Borbén)

Muíño de Rubio ou “La Molinera” (Paseo da Xunqueira/Redondela): Desaparecido. Estaba na parte traseira da tenda de mesmo nome. Citado por ser o primeiro muíño eléctrico de Redondela.

Muíño da Peituda (R. Juan Manuel Pereira/Redondela): Sobre os restos do muíño construíuse un garaxe. Chamado así porque nel traballaba a irmá de Julián “Peitudo”, dono dunha popular taberna anexa ao muíño. (42.28238, -8.60783)

Muíños de Pájaro Pinto, Domitila e Filomena (Redondela): Tan só se conserva o de Domitila, parte do cal foi esnaquizado para construír un edificio. Este foi o último en deixar de funcionar. O de Filomena desapareceu nos 60 para edificar. A zona era coñecida como Barrio dos Muíños. (42.28223, -8.60667 )

Muíño do Señor Salvador (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Con vivenda construída enriba. (42.28305, -8.60485)

Muíños de Loroto (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). A carón da fervenza chamada A Feixa. Son tres muíños, sobre un dos cales se construíu unha casa. (42.28188, -8.60206 / 42.28185, -8.60174 / 42.28191, -8.60163)

Muíño do Peixiño (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Adicado á hostalaría co nome “O Muíño Vello”. (42.28221, -8.60138)

Muíño da Siña Ventura (Santo Paio de Abaixo/Reboreda): Muíño con vivenda en estado de abandono. (42.28285, -8.60097)

Muíño da Moucha (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Reconvertido en vivenda no 2008. (42.28385, -8.6001)

Muíño da Manca ou do Medio (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda) (42.28442, -8.59947)

Muíño de Marchabén (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda): Con vivenda construída enriba. (42.28452, -8.59905)

Muíños da Ponte (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda). Dous muíños. Adicados á hostalaría. (42.285151, -8.597545)

Muíño do Pápalo (Santo Paio de Abaixo/ Reboreda) (42.28813, -8.59504)

Muíño da Matuta (Asnelle de Abaixo/ Reboreda) (42.28887, -8.59492)

Muíño do Roque (Asnelle de Abaixo/ Reboreda) (42.288831, -8.593878)

Muíño do Faranguello (Reboreda): Tan só quedan restos. (42.2897227626, -8.59086104172)

Muíño da Catreira (Cño. do Río-Reboreda): Muíño con vivenda. (42.290345, -8.589914)

Muíño de Manel ((O Cadaval-Asnelle de Arriba / Reboreda): (42.290664, -8.586427)

Muíño ¿? (Reboreda): Só se conservan os cimentos.

Muíño das Xastras (Muíño-Reboreda): Muíño que se popularizou pola celebración do Arrastro Rock onde facía as funcións de bar. Presenta un bo aspecto exterior apesares de que se lle engadiu un tellado para acoller unha grella. Fáltalle o rodicio e ao estar pechado non sabemos se conserva as outras partes do muíño. (42.291438888888884, -8.579597222222223)

Muíño da Ponte (Muíño-Reboreda): Muíño de cubo cadrado con entrada en diagonal. O tellado está a caer e con el xa se derrubou un dos muros. Conserva a moa. (42.29183333333333, -8.579072222222221)

Muíño do Tareixo (Reboreda): Desaparecido. Citado en O monte de Reboreda, Redondela. Guía escolar. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993.

Muíño do Rachón (Paradela-Reboreda): No remate da Senda da auga no tramo de Reboreda, a carón dunha fervenza. (42.292570, -8.569183)

Muíño ¿? (Ventosela): (42.2930424461, -8.56682793022): Muíño de cubo. Está moi preto do límite con Amoedo (Pazos de Borbén). A maleza impide o acceso ata o muíño e tan só puiden comprobar que os seus muros consérvanse en bo estado.


Muíño da Peituda

Muíño de Domitila
Ubicación do Muíño de Filomena
Muíño do Señor Salvador
Muíños de Loroto 2 e 3
Muíño de Loroto 1
Muíño Vello
Muíño da Siña Ventura
Muíño da Moucha
Muíño da Manca ou do Medio
Muíño da Ponte
Muíño de Marchabén



Muíño do Papalo
Muíño da Matuta
Muíño do Roque

Muíño da Catreira
Muíño do Manel
Muíño das Xastras
Muíño da Ponte


Muíño do Rachón

 

Muíño¿?


  • Regato da Garonda ou Regueiro Vello

    O primeiro nome no curso alto e o segundo no baixo.

    Muíño de José da Gharonda (Caballa Vella-Senda da Auga-Reboreda):(42.280989, -8.585335)

  • Rego do Campelo

Muíño de Joaquín ou Muíño do Souto (Río Muíño-A Carosa/ Ventosela): (42.298739, -8.576097)

Muíño de Joaquín

 

Muíño de José da Gharonda

 

 

 

 

 

 

 

Río Maceiras (Varias Parroquias)

Únese ao Alvedosa na Xunqueira

Muíño do Arañol (O Muro-Vilavella/Redondela): Desaparecido trala construción da variante da estrada N-550 a finais da década dos 90 do pasado século. Tan só queda algunha pedra que nos indica a súa localización. Muíño con vivenda que formaba parte da propiedade do Convento de Vilavella. Trala venda do edificio pasou a mans de José Otero González “Mañas”, quen llo tiña alugado a Justo Otero López “Cangón”. Este muiñeiro sería o último en traballalo abandonándoo coa súa familia nos anos 60 polos continuos asolagamentos producidos polas crecidas do río, trasladándose ao Cu do Muíño, que veremos a continuación. (42.277412, -8.611086)

Muíño dos Biquillos (O Muro-Vilavella/Redondela): Desaparecido. O nome fai referencia ao alcume da familia propietaria.

Muíño do Maceiras ou Muíño dos Cochechos (Cedeira-acceso Cño. do Muíño do Muro(Vilavella)): Miguel Abraira recolle o nome de Muíño da Maceira. Muíño de canle con dúas moas, con vivenda e ponte de acceso, que foi medio tapada e ampliada no 2016 coa construción da senda do Maceiras. Nunha das portas aparece a data de 1885. Coñecido como Muíño dos Cochechos, alcume dunha familia que viviu no muíño. Como citamos ao falar do Muíño do Arañol, a este muíño se mudou coa súa familia Justo Otero López “Cangón”, quen o mantivo en funcionamento ata inicios dos anos 80. Na última época tan só se empregaba unha das moas. Non se traballaba todo o ano xa que as crecidas do río impedían que os muíños funcionaran nos meses de inverno. Tanto este muíño como o de Arañol os alugaron ao conserverio José Otero González “Mañas”, polo que é máis que probable que tanto estes dous muíños como o desaparecido dos Biquillos, pertenceran ao Convento de Vilavella (42.271975, -8.612955). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )

Muíño da Lama ou do Castellano (Cño. Fonte da Lama/Cedeira): Desaparecido para construír unha casa. (42.26995, -8.61284 )

Muíño de Maghariños (Costeira/ Quintela)

Muíño de Carme (Costeira/ Quintela): Muíño de canle-cubo con dúas moas e con casa acaroada. Destaca a súa monumental levada duns 50 metros que entra no muíño a pouco máis dun metro de altura. No 2021 está a ser restaurado. Colocáronlle un tellado de panel sándwich imitando a tella do país, aumentándolle a altura con ladrillo. (42.261671, -8.610013)

 

Muíño do Arañol. Restos da levada

Cu do Muíño



Muíño de Carme


  • Río das Pereiras

    Desemboca no Maceiras. Muíños de seixo que na maior parte dos casos presentan un cubo de grandes dimensións.

    Muíño ¿? (Cño. do Sapal/Negros): Muíño de canle con entrada en diagonal en ruínas. Tiña acaroada unha vivenda. A maleza impediunos ver moito máis. (42.255778, -8.611854)

Muíño do Coxo ou do Bixairo (Rial/Saxamonde): Muíño de cubo con casa acaroada. En ruínas. Presenta unha elaborada cruz protectora. Pegado ao camiño e un tanto afastado do río. (42.254717, -8.612227)

Muíño do Burato (Pedra-Iglesias/Saxamonde): Muíño construído con ladrillo e cemento. Tellado tamén de cemento. Miguel Abraira en 2002 recolleu que estaba en funcionamento moendo un dos herdeiros, Ramón Crespo, que daquela contaba 77 anos. En 2021 atópase abandonado. O rodicio está medio tapado pola sedimentación e as pezas de madeira do interior comezan a deteriorarse. (42.252611567, -8.61469731825)

Muíños das Veighiñas (Pedra-Iglesias/Fixón-Negros): No traballo de Miguel Abraira: “Catro muíños abandonados hai uns 50 anos e hoxe tan só son visibles os restos dun inferno, a canle, e algunhas moas dispersas polo lugar”. Sergio Pereira proporcionoume a localización de tres muíños. En visita realizada en febreiro de 2021 a maleza tan só me permitiu ver parte dos muros dun muíño e algunha outra pedra dispersa. (42.2523231276, -8.61608511637) (42.2522734187, -8.61629295116) (42.2522386339, -8.6164184282)

Muíño ¿?: O cubo conectado cunha canle de ladrillo. En ruínas. Sen tellado e parte das paredes derruídas. (42.249873, -8.616680)

Muíño ¿?: Moi alterado. O cubo, xa sen canle, foi substituído por un cadrado de cemento. O inferno con porta de metal empregado para gardar un andamio. Unha bonita pontella o comunica coa outra beira. (42.249258, -8.616355)

Muíño do Caranguexo (A Costa/Villar): Ampliado en altura con ladrillos o cubo e teito de cemento. Ata o de agora (2021) é o único muíño atopado na outra beira do río.(42.247247, -8.615955)

Muíño de Canalejas (A Costa/Villar): En ruínas. Afundiuse a metade do tellado, que era de ladrillo, e parte das paredes. A canle do cubo, de pedra, atópase fraccionada no chan. (42.246604, -8.616016)

Muíño ¿? (O Colexio/ Vilar): A canle que da ao cubo de cemento. Ata hai pouco (2021) empregado como local de botellón.(42.243768, -8.614336)

Muíño do Carolino (O Colexio/ Vilar): De cubo. Conservado practicamente na súa totalidade co aspecto orixinal. Destaca a amplitude do cubo. (42.243510, -8.614535)

Muíño do Medio (O Colexio / Vilar): De cubo. Restaurado. (42.241914, -8.616188)

Muíño do Colexio (O Colexio / Vilar): Muíño de cubo. Sen tellado. (42.241369, -8.616959)

  • Muíño ¿? (Cño. do Sapal)

     

    Cruz protectora
     
    Muíño do Coxo ou do Bixairo

     


     

    Muíño (Saxamonde)


    Muíño¿? (Cño. Fixón)






    Muíño ¿?

    Muíño ¿?

     

    Muíño do Caranguexo Foto: Xosé Couñago

    Muíño de Canalejas

    Muíño ¿?


     

     

     




    Muíño do Medio
    Muíño do Carolino

    Muíño do Colexio

     

     

     

     

 
 

  
  • Rego de Cabeiro ou Rego da Matoxa

    Na parte de Cabeiro é chamado Rego de Cabeiro e ao chegar a Negros pasa a chamarse Rego da Matoxa. Nace nas ladeiras das Pedras das Verrugas e desemboca no Río das Pereiras, afluente do Maceiras. Os muíños son de cubo e construídos con xistos, agás as pezas do cubo e a levada que son de granito.

    Muíño de Rogelio (Mancoeiro/ Negros): De cubo. Sen tellado. Parte do inferno está sepultado pola sedimentación provocada polas crecidas. (42.250139, -8.621776)

    Muíño do Lagho: Desaparecido. Segundo informantes sito enfronte do anterior.

    Muíño de Maruja da Rufina (Mancoeiro/ Negros): De cubo. Tan só se conservan as paredes. Con pousadouro a carón da entrada, na que hai unha cruz gravada. (42.250104, -8.622128)

    Muíño do Mancoeiro (Mancoeiro/ Negros): De cubo. Restaurado con tellado de chapa e engadido de ladrillo na levada e o cubo. En uso. NOTA: No Catastro de Ensenada de Vilar de Infesta (1752), aparece como linde o Muíño do Mangoeiro. (42.250097, -8.622373)

    Muíño ¿? (Cabeiro): Muíño de cubo. Está en grave risco de virse abaixo porque a canle do río desviouse cara a el. (42.250223, -8.624795)

    Muíño ¿? (Cabeiro): Tan só conserva o cubo e parte das paredes. Ten pousadouro. (42.250185, -8.625968)

    Muíño ¿? (Chan da Cova-Cabeiro)

    Muíño ¿? (O Penedo-Chan do Loureiro/Cabeiro): Muíño de cubo con acueduto. En relativo bo estado, pero sen tellado. (42.2519375, -8.6357052)

    Muíño ¿? (O Penedo-Chan do Loureiro/Cabeiro): Muíño de cubo con acueduto. Ao cubo fáltanlle varias pedras na parte baixa polo que corre perigo de virse abaixo. Recollía as augas da Mina de Barbas que vertía ao regato. (42.2519973, -8.6361712)

  • Muíño de Rogelio


    Muíño de Maruja da Rufina



    Muíño do Mancoeiro



    Muíño5






    Muíño 7
    Muíño 6








    Muíño 8
  • Regato da Biela (Cabeiro)

    Nace nas Pedras das Verrugas e desemboca no Rego de Cabeiro. No seu inicio hai un lavadoiro.

Muíño do Costal 1 (Cño. dos Muíños/Cabeiro): Muíño de cubo con cruces gravadas aos dous lados da entrada. En ruínas, sen tellado. (42.25297777777778, -8.633761111111111)

Muíño do Costal 2 (Cño. dos Muíños/Cabeiro): Muíño de cubo que recibe a auga do anterior. Preguntada unha veciña contestou que nin este nin o anterior tiñan nome, segundo Amante Romero serían coñecidos polo nome do lugar. (42.25293888888889, -8.63365)


Muíños do Costal (Cño. dos Muíños)

  • Rego do Muíño da Feixa (Maceiras)

Muíño da Feixa (Eira Pedriña/Cedeira): A maleza tan só permite comprobar que é de cubo. (42.266679, -8.615677)

Muíño da Feixa

Rego das Cabras ou Río Maior (Cedeira/Trasmaño)

Desemboca na Praia de Rande

Muíño da Regheira (Camiño das Regueiras / Cabanas-Trasmañó): Muíño de canle con entrada en diagonal. No lintel da porta ten a inscrición: “AÑO V.1913.L.C.”. Sen tellado e con algunha pedra movida. Tan só visible cando rozan a propiedade. É un muíño de herdeiros, sendo Ramón Lago o último que o traballou. Un pouco máis abaixo, neste mesmo camiño, tamén podemos ver un lavadoiro e un túnel que levaba auga ao cargadoiro de mineral de Rande. (42.282333, -8.657051)

Muíño ¿? (Cño. do Can Branco / Trasmañó): En relativo bo estado aínda que medio tapado pola maleza. Ten acceso privado dende unha casa. (42.280055555555556, -8.653816666666668)

Muíño de Cotarelo de Arriba (Cotarelo de Arriba/Cedeira): Ten pousadoiro. Restaurado. (42.279786, -8.653279)

Muíño de Celso (Cotarelo de Arriba/ Cedeira): Ten pousadoiro. En bo estado. A levada vai soterrada e entra directamente ao inferno. (42.279752, -8.653115)

Muíño do Río do Longo (Cotarelo de Arriba/ Cedeira): Muíño baixo o cal hai un lavadoiro e unha pequena presa. En bo estado pero sen porta. (42.279594, -8.652625)

Muíño da Rata (A Xeringa-Eido da Rata/ Cedeira)(42.27915, -8.65209): Nos anos 50 aínda moía. Con tellado pero cun buraco nunha das esquinas. Ten unha cruz sobre a porta.

Muíño de Carme (A Xeringa / Cedeira)(42.2791899, -8.6520372): En bo estado, con tellado de formigón.

Muíño de Xoán de Corujeiro (A Xeringa / Cedeira)(42.2790075, -8.6517190): En bo estado, con tellado de formigón.

Muíño da Xeringa (A Xeringa / Cedeira)(42.2786287, -8.6514266): Sería o único de cubo, destacando a altura da levada, os demais deste regato serían muíños de canle. Sen tellado pero aínda en bo estado. Ten cando menos unha cruz nun lateral da porta. Na outra beira do río existen os restos dunha presa.


Muíño da Regueira

Muíño¿? (Cño.Can Branco)












Muíño de Cotarelo de Arriba
Muíño de Celso
Muíño do Río do Longo
Muíño da Rata
Muíño de Carme


Muíño de Xoán de Corujeira. Foto: Juan Migueles
Muíño de Xoán de Corujeiro


Muíño ¿? Foto: Juan Migueles
Muíño ¿?

Muíño da Xeringa. Foto: Juan Migueles

Muíño da Xeringa


 
 
 
 
 
 
 
 
 


Río Fondón (Trasmañó/Chapela)

Desemboca preto de Pescanova. Amante Romero comenta que en 1887 era coñecido como Río Albaqueiro.

Muíño de Benigno (Cño. Folón/Chapela): (42.27184,-8.66878)

Muíño de Folón (Cño. Folón/ Chapela): Con vivenda construída enriba en ladrillo. (42.271690, -8.668166)

Muíño da Chenca (Folón/ Chapela): Desaparecido. Só referencias orais (lista de Miguel Abraira).

Muíño ¿? (Cño. Folón/ Chapela): Muíño de cubo pintado. (42.270958, -8.666885)

Muíño ¿? (Av. de Vigo-Folón/ Chapela): Con ponte de acceso. (42.270187, -8.665600)

Muíño de Casqueira (R. Alexandre Bóveda-Cidadelle/ Chapela): Preto da escola. Ás veces que o visitei era imposible o acceso. (42.269972, -8.665279)

Muíño ¿? (A Fraga-Cidadelle/Chapela): Muíño de cubo pintado. O cubo é de formigón e a levada, que está medio derruída tamén é de cemento. O teito está afundido. (42.269797, -8.6612928)

Senda da auga

Muíño ¿? (Senda da Auga-Trasmañó): Muíño de cubo con teito de cemento. Presenta cruces protectoras na entrada. (42.2694561, -8.6597941)

Muíño de Constante de Carabillón (Cidadelle/ Chapela): Destruído por unha riada. Conserva o inferno e o cubo cunha altura considerable, polo que en tempos debeu ter unha levada de pedra con piares da que tan só quedan restos. (42.269563, -8.658856)


Separados da Canle Principal hai 3 muíños.

Muíños do Fondón ou dos Achado (O Fondón/ Trasmañó): Dous muíños de canle. O de arriba ten na entrada unha cruz protectora no lintel, outras 3 nunha pedra do lado dereito e enriba de estas o que parecen marcas de canteiro. O que está máis abaixo, ten acaroado unha corte para o porco feita de ladrillo. (42.269942, -8.657157)

Muíño dos da Quinta (O Fondón/ Trasmañó): Muíño de canle. Preto dos anteriores e dentro dunha propiedade privada pechada cun muro. (42.270146, -8.656789)


Canle principal

Muíño de tía Carme (Trasmañó): Muíño de canle do que apenas se conserva o buraco de entrada da auga e o inferno. (42.270145, -8.656446)

Muíños do Coto (Campo Ghutierres/ Trasmañó): Son dous muíños de canle. Sen tellado e en risco de desaparición polas árbores que medran no seu interior. (42.269475, -8.653679)


Camiño Leira do Muíño

Muíño de Baltasar (Pazón/ Trasmañó): (42.268520, -8.651758 ): Muíño de canle, sen tellado.

Muíño de Alfonso de Lagho (Albagheira/ Trasmañó): Muíño de canle, sen tellado. (42.268777, -8.649102)

Muíño da tía Adelaida (Albagheira/ Trasmañó): Muíño con vivenda. Tan só conserva as paredes. Ten unha cruz protectora na entrada. (42.268546, -8.648918)

Muíño Pequeno (Albagheira/ Trasmañó): Muíño de canle, como o seu nome indica de reducidas dimensións. (42.268198, -8.648809)

Muíño Novo (Albagheira/ Trasmañó): Consérvase unha pontella de acceso formada por unha gran lousa. Presenta unha especie de cazoleta enriba da porta que semella para encaixar unha peza de madeira. Tamén ten unha pequena cruz protectora. (42.268229, -8.648609)

Muíños da Panasqueira (Veigha do Muíño-Albagheira/ Trasmañó): Dous muíños. O da parte alta presenta a inscrición "1941". O da parte baixa ten dúas portas a de entrada e a que daba acceso a un pequeno almacén. (42.267266, -8.648057)

Muíño de Antonio do Bicho (Albagheira/ Trasmañó): Presenta a inscrición: “Año 1878” baixo unha cruz. A boca do inferno a ten tapada cun metálico para evitar roubos. (42.265788, -8.646730)

Muíño do tío Ramón ou do Cacharello (Albagheira/ Trasmañó): Muíño sobre o que se construíu unha vivenda. En 2021 atópase en obras de reconstrución e ampliación, apesares do cal aparentemente segue a conservarse o muíño. (42.265428, -8.645986)

Muíños do Remixo (Albagheira/ Trasmañó): Son dous muíños de canle, pasando a auga dun a outro. O da parte alta ten acaroado o que debía ser un almacén ao que se accede desde o exterior por unha fiestra. (42.265271, -8.644130)


Muíño de Benigno

Muíño de Folón
Muíño ¿?
Muíño ¿?
Muíño ¿? (A Fraga)
Muíño ¿? (Senda da Auga)
Muíño de Constante de Carabillón

Muíño do Fondón ou dos Achado 2




Muíño do Fondón ou dos Achado 1
Muíño dos da Quinta
Muíños do Coto
Muíño de Baltasar
Muíño de Alfonso do Lagho
Muíño da tía Adelaida
Muíño Pequeno e Muíño Novo
Muíños da Panasqueira



Muíño de Antonio do Picho

Muíño do tío Ramón

Muíños do Remixo









Río de Segade ou do Espiñedo(Chapela)

Desemboca na Praia de Arealonga. A parte baixa chámase Espiñedo e a alta Segade. Fórmase pola unión de dous regatos, Aldea e Maceira.

Muíño ¿? (Av. Vigo-Laredo/Chapela): Sobre a porta ten gravada unha cruz e a data de 1820. (42.264691, -8.673809)

Muíño ¿?

Muíño ¿? (42.26456, -8.67323)

Muíño ¿? (Laredo de Arriba): Muíño de cubo coa levada en bo estado, preto da antiga vía do tren (vía verde) e a carón dun lavadoiro. (42.264348, -8.672627)

Muíño ¿? (42.263590, -8.672227)

Muíño ¿? (42.26325, -8.67195)

Muíño ¿? (Camiño da Costa-Chapela): Conta cun pousadoiro. Conserva a parte máis inmediata da levada que é un gran conduto cuberto de gran grosor, o resto foi cortado pola estrada. (42.263069, -8.671735)

Muíño ¿? (Subida á Buraca/Chapela): Muíño de cubo que conserva o acueduto da levada en bastante bo estado. (42.262816, -8.667714)

Muíño ¿? (Campo das Burras-Subida ao Picoto/Chapela): (42.262835, -8.667109)

  • Rego Aldea

    Muíño de Gelito (Acceso desde Camiño da Traída): Recibe o nome do propietario (2022) Ángel “Gelito” Álvarez Santorio. Muíño de tipo mixto sen tellado e con tan só dúas paredes en pé. (42.261865, -8.663902)

 


Muíño ¿? (Av. Vigo)
 
Muíño ¿? (Laredo)
 
 
 
 
Muíño ¿? (Laredo de Arriba)
Muíño ¿? (Subida á Buraca). Foto: Juan Migueles
Muíño ¿? (Subida á Buraca)
 
 
 
Muíño ¿? (Cño. da Costa)

 
 
Muíño ¿? (Rego Aldea)

Rego Pugariño ou da Bouza (Chapela/Teis-Vigo)

Desemboca na Praia de Arealonga.

Límite natural de Chapela con Teis (Vigo)

Muíño ¿? (Catro Pontes): Único muíño neste punto. Outros dous que estaban catalogados (Concello de Vigo), foron destruídos coa construción da autovía.

Muíño ¿? (Camiño da Pomba-Chapela): Construíronlle un galiñeiro ao lado. (42.256868, -8.673539)

Muíño ¿?

Muíño ¿? (Cño. Valeiro-Chapela): Enriba do muíño construíron un garaxe, empregándose o interior do muíño para a mesma función. Conserva o cubo e parte das paredes. (42.255551, -8.673143)

Senda da Auga

Muíño ¿? (Cachada-Chapela): Actualmente (2020) propiedade de Vicente o Bombeiro. (42.254992, -8.672447)

Muíño Pugariño-Barra Crista (Cachada-Chapela): Destaca a altura da canle que conduce ao cubo que está parcialmente derruída. En ruínas. (42.254843, -8.672230)

Muíño dos de Candeán (Cachada-Chapela): Propiedade de persoas de Candeán, despois sería mercado pola Bisigenta. Tan só conserva o cubo e parte das paredes. (42.254783, -8.672023)

Muíño Novo ( A Revolta-Cachada-Chapela)): Ten gravadas varias cruces protectoras na entrada. Deixou de funcionar en 1961. Sen tellado pero en bastante bo estado. (42.254676, -8.671854)

Muíño do Piñón (Cachada-Chapela): Conserva o cubo e parte das paredes. (42.254547, -8.671572)

Estrada

Conxunto de 3 Muíños de cubo no camiño Subida á Madroa.

Muíño da Mouta (Teis-Vigo): (42.254057, -8.671020)

Muíño de Enrique (Subida á Madroa-Chapela): (42.253948, -8.670872)

Muíño das Bisigentas (Teis-Vigo): Chamado así polo alcume familiar das propietarias Dorinda e Argentina (Tinocha). (42.253684, -8.670765)

Subida á Madroa

Muíño da Paradela (Subida á Madroa). Agora coñecido como Muíño do Italiano, porque o dono ten unha pizzería en Teis.

Muíño das Carpisas (Subida á Madroa).

Muíño de Fina (de Padín) (Subida á Madroa).


Muíño (Cño. da Pomba)

 

Muíño ¿? (Cño. de Valeiro). Foto: Juan Migueles
Muíño ¿? (Cño. de Valeiro)
 

 

 

 


 


Muíño do Bombeiro. Foto: J. Migueles
Muíño do Bombeiro




Cruces protectoras

Muíño dos de Candeán



Muíño do Pugariño


Muíño do Piñón
Muíño Novo













Muíño 3 (Subida á Madroa). Foto: Juan Migueles
Muíño 3 (Subida á Madroa)

Muíño 1 (Subida á Madroa)
Muíño 1 (Subida á Madroa)

Muíño 2 (Subida á Madroa). Foto: Juan Migueles
Muíño 2 (Subida á Madroa)



Outras Correntes Fluviais

 Río da Plateira (Cedeira)

Desemboca na Praia de Portacedeira

Muíño do Xufre (Aldea): Chamado así por ser empregado na súa última etapa para moer o xofre para o seu emprego na agricultura.

Muíño do Pozo (Aldea): Tan só se conserva o cubo ao ser destruído coa construción da condución de auga a Vigo (Senda da auga). (42.275096, -8.628384)

Muíños do Pardo (Aldea/Cedeira): Conxunto de tres muíños de cubo. Chamados así por ser propiedade de Ramón Francisco Pardo Ferro, nado na Coruña. Membro do partido Conservador, sería nomeado alcalde de Redondela en catro ocasións, a primeira delas en febreiro de 1872. Foille outorgada a Cruz de Isabel la Católica con distinción de Caballero Cubierto ante el Rey.(42.275455, -8.628135/42.275767, -8.628434/42.275954, -8.628093)

Destacar a levada destes muíños construída en pedra e que supera os douscentos metros.

Muíños do Pardo 1 e 2
Muíño do Pozo

Levada. Foto: Juan Migueles
Levada.
Muíño do Pardo3

Rego da Presa (O Covelo-Cedeira)

Muíño do Castellano (Cño. do Rego/Cedeira): Muíño do que tan só se conserva o cubo e o inferno. Tan só se conserva a parede do fondo que é de ladrillo, probablemente substituíndo a outras máis antigas de pedra. (42.27333, -8.62351)

 
Muíño do Castellano. Foto: Juan Migueles
Muíño do Castellano.

 

Poza de Carallás (Cedeira)

Muíño da Cavada Vella (Cño. A Cavada Vella/Cedeira): Muíño de herdeiros. Tan só conserva o cubo, o inferno e parte das paredes. O máis interesante é a levada de pedra, que segue por debaixo do muíño internándose na propiedade de Monterraso. ( 42.280789, -8.629254)

Muíño da Cavada Vella. Foto: Juan Migueles
Muíño da Cavada Vella

Rego da Ouriceira (Cedeira)

Muíño das de San Roque (A Formiga/Cedeira): No camiño da Cova de Galicia. Trátase dun muíño con vivenda de dúas alturas e probablemente o baixo se empregaría como cortello. Unha persoa de máis de oitenta anos no 2020, xa non o lembraba en funcionamento. (42.284171,-8.638664)

 

Muíño das de San Roque. Foto: J. Migueles
Muíño das de San Roque

Rego das Sete Fontes (O Viso)

Muíño ¿? (Soutoxuste/O Viso): A carón da área de descanso.

Muíño das Sete Fontes (Soutoxuste/O Viso): Quedou ao descuberto no 2008 polo inicio da construción dunha gasolineira. (42.326223, -8.606748)

 

Muíño das Sete Fontes

 

Rego ¿? (O Viso)

Muíño ¿?: De cubo. (42.31663, -8.60006)

 

Río de San

Muíño ¿? (A Chans/Quintela): Muíño en ruínas que conserva o inferno parte das paredes e o cubo que é cadrado. (42.2598180311, -8.60047523917)


Muíño ¿? -Río de Xans

O Regueiral

Este regato serve de linde entre Saxamonde e Quintela.

Muíño da Coutada (Quintela): Muíño de Cubo. Sen tellado e parte da levada derruída. Na fachada ten pousadoiro e unha pedra reutilizada que debería estar na parte baixa do cubo.

Muíño do Albarroz ou do Regueiral (Cño. Albarroz-Saxamonde): Muíño de cubo construído en ladrillo. Apesares de ser feita con cemento impresiona a súa levada. (42.259819, -8.600489)

Muíño do Alfredo (Coto de San Román-Saxamonde): Muíño de cubo ben curioso xa que está construído aproveitando o desnivel do monte, quedando o inferno ao nivel do camiño. Ademais a escasos metros ten unha presa que serviría para dar máis presión á auga. Ten acceso desde a Senda da Auga. (42.257957, -8.599389)

 

Muíño da Coutada

Muíño do Albarroz (Cño. Albarroz)

 

Muíño en Saxamonde. Foto: Juan Migueles
Muíño do Alfredo

Río Louro (Saxamonde)

Límite entre Redondela e Mos.

Muíño da Historia (O Valos-Saxamonde): (42.2444550633, -8.59491412691)

Muíño do Changarello (O Valos-Saxamonde): (42.2450281499, -8.59452879584)

Muíño do Buraco (O Valos-Saxamonde):

Muíño dos Salgueiros (O Valos-Saxamonde): Muíño de canle. Apesares de ser construído en granito presenta un pousadouro formada por unha gran lousa de xisto. (42.246335, -8.594893)

 

Muíño da Historia
Muíño do Changarello


Muíño dos Salgueiros

Outros tipos de Muíños
        Ademais de todos estes muíños atopamos outros de construcción máis recente. Trátase de muíños de vento empregados para a extracción de auga de pozos (dous privados en Reboreda e un terceiro que abastece a área recreativa Poza da Lagoa en Trasmañó). E como curiosidade os restos no Río da Plateira (Cedeira) dun muíño que suministraba electricidade á Fábrica e Colmeiro.
 
Muíño en Reboreda

Muíño da Poza da Lagoa
 
 
 

(Ver tamén “Os Muíños de Redondela ao longo da historia” https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html )

  

Autor: Juan Migueles





BIBLIOGRAFÍA

Muíños nas terras de Redondela: Miguel Ángel Abraira Pérez.

Localización de varios muíños proporcionada por Sergio López.

Percorridos na procura de muíños con Xosé Couñago.

O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso, 2020.

O monte de Reboreda, Redondela. Guía escolar. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993.

Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.

Parroquias de Redondela. Cabeiro. Amante Romero Álvarez. SNL de Redondela, 2021.

Pares>Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón

Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella

Catastro de Ensenada (1752)

Diccionario Madoz (1845)

Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración (1879)

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Matrícula Industrial de 1885-86. Arquivo do Concello de Redondela

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, Gaceta de Galicia, La Integridad

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración; Anuario Riera; Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España

Pares>Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Fausto de Chapela (Vigo, Tuy), efectuado por decreto de diciem...

Archivo: Archivo General de Simancas. Fechas: 1763-07-21 / 1764-01-13

USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela

Aportes: Xurxo Constela, Xosé Couñago, Gonzalo Amoedo, Javier, Daniel Boullosa, marido de Concha do Muro, Mercedes (A Formiga), Manuel Seijas, Carlos González, Andrés Couñago Laxe, Justo, Ángel Balado...

Aportes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso e da Sociedade Cultural do Viso ao PXOUM.

Iniciativas de posta en valor dos muíños de Álvaro Diego coa colaboración da Asociación de Veciños de Chapela e do Obradoiro Fernando Monroy.

Recollida de topónimos realizada por Trespés por iniciativa do SNL de Redondela.