Mostrando entradas con la etiqueta Cargos Públicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cargos Públicos. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de junio de 2022

Baldomero Táboas Martínez (Redondela/Vigo, marzo 1974)

 

Secretario de Concello. Represaliado.

        A primeira nova que atopo del é exercendo como perito en Redondela en 1904. Foi redactor do xornal local La Opinión.

        En 1914 xunto a Antonio Orellana Pereira, Severo Rivas e José Pereira Míguez, presentou recurso de alzada contra acordo do Concello de Redondela nomeando secretario da Corporación a Celso Milleiro Seoane. Pechadas as portas do noso concello exerceu como secretario dos concellos de Nogueira de Ramuín (1915, xaneiro-1923), Amoeiro (en 1917) e dende 1925 de Ponteareas, habendo daquela 41 aspirantes a esta última praza. Durante a Segunda República foi presidente de Unión Republicana nesta última vila. Foi depurado despois do golpe de estado de 1936 abríndoselle expediente de responsabilidades políticas. En xuño de 1937 publícase un edicto para que varios funcionarios, entre os que se atopaba, comparezan no Concello de Ponteareas para que sexan escoitados polo xuíz que lles segue expediente, porque non foron localizados nos seus domicilios.

        Nesta época exercería como secretario do concello de Lavadores, anexionado a Vigo en 1941. En decembro dese ano aparece como residente en Vigo nunha lista de persoas ás que se lles instrúe expediente. En outubro de 1942 aparece exercendo como secretario adxunto de Vigo. Ao mes seguinte interpón un recurso contencioso administrativo contra o concello de Vigo polo seu cese. Sería reposto a principios dos anos 50. En 1954 atopámolo exercendo como secretario de Redondela, probablemente asumiría o cargo como interino ata novo nomeamento, porque seguía como secretario adxunto do concello de Vigo, posto no que xubilou en 1957. Faleceu en Vigo en 1974, sendo soterrado no cemiterio dos Eidos.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Cupo de Manuel Otero, 1904. (Arquivo J. Migueles)

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia Gallega, Noticiero de Vigo, El Correo de Galicia, El Tea, La Noche, La Región, El Compostelano, El Pueblo Gallego

 

Isidoro Queimaliños Queimaliños (Redondela, 22-10-1850/Redondela 7-12-1904)

 

Isidoro Queimaliños, 1895. Foto cedida por Alfonso Calvo
Isidoro Queimaliños, 1895. Foto cedida por Alfonso Calvo

Médico, xornalista e alcalde.

Médico moi implicado cos menos favorecidos. Despois de estudar Latín e Humanidades en Tui, licenciouse en Menciña na Universidade de Santiago en 1877. En 1881 xa aparece exercendo en Redondela. Ao ano seguinte é nomeado médico interino do cárcere, confirmándose o nomeamento en 1888. En 1893 o Ministro de Gobernación resolve ao seu favor contra un acordo do Gobernador interino de rebaixar a 730 pesetas o seu soldo de 999 pesetas como médico do cárcere. En 1894 faleceu o Bispo de Tui, Fernando Hüe Gutiérrez, a quen atendeu xunto a varios médicos de Tui, pasando el a última noite co enfermo. Na nosa vila tamén exercería como subdelegado de sanidade. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/sanidade.html )

A nivel político militaba no Partido Liberal, sendo nomeado Alcalde de Redondela por R. O. en xuño de 1899. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )

Tamén exerceu como xornalista, escribindo no xornal madrileño El Siglo Futuro e no pontevedrés El Áncora. Ademais sería redactor dos xornais locais La Verdad e La Idea. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html )

En maio de 1897 aparece como vocal da Xunta da peregrinación á Lourdes. En 1900 doou á igrexa de Redondela unha efixie da Virxe dos Dores, construída en Santiago.

Faleceu o 7 de decembro de 1904 aos 55 anos de pulmonía na casa que o vira nacer. En 1905 por subscrición popular levantouse un mausoleo na súa tumba e pouco despois puxéronlle o seu nome á rúa na que vivira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html )


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Internovas. Historias de Redondela (Web desaparecida). Prensa en Redondela 1883 - 1933. Luis Pereda.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca Municipal de Redondela)

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, El Movimiento católico, El Áncora

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Gaceta de Madrid, El Correo español, El Siglo Futuro,

La Voz de Galicia

 

jueves, 25 de noviembre de 2021

Amado Ricón Virulegio (Redondela, 1933/Redondela, 7-8-2019).

 

Amado Ricón. Foto compartida polo PP de Redondela

 

Fillo do ebanista Amado Ricón Villar (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/ricon-villar-amado-redondela-1900-1945.html )

En 1958 emigrou a EE. UU. onde exerceu como catedrático de Literatura Española na Universidade de New York. Naquela cidade presidiu a Casa de Galicia. Xubilado en 1992, retornou a Galicia onde recibiu a Medalla Castelao, destacándose o seu estudo da obra de Eduardo Pondal. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

En Redondela é moi lembrado polo seu paso pola política local. En 1995 presentouse nas municipais como candidato do PP, accedendo á alcaldía ao ano seguinte despois dunha moción de censura. O seu mandato estivo marcado polo conflito coa recollida do lixo que naquela época se queimaba na Marisma. Un problema, o da xestión dos residuos, que se repetía en toda a xeografía galega naqueles anos. Nesta época tamén exerceu o cargo de Deputado provincial.

Investigador da historia local de Redondela, publicou varios artigos no Boletín do Seminario de Estudos Redondeláns:


A Batalla Naval de Rande. SEREN Nº8, 2020.

Notas dispersas sobre don Isidoro Queimaliños Queimaliños. SEREN Nº6, 2009.

Bosquexo da orixe da igrexa de Santiago de Redondela: vida dalgúns abades e a súa obra. SEREN Nº5, 2008.


Anos antes, deunos a coñecer a antigos persoeiros da vila e a Lenda de Marcolfo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/search?q=marcolfo ) Ademais de deixarnos numerosos artigos en xornais e nas publicacións das Festas da Coca, sirva como exemplo: Familiares y Oficiales redondelanos del Santo Oficio de la Inquisición y sus Genealogías. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Obras publicadas:

Eduardo Pondal. Conciencia de Galicia. 1981.

Estética poética de Eduardo Pondal, 1985.

Os Eoas. Eduardo Pondal. Limiar, transcrición, selección e notas de Amado Ricón Viruleg, 1992.

Castelao, propagandista da República en Norteamérica, 2000. Emilio González López e Amado Ricón Virulegio.



Outros artigos:

Origen y sentido del himno gallego. Boletín da Real Academia Galega. Nº356, 1974.

Algunos ejemplos del ‘Axis rítmico’ en la poesía de Pondal. Boletín da Real Academia Galega. Nº345-360, 1968.

Relación contemporánea sobre la llegada y estancia en Galicia de la reina Dª Mariana de Neoburgo en 1960. Compostellanum: revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela. Vol. 13. Nº4 (Octubre-Diciembre, 1968).


Colaboraciones en obras colectivas

A fronte popular antifascista galega de Nova York: o ambiente políticos dos españois, cando chegou Castelao a Nova York. Amado Ricón Virulegio. Congreso sobre Castelao: actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Rianxo, dos días 25 ó 29 de xaneiro de 2000, 2001.

Castelao propagandista da República e organizador galego. Amado Ricón Virulegio. Actas Congreso Castelao. Tomo I: (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986). 1989.




Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

SEREN. Boletín do Seminario de Estudios Redondeláns.

Publicacións da Festa da Coca. Varios anos.

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

martes, 23 de febrero de 2021

Os premios Coca e o Cocón

 

Premio Cocón. Foto: Luis Pereda Canal

 

        A principios dos 90 o colectivo Ateneo Redondelán dinamizaba a vida cultural mediante a organización de numerosas actividades como conferencias, debates, monicreques... Entre todas elas a que máis deu que falar foi a creación dos Premios Coca e Cocón, para recoñecer o labor das persoas ou colectivos que fixeran algo positivo ou negativo. As figuras dos galardóns foron deseñados por Alberto Cunha "Tatán" e a entrega realizábase o día dos santos inocentes, durante unha cea celebrada nun restaurante da vila. 

José González. Premio Coca, 1994. Faro de Vigo

 

Os premiados coa Coca foron:

1991: As xogadoras e xogadores da SAR.

1992: O grupo ecoloxista Xea, «por enfrentarse valientemente a aquellos que sólo hablan de medio ambiente en los programas electorales».

1993: Félix Fernández, en recoñecemento pola súa traxectoria deste ebanista xubilado que aos 83 anos escribira o primeiro dos seus tres libros de poemas. Nesta edición tamén foron candidatos ao premio a Comisión de Montes de Reboreda e a Asociación de Amigos do Camiño Portugués.

1994: Xosé González responsable do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela obtivo el premio «Coca 94» con el que el Ateneo de esta localidad quiere resaltar las labores positivas.

1995: A Asociación de veciños Abrente “por recuperar o movemento veciñal no casco urbán”. Foron nomeados a asociación feminista Xanela e o colectivo de insubmisos Kasko.


AteneoRed-CocaCocón1995-Abrente FªDe Arcos FdV

Foron galardoados co negativo Cocón, que nunca ían a recoller o premio

1991: A Concellería de Sanidade e Medio Ambiente.

1992. O concelleiro de Educación, Piñeiro Permuy, "polo intento da Concellería que preside de acabar con el conservatorio".

1993. O responsable municipal de tráfico, que "lo comparte al alimón con los conductores «energúmenos»". Tamén aspiraron ao premio: os párrocos que difunden ao vento os servizos relixiosos a través da megafonía e o tándem formado polo alcalde Xaime Rei e o conselleiro Cuiña polo problema do lixo.

1994. Seragua, empresa concesionaria do servizo de augas.

1995 Nesta edición houbo empate entre o conselleiro de Educación, Piñeiro Permuy, e o alcalde de Redondela, Xaime Rei.

Apesares das poucas edicións celebradas esta idea serviu de base para que asociacións doutros concellos, como a Sociedad del Valle de Louriña, crearan os seus propios premios, fomentando así a crítica pero tamén o recoñecemento de persoas e colectivos.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

domingo, 1 de noviembre de 2020

Cargos públicos. Correos e Telégrafos

Rosa e Darío, carteiro de Cesantes moitos anos. Foto cedida por Rosa Loural ao Obradoiro Fernando Monroy

(Ver tamén Cargos públicos-Ferroviarios>Telegrafista da estación de Redondela https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/cargos-publicos-ferroviarios.html )


1876. Chega o telégrafo a Redondela.

1884-Xuño: Entra en funcionamento o telégrafo do ferrocarril entre Vigo, Redondela e Pontevedra.

1917. O Administrador de Correos de Redondela recibe a orde de crear unha cartería en Pazos de Borbén. Na actualidade Pazos e Borbén e Fornelos de Montes seguen a depender de Redondela.


Xefe de Correos

184? José Mateo Otero. Cando menos entre 1842 e 1852.


Xefe de Correos e Telégrafos

18?? Manuel Coello. Comezou traballando na estación telegráfica de Vigo, pasando logo a exercer como xefe de telégrafos en Redondela e Tui. Faleceu en Madrid en 1911.

18?? Marcelino Pozo Santiago. No cargo cando menos dende 1899, ata o seu falecemento en xullo de 1915.

1911 Julio Pastor. Substituíu ao titular, deixando o cargo en marzo.

Sepárase o servizo de Correos e o de Telégrafos



Xefe de Correos (Administrador/Oficial 1º)

1913, febreiro. Aurelio Rodríguez Ogando. Foi trasladado de Redondela a Vigo en agosto de 1918.

19?? Alonso. En marzo de 1920.

192? Manuel Leirós Fernández “Machaquito”. Tiña o título de Maxisterio. No cargo cando menos desde 1924 ata os anos 40. Foi apartado do cargo por cometer irregularidades, tales como apropiarse de xiros.


19?? Cecilio del Olmo Arroyo. Antes de xullo de 1952, cando estaba destinado en Valladolid.

19?? Jaime Somoza Barros. No cargo cando menos dende outubro de 1952. Despois de anos como xefe interino foi nomeado en propiedade de Pontecaldelas en maio de 1955.

195? Dámaso Rey Santamaría. En 1958.

1963 José Gómez Morales. Interino

1963, agosto. José Touriño López.


Xefe de Telégrafos (Administrador)

18?? Rodríguez. En 1881.


19?? Alfredo Basanta Useletti. Cando menos entre 1916 e 1925. En 1928 xa estaba xubilado.

1925 Fernando González Bernal. Tomou posesión en xaneiro de 1925. Cando menos ata outubro de 1925.

19?? Ignacio de Miguel Quincoces. Faleceu en agosto de 1926, estando no cargo.

1926, setembro. Gerardo Pacheco Hernández. Anteriormente segundo oficial.

1928, xuño. Ramón Baladrón Carrero. Faleceu en Leiro (Ourense) estando no cargo en novembro de 1934.

19?? Ramón Amoedo Esteiro. No cargo cando menos entre 1959 e 1967.

Segundo oficial de Telégrafos

192? Gerardo Pacheco Hernández. Ata o seu ascenso en setembro do 1926.


Oficial de Correos

1924, setembro. Alfredo Basanta Puig. Anteriormente en Pontevedra. Nomeado en setembro de 1924, sendo fillo do xefe de Telégrafos. En decembro de 1931 trasladado a Pontevedra.


Oficial quinto de Correos

1914, xuño. Julio Díaz Manreso. Anteriormente en A Coruña.


Funcionario de Correos /Carteiro

18?? Ventura Rodríguez. Condutor do correo entre a illa de San Simón e Vigo cara a 1862.

1899, marzo. Maximino Cabaleiro. Veciño de Cesantes, nomeado peón de Redondela ao Lazareto de San Simón, coa obriga de verificar o reparto nas parroquias de Cesantes e o Viso, sendo despois de Redondela as primeiras parroquias en desfrutar deste servizo. Continuaba no cargo en 1910.

1??? Bernardino Docampo. En 1902.

1??? José Casal. Cando menos entre 1904 e 1926.

19?? José Díaz Saavedra. Carteiro de Cesantes ata o seu falecemento a finais de 1924.

1922, xullo. Ángel Rodríguz Fontán. Peón carteiro do Viso.

1931, agosto. Bernardino de la Torre Tono. Nomeado carteiro do Viso.

19?? Manuel Lledó. En decembro de 1935.

19?? Justo Pérez. En maio de 1936 asistiu como representante do persoal rural da estafeta de Redondela a unha reunión de carteiros rurais e peóns nos Valos (Mos), celebrada co fin de constituír o Comité Postal desta provincia.

19??-1955 Nicolás (Secundino) Álvarez Carro (N. Astorga, 1-7-1912). En 1940. Faleceu coa súa esposa no accidente de Cans en 1955.

195? José Caeito Chan. En 1956


Auxiliar de Correos

19?? Luis Constenla Acasuso. En outubro de 1968 saíu cara O Ferrol para incorporarse á Escola Oficial de Peritos Navais.


Ordenanza de Telégrafos

192? Miguel González y González (noutro xornal Miguel Pérez). Trasladado ás Neves en 1925.

192? Hermenegildo Casal Campo. No cargo en xaneiro de 1930.


Telegrafista

1934, novembro. Ramón Amoedo


Auxiliar de telégrafos

1881, abril. Celia Rodríguez Borrajo y Moscoso. Filla do xefe da estación.


Peón de Redondela á estación

1930, decembro. Isidoro Pereira Otero


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

Censo de actividades 1905, 1910 e 1925. Publicado en www.todocoleccion.net

(18621107 Boletín Oficial de la Provincia de Guadalajara)

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, Gaceta de Galicia, Heraldo de Galicia, El Ideal Gallego...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración,

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

(atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1842/1844))

La Idea



Cargos públicos. Hospital de Redondela

 

Brasón que se cree pertenceu ao Hospital. Foto: Juan Migueles

(Ver Edificios e espazos públicos > Hospital https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/edificios-e-espazos-publicos.html )


MORDOMOS

1495: Juan Milleiro e Juan de Santabaia

S. XVI

1505: Juan de Santabaia
1510: Gonzalo de Lantaño e Juan Milleiro
1511: Pero Buxeiro e Lourenzo de Probén
1529: Gonzalo Milleiro


S. VII

16??: Alberto Álvarez de Mera. Comisario do Santo Oficio, en 1670 era abade da igrexa e mordomo do hospital da vila de Redondela, onde se criou e viviu cun tío seu, sendo natural de Barcia de Mera. Aparece en 1680 como testemuña nas Probas para ser oficial da Inquisición de Martín de Nogueira Blanco
16??: Juan de Condado
16??: Diego de Avalle
16??: Antonio de Salazar

S. XVIII

17??: Juan Salgueiro

1714: Luis de Alfaro
1719: Luis de Alfaro, Pedro Rodríguez Carballido e Juan da Torre
1724: Juan Barreiro e Domingos Rodríguez Estévez



ALCALDES DE BULA

Rodríguez Giráldez, Juan. Alcalde de Bula do Hospital en 1724



APODERADOS

Luis González. En 1709



XUÍZ DO NEGOCIO, DE CONTAS E DE MANDADO DO HOSPITAL

Antonio Varela de Boado, xuíz do negocio, de contas e de mandado do Hospital de Redondela en 1684.

Hospital de Pobres de Redondela

Varela de Boado, Antonio. Xuíz do negocio, de contas e demandado do hospital en 1684.



MÉDICO

Ramos Feijoo, Pedro Benito. Médico. Comezou a traballar no hospital de Redondela no 1768.




Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Redondeláns. Blog de C. Milleiro e X. Docampo. http://www.galeon.com/redondelans/aficiones1517070.html

Galiciana > Arquivo do Reino de Galicia

Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000). )


miércoles, 21 de octubre de 2020

Cargos públicos. Ferroviarios.

 

Operarios do Ferrocarril, sen data. Foto publicada en Redondela crónica gráfica.

Xefe da estación de ferrocarril de Redondela (de 2ª clase)

18?? Timoteo Velasco. Trasladado á estación de Tuy en abril de 1883.

1883, abril. Domingo Sala.

189? Juan Nieto. Cando menos dende 1894 e ata 1901. Anteriormente (a finais de 1892) era xefe da estación de Guillarei. Chegaría a ser multado porque o 9 de marzo de 1896 estiveron a piques de chocar dous trens pola súa falta de previsión.

1901, maio. Rafael Maestú Ulibarry. Anteriormente xefe da estación de Ricamonde. Trasladado con ascenso a Monforte en 1919.

192? Eloy Madero. Estaba en setembro 1921, cando tivo unha filla. En maio de 1922, foi ascendido a xefe de primeira clase.

192? Manuel Quiroga Rivero. Xefe suplente, faleceu repentinamente en xullo de 1923.

192? Rafael Maestú Ulibarry. Cando menos dende 1925. Xubilouse en setembro de 1935.


195? Joaquín Abad Sánchez. No cargo en 1957. Xubilouse antes de 1964.

1958, maio. Sebastián Muíños Blanco. Natural de Redondela.

19?? Luis Cabaleiro Pedreira. Cando menos entre 1961 e 1962. Casado coa mestra redondelá Amalia Muíños Blanco en 1935, sendo daquela factor.

196?. Sebastián Muíños Blanco. Natural de Redondela. Permaneceu no cargo ata a súa xubilación en xullo de 1968.

1969, outubro. Manuel Iglesias Fernández.

197? Luis Fernández Nozal. No cargo en 1976.




Factor da estación de Redondela

1897, marzo. Manuel Rodríguez. Natural de Monforte. En xullo de 1898 desapareceu con cartos da empresa.

19?? José del Campo. No cargo entre 1900 e 1902.

19?? Braulio Coya Fernández. En 1912

19?? Ramón Arines. Ascendido en 1923 e trasladado á estación de Ourense.

192? Idelfonso Villagómez. No cargo en xaneiro de 1924.

19?? Rafael Álvarez Mosquera. En 1924.

19?? José Otero Bouzón. Garda-agullas. Traballaba en 1925 cando faleceu o seu fillo, Alfredo Otero Carballo.

19?? Salvador Ramos. No cargo en febreiro de 1925, cando tivo un fillo.

192? Alfredo Otero Carballo. Faleceu a finais de 1925 atropelado por un tren.

19?? Luis Cabaleiro Pedreira. Factor en 1935, chegaría a xefe da estación cargo que desempeñaba en 1962.

19?? Damián Santos Parada. En Redondela en 1959. Trasladado despois á estación de Lugo, onde seguía en 1964.

Telegrafista da estación de Redondela

18??-1893 Jose María González. Telegrafista da estación de Redondela, faleceu en Ourense en outubro de 1893.

19?? Delio Maestú. Trasladado a Monforte en maio de 1924.

1924 Manuel Vázquez Adán. Telegrafista da estación de Redondela ata o seu traslado a Vigo en novembro de 1924. En 1925 casou en Vilavella con María Villasante Pérez.

1924, maio. Julio Vázquez Rodríguez. Continuaba en 1927.

1934, maio. Manuel Lozano Pérez. Anteriormente na estación de Carril.


Outros telegrafistas do Ferrocarril

Rafael Maestú Conde. Telegrafista da estación ferroviaria de Tui, faleceu en Redondela en 1908.

Diego Vázquez. Celador de Telégrafos en 1907.


Garda-vía

18?? Manuel Cabaleiro. Suicidouse en agosto de 1891, tirándose ao paso dun tren.


Garda-agulla

18?? Francisco Muñoz Fernández. En 1888 foi collido entre os topes dun tren na estación de Redondela, mais as feridas non puxeron en perigo a súa vida.

19?? Julio Pérez. Collido entre os topes dun tren en setembro de 1936, falecendo pouco despois.


Garda de noite da estación de Redondela

19?? Santiago Fernández Carballo. De Reboreda. En 1912


Asentador de vías e obras

Gumersindo Santos. Cando menos dende 1897. Falecido en 1903 e enterrado en Redondela.

Manuel Pérez. Cando menos entre 1904 e 1909. Trasladado, xa que aparece dende 1897 traballado como asentador noutra zona da área Vigo.

Manuel Fernández. Entre1911 e 1924.

Avelino Saavedra. Cando menos entre 1925 e 1927


Xefe da Estación de Chapela

19?? Alfredo Palencia. Cara a 1945.


Factor da Estación de Chapela

19?? Lorenzo Ezquerra Posada. Faleceu en maio de 1950.


Outros ferroviarios

Eduardo Álvarez. Gardafreo resultou gravemente ferido en abril de 1900, cando o tren foi apedrado.

José Barral. Inspector de ferrocarril, ao que o cura de Redondela lle negou a sepultura en 1862, porque o finado traballara moitos anos como cocheiro para os Marqueses de la Vega de Armijo.

José Quintán. Factor da estación de Pontevedra, que en 1902 casou coa señorita de Redondela, Claudina Pombo

19?? Fidel Prieto Díez. Expendedor na estación de Redondela. En 1923 ascendido e trasladado á de Ourense.

Tomás Rodríguez, en 1930 empregado xubilado da Compañía de Medina del Campo.

1923 Paulino Rodríguez Saulés. Fillo de Tomás Rodríguez. Proposto para substituír a Fidel Prieto en 1923. En 1930, sendo factor da estación ferroviaria de Ribadavia, casou con Carmen Tojeiro Fernández,

Manuel Martínez Martínez. Factor da estación de Ourense, faleceu en Redondela en 1926.


Chapela-Empregados de Tranvías eléctricos de Vigo

Gregorio Cabaleiro Reboreda. Limpa-vías. Faleceu en Laredo (Chapela) en 1940 aos 56 anos.

Pallares Rey, Manuel. Empregado dos talleres do tranvía en Chapela. Faleceu en 1924 vítima de rápida enfermidade.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, El Correo de Galicia, El Eco de Galicia, El Regional, Gaceta de Galicia...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario de ferrocarriles españoles, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Tramancazos



a/