Mostrando entradas con la etiqueta Empresario-a. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Empresario-a. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de junio de 2023

Fernando de Haz de la Gándara (1912-1985) Conserveiro.

Fernando de Haz. Arquivo ANFACO
Fernando de Haz. Arquivo ANFACO

        Fillo de Gaspar de Haz González, quen estivo á fronte da empresa familiar conserveira, pois era neto dun fomentador catalán que establecera unha fábrica de salga en Vigo. Casou con Esperanza de la Gándara Cividanes, filla do tamén conserveiro José de la Gándara Sestelo (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/gandara-sestelo-jose-manuel-marcelino.html ). Co matrimonio fusionáronse as dúas empresas nacendo Conservas Gándara y Haz.

        Centrándonos xa en Fernando de Haz, titulouse como perito mecánico na Escola Industrial de Vigo. Logo pasaría tres anos ampliando a súa formación na Technicum Cantonal de Bienne, centro próximo a Basilea (Suiza). Mentres a conserveira era dirixida polo seu irmán Juan de Haz, pero en plena Guerra Civil foi mobilizado, polo que Fernando debeu regresar para facerse cargo da empresa. Lamentablemente Juan falecería na contenda, e Fernando seguiría na dirección, sendo axudado anos despois polo irmán menor, Gaspar de Haz, profesor mercantil.

Anuncio. Vida Gallega.

           Fernando de Haz sería presidente da Unión de Fabricantes de Conservas (1974-1977) e sería membro da agrupación de conserveiros Spanalbacore, que promovía exportacións de atún branco a Estados Unidos. Aquela foi unha década complicada para o mercado conserveiro e remataría coa intervención de Gándara y Haz.

            Ademais de empresario, Fernando de Haz tivo unha intensa vida deportiva sendo un dos pioneiros en Galicia do tenis e do tenis de mesa, acadando tres títulos galegos de tenis na modalidade de dobres. En 1944 xa ocupaba postos directivos na federación galega deste deporte, sendo nomeado presidente en 1962. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/tenis.html ). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/tenis-de-mesa-ping-pong.html ). Neste punto hai que lembrar que na casa da súa familia política construíuse a primeira pista de tenis do concello de Redondela. Estou a referirme á casa de Gándara, no barrio de Outide, en Cedeira. Do outro lado da estrada está a chamada Casa de don Fernando, hoxe en ruínas (2023) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html ). En Vigo tamén exercería como presidente do Club de Campo.

Anuncio. El Pueblo Gallego.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Conservero y jugador de tenis. Gerardo González Martín

La Larga reestructuración del sector y las nuevas tareas de la Unión. http://aniversario.anfaco.es/node/11

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, La Noche.

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)

El Rincón de MariPaz. El tenis de mesa vigués. http://lopezcerdeira.over-blog.es

Aportes orais.

María Pilar Rodríguez "Pili Carrera" (Redondela). Empresaria.

Pilar Rodríguez e Salomé Carreira. Foto: El Mundo.

Creadora da marca de roupa infantil “Pili Carrera”.

A principios dos anos 60 María del Pilar cosía roupa para a filla que esperaba e o facía tan ben que as veciñas comezaron a encargarlle prendas, o que supoñía un complemento na economía familiar ao soldo do seu esposo, Bienvenido Carrera, que traballaba como contable e comezou a vender os traxes pola comarca. Despois colocaron os traxes na tenda de roupa infantil que tiña o seu cuñado en Vigo e tivo tanto éxito que comezaron a chegar pedidos de outras tendas. Isto levoulles a crear en 1963 a marca “Pili Carrera” co nome dela e o apelido del e a abrir un primeiro taller no barrio do Calvario en Vigo.

En 1991 abriron a súa primeira tenda de roupa, tamén en Vigo. Desde aquela a expansión da marca chegou aos cinco continentes con presencia en países como Estados Unidos, Rusia, Japón, China ou Marruecos. A principios do presente século iniciou a súa expansión polos países árabes, abrindo tendas en Ryad, Kuwait e Abhu Dhabi. Aparte de roupa o mercado de negocio tamén se estendeu a mobiliario e perfumería. Chegou a contar con máis de 70 tendas propias e cos seus produtos en máis de 800 puntos de venta.

O feito de que en 2013, na coroación dos monarcas holandeses, as súas tres fillas vestiran a súa marca, deulle un impulso internacional á marca, si ben é certo que daquela xa contaban con celebrities como Gwyneth Paltrow na súa carteira de clientes. A partires daquel momento converteuse nunha das marcas favoritas da realeza europea, desde a princesa Sofía ata os herdeiros das coroas de Suecia ou Dinamarca.

En 2014 a empresa pecharía o ano cuns beneficios de sete millóns de euros, cifra que superaría amplamente ao ano seguinte, mantendo a súa sede central en Mos con máis de 200 empregados. Tan boas expectativas darían en pouco tempo un xiro de trescentos sesenta grados provocado por un mercado á baixa. Coa dirección da empresa en mans da filla de Pilar, Salomé Carreira Rodríguez, terían que acollerse en 2018 a un concurso voluntario de acredores e realizar recortes na empresa. Esta medida semellaba a salvación da compañía pero a chegada da pandemia provocou un novo golpe á compañía que en 2022 sería vendida á firma téxtil valenciana Orencio Sánchez.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

El Mundo

La Voz de Galicia

martes, 9 de mayo de 2023

Manuel de Táboas (Reboreda(Redondela), s. XVIII / XIX)

Casa dos Táboas. Foto: J. Migueles

            Propietario da Casa dos Táboas (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html ) e de varios barcos. Participou activamente na Reconquista de Vigo contra os franceses, pasando á historia porque un dos seus barcos levou á noticia da vitoria a Cádiz. Para tal motivo trocaría o nome da nave polo de Místico Fernando VII.

            Este método de dar nome aos barcos na busca de favores ou acadar información privilexada para os seus negocios, empregouno en máis ocasións. No Arquivo Histórico Nacional consérvanse correspondencia súa con Felipe Sáinz de Baranda, secretario do Duque do Infantado Pedro Alcántar Álvarez de Toledo, nas que se lle autoriza a darlle a un barco o nome de Duque do Infatado. Nas Obras Completas de Jovellanos atopamos dúas cartas de Manuel de Táboas con Gaspar de Jovellanos, nas que solicita o uso do nome El sin igual Jovellanos, fórmula rexeitada polo político, quen lle permite usar o nome de Jovellanos.

            Non sabemos se foi froito desta estratexia, pero foi nomeado polo Rei Vicecónsul de Cerdeña. Estableceu tamén contactos comerciais con Rusia e ate con Estados Unidos. Xa maior aproveitaría a situación económica adversa para liquidar os seus negocios e retirarse a Reboreda.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Reboreda. Parroquias de Redondela. Carlos Rodríguez. SNL de Redondela.

Manuel de Táboas y su manía de rebautizar barcos. Jorge Lamas. https://lamasdono.blogspot.com/2020/02/manuel-de-taboas-y-su-mania-de.html

La burguesía mercantil viguesa del siglo XVIII. Aspectos sociales (I). Por Juan Miguel González Fernández, José Antonio Tizón Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses. Boletín nº9.

Hugo C. González García (Chapela)

Hugo C. González García Foto: jornadasceleiro.com

Xerente adxunto da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI).

Entrou no mundo do mar pola empresa familiar adicada ao cultivo do mexillón. Entre 1977 e 1986 vive unha primeira etapa en ARVI. Despois dun paréntese como mestre de actividades deportivas, volve en 1986 a ARVI, desta volta no Departamento de Planes de Pesca i Estadísticas. Entre 1987 ata 2012 sería secretario técnico de ARVI, da Asociación de Armadores de Buques de Pesca no Gran Sol (ANASOL), a Asociación Nacional de Armadores de Buques de Pesca de Bacalao (AGARBA) e da Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca do Litoral Español e Sur de Portugal de Pontevedra (ARPOSUR). Desde 2013 Xerente Adxunto de ARVI. Vocal da Junta Directiva de la Federación Española de Organizaciones de Pesqueras (FEOPE). Vocal e vicepresidente segundo do Comité executivo do Consello Consultivo Rexional de Augas Occidentais do Norte (2005-2016). Presidente do Grupo de Traballo do Mar Céltico do Consello Consultivo Rexional de Augas Occidentais do Norte (2005-2011). Membro do Comité Directivo da Confederación de Empresarios de Pontevedra desde marzo de 2015. Vocal de diversas comisións do Consello Galego da Pesca da Consellería do Medio Rural e Mariño da Xunta de Galicia. Vocal do Consello de Navegación e Porto da Autoridade Portuaria de Vigo. Profesor no Master de Pesca Universidade de Vigo – Cooperativa de Armadores de Pesca (2005-2010) con:A pesca en aguas comunitarias II: Casos prácticos”.

A todo este currículum habería que engadir a súa participación en numerosas reunións, seminarios e talleres do sector pesqueiro, tanto a nivel de autonómico como nacional e comunitario.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

https://jornadasceleiro.com/speaker/hugo-c-gonzalez-garcia/

Faro de Vigo

La Voz de Galiciana

Atlántico Diario

NOTA: (https://galicia24horas.es>El lugar en donde el mundo se llama Arealonga, en Chapela-Redondela. Alberto Barciela)