Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro A. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro A. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de octubre de 2024

Helena Amoedo Barros (Redondela). Actriz de dobraxe en galego.

 

Helena Amoedo. Foto publicada en Fandom


Comezou a traballar como actriz de dobraxe en 1989, participando principalmente en series de animación para a TVG. Poderiamos citar aquí a personaxe de Shizuka en Doraemon o gato cósmico e as series Dragon Ball Z, One Piece, Vickie o viquingo, Shin Chan, O detective Conan... Tamén participou na dobraxe en galego de varias películas, destacando a interpretación de Ginny Weasley na saga Harry Potter. Tamén interviría na dobraxe de Sucedeu en Manhattan, Gremlins ou Non sen a miña filla.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Fandom. adobraxe.fandom.com

 

martes, 9 de mayo de 2023

Gonzalo Amoedo López (Redondela, 1959)

 

Gonzalo Amoedo. Foto: Ed. Xerais

        Policía municipal de Redondela e investigador local. Ten unha dilatada obra na que destacan os seus estudos sobre o período franquista, tanto en solitario como coa coautoría do seu compañeiro Roberto Gil Moure. Tamén ten publicado varias obras de ficción.

Investigación:

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.

As Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Gonzalo Amoedo. Edit. Fundación 10 de marzo.2006.

Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais, 2007.

A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo López. Ed. Xerais, 2011.


Outras publicacións:

Don Juan Manuel Pereira de Castro, paralelismos con don Juan Manuel de Montenegro. Revista de estudos valleinclanianos Cuadrante, 2001. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.

As illas de San Simón nas Actas do IIº Congreso da Memoria. Culleredo (2006). Gonzalo Amoedo López.


Guión:

Manolo Barros, un rebelde de aceiro. Documental dirixido por Fernando Carreira “Cuchi”, con guión de Gonzalo Amoedo. Biografía de Manuel Barros, comunista preso, entre outros cárceres, na illa de San Simón durante a ditadura franquista.


Ficción:

Unha historia que ninguén contara. Palabra por palabra.

Contos da policía (2003)

O autobús sempre para en Teis. Col. Relatos da paisaxe (2009).



Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Ed. Xerais

Casa del Libro.

 

 

miércoles, 30 de noviembre de 2022

Carlos Alberto Antuña Soto

Carlos Antuña. Foto: Infomiño.com

 

Historiador local, de oficio Inspector de educación. Chegou á nosa vila destinado como mestre á Agrupación escolar de Redondela. Membro fundador do Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN), do que é vicepresidente (2022). Esta asociación publica un boletín con artigos do patrimonio e historia do concello de Redondela de varios autores. Tamén promove actos culturais principalmente de aniversarios de datas históricas da nosa vila.


Ten publicado:

Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed. Coordenadora de equipos de normalización lingüística dos centros educativos de Redondela.

O Concello de Redondela 1.931/1.939 (Estudio das actas dos plenos). Carlos A. Antuña Souto. Ateneo redondelán, 1996.

O galeguismo na provincia de Pontevedra (1930-1936). Carlos A. Antuña Souto. Ediciós do Castro, (2000).



Artigos.

A evolución do concepto Galicia. AUNIOS Nº13. Carlos Alberto Antuña Soto. 2008


Artigos publicados en SEREN:

Nº0. O Grupo Galeguista de Redondela (1931-1936). Carlos Alberto Antuña Soto. 2003.

Nº1. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. 2004. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº1. Apuntamentos para o estudo do levantamento de 1846 en Redondela. Carlos Alberto Antuña Soto. 2004.

Nº2. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (2ª parte). 2005. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº2. Unha pequena homenaxe ás lavandeiras de Redondela durante a guerra civil. 2005. Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº4. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (3ª parte). 2007. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº4. Os viadutos de Redondela: arquitectura, arte e estética. Carlos Alberto Antuña Soto e Javier Antuña Castro. 2007.

Nº5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (4ª parte). 2008. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº6. Unha sinxela homenaxe a Francisco Fernández del Riego. Carlos Alberto Antuña Soto. 2009-2012.

Nº8. Bases para o estudo do marco educativo na vila de Redondela e no municipio no século XX. Carlos Alberto Antuña Soto. 2018-2020.


Autor: Juan Migueles



jueves, 17 de noviembre de 2022

Juanjo Amoedo

 

Juanjo Amoedo. Festival Internacional de Títeres de Redondela
Juanjo Amoedo. Festival Internacional de Títeres de Redondela


Ideólogo do Festival Internacional de Títeres de Redondela. A súa iniciativa fixo posible este festival, formando parte da organización das primeiras edicións. Un tráxico incendio na súa vivenda remataría coa súa vida. Na súa honra ao festival engadíuselle o nome de Memorial Juanjo Amoedo.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes orais.


Xela Arias Castaño (Sarria (Lugo), 4-3-1962 /Vigo, 2-11-2003)

 

Xela Arias. Foto: Xulio Gil
Xela Arias. Foto: Xulio Gil

 

Escritora, poeta e tradutora. Traballou durante dez anos na editorial Xerais como correctora e asesora lingüística. Logo de licenciarse en Filoloxía converteuse en mestra de educación secundaria. A súa vinculación con Redondela viu precisamente polo seu labor docente no IES Chapela. A Biblioteca Municipal desta parroquia leva o seu nome ao impoñerse esta proposta nunha votación popular. Tamén nomea o premio de posta en valor do galego promovido pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI). Adicáronlle as letras Galegas 2021 como representante da xeración que renovou a poesía galega nos anos 80 e por ser “unha voz singular, transgresora e comprometida”. En Sarria déronlle o seu nome a unha rúa.

As súas obra poética é a seguinte:

- Denuncia do equilibrio (1986). Finalista do Premio Losada Diéguez.

- Lili sen pistolas (Inédito). Finalista do Premio Esquío.

- Tigres coma cabalos (1990)

- Darío a diario (1996)

- Intempériome (2003).

Entre outros, participou nos libros colectivos Palabra de muller (1992), Rosalía na palabra de once poetas galegas (1997) e Daquelas que cantan (Fundación Rosalía de Castro, 2000). A súa obra complétase con numerosas traducións de obras ao galego de autores como: Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire...; polo que recibiu os premios Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución e o Premio Plácido Castro. A todo isto habería que engadir as súas colaboracións en varias publicacións e recitais poéticos.



Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Galegos. http://galegos.galiciadigital.com/es/xela-arias-castano

Blog do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela.

Editorial Xerais. https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=autores&id=101921

https://www.europapress.es/galicia/noticia-xela-arias-poeta-rebelde-derribo-convenciones-construir-independencia-20210425121822.html

https://elpais.com/cultura/2020-12-22/el-dia-das-letras-galegas-2021-sera-para-xela-arias.html

 

martes, 14 de junio de 2022

Xoán Manuel Alfaya Ocampo

 

 

Xoán Manuel Alfaya. Foto: Obradoiro Fernando Monroy

     

        Maxistrado redondelán, foi responsable co letrado D. Miguel A. González Trigás da primeira sentenza ditada en lingua galega no Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense en marzo de 1988. Serían homenaxeados na Audiencia Provincial de Ourense en 2022 coa colocación dunha placa conmemorativa na súa fachada.

        Polo Real Decreto 330/1990, de 22 de febreiro, foi nomeado Xuíz Decano dos Xulgados de Pontevedra. En 1992 formou parte do tribunal do primeiro xuízo con xurado popular en Pontevedra, xunto a Luciano Varela Castro, José María Casas Estévez e o fiscal Benito Montero. Ao ser un xuízo experimental o veredicto do xurado non era vinculante.

        Xubilaríase en 2022 por cumprir a idade regulamentaria como Maxistrado con destino na Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo.

        Unha faceta menos coñecida deste maxistrado é a de coleccionista de xoguetes antigos. En 2018 presentou a súa colección ao público en Cesantes e Redondela.


Exposición no Multiusos da Xunqueira. Foto: J. Migueles
Exposición no Multiusos da Xunqueira. Foto: J. Migueles


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Boletín Oficial del Estado. https://www.boe.es/

Galeguizar Galicia https://galeguizargalicia.gal

 

jueves, 4 de junio de 2020

Música Clásica. Historia da Música de Redondela.

A principios do S. XX a posibilidade de ter unha formación musical, como a universitaria, tan só estaba ao alcance das familias acomodadas. En 1917 nos exames de ensino libre da Escola de Música da Sociedade Económica de Amigos do País, incorporada ao Conservatorio Nacional aprobaron con sobresaínte 1º e 2º curso de piano, as señoritas Isabel Míguez e Carmen Contreras, de Redondela.
Ademais da referencia fundamental que foi en Redondela Reveriano Soutullo outros músicos destacados serían:

Marcos Sotomayor
Pianista, foi un gran promotor da música na nosa vila. Unha mostra disto e que dirixiu a Rondalla Armonía e animaba co seu piano os bailes e os entreactos das funcións teatrais na nosa vila a principios do s. XX.

Jesús Padín Lorenzo
         Aparece nun censo de actividades de 1910 como mestre de música.

Manuel Soto
         A única noticia que atopo é cando en xuño de 1925 na Sociedade Agraria do Viso ofrece un festival o seu grupo de teatro, actuando o seu paisano, Manuel Soto, violinista procedente do conservatorio D'andrea, de Buenos Aires, que foi acompañado ao piano polo profesor de música do Colegio de P. P. Jesuítas, de Vigo, José Iglesias.

Virgilio González
         En 1948 participa como acordeonista nun concurso organizado pola Radio Pontevedra, interpretando o pasodobre “Puenteareas” e o intermedio “La leyenda del beso”. Noutra noticia de 1962, aparece como pianista acompañando na igrexa de Vilavella a un afinado coro nos exercicios relixiosos do “Mes de María”.

Na actualidade, en Redondela contamos con tres prestixiosos pianistas:

Alejo Amoedo (piano) (Redondela, 1966)
Estudou nos conservatorios de Pontevedra, Santiago y Vigo, acadando altas cualificacións nas carreiras de piano, solfexo, repentización, acompañamento e música de cámara. Baixo a dirección de Miguel Zanetti (catedrático da escola superior de canto de Madrid) especializouse no acompañamento vocal.
Alejo Amoedo galiciantunes.com
Foi profesor titular no conservatorio de Porriño, impartiu clases no colexio H. Quiroga da mesma localidade e exerceu de pianista acompañante nos conservatorios estatales profesionais de Pontevedra e Vigo, onde desempeñou respectivamente os cargos de secretario académico e vice-director.
Foi becado pola Xunta de Galicia como pianista no “1º programa de práctica orquestal”, convocada polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
Foi galardoado co “Premio Círculo 2004” na modalidade de música concedido polo Circulo Recreativo y Cultural de Porriño.
Como dúo de pianos xunto a Carlos Pérez acadou: primeira medalla “finalistas” no Concours Musical de France na disciplina de piano a catro mans celebrada en Girona e posteriormente o segundo premio na final celebrada en París; Diploma de honra no Torneo Internacionale di Musica en Zaragoza.
Actualmente exerce como pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sendo xefe de departamento de piano acompañante, e na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo de Porto (Portugal) na aula do tubista Eduardo Nogueroles.
Entre os seus traballos discográficos máis recentes destacan o triplo C.D. Antoloxía de Compositores Galegos gravado co clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó titulados Virtuosismo Barroco e Fantasy Trumpet e o máis recente acompañando á mezzosoprano Iria Cuevas, titulado Mélodies.
A todo isto habería que engadir a súa faceta de estudoso e coleccionista de partituras, libros e fotos de músicos galegos.

Alberto Vilas
Alberto Vilas. Foto: Facebook
          Alberto Vilas formouse como pianista no Conservatorio de Vigo. Comezou a súa andaina en grupos de rock de Redondela. É un dos membros máis antigos do cuarteto de tango Tangata. co que gravou varios discos. Tamén publicaría “Escenas Latinas” (2001) co tubista Eduardo Nogueroles.
          Adentrouse no Jazz da man do pianista Manuel Gutiérrez para continuar logo formándose no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade. Logo sería becado para estudiar no Workshop “Tavira en Jazz“ no Algarve Portugués. Recibiu formación de músicos como: Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh O¨Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz,Jonathan Kreisberg, Ambrose Akinmushire, Jonathan Blake, Brannen Temple, Jesús Santandreu, Carlos Barreto, Filipe Melo, Joao Moreira, Mike Moreno, E.J.Strickland, Josh Ginsburg, Lage Lung, Demian Cabaud, Guim G. Balasch, Pablo Martín, Arturo Serra, Logan Richardson, Sam Harris, Tommy Crane, Greg Ruggiero,Taylor Eigsty e Joe Sanders entre outros.
         Compartiu escenario con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira, Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz 2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma Estevez.
         Na cuarta edición do Nigrán Jazz presentou os seus propios temas con Alberto Vilas Quinteto. Con esta formación percorreu practicamente todos os grandes festivais de Jazz da Galiza.
Na actualidade é profesor de piano e pianista acompañante do departamento de Canto, Violonchelo, Contrabaixo, Banda e Orquestra no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra logo de ter exercido o seu labor profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de Vigo.
Finalista en varias ocasións do premio Martín Códax e gañador no 2017 polo seu traballo "Universo Lem".
No 2019 presenta un novo proxecto, Circus, compartindo escenario con Noli Torres (batería) e José Manuel Díaz (contrabaixo).
Tamén compuxo e interpretou a música de varios documentais ademais de participar en numerosos proxectos como o cd “Alegría“ de Sergio Tannus, “Deserto de centos“ de Sonia Lebedinsky, “Cantos da Ialma“ de Xulio Lorenzo, “Chapeu” de Tatán ou Maa Fumaça.

Noemí Salomón (Redondela, 1990)
Noemí Salomón Facebook
         Profesora de piano e repertorista na Sociedade Musical e o Conservatorio de Guimaräes e na Escola Profissiona de Música, de Viana do Castelo. Pianista co grado superior de interpretación Musical-Piano do Conservatorio Superior de música de Vigo e Máster en Interpretación musical da Universidade Alfonso X el Sabio de Madrid. Completou a súa formación con Josep Colom- titular da Cátedra dos Cursos U. I. de Música en Compostela-, Albert Atenelle, Paul Badura Skoda o Boris Berman e asistiu aos Cursos de la Sommer Akademie, do Conservatorio del Mozarteum Salzburg e aos de Clavicologne Int. Piano Festival, de Alemania, con Pavel Gililov, Siegfried Mauser, Andreas Fröhlinch, Yuri Demidenko, Arkadi Zenziper o Jacques Rouvier.
          Foi pianista acompañante de canto na Fundación Ana María Iriarte, participou no Concurso Internacional María Herrero (Granada) e Spanish Composers-CIPCE (Madrid 2015).
Ten actuado fóra das nosas fronteiras en países como Alemania ou Austria.
En 2016, acadou a Mención de Honra dos Premios Excelencia Musical Mans Futuro, o que lle permitiu a gravación do rexistro adicado a obras de Beethoven e Ravel.
No 2019 gravou xunto á soprano Anais Fernández un tripla CD para piano e voz homenaxe ao compositor Fernández Vide.


Conservatorios e Escolas de Música
 
Conservatorio Victor Ureña / Escola de Música de Redondela
A inauguración na casa do antigo Concello do Conservatorio Municipal de Redondela, nos anos 90, permitiu que se impartiran os estudos musicais (principiante e medio) na nosa vila. No 2004 trasladouse á Avenida de Santa Mariña. Recibe o nome de Víctor Ureña na honra de quen fora director da Banda de Música de Redondela na década dos 50 e que, xa nos 90, colaborou con esta institución. Recentemente creouse como alternativa aos estudos do conservatorio a Escola de Música de Redondela.

Orquestra de Saxos de Redondela
Nace en 1996 da man de Elisa Arias Trigo, mestra do Conservatorio de Redondela. Agrupa a mozos e mozas entre os 8 e 27 anos.
Discografía:
Sempre Crescendo (1996)
Re-swing-dondela (2001)
En Sax-Simón (2012)
Camiña don Saxo (2015)
Redondela (2017)
A Orquestra de Saxos de Redondela nos seus inicios. Foto cedida por Pablo Álvarez.

Escola de Música de Chapela
Fundada o 7 de setembro de 1991 por Alejandro Bastos Fernández, dentro da Asociación Cultural e Social de Chapela. Da súa actividade xurdiron a Banda de Música de Chapela e varios grupos de música e baile tradicional.


EMMBA (Escuela de Música Moderna & Bellas Artes)
Escola de música privada que abriu as súas portas en Redondela en 2017.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes Fernando Casas, Alejo Amoedo
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Ciudad, El Pueblo Gallego, Gaceta de Galicia
El Correo Gallego
Faro de Vigo

Máis información:




domingo, 12 de abril de 2020

Aula, Carlos (Redondela, 1951) Informático e paracaidista

Foto: Jordi Belver-La Vanguardia
           Sendo moi neno trasladouse cos seus pais a Barcelona. Alí cursou informática na Universitat Autónoma de Barcelona e comezou a traballar en 1977 como técnico no hospital de Vall d’Hebron e posteriormente no Institut Catalá de la Salut. Anos despois foi director de departamento no hospital Can Ruti de Badalona. Despois de 14 anos no sector sanitario, entra a dirixir o departamento de informática na empresa de seguridade Sas-Prosegur. Anos despois convértese en socio fundador de Sysdata. No 2000 esta empresa foi adquirida polos grupos Transiciel e Carlos Ubago, quedando Carlos Aula como director xeral de Transiciel na sede de Barcelona.
          Na súa mocidade tamén se destacou coma deportista, concretamente no paracaidismo.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
La Vanguardia

Amor, David _ Actor e xogador de balonmán

Foto: SAR
           David López Amor non naceu en Redondela pero cabe citalo por formar parte durante varias tempadas do equipo de balonmán da S.A.R., deixando o mesmo no 2016. Despois de saltar á fama como humorista na TVG foi fichado por Antena3, onde protagonizou un programa de humor xunto a caras recoñecidas como Martina Kleim ou Anabel Alonso e no 2016 participa na serie Gym Tonic na mesma cadea.

Autor: Juan Migueles

Amoedo Seoane, Juan (Redondela, 1886) Avogado e Político


Arquivo: Alén Nós
 

Irmán do médico Manuel Amoedo Seoane e descendente do heroe de Pontesampaio John O’ Dogherty.

Avogado de profesión, chegaría a ser decano do Colexio de Avogados de Vigo. Redactor dos xornais de Redondela “La Idea” e “La Opinión”(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html ). É unha das figuras principais do agrarismo galego de principios do século XX, formando parte da agrupación “Los Jóvenes Turcos”. Participou activamente nos movementos antiforais.

En 1914 e 1916 presentouse a deputado a cortes por Redondela co respaldo das sociedades agrarias, sendo derrotado polo caciquismo da época nas figuras de Francisco de Federico Martínez e o seu fillo, nunhas eleccións cheas de irregularidades. Nas seguintes convocatorias participaría activamente a prol da candidatura do Sr. Zulueta por Redondela. Nesta época convértese no xefe provincial do Melquiadismo, o que non lle impide presentarse en 1923 como candidato reformista por Póvoa de Trives, onde tampouco tivo sorte, denunciando novamente numerosas irregularidades.

A súa carreira política tocaría fondo cando en 1933 se alían radicais, reformistas e monárquicos contra as forzas de esquerda. O rexeitamento por parte das forzas agrarias chegou ata tal punto que, nun mitin en Redondela no que exercía como orador xunto a Emiliano Iglesias e Millán, foron tan duramente increpados que tivo que acudir a garda civil a controlar a situación.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego...

 

Álvarez, Pablo (A Bola-Ourense, 1974). Ebanista.

         
Foto cedida Pablo Álvarez
         Aínda que ourensán de nacemento criouse en Redondela a onde os seus pais chegaron coma mestres. Foi o derradeiro alumno de “Sesé” Fernández Crespo co que aprendeu o oficio con tan só 14 anos. A finais dos 90 principios do 2000 realizou numerosas exposicións dos seus cadros ademais de decorar restaurantes, cafeterías e pubs de Vigo, Ourense e Redondela con enormes murais tallados en madeira.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportes: Pablo Álvarez

Alonso Martínez “Fallusca”, Manuel (Redondela, 27-02-1927) Ebanista

     
Manuel Alonso, foto publicada en: Antonio Ocampo Bodas de Oro

        Aos 14 anos entra como aprendiz no taller Hermanos Fernández, onde aprende a traballar a madeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/fernandez-crespo-jose-sese-e-benito.html ). Durante o servizo militar recibe as súas primeiras leccións de pintura. Xa no 1949, concédenlle unha beca para estudar escultura e talla en Vitoria, onde tamén recibiu clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios. No 51 ingresou no taller de Andrés Novo, realizando esculturas e baixorrelevos, tanto en barro como en madeira.

Máis tarde, traballaría durante cinco anos para José Otero González (Mañas) realizando obras en madeira, pedra e pintura para o convento de Vilavella. Logo, emigraría a Alemaña, volvendo en 1966 para facer exposicións, colaborar en libros...

Tamén destacar o labor que, xunto aos seus irmáns Genaro e Carlos (Fotsca), realizou durante anos na elaboración das alfombras das Festas da Coca.


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989). Antonio Ocampo Otero.
Aportes orais.

Alfaya Rodríguez, Francisco Javier Ulpiano (Redondela 31-6-1956) Emigrante-Político e Arquitecto

FJ Alfaya-httpcec.plataformavirtualdevotacao.com.br
Emigrou a Salvador de Bahía (Brasil) en 1961, con tan só 7 anos. Estudou Arquitectura na Universidade Federal da Bahia-UFBA. Cursa mestrado en História e Teoria da Arte, Escola de Belas Artes, UFBA.
Presidente do Diretório Acadêmico de Arquitetura, 1977, secretario xeneral e presidente do Diretório Central dos Estudantes-DCE, UFBA, 1979. Diretor de Cultura da União Nacional dos Estudantes-UNE, 1980 e presidente, UNE, 1981-1982.
Xefe do departamento de Assessoria Parlamentar da Assembléia Legislativa da Bahia (1986-87). Suplente do Deputado Estadual polo Partido Comunista do Brasil-PCdoB, 1987-1991. Elexido vereador (concelleiro) en Salvador, 1989-1992, reelixido en 1993-1996, 1997-2000 e 2001-2004, renunciou no 2003. Suplente de deputado federal, 1999-2003. Deputado estadual por Bahía, 2003-2007; reelixido en 2007-2011.
            É membro de Cabaleiros de Santiago e conselleiro do Grupo Cultural Olodúm e da Fundación Movimiento Ondazul.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galegos: na Bahía de Todos os Santos. Lois Pérez Leira.
Global Galicia. Comunidad de gallegos en el exterior. http://www.globalgalicia.org
La Voz de Galicia.

Alfaya Bula, Javier (Ramallosa 6-8-1939/29-1-2018) Escritor e Xornalista

Javier Alfaya Bula. Foto: Publio López Mondéjar-Ministerio de Empleo y Seg. Social-20minutos
         Criouse en Reboreda ata que, cando contaba con 7 anos de idade, o seu pai foi destinado como notario a León. Ao longo da súa vida aínda pasaría largas tempadas en Reboreda. Nos anos 60 comezou a colaborar en revistas literarias, programas de radio e xornais como Triunfo, Informaciones e Nuevo Diario. Xa nos 70 foi xefe das páxinas culturais de Realidades, El Europeo e Mundo Obrero; colaborou en Cuadernos para el Diálogo e, novamente, Triunfo. En 1985 foi cofundador da revista de música clásica Scherzo da que foi presidente ata o seu falecemento.
A partires desta época traballou en radio, televisión, revistas como Contrarios, Cuadernos para el Diálogo, Letra Internacional, Ínsula, A Nosa Terra ou Revista de Occidente. Colaborou en xornais como El País, El Mundo, El Independiente ou Le Monde Diplomatique. Realizou numerosos traballos de tradución en colaboración coa súa dona Bárbara Mc Shane e fillo Patrick Alfaya Mc Shane de obras de Joseph Conrad, Graham Greene ou Isaac Asimov. Tamén escribiu ensaio, poesía e novela. Da súa obra narrativa destacar aquí, Una luz en la Marisma, novela xuvenil ambientada en Redondela.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Crítica de libros.org
20 minutos. https://www.20minutos.es 


martes, 7 de abril de 2020

Libros: SEREN. Boletín do Seminario de Estudios Redondeláns.

Promovido por Jose Antonio Orge Quinteiro, Carlos Antuña Soto e Dolores Miguez Montes.
  • Nº0. 2004 
    Cando a saudade me afoga. Dolores Míguez Montes
    A batalla de Rande. Guerra de Sucesión española. J.A. Orge Quinteiro
    Unha ianque na corte de Breogán. M.A. Gil González
    Cesantes abeirando o mar. Dolores Míguez Montes
    A Sociedade Atletica Redondela. Miguel López Docampo
    O Grupo Galeguista de Redondela (1931-1936) Carlos A. Antuña Souto
    Un século de educación en Redondela (1900-2003) Equipo de investigación do Seren
    Un achegamento á figura histórica de Juan Manuel Pereira “Señorito da Reboraina” Juan Miguel González Fernández 
  • Nº1. 2005
  • Nº2. 2006


  • Nº3. 2007
  • Nº4. 2008
  • Nº5. 2009


  • Nº6. 2013
  • Nº7. 2018


    Autor: Juan Migueles

     

Libros. Historia Local.

Historia postal de Redondela. Isla de San Simón. I Exposición filatélica, 1976. Manuel Lago Martínez.

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.



Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.
O Concello de Redondela 1.931/1.939 (Estudio das actas dos plenos). Carlos A. Antuña Souto. Ateneo redondelán, 1996.
A Redondela de 1669 na acuarela de Pierr María Baldi. Manuel Puga Pereira.

Crónica periodística del municipio. 1822-1860. Celestino Viéitez
1809 Proezas del pueblo gallego. La muerte no fue su final. Celestino Viéitez
1809 Proezas del pueblo gallego. Orgullo, gloria y honor. Celestino Viéitez
 

Illote P Barraca 16. Santiago Rodríguez Salinas. Memoria histórica, Ed. Galaxia.

 

 
Autor: Juan Migueles