sábado, 31 de octubre de 2020

Placas e Monólitos

Concello

Conxunto urbano

Lembran os premios a mellor conxunto urbano que recibiu o Concello de Redondela nos anos 70.

Conxunto urbano 1970 Foto Raquel Calvino-Wikipedia

Placa altimétrica

Colocada polo Instituto Geográfico Nacional, nela constan a altitude, latitude e lonxitude.

Placa altimétrica. Foto: HombreDHojalata-Flickr

Sentenza en galego

Conmemoración en 2015 do 30 aniversario da primeira sentenza en galego, ditada polos maxistrados Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo e promovida polo Concello de Redondela.


Primeira sentenza en galego Foto: J. Migueles
Primeira sentenza en galego Foto: J. Migueles

Ramón Cabanillas

Na fachada do Concello colocouse unha placa na honra do célebre escritor Ramón Cabanillas, quen segundo reza fora secretario en dita institución. Nos datos que manexo Ramón Cabanillas si foi secretario de Concello, pero do de Mos, que daquela formaba parte do partido de Redondela. Polo que mentres non se atope no arquivo un acta firmada polo escritor, dou en pensar que nunca pisou o noso Concello, que por certo daquela estaba situado na Casa da Torre.

R. Cabanillas. Foto: J. Migueles
R. Cabanillas. Foto: J. Migueles

Alameda

Estatua Castelao

Na alameda de Redondela, como xa citamos na entrada adicada ás esculturas, na de Castelao foron colocadas dúas placas na base: unha conmemorando os 50 anos do seu pasamento (2000) e outra o Centenario do Himno Galego (2007). Serían roubadas en 2015.

Himno galego. Foto: alfesculturasymonumentos.blogspot.com

Antigo cárcere

Galeguización municipal

Colocada en 2018 para conmemorar o 35 aniversario da Lei de Normalización lingüística e homenaxear ao noso Concello por ser pioneiro no uso do galego na administración local. Non deixa de ser curioso que esta placa non a colocaran na propia Casa do Concello.

Lei de Normalización. Foto: J. Migueles
Lei de Normalización. Foto: J. Migueles

Rueiro de Redondela

Pz. da II República

Homenaxe aos defensores da República que sufriron a represión franquista. A placa de bronce sería roubada. Substituída no 2018 sería tapada con pintura pouco despois.


 Foto: Asociación de Familiares y Amigos de Represaliados de la II República por el franquismo

Estación do tren de Redondela

En 2019 celebrouse na estación de Redondela un acto en lembranza do paso en tren do escritor Federico García Lorca e dos versos que adicou á nosa vila.


Paseo da Xunqueira

Homenaxe a Xosé L. Franco Grande

Homenaxe promovido pola Fundación Lois Peña Novo en 2019 ao autor do dicionario galego publicado en 1968.

X. L. Franco Foto: J.Migueles
X. L. Franco Foto: J.Migueles

8 de Marzo

Placa en lembranza das mulleres vítimas da violencia de xénero. Despois dalgún cambio de localización colocouse na rúa Salgueiral.

Campo de Fútbol

No 2015 celebrouse un homenaxe a Manolo Conde, fundador do club C. P. 81 (Casa Paco), dándolle o seu nome ao campo de fútbol Anexo.

Persoeiros

Rita Otero Fernández

Persoeiro do ano en 2014. Entre os actos celebrados sería colocada unha placa no pazo de Petán no que residiu co lema “Quen fixo da caridade o seu lema de vida".

José Regojo

Placa colocada en 1993 no Pazo de Petán en agradecemento dos seus ex-traballadores.

José Regojo. Foto: eduxunta.gal
José Regojo. Foto: eduxunta.gal

 Casto Sampedro Folgar

Na rúa Reveriano Soutullo. (Ver Persoeiros S)

Diego San José

No edificio onde estaba a casa na que viviu o escritor. (Ver Persoeiros S)

Reveriano Soutullo

Casa onde viviu o músico, hoxe empregada pola Asociación Lenda. (Ver Persoeiros S)

R. Soutullo. Foto:HombreDHojalata-Flickr
R. Soutullo. Foto:HombreDHojalata-Flickr

 
Telmo Bernárdez

Dentro dos actos do Persoeiro do Ano, en 2015, descubriuse unha placa na casa de Telmo Bernárdez, médico implicado politicamente, que sería preso e fusilado durante a Guerra Civil.

Telmo Bernárdez. Foto: La Voz de Galicia
Telmo Bernárdez. Foto: La Voz de Galicia

Cemiterio

Redondela

“Concello de Redondela. Gloria eterna a cantos aquí xacen e que nos deron a vida, a terra e a lingua. 1 de novembro de 2006”.

Cemiterio Redondela Foto Adrián Estévez
Cemiterio Redondela Foto Adrián Estévez

 

Cedeira

Igrexa de Cedeira

Festa das Espigas. Celebrada en 1906 coa asistencia de delegacións da Adoración Nocturna de varias vilas galegas.

Igrexa Cedeira. Foto: J. Migueles
Igrexa Cedeira. Foto: J. Migueles
 

Cesantes

Homenaxe aos presos na illa

Na rotonda da entrada do paseo da praia da Punta. Esta placa de bronce sería roubada.

Illa de San Simón

Represaliados

Placa homenaxe aos represaliados durante e despois da guerra. Colocada en 2006, dentro dos actos do Ano da Memoria, no que se lle deu a San Simón o nome de Illa da Memoria.


Represaliados. Foto: elviajeroaccidental
Represaliados. Foto: elviajeroaccidental

Nautilus

Esta placa coa reprodución do Nautilus colocouse na estatua do capitán Nemo na praia da Punta, pero varios intentos de roubo provocaron o seu traslado á illa.

Nautilus. Foto: viajesbreogan.com
Nautilus. Foto: viajesbreogan.com

Celebración Mundial da Poesía

Placa colocada en 2001 polo Club de Escritores de Galicia.

Poesía. Foto: Tripadvisor
Poesía. Foto: Tripadvisor

Chapela

Arealonga

Placa colocada en 2018 polos veciños de Chapela na praia de Arealonga en lembranza de Daniel Beltrán, xove de 25 anos asasinado na noite de San Xoán por chamarlle a atención a un home que estaba ouriñando no paseo. Contén a cita "La educación es el arma más poderosa que se puede usar para cambiar el mundo" de Nelson Mandela.

Arealonga. Foto: Atlántico Diario
Arealonga. Foto: Atlántico Diario

Reboreda

Juan Manuel Pereira

No pazo familiar deste político en Reboreda. (Ver Persoeiros P)


J. M. Pereira. Foto: HombreDHojalataWikipedia
J. M. Pereira. Foto: HombreDHojalataWikipedia

Escola de Sato Paio de Abaixo (Reboreda).

Casa na Banda do Río (Sto. Paio de Abaixo) alugada para escola a Severiano Bastos “Marchabién”. Entraría en funcionamento como escola mixta en 1926, dende principios dos 40 sería exclusivamente masculina e estaría en servizo ata 1965, ano no que se iniciaron as clases no grupo escolar.


Sociedade Labrego Cultural de Reboreda

1975-2000. Os primeiros 25 anos. En agradecemento a Laxe e demais directivos polo seu esforzo e dedicación. Sociedade L. Cultural de Reboreda.”


Carballo das Cen Pólas

Os terreos nos que se atopa o Carballo das Cen Pólas foron adquiridos pola Xunta de Galicia en 1998. O día da toma de posesión descubriuse un monólito co texto: “En agradecemento de todos nós, dos que fomos e somos parroquia de Reboreda á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Outono 1998. Sociedade L. Cultural de Reboreda. Deus Fratesque Gallaecia. O carballo das Cen Polas ten as follas reviradas, que llas revirou o vento nunha mañá de xeada.”

Carballo das Cen Pólas Foto: A. CouñagoLaxe

Cemiterio de Reboreda

“Na memoria de todo os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu, Reboreda Santos 2018”.


O Viso

Cemiterio do Viso

Promovido polo Servizo de Normalización Lingüística celebrouse o 27 de outubro de 2019 o “Día da restauración da memoria lingüística de Galicia”. Na entrada do cemiterio do Viso colocouse unha placa coa lenda “O barrio de todos”.

O Viso. Foto: Concello de Redondela
O Viso. Foto: Concello de Redondela


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.

Faro de Vigo

Atlántico Diario

 

lunes, 26 de octubre de 2020

Esculturas

 

Cales e cantas son as esculturas que podemos contemplar no noso Concello? Tratarei de responder a esta pregunta tentando facelo por orde cronolóxico.

Esculturas dos xardíns da Alameda

En 1966 o Concello solicita á Deputación Provincial que se ceda en depósito unha serie de esculturas que se gardaban en desuso no Palacio Provincial. Trataríase do busto de Alfonso XII, que se conserva nas escaleiras da Casa do Concello, e dunha serie de pezas de granito que se colocaron nos xardíns da Alameda: o grupo escultórico de "Los Niños", unha cabeza tallada, a talla da cabeza da esposa do Sr. Solís e uha cabeza de romano.

"Los Niños". Foto:J. Migueles
"Una cabeza tallada" Foto: J. Migueles

 Castelao

Estatua de Castelao na Alameda para conmemorar o centenario do seu nacemento. A inauguración o Día das Letras Galegas de 1987 sería o colofón a unha serie de actos que comezaron un ano antes: Tren coa exposición da súa vida e obra, actos na festa da Coca, publicacións, partido pro-estatua CD Choco-RC Celta, cen pezas conmemorativas de Sargadelos…

Trátase dunha peza de bronce de estilo figurativo sobre un pedestal de pedra, obra de Alfonso Vilar. Posteriormente serían colocadas na base dúas placas: unha conmemorando os 50 anos do seu pasamento (2000) e outra o Centenario do Himno Galego (2007). Serían roubadas en 2015.


Castelao. Foto: J. Migueles

Escultura a Eduardo Blanco Amor

Con motivo da creación do Premio Blanco Amor de literatura por iniciativa do Concello de Redondela decidiuse homenaxear en 1982 a este escritor cunha estatua. A escultura obra de Juan Otero García “Eiravella”, representa unha figura masculina cun neno no colo e outros catro rapaces na parte posterior. Despois dun breve período na Alameda e das moitas críticas recibidas, a estatua sería substituída por un reloxo de sol e desprazada ao final do aparcamento do campo da feira. Nunca contou cunha placa que identificase a obra.


Homenaxe a Blanco Amor. Foto: J. Migueles

 

A Serea de Castelao (Reboreda)

En 1988 inícianse as obras de ampliación da casa da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda polo arquitecto César Portela. Pouco despois encárgase a escultura do escudo de Galiza debuxado por Castelao á escultora Ángeles Valladares. Varios problemas prolongan as obras durante seis anos, polo que a inauguración do edificio restaurado coa serea na fachada non se produciría ata abril de 1994.

 

Muro de Berlín

A principios dos anos 90 Manuel A. Figueroa Suárez cedeu ao Concello dúas pezas do Muro Berlín. Daquela non se tivo a sensibilidade necesaria e optouse por colgalas literalmente dun piar do viaduto de Ourense. Alí permaneceron abandonadas ata que se decidiu recuperalas. Despois dos traballos de restauración realizados pos Xesús Cameselle Ben, en 2011 colocáronse nunha vitrina nos xardíns da Xunqueira, diante do Multiusos.


As Penlas

En xuño de 2003, o conselleiro de Cultura, o redondelán Jesús Pérez Varela, inaugurou na praza da Constitución a escultura das Penlas e as Burras, figuras que acompañan á danza das espadas na Festa da Coca. É obra do artista ourensán Acisclo Manzano. Realizada en bronce, ten unha altura de 2,55 metros e un peso de 400 quilos. O custe superaría os 42.000 euros. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/festas-da-coca.html )


Valle Inclán

En 2004 o Concello colocou un busto do escritor Valle Inclán na Praza Figueroa. O lugar foi elixido porque nesta praza están os dous primeiros locais que ocupou a Biblioteca Municipal, que recibe o nome de Valle Inclán. En 2022 trasladouse á porta do Multiusos da Xunqueira, sede actual da biblioteca. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/edificios-e-espazos-publicos.html )


O Capitán Nemo (Cesantes)

No mesmo ano de 2004, colocouse unha estatua do Capitán Nemo na praia da Punta sobre unha das bases dos postes que levaban electricidade á illa de San Simón. Acompañan a esta estatua dous buzos na area que tan só se poden ver con marea baixa. Homenaxease así ao escritor Jules Verne, quen retratou a busca do tesouro de Rande na súa novela Vinte mil leguas de viaxe submarino. A obra foi esculpida por Sergio Portela Campos en base ao deseño do falecido Moncho Lastra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/redondela-na-literatura.html )

 

www.pueblos-espana.org

Monumento aos Mariñeiros (Cesantes)

Monumento de homenaxe a todos os que perderon a vida no mar, aos que se lembra todos os anos cunha ofrenda floral. Foi realizada tralo afundimento do Bahía, barco que naufragou en 2004, preto das Illas Sisargas, fronte a Malpica, cando regresaba ao porto despois da campaña da anchoa. Nesta traxedia, provocada polas malas condicións do mar, falecerían os dez tripulantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-2-metade-do-s-xx.html )

Monumento aos mariñeiros


A fonte da Danza das Espadas

En 2011 foi encargada ao escultor Ancisclo Manzano para instalala na Praza Ribadavia. Ante a oposición veciñal estudáronse outras opcións pero ata o de agora (2020) non chegou a ser instalada, apesares dos 54.000 € que custou a obra, que permanece abandonada nos terreos do Pazo de Pousadouro. Trátase dunha fonte luminosa de seis metros de alto e a súa instalación estaba valorada noutros 64.000 € .

A fonte. Foto publicada en Facebook

Virxe do Carme (Cesantes)

Por encargo da Deputación de Pontevedra, a Escola de Canteiros de Poio instalou en 2014 unha imaxe de granito da Virxe do Carme acaroada á capela adicada á mesma na praia da Punta. A escultura obra de Rubén Gil Rodríguez mide 2’70 metros de alto, por 1,20 m de ancho e 0,70 m de fondo, cun peso de 4.500 kg. Posteriormente engadíuselle outra talla contendo parte dos versos adicados á illa de San Simón do trobador Mendiño (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/mendino-s-xiii-xiv-trobador-medieval.html ), que mide 3,20 metros de alto por 2,90 metros de ancho.

 

Virxe do Carme. Faro de Vigo

Escudo e símbolos de Redondela

Durante a reforma da zona verde baixo o viaduto de Pontevedra, a escola taller de emprego Vila Bela, ademais de mesas con xogos e bancos tallados coa Coca, esculpiron un escudo de granito do Concello de Redondela de 2,5 metros, adornado con elementos típicos da nosa vila como Xan Carallás, o choco e a Coca. A inauguración tería lugar en febreiro de 2017.


Muíño e Berete (Reboreda / Chapela)

En 2018 a escola taller do Concello de Redondela crea as esculturas dun muíño para a rotonda de Reboreda e a do berete para a rotonda da Av. de Redondela (Chapela). Tamén deseñan o parque do solar ocupado anteriormente pola casa de Fenosa esculpindo as hamacas de pedra.


Rosalía de Castro (Chapela)

En xullo de 2018 preséntase a escultura de Rosalía de Castro na alameda á que da nome en Chapela dende febreiro dese mesmo ano. É obra do escultor ourensán Toni Ferrer. Na súa base pode lerse: "En lembranza de Rosalía de Castro, muller universal das nosas letras". 

 

Busto de don Luis (Vilar de Infesta)

Homenaxe ao cura Luis Gómez Jorge nas inmediacións do centro cultural. Nomeado en novembro de 1961 párroco de Vilar de Infesta, Negros e Cabeiro. En 1970 sería designado arcipreste de Redondela. 

 

Busto Don Luis. Foto: J. Migueles

Cabalo Enteiro. (Ventosela)

Cabalo de madeira realizado para o Artelixo 2014 (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/colectivos-e-festivais-musicais-historia.html ) por Carlos Graña. Instalada na Ruta das Pedras en 2019, durante a conmemoración do Día da Árbore. No acto participaron CEIP Santo Paio de Reboreda, EEI de Ventosela, CMMC de Ventosela e Artelixo.

Cabalo Enteiro: Foto: J. Migueles

 

 

Xan Carallás

Por iniciativa da Orde de Xan Carallás (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xan-carallas.html ) o 2 de maio de 2019 inaugúrase esta estatua na Alameda. A escultura é obra de Juan Vázquez Pérez, quen exerce como mestre no taller de cantería do Concello.


Xan Carallás

Rotondas de Cedeira e Cabanas (Cedeira/Trasmañó)

En 2019 a escola taller reforma estas dúas rotondas. A de Cedeira coas tallas dun viaduto e a Coca, e a de Cabanas, que a citamos pero que non conta con esculturas.


Peregrino (Quintela)

En 2019 a escola taller Vila Bela II instala nun área de descanso de Quintela a figura en pedra dun peregrino en pleno Camiño Portugués para que os camiñantes podan fotografarse.


Peregrino. Facebook Vila Bela

San Fausto (Chapela)

No cemiterio de Chapela instalouse en 2020 unha estatua de granito de San Fausto doada polo empresario José Ángel Ballesteros Mosquera.


Regojo

En 2020 a escola taller de emprego Vila Bela III, inicia os traballos de reforma da contorna que ocupara en tempos a empresa téxtil Regojo (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/regojo-e-outras-empresas-textiles.html ), con elementos tallados en pedra que lembran a súa actividade.


Regojo. Foto: J. Migueles

Troita en pé.

Obra do Colectivo Koebra indultada no Artelixo 2021 e colocada no inicio do Paseo do río Maceiras na edición seguinte. Feita con material de refugallo sacado desta mesma corrente fluvial.

 

Monumento aos fusilados no alto da Concheira (Trasmañó)

Escultura instalada en 2021 en lembranza das 21 persoas que foron fusiladas no alto da Concheira por defender a República.

Monumento aos fusilados. Foto: J. Migueles


Os xigantes e o viaduto.

Grupo escultórico instalado diante do Multiusos da Xunqueira en 2021.

 

Xigantes e cabezzudos. Foto: J. Migueles

A todas estas esculturas habería que engadir as instaladas nas illas de San Simón e San Antón, durante as obras de rehabilitación das mesmas.


Unha das moitas esculturas na illa de San Simón.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Blog do Arquivo do Concello de Redondela. http://arquivoconcelloredondela.blogspot.com

A nosa memoria. Vintecinco anos despois. 1975-2000. Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.

Turismo Ríass Baixas => https://turismoriasbaixas.com/

La Voz de Galiciana

Faro de Vigo

Atlántico Diario

Radio Redondela

Facebook Concello de Redondela

Aportes Andrés Couñago Laxe e Daniel Boullosa.


miércoles, 21 de octubre de 2020

Cargos públicos. Ferroviarios.

 

Operarios do Ferrocarril, sen data. Foto publicada en Redondela crónica gráfica.

Xefe da estación de ferrocarril de Redondela (de 2ª clase)

18?? Timoteo Velasco. Trasladado á estación de Tuy en abril de 1883.

1883, abril. Domingo Sala.

189? Juan Nieto. Cando menos dende 1894 e ata 1901. Anteriormente (a finais de 1892) era xefe da estación de Guillarei. Chegaría a ser multado porque o 9 de marzo de 1896 estiveron a piques de chocar dous trens pola súa falta de previsión.

1901, maio. Rafael Maestú Ulibarry. Anteriormente xefe da estación de Ricamonde. Trasladado con ascenso a Monforte en 1919.

192? Eloy Madero. Estaba en setembro 1921, cando tivo unha filla. En maio de 1922, foi ascendido a xefe de primeira clase.

192? Manuel Quiroga Rivero. Xefe suplente, faleceu repentinamente en xullo de 1923.

192? Rafael Maestú Ulibarry. Cando menos dende 1925. Xubilouse en setembro de 1935.


195? Joaquín Abad Sánchez. No cargo en 1957. Xubilouse antes de 1964.

1958, maio. Sebastián Muíños Blanco. Natural de Redondela.

19?? Luis Cabaleiro Pedreira. Cando menos entre 1961 e 1962. Casado coa mestra redondelá Amalia Muíños Blanco en 1935, sendo daquela factor.

196?. Sebastián Muíños Blanco. Natural de Redondela. Permaneceu no cargo ata a súa xubilación en xullo de 1968.

1969, outubro. Manuel Iglesias Fernández.

197? Luis Fernández Nozal. No cargo en 1976.




Factor da estación de Redondela

1897, marzo. Manuel Rodríguez. Natural de Monforte. En xullo de 1898 desapareceu con cartos da empresa.

19?? José del Campo. No cargo entre 1900 e 1902.

19?? Braulio Coya Fernández. En 1912

19?? Ramón Arines. Ascendido en 1923 e trasladado á estación de Ourense.

192? Idelfonso Villagómez. No cargo en xaneiro de 1924.

19?? Rafael Álvarez Mosquera. En 1924.

19?? José Otero Bouzón. Garda-agullas. Traballaba en 1925 cando faleceu o seu fillo, Alfredo Otero Carballo.

19?? Salvador Ramos. No cargo en febreiro de 1925, cando tivo un fillo.

192? Alfredo Otero Carballo. Faleceu a finais de 1925 atropelado por un tren.

19?? Luis Cabaleiro Pedreira. Factor en 1935, chegaría a xefe da estación cargo que desempeñaba en 1962.

19?? Damián Santos Parada. En Redondela en 1959. Trasladado despois á estación de Lugo, onde seguía en 1964.

Telegrafista da estación de Redondela

18??-1893 Jose María González. Telegrafista da estación de Redondela, faleceu en Ourense en outubro de 1893.

19?? Delio Maestú. Trasladado a Monforte en maio de 1924.

1924 Manuel Vázquez Adán. Telegrafista da estación de Redondela ata o seu traslado a Vigo en novembro de 1924. En 1925 casou en Vilavella con María Villasante Pérez.

1924, maio. Julio Vázquez Rodríguez. Continuaba en 1927.

1934, maio. Manuel Lozano Pérez. Anteriormente na estación de Carril.


Outros telegrafistas do Ferrocarril

Rafael Maestú Conde. Telegrafista da estación ferroviaria de Tui, faleceu en Redondela en 1908.

Diego Vázquez. Celador de Telégrafos en 1907.


Garda-vía

18?? Manuel Cabaleiro. Suicidouse en agosto de 1891, tirándose ao paso dun tren.


Garda-agulla

18?? Francisco Muñoz Fernández. En 1888 foi collido entre os topes dun tren na estación de Redondela, mais as feridas non puxeron en perigo a súa vida.

19?? Julio Pérez. Collido entre os topes dun tren en setembro de 1936, falecendo pouco despois.


Garda de noite da estación de Redondela

19?? Santiago Fernández Carballo. De Reboreda. En 1912


Asentador de vías e obras

Gumersindo Santos. Cando menos dende 1897. Falecido en 1903 e enterrado en Redondela.

Manuel Pérez. Cando menos entre 1904 e 1909. Trasladado, xa que aparece dende 1897 traballado como asentador noutra zona da área Vigo.

Manuel Fernández. Entre1911 e 1924.

Avelino Saavedra. Cando menos entre 1925 e 1927


Xefe da Estación de Chapela

19?? Alfredo Palencia. Cara a 1945.


Factor da Estación de Chapela

19?? Lorenzo Ezquerra Posada. Faleceu en maio de 1950.


Outros ferroviarios

Eduardo Álvarez. Gardafreo resultou gravemente ferido en abril de 1900, cando o tren foi apedrado.

José Barral. Inspector de ferrocarril, ao que o cura de Redondela lle negou a sepultura en 1862, porque o finado traballara moitos anos como cocheiro para os Marqueses de la Vega de Armijo.

José Quintán. Factor da estación de Pontevedra, que en 1902 casou coa señorita de Redondela, Claudina Pombo

19?? Fidel Prieto Díez. Expendedor na estación de Redondela. En 1923 ascendido e trasladado á de Ourense.

Tomás Rodríguez, en 1930 empregado xubilado da Compañía de Medina del Campo.

1923 Paulino Rodríguez Saulés. Fillo de Tomás Rodríguez. Proposto para substituír a Fidel Prieto en 1923. En 1930, sendo factor da estación ferroviaria de Ribadavia, casou con Carmen Tojeiro Fernández,

Manuel Martínez Martínez. Factor da estación de Ourense, faleceu en Redondela en 1926.


Chapela-Empregados de Tranvías eléctricos de Vigo

Gregorio Cabaleiro Reboreda. Limpa-vías. Faleceu en Laredo (Chapela) en 1940 aos 56 anos.

Pallares Rey, Manuel. Empregado dos talleres do tranvía en Chapela. Faleceu en 1924 vítima de rápida enfermidade.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, El Correo de Galicia, El Eco de Galicia, El Regional, Gaceta de Galicia...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario de ferrocarriles españoles, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Tramancazos



a/