Mostrando entradas con la etiqueta Conventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conventos. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de abril de 2025

Relixiosas: As monxas do convento de Vilavella

 

 

Vista traseira do Convento de Vilavella. Postal

        No Boletín Eclesiástico de Tuy de 15 de maio de 1861 dise o seguinte: “La Patrona de este Monasterio es la Purificación de Nuestra Señora, habiendo sido antes Santiago Apóstol. El hábito variaba según las festividades; blanco cuando rezaban de vírgenes, azul cuando de mártires y mezclado de uno y otro color en las demás; el escapulario siempre azul. Pero hoy ha variado por disposición del Sr. García Benito. Al lado izquierdo del pecho traen un escudo con la imagan de Nuestra Señora del Niño y la de San Simeón, y el verso Nunc dimittis servum tuum y en el reverso las armas de S. Pedro Príncipe de los Apóstoles”.


(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html)


Superiora do Convento de Vilavella

1568. Constanza de Haro.

1603. Inés de Avalle Mariño. Superiora do Convento de Vilavella. En 1603 o Concello de Pontevedra encárgalle unhas confituras para regalar ao arcebispo Maximiliano de Austria.

1669 Antonia de los Reis. Aparece como abadesa do convento na venda duns terreos.

1691 Antonia Sarmiento de Ribadeneira

1709 Abadesa Dª Antonia del ¿Prior?

1721 Abadesa Dª Benita de Zúñiga.

1768 Abadesa María Teresa de San Pedro.

18?? Ignacia de San Marcos. Aparece na redención dun foro en 1812.

18?? Faleceu o 4 de febreiro de 1874, aos 76 anos, a Abadesa Rosa del Pilar Foyo y Rubín.

1878, 29 de xuño. Faleceu Sor Rosa de San Rafael Bugallal, presidenta do convento.

18?? Clara Llaujer Martínez. En novembro de 1892: “Falece en Vigo Francisca Martínez Martínez, viúva de Llauger, nai da abadesa do convento de Vilavella”. Profesara como novicia neste convento o 21 de maio de 1877.

18?? En decembro de 1894 faleceu a abadesa, Sor Pilar, coñecida no século por Elisa Astray Caneda, irmá do deputado de Verín, Julio, e do inspector de Sanidade da Armada, Marcelino Astray Caneda. Cuñada do Ex-ministro conservador Linares Rivas e tía de Millán Astray, secretario do Goberno na illa de Cuba.

1894. Abadesa Clara Llauger Martínez, citada como María Clara de la Asunción. Continuaba o 29 de febreiro de 1912 cando falece en Vigo o seu irmán, Antonio.

1916, decembro. Vicenta María del Pilar Rubín. Elixida Abadesa, levaba 14 anos de vida claustral.

1925. Exerce como Superiora, Mª de la Concepción Llanger y Bugarín.

1933. Abandonan o convento trala súa venda: a abadesa, Pilar Rubín (da Rioxa), contaba 47 anos.


Relixiosas do Convento de Vilavella

1574 Constanza, Elvira, Aldonza e Ana Prego de Montaos y Sotomayor. Irmás de García Prego de Montaos, fundador do convento. Entraron no Convento de Vilavella en 1574 como primeiras señoras fundadoras segundo consta no testamento do seu irmán García.

16?? Ángela de Prado Mariño y (de) Soutomaior. A súa irmá Mariana casou con Nuño Prego de Montaos y Lanzós

16?? Catalina Bermúdez de Novoa. En 1605.

1628. Ginebra de la Asunción. Monxa que aparece nun cobro deste ano.

1665 Inés de Salazar y Acuña. Novicia que aparece nunha venda.

1681. Antonia de Romay. Aparece como solteira residente no convento de Vilavella, nun documento de venda.

1700 Mariana de San Miguel, Francisca de la Purificación ¿? e Jacinta del Espíritu Santo; mordomas.

1704 Jazinta del Espiritu Santo, Josefina Benita de ¿? e María de san Miguel; mordomas.

1705. Ana de Araújo consta como monxa de Vilavella nunha carta de pago.

1709 Señoras graneiras Dª Francisca de Jacinto e Dª Francisca Pestaña.

1721 Graneiras: Francisca Pestaña e Dª María Feliciana de Jesús.

1736 Ysabel de San Luis: “Recibimos para alimentos de doña Ysabel de San Luis en 4 de diciembre del año 36, 24 ferrados ferrados de trigo para el 2º año de noviciado”.

1736 María de ¿Bentera?: “Recibimos de mano de doña Maria de ¿Bentera? de la asuncion 24 ferrados de trigo para el año de nobiciado que ¿? en 15 de agosto de 1736”.

1753 Juana Luisa de San Antoniuo e Teresa de San Miguel, ceden unhas propiedades herdadas no Porriño.

1768 Arquiveiras Isavel María de San Luis e Manuela de Santa Ana.

1779 Teresa de San Juan e ¿? de San Francisco: “... prestáronnos las Sras. depositarias Dª Teresa de San Juan y Dª ¿? de San Francisco”

17?? Ana María Figueroa Barreiro, natural de Santiago. En 1783 o seu irmán Manuel Ventura Figueroa, importante político da época, dispón que se lle entreguen 800 ducados anuais ao mesmo tempo que crea unha fundación que financie os estudos dos seus descendentes e familiares que chegou ata os nosos días (Fundación Figueroa).

1812 Josefa de San Antonio e Antonia Bernarda de San Gabriel, depositarias.

1861, 12 de abril. Falece Sor María de la Concepción San Pedro.

1862, 22 de marzo. Aos 22 anos faleceu Enriqueta Martínez de las Mercedes, Relixiosa Cantora profesa deste convento.

1872, 15 de abril. Falece Sor María Mercedes de la Asunción.

1872, 20 de xullo. Faleceu no convento aos 79 anos, a relixiosa Margarita García de Santa Ana.

1874, 9 de febreiro. Faleceu aos 88 anos, a Sra. de la Concepción, Dª María Carmen San Román, relixiosa.

1874, 20 de marzo. Foi nomeada presidenta do Convento de Vilavella, Rosa de San Rafael Bugallal.

1877, 9 de xullo. Faleceu a relixiosa Vicenta Feal de Sto. Domingo.

1878, 24 de outubro. Tomou o hábito Concepción Leiras, natural de Tui.

1878, 23 de decembro. Tomou o hábito como lega Feliciana Doural y Cardoso, de Torroso.

1879, 8 de xaneiro. Recibiu o hábito Jovita Díaz Varela, de Monforte de Lemos.

1879, 5 de febreiro. Profesou como relixiosa Carmen Fernández Sousa.

1880, 3 de xaneiro. Profesou a novicia Concepción Leiras y Pérez, natural de Tui.

1880, 12 de abril. Tomou o hábito de novicia Elisa Peregrina María Caneda y Álvarez.

1880, 18 de maio. Profesou Jovita Díaz Cedrón.

1883, 9 de xuño. Tomou o hábito María Castaño y Pérez.

1883, 4 de xullo. Profesión relixiosa de dona Clotilde González de la Concepción.

1883, 1 de outubro. Tomou o hábito Carmen Losada Campos.

1884, 21 de xaneiro. Tomou o hábito Aurora Godón, natural de San Paio de Navia.

1884, 14 de xullo. Profesou María Castaño.

1884, 23 de xullo. Profesou Gumersinda Feijoo.

1884, 7 de novembro. Profesión relixiosa de Carmen Losada Campos, natural de Silleda.

1885, 15 de abril. Tomou o Santo Hábito María Josefa González y Bernárdez, natural de San Miguel de Cabreira. 1886, 16 de xuño. Profesión relixiosa de María Josefa González y Bernárdez co nome de Sor María Josefa de San Pedro.

1887, 29 de xullo. Tomou o Santo Hábito en clase de Lega Manuela Vázquez y Domínguez.

1890, 24 de xullo. Faleceu aos 82 anos a relixiosa Josefa del Carmen Bugallal.

1894, xullo. Faleceu no convento Sor Madre de la Concepción, natural de Ribadavia.

1895 Toma o hábito co cargo de organista Isabel P. Sarodio, de Guillarei.

1897, novembro. Faleceu Sor María del Carmen, monxa profesora, natural das Vascongadas.

1899, febreiro. Faleceu Sor Manuela Santa Rita.

1899, 9 de marzo. Faleceu a Lega Rita Vázquez Domínguez.

1899, maio. Toma o hábito a novicia María Rodríguez Portal, natural de Ribadavia.

1899, decembro. Tomou o hábito de novicia no convento de Xustinianas de Redondela, a xove Concepción López, natural de Lugo; foi madriña dona Enriqueta Díaz de Salazar.

1900, maio. Ingresou como novicia Indalecia Fernández y Prado. Natural de Lugo. Foi apadriñada polo catedrático de Lugo, D. Juan Morillo e a señorita Fernanda Queimaliños de Redondela, irmá do médico do convento.

1900, agosto. Profesa a novicia Adriana Bezzares Moreno, natural de Cañas (Logroño), sendo apadriñada polo P. Comendador do convento de Poio e a Srta. Josefa Amar de la Torre, de Vigo.

1900, agosto. Falece Sor Dolores. Lega.

1904, decembro. Profesan María Pérez Míguez, de Castelló, e Vicenta Meiriño Vázquez, de Arnoia.

1911, novembro. Faleceu a irmá San Lorenzo, que no mundo foi Gumersinda Feijoo Montenegro y Gayoso, da casa de Casdemiro.

1912, febreiro. Fixo os últimos votos, Sor Amable de Sta. Teresa de Jesús, que no século se chamaba Amable Fernández Somoza, natural de Póvoa de Brullón (Lugo).

1916, setembro. Falece no convento Sor Carmen del Corazón de Jesús, de 25 anos de idade, levaba 4 de vida relixiosa.

1920, febreiro. Tomou o hábito a que fora presidenta da Congregación de las Hijas de María de Vilavella, María Otero Paz, natural de Redondela, filla de Ramón Otero Milleiro e Mª Paz Martín.

1923, abril. Faleceu no convento de Vilavella aos 70 anos e 48 de relixiosa, Rda. M. Guadalupe. No mundo chamouse María de la Asunción Lago Bugarín, natural de Cabral.

1924, abril. Faleceu unha monxa de 76 anos natural de Tui.

1926, setembro. Faleceu no convento Sor María de la Cruz, coñecida no século como Carmen González Alonso. Natural de Mosende (Porriño), tiña 64 anos e levaba 23 de vida relixiosa.

1928, novembro. Procedente do convento de Agustinas de Vilavella, ingresou no manicomio de Conxo, Sor Concepción de Santa Teresa López López, de 58 anos, natural de Lugo.

1933. Abandonan o convento trala súa venda, ademais da citada abadesa, seis monxas: Rosario, galega, 49 años; Ángeles, castelá, 50 anos; San José Troncoso, 84 anos; San Pedro, galega, 79 anos; María, 78 anos; e Dolores, 72 anos. E dous legas: de 60 e 68 anos.




Mordomo do Convento de Vilavella

Joseph Bernardo Pérez. En 1762.


Sacristán do Convento de Vilavella

Joseph Boullosa. En 1762.


19??-1933 Manuel Otero Lago. Derradeiro sacristán. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/manuel-otero-lago-xisma-vilavella.html )



Monxas naturais do Concello de Redondela que profesaron noutros conventos

Madre Constanza de Jesús (Redondela, s. XVIII)

Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela no século XVIII.

Engracia Míguez

Engracia Míguez, naceu en Redondela en 1836, tomando o hábito de Clarisa aos 18 anos en 1854. A revolución de 1868 obrigouna a abandonar o convento ata que en 1875 as xestións do arcebispo da diocese, Sr. Payá, permitiu á súa volta ao convento. Despois de exercer 23 anos como abadesa, falecería no convento de Santa Clara en 1916, contando daquela 80 anos.

Nicandra ¿?. Sobriña de Manuel Otero Lago, anteriormente citado. Profesou no Mosteiro das Madres Carmelitas Descalzas da Virxe do Carme e San Xosé de Sabarís (Baiona).



Nicandra. Foto cedida pola familia Fernández Otero

Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy y colección de los chronicones pequeños publicados, e inéditos, de la Historia de España. Flórez, Enrique, 1702-1773

Libro de la cofradía de Ntra Sra de los Ángeles (1703-1790), Arquivo Diocesano de Santiago, serie Cofradías y otras instituciones religiosas, nº 11, fol. 5 r.

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Cesión de parte dunha casa e dous lagares con terra labrada das Fascaiñas en Porriño (1753). Venda en "censo redimible al quitar" (1669). Carta de pago (1705). Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628). Venda da metade dunha casa de soto e sobrado en Vigo (1681). Venda por "censo redimible al quitar" (1665).

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional diario de Lugo, El lucense diario católico de la tarde, Gaceta de GaliciaDiario de Santiago, La correspondencia gallega, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, El Heraldo Gallego...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Reforma (Madrid), La Época (Madrid), El Heraldo de Madrid, El Día, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.

Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ => La Semana Católica de Salamanca, Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella).

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Arquivo Deputación de Pontevedra: atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1835-1840)), 1792-Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira.), Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cedeira. Tomo I (1948), Redención de censo ás monxas de Redondela (1812)



martes, 14 de septiembre de 2021

As campás das igrexas do centro urbano de Redondela

 

Campanario da Igrexa de Redondela. Foto: www.turismoredondela.es
Campanario da Igrexa de Redondela. Foto: www.turismoredondela.es

Antes os rapaces axudaban á misa porque era unha pequena fonte de ingresos en épocas de máis necesidade, grazas ás propinas que daban os padriños en bautizos e vodas e a posterior loita no “a pelón” (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/tradicions-e-festas-desaparecidas-ou_93.html ). Os máis afortunados tamén recibían un “soldo” do cura, pero isto xa dependía de quen estivera á fronte da parroquia. Cartos aparte o máis gratificante do traballo era (e segue sendo para algúns) poder tocar as campás.

 

Cando se tocaba a defuntos era común que a xente se achegase a preguntar a gritos quen falecera. Debemos ter en conta que antes era unha vila onde todos se coñecían e non se poñían as necrolóxicas polas rúas nin estaba xeneralizado publicalas nos xornais. Por este motivo, nas etapas nas que houbo xornais locais, estes adoitaban publicar os movementos no rexistro civil (nacementos, matrimonios e falecementos). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html )

Outra función dos campanarios era mobilizar aos veciños ante un desastre tocando a fogo, toque desordenado tentando facer o máximo balbordo posible (incendio, asolagamento...) ou unha inxustiza. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mar-libre.html )

A continuación engado algunhas notas do que puiden descubrir sobre as campás e os campaneiros.



As campás da Igrexa Santiago de Redondela.

Na igrexa Santiago Apóstolo de Redondela hai catro campás, pero chegou a haber cinco, se contamos a campá do reloxo que coroaba o campanario e que foi retirado a mediados dos anos 90 do pasado século. O reloxo, datado en 1860, sería salvado da chatarra polo colectivo Alén Nós coa idea de crear un museo etnográfico no que poder expoñelo. O reloxo quedou gardado no local de Acción Católica que na actualidade emprega Cáritas. En 2010 catro persoas entraron no edificio e roubaron a campá. Os ladróns serían detidos pero a campá nunca se recuperou. Como as desgrazas nunca veñen sóas a colocación dun novo reloxo levou consigo a rotura de parte da varanda do campanario como se aprecia na imaxe anterior.

Recuperación do reloxo por Alén Nós. Faro de Vigo

 

    Grazas a Luis Pereda Canal descubrimos que tres campás foron fundidas en Salamanca e subidas ao campanario o 6 de novembro de 1917. O acto da colocación estaba presidido polo cura párroco José María Gerardo Sanmartín Catoira e as madriñas e padriños de cada campá que recibiron os nomes de “Santa Rita”, “Santiago Apostol” e “Jesús, María e José”.

    Antes de subilas houbo que baixar outra datada en 1822 coa inscrición “Santiago,ora pro nobis”, porque estaba rota. Segundo un redactor do xornal local “La Idea”: “Esta campana, que fue costeada por el Ayuntamiento, presumimos que fue la que se designo siempre como “campana de la justicia”. Segundo o propio Luis Pereda “este nome de “campá da xustiza” correspondería a unha vella tradición medieval segundo a cal podida tocala calquera persoa que sufrirá algunha acción inxusta ou que se lle negara algún dereito que lle correspondía, para que se fixera xustiza”.

    Na recollida de información das campás galegas que están a realizar (setembro de 2021) Estanislao Fdez. de la Cigoña e Xosé Troiano Carril recollen que tan só existe unha campá fundida en Salamanca por José Cabrillo Mayor que tería a data de 1917. As outras serían: A grande datada en 1850. A mediana despois da maior é obra de Juan Ocampo, en Arcos da Condesa (Caldas de Reis) en 1954. E a menor con data de 1861.

    Os nomes dados ás campás enseguida foron esquecidos polos rapaces encargados de tocalas e cando menos desde os anos 40 do pasado século foron chamadas polo son que emitían: “DAN, DEN, DIN, DON”, a estas engadíase a do reloxo, chamada “DUN”. DAN e DIN tiñan as cordas unidas, así podíanse tocar as dúas cunha man. Do contrario necesitaríase un segundo mozo para encargarse de DON. A DEN era tocada desde afora por un terceiro rapaz, pero era empregada en contadas ocasións, principalmente procesións.

Igrexa co reloxo Foto María Lago Barreiro
Igrexa co reloxo. Foto: María Lago Barreiro

 

    A música variaba segundo cada ocasión: a misa, a defunto, festa... Na función de ánimas tocábase cunha soa campá e era o último toque que había na igrexa xa entrada a noite. Cando se tocaba a defuntos empregábanse dúas campás e facíanse uns sinais: 4-1 se o finado era home, 3-1 se era muller e 2-1 se era nena ou neno.

    Como curiosidade engadir que un dos rapaces que tocaba foi alcumado “Campanero” e o alcume pasou á familia chegando ata os nosos días.


As campás da Igrexa Santiago de Vilavella.

    A igrexa de Vilavella está unida ao convento de Vilavella. A súa construción data de 1554 (substituíndo a unha igrexa máis antiga) e en 1574 estableceuse a orde de clausura de San Lorenzo Justiniano. Dende aquela eran as monxas as encargadas de tocar as campás. Isto cambiaría coa decisión do Bispado de Tui de que as monxas abandonaran o edificio en 1932. O convento, despois dun tempo alugado, sería vendido en 1942 ao empresario conserveiro José Otero González “Mañas”. Este industrial chegaría ao acordo de ceder o coro, desde onde as relixiosas asistían aos oficios relixiosos e que daba acceso ao campanario, a cambio de construírse un palco para que a súa familia puidera acceder ao templo desde o convento. A hora da verdade este palco nunca sería empregado porque a súa dona colocaría unha cadeira e un reclinatorio a carón da pía bautismal para acudir á misa co resto dos veciños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )

Igrexa e convento de Vilavella antes da reconstrución deste último.
O campanario da igrexa e o convento de Vilavella antes da reconstrución deste último.

 

    No campanario de Vilavella había 3 campás, pero a unha delas rompéralle o soporte de madeira e xacía abandonada no chan cando menos desde os anos 70. A maior data de 1884 e saiu da fundición viguesa de Antonio Sanjurjo Badía. Unha cuarta campá é coñecida como “o Esquilón”. Emprégase para a última chamada a misa cinco minutos antes do inicio e está fóra do campanario, preto da sacristía.

    Dos que tocaban as campás nos anos 50-70 podemos citar a: Jesús Calvo “Suso”, propietario dun taller mecánico na Praza Ponteareas, e os irmáns Martín “Tintorro” e Sebastián “Tián” Fernández. O que mellor tocaba dos tres era Martín, que nas festas da Coca era quen de tocar a Danza das Espadas coas campás.

    Nas seguintes décadas foise complicando o de conseguir quen tocara ben os días de festa por falta de relevo encargándose Francisco Crespo Santos “Tócalle o Bombo”, xefe da Policía Municipal xubilado, e Manuel Migueles "Repolo"ou "Gharín".

Vista do campanario. Foto: Juan Migueles 2009
Vista do campanario. Foto: Juan Migueles 2009

 

Como anécdota, nunha ocasión nos anos 80, as campás comezaron a soar a fogo e Octavio, o cura, asustado mandou ir ver quen subira a tocar coma un tolo. Cal non sería a sorpresa ao atopar no campanario a un veciño xa ancián, quen se xustificou dicindo que o desexo de toda a súa vida fora tocar aquelas campás.

Por último, comentar que o primeiro cuarto do actual século sentoulle mal a este campanario. Primeiro unha cruz de metal que a coroaba caeu durante unha treboada e nunca máis se soubo dela e, segundo, colocouse un reloxo que, como no caso da igrexa de Redondela, levou consigo o corte de parte da estrutura do campanario. Por sorte o reloxo estivo pouco tempo en funcionamento, porque o seu son era similar ao toque a defunto para desesperación dos veciños.


As campás da Capela de Santa Mariña.

Capela de Santa Mariña. Foto: J. Migueles, 2008
Capela de Santa Mariña coa cruz no campanario. Foto: J. Migueles, 2008

 

A Capela de Santa Mariña ten dúas campás. A menor data de 1862, sendo obra de José Cabrillo Mayor, fundidor de Salamanca do que xa falamos no apartado adicado á igrexa Santiago de Redondela. E a maior foi fundida en Braga na segunda metade do século XX por Serafím da Silva Jerónimo. O acceso ao campanario é tan pequeno que tan só os rapaces pequenos e fracos poden subir a tocar sentados, porque non hai espazo para erguerse. 

Serafim da Silva Jerónimo. Arquivo Campaners de la Catedral de València

 

O campanario estaba coroado por unha cruz de metal que foi derrubada polo vento durante unha treboada, o mesmo que sucedeu, como acabo de comentar, na igrexa de Vilavella.





Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Apuntamentos sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN: 0211-5530

Recompilación das campás galegas (Pendente de publicación). Estanislao Fdez. de la Cigoña e Xosé Troiano Carril.

La Idea 1917

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => 19171107 El Progreso

Faro de Vigo

Aportes Luis Pereda Canal, Alberto Vilas, Manuel Migueles e Antonio Ricón.

 

 


martes, 14 de abril de 2020

Conventos

O primeiro mosteiro do que se ten constancia en Redondela foi en 1517 o cenobio Custodia de los Pascualinos de San Simón na illa de San Simón. Si ben e certo que en 1501 xa comezaran as obras do convento de Vilavella, as monxas da orde de clausura San Lorenzo Justiniano non se establecerían ata 1574, permanecendo na nosa vila ata 1932. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )


Convento de Vilavella.
Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia 2001.

Outra orde que se instalou na illa de San Simón foi a dos monxes beneditinos de San Juan de Poio en 1596, que abandonarían a illa pola volta en 1601 dos pascualinos. Estes trasladaríanse en 1746 ao lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, onde fundarían o Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo. En 1768 estaba formado por arredor de 30 monxes. Este convento sería destruído polos franceses en 1809 e a orde o abandonaría en 1836 pola exclaustración da orde franciscana. Na actualidade o edificio segue en pé, sendo empregado por unha escola hípica. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html )

O Priorato de Rande foi fundado polo abade Diego Fernández en 1670, estando constituído por dúas casas, un muíño, un castañal, dúas devesas de monte e un horta con muro onde había unha viña. Dependía do Cenobio de Armenteira, e era da orde de San Bernardo. É citado no Catastro de Ensenada de 1752. Nun documento de 1768 situado no Castelo de Rande, que era capela e priorato sendo atendida por un monxe de San Bernardo. Desaparecería na primeira metade do século XIX.

No século XVIII tamén había en Río Frío (Chapela) monxes bernardinos e en Cidadelle se atopaba a Casa Grande que foi durante un tempo residencia de frades con capela.

 

Convento de Trasmañó. Foto: J. Migueles, 2009.
 
En 1984 inaugúrase un convento de monxas benedictinas en Trasmañó, sendo o primeiro que se abre en España dende a Idade Media. A comunidade estaba integrada por 20 monxas procedentes do mosteiro de “La Transfiguración del Señor” en A Guarda. A meirande parte delas eran galegas. A maior, Soledad Rodríguez, tiña 97 anos e a máis nova, 19. As monxas confeccionaban xerseis e gorros para os mariñeiros e elaboraban galletas caseiras con ovos e nata. É o único que segue en uso en Redondela na actualidade, seguen a vender doces e dispoñen de albergue.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Apuntamentos sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN: 0211-5530

Catastro de Ensenada de 1752

1840 Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ria y alrededores

1768 España sagrada theatro geographico

Historia de Vigo y su comarca. José de Santiago y Gómez.

Los cistercienses en el sudoeste de Galicia afines del antiguo régimen. María Seijas Montero. Departamento de Historia Medieval e Moderna. Universidade de Santiago, 2009.

USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela>Páx. 56

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => varios xornais

 

 

O Convento de Vilavella

Convento de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2010
       
            O Convento de Vilavella construído no s. XVI e reformado a mediados do s. XX, atópase na praza Ponteareas de Redondela. Actualmente (2023) funciona como restaurante.
 
Historia.

A construción do Convento de Vilavella foi financiada polo arcipreste de Cerveira e, anteriormente, párroco de Vilavella, García Prego de Montaos (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/garcia-prego-de-montaos-y-sotomayor.html ).

 Realizouse nos terreos da antiga igrexa parroquial, quedando a igrexa aberta ós veciños, pero co novo coro alto e o acceso ó campanario reservado para ás monxas. No exterior da sacristía da igrexa aínda podemos observar o brasón dos Prego de Montaos e debaixo unha inscrición, hoxe ilexible, que di: Este mosteiro hizo García Prego arcediano de Cerbeira. As obras comezaron en 1501 e remataron en 1554. Nel estableceuse a orde de clausura de San Lorenzo Justiniano en 1574, tomando o nome de Convento da Nosa Señora da Purificación. No século XVIII eran máis de 30 relixiosas e a abadesa tiña o privilexio de nomear cura para a igrexa parroquial coa aprobación do Bispo de Tui. En 1840 a Xunta de Vigo decide o traslado a este convento dunhas monxas doutra orde, porque o seu edificio en Vigo atopábase en estado ruinoso. En agosto de 1846 un incendio queimou as vellas madeiras deste convento. A pesares de estar á beira do río Maceiras non se puido evitar a destrución de gran parte do convento e da igrexa, perdéndose a parte do coro onde se atopaba o órgano. Por sorte as monxas tiveron tempo de poñerse a salvo sendo acollidas nas casas da veciñanza. O día 29 daquel mesmo mes o Bispo de Tui Fray García Casarrubios escribiu unha circular ao clero da súa diocese para recoller esmolas coas que, sumadas ao aportado polo propio Bispo, conseguiuse rehabilitar o convento. 
 
Convento de Vilavella. Publicada en Galicia Moderna, 1897
 
Noutra orde de cousas, dende 1555 o beneficio de Estás era de Presentación de García Prego de Montaos. Isto explica que por indicación do prelado, Juan de Santillana esta parroquia de Tomiño foi anexo do Convento de Vilavella.
Cando unha monxa tomaba os hábitos o seu pai debía dar unha dote, xa fora en forma de cartos, casas ou leiras. Tamén recibían propiedades mediante cesións ou herdanzas. Todo isto explica que xa a principios do s. XVII a maior fonte de ingresos do convento era o cobro de foros por arrendamentos de terreos e vivendas en: Nespereira, Quintela, Saxamonde, Negros, Cedeira, Vilavella, Cesantes, Arcade, Soutomaior, Amoedo, Pazos, Reboreda, Guizán, Cela, Meira, Moaña... Os pagamentos poucas veces se realizaban en cartos e as máis das veces facíanse en millo, trigo, centeo, viño, galiñas...
Outra fonte de ingresos eran os bordados e sobre todo a elaboración de deliciosos doces: cabelo de anxo, toronja, noces... A fama destes últimos extendeuse por España e cruzou fronteiras, aparecendo nos menús das celebracións das colonias galegas en Buenos Aires e La Habana. En 1603 o Concello de Pontevedra encarga á superiora Inés Avalle Mariño uns pasteis para agasallar ó Arcebispo Maximiliano de Austria de visita nesa cidade. En 1857 o seu doce de froitas en almíbar é premiado na Exposición de produtos agrícolas de Madrid. Ese mesmo ano os seus doces tamén son premiado na Exposición Agrícola de Pontevedra. En 1867 representaron a España na Exposición Universal de París con: doces en almíbar, de azahar, laranxa, naranjillo, cabelo de anxo e noz. O prezo era de 0’5 a libra e consumíanse máis no estranxeiro que en España. Nesa ocasión as súas creacións eran acompañadas polas da redondelá Petronila Rodríguez Criado: doces, limoncillo, toronja, mazá, naranjillo, cabelo de anxo e noz. O prezo era o mesmo e o consumo dalgunha consideración tanto no interior coma no exterior. Na exposición rexional celebrada en Santiago en 1875 presentaron: naranjas, limoncillos, flor de azahar, cabello y cidra en almíbar. Na Exposición Rexional de Lugo de 1877 recibiron unha medalla presentando: Barriles almíbar de limoncillo, precio 3'5 pesetas; idem, de naranjilla, 3'25 id.; Idem flor de azahar, de nuez, de cabello y e toronja, 3 id. Naqueles tempos tamén tiña moito éxito o doce de caldo de azucre que en 1895 comeza a levar un selo de garantía para evitar as imitacións que se vendían na nosa vila. A principios do s. XX estes doces eran envasados en pequenos barrís de madeira polo sacristán das monxas, Manuel Otero Lago “Xisma”, quen sería axudado polos seus fillos, saíndo os últimos das mans do seu fillo Camilo. Eran fabricados con madeira de salgueiro por se fácil de curvar.
 
 

Naranjillo e espejuelo elaborado por Geles seguindo a receita das monxas. 
Fotos: J. Migueles




A orde abandoou as instalacións en 1932 trasladándose a Tui. Os motivos que se alegaron para provocar a saída das monxas foron os asolagamentos da horta e do baixo polas crecidas do Maceiras e os problemas de saúde causados pola humidades.
O convento foi arrendado a José Regojo, Florencio Soto e José Docampo que o empregaron coma empresa elaboradora dun doce de froitas. No pleno celebrado o 16 de maio de 1936 a Corporación Municipal acorda solicitar ao Estado a cesión do Convento de Vilavella para empregalo coma Concello, pero nunca se levaría a cabo polo inicio da guerra. En 1942 o Bispado de Tui vendeuno a José Otero González Mañas”, dono dunha fábrica de conservas chamada JOB (iniciais do seu pai José Otero Bilbao), de aí as inscricións coas iniciais JOG e JOB nos escudos das fachadas. Tamén se vendería daquela a casa parroquial sita na rúa Padre Crespo, por non ser empregada polo párroco José Sátiro Redondo Cal.
O novo propietario realizou modificacións estruturais no mosteiro. Renunciou ao coro alto e ao acceso ao campanario a cambio dunha tribuna, que aínda existe, na parte dereita da igrexa. Empregou as instalacións coma vivenda e tamén coma oficinas, almacén, taller mecánico e carpintería para a súa empresa.
Tralo seu falecemento, a súa dona, acompañada por dúas criadas, permaneceu no convento ata a súa morte a finais dos oitenta. A edificación foi herdada polos seus sobriños que acaroaron ao mosteiro unha nave para crear unha empresa chamada Figueiral. Tempo despois, botaron unha placa no segundo piso da parte máis próxima do convento (o chan de madeira xa se fundira anos atrás) e adicaron este piso a exposicións dos seus produtos: roupa, canas de pescar... 

Despois dun período en desuso a nave alugouse a unha empresa fabricante de adhesivos chamada Coomundo, que en 2007 se trasladou a Amoedo. Totalmente abandonada sería mercada polo concello de Redondela dentro do proxecto de urbanización da Praza Ponteareas co propósito de construír un aparcadoiro no solar. En marzo de 2023 iniciáronse os traballos de demolición

Volvendo ao convento, permanecería baleiro ata que, en 2003, alugárono, con dereito a compra, á empresa Ramale Hostelería e pasou a ser utilizado coma restaurante. Pasados uns anos quedaría outra vez en desuso ata que en 2016 volve a ser alugado como restaurante a Cateríng don Pepe S. L. que o rebautizou co nome "Pazo Vilavella".

http://conventovilavella.com/

 

A continuación engado o resumo de dous documentos que, creo, son moi interesantes: 
 
Resumo da acta de fundación do Convento da Vilavella
         Álvaro da Babarcia (abade de San Pedro de Crecente), Lope Prego (abade e San Estebo de Ribadumia), Rui Dobarro (Tenente de xuíz da vila de Vilavella e o Coto de Saxamonde, substituíndo ó xuíz Juan Prego), Alonso Lozano (Procurador Xeneral de Vilavella) e os veciños de Vilavella:
Juan Prego (o mozo), Francisco López, Francisco Rodriguez, Diego Fernández, Gaspar González, Juan Rodríguez Docabo, Juan Fernández Zapatero, Juan Duarte, Pedro Amado, Martín de Mera, Fernando Yañez, Rodrigo de Castelo, Cristóbal Fernández, Basto Lome Fraguero, Alonso Freire e Gerónimo Fernández.
         Todos, conceden amplo e bastante poder a Lope Martínez e Sebastián Rodríguez (procuradores en Tui) para xestionar ante a M. I. Señor Don Miguel Muños, Bispo da Cidade e Bispo de Tui, a creación dun mosteiro. O obxectivo sería recoller ás mozas de termo que abundan en dita vila e arredores; e aumentar o culto divino. Reducido a misas cada 15 días e sen administrar Sacramentos.
Este Convento, e para isto pídeselle permiso ao Sr. Bispo, edificarase nos terreos da igrexa. Será financiada por García Prego de Montaos, cura e clérigo de Vilavella e, máis tarde, Alcipreste de Cerveira. Quen está disposto a gastar 3 ou 4.000 ducados. Renunciando aos froitos, rendas e proxectos, subvencións ou doazóns, emolumentos, funeraria, dereitos e pertenzas. Indo estes in perpetum a parar ao sustento do Mosteiro.
         Nomearase un capelán para o seu auxilio espiritual e o da Parroquia. A igrexa quedaría coma parroquial igual que antes.

Convento de Vilavella. Foto: Vida Galega, 1913.
 
Resumo das anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella)

          O 26 de Febreiro de 1932 marcharon as monxas da orde de San Lorenzo Justiniano de Clausura do Convento de Vilavella, fundado por Prego de Montaos hai tres séculos. O Convento foi vendido polo Bispo D. Antonio García y García co consentimento da abadesa, Pilar Rubín (da Rioxa), que contaba con 47 anos en 1933. Ademais da madre superiora abandonaron o convento:
- 6 monxas:
- Rosario: galega, 49 años.
- Ángeles: castelá, 50 anos.
- San José Troncoso: 84 anos.
- San Pedro: galega: 79 anos.
- María: 78 anos.
- Dolores: 72 anos.
- 2 legas: de 60 e 68 anos.

          Trasladáronse ao Convento das Franciscanas de Tui. Aos 9 días faleceron de pena as madres San José e San Pedro. Pouco despois, foron ao Convento das Mercedarias de Ferrol, onde morreron as restantes.

         Para rematar as súas anotacións Martina Figueroa engadiu: “Nadie las echó y aquí todas las querían, pero el mal acierto de una abadesa lo deshizo todo. Dios se lo tendrá en cuenta”.

 
Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Apuntamentos sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN: 0211-5530
Anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella).
Google books. Exposicion Universal de 1867: catálogo general de la sección española. España. Comisión Regia Exposición Universal, 1867
Pares. Portal de Archivos Españoles. Ministerio de Cultura. Gobierno de España.
http://pares.mcu.es/ : Memorial cobrador de rentas del Convento de Villavieja (varios años).
Un voraz incendio en Redondela. Por Avelino Rodríguez Elías. Publicado en 19540228 El pueblo gallego
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Iris de Galicia, El Ejemplo, Galicia, Diario de Vigo, El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego.
Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Revista contemporánea (Madrid)
Aportes: Matilde Fernández e Geles

martes, 7 de abril de 2020

Libros. Arquitectura

Santuario de Nuestra Señora de la Peneda. Víctor Lis Quiben.

Inventario Pazos y Torres (Nº 2). Redondela Península del Morrazo. Juan M. López-Chaves Meléndez / Grato E. Amor Moreno. Asociación Amigos de los Pazos, 1976. Ed. Diputación de Pontevedra.

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.



 

Autor: Juan Migueles