Mostrando entradas con la etiqueta Educación e investigación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación e investigación. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de julio de 2025

Lorenzo Carballo Otero (Pontevedra, 1830). Mestre.

 

Rúa Casto Sampedro, anteriormente Rúa Lorenzo Carballo. Foto Carlos Muíños "Dula"-cinesdegalicia.educabarrie.org

        Director da escola de instrución primaria de Redondela, onde exerceu dende 1853 ata a súa xubilación en 1891. Exerceu como enfermeiro durante as epidemias de cólera en Cambados (1853-54) e Redondela (1865). En 1871 era o director da escola de instrución primaria de Redondela, cando o 22 de novembro a Dirección Xeral de Instrución Pública concede unha colección de libros, formada por 155 obras, para a creación dunha biblioteca popular neste centro. En decembro de 1872 foi proposto para unha cruz de María Victoria de segunda clase.

        Nun informe sobre o ensino en Redondela de 1879 recóllese:

Redondela (3000 almas) completa(106 niños-6<6anos, 60 de6-10,40>10, ordinariamente van 90)-Lorenzo Carballo Otero 49 años, casado más de 29 años de servicio, 23 de ellos en Redondela. El local es reducido y de malas condiciones.

        A súa labor como docente debía ser moi destacada como se destaca dun artigo publicado ao ano seguinte con motivo da Exposición rexional celebrada en Pontevedra:

A excepción do indicado e dunha colección de láminas de dibujo, de figura e planas, procedente da escola de Lorenzo Carballo Otero, de Redondela, nada vi que mereza a pena.

        Nun censo de 1883 consta que tiña o seu domicilio na rúa Alfonso XII.

        En xuño de 1891 foille concedida a xubilación. A principios do século XX a actual rúa Casto Sampedro levaba o seu nome. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html )

        A nivel persoal casou con Dolores Pesqueira, natural de Santiago de Compostela. Probablemente fillo deles sería Francisco Carballo Pesqueira, quen exerceu como mestre da Escola incompleta de Quintela cando menos entre 1876 e 1879.

        A que sabemos con certeza que foi filla deles sería Consuelo Carballo Pesqueira, natural de Redondela, quen casaría con Luis Amado de la Riega, natural de Pontevedra, e que constaba como empregado. Serían pais de Luis Gustavo Amado Carballo (N. Pontevedra, 2-5-1901), máis coñecido como Luis Amado Carballo, poeta ao que lle adicaron o Día das Letras Galegas en 1982. Por parte de pai emparentado co tamén escritor Celso García de la Riega.

Luís Amado Carballo. Biblioteca Virtual Galega
 

        A primeira aproximación a unha biografía de Luis Amado Carballo sería publicada no xornal La Zarpa o 8 de setembro de 1929, no artigo “Amado Carballo. Datos biográficos” firmado por “X”. Se cadra o autor sería o redondelán Casto Sampedro que acostumaba firmar os seus artigos como “X” ou coas súas iniciais “C. S.”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html )


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Contribución á biografía de Amado Carballo: Algúns datos inéditos e un poema non recopilado. Aurora Marco. Grial. Revista Galega de Cultura. Nº76. Abril-Xuño de 1982.

Historia y memoria de la educación. Sociedad Española de historia de la Educación. Universidad nacional de educación a distancia. Nº1, 2015

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia de España, 1879-1884 Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración,La Ilustración Gallega y Asturiana.

Arquivo Universidade de Santiago>14-11-1879>F.U. ENSEÑANZA PRIMARIA, Caja 132, Porción 3ª, Ayto. de Redondela

Arquivo Deputación de Pontevedra. Censo electoral. Redondela (1883).

 

viernes, 18 de noviembre de 2022

Pedro Couñago Couñago (¿?/Reboreda, 5-5-1890)

 

Capela de Santo Paio. Foto: J. Migueles

Estudou Dereito na Universidade de Santiago (daquela Colegio mayor de Fonseca), sendo bibliotecario, secretario e reitor de dita universidade cara a 1840. Xuíz en Tabeirós e Pontecaldelas. Casou cunha irmá de Juan Manuel Pereira. Despois do falecemento da súa esposa ordénase crego e é presentado como párroco de Reboreda polo seu cuñado. Estaría á fronte da parroquia máis de 30 anos, ata o seu falecemento en 1891, aos 81 anos de idade. A devoción da súa nai mandou construír a capela de Santo Paio en Reboreda.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, 1864 Carta pastoral

Galicia histórica: Estudios. Edicións do Cerne, 1901

Historia del Colegio de Fonseca. Antonio Fraguas y Fraguas. Instituto P. Sarmiento de estudios gallegos (C. S. de I. C.), 1956

Reboreda. Parroquias de Redondela. Carlos Rodríguez. SNL de Redondela.

Faro de Vigo

miércoles, 11 de noviembre de 2020

Galería. Escolas de Cedeira, Chapela, Quintela e Trasmañó.

 

Escola de Trasmañó sen data. Foto: Redondela crónica gráfica
Escola de Trasmañó sen data. Foto: Redondela crónica gráfica

Escola de nenas de Cedeira. Anos 40. Fª familia Alonso Acosta
Escola de nenas de Cedeira. Anos 40. Foto cedida pola familia Alonso Acosta

Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján
Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján

Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján
Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján

1945 cara a. Leonor escola na Ponte Quintela.FªMari Carmen Teles
Cara a 1945. Leonor na Ponte, Quintela. Foto cedida por Mari Carmen Teles

1938 Escola de DªConcha (Concepción Barrera) Laredo-Chapela Foto Chapela de onte a hox
1938 Escola de DªConcha (Concepción Barrera) Laredo-Chapela Foto Chapela de onte a hox

Anos 40 Escola de Purita Zendón. Arquivo JMigueles
Anos 40 Escola de Purita Zendón. Arquivo JMigueles

Autor; Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.

 Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia.

 

domingo, 12 de abril de 2020

Sampedro Folgar, Casto Antonio (Redondela 15-11-1848, Pontevedra 8-4-1937).


Foto: Museo de Pontevedra

Avogado que impulsou os estudos arqueolóxicos en toda a provincia. En 1875 estableceuse en Pontevedra despois dun enfrontamento co xuíz de primeira instancia de Redondela.
Moitas das súas investigacións permanecen inéditas e do publicado a gran maioría non o asinou. A súa obra principal é Cancioneiro Musical de Galicia, recompila a música tradicional que é un referente na materia. En 1894 fundase a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, da que foi primeiro presidente, co fin de conservar a arte e a arqueoloxía da provincia salvando, por exemplo, as ruínas da Igrexa de Santo Domingo (Pontevedra). En 1890 foi nomeado Cronista Oficial da Provincia de Pontevedra. En 1906 foi membro fundador da Real Academia Galega. En 1927 foi un dos fundadores do Museo de Pontevedra. Impulsou a publicación de “Documentos, Inscricións e Monumentos para a Historia de Pontevedra”, da que o segundo volume atribúese totalmente a el.
Tamén exerceu en política e, en 1843, cando se constitúe o partido Conservador de Pontevedra aparece como secretario do mesmo. En 1901 é elixido deputado Provincial por Pontevedra, sendo reelixido en 1903, 1919 e 1921. En 1930, co goberno de Primo de Rivera moi debilitado, volta ser nomeado deputado por Pontevedra e por unanimidade, presidente interino da Deputación Provincial durante un corto período.
Foto: Museo de Pontevedra
            En 1940 o Concello de Pontevedra concedeulle o seu nome a un paseo situado fronte a súa casa. En 1948 é homenaxeado cun busto de pedra no Museo de Pontevedra e unha placa cun poema epigráfico nas ruínas de Santo Domingo. En 1950 tamén cunha lápida no 1º edificio do Museo.
En 1943 Redondela fai o propio poñéndolle o seu nome a unha rúa e en 1987 colocouse na súa casa natal, na actual rúa Reveriano Soutullo, unha placa na súa memoria, que foi roubada e substituída por outra no 2012. No 2013 celebrouse o 75 aniversario do seu pasamento coa celebración de diferentes actos tanto en Pontevedra como en Redondela.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Guía didáctica para escolares: Nº7. Don Casto Sampedro Folgar. Xosé Filgueira Valverde.
Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.
Casto Sampedro Arqueoloxía e memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores, 2013
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, El Pueblo Gallego 

 

Ernestina Otero Sestelo (Vilavella (Redondela) 23-10-1890 / 13-2-1956) Pedagoga

Foto publicada en "Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga"
          Despois de rematar os seus estudios na Escola de Maxisterio de Pontevedra no 1908 coas máximas cualificacións, especializouse en Ciencias e Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio de Madrid.
          Iniciou a súa carreira na Escola de Maxisterio de Pontevedra na cátedra de Pedagoxía. Era 1915, nunha España na que no mundo laboral a muller tiña un papel ben distinto que hoxe en día. Isto non impediu que co tempo chegara a ser a directora deste centro. Puxo en práctica numerosas innovacións educativas como promover o roupeiro e o comedor escolar, a educación de adultos ou o fomento do estudio e investigación das características históricas, xeográficas e culturais de Galicia.
A Guerra Civil truncou esta actividade. Despois de 21 anos neste cargo, como moitos outros foi depurada, xa que dera o seu apoio a prol do Estatuto de Galicia. Primeiro foi suspendida de emprego e soldo e despois trasladada á Escola Normal de Ourense, onde traballaría durante 13 anos. No 1951 recuperou a súa cátedra en Pontevedra, exercendo o ensino ata o seu falecemento 5 anos máis tarde.
Nos anos 90 a súa figura foi homenaxeada en Redondela nun acto no que se lle da o seu nome a unha rúa da vila. No 2018 tamén lle foi imposto ao edificio do Reitorado da Universidade de Vigo despois dunha votación popular. En xaneiro do 2019 o Concello de Pontevedra aproba darlle o seu nome a unha das rúas do polígono de Tafisa. Ese mesmo mes a Asemblea Feminista Paxaretas crea o Premio Ernestina Otero, co obxectivo de “recoñecer a mulleres pioneiras e relevantes do concello de Redondela, así como a entidades, asociacións ou colectivos que teñan desenvolvido un labor a prol da igualdade real entre homes e mulleres de Redondela “.
Coa familia. Foto publicada en "Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga"

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.
Mestras de Redondela. 1900-1945. Ed. Asociación de Mulleres Xanela.
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
Facebook>Asemblea Feminista Paxaretas
dogrisaovioleta.gal

Mariño de Lobera, Juan (Redondela, s. XVI-XVII) Mestre e Reitor


       Reitor do colexio de Santiago Alfeo en 1616. Da mesma familia que Pedro Marino de Lobera.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 18780630 El heraldo gallego

Marino de Lobera, Pedro (Redondela, s. XVI) Mestre e Reitor


        Catedrático de Filosofía en Santiago. No 1557 foi nomeado Reitor do colexio de Fonseca.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 18780630 El heraldo gallego

Sara Leirós Fernández (As Neves, 1897-Santiago de Compostela, 1978) Mestra e escritora

Foto: "A Escola Normal de Santiago de Compostela"
        
      

        Naceu en As Neves pero axiña viu vivir a Redondela de onde era natural a súa nai. Realizou os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio en Madrid. Despois de exercer en varias escolas primarias accedeu ao cargo de mestra numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929. Formou parte dun grupo de mestres e inspectores que na primavera de 1936 visitaron Francia, Bélxica, Holanda, Suiza e Italia; co fin de coñecer de primeira man as novas correntes educativas implantadas en Europa. Despois da Guerra Civil exerceu como mestra de Xeografía e Historia na Escola Normal do Maxisterio feminino de Santiago de Compostela. Traballou neste centro, do que foi directora accidental en 1960, ata a súa xubilación.

        O seu pensamento altamente tradicionalista e relixioso pode considerarse a antítese da pedagoxía impulsada por Ernestina Otero Sestelo. Como mostra basta con ler os títulos das obras que publicou:
 
Compendio de Geografía General, 1934.
El Padre Feijoo. Sus ideas crítico-filosóficas, Santiago, Paredes, 1935
La Gracia y María en tu escuela, 1954.
El existencialismo en la educación, Paredes, Santiago, 1959.
El Cuidado, 1963
El Padre Feijoo: su magisterio. Antología de sus obras, La Voz de la Verdad, Lugo, 1967.
Pedagogía y salvación en la mentalidad hispánicas, 1967
Mi esperanza de siempre vivir, 1968.
Despliegue, 1973.
Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual, 1973
Por el camino, El Eco franciscano, Santiago, 1975.

Autor: Juan Migueles

 
BIBLIOGRAFÍA
A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a ...‎ - Página 179. Aurora Marco, Anxo Serafín Porto Ucha - 2000 - 378 páginas
Sara Leirós por Xosé Bangueses García. Publicado en Feminismo, Mulleres: intrépidas, valerosas.
Sara Leirós Fernández por Antón Costa Rico en www.culturagalega.org
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Galicia, El Noticiero de Vigo, El Pueblo Gallego
Aportes: Sara Leirós Lobeiras

Leirós Fernández, Eladio (Redondela, 14-9-1897 / Santiago, 4-12-1977) Relixioso, escritor e mestre

Cara a 1965. Foto: liturgia.mforos
         Cóengo arquiveiro das Catedrais de Ourense e Santiago, Chantre da Catedral de Santiago, doutor en Filosofía e diplomado en Psicoloxía pola Universidade de Madrid e pola Academia Santo Tomás de Roma, doutor en Teoloxía e Filosofía pola Universidade Gregoriana, catedrático en filosofía nos Seminarios de Tui, Ourense e Santiago, catedrático de Filosofía nos Institutos de Ponferrada e Arzobispo Gelmírez, mestre de Filosofía en varios institutos de ensino medio, ingresou como membro correspondente na Real Academia Galega en 1945.
         Escribiu numerosos traballos, moitos deles publicados no Boletín da Real Academia Galega, nos Boletíns da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos, de Ourense e Lugo e en revistas como “El Museo de Pontevedra” ou “Compostellanum” entre outras. Tamén colaborou co xornal “El Compostelano” de Santiago.
         Algunhas das súas obras:
El deambulatorio de la catedral de Ourense, 1948.
Catálogo de los archivos monacales de la S. I. Catedral de Ourense, 1951.
Documentos sobre los puentes de Orense, (comparte autoría coa súa irmá Mª de los Ángeles)
Don Enrique IV y el Arzobispo de la Catedral de Santiago de Compostela, 1956.
El espíritu de Juan XXIII en torno al “Diario del alma”, 1973
San José en el orden sobrenatural, 1975.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Don Eladio Leirós Fernández. Uxío Torre Enciso. 1980 Boletín nº 360 Real Academia Galega
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Galicia, El Ideal Gallego, El Correo de Galicia, La Noche, El Pueblo Gallego

Iriarte Sanromán, Álvaro (Redondela, 1962) Lingüista

Foto: Universidade do Minho
         Doutor en Ciencias del Lenguaje-Linguística Aplicada, titulado en Ensino da Língua e Literatura Portuguesas pola Universidade do Minho (Braga) e licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nas liñas de investigación da lingüística aplicada, a lexicografía, a lexicoloxía e a lingüística Contrastiva. É autor de numerosos traballos e artigos. No 2001 publicou: A Unidade Lexicográfica. Palavras, Colocações, Frasemas, Pragmatemas. Coordinou ao equipo do Diccionario Español-Portugués editado por Porto Editora no 2008.
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Portal Galego da Lingua
Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho

Groba y Carballido, Francisco (Redondela S. XVII) Relixioso e Reitor.

        Reitor do colexio de Fonseca (precedente da Universidade de Santiago) no 1658, logo ocuparía unha das canonjías da catedral tudense.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 18780630 El heraldo gallego

Docampo Amoedo, Domingo (Redondela 23-09-1954) Catedrático e Reitor

Foto: Universidade de Vigo

Director da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo (1988-1990) e do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións da Universidade de Vigo (1991-1998). Desde 1992 catedrático do Departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones da Universidade de Vigo, institución na que foi Reitor entre 1998 e o 2006.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Crespo Pozo, José Santiago (Padre Crespo). (Redondela 8-7-1909/ Colexiata de Xunqueira de Ambía 11-1978) Relixioso e escritor

Foto: Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia
Ingresou na orde da Mercé e cursou os seus estudios en Poio. Xa ordenado frade mercedario converteuse en investigador de heráldica e xenealoxía. Publicou, entre outras obras e tratados, Blasones y linajes de Galicia, Linajes de Galicia en el Perú ou Ascendencia Gallega de Bolivar. Colaborou en revistas tanto galegas como españolas e americanas. Tamén escribiu Vocabulario castellano-galego, poesía, ensaios sobre a Orde Mercedaria e traducións do latín e o italiano, ademais do estudo Píndaro, no que analiza a obra do poeta grego coa que demostra ter tamén coñecementos do idioma heleno.
Discurso no Instituto Peruano de Investigaciones Genealógicas. Foto: Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia
Foi membro de 16 Academias nacionais e estranxeiras: Real Academia Galega (1943), Instituto Peruano de Investigaciones Genealógicas (1951), Instituto Xenealógico Brasileiro (1953), The American Society of Heraldry (1953), Instituto Genealógico de Guayaquil (1953), Academia Costarricense de Ciencias Genealógicas (1953), Instituto Chileno de Investigaciones Genealógicas (1953), Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas (1953), Academia Mexicana de Genealogía y Heráldica (1954), Instituto Internacional de Genealogía y Heráldica, Federación de Institutos Genealógicos Latinos, Academia Guatemalteca de Ciencias Históricas, Genealógicas y Heráldicas,
de la Academia Mota-Padilla de Guadalajara (México), Collegio Araldico de Roma e Real Academia de la Historia (1977). Ademais de recibir a medalla de Ouro e socio de honra da Asociación de Amigos de los Pazos (1976). En 1966 puxéronlle o seu nome á rúa na que naceu. Nomeado fillo predilecto de Redondela e da Provincia de Pontevedra, fillo adoptivo de Poio e de Sarria (Lugo).

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
BOLETIN Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia nº8-pag16. IN MEMORIAN.
JOSÉ SANTIAGO CRESPO POZO. CENTENARIO DE SU NACIMIENTO. (1909-2009). Jerónimo López López e Carlos Viscasillas Vázquez
19540300 Spes órgano de la Juventud Católica de Pontevedra
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
19550301 Sal-Lux boletín interno Acad. Literaria de San Pedro Pascua
19550801 Hoja Oficial del Lunes
19540300 Spes órgano de la Juventud Católica de Pontevedra

Constela Doce, Xurxo _ Arqueólogo, museólogo e ilustrador

        
Foto: Juan Migueles

         Establecido en Trasmañó. Cofundador da empresa A Citania S. L. En Redondela participou en varias actuacións na Mámoa do Rei, impulsou o Museo Meirande, a musealización e recuperación do Monte Penide, realizou e segue a realizar a catalogación de novos achados, ademais da promoción e divulgación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico mediante visitas guiadas.
         Dos concellos máis próximos podemos destacar a construción da aldea neolítica de Salcedo e a dirección de varias escavacións na cidade de Pontevedra, ademais de participar nas escavacións da rúa Hospital de Vigo, e no descubrimento de restos romanos na esquina das rúas Pontevedra e Areal en Vigo. Como ilustrador realizou debuxos para o centro de Interpretación da illa de Toralla ou os baseados nos restos do Paleolítico atopados no sur da provincia de Lugo. Coa súa empresa A Citania S. L. afrontou traballos no castelo de A Roca ou a igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela; exposicións de prehistoria; centros de interpretación, como As Dunas de Corrubedo ou Torre de Bolo; ou xacementos, como Adro Vello...

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
historiayarqueologia.wordpress.com
Faro de Vigo
La Voz de Galicia

lunes, 30 de marzo de 2020

María de los Ángeles Leirós Fernández (Redondela, 1912) Mestra


         Estudou Maxisterio en Ourense e acadou o título de doutora en Historia. Mestra de Historia no Instituto provincial de Ourense, nos cursos 1937 e 1938, 1946-1947 e dende 1951 ata 1958. Co seu irmán Eladio Leirós Fernández escribiu o libro Documentos sobre los puentes de Orense.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
mulleresourensas.blogspot.com.es