Na primeira metade do s. XX a estes tres adicáronlle unha copla:
lunes, 27 de abril de 2020
Personaxes 1ª metade do S. XX (3)-Enrique Borrajo, Quirico e Leirón
Na primeira metade do s. XX a estes tres adicáronlle unha copla:
jueves, 16 de abril de 2020
Claudio Contreras. Político troca-chaquetas.
![]() |
| Claudio Contreras Foto: Vida Gallega |
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
domingo, 12 de abril de 2020
Xan Carallás
![]() |
| Debuxo de Castelao. El Soplete 1932 |
A orixe de Xan Carallás é pouco clara. Parece ser que realmente existiu un home con ese alcume en Ventosela, pero o que está claro é que non foi o fundador de Redondela nin moito menos. Outras teorías o sitúan en Cedeira, parroquia onde existen a Fonte de Carallás e a Poza de Carallás. Distantes unha de outra, o máis lóxico é pensar que foron feitas por alguén alcumado Carallás
Segundo Antonio Orge, sobre o 1900, no xornal “Vida Social” de Vigo aparece a lenda:
Aquí fas quen sempre fas,
aquí fas quen sempre vela,
aquí fas Xan
fundador de Redondela.
Fermín Alfaya afirmaría que estas verbas serían obra de Buenhijo Pérez Sobrino.
No Entroido de 1916 Xan Carallás desfila por primeira vez polas rúas de Redondela:
El miercoles, debido a la iniciativa del Centro Deportivo, se organizo mi llamado entierro de la sardina≫, que se bautizo con el nombre de ≪entierro de la cacheira≫. Para que la fiesta tuviese un aliciente mas, se anuncio. la llegada del fantastico fundador de este pueblo Xan Carallas, que por la tarde entro en este pueblo acompañado de su familia y cuerpo diplomatico.
Daba escolta a la carroza en que venia nuestro eximio fundador, varios ginetes y una coleccion de pollinos que montaban varios vecinos del Viso, con bonitos disfraces.
El cortejo resulto bastante bien y de noche recorrio las calles de esta villa. En el se veian numerosas farolas de variados colores.
Luego hubo el acostumbrado sermon, en que lucieron su oratoria varios convecinos. Uno de ellos, se dedico a hacer la biografia de Xan Carallas, salpicandola de bastantes chistes.
Para oir a los que hicieron uso de la palabra, se congregaron frente al Deportivo innumerables personas, que ocuparon aquellas inmediaciones, viendose tambien los balcones completamente abarrotados.
Despues, en la mentada seriedad, hubo un banquete en honor de Xan Carallas, en que se canto, con la solemnidad de rubrica, el himno oficial dedicado al mismo y cuya letra es la sigutente:
Cantemos himnos a la memoria
de que aquel guerrero trabajador;
que a Redondela ha dado gloria
y mostro siempre su gran valor.
Xan Carallás cuenta la historia
fue nuestro padre y fundador,
y a el debemos su gran notoria
fama probada de bebedor.
Hubo tambien los consiguientes discursos y termino la fiesta dentro del mayor orden.
En maio dese ano, aproveitando unha excursión á Festa do Carme en Nespereira, organizada polo Centro Científico Deportivo, volveron a pasear o Xan Carallás:
A eso de las diez, se dijo entre los excursionistas, que llegaba por Sajamonde, el fundador de Redondela, nuestro Xan Carallás, y a esperarle fueron todos, acompañados tambien de la banda de musica de Cabeiro, que amenizaba la fiesta.
Despues de aguardar un buen rato, llegó el obeso personaje con su guardapolvo al brazo, acompanado de la servidumbre palaciega. Se dieron entusiastas vivas y la musica, gaita y resto de la sinfónica batió la marcha real.
Ya todos en marcha hacia la capilla a cuyos alrededores se celebraba la fiesta, las gentes de la aldea se arrodillaban al paso de nuestro historico Xan, que iban bajo «en paraguas de familia» de colasales dimensiones, los niños permanecían asombrados y las ovaciones se repetian incesantemente.
En xuño de 1924 aparece en Faro de Vigo a noticia do accidente sufrido polo barco “Xan Carallás” propiedade de Santiago Serín.
Tamén fala Orge da existencia dun retrato feito ao óleo por Castelao e baseado nun bocexo anónimo de Xan Carallás. A partir deste cadro Pisquito faría un mural no desaparecido bar Mougás na rúa Cruceiro.
A Félix Cal a súa avoa Fermina contoulle que no café de señora Carme (a de Estrella) Castelao debuxou a figura de Xan Carallás.
O que sabemos de certo é que un grupo de amigos pedíronlle a Castelao, nunha das súas visitas a vila, un debuxo para formar unha peña. Pouco despois, a través do xornal Faro de Vigo, lograrían o ansiado debuxo, que foi publicado no ano 1930 coa inscrición xa por todos coñecida:
Aquí fas, quen sempre fas.
Aquí fas, quen sempre vela.
Aquí fas Xan Carallás
Fundador de Redondela
Este debuxo sería unha reprodución do orixinal que recibira Amador Pérez Sousa de mans de Castelao como agasallo.
Peña de Xan Carallás
En 1946 os fundadores da Peña Xan Carallás foron: José (Sesé) Fervenza Núñez, Isidoro Pereira Otero (Campanero), Félix Fernández Núñez, Luis Alfonso Pereira Fernández “Militón”, os irmáns José “Sesé” e Benito Fernández Crespo, Cándido Corujeira Núñez, Alejandro Castro Pérez “Xaropo”, José Villaverde Figueroa, Manuel Rodríguez, Francisco Táboas Rodríguez “Paco Triscallo”, José Martínez Seoane, Andrés Figueroa Barros “Patatero” e Alfonso Otero Figueroa “Roche”.
Outros participantes das primeiras edicións serían: Jesús Boullosa “el Carnicero”, Celso González Sequeiros (dono do Bar Redondela en Bouzas), José Martínez Seoane “Cabeza de Plata” ou “Pepe de Arbitros”, Manolo García Casqueiro “Mirón”, Paco (tío de Alfonso Pereira), Padín (garda civil retirado), José García García (recadador da contribución), José Silvent, Juan Ipiña Otero, Aniceto Otero, Edmundo Villasanta, Eusebio Pereira (de Soutomaior), Casimiro Sánchez Otero “Mirito”, Urbano, José Pérez Rivero “Pepiño Lambido”, Manuel Muradás “Belorcio” e Manuel rodríguez Rodríguez “Reigosa”.
A parte dos anteriores, cada membro da peña podía levar invitados, polo que nas fotografías antigas pode aparecer máis xente.
![]() |
| Peña de Xan Carallás. Foto cedida familia Fernández Otero. |
![]() |
| A talla de Sesé nunha postal antiga. Foto cedida por Ramón P. Muíños. |
![]() |
| Peña os Fillos de Xan Carallás. Foto cedida por Sebastián Fernández |
![]() | |
| Himno da Peña Xan Carallás, obra de Fernando Feijoo Martínez. Familia Fernández Otero. |
Orde de Xan Carallás.
![]() |
| Diploma da Orde de Xan Carallás Foto cedida por Alejo Amoedo |
![]() |
| Coplas de César Pazos Comesaña "Pisquito" para a Peña de Xan Carallás, 1965. Familia Fernández Otero |
Escultura
![]() |
| Finca de Sesé nos 80. Foto familia Fernández Otero |
BIBLIOGRAFÍA
Alcuños de Redondela. Francisco X. Sobral Crespo.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego
Aportes Matilde Fernández e Gonzalo Amoedo.
Entrevista a Amado González Cardama e José Fernández Crespo.
Faro de Vigo
La Idea, El Soplete
Festas da Coca
Festa da Coca 2009. Foto: J. Migueles
A Festa de Corpus Christi foi instituída polo papa Urbano IV no 1264. A primeira referencia que se coñece en Galicia é no 1437 en Ourense. Non sabemos cando se comeza a celebrar en Redondela, mais consérvase documentación escrita da súa existencia no século XVI. Ao longo dos séculos a celebración do Corpus ora evolucionando independentemente en cada vila por toda Europa. A de Redondela é probablemente a que conserva máis elementos tradicionais de toda Galicia: a Coca ou Tarasca, a danza das espadas, o baile das penlas e os xigantes e cabezudos. Isto conseguiuse coa invención dunha lenda que veremos máis adiante.
A mistura do pagán co relixioso provoca que en Redondela sexa máis coñecida como Festa da Coca, popularizándose na vila a frase: “Pola Santa Coca perdín o demo da misa”.
A principios do século XX ás Festas da Coca acudía tanta xente que saían trens especiais dende os concellos próximos: Vigo, Pontevedra, Ponteareas... Como exemplo dicir que en 1901 vendéronse en Vigo 1.496 billetes de ida e volta. En 1934, durante a II República, varios concelleiros quixeron suprimir as festas, o que provocou unha manifestación diante do concello (daquela na Casa da Torre). ao final se celebraron as festas e César Pisquito o celebrou coa copla:
Ensaya las Penlas, Bichoca,
que este año fiesta tenemos
prepara la Coca, Quirico
que se acabaron los demos.
También bailará la Danza
Cascorro, Lilo y o da Nuna
y romperán los corazones formando
el Sol, las estrellas y la Luna.
Xa en 1981, o goberno central decide que o Corpus Christi deixe de ser festivo nacional. Enviáronse telegramas de protestas ao presidente e a varios ministros, mais non serviu de nada. Isto restou visitantes ao xoves da Coca.
A principios do S. XXI é declarada de interese turístico autonómico. En marzo de 2009 o Concello acorda solicitar a declaración de interese turístico nacional e, en 2016, o goberno local intenta que sexa declarada pola UNESCO Patrimonio Cultural Inmaterial, fracasando as dúas iniciativas.
A lenda da Coca.
Máis ou menos esta sería a lenda da Coca, xa que a mesma sufriu moitas variacións: A illa de San Simón era un monte no medio dun val ao que chegou unha muller que por mal de amores choraba e choraba. Tanto chorou que as súas bágoas anegaron o val formando a Ría de Vigo e convertendo o monte nunha illa. De tanto chorar a súa pel secouse converténdose nun dragón, a Coca. Un día mirando cara a praia viu a dúas nenas rindo e morta de envexa da súa felicidade secuestrounas para que foran as súas criadas. Está situación repetiuse ano tras ano, ata que os mariñeiros, fartos da situación, armáronse con espadas e mataron á Coca. As mulleres colleron as mozas rescatadas e levantáronas por riba das súas cabezas para celebrar a súa ledicia.
Existen outras lendas que serían as seguintes:
Lenda da Coca e a Gabacha.
Durante as Festas do Corpus a procesión saíu de Vilavella en dirección á Igrexa de Redondela. Ao chegar á Farola apareceu a Coca baixando de Reboreda e toda a xente botou a correr asustada. A imaxe da Virxe da Gabacha ficou no chan. A Coca ao mirala acercouse, parou fronte dela e inclinouse facendo unha reverencia. Logo, deu volta e marchou por onde vira.
Lenda do nacemento do Alvedosa e da Coca.
O río Alvedosa xurdiu dos choros dunha moza doente de amores e arrepentimentos. De tanto chorimiquear saíronlle dúas ás e mais unha enorme e pesada cola, así como boca de réptil. Converteuse así na Coca de Redondela, que foi arrastrada ao mar polo río formado polas súas propias bágoas.
| A Coca, 2010. Foto: Juan Migueles |
A Coca.
A figura da Coca podería provir do mito de San Xurxo e o dragón, celebrado en Cataluña como San Jordi. Outra teoría da súa orixe, faría referencia á lenda da vitoria de Santa Marta sobre o monstro na localidade francesa de Tarascón. De aí que tamén sexa coñecida como Tarasca. O certo é que hai referencia da celebración do combate da Coca con San Xurxo diante do Convento de Vilavella. A vila máis próxima no que se mantén esta tradición é a de Monçao, no norte de Portugal.
Sobre a procedencia do nome de Coca tamén hai varias teorías: segundo Clodio González, viría do latín tardío cocatrix (cocodrilo); Gerardo Sacau cre que a orixe sería coco (verme / monstro infantil); e Joaquín Caridad a identifica co xigante tricéfalo Caco, fillo do deus Vulcano.
Da Coca que pasea hoxe en día polas rúas de Redondela, só a testa se conserva tal e como aparece nas fotos dos anos 20. De antigo son os choqueiros ou centulos os encargados de turrar polo monstro. Pouco antes da Guerra Civil tiña un mecanismo que lle permitía estirar ou encoller a gorxa. Na actualidade, conserva os movementos de abrir a boca e mover o pescozo á esquerda e dereita. En 1935 trócanlle a pel sen modificar nin a forma nin a cor. No 1956 Juan Ipiña, da Peña Xan Carallás, púxolle un motor para que andara soa, pero ao ano seguinte volveuse a puxar dela. Agás esta variación, a Coca non se modificou dende 1946 ata o 2006, ano en que o grupo de monicreques Tanxarina realizou unha reparación case total da mesma.
Nenas e nenos soen introducirse no interior do armazón para mover o pescozo e a boca da Coca. Deste xeito asustan aos veciños que, se os rapaces teñen sorte, danlle caramelos e lambetadas ao monstro.
En 2016 recuperouse a figura dos diaños “Choqueiro” e “Centulo” que acompañan á Coca.
Ver tamén:
O roubo da Coca (1921).
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/o-roubo-da-coca.html
| Danza das espada 2009. Foto: Juan Migueles |
A danza das espadas e as penlas.
A danza das espadas está ligada ao gremio dos mareantes. En Redondela báilase durante as festas do Corpus ou da Coca cando menos dende o século XVI. Está formada por 25 homes: 1 Maestro ou Xefe (faixa verde), 4 Rabelas ou Rabelos (faixa azul) 4 Primeiros ou Guías e 16 Espadas (ambos faixa vermella). Ademais os acompaña a música tocada, polo menos, por un gaiteiro e un tamborileiro. Realizan diferentes figuras cada unha das cales ten a súa propia simboloxía, estas serían: reverencia ao Santísimo, pase liso ou en cadea, camiño de Santiago, oito, estrela, papoula, áncora, R (inicial de Redondela) e volta á praza. O momento máis especial do baile é cando o Xefe abandona o grupo e danza só diante de Santísimo e a Virxe da Gabacha.
Consérvanse outras danzas parecidas noutras vilas galegas como Marín ou Betanzos. En Redondela os danzantes levaban espadas de metal ata 1834, ano no que se produzo unha liorta que acabou con varios feridos e coa imaxe de San Xoán no río Alvedosa, sendo substituídas por espadas de madeira. En 1904 a nosa danza formada por 34 mariñeiros e dirixida por Juan Puertas Fervenza, derrotou á de Marín nun certame musical celebrado na Praza de Touros de Pontevedra, gañando un premio de 250 pesetas como grupo que mellor bailaba a danza das espadas. Sospéitase que Casto Sampedro tivo moito que ver no resultado polo que os de Marín negáronse a recibir o seu premio. En 1926 foron contratados para actuar nas festas do Apóstolo en Santiago. Nos anos sesenta pola falta de acordo monetario entre os mozos e o Concello, faise cargo da danza o grupo de Coros y Danzas. Isto provoca que por primeira vez haxa mulleres que bailen a danza das espadas, entre 1969 e 1977. (Anteriormente, as mulleres de Coros y Danzas xa representaran a danza nunha ocasión co mestre Ley III nun festival celebrado no teatro García Barbón de Vigo).
En 1978 o alcalde Amado González Cardama decide volver ao baile masculino, sendo organizado pola Orden de Xan Carallás e ao ano seguinte se organiza a danza propiamente dita que continuará ata os nosos días.
En 2022 volve a bailar unha muller, Marta Míguez.
Ver tamén:
O Certame musical de 1904.
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/a-danza-das-espadas-o-certame-musical.html
Mestres da danza das espadas
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-da-danza-das-espadas.html
As Penlas
![]() |
| Penla e Burra. Foto: Juan Migueles, 2010 |
O baile das penlas acompaña á danza das espadas. As penlas son dúas nenas que bailan nos ombros de dúas mulleres chamadas burras. Simbolizan o baile das nais coas nenas salvadas polos mariñeiros que mataron á Coca. Pertencían ao gremio de forneiros e muiñeiros. O motivo é ben sinxelo. Se buscamos penla no diccionario da Real Academia Galega atopamos: Cada unha das pas cóncavas que forman o rodicio do muíño. O rodicio é a peza circular de metal que xira pola forza da auga. Esta peza move á moa por estar unido a un eixe de madeira que tamén recibe o nome de burra. Sería polo tanto un baile que tería a súa orixe na celebración das muiñadas, isto explica os xiros do baile. Teñamos tamén en conta que o termo muiñeira, débese a que este tipo de música ten a súa base rítmica no ruído que fai o muíño ao moer. Neste baile ao xirar as mulleres as súas saias ínchanse lembrando ao rodicio dando voltas. No caso das penlas ao bailar as nenas sobre as mulleres as saias non producían este efecto por iso as saias dos vestidos evolucionaron aos actuais.
As alfombras.
Hai constancia de que en 1950 xa se alfombraban con espadanas as rúas polas que transitaba a procesión de Corpus e lanzábanse pétalos ao paso do Santísimo. As alfombras artísticas comezarían a realizarse no 1965. Sería un home de Ponteareas (descoñécese o nome) o que ensinaría aos redondeláns a confeccionalas. Isto non fixera moita gracia na vila veciña, pois esta era unha tradición propia daquelas terras, e ademais daquela as festas de Redondela tiñan máis visitantes que as súas.
A Ponteareas a tradición a trouxo un xuíz que estivera destinado en Canarias onde se realiza con area tinguida de cores. A dificultade de reproducilo coa terra de aquí levou a realizar as alfombras con frores. Actualmente, as alfombras realízanse en varias vilas galegas.
![]() |
| Alfombra. Foto: Juan Migueles, 2009. |
| Foto: Juan Migueles, 2009 |
As procesións.
Despois da Guerra Civil chegaron a saír en procesión cerca de 40 imaxes (S. Lois, S. Telmo, S. Xusta...), procedentes da capela de Santa Mariña e das igrexas de Redondela e Vilavella. Estas imaxes eran os patróns dos diferentes gremios que pagaban polo transportes das mesmas.
A máis popular, San Cristobo, era tan alta coma os xigantes. Os nenos enfermos pasaban por debaixo do seu manto para curarse. No 2008 o Concello tratou de recuperar esta tradición, mais o párroco de Redondela non se mostrou colaborador.
Na actualidade tan só sae o Santísimo e a Virxe da Gabacha de Vilavella. Outras que desapareceron da procesión son as cruces das 14 parroquias (13 máis Vilavella) saíndo actualmente tan só a parroquial de Redondela.
![]() |
| 1919 San Cristovo en Vilavella. Foto: Pelais Mas. |
BIBLIOGRAFÍA
Caderniños do Instituto de Chapela. Coordinador: X. M. González Fdez. Nº1. As festas do Corpus en Redondela (1875-1975).
Guía didáctica para escolares:
Nº0. As penlas e a danza das espadas. Clodio González Pérez.
Nº6. A Coca. Clodio González Pérez. 1987
A Coca de Redondela en 1.000 imaxes. Ed. Concello de Redondela e varios comercios.
A Coca e o mito do dragón. Clodio González Pérez. 1993. Ed. Ir Indo.
A festa da Coca de Redondela. O Corpus Christi e as súas manifestacións. José Martínez Crespo. Ed. Concello de Redondela. 2013.
A festa da Coca de Redondela. O Corpus Christi e as súas manifestacións. José Martínez Crespo. Ed. Concello de Redondela. (2ªEdición)
O Corpus de Redondela vístese de historia. Vestiarios e óleos realizados por Margot Araujo. Ed. Xunta de Galicia.
Muíños nas terras de Redondela: Miguel Ángel Abraira Pérez
Programas da Festa do Corpus ou da Coca de 1948
La fiesta del Corpus en Redondela. Por Julio I. Gzlez. Montañés.
Círculo Internacional dos Amigos dos Xigantes. O Corpus, a Coca e os Xigantes e Cabezudos.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, La Noche, Vida Gallega
-
Emigrantes galegos en Cuba. Arquivo Martín Fernández, de Ribadeo Na primeira metade do século XIX xa atopamos en Cuba a: José María...
-
1938. Na foto aparece alguén de Redondela sen identificar. Arquivo Luis Pereda O 18 de xullo de 1936 produciuse un golpe ...
-
Acuarela de Pier Maria Baldi (1669) Segundo Casto Sampedro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folga...












