 |
| Foto: J. Migueles |
Trala vaga de incendios do 2017 foron atopados en Reboreda un
conxunto de petróglifos que apesares de ser notificados,
permaneceron inéditos ata que se redescubriron en 2019, grazas a que
era atravesado por un carreiro aberto polos ciclistas, que empregaban
algunhas das rochas gravadas para os seus saltos. Desta volta
catalogáronse (tan só catro rochas) e realizouse unha ruta guiada
dentro da programación de rutas organizadas polo Concello de
Redondela. Iso foi todo.
Trátase dun conxunto de gravados espectacular apesares dos danos
sufridos polos traballos de cantería e polos lumes forestais. O
crecemento de eucaliptos é a súa maior ameaza actual polo risco do
fogo e tamén polo propio crecemento destas árbores que cos seus
troncos e raíces poden romper algunha das rochas. Futuras talas
tamén poden poñer en risco este rico patrimonio arqueolóxico.
En realidade os petróglifos non se atopan en A Moscalleira, nome co
que foron catalogados, se non nuns terreos chamados O Eido de
Marta. Estamos a falar de parcelas privadas o que complica a súa
posta en valor, xa que deberían ser mercadas polo Concello ou pola
comunidade de montes.
Xunto a Xosé Couñago, entre decembro de 2024 e xaneiro de 2025,
visitamos estes petróglifos que permanecen abandonados mentres a
vexetación aumenta impedindo o acceso a algúns deles. A
continuación veremos o resultado destas visitas, agardando anunciar
en breve a total catalogación deste conxunto.
42.283493, -8.569676
P. Moscalleira 1.
Rocha de 2’67 m. de longo que sobresae da terra cun ancho de 70 cm.
e que na cabeceira, totalmente visible, mide 1’65 m. Como gran
parte da rocha está tapada pola sedimentación podería ter máis
gravados, pero agora mesmo tan só se observa un círculo de 12 cm.
con coviña central de 4 cm.
 |
| Moscalleira 1. Foto: J. Migueles |
 |
| Moscalleira 1. Fotogrametría Xosé Couñago |
P. Moscalleira 2.
Pedra de 1’58 x 0’50 m. chegando aos 1’15 m. de ancho coa parte
separada por unha diaclasa.
Motivo 1. Combinación de 2 círculos concéntricos (o maior de 12
cm.) con coviña central a carón dunha rotura provocada polos
incendios. Do círculo exterior sae un radio que remata nunha fenda
da rocha.
Motivo 2. Círculo ovoide de 14 cm. do que saen pequenos radios. No
interior semella ter outro círculo irregular e varias coviñas.
Motivo 3. Gran círculo alongado con outro círculo concéntrico que
no interior ten numerosas coviñas.
Motivo 4. Ao outro lado da diaclasa. Círculo partido en dous por un
diámetro con coviña central rodeada por un pequeno círculo. Pode
existir outra liña que corte o diámetro en cruz, pero o mal estado
do gravado non permite aseguralo. O que esta claro é a existencia de
varias coviñas.
Motivo 5. No outro extremo da rocha. Círculo con numerosas coviñas.
 |
| Moscalleira 2. Foto: J. Migueles. |
 |
| Moscalleira 2. Fotogrametría Xosé Couñago. |
P. Moscalleira 3.
Rocha alongada de 1’60 x 0’50 m.
Motivo 1: Espiral que alcanza os 40 cm. rodeando unha cova central de
4 cm. No seu interior contén numerosas coviñas. O conxunto non ten
unha forma totalmente redondeada porque aproveita a forma da rocha.
Motivo 2: No outro estremo da rocha obsérvanse dúas combinacións
circulares. A primeira formada por dous círculos concéntricos (o
maior un tanto irregular de 20 cm.) con coviñas no seu interior. E a
segunda por dous círculos concéntricos (o maior de 12 cm.) con
coviña central, saíndo un radio desde o círculo interior.
 |
| Moscalleira 3. Foto: Juan Migueles |
 |
| Moscalleira 3. Fotogrametría 3. |
P. Moscalleira 4.
Rocha redondeada e alongada de 3’50 x 1’30 m. Presenta numerosos
motivos:
Covas as máis grande de 5 ou 6 cm.
Covas ovoides 12x9 cm. 2-3 cm. de profundidade
Combinacións circulares de varias medidas (0’25, 0’33...),
podendo falar de varios tipos:
- Círculos con puntos.
- Círculos con puntos cun radio que parte desde o centro.
- Dous círculos concéntricos con coviña central.
- Dous círculos concéntricos con numerosas coviñas.
- Círculo dividido en catro por dúas liñas en forma de cruz con
coviña central, que contén unha coviña máis no centro de cada un
dos catro espazos resultantes.
 |
| Moscalleira 4. Foto: J. Migueles. |
 |
| Moscalleira 4. Foto: J. Migueles |
 |
| Moscalleira 4. Fotogrametría Xosé Couñago. |
P. Moscalleira 5.
Pedra partida á metade cun tamaño total de 1’30 x 0’30.
Na parte máis longa poden verse varias coviñas duns 4 cm., das que
unha está rodeada por un círculo tanxente a un arco (ou resto de un
círculo) que rodea unha gran cova de forma irregular. Tamén se
observa unha cruz formada por dúas liñas de mesmo tamaño.
A fenda que parte a rocha corta unha coviña rectangular de 9 x 5 cm.
Na parte pequena dous círculos concéntricos con coviña central.
Varias coviñas e o que parece un círculo moi gastado cun radio.
 |
| Moscalleira 5. Foto: J. Migueles |
 |
| Moscalleira 5. Fotogrametría Xosé Couñago. |
P. Moscalleira 6.
Rocha alongada (3’40 m. Totais) cun extremo separado por unha
diaclasa (apéndice 1’20 m.). O ancho é de 1’10 m.
Contén numerosos motivos con covas de ata 7cm.
Motivo 1: Dous círculos concéntricos moi próximos (34 cm.)
cortados por un suco longo e profundo que remata nunha gran cova en
cada estremo. No interior dos círculos obsérvanse 3 coviñas, unha
delas rodeada por un pequeno círculo. Sobre este motivo pode verse
unha forma irregular moi gastada.
Motivo 2: Dúas liñas profundas e anchas que se cruzan. Os estremos
máis longos conteñen unha figura ovoide con coviñas. Baixo un
destes estremos e pegado a el hai un quequeno círculo con coviña
central. Por riba deste motivo hai numerosas coviñas e baixo del
varias figuras irregulares, unha das cales semella un cadrado.
Motivo 3: Círculo duns 30 cm. cheo de coviñas.
Na parte máis pequena, separada por unha diaclasa.
Motivo 1: Círculo cheo de coviñas que ten acaroada unha figura
irregular, igualmente chea de coviñas.
Motivo 2: Varias coviñas de diferentes tamaños sen orde aparente,
unha delas rodeada por un círculo.
Motivo 3: Círculo moi desgastado que aproveita a forma da rocha. No
interior distínguese, cando menos, unha coviña central rodeada por
un pequeno círculo.
 |
| Moscalleira 6. Foto: J. Migueles. |
 |
| Moscalleira 6. Fotogrametria Xosé Couñago. |
P. Moscalleira 7.
Esta rocha estaba no trazado dun carreiro, hoxe desaparecido, que era
empregado por ciclistas que gustaban de saltar por riba dos penedos.
O gravado esta formado por dous círculos concéntricos moi próximos
entre si (o maior de 32 cm.), que conteñen numerosas coviñas. No
centro, moi golpeado, pode ter un pequeno círculo, do que sae un
radio (28 cm.) que remata en tres puntas (5 cm.). No exterior preto
do tramo final do radio semella que hai un pequeno círculo de 8 cm.
moi desgastado.
 |
| Moscalleira 7. Fotogrametria Xosé Couñago. |
 |
| Moscalleira 7. Foto: J. Migueles. |
P. Moscalleira 8.
Rocha dividida en tres lonxitudinalmente por dúas diaclasas, cunha
extensión total de 3’30 x 1’80 m. Na parte central dúas
combinacións circulares.
Motivo 1: Dous círculos concéntricos moi próximos que conteñen
arredor de 24 puntos.
Motivo 2: Vese un círculo de 20 cm. e pode que o resto desgastado
dun círculo exterior. No centro intúese un pequeno círculo rodeado
de 10 coviñas.
 |
| Moscalleira 8. Foto: J. Migueles. |
 |
| Moscalleira 8. Fotogrametria Xosé Couñago. |
P. Moscalleira 9.
Bolo dividido en dúas alturas cunha medidas totais de 1’90 x 1’90.
Na parte inferior dúas combinacións circulares separadas por un oco
natural.
Motivo 1: Dous círculos concéntricos moi próximos e un terceiro
pequeno no centro que está marcado cunha coviña. O espacio entre
eles está cheo de coviñas. Do círculo pequeno sae un radio que se
une a unha composición irregular que corta o círculo exterior.
Motivo 2: Ovoide cheo de coviñas cortado tanxencialmente por un arco
que semella unha diaclasa natural, que remata uníndose a outro arco
(diaclasa?) que parte do outro extremo da figura ovoide.
Motivo 3: Espiral.
 |
| Moscalleira 9. Motivo 3. Foto: J. Migueles |
 |
| Moscalleira 9. Motivos 1 e 2. Foto: J. Migueles |
 |
| Moscalleira 9. Motivo 1. Fotogrametria Xosé Couñago. |
 |
| Moscalleira 9. Motivo 2. Fotogrametria Xosé Couñago. |
 |
| Moscalleira 9. Motivo 3. Fotogrametria Xosé Couñago. |
P. Moscalleira 10.
Cruz de linde nunha rocha sobre a que se construíu un muro. En lugar
da típica cruz latina trátase dunha aspa de 15 cm.
 |
| Moscalleira 10. Foto: J. Migueles |
P. Moscalleira 11.
Rocha cortada por traballos de cantería cunha altura máxima
aproximada de 1’50 m. A superficie ten unha lonxitude de 2m. na
parte máis horizontal á que hai que engadir 1’70 m. cunha forte
inclinación. A anchura é de 2’50. Está dividida en dous por unha
diclasa que amosa dous motivos separados pola mesma:
Motivo 1: Preto dun oco natural. Círculo ovoide de 27 cm. contendo
cando menos 16 coviñas (a maior de 4 cm.), unha das cales está
rodeada por un pequeno círculo da que sae un radio moi desgastado
que traspasa o círculo maior.
Fóra deste círculo tamén se observa outra coviña (5 cm.) e
parece observarse restos dun pequeno círculo que a contiña e
doutros trazos moi gastados.
Motivo 2: Dous círculos. O primeiro deles contén 28 puntos e o
segundo, duns 30 cm., ten unha cova central de 8 cm. rodeada de 7
coviñas. Un pouco desviado do centro deste segundo círculo parte
unha liña que é unha diaclasa natural.
 |
| Moscalleira 11. Motivo 1. Fotogrametria Xosé Couñago. |
 |
| Moscalleira 11. Motivo 2. Fotogrametria Xosé Couñago. |
 |
| Moscalleira 11. Motivo 1. Foto J. Migueles |
P. Moscalleira 12.
Rocha de 1’44 x 0’95 m. Obsérvanse 3 covas formando un arco.
Sobre esta rocha construíuse un muro polo que podemos chegar á
conclusión que é unha marca de linde entre propiedades.
 |
| Moscalleira 12. Foto: J. Migueles |
 |
| Moscalleira 12. Fotogrametria Xosé Couñago. |
 |
| Plano de situación dos petróglifos. |
A uns 70-80 metros
monte abaixo destes gravados (cara o leste) atopamos cando menos 3
petróglifos aos que a vexetación nos impediu acceder na visita de
xaneiro de 2025, isto prívanos de ter fotogametrias:
P. Moscalleira 13.
Rocha que forma un pequeno promontorio e que ten un gran plano de
inclinación polo que era empregado polos ciclistas para dar grandes
saltos. Afectada polos traballos de cantería con cachotes
depositados aos seus pés, algúns deles con coviñas.
Toda a rocha está gravada con coviñas de diferentes tamaños. A
falta dunha fotogrametría obsérvanse varias combinacións
circulares con coviña central. Na parte alta tamén ten un rebaixe
rectangular semellante a un muíño navicular.
42.283993,-8.570803
 |
| Moscalleira 13. Foto J. Migueles |
 |
| Moscalleira 13. Foto: J. Migueles |
P. Moscalleira 14
Rocha con 15 covas que chegan aos 10 cm. e 3 cm de profundidade.
42.283904,-8.571326
 |
| Moscalleira 14. Foto J. Migueles. |
P. Moscalleira 15
Rocha de gran tamaño cunha cova duns 10 cm. Semella que cando menos
tamén hai un círculo duns 15 cm. con coviña central.
 |
| Moscalleira 15. Foto J. Migueles. |
Patrimonio arqueolóxico
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing
Autor: J. Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Visitas
guiadas. Xurxo
Constela (A Citania S.
L.)
Revelar o monumento invisible. Manuel Gago.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33081&fbclid=IwAR1s0V6ylt8w8ifDfv0xvqjUEQ-9voqIBt3eVNxTNPbVbWzEObPwy19yF6E