 |
Cargadoiro de Rande. Foto: J. Migueles
|
Coñecido
popularmente como Cargadoiro
de Rande. Realmente
atópase no Estreito de Rande, pero non no barrio de Rande (Cedeira),
se non no de Cabanas, na parroquia de Trasmañó.
O primeiro
proxecto de construír este cargadoiro o atopo nun xornal de 1905:
“Onte foi vendida a unha compañía estranxeira a fermosa finca
que posuía nas inmediacións de Rande o Sr. Feijoo. A
venta fíxose en 16.000 duros. Os actuais propietarios pensan adicar
aquela posesión a edificar un apeadoiro para que o ferrocarril traia
ata alí os minerais de ferro do Incio.”
 |
| Cargadoiro no momento da súa construción, 1926. Vida Gallega |
A Compañía Minerales de Hierro de Galicia, constituída en
Madrid en 1924, estaba vinculada a capital de orixe alemán.
Explotaba o xacemento de O Freixo (Monforte de Lemos). Esta mina
conectábase cun funicular de 7.770 metros de longo coa desaparecida
estación de ferrocarril do Canabal, en Sober. Esta obra sería
levada a cabo pola empresa POHLIG de Colonia (Alemaña). Por tren,
despois de percorrer 162 quilómetros, os vagóns chegaban ata o
propio cargadoiro, grazas aos traballos iniciados en 1912 mediante os
cales se construíu un ramal de conexión coa estación de Redondela.
Unha vez en Rande cargábase a magnetita que se exportaba por mar a
Inglaterra e Alemaña. O cargadoiro sería construído por outra
empresa alemá, Bleichert, empregándose para a parte metálica
materiais dunha terceira empresa xermana, Butzer.
 |
Acceso para o tren, 1926. Foto: Sarabia
|
 |
Acceso para o tren 2021. Foto: J. Migueles
|
Sería o 20 de xullo de 1926 cando se celebra a inauguración oficial
coa chegada do primeiro tren procedente das minas do Freixo. A
máquina chegou engalanada coas bandeiras de España e Alemaña e no
acto, presidido polo director xerente da empresa Friedrich Wiilhelm
Cloos, enxeñeiro e vicecónsul de Alemaña en Monforte, e o
conselleiro Julio Núñez, asistiron varios cargos da compañía do
ferrocarril. En total foron 10 vagóns con 20 toneladas de mineral
cada un os que chegaron aquel día e que quedarían almacenados. Non
sería ata finais de setembro que sairía o primeiro barco, o vapor
portugués “Estoril” cargado con 3.425 toneladas de ferro
con destino a Rotterdam. A carga sería realizada a un ritmo de 400
toneladas ao día.
 |
Inauguración do cargadoiro. Foto Sarabia
|
Un xornal o describe así:
“...cuyo depósito, capaz para 12.000 toneladas,está
instalado sobre una galería de 35 metros de largo. Ambos están en
comunicación directa por 4 tolvas que llevan por un mecanismo propio
el mineral sobre una cinta de goma sin fin. Esta es de 90 metros de
largo para carga útil, llevando el mineral sobre la cinta de la
vertedera de 17’5 metros de largo. Dicho vertedero sube y baja en
la punta, según reclama la altura del barco cargado o vacío o la
altura de las mareas, estando accionado su movimiento por un motor de
5 H. P. La cinta grande queda movida por un motor de 25 H.P.
pasando en ambos extremos por grandes cilindros, por los cuales se
consiguen suficiente tirantez de la misma, no dejándolos resbalar de
este modo, evitando así paradas en el caso de flojedad”.
 |
Carga do vapor Estoril. Foto: Pacheco
|
Nos seguintes anos aparecen varias noticias referentes a este
cargadoiro. En 1928 cando se cargaba de pirita de ferro no vapor
inglés “Aquerinde”, un accidente saldouse cun home morto
e outro ferido. En xullo dese ano o Concello solicita ao Goberno
Civil que obrigue a esta empresa a construír en Rande, con carácter
definitivo, unha ponte e unha canle que, establecidas
provisionalmente, supoñen un perigo No transcurso dunha folga
mineira en 1933 neste cargadoiro retirábase o ferro da citada mina.
 |
Cargadoiro de Rande, 1929. Foto: Pacheco
|
 |
Cargadoiro de Rande co brazo metálico. Foto: Pacheco. Fondo Buxa.
|
Aínda que non se atopou constancia escrita, varios autores indican
que na II Guerra Mundial era empregada polos nazis para cargar
wolframio procedente de minas galegas e leonesas. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-i-alemans-en.html
)
 |
Entrada inferior. Foto: J. Migueles
|
 |
| Interior do Cargadoiro. Foto: J. Migueles |
 |
Restos de mineral. Foto: J. Migueles
|
Logo o cargadoiro caería en desuso, probablemente na década dos
anos 40. A estrutura de ferro que se adentraba no mar foi
desmantelada, mais actualmente aínda se pode ver a parte de
formigón. Podemos acceder desde a
Praia de Rande (con marea baixa) ou
desde o Castelo de Rande,
baixo a Ponte de Rande. O
outro cargadoiro (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/cargadoiros-de-mineral.html
), o Museo Meirande e os galeóns
afundidos na Batalla de Rande
(https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html
) completan o gran interese
histórico e industrial desta zona. O acceso á parte superior está
cortado pero se alguén se aventura a adentrarse no interior
do cargadoiro aconsello tomar precaucións xa que hai buracos que
comunican as diferentes alturas da estrutura.
Outros restos desta
empresa sería o que queda do acceso dende as vías do ferrocarril
ou, máis arriba, no Camiño das
Regueiras, os restos dun túnel que se empregaba para a condución de
auga ata
o cargadoiro dende o regato Río Maior.
Actualmente
(2021) os
terreos do cargadoiro pertence á empresa Tranvías de Vigo e cada
certo tempo hai rumores de proxectos de recheos no mar para a
instalación de empresas.
 |
Vista da parte alta desde o interior. Foto: J. Migueles
|
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo
López e Roberto Gil Moure. 2003
Galeguismo
e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros.
Edicións do Castro
Redondela,
crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro
franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro
2002.
Sal,
sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San
Simón. Alberte Román Losada. Ed. Asoc. Alén Nós 2009.
Arquitectura
Industrial en la provincia de Pontevedra. Iria Sobrino Fagilde y
Rai Iglesias. Proyecto Coag./Vigo. Patrimonio arquitectónico moderno
y contemporáneo en Galicia, 2008.
Patrimonio
Industrial da Ría de Vigo. www.entremosnapanificadora.com
Aportes:
Gonzalo Amoedo
Visitas
guiadas polo arqueólogo Xurxo Constela, de A Citania S. L.
SEREN
Nº2.
Facendo camiño en Cedeira. Dolores Míguez Montes.
ABC:
http://www.abc.es/hemeroteca
El
Correo Gallego: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130
La
Vanguardia (dende 1881): www.lavanguardia.es/hemeroteca
El
País: www.elpais.com
El
Noroeste (Hemeroteca)
http://www.csbg.net/
www.hemerotecadigital.bne.es
BOE
> www.boe.es
Doctor
Jordi Nadal: la industrialització i el desenvolupament econòmic
d'Espanya. Editado por
Albert Carreras,Miquel Gutiérrez (Google Books)
Tierra
y Tecnología. La minería y el patrimonio minero en Galicia.
Manuel Lara Coira.
www.mcu.es:=>
Varios xornais
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La
Integridad, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso,
El Lucense, La Correspondencia Gallega, Gaceta de Galicia, Diario de
Galicia, La Noche, Vida Gallega...