Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro U. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro U. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de abril de 2021

Uhagón y Hurgado de Corcuera, Manuel (Bilbao, 1809/Vigo, 17-3-1882)

Manuel Uhagón foi un enxeñeiro e político vasco pertencente a unha familia nobre de Bilbao moi vinculada á vida política. O seu pai Gabriel Uhagón Olea sería Prior do Consulado de Bilbao en 1822 e rexedor en varias ocasiones do Concello bilbaíno. O seu tío Pedro Pascual, Padre de Provincia do Señorío, Deputado foral, Deputado a Cortes (Bizkaia), Prior do Tribunal de Comercio de Bilbao e Comendador de la Real orden de Isabel la Católica e da de Carlos III. O seu tío Francisco sería fundador do Banco de Bilbao en 1857 e un fillo deste Felipe Uhagón sería alcalde de Bilbao.

Volvendo a Manuel Uhagón, exercería os cargos de: Padre de Provincia do Señorío. Deputado a Cortes por Baleares (1858 e 1863) e Barcelona (1864 e 1865). Senador electo pola provincia das Illas Baleares en 1872 e pola de Pontevedra en 1877 e 1879-80. Rexedor do Concello de Bilbao en varias ocasións. Redactor do xornal El Bilbaíno, onde redactaba os escritos e manifestos do concello. Conselleiro de Estado, Director General del Tesoro, Caballero de la Real orden de Isabel la Católica e Comendador de la orden de Carlos III

Casa do  Sobral ou Torre de Calle. Foto: idealista com.

 

Casado en 1827 con María Josefa Gregoria Aldecoa Olabarri coa que tivo 6 fillos. Ao falecer esta, en 1873, casaría en segundas nupcias con María Isidora Mier Elorriaga.

En que se relaciona Manuel Uhagón con Redondela? Pois que en 1877 anúnciase a posibilidade de que se presente a deputado provincial por Redondela. Probablemente non chegou a facer oficial a súa candidatura porque ese mesmo ano foi elixido Senador por Pontevedra. Pero non remata aí a relación coa nosa vila, xa que estableceu a súa residencia en Cesantes. Naquela parroquia mercaría en 1872 a finca ou granxa do Sobral. Na documentación desta finca fálase da granxa recreo Torre-calle, casa na que residiu. Hoxe en día esta propiedade é coñecida como Lugar de Vaghón.

Na bibliografía consultada sinálase como lugar de falecemento Vigo ou Pontevedra en 1882, contando daquela 73 anos, polo que o máis probable é que seguira residindo en Cesantes. Os seus restos repousan no cemiterio dos Eidos. En 1907 expediuse un certificado de taxación de leiras da Sra. viúva do Sr. Uhagón no Sobral, o que indicaría que por esta época a familia poría estas propiedades á venda.

Como curiosidade, dicir que estivo entre os que respaldou a Enrique Peinador na construción do Balneario de Mondariz.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

www.senado.es

https://www.congreso.es

https://gw.geneanet.org/sanchiz?lang=es&n=uhagon+hurtado+de+corcuera&oc=0&p=manuel

Ayuntamiento de Bilbao https://www.bilbao.eus Biografías de alcaldes y gestión en el ayuntamiento de Bilbao.

Balnearios, intereses políticos y desarrollo turístico en el noroeste de España: el caso de A Toxa y Mondariz (1874-1935). Margarita Vilar Rodríguez, Universidad de A Coruña

Documentación da finca Sobral (Redondela, San Pedro de Cesantes). Arquivo Deputación de Pontevedra

www.idealista.com

 Aportes Xosé Moreira Docampo


domingo, 12 de abril de 2020

Ureña Revuelta, Víctor Wenceslao (Espinosa de los Monteros (Burgos), 22-03-1927/Pamplona, 2002) Músico

Foto: cedida por Alejo Amoedo
        Con tan só 7 anos comeza a estudar solfeo e piano. Trala Guerra Civil amplia estes estudios cos de clarinete e trompeta. Comeza logo un periplo por bandas militares nas que oposita en 1945 a músico de terceira e en 1946 a músico de primeira. En 1952 licénciase no exército e comeza a dirixir a Banda Municipal de Redondela. En 1960 faise cargo da dirección da Banda Municipal de Ondárroa (Vizcaia) e en 1974 da Banda Municipal de Telde (As Palmas), ata a súa xubilación en 1992.
         Estudou nos Conservatorios de Madrid, Vitoria e Bilbao. Adicou a súa vida á docencia o que non lle impediu desenrolar unha carreira como compositor e arreglista. Xa xubilado comeza a colaborar co Conservatorio Municipal de Redondela e en particular coa Orquestra de Saxos. O conservatorio recibiu o seu nome como homenaxe póstumo trala súa morte.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes Alejo Amoedo