Mostrando entradas con la etiqueta xornalista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornalista. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de enero de 2025

Pascual Ruíz Enríquez (Redondela, 28-8-1845 / Vigo, 16 -2-1924)

 

        Xornalista establecido en Vigo. Iniciouse como caixista de imprenta de La Oliva e El Miño. Este último foi dirixido durante un breve período por Murguía, a quen Pascual escribiu unha carta cando faleceu Rosalía de Castro, que é a única testemuña de que a poetisa residiu durante un tempo en Vigo. Dirixiu os xornais tamén vigueses: El Meteoro (1867), El Independiente (1885-1903) e La Lucha. Fundou o semanario satírico de corte liberal chamado El Mirlo (1872), que tan só se publicou uns meses. Redactor de Faro de Vigo (¿1876?-1881) e Heraldo de Vigo, colaborando con outros xornais como El Heraldo Gallego e La Correspondencia Gallega. A súa labor periodística levouno a xuízo en 1887 pola súa crónica de Ponteareas considerada inxuriosa por José Ramón Bugallal. En 1917 veríase sometido a un consello de guerra xunto a outros xornalista pola cobertura que fixeron das andanzas do Rabioso. Este era un mozo de Lavadores detido por un roubo que conseguira fuxir cando era trasladado para tomarlle declaración. Apresado novamente en Bouzas, sería levado arrastras polos axentes da Garda Civil a cabalo polas rúas de Vigo. Tal foi o exceso de forza empregado que desde aquel día sería o cabo da Garda Civil o que recibiría o alcume do Rabioso.

        A nivel político foi Vicesecretario do Comité Federal Republicano de Vigo en 1869.

        Compaxinou o xornalismo coa súa profesión como funcionario de Correos prestando servizo como ambulante entre Vigo e Monforte acompañando o correo no tren. Desempeñando o seu traballo resultaría ferido nas pernas nun choque entre dous trens producido na estación de Redondela en 1896, no que descarrilaron varios vagóns (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/02/cronicas-do-ferrocarril.html ). En 1897 sería nomeado Primeiro Interventor de Correos en Vigo e posteriormente Administrador de Correos en Valladolid, Zamora, León e finalmente Pontevedra onde se xubilou en 1910.

        Estivo casado con Amparo Verdi, quen faleceu en 1880, casando en segundas ao ano seguinte con Agripina Barros. Tivo cando menos un fillo chamado Napoleón, quen tamén exerceu de xornalista.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Gerardo Martín. Deputación Provincial de Pontevedra, 2017.

La prensa periódica viguesa en el siglo XIX. Vigo en su historia. José M.ª Álvarez Blázquez. Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1980.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> Vida Gallega, La Correspondencia Gallega, La Región, El Heraldo Gallego, El Independiente, Gaceta de Galicia...

Nós Diario.

La prensa viguesa es acusada de injuriar a la Guardia Civil. Jorge Lamas. La Voz de Galicia.

Rosalía sigue en la ciudad. Jorge de Blas. Faro de Vigo.

miércoles, 10 de mayo de 2023

Antonio Soto López (Redondela)

 

Antonio Soto López. El Pueblo Gallego 1965.

Licenciado en xornalismo en Madrid. Traballou para o Grupo Zeta, no que exerceu como director da súa axencia de noticias. Fundou a axencia de noticias OTR.

Afeccionado á investigación da historia redondelá, en 1976 figuraba como vocal do Centro de Estudios Redondelanos. Publicou:

Boletín de estudios del seminario Fontán-Sarmiento de hagiografía, toponimia y honomástica de Galicia. Nº 1 (1980): Toponimia urbana de Redondela / Antonio Soto López

Gallaecia. Publicación del Departamento de Prehistoria y Arqueología de la USC. Nº 9-10 (1987): As lendas mouras na bisbarra de Redondela. Antonio Soto López

Tamén é afeccionado ao deporte, sendo secretario da primeira xunta directiva da S. A. R.

En 1997, foi homenaxeado durante as Festas do Choco, como “Redondelán distinguido”.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

El Pueblo Gallego

Fundación Dialnet

Frontera España-Portugal: documentación lingüística y bibliográfica (FRONTESPO).

El Correo Gallego. https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/redondela-galicia-KMCG1174284

martes, 14 de junio de 2022

Charina Giráldez Río

 

Charina Giráldez. Facebook

        Xornalista. Primeira muller de Redondela reporteira de televisión, participando nos noticiarios da RTVG como correspondente nos anos 90.

        Licenciada en Ciencias da Información pola UCM e experta en Comunicación Financeira pola mesma universidade. Bolseira Robert Schuman do Parlamento Europeo (Luxemburgo). Redactora en Faro de Vigo, Axencia de Noticias OTR PRESS (Grupo Z) en Madrid e A Nosa Terra. Comezou a traballar na delegación de Vigo da TVG e, logo de pasar por Ourense e dirixir a delegación de Pontevedra. Na TVG foi guionista de programas como Hai debate ou co-editora do informativo Bos días. Colaboradora da sección cultural da Revista R. Premio á Muller Unión Europea, concedida pola Rede Europea de Mulleres Xornalistas. Dende o ano 2002 colabora nos obradoiros de AGAG.


Autor: Juan Migueles

 

BIBLIOGRAFÍA

Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións. Edición a cargo de Anna Amorós e Xosé Nogueira. Universidade de Santiago de Compostela.

Wikipedia

A Nosa Terra

 

Benigno de la Torre Tono (O Viso, 1899 / Pontevedra, 1979)

Homenaxe a Benigno de la Torre. El Pueblo Gallego
Homenaxe a Benigno de la Torre. El Pueblo Gallego


        Xornalista afincado en Pontevedra. Traballou como correspondente en axencias como Alfil ou Cifra, publicando en xornais como El Progreso, La Noche, El Pueblo Gallego ou Faro de Vigo para o que era correspondente en Pontevedra.

        Con catorce anos xa traballaba como aprendiz de tipógrafo. En 1917 acada no exército o grao de cabo de infantería, o que lle serviría para, en agosto de 1931, sexa nomeado carteiro do Viso. Cargo que debeu compaxinar co de xornalista en Pontevedra.

        Naquela cidade pertenceu á Juventudes de Acción Popular (J. A. P.), da que aparece como vice- secretario en 1935. Tamén formou parte da directiva do Club Náutico e da Confraría do Santísimo, participando na organización das festas do Corpus e das campañas a prol do Asilo de Anciáns, sendo o promotor da creación en 1948 do “Día do Asilo”. Isto último foi o motivo polo que Radio Pontevedra lle adicara unha homenaxe en 1968

        En 1975 foille outorgado o diploma “Ciudad de Pontevedra”, polo seu dilatado labor informativo durante máis de 40 anos.

        Faleceu en Pontevedra aos 80 anos en 1979. Ao seu funeral celebrado na Basílica Santa María a Maior asistiu o alcalde da cidade, o director do Museo, concelleiros, representantes de varias asociacións e dos medios de comunicación. Sería enterrado no panteón familiar no cemiterio do Viso.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El Progreso, La Noche, El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego


domingo, 9 de enero de 2022

Fernando González Gómez "Rey Chiquito" (Tolosa 25-3-1868 / Redondela 22-12-1947)

 

Fernando González.  A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001
Fernando González.

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 



Naceu en Tolosa onde estaba destinado o seu pai como militar. Pasou a súa infancia en Redondela para emigrar aos trece anos a Bos Aires. Colaborou e dirixiu revistas e xornais en Río de Janeiro, Sao Paulo, Pará, Buenos Aires, Mendoza, Córdoba, Tandil, Santiago de Chile, La Habana, Mérida-Yucatán, México e outras capitais. Ademais foi vicecónsul de España no estado de Pará (Brasil).

En 1896 marchou a Oviedo para alistarse no Batallón de Asturias. Participou na guerra de Cuba coma xornalista e cabo do exército, sendo repatriado por unha ferida nun brazo.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/1898-guerra-de-cuba.html )

De volta en Redondela exerceu de mestre

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-l.html )

e seguiu como xornalista en varios xornais locais. Director de: “La Propaganda”, “Pimienta y Mostaza” e “Ecos del Distrito”; e redactor de“El Pueblo”, ademais do “Faro de Vigo”, “El Pueblo Gallego”, “Ahora” e “Semana” estes últimos de Madrid.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html )

 

Nos faladoiros do Hotel España facía honor ao seu alcume, que fai referencia ás súas dotes para o debate, arremetendo contra os abstemios. No boletín das Festas da Coca de 1969 Serafín Gesteira Fernández aporta algunha das súas perlas: “Mucho me he preguntado por qué los que no beben son a veces tan dañinos. Yo desconfío siempre de las personas que no beben... Mirad: si uno que no bebe se calla y se preocupa de sus asuntos propios, aún puede tolerarse, y siendo un poco magnánimos, hasta se puede llegar a tener cierta amabilidad con él... Sin embargo, no es muy corriente esta condición en los abstemios, porque siempre acaban derramando veneno.” ”Me llegó a decir un buen amigo mío allá por tierras de Uruguay, que toda aquella persona que no le guste beber, es un enfermo, un loco o tiene algún vicio oculto peor que cualquier padecimiento físico.” ”Yo no recuerdo ningún hombre o mujer de talento que no bebiera. Dicen que no hay regla sin excepción; pero en este caso quisiera yo comprobarlo. Y os digo, a fe de buen cristiano que el alma de los abstemios no debe de ser muy aprovechable por lo arrugada y reseca.” 

1926 escola en Redondela de Fernando González . Bodas de Oro. Antonio Ocampo.
1926 escola en Redondela de Fernando González . Bodas de Oro. Antonio Ocampo.

 

En 1934 era vicepresidente do Centro Republicano Radical, chegando a ser concelleiro durante a alcaldía de Buenhijo Pérez Sobrino como membro do Partido Radical. Na súa primeira actuación interesaríase pola asistencia dos nenos á escola.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/partidos-politicos-de-principios-do-s-xx.html ).

Por contra o seu fillo, Amado González Cardama, militaría en Falange e sería o derradeiro alcalde da ditadura franquista.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Alcuños de Redondela. Francisco X. Sobral Crespo.

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Festas da Coca de 1969. Serafín Gesteira Fernández

Festas da Coca, 1944.

La Justicia (Madrid))

El Pueblo

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego

jueves, 25 de noviembre de 2021

Victoriano Ballesteros Reboreda (Chapela, 1896-1960).

 


Xornalista. Director do semanal “Galicia Social” de Vigo. Foi un dos fundadores do xornal en 1919 e comezou a dirixilo en 1923, cargo que ocuparía ata o seu falecemento. Este xornal era de marcada ideoloxía católica como o marca o feito de que organizara peregrinacións a Lourdes ou Covadonga. En 1925 tamén dirixiu un novo semanario vigués chamado “Última hora”. Correspondente da axencia Logos ademais de realizar crónicas para o diario Ya.

Tenente alcalde do Concello de Vigo (en 1928). En 1929 aparece como concelleiro suplente. Destacado membro da Sindicato Obrero Católico de Vigo do que era vicepresidente a finais dos anos 20. En 1930 aparece como presidente do re-fundado C. D. Bosco, equipo de fútbol ligado á escola dos salesianos. Xa na 2ª República, en xaneiro de 1932, aparece como vocal do partido político confesional católico recen fundado en Vigo, Acción Nacional. Este partido sería a base da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA).

Durante a Guerra Civil apoia ao bando franquista, participando en Radio Vigo no programa “Charlas patrióticas”, desde setembro de 1936. En 1939 comeza a escribir artigos e crónicas deportivas para El Correo Gallego dos que destacaremos, no referente a Redondela, os adicados á busca do tesouro de Rande en 1940. En 1947 foi homenaxeado con motivo de cumprir 25 anos á fronte da dirección de “Galicia Social”. Por esa época convértese en redactor de Hoja Oficial del Lunes e comeza a colaborar con El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. Tamén sería nomeado vogal de honra da Asociación de Prensa de Vigo. Faleceu en 1960 aos 65 anos.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Galicia, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, El Diario de Pontevedra, El correo de Galicia, El Ideal Gallego, Hoja oficial del lunes, El Eco de Santiago, El Correo Gallego

domingo, 12 de abril de 2020

Gustavo Luca de Tena de Haz (Cedeira (Redondela), 1946) Xornalista e tradutor

Foto: www.setmanaridirecta.info

Un dos máis destacados protagonistas da renovación xornalística en Galicia. Director de La Hoja del Lunes, xefe de sección en La Voz de Galicia, formou parte do consello de redacción de Can sen dono e exerceu de redactor en El Pueblo Gallego, ABC e A Nosa Terra. Traballou en Radio Madrid e foi correspondente de Cuadernos para el diálogo. Tradutor de literatura anglosaxona ao galego. É autor do estudio “Lengua, cultura y periodismo en Galicia 1845-1936”.

En 1962 recibiu o premio Martín Codax que compartiu con Cuco Cerecedo e o fotógrafo Secundino Iglesias pola serie As Rías Baixas, publicada en El Pueblo Gallego.


Obras:

Lengua, cultura y periodismo en Galicia 1876-1936 (1970).

Noticias de América (1993).

Fraga, retrato de un fascista (2001).



Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Industrias pesqueras: revista maritima quincenal: Volumen 63,Números 1523-1535

books.google.esServicios Industriales Pesqueros (Firm) - 1990

La Voz de Galicia 

Wikipedia 

Aportes Gonzalo Amoedo