1879, novembro. El Viaducto. Anúnciase
a súa próxima publicación, pero non hai constancia de que chegara
a producirse.
1880, marzo. El
Martillo. Anúnciase a súa saída como xornal satírico,
pero dous meses despois aínda non comezara a publicarse e
probablemente nunca o faría.
1883, 6 de setembro.
Sae a rúa El Eco de Redondela, primeiro xornal
documentado de Redondela. Subtítulo: Semanario de intereses
generales. Redactores: José Jacinto Mos Táboas, Manuel Mos
Táboas e Juan Manuel Otero Milleiro. Administrador Pedro Otero
Milleiro. Como curiosidade dicir que un mes antes da súa saída
anunciábase a súa publicación baixo o título "La
Tempestad".
1884, 15 de xuño. El Alvedosa. Subtítulo:
Periódico semanal de intereses generales.
Redactores: Juan José Crespo Fernández, Antonio Orellana
Pereira, Fernando Cristino Alfaya Pérez e Ramón Lorenzo.
1887, 17 de xullo. La Escoba. Subtítulo: Barre
todos los domingos. Xornal de Soutomaior, pero con ampla
información da nosa vila. Dirixido polo avogado Antonio Orellana
Pereira. O alcalde de Redondela, José María Alfaya Milijosa, mandou
deter ao correspondente deste xornal en Redondela polo moito que o
criticaba nos seus artigos.
1892. La voz del
Pueblo dirixido polo logo alcalde, Buenhijo Pérez
Sobrino. Imprimíase na imprenta do seu irmán Dositeo, a primeira de
Redondela, polo que os anteriores xornais serían impresos fóra da
vila. Saía quincenalmente.
1893. En xuño de 1893
anúnciase a publicación do “semanario festivo” de nome
Alacrán. Descoñezo se chegou a publicarse.
1895, 24 de xaneiro. El
Pueblo. Subtítulo Semanario de Intereses Generales
(semanal, os domingos) e, a partir do nº 20, Bisemanario
Independiente (xoves e domingos). Era propiedade de
Francisco Crespo Rivas (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/francisco-crespo-rivas-n-redondela-f-29.html
) e Serafín
Reboredo Blanco que o imprimían na súa propia imprenta. Máis
tarde, tanto o xornal como a imprenta pasarían a pertencer a
Saturnino Montero. Dirixido por Francisco Crespo e, máis tarde,
Antonio Orellana Pereira. Administrador: Serafín Reboredo.
Redactores: José da Cal, Antonio Otero, Juan Manuel Otero Milleiro,
Buenhijo Pérez Sobrino, Serafín Reboredo, Román Ancoechea Montes,
Fernando González Gómez (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/fernando-gonzalez-gomez-rey-chiquito.html
) e Maximino
Crespo Rivas. Tamén colaboraba Ernesto Padín (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/padin-y-lorenzo-ernesto-casto-redondela.html
). En 1897,
como outros xornais galegos, denuncia a venda de monte públicos. En
febreiro de 1899, Fernando González foi levado aos tribunais por
inxurias, sendo absolto. En
abril sería directamente o xornal o que foi demandado polo concello
de Redondela polos seus ataques ao caciquismo. A publicación de El
Pueblo tomouse
un descanso
en agosto de 1899, volvendo
a imprimirse en novembro dese mesmo ano.
Deixaría de publicarse definitivamente en xullo de 1901.

1895, 12 de abril. Nace La Propaganda. Subtítulo
Periódico Semanal Republicano. Dirixido por Fernando
González Gómez. Redactores: Antonio Orellana Pereira, Pedro
Fontenla Figueroa, Felipe B. Cordero Escalona e Buenhijo Pérez
Sobrino (administrador). En marzo de 1896 co número do xornal
regalou un retrato do Xeneral Rubín (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rubin-homent-antero-evasio-redondela-3.html
). Editouse ata 1897-98.
1896. La Verdad,
director e redactor Amador Pérez Sobrino. Redactor: Isidoro
Queimaliños Queimaliños (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/isidoro-queimalinos-queimalinos.html
). Administrador: José Molinos Conde. No
anteriormente nomeado “La Propaganda”, de ideas políticas
opostas, foi bautizado como “La Mentira” e, as veces, como
“La Cloaca”.
1896,
xuño. Anúnciase a publicación dun xornal quincenal feminino, pero
non hai constancia de que chegara a publicarse.
1897.
La Coca e El Moscardón. Anúncianse as
súas saídas pero non chegan a publicarse.
1898, febreiro. El
Progreso. Director e administrador: Ramón Otero Milleiro.
1902, 5 de xaneiro. La
Idea. Subtítulo Semanario Independiente,
dirixido por Buenhijo Pérez Sobrino. Saía os domingos da imprenta
de Dositeo Pérez Sobrino. Redactores: Manuel Amoedo Seoane, Juan
Amoedo Seoane (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/amoedo-seoane-juan-redondela-1886.html)
, Manuel Cacheiro Cardama, Claudio Contreras Valiñas (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/claudio-contreras-politico-troca.html
), Juan
Manuel Otero Milleiro, Isidoro Queimaliños Queimaliños, Antonio
Garrido Otero, José Moscoso... Era o semanario dos partidarios do marqués de Riestra, e rival dos
agraristas El Contribuyente e La Opinión. Publicouse
durante 18 anos, desaparecendo en 1918.
Ademais
das seccións habituais nas vilas próximas
(Soutomaior, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Mos), tiña os
seguintes correspondentes: En Río de Janeiro, José Figueroa Montero
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/figueroa-montero-jose-redondela-11-07.html
); en Pará,
Manuel García Martínez e Severo Oliveira Crespo; en Manaos, Manuel
Joaquín Garrido; en Santos, Faustino Figueroa; en Bahía, Francisco
Cavadas Rocha; en Buenos Aires, Paulino Lamas; en Villa María
(Arxentina), Silverio Bermúdez; en Rosario, José García Darriba;
en Lisboa, Casimiro Movilla (Ver (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/movilla-rodriguez-casimiro-o-viso.html
) e Manuel
Vidal Álvarez; e en Oporto, Jose Manuel Mouriño.
Por iniciativa deste
xornal nas Festas da Coca de 1902 organizouse por vez primeira unha
feira de gando con premios para os mellores exemplares.
1902, 12 de xaneiro. El Contribuyente. Subtítulo
Semanario defensor de las sociedades de marineros,
propietarios y labradores de este distrito. Editouse polo
menos ata 1906. Dirixido por Alejo Real Soto. Redactores: Juan Manuel
Otero Milleiro, Antonio Garrido Otero. Este xornal estaba ligado a
asociación “Liga de Contribuyentes”, que dende abril ou maio de
1893, xa publicaba o “Boletín da Liga de Contribuyentes del
Partido de Redondela”, tamén dirixido por Alejo Real Soto.
Mantiña enfrontamentos co outro
xornal da vila, La Idea. A
publicación deste semanario
interrompeuse ao disolverse a
asociación a principios de 1902, pero en abril dese mesmo ano volveu
a publicarse. Desaparecería
definitivamente a finais de 1903.
1906, 28 de febreiro. Gente Nueva! Tiña como
redactores ao avogado Antonio Orellana Pereira e, ao aínda estudante
de menciña, Telmo Bernárdez Santomé.
1909, xuño. Anúnciase
a saída do semanario Los Jóvenes Turcos. Non hai
constancia de que chegara a publicarse. Varios membros do colectivo
homónimo (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/partidos-politicos-de-principios-do-s-xx.html
) forman pouco despois a redacción de La Opinión.
1909, novembro. Aparece
o xornal La Opinión. Subtítulo Semanario
Independiente. Director: Heliodoro Rivas Rivas.
Administrador: José Pereira Míguez. Redactores: Juan Amoedo Seoane,
Joaquín Núñez de Couto, Antonio Orellana Pereira, Telmo Bernárdez
Santomé e Claudio Contreras
Valiñas. Tiña
a súa propia imprenta na Praza Constitución. Oponse a "La
Idea", semanario dos riestristas. Nos seus inicios era agrarista
defendeu a candidatura do xeneral Rubín, maurista. Despois apoiaría
o republicanismo de Juan Amoedo.
En
xullo de 1911, o alcalde de Redondela, Buenhijo Pérez Sobrino, levou
ao director deste xornal aos tribunais por calumnias no artigo
titulado: “Cinismo perecino”. En 1913 alcanzou os mil
trescentos exemplares. Aínda publicaba en 1916.
1912. La Cigarra. Subtítulo Periódico
Literario. Xornal literario quincenal, contaba cos
poetas Alejandro Adán, director, e Aurelio San Martín Sanvicente
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sanmartin-san-vicente-aurelio-redondela.html
).
1918. La Razón.
A súa tirada era de 500 exemplares, e seguíase publicando en 1919.
1918, marzo. Redención.
Xornal semanal anunciado como órgano das forzas anti- caciquís do
distrito. En decembro de 1918 adica un número ao ilustre fillo da
nosa vila, Fernando Alfaya, con motivo do seu ascenso a secretario
do Consello de Instrución Pública. En xaneiro de 1919:
administrador, José Rodríguez Cabaleiro; e redactor, Heliodoro
Rivas Rivas.
1919, 29 de xuño.
Redondela. Subtítulo: Hojita parroquial de
Redondela y Villavieja. Imprimíase na imprenta de Dositeo
Pérez Sobrino.
1920, 7 de novembro. Pimienta y Mostaza. O 3-4-1921
comeza a publicarse co novo nome de Ecos del Distrito e
o subtítulo de Periódico independiente defensor de intereses
generales. Dirixidos por Fernando González Gómez.
1923, 2 de setembro. Tramancazos. Subtítulo: Decano
de la prensa de Redondela y el de mayor circulación. Este
subtítulo xa deixaba claro o estilo satírico deste periódico, pois
naquel entón era o único periódico da vila. Impreso na imprenta de
Dositeo Pérez Sobrino. Dirixido por Amador Pérez Sousa.
Colaboradores: Generoso Muíños Blanco, Antonio Criado, Luis Míguez
Extremadouro (correspondente de El Pueblo Gallego), Antonio
Extremadouro, Rogelio Rivero, Mario Canda e outros. Moitos asinaban
con pseudónimos, como "Mexete", "Ante-eo"
(Antonio Extremadouro), "Xan dos Zocos", "O Demo d`os
Tras", "Choco", "Cantiño". Nun principio
lerrouxista, logo galeguista.

1931, 8 de novembro. El Soplete. Subtítulo Se
publica cuatro veces al mes mientras exista. Como o anterior
periódico satírico. Naceu coa II República. Impreso na
imprenta de Dositeo Pérez Sobrino. Director e propietario: Amador
Pérez Sousa. Redactores: Generoso Muiños Blanco, Antonio Criado,
Luís Míguez Extemadouro, Antonio Extremadouro, Fernando González
Gómez, Manuel García Cabezas (pseudónimo Goal) e Fermín
Feijoo Alfaya. Outro colaborador habitual era José María Blanco
Alfaya (pseudónimo Blanal). Correspondentes en Soutomaior,
Pontesampaio, O Porriño, Mos e Areas (Lugo). Tiña a súa redacción
na rúa Ribeiro. Saía os domingos ata que, en novembro de 1932,
pasou a ser quincenal. Deixou de publicarse o 9 de abril de 1933. Tomaba o nome de El
Soplete. Semanario satírico. Soplará todos los sábados. Xornal
que comezou a publicarse en 1924.

1933, 16 de abril. Terra!, editado polo Partido
Galeguista de Redondela. Derradeiro xornal redondelán. Subtítulo:
Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela.
Imprimíase na imprenta La Popular, rúa Chariño 7, Pontevedra, e
publicábase o 1º e 3º domingo de cada mes. Dirixido por Avelino
Cal Fernández, voceiro do Grupo Galeguista de Redondela. Estaba
escrito integramente en galego. Nel colaboraron Castelao, Paz
Andrate, Otero Pedrayo, Bóveda... O último número sairía o 25 de
xullo de 1933.
Para rematar, comentar que o decano da prensa española, o Faro de
Vigo, trasladou as súas instalacións en 1972 á Avenida de
Redondela na parroquia de Chapela, onde segue a ser impreso na
actualidade.
Outras
publicacións.
195?
Alvedosa. Tan só
chegou a publicarse un número a principios dos 50.
1963.
Éxodus. Publicado a principios
dos anos 60. Dirixido por Antonio Soto López. Redactores: Luis
Alfonso Pereira Fernández, José Gesteira Pazos, Jesús Pérez
Varela, José Álvaro Paz Núñez, José Luis Martínez Contreras,
Jesús Olimpio Giráldez Lera i Eduardo Soto López.
197?
Abrente. Boletín da
Asociación de Veciños de Redondela, primeira asociación veciñal
do Concello, recollía as súas inquedanzas e reivindicacións.
1985 O Voceiro de Reboreda. Publicación da Sociedade Labrego
Cultural de Reboreda que nace durante os actos de celebración do Día
das Letras. Recollía información sobre a actualidade cultural
galega e novas sobre a parroquia. A falta de participación fixo que
fora esmorecendo ata a súa desaparición en 1988 por mor das obras
do edificio da sociedade que paralizou as actividades da mesma.
1985. Prímeiros e Rabelos.
Revista mensual adicada á escola e publicada pola Comisión de
Ensino do Concello de Redondela.
1986.
Nova Escola.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
A prensa en Redondela. Aproximación
histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed.
Concello de Redondela. 2001.
Redondela,
crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro
franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro
2002.
Arredor de nós. Historia da
Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
A nosa memoria. Vintecinco anos despois. 1975-2000. Sociedade
Labrego Cultural de Reboreda.
As Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante
comunista. Gonzalo Amoedo.
Edit. Fundación 10 de
marzo.2006
Galiciana-
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> El Áncora, La correspondencia gallega (Pontevedra),
El
Combate Semanario republicano, Diario de Galicia, El
Diario de Pontevedra, Hoja
Oficial del Lunes, La
idea moderna, La Integridad diario católico, Gaceta de
Galicia Diario de Santiago,
Eco
de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas
Sud-Americanas, La
Libertad,
El Progreso, El
pueblo gallego,
La revista popular
Na
Biblioteca
Nacional de España:
www.bne.es
=>
Diario oficial de avisos de Madrid, La Iberia (Madrid), El Nuevo
régimen, La Correspondencia de España
La Voz de Galicia.
Faro de Vigo. Hemeroteca