Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

domingo, 10 de mayo de 2026

Espectáculos nas feiras: dos cegos ás cabras.

 

1986 Recreación das Coplas de cego advirtindo dos carteiristas na feira. Á esquerda Morris.

Foto cedida por Xosé González Martínez


Cantares de cegos


A mediados do século XX, aínda viñan á feira os cegos que cantaban coplas nas que narraban asasinatos cometidos noutras vilas de Galicia. Esta narración era acompañada por un cartel no que uns debuxos a modo de cómic describían os sucesos que remataban nun macabro crime. A medida que avanzaba a narración o cego cunha vara ía sinalando as diferentes viñetas, previamente memorizadas. Vendían as coplas en papel e así gañaban a vida polas feiras adiante.

Unha destas coplas contaba como uns ladróns penetran nunha casa atopándose no interior a unha criada:


...allí encuentran a la pobre de la criada.

La cogen por el pelo y la tiran por la ventana

yendo a caer a la cuadra y allí entre malos olores

a Dios “entreghó” su alma.


Non atopei a ninguén que lembrara a un cego tocando algún instrumento para acompañar os seus cantares, pero si a foto dun tocando a gaita na estación do tren. Lembremos que na nosa estación antigamente era habitual facer transbordo, polo que soia xuntarse xente agardando a chegada de trens, polo que non era mal lugar para gañar uns pesos.

 

Cego tocando a gaita na estación, anos 20. todocoleccion.net



A Cabra


Ata finais do século XX, sobreviviu outro espectáculo típico das feiras e festas, era A Cabra. Era realizado por xentes de etnia xitana que adestraban unha cabra para que realizara acrobacias ao son dunha música, que nos inicios acostumaba ser un pandeiro e co tempo pasou a realizarse o acompañamento cuns modernos teclados. O número da cabra consistía en subir a pequenos troncos de madeira e subir ao alto dunha escaleira. Un colaborador ou colaboradora encargábase de pasar a gorra entre o público para recoller as esmolas dos presentes.

 

A cabra na Praza da Constitución. Foto cedida por José Luis Rodríguez Figueroa


Autor: J. Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes M. Migueles.

domingo, 23 de noviembre de 2025

O grupo de Breakdance de Redondela de 1987.

 

Fisi e Salva ensaiando para o Campionato Galego. Foto cedida por Fisi

 

            O Breakdance é un baile que se caracteriza por incluír movementos acrobáticos. Naceu nos anos 70 do pasado século, dentro da cultura do hip hop entre a comunidade afroamericana de New York e abriría paso a outras expresións artísticas como o Rap e o graffiti. Nos 80 estendeuse a outros países grazas a películas como Flashdance. Un dos países onde arraigou máis este baile foi en Francia, chegando a ser moi controvertida a súa inclusión como disciplina olímpica nos Xogos Olímpicos de París 2024.

            En España tamén entrou con forza nos anos 80, sendo maior a influencia en Madrid e Barcelona. As discotecas, sempre pendentes das modas musicais do momento, organizaban concursos ou exhibicións. O éxito era tal, que era habitual que apareceran nos programas televisivos daqueles anos, como Tocata, normalmente en modalidade individual, tríos e por equipos.

            E a 1987, ano no que se celebra o Primeiro Campionato Provincial de Pontevedra de Baile Breakdance nunha discoteca de Poio. Como non podía ser doutro xeito Redondela estivo representada por un grupo de mozos. O equipo estaba formado por Jaime Borines, Pepe Alján, Antonio Ojea, Salva, Rodolfo Pato e Fernando “Fisi” Piñeiro. A súa participación sería todo un éxito acadando unha meritoria segunda posición, sendo derrotados polo equipo de Vigo.

            Para o campionato galego, problemas para compaxinar os ensaios minguan o equipo e finalmente soamente poden acudir Salva e Fisi. Apesares de participar como parella, conseguen o terceiro posto, superados tan só por Vigo e A Coruña. Os tres primeiros clasificábanse para o campionato nacional de España, pero finalmente ese ano non se celebrou por problemas organizativos e de índole económico. 

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes Fisi Piñeiro.

Tmblr. Orígenes, principios de los ‘80. Break Dance. https://www.tumblr.com/jldg-uoc-student/143706592599/origenes-principios-de-los-80-break-dance?redirect_to=%2Fjldg-uoc-student%2F143706592599%2Forigenes-principios-de-los-80-break-dance&source=blog_view_login_wall

Público. https://www.publico.es/culturas/hey-pijo-air-jordan-asi-nacieron-break-dance-grafiti-rap-espana.html

 

 

 

 

 

domingo, 4 de junio de 2023

Antigos Gaiteiros de Redondela.

 



Antonio del Villar. Catedral de Tui. Foto: O traxe das terras de Tui. Emilia Alonso Gzlez.

         A información que temos sobre os antigos gaiteiros, así como de outros músicos, é ben escasa. Por sorte en Redondela o traballo de investigación realizado por Casto Sampedro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html ) nos permiten coñecer os nomes dos gaiteiros que actuaron como os seus colaboradores, así como do acompañamento da Danza das Espadas desde mediados do século XIX (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-historia.html ).

         Apesares disto, a hora de buscar referencias anteriores no tempo temos dúas vías de investigación. A primeira, obviamente, sería a busca de documentación antiga. Ata agora o documento máis antigo de Redondela que atopei no que se cita a un gaiteiro data de 1740. Trátase do testamento de María Calvo Salcedo no que nas últimas vontades ordena completar a fundación da capelanía do Carme que iniciara o seu irmán. Comprobamos aquí como xa no século XVIII como xa estaba arraigada a devoción da virxe do Carme entre a xente mariñeira. Entre as directrices que deixa María Calvo está a obriga de celebrar a festividade o 16 de xullo, custeándose tanto os actos relixiosos como os profanos. Estes últimos serán os que nos interesan, porque se especifica: “(buscar dicho Capellán y los que le subcedieren Gaytero que toque en la tal Fiesta), e o nomeamento do capelán: Por la primera vez, hagan el nombramiento en quien quisieren, y a su Arbitrio y Voluntad, en la segunda lo hagan hacer precisamente en Hijo de Vecino de dicha villa de Redondela descendiente de Mareantes, y a falta de éstos en los Hijos de los de la Tierra...”

         A segunda vía de investigación sería a arte relixiosa e neste eido Redondela conta cunha gran escola de ebanistas (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/imaxineiros-ebanistas-de-redondela.html ). Buscando en retablos e obras de imaxinería realizadas por redondeláns atopamos a representación de dous gaiteiros. A primeira procede da Colexiata de Vigo e actualmente atópase no Museo Diocesano de Tui. Trátase dun baixo relevo onde se representa o nacemento de Cristo e entre os que adoran o neno aparecen un gaiteiro acompañado por un pandereteiro. É obra do retablista redondelán Domingo Martínez e está datada en 1685.

Domingo Martínez, detalle relevo da Colexiata de Vigo. Arquivo Sonoro de Galicia
 

    O outro gaiteiro o atopamos tamén entre as figuras que adoran ao neno Xesús no retablo de Nosa Señora da Expectación da Catedral de Tui. Data de 1777, sendo realizada polo escultor Antonio Villar, que é considerado o máis importante do Bispado de Tui. As dúas obras teñen en común que os músicos cobren a cabeza cunha monteira, o que podería ser un signo de distinción dos artistas daquela época.

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

O traxe das terras de Tui. Emilia Alonso González.

Devocións mariñeiras: do Corpo Santo á Virxe do Carme. Clodio González Pérez. Ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde. Pontevedra, 10-12 de xullo, 1997. Coordinador Francisco Calo Lourido.

Arquivo Sonoro de Galicia.

 

viernes, 18 de noviembre de 2022

Colectivos e Festivais Musicais. Historia

 

 

I Festival SAR. Fondo Eugenio Lueiro.
I Festival SAR. Fondo Eugenio Lueiro.

 

Neste apartado faremos un breve repaso polos festivais musicais celebrados no Concello de Redondela desde a década dos 60 do pasado século e dalgúns dos colectivos que o fixeron posible.


Festival da S. A. R.

A entidade deportiva Sociedade Atlética de Redondela (SAR), que chegou a contar con equipos en 12 disciplinas diferentes, comezou a recadar fondos organizando este festival. Nas primeiras edicións celebrouse no cine Fantasio, no Parque La Junquera e por último na Sala Miramar. Nel tiñan cabida todo tipo de artistas tanto locais como doutras vilas. No I Festival SAR celebrado os días 25 e 26 de xaneiro de 1965 actuaron: Amador Zabaleta (acordeón), o Mago Yosca, Santos (música lixeira: voz e frauta), “Los Troveros”, Berto, Bouzas, Paulino (melodía moderna), “Dúo Redondela”, “Los Dinámicos” (trío de armónicas: Fotsca, Agustín Lovera e Manuel Muíños “Jamaica”), o grupo “Miramar”, Xacinto dos Carafunchos (humorista), a nena de 7 anos Mary Loli (gañadora do concurso “La Voz de Vigo”) e Lueiro Urtaza (presentador e poesía). Nas seguintes edicións subirían ao esceario: “Los Condors” (grupo de Vigo), “Los Santos” (grupo de Vigo), “El Peque” (xoven acordeonista de Amoedo), “Baby” e a súa rondalla, a Sección Femenina (baile rexional), Enrique Tuche (tenor), Eduardo Otero (cantante), Varela (recitador de poesía), “Trío Calavera” (Pepe “Trenco”, Chencho e ¿?)... Neste festival actuarían os primeiros grupos de rock da vila. Celebrouse por derradeira vez en 1994, despois de sete edicións.

En 1965 tamén organizaron o concurso Salto a la Fama, para menores de 15 anos, gañando Ricardo, o que lle permitiu participar na segunda edición do festival SAR.

No II Festival, celebrado os días 29 e 30 de decembro de 1965 e presentado por Lueiro Urtaza, actuaría Xacinto dos Carafunchos; os conxuntos de Vigo “Los Cóndor's” e “Los Santos”, a nena Mary Loly, os cantantes locais Bouzas, Paulino e Juan Álvarez; Eduardo Otero e Chucho; o conxunto da SAR; o recitador Varela “El Peque”; e o vocalista Santos; ademáis do citado Ricardo. Tal sería o éxito que todos eles actuarían tamén no cine Vidal, de Arcade, baixo o nome Show de la SAR 66.

O festival seguiría celebrándose durante a década dos 70 e o derradeiro intento por recuperalo tería lugar en 1994. Entre medias organizouse en 1989 o Festival XXV Aniversario SAR.

Outro concerto que organizou este clube sería o Festival SAR de Zarzuela. Celebrouse no cine Fantasio e contaba co seguinte programa: Actuación da Coral Santiago Apóstol de Redondela e recital de Zarzuela a cargo de Silvia Pintos, tiple; Enrique Tuche, tenor; Carlos Lastra, barítono; Manuel Sirera, tenor; e Manuel Rodríguez, tenor. Acompañados ao piano polo mestre Margüenda e a actuación especial de Santos.

III Festival SAR. Foto cedida por Albi.
III Festival SAR. Foto cedida por Albi.

 

Concurso de conjuntos ye-yes

Concurso celebrado no Miramar durante as festas da Coca de 1966, sendo patrocinado por Pedro Regojo, daquela presidente da SAR. Non atopei quen venceu pero si o segundo clasificado que serían os vigueses “Los Greps”.


Festival a beneficio do campo de futbol de Vilar

Celebrado o 31 de outubro de 1968 na Sala Parque La Junquera, coa participación dos grupos vigueses Los Cuervos e Los Santos acompañados polos conxuntos vocais da S.A.R.


Grupo de grupos

Colectivo formado polos grupos de finais dos 80 e principios dos 90. Entre outras cousas, conseguiu a concesión por parte do Concello de locais de ensaio no instituto vello (hoxe Multiusos da Xunqueira).


Veráns Culturais do Ateneo

O Ateneo Redondelán foi un colectivo creado en 1988 e que dinamizou a oferta cultural coa celebración de charlas, coloquios, exposicións... Dentro da súa programación incluiu concertos de grupos como Agá de Oh, Lulás...


Veráns Culturais do Ateneo. Agá de Oh. Foto cedida por Rodri.
Veráns Culturais do Ateneo. Agá de Oh. Foto cedida por Rodri.

Festival de Rock Redondelán

Celebrouse durante un par de anos a principios dos 90, coa participación de todos os grupos da vila.


Homenaje a Led Zeppelin

Concerto que comezou a organizarse a finais dos 80 en Ventosela tocándose versións de Led Zeppelin.


Marathon Cultural

Festival que se iniciou a finais dos 80 no Centro Recreativo y Cultural de Redondela, polos alumnos de Xesús Cameselle Ben. Nel tiñan cabida o teatro (Disonada), pintura (Lino Lago), caricaturismo (Koiko) e o humor (Lareira), pero sobre todo a música. Nel se deron a coñecer: Bajo Contraste, Lulás, Secuestro Legal, Tráfico, Xalgareta, Trasgo, Nembargantes... Pero tamén grupos efímeros como Farlopa.


Certame de Canción Inédita

Como o anterior, organizado por Suso Ben, pero do que tan só se celebrou unha edición a mediados dos anos 90. Festival acústico no que participaron xente coma: Pempi e Pedro ou Lupe Maestú.


Lupe Maestú no Certame de Canción Inédita. Foto: Suso Ben

Rockondela

Festival organizado polo Concello coa finalidade de apoiar aos grupos locais. Na primeira edición celebrada en 1995 tocaron Nembargantes, La Gripe e Trasgo no pavillón de Redondela. A súa terceira edición suspenderíase ante a negativa dos grupos a tocar ata que o Concello pagara as actuacións das dúas primeiras edicións. No 2004 o festival celebraría a súa oitava edición, actuando La banda de Nash (Vigo) e os grupos redondeláns Antisozial, Darwitch e The Mirage.

Nembargantes no primeiro Rock´ondela no pavillón Foto Suso Ben
Nembargantes no primeiro Rock´ondela no pavillón. Foto: Suso Ben


Langueitor. Metal & Rock Fest

Festival adicado a quen fora guitarrista de Nocheni, Otello Acosta. Celebrouse por primeira vez no 2004 no pub Solera actuando as bandas Darkwitch, Fallen Sentinel, Nocheni e The Mirage. Nas seguintes edicións actuarían grupos como Dantalion, Dharma, Cadalso, Valver ou The Silence.


Sons Redondela

Concerto celebrado no 2005 coa participación de músicos veteranos que tiñan participado nos festivais da SAR: Catina, Enrique Tuche...


Festival de Bandas Locais

Organizado polo Concello, tan só se celebraría en dúas ocasións. No 2012 con The Silence, Nocheni, Tok e Caramuxo Vermello; e na edición do 2013 con La Vaga Banda, Sete Cuncas e Haku.


Arde Rande

Festival baixo a Ponte de Rande dende o 2007. Diferentes estilos musicais de grupos de Redondela e arredores. Deixou de celebrarse no 2018.


Arrastro Rock Festival :

Festival de música en Reboreda dende o 2006. Na primeira edición, o cartel estaba composto por: Antisozial GZ, Estado de sitio, Gargola, Negra Sombra, Jazz Menagerie, Timbalada e DJ Jota, repartidos en dous dias. Este festival ofrece diferentes estilos musicais de grupos tanto noveis como consagrados a nivel. Os gastos corren por conta da organización e o patrocinio de locais comerciais, bares, pubs e discotecas. Deixou de celebrarse no 2018.

Arrastro Rock 2016. Facebook do festival.
Arrastro Rock 2016. Facebook do festival.


Asociación Cultural e Social de Chapela

Formada en 1991 creou a Escola de Música de Chapela da que xurdiron a Banda de Música de Chapela e varios grupos de música e baile tradicional. Ademais da programación propia da Escola de Música organiza numerosos cursos (pintura, aerobic, coiro...) e actividades culturais (festivais, campus musical, ludotecas, conferencias...)


Berete Rock

Festival celebrado por primeira vez no 2012 na Praia de Arealonga en Chapela. Como o seu nome indica está orientado cara os diferentes estilos do Rock.


Castle Records

Estudo de gravación con Santiago Gesteira e Xoel López como técnicos de son. Neste estudo gravaron os grupos locais Antisozial GZ, Marxe Eskerda, The Silence, Calämbur…


Centro Social a Formiga


Festival Folk Arealonga

Festival de música folk celebrado na praia Arealonga de Chapela e incluído na programación cultural de verán do Concello de Redondela.


Lixo Rock

Concerto alternativo na Alameda. Naceu no 1995 dentro do programa da exposición de esculturas feitas con materiais de lixo, Artelixo, organizado pola desaparecida asociación Josefá como protesta polo vertedoiro ilegal que había na avenida Mendiño. Actualmente a organización corre por conta de xente como Pedro ou Toti. Póñense esceario e instrumentos a disposición de todo o que quera actuar.


Lixo Rock 2009 Facebook Kampa crespo


Meixón Music

Os bares A Tenda de Candelaria, O Escondidiño e Café da Vila iniciaron unha programación de verán na rúa Meixón Frío con música ao vivo e contacontos, que segue a celebrarse apesares das dificultades xurdidas polo troco de donos dalgúns destes negocios. Actualmente (2019) é organizado por Café da Vila e La Lujosa.


Millo Verde

Festival alternativo dende o 2007. Festival con área de acampada que se realizaba na Marisma ata que a construción do novo pavillón obrigou a trasladalo a Chan das Pipas (Saxamonde). Posteriormente coñecería unha terceira localización, o Paseo da Praia da Punta, onde segue a celebrarse actualmente (2022). Os grupos participantes tocan os máis diferentes estilos: rock, ska, heavy... Paralelamente, realízanse outras actividades como o Concurso de Maquetas, charlas, xogos populares, actuacións de rúa...

Millo Verde-Eskalabirras. Facebook Festival MV


A Noite da Lúa Meiga: Festival de música folk que se celebra en O Viso. Organizada pola agrupación folklórica Terra Meiga vense realizando dende o ano 2001. Ademais da música tamén se ofrecen unha serie de actividades como xogos populares e mostras de artesanía. Deixou de celebrarse.


Pro-Son

Asociación de Alxán (Arcade-Soutomaior) Fundada no 2008 por varios mùsicos e grupos da zona de Soutomaior e Redondela, conta nas súas filas con Roneo, Ennyo, EXLDF e The Silence de diferentes estilos musicais (Hip Hop, Metal, Experimental, Rock...). Organiza o Festival Rocknaría en Arcade.


Radio Redondela

Radio municipal do Concello de Redondela.

Radio Polorri: Programa da radio municipal que presentaba Alfonso Conde. Comezou a emitirse a finais do 2015, lembrando a historia dos grupos da vila con entrevistas, concertos en directo e reprodución de discos e maquetas.


Romaría Cultural da Sinha Paca

No 2018 celébrase a I Romaría Cultural co fin de reivindicar a necesidade dun local de ensaio en Redondela e en protesta pola política cultural que estaba levando á desaparición de variosfestivais. Estivo organizada polos colectivos Arte Lixo e Millo Verde, conformando a Plataforma Cultural de Artistas e Activistas de Redondela, sendo o xerme de Sinha Paca.

Sala Disco Tasca

No 2012 revolucionou a oferta cultural de Redondela con concertos, teatro... Iniciativa privada de breve historia que rematou un ano despois.


SinSal

Festival organizado na illa de San Simón ao que a xente acude sen saber os grupos que tocarán.


Teixeira Rock

Festival de Rock no Viso con grupos da contorna que non tivo continuidade.


Vento Rock

Asociación de Ventosela que organizou por primeira vez no 2008 o Festival Vento Rock e máis recentemente o Concurso de Bandas Locais e o Vento Folk. No 2018 deixou de celebrarse o festival.

 

Organización do Vento Rock. Facebook


Varios

Destacar tamén aos centros culturais e tódalas asociacións e colectivos que me quedan no tinteiro. Por último, nomear ás cafeterías, pubs e discotecas que de maneira puntual organizan concertos e exposicións entre outras actividades.


Programación cultural do Concello

Nela teñen cabida diferentes tipos de música dende o folk galego ata o gospel estadounidense, pero tamén o cine e o teatro. O prato forte soe ser a programación do verán, que alá polos anos 90 tiña o bonito nome de Noites Máxicas dos Viadutos. Apesares das variacións que pode ter, principalmente cando hai un troco de goberno, nos derradeiros anos podemos citar os seguintes ciclos:

  • Pórtico Sonoro. Actuacións nas igrexas de corais e grupos de música clásica ou tradicional.

  • Rede de Músicas Soltas. Serie de concertos no Multiusos da Xunqueira de diferentes estilos musicais. Destacar a actuación no 2017 de Juan Perro.

  • Certame de Habaneras. Concerto de varias corais no Multiusos da Xunqueira.

  • Sonoaire. Festival no que se celebran varios concertos en diferentes rúas do casco urbano.

 

Sonoaire 2018. Foto:J. Migueles
Sonoaire 2018. Foto:J. Migueles

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

Recopilación de grupos feita por Pedro Pérez e Alfonso Conde “Fon”, con entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo, Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche “Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño “Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto “Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko, “Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral, Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Noticiero de Vigo, La Noche, El Pueblo Gallego…

Aportes orais.

Páxinas e blogs dos grupos e festivais:

Arde Rande http://www.arderande.org/

Arrastro Rock Festival : http://www.myspace.com/arrastrorockfest

Asociación Cultural e Social de Chapela: https://culturaldechapela.org/

Castle Records: http://www.myspace.com/castlerecordstudios

Centro Social a Formiga: http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=224068245

Lixo Rock: http://www.blogoteca.com/lixorock/

Millo Verde: http://milloverde.blogaliza.org/

A Noite da Lúa Meiga: http://www.noitedaluameiga.org/

Pro-Son: http://www.myspace.com/asociacionproson

RadioRedondela: http://radioredondela.com/

Vento Rock: http://www.ventorock.es.tl/


 

 

 

lunes, 12 de octubre de 2020

Libros. Memorias e publicacións de Colectivos.

 Reglamento del Centro Hijos de Redondela en Montevideo 1913

Agrupación Artística Redondela. Carnaval 1953.

Agrupación Artística Redondela. Carnaval 1954.


Campeonatos de futbito infantín, alevín y promesa. V aniversario 1982-1987. Generoso Muíños.

Campeonatos de futbito infantín, alevín y promesa. X aniversario 1982-1991. Generoso Muíños.

A nosa memoria. Vintecinco anos despois. 1975-2000. Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.

 


Autor: Juan Migueles

 

miércoles, 29 de julio de 2020

Grupos 2000-2009

          Co novo século acadouse por parte do Concello a concesión dun local de ensaio, se ben é certo que moitos grupos seguen buscándose a vida en locais privados. A creación das escolas de música de Redondela e Chapela, ben a cubrir unha demanda que existía para todos os músicos que non queren seguir a carreira académica que oferta o Conservatorio. En canto aos estilos seguen prevalecendo os grupos rockeiros nas súas distintas vertentes: heavy, death... Tamén destacar que se inicia unha nova etapa na que moitos músicos deixan de tocar nun só grupo para participar en varios proxectos a un tempo.


11 S
2002-2005

314
Estilo: Rap / Hip Hop / Breakbeat
Continuación do proxecto Flow como Virus.

AGÓNICA

2004
Estilo: Death Metal.
Primeira Formación: Carlos (guitarra), Alvaro Santoro “Varo” (batería), Jonathan (guitarra), Ismael Couñago (baixo) e Sergio Lorenzo (voz).
Outros: David Veiga (guitarra), Carlos Herbello “Herbe” (guitarra)
Banda que conta co baixista redondelán Isma Couñago. Formada no 2004 en Arcade, cuando Carlos e Varo despois de estar tocando durante un tempo deciden formar un grupo con Jonathan (guitarra), Ismael (baixo) e Sergio (voz). Despois duns meses Jhonny deixa a banda. Logo de probar a varios guitarristas establécense como carteto. No 2006 é Carlos o que abandoa, entrando David. Despois da grabación dunha maqueta, incorpórase Herbe. No 2010 graban o EP “Portraits of suffering”.
As súas xiras os levan a percorrer toda a Península.

ANTISOCIAL GZ
Formado por por Xoel, Rober y Carli no 2003 para actuar no Lixo Rock. Despois dun concerto en Cuntis entran a formar parte do grupo Torio á percusión e Queima ao saxo. Despois de varias actuacións en Redondela, no 2004 únese Fabio á guitarra co que graban a súa primeira demo en CD con dúas cancións titulada "Perdido". Máis tarde entraría na formación Pasi. Grupo desaparecido no 2009.
Estilo: Heavy rock (Punk-Rock nos seus inicios)
Compoñentes: Carlos “Carli” Míguez (Guitarra e voces), Xoel López (Batería), Roberto Miguélez (Baixo e voces), Anxo Figueroa (Guitarra e voces) e David Beloso "Pasi" (Voz)
Outros: Torio (percusión), Queima (saxo) e Fabio (guitarra).

ASPHYSXIA
Foto: Arrastro Rock
2008-2009 Pre-Zábalus.
Estilo: Metal / Rock
Compoñentes: Eloy (guitarra, ex-Skoria), Vir (bajo, ex-Skoria), Xan (bateria, ex-Skoria), Anxo (guitarra, ex-Antisozial GZ) e Pasi (Voz, ex-Antisozial GZ).
Este grupo fixo a súa presentación no Arrastro Rock.

BAJODEROS
Grupo de Rap formado en Chapela.








BATTERY
Estilo: Metal/Trash


BEATUS ILLE
Estilo: Rap
Grupo convidado ao concurso de maquetas do Millo Verde, 2009.


BELÖP
Foto: www.santiagodecompostela.org
Estilo: Electrónica/Indie/New wave en inglés
Formáronse en setembro del 2007. Nun principio contaba cunha vocalista feminina, establecéndose logo a formación: David González Couñago (baixo), Diego Ricón Herbella “Calía” (batería) e Fabio Cebral Otero (voz/guit/teclados). Posteriormente “Calía” deixa o grupo que se consolida como trío.
Grupo gañador do Maketón Estrella Galicia 2009, III Música Xove de Santiago de Compostela, Queixo Maquetón de Arzúa 2010 e Barakaldo Pop Rock 2010. No 2011, a súa canción “Catching Her Breath” protagonizou un anuncio da firma Mango. No 2012 vencen no Red Bull Indomesticables, o que lles permite a tocar no Festival Internacional de Benicassim (FIB), no Arenal Sound e no Día de las Alas de Red Bull en Ibiza. Despois do EP EP “Sometimes People Need Something Like This”, en setembro do 2013 lanzan o seu primeiro LP "2.5.12.15.16". Grabado entre o Red Bull Studio Madrid e Studios Reno, coa producción de Raúl Santos. No 2016 publican "Blondes".

BLUE MARKER
Estilo: Punk / Pop

CADALSO
Estilo: Death Metal e nos inicios Trash Metal
Primeira formación: Dani (batería), Pablo (guitarra), David (guitarra), Héctor (voz) e Luis (baixo)
Outros: Víctor (voz), Gabriel (guitarra), Jose M. (voz), Fabio (guitarra)
No 2006 grabaron a súa primeira demo, “Al garrote vil”. E no 2008 “Condenados a vivir”.


CÄLAMBUR
Estilo: Metal / Rock
Grabaron a súa primeira demo no 2008 ano no que tocaron no Arrastro Rock.


CARAMUXO VERMELLO
2005
Estilo: Blues-rock.
Comezaron chamándose “Caramuxo Roxo”. Nos seus directos misturan a música e o teatro.
Primeira Formación: Fernando Muíños “Pina” (guit. e voz), David Figueiral (baixo) e Pepe (batería)
Logo entraron no grupo: Lui Pérez Souto (Baixo) e Paulo Medal (piano). A partires do 2012 contan cunha formación estable: Fernando Muiños (guitarra e voz), Berto López (batería), Lui Pérez (baixo e voz), Paulo Medal (Teclado e voz), Nico Ricón (taxofón), Iván Gulín (guitarra, violín e voz) e Ademar Silvoso (actor).
No 2011 gravaron: “El momento”.

CENSURA
Estilo: Punk / Rock /Ska

CIRCO DE PULGAS
2005
Formación: Alejandro Gesteira Ponce (guit), Ana Rodríguez Area (voz), Juan José Soler Domenech (baixo), Pilar Álvarez García (voz), José Ángel Gesteira Pazos (guit.), Ana Gesteira Ponce (voz) e Santiago López Gesteira (bat. / ex-Nocheni e Valver)
Outros: Jaime Figueroa


DANTALION
Arrastro Rock 2015 Foto Aitor Nova
Grupo cun compoñente de Redondela. Formado en Vigo no 2004 por Brais e Villa despois da desaparición o seu anterior grupo,
Mydgard. A estes sumáronse logo Andrés (guitarra), David (baixo) e Diego (voces). Dantalion é o nome dun duque do inferno, capaz de ler e manipular a mente das persoas. Realizan xiras a nivel nacional. No 2016 presentan a Rober como novo baixista e atópanse preparando o seu sexto traballo.
Estilo: Black Metal / Doom
Primeira formación: Naemoth, Netzja, Zeukram e Maiestas
Formación actual: Zeukram (voces), Netzja (guitarra), Naemoth (batería) e Thorgrim (baixo).
Discografía:
When the Ravens Fly over Me (2006)
The Call of the Bronken Souls (2008)
All Roads Lead to Death (2010)
Return to Deep Lethargy (2012)
The Ravens Fly Again:10 Years of Desolation (2013)
Listening To the Suffering Od The Wind (2014)


DARKWITCH
Banda formada en Redondela no 2002 por Pablo Valverde (guit.), María Varela (guit. / voz), Santi Gesteira (bat./ex-Nocheni) e Daniel Lemos (baixo). No 2006 trala marcha de Dani a Nocheni pasan a chamarse “VALVER”.

DE CUERPO ABIERTO
Estilo: Metal
Grupo de breve historia que chegou a tocar no Arrastro Rock no 2011.

DHARMA
Estilo: Rock / Alternativa / Metal
Formado por músicos de Vigo e Redondela.
Compoñentes: Eevah (Voz), Héktor Díaz-Valdés (Guitarra), Jordi Ribas (Baixo), Kike (Batería).
A finais do 2006 crean o grupo Evah, Ismael e Héctor Iván. No 2007 trala entrada de Héctor Díaz á guitarra graban “Eterno” (2 temas). Despois de varios trocos no 2009 publican “DiZiembre” (6 temas). No 2015 saiu á luz "La espiral del tiempo".
FLOW COMO VIRUS
Estilo: Rap / Hip Hop / Breakbeat
Participa no I Millo Verde no 2007. Tería continuación no grupo 314.

HAMMER
2004-2005

HERMI
Hip Hop dende Chapela. No 2010 actuou na TVG.

KAMIUTA
Estilo: Hardcore
No 2009 tocaron no Arrastro Rock e na Fragua.

LADRONES DE CUERPOS
Estilo: Metal
Compoñentes: Manuel Fco. Pérez, Tato Souto, Xoel Schwarz, Carli Míguez e Santi López Gesteira.
Grupo de breve historia que chegou a tocar no Arrastro Rock no 2011.
MARXE ESKERDA
Estilo: Punk / Rock
Compoñentes: Gabo (voz), Orion (baixo e coros), Olih (batería), Salinas (guitarra e coros) e, dende o 2009, Rene (guitarra).
Despois de probar varios vocalistas e con apenas 17 anos debutan como cuarteto no Lixo Rock 2007. No 2008 o grupo graba a súa primeira maqueta, “Collendo forma” e no 2009 o seu primeiro single "Hitlipollas". Pouco despois entra Rene como segundo guitarra. No 2010 ve a luz o seu primeiro traballo con letras en español e en galego, o CD “Marxe Eskerda”, ao que seguiría “Último segundo”.
LOS MECOS
THE MIRAGE
Estilo: Heavy Rock / Nun principio Rock Progresivo

Formación: Martín Búa (voz), Tito (baixo / ex-Nocheni), Suso Valcárcel (batería), David Estévez (guitarra) e Fran Almodóvar (guitarra).
Anteriores membros: Mandi García (voz / ex-Astarot, ex-Cosmic,…)
Grupo formado en Vigo no 2001 ao que pertencen o redondelàn Tito Pardo e Suso Valcárcel (redondelán de adopción). Trala entrada no 2003, de Mandi García actúan en: a Concentración de Motos “As Burgas”, La Fábrica de Chocolate, Mardi Grass, Sala A!, sala Breogain, Iguana Club, sala Anoeta, o festival “Xove Vigo”e o “Langueitor Metal Fest”. No 2006, deixan as cancións en inglés e comezan a escribir letras en castelán. Ese veràn telonean a Helloween no Auditorio de Castrelos ante máis de 16000 personas e acompañan a Centinela e Uzzhuaia nos seus concertos de Galicia. O seu primeiro disco sitúase entre os cincuenta primeiros postos da lista de ventas de El Corte Inglés. A partires deste momento aparecen nos principais medios: “This is Rock”, "Popular1", “Kerrang”, “Hush”, “Heavy Rock”, “Rockangels”, “Mariscalrock”, “Mondosonoro”, entre outros.
O segundo traballo sairía no 2009, sendo producido por Will Maya, reputado productor residente en Londres. A xira de presentación deste disco lévaos a dar máis de 30 concertos polas principais cidades de España. No 2011 sae o seu terceiro traballo co que repiten unha extensa xira por todo o territorio nacional.
Discografía:
Viviendo Rock&Roll (2006)
Revolución (2008)
A-52 (2011)

PAUL ART
Tocan versións de clásicos do rock.
Compoñentes: Manoliño (voz), Pedro (guitarra) e Varo (batería).

RANDE BOYS
Grupo de músicos veteráns que fan versións de grupos dos anos 60-70’s: The Beatles...

RETROBLUES
Arrastro 2012 Foto Sonia Prado
Estilo: Blues / R&R
Primeira formación: Juan Alvarez (Guitarra e Voz), Jorge (Baixo), Lucho (Batería) e Nardo (Trompeta).
Novos compoñentes: Nacho (saxo) e Antía Migueles (voz).
2008. “Retroblues. CD con 5 cancións no que colaboraron as mozas do grupo, tamén redondelán, "Circo de Pulgas" e de Javi "Vespa".
2011. “En Vena”
SIGHT MIND AND THE BLACK SIGH ARMY
Industrial / Metal / Electrónica
Vigo/Redondela



THE SILENCE
2005
Estilo: Rock & Roll / Hard Rock
Arcade – Redondela
Primeira formación: Nacho (guitarra), Tato (guitarra), Fran (baixo), Varo (batería) e Sheila (voz/teclados)
Outros: David Martínez (guitarra), Rubén Fernández (guitarra)
Formado no Nadal de 2005 participaron no Langueitor Metal Fest ou o Festival da Facultade de Turismo. Despois de dous años Tato é sustituido por David Martinez ¨Chimpy¨. Participan en festivais como: Laxal Rock, Arde Rande, Rock na Ria, Rock’n Teira, Rock in Rio de Cega (Valladolid)... No 2009 editan a súa primeira maqueta, “Hoy es el día”. En setembro do 2009 Nacho abandoa a banda e entra Rubén Fernández. No 2012 sae a luz o seu primeiro album, “Origen”.
SKORIA
2008
Estilo: Metal / Rock
Grupo de breve historia. Pasarían a formar Asphysxia. Actuaron no Arrastro Rock 2008.
Compoñentes: Eloy (guitarra), Vir (bajo), Xan (bateria)






SKY DANCER
Sky Dancer Foto: deconciertosenvigo.blogspot.es
Estilo: Death melódico
Compoñentes: Dani Soengas (guitarra e voz), Víctor Louzán (baixo), José Casal (guitarra), Dani Díaz (batería).
Grupo de Vigo formado no 2005 no que toca Dani Díaz, de Chapela, que compaxina este proxecto con Cadalso.
Discografía:
"Pozo de Lágrimas" (2008)
"Endorsed by Self-Destruction" (2009)
"Way of Departed" (2010) EP
"Underground Alive" (2011)
"Winterkiller" (2012)
"Land of the Grim" (2013)

SLEEPING LUCK
Estilo: Grunge
Primeira Formación: Zalo (Guitarras y voz), Torio (Baixo) e Salva (Batería)
Sleeping Luck nace no 2007 con Zalo e Salva á batería. Aos poucos meses incorpórase Torio. Comezan tocando temas propios e versións de grupos como Radiohead o Smashing Pumpkins. Presentáronse no Arrastro Rock do 2008. En 2009 Salva abandona o grupo sendo sustituido por Míchel. No 2010 Salva volta ao grupo.
THE SOUTOS
Estilo: Rock en inglés
Primeira Formación: Rodri (guit./voz), Lui (baixo), Moncho (guitarra) e Nacho (batería)
Outros: Mingui (guitarra), Javi (batería) e Kiko (guitarra e coros)


SUPA SCOOPA
Foto: Marta
Estilo: Hard Rock / Stoner en inglés.
Formación: Mano (guitarra), Quini (baixo e voz) e Jorge (batería).
Grupo formado no 2001 en Candeán (Vigo), que dende o 2004 conta co batería redondelán Jorge na súa formación. Teñen actuado por toda Galicia e norte de Portugal.
Discos autoeditados:
Sleepwalker (2006)
Storm (2008)
Slices of life
Gods of Heaven and Earth.
TOK
2007
Estilo: Rock
Formación: Chiri (voz), Pedro (guitarra), Varo (batería) e Fran (baixo)
Outros: Miñán (baixo)
No verán de 2007 Fran, Varo, Pedro e Chiri únense para facer un tributo ao grupo redondelán Tres Bajo Cero no Lixo Rock. Coa entrada de Miñán ao baixo comezan a compor temas propios. En febreiro de 2008 dan o seu primeiro concerto no Instituto Pedro Floriani. Logo tocarían no II Arrastro Rock, no pub A Cantina (Arcade), no Vento Rock 09... No 2011 graban a súa primeira maqueta “Suerte”.
TRIDENTÉS
Compoñentes: Viento...










OS VACALOURAS

Estilo: Punk-Rock
Formación: Gabi (voz), Víctor (guitarra), Adrián Navarro (batería) e Pepe (baixo).
Grupo con compoñentes de Vigo e Redondela. Gabi, Víctor e Adrián únense para dar os seus primeiros concertos na escola e no instituto. O grupo fúndase no 2007 coa entrada de Pepe. Neste ano participan en Operación Can e dan o seu primeiro concerto nunha sala, a de Anoeta. No 2011 autoedítanse o primeiro CD: “Os Vacalouras - Xa están aquí”. Despois presentarían no Festival de Cans o seu videoclip "Desbrozadora". No 2014 sacan o EP “Eres Punki I Non O Sabes”. Durante este tempo teñen actuado por toda Galicia, compartindo escenario con: Ultraqäns, Leo i Arremecághona, Heredeiros da Cruz, Cañita Brava…

LA VAGA BANDA
Grupo de Vigo con algún compoñente de Redondela.
Estilo: Ska / Punk / Reggae
Grupo formado no 2005 por Juan (Baixo e Voz), Víctor (Guitarra e Voz), Fran (Batería) e Nacho (Guitarra). Despois de grabar dúas maquetas no 2007 engadíronse ao grupo Miriam (Batería, flautas, gaitas, etc.), Vila (trompeta), Nico (Saxo), Peludo (Guitarra) e Miguel (Saxo tenor).
No 2008 proclamáronse vencedores do Concurso de Maquetas do Millo Verde e no 2012 do I Concurso de Bandas Locais Ventorock.
VALVER
Arrastro Rock 2010
Estilo: Heavy Rock
Primeira Formación: Pablo Valverde (guit.), María Varela (guit. / voz), Santi Gesteira (bat./ex-Nocheni) e Juanchi Reyes (baixo).
Formación Actual: María Varela (Voz/guit), Juanchi Reyes (baixo), Carli Míguez (guit.), Juanjo Escudero (bat.)
Anteriormente “DARKWITCH”. Fórmase no 2006 coa entrada no grupo de Juanchi F. Reyes (Ex- Albion, Dubra). No 2008 Pablo Valverde é sustituido por Carli Míguez entra a formar parte de la banda como guitarrista (Ex- Antisozial Gz). Trala grabación da súa primeira maqueta “Carretera y manta” Santi Gesteira deixa o grupo.
VALMORT
2002-2004

ZÁBALUS
Estilo: Heavy Metal
Grupo nacido a finais do 2009 trala disolución de Asphysxia. A súa primeira actuación foi o 26 de Agosto do 2011 na Discoteca Diva.
Formación: Sergio Soto "Pincho" (Vocalista), Anxo Figueroa (Guitarra e Coros), Virginia Rosales (Baixo e Coros), Eloy Vilaboa (Guitarra e Coros), Jonathan Amoedo "Nitri" (Batería).

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Faro de Vigo
Páxinas dos grupos
myspace.com