martes, 13 de julio de 2021

Galería. Redondela na Biblioteca Nacional de España,

 

1937. Canastro e illa. Foto: Marqués de Santa María del Villar-BNE
1937. Canastro e illa. Foto: Marqués de Santa María del Villar-BNE

Anos 30. Illa de San Simón. Foto: Marqués de Santa María del Villar. BNE
Anos 30. Illa de San Simón. Foto: Marqués de Santa María del Villar. BNE

Anos 30. Illa de San Simón. Foto: Marqués de Santa María del Villar. BNE
Anos 30. Illa de San Simón. Foto: Marqués de Santa María del Villar. BNE

1892 Redondela entrada al pueblo-BNE
1892 Redondela entrada al pueblo-BNE

1890 Redondela vista general-BNE
1890 Redondela vista general-BNE

Autor: Juan Migueles



jueves, 8 de julio de 2021

A caída desde o Viaduto de Pontevedra.

 

Foto: Magar-Faro de Vigo
Foto: Magar-Faro de Vigo

O 20 de outubro de 1978, ao saír da escola, tres nenos da parroquia de Cedeira decidiron atallar o camiño ás súas casas cruzando o viaduto. Co que non contaban era con que os sorprendería o paso do tren que viña de Pontevedra. Arrimáronse á varanda pero a esta faltábanlle varios ferros e precipitáronse dende unha altura que ronda os 30 metros. Un deles golpeouse nos cables da luz e os tres caeron no río Alvedosa, que daquela case non levaba auga pola baixa mar. O que en principio podería parecer unha desvantaxe salvoulles a vida grazas ao barro. Apesares do cal, un deles case perece afogado non pola escasa auga, se non porque se lle enterrara a cabeza no lodo. Axiña foron rescatados polos veciños e trasladados nun taxi e dous coches particulares á Residencia Almirante Vierna, en Vigo.

Os nenos que podemos ver na foto de Magar para Faro de Vigo eran, de esquerda a dereita, os irmáns Delmiro e Roberto Alonso Rodríguez, de 8 e 12 anos, e o seu amigo Celso Rodríguez Valladares, tamén de 12 anos. Edelmiro tan só tería un corte no queixo e dores nun brazo e unha perna. O seu irmán Roberto fractura de fémur e un corte na cabeza que non precisou de sutura. O peor parado sería Celso que sufriría unha hemorraxia interna que fixo necesaria a extirpación do bazo.

Punto desde onde caeron. Foto: Magar. Faro de Vigo

 

No hospital Edelmiro relataba o sucedido deste xeito: Escoitamos o tren, viña moi rápido, saltamos cara a varanda. Só lembro que a toquei coas mans e logo sentín que ía polo aire. Cando espertei estaba nos brazos dun señor cheo de barro”. O seu pai explicaba que normalmente ían en autobús pero ese día tiñan que levarlle leite á súa sogra, pero o que non agardaba é que se lles ocorrera atallar polo viaduto.


Fotos: Freire. El Pueblo Gallego
Delmiro. Foto: Freire. El Pueblo Gallego

Fotos: Freire. El Pueblo Gallego
Roberto e a súa nai Milagros. Foto: Freire. El Pueblo Gallego

Fotos: Freire. El Pueblo Gallego
Roberto. Foto: Freire. El Pueblo Gallego

Celso e a súa nai. Foto: Magar-Faro de Vigo
Celso e a súa nai. Foto: Magar-Faro de Vigo
 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego. 

Referencias orais.