Mostrando entradas con la etiqueta Nobreza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nobreza. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de mayo de 2023

Jacinto Sarmiento de Valladares y Zamudio (Saxamonde (Redondela) ¿? /Madrid, 1727)

 

Fillo de Juan Antonio Sarmiento de Valladares (de Zamudio) (Saxamonde-Redondela)

e de Constanza Luisa Sarmiento de Valladares (Vigo).

Señor de San Román de Saxamonde. O 19-3-1665 nomeado I Conde de San Román. O 29 de decembro de 1692 iniciáronse as Probas para ser Oficial do Santo Oficio da Inquisición. En 1705 nomeado Ministro do Consejo de Italia, organismo que atendía os asuntos italianos para a monarquía española dos Austrias, cargo no que se mantivo ata a disolución de dito organismo en 1719. Era dono da Casa da Torre en Redondela, polo que no s. XVII era coñecida como Casa do Conde de San Román. Casado con María Sarmiento Sotomayor.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Familiares y Oficiales del Santo Oficio de la Inquisición y sus Genealogías. Amado Ricón Viruleg. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

www.senado.es

wikipedia-Condado de San Román

Faro de Vigo: El pazo de San Román volverá a salir a subasta a menor precio al ...

www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/03/...san-roman.../770968.html

La Cueva de Zaratustra. Taller de J. A. Durán (ED) www.tallerediciones.com Varios artigos.

 

 

domingo, 12 de abril de 2020

Luis Sarmiento de Valladares, Meira y Arines de Troncoso. (Saxamonde 16??-¿?) I Marqués de Valladares


         O 6 de xullo de 1673 Carlos II nomeouno I Marqués de Valladares. Ademais foi Vizconde de Meira, Caballero de la Orden de Santiago, Alguacil Mayor del Consejo de Su Majestad de la Santa Inquisición e Mordomo de la Reina Dª. Mariana de Austria.
         En primeiras nupcias casou con Baltasara Francisca de Toledo Coello e Contreras, da casa dos Coello de Portugal, e en segundas con María Felipa de Fonseca Vélez de Medrano, Marquesa de Lapilla. Desta último tivo a Dª. Catalina de Meira Valladares Sarmiento y Toledo, segunda marquesa de Valladares.

    Irmán de José Sarmiento de Valladares, Vicerrei de México. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/jose-sarmiento-de-valladares-saxamonde.html )

 
 
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Google Books => El águila caída: Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II. Escrito por Emilio González López.
Indice de la Colección de Don Luis de Salazar y Castro. Tomo XVII. Obras genealógicas y heráldicas. Baltasar Cuartero y Huerta, y Antonio de Vargas Zúñiga y Montero de Espinosa.
Marquesado de Valladares, Xosé Docampo: www.xenealoxia.org/.../1451-valladares-marquesado-de
Blason de España: libro de oro de su nobleza : reseña genealógica y … Escrito por Augusto de Búrgos
Biblioteca Nacional de España=> 1292 Testamento otorgado por Alvaro Fernández, hijo de Fernán Gómez.

José Sarmiento de Valladares (Saxamonde 1643-Madrid 1708) Vicerrei de México

Autor descoñecido. Museo Nacional Historia México
      

    Entrou no Colegio Mayor de Oviedo en Salamanca o 12 de Mayo de 1667. Caballero de la Orden de Santiago e do Consejo de SS. MM. Foi Arcediano de Valderas, Dignidade na Santa Iglesia de León; Cardenal do Apóstolo Santiago en 1671. Aos dous anos pasou a ser Alcalde de Hijosdalgo en Valladolid, e en 1676 foi Oidor de Granada. Capitán General, Vicerrei de México entre 1696 e 1701 e Presidente del Consejo de Indias. Naquel país casou con María Jimena de Moctezuma y Jofre de Loaisa, recibindo dela o título de Conde de Moctezuma y Tule.  

    Despois de quedar viúvo casou en segundas nupcias no 1694 con María Andrea de Guzmán y Dávila, tamén viúva do Duque de Sesa e neta do Vicerrei de Nueva España e I Marqués de Villamanrique. Partidario da casa dos Hapsburgo solicitou o seu regreso a España trala morte de Carlos II. Á súa volta (sen os seus fillos) a coroa concedeulle unha franxa de terreo entre Atlixco e o mar e nomeouno Duque de Atrisco e Grande de España de Primera Clase.

    Volveu a España como pasaxeiro da Flota de Indias que sería derrotada na Batalla de Rande polo que os historiadores o sinalan como o responsable da decisión de que os barcos se refuxiasen na enseada de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html )

    Faleceu en Madrid o 10-9-1708, sendo enterrado no Convento de San Martín.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Google Books => El águila caída: Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II. Escrito por Emilio González López.

Indice de la Colección de Don Luis de Salazar y Castro. Tomo XVII. Obras genealógicas y heráldicas. Baltasar Cuartero y Huerta, y Antonio de Vargas Zúñiga y Montero de Espinosa.

Marquesado de Valladares, Xosé Docampo: www.xenealoxia.org/.../1451-valladares-marquesado-de

www.lagenealogia.com/Heraldica/Balladares.html

Blason de España: libro de oro de su nobleza : reseña genealógica y … Escrito por Augusto de Búrgos

Biblioteca Nacional de España=> 1292 Testamento otorgado por Alvaro Fernández, hijo de Fernán Gómez.