Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro B. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro B. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de noviembre de 2022

Manuel Bárcena Franco (Vigo, 26-8-1834 /Vigo, 1908) _ Conde de Torrecedeira

 

Manuel Bárcena. Vida Gallega
Manuel Bárcena. Vida Gallega

Nado no seo dunha familia adiñeirada o que lle permitiu estudar no Reino Unido e visitar varios países aprendendo varios idiomas. Isto lle permitiu ter unha visión moi avanzada para a súa época o que o levou a ter éxito no mundo empresarial. Aumentou o negocio de curtidos que posuía o seu pai en Lavadores e creou as súas propias empresas: consignatario de buques, exportación de gando a Inglaterra e promotor de vivendas. Tamén era propietario dunha gran finca en Filaboa (Salvaterra), onde se adicou á produción de viño. En 1880 funda a Caja de Ahorros Municipal (actualmente (2022) Abanca).

En 1891 recibe o título de Conde de Torrecedeira. En Vigo era propietario de varios edificios, destacando o chamado Casa de Manuel Bárcena Franco, obra de Jenaro de la Fuente, que na actualidade albergan as salas de exposicións de arte da Fundación Abanca. En Cedeira mercou a Casa do Corredor que pasou a chamarse Pazo de Torrecedeira, encargando a súa reforma en 1888 ao arquitecto Michel Pacewicz. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )

Tamén se involucrou politicamente primeiro na Deputación e despois como senador en varias lexislaturas: 1872-73, 1884-85, 1985-86, 1886, 1887, 1887-88, 1888-89, 1889-90, 1891, 1896, 1903-04 e 1904-05. Ademais foi Cónsul de varios países, alcalde de Vigo (1879 -1881) e presidente fundador da Cámara de Comercio de Vigo en 1886.


A Condesa de Torrecedeira supervisando a vendimia en Salvaterra. Vida Gallega
A Condesa de Torrecedeira supervisando a vendimia en Salvaterra. Vida Gallega

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Cámara de Comercio de Vigo. https://www.camarapvv.com/index.php?option=com_content&view=article&id=83&Itemid=106&lang=es

Senado de España. https://www.senado.es/web/conocersenado/senadohistoria/senado18341923/senadores/fichasenador/index.html?id1=2914

vigo.org

Faro de Vigo


martes, 14 de junio de 2022

Avelino Bouzón Gallego

 

Avelino Bouzón. Foto: Marta G. Brea-Faro de Vigo
Avelino Bouzón. Foto: Marta G. Brea-Faro de Vigo

 Arquiveiro da Catedral de Tui. Nado en Ventosela en 1946.

        Ordenouse sacerdote na igrexa de Santiago de Redondela en 1971, sendo o seu primeiro destino Santa Clara, en Barreiro (Vigo). En 1983 trasladouse a Roma para estudar arquivística e biblioteconomía na Scuola Archivística Vaticana. En 2021, aos seus 75 anos, cumpriu 50 de sacerdocio, levando 18 á fronte de San Bartolomé de Tui. Compaxina a atención da súa parroquia co cargo de Arquiveiro do Arquivo Diocesano de Tui, que foi creado en 1974 nutríndose coa documentación das igrexas do bispado. No 2002 publicou "Iglesias de Santiago de Compostela y Tuy-Vigo". Avoga pola dixitalización do arquivo e lamenta o atraso de Galicia neste eido.


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Diario Luso-Galaico

La Voz de Galicia

domingo, 26 de diciembre de 2021

Guillermo Brea (Chapela (Redondela), 1947)_Banca.


Guillermo Brea. Foto: La Región
Guillermo Brea. Foto: La Región

    Incorporouse ao departamento de Intercambio da Caja de Ahorros Municipal de Vigo en 1974. Nomeado en 1982 xefe da Obra Social desta entidade, cargo que desempeñou ata a fusión de Caixavigo e Caixagalicia. Nese momento pasou a ser o director da Obra Social Novacaixagalicia. Xubilado no 2012 como máximo responsable da xestión de Novacaixagalicia, despois de 37 anos na entidade, sendo substituído por Pedro Otero Espinar.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

https://www.estrategiasdeinversion.com/actualidad/noticias/empresas/novacaixagalicia-avanza-en-la-reestructuracion-n-172670

https://www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/4161797/08/12/Novacaixagalicia-avanza-en-la-reestructuracion-de-sus-organos-de-gobierno-antes-de-la-conversion-en-fundacion.html

https://www.laregion.es/articulo/economia/guillermo-brea-organiza-jubilacion-37-anos-caja/20111127112919177622.html


 

jueves, 25 de noviembre de 2021

Victoriano Ballesteros Reboreda (Chapela, 1896-1960).

 


Xornalista. Director do semanal “Galicia Social” de Vigo. Foi un dos fundadores do xornal en 1919 e comezou a dirixilo en 1923, cargo que ocuparía ata o seu falecemento. Este xornal era de marcada ideoloxía católica como o marca o feito de que organizara peregrinacións a Lourdes ou Covadonga. En 1925 tamén dirixiu un novo semanario vigués chamado “Última hora”. Correspondente da axencia Logos ademais de realizar crónicas para o diario Ya.

Tenente alcalde do Concello de Vigo (en 1928). En 1929 aparece como concelleiro suplente. Destacado membro da Sindicato Obrero Católico de Vigo do que era vicepresidente a finais dos anos 20. En 1930 aparece como presidente do re-fundado C. D. Bosco, equipo de fútbol ligado á escola dos salesianos. Xa na 2ª República, en xaneiro de 1932, aparece como vocal do partido político confesional católico recen fundado en Vigo, Acción Nacional. Este partido sería a base da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA).

Durante a Guerra Civil apoia ao bando franquista, participando en Radio Vigo no programa “Charlas patrióticas”, desde setembro de 1936. En 1939 comeza a escribir artigos e crónicas deportivas para El Correo Gallego dos que destacaremos, no referente a Redondela, os adicados á busca do tesouro de Rande en 1940. En 1947 foi homenaxeado con motivo de cumprir 25 anos á fronte da dirección de “Galicia Social”. Por esa época convértese en redactor de Hoja Oficial del Lunes e comeza a colaborar con El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. Tamén sería nomeado vogal de honra da Asociación de Prensa de Vigo. Faleceu en 1960 aos 65 anos.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Galicia, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, El Diario de Pontevedra, El correo de Galicia, El Ideal Gallego, Hoja oficial del lunes, El Eco de Santiago, El Correo Gallego

jueves, 16 de abril de 2020

Persoeiro do ano

 

Casto Sampedro. Foto: Museo de Pontevedra

 

            No 2012 o Concello decide nomear ao Persoeiro do ano, celebración que consistirá nunha serie de actos, que comprenden dende exposicións, publicación de biografías e, as veces, darlle o nome do galardoado a unha rúa. Os homenaxeados foron:


2012 Casto Sampedro y Folgar. Investigador e impulsor da arqueoloxía, historia e etnografía na nosa provincia. Fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e do Museo de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html )


2013 Alejandro Otero Fernández. Destacado Xinecólogo e Político. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/otero-fernandez-alejandro-redondela-14.html )


2014 Rita Otero Fernández. Destácase a súa caridade cos máis necesitados na época da posguerra. Irmá do anterior e esposa do empresario José Regojo.


2015 Telmo Bernárdez Santomé. Médico. Político agrarista, chegaría a ser xefe provincial de Izquierda Republicana durante a II República. Fusilado o 11 de novembro de 1936. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html )


2017 Paulina Sánchez. Mestra organizadora de funcións de teatro e de numerosas actividades.


 
Sánchez Otero, Paulina Foto publicada no Faro de Vigo


            Os trocos de goberno municipal atrasou a celebración deste galardón tres anos e a pandemia do Covid-19 un ano máis. Trócase o nome por “Ano de...”.


2020-2021 As mulleres de San Simón. Homenaxe ás mulleres que formaron unha rede solidaria de axuda aos presos do réxime franquista na illa de San Simón, entre os anos 1936 e 1945.


Autor: Juan Migueles

 

 
 
 

domingo, 12 de abril de 2020

Borines, Miguel (Redondela, 1959) Actor

Foto: Tanxarina
        Membro da compañía de títeres Tanxarina dende 1984. Tamén participou nunha obra con Matarile. Ademais do seu traballo con monicreques, como actor ten formado parte das compañías teatrais: Antaruxa, Cirigaita, Produccións Teatrais do Sur, Teatro do Morcego e Centro Dramático Galego. No 2019 recibiu o Premio María Casares a mellor actor protagonista con “Casa o Rei” de Ibuprofeno Teatro.
        No cine protagonizou numerosas curtametraxes, ademais de ter pequenos papeis en películas como Los lunes al sol, Heroína ou Todo es silencio e personaxes episódicas en series como Los hombres de Paco, Libro de familia, Mataredo ou Vivir sin permiso. Deu vida a Moncho na serie Serramoura da TVG.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia

Bernárdez Santomé, Telmo (Redondela, 10-04-1885/11-11-1936 A Caeira (Pontevedra) Médico e político


Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
 

A principios do s. XX era redactor dos xornais de Redondela “La Opinión” e “Gente Nueva” (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html ). Licenciado en menciña o 7 de maio de 1907, formou parte de “Los Jovenes Turcos”. Implicado na causa agraria, en abril de 1910, co tamén médico Pereira, acompañou a unha comisión de agricultores, nunha visita en Pontevedra ao Gobernador Civil, sr. Boente, co fin de pregarlle o despacho do regulamento da nova sociedade agrícola de Soutomaior. Nomeado fiscal municipal suplente en 1910 e xuíz municipal suplente en 1917.

Tralas elección de 1915 convértese en concelleiro de Redondela. En outubro dese ano participa activamente na Vi Asemblea Agraria en Redondela. O caciquismo da época impediu o seu nomeamento como alcalde en 1922, sendo nomeado Buenhijo Pérez Sobrino ante o enfado dos 13 concelleiros agrarios que eran maioría, e quedando Telmo Bernárdez como 1º tenente alcalde. Non sería ata o 14 de febreiro de 1923, cando foi elixido por unanimidade da corporación alcalde de Redondela (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html ). Tentou daquela presentarse a deputado provincial sendo anulada a súa candidatura por incompatibilidade co cargo de alcalde. Poucos meses despois sería destituído da alcaldía tralo golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.

O seu prestixio como médico queda patente cando en 1925 para estudar a modificación do regulamento do Colexio de Médicos da provincia, nomeouse unha comisión formada por Martín Lago Paz, de Vigo; Manuel Paz Varela, de Mos; e Telmo Bernárdez, de Redondela. En 1932 reuníronse en Vigo os médicos da Compañía del Norte, chegando ao acordo de constituír a Asociación de Médicos de los Ferrocarriles del Oeste, sendo elixido Telmo Bernárdez, como médico da Sección de Redondela, para levar as aspiracións dos alí reunidos a unha asemblea que se celebrará o día 30 en Salamanca. (Ver (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/sanidade.html )

En 1926 pasa a presidir o Casino de Redondela e posteriormente foi nomeado Subdelegado de Sanidade. Ademais foi Delegado do Estado na Confederación Hidrográfica do Miño e Vocal suplente rexional do Tribunal de Garantías Constitucionais.

Participa activamente na campaña de Luis de Zulueta para deputado a cortes por Redondela- Pontecaldelas. Converteuse en presidente do Centro Republicano de Redondela, estando presente na constitución da Federación Republicana Gallega. Durante a República pasou a militar en Izquierda Republicana, da que chegou a ser Xefe provincial. En abril de 1936 foi nomeado Compromisario pola circunscrición de Pontevedra na elección do segundo presidente da República. En maio dese ano, representou ao Concello no plebiscito sobre o Estatuto Galego. Logo presentouse como Deputado pola provincia de Pontevedra, non conseguindo o escano. Tralo alzamento do 19 de xullo, acudiu a Pontevedra a informarse da situación. Ao seu regreso tranquilizou á xente, tanto en Arcade e Redondela, e persuadiu aos máis alporizados para que marcharan ás súas casas.

Tralo inicio da Guerra Civil, estivo preso en Vigo, a Illa de San Simón e Pontevedra. Finalmente sería fusilado na Caeira (Pontevedra) o 11 de novembro de 1936. Estes feitos levaron á súa familia ao exilio.

En Redondela concedéronlle o seu nome á actual rúa José Regojo en 1931 e en 1979 á daquela chamada rúa Oriente (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html ). No 2015 foi declarado persoeiro do ano, publicándose "Luis Telmo Bernárdez , un bo e xeneroso", de Isaac Borja Araújo Figueroa.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

(Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela))

Internovas. Historias de Redondela

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.

(Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002)

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo Gallego, La Integridad, El Progreso, Galicia diario de Vigo, El Correo de Galicia, Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra...

 

Bayer, Andrea (Redondela, 1971) Directora e actriz teatral.

Andrea Bayer Foto Pontevedraviva
Directora e intérprete coa compañía Baobab de obras teatrais como: “Golulá” (Premio mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, Premio espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Rivadavia, Espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX Programación de Domingos do Principal 2008), Babiliglub” (Participou en Fetén 2008), "Rosalía, la pulga que escribía"… No 2012 acadou unha Mención de Honra no III Concurso Internacional de Cuentacuentos “Cuento en corto” organizado pola Red Internacional de Cuentacuentos e a Escuela de Escritores de Madrid. Establecida na cidade de Pontevedra tivo a honra de ser pregoeira das festas da Peregrina no ano 2013.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Pontevedra Viva

Barreiro Estévez, Gregorio (Redondela, 1580/ Toledo, 1645) Relixioso_fundador da Misa de Alba

Colexial de Santiago e Cóengo Maxistral de Mondoñedo. En xullo de 1620 entrou no Colexio de Santa Cruz na prebenda teóloga. Logo desempeñaría as cátedras de Artes e Sagrada Escritura en Valladolid (1621) e sería Coengo Maxistral de Ávila en 1622. En 1627 gañou a Penitenciaria de Santiago de Compostela. E en 1629 foi nomeado maxistral de Toledo, cidade na que faleceu ostentando a Maxistralía de púlpito. En 1641 fundou a Misa de Alba, adicada á xente do mar e aos peregrinos. Esta misa celebrábase en case todas as vilas do litoral galego. En Redondela era celebrada polo abade, agás os domingos que a celebraban os frades da illa de San Simón, que viñan á vila a pedir esmolas.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
Terra de Melide. Seminario Estudos Galegos, 1933 (Nós)

Bacelar, Fr. Antonio (Redondela, s. XVII) Relixioso e Escritor místico

              Entre 1606 e 1608 pertenceu a un convento de Coruña. En novembro dese último ano xa habitaba no convento de San Francisco de Santiago. E no 1926 trasládase ao convento S. Lorenzo de Trasouto (Santiago), ocupando o cargo de predicador e lector de teoloxía moral e calificador do Santo Oficio. Publicou dúas obras sobre a tarefa evanxelizadora do Apóstolo Santiago en España:
  • Defensa de la cognación y parentesco de nuestro glorioso Apóstol y único patrón de España, Santiago el Mayor, con Cristo redentor nuestro en cuanto hombre, compuesto por...”. Santiago, por Juan de León, 1630. Este escrito sería reeditado en Coimbra en 1631 polo que Nicolás Antonio o considerou portugués.
  • Relación sumaria en que se dice haber venido nuestro Apóstol Santiago a predicar a España y como después.... Tamén escrita no 1630, era unha crítica ós Padres Carmelitas.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es =>1862 Diccionario de escritores gallegos, 19190715 Ultreya

martes, 7 de abril de 2020

Documentais

Danzantes e choqueiros (2008). Fernando Carreira “Cuchi”. Documental entorno á danza das espadas.

Manolo Barros, un rebelde de aceiro. Fernando Carreira “Cuchi, con guión de Gonzalo Amoedo
O Imperio textil. Fernando Carreira “Cuchi, con guión de Ana Xesteira;
Agrupación Folklórica Sección Femenina de Redondela. Fernando Carreira “Cuchi,


Ángel. Fernando Carreira “Cuchi". Documental biográfico do restaurador e pintor Ángel Barros.
A memoria dun pobo. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy. (Libro +DVD)
Os nenos da illa. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.

Autor: Juan Migueles


Libros: Biografías de persoeiros de Redondela

Luis Telmo Bernárdez Santomé
Luis Telmo Bernárdez Santomé. Un bo e xeneroso. Isaac Borja Araújo Figueroa.


Alejandro Otero Fernández
Alejandro Otero. El médico y el político. José Fernández Castro.
Alejandro Otero. Enriqueta Barranco e Fernando Girón
Alejandro Otero. O heroe ausente. Enriqueta Barranco Castillo e Fernando Girón Irueste.Concello de Redondela.




Rita Otero Fernández
Paseando el recuerdo. Mi abuela Rita Otero. Gracia Regojo Bacardi.
Rita Otero. Una vida de entrega. Sabela Álvarez Manzano.
Ernestina Otero Sestelo
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.



Ernesto Padín Lorenzo
Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed. Coordenadora de equipos de normalización lingüistica dos centros educativos de Redondela.
Casto Sampedro Folgar
Casto Sampedro Arqueoloxía e memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores, 2013
Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.
 



Diego San José de la Torre
Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José. Diego San José de la Torre, Manuel Puga Pereira e Xose Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela.
Paulina Sánchez Otero
Paulina. Mestra de soños Telmo Crespo Tojeiro
 


Reveriano Soutullo
Reveriano Soutullo Otero, el alma lírica de la música gallega, vida y obra. Mª Rosa Arija Soutullo. Ed. Diputación de Pontevedra, 2011.
Reveriano Soutullo Otero. Estudio biográfico y musical. Jaime Estévez Vila.



Biografías. Outros estudos e artigos.

José Santiago Crespo Pozo

In Memoriam. José Santiago Crespo Pozo. Centenario de su nacimiento. (1909-2009). Jerónimo López López e Carlos Viscasillas Vázquez. Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia nº8-pag16.

Eladio Leirós Fernández

Don Eladio Leirós Fernández. Uxío Torre Enciso. 1980 Boletín nº 360 Real Academia Galega

Diego San Jose

Diego San José: Paseo radiofónico por las calles de Madrid. Gemma Sara Ventín Sánchez. Universidad Complutense de Madrid, 2005.

Johan Soárez

A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII. A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso. Henrique Monteagudo. Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela, 2013.

Reveriano Soutullo

Reveriano Soutullo. Cidra e Balancé. 2. Vol. 2016. Edita Asociación Nacional de Directores de Banda

La Leyenda beso, zarzuela en dos actos. Reveriano Soutullo y Juan Vert. Libreto: Enrique Reoyo, Antonio Paso (hijo) y José Silva Aramburu.

El último romántico. Zarzuela en dos actos. Soutullo y Vert. Unión Musical Ediciones S. L.

Reveriano Soutullo y el pasodoble Ponteareas. Rosana Boente Lago

Antonio del Villar

Antonio del Villar, retablista. Dolores Álvarez Fernández. Espacio. Tiempo y Forma, Serie Vil, H." del Arte, t. 8, 1995, págs. 167-189


Autor: Juan Migueles
 

sábado, 28 de marzo de 2020

Blanco Lago, Beatriz _ Pintora.

Foto cedida por X. Cameselle Ben
           Finalista no prestixioso certame LVI Concurso Internacional de Dibujo Ynglada-Guillot de la Real Academia Catalana de Bellas Artes. No certame Mod-Portrait 2017 acada as "Becas BAA - Scholarships - Barcelona Academy of Art".

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportacións: Xesús Cameselle.

Bastos Andreu, María (1980) Xornalista

Foto: ecodiario.eleconomista.es
           Despois de vivir uns anos en Barcelona decide facer as maletas e marchar a Latinoamérica onde traballa como xornalista freelance. Ten publicado en medios como Etiqueta Negra (Perú) , Fronterad (España), Letras Libres (México e España) ou Popoli (Italia). No 2014 Martina Bastos foi galardoada co Premio Don Quijote de Periodismo por "La lluvia es una cosa que sucede en el pasado", publicado na revista peruana Etiqueta Negra, e que describe a relación dos galegos coa choiva. Anteriormente xa recibira varios premios polos seus relatos: Concurso 10 años viajando juntos de Viaxes National Geographic, Las Nuevas Plumas (2012), Microrrelatos de Caja de Ávila (2013), Certamen Internacional de Cartas de Amor y Desamor de Almuñécar (2013)...

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
2014/07/04 Faro de Vigo
2014/07 ABC
La Gaceta de La Universidad de Guadalajara 14 Enero 2013
National Geographic. http://ngviajes.com
http://almunecar.ideal.es 17 de Febrero de 2013

Barros Montero, Ángel (Redondela, 1935) Restaurador.

Foto: Xesús Cameselle Ben
           Restaurador autodidacta. Sendo rapaz na porta da súa casa moldeaba en barro as caras dos nenos que servían de modelos improvisados. O seu primeiro traballo foi na fábrica de Regojo deseñando panos.
          Tivo que emigrar a Brasil onde seguiu exercendo como deseñador e vendeu os seus primeiros cadros. Trasladouse a Suiza, onde iniciou un periplo que o levou por diferentes países: Alemania, Checoslovaquia, Dinamarca... Realizou diferentes traballos mentres seguía a pintar co propósito de visitar museos para coñecer as diferentes correntes e pulir o seu estilo.
          Nunha das súas estadías na nosa vila, en 1960, aproveitaría para realizar xunto aos irmáns Alonso unha exposición no Centro Recreativo e Cultural.
          Finalmente estableceuse en París onde traballou durante 12 anos como restaurador nun taller que a súa vez traballaba ás veces para o Museo do Louvre. Tamén asesoraba na compra de arte e de este xeito coñeceu a algún famoso como o cantante Manolo Escobar.
          Anos máis tarde trocou París por Valencia, onde seguiu 18 anos como restaurador para a Universidade de Valencia ata a súa xubilación. Polas súas mans pasaron cadros de pintores como Matisse, Picasso, Tapies ou Sorolla, e retablos de diferentes séculos. Unha vez xubilado estableceuse na parroquia de Reboreda, onde segue a pintar obras propias e copias de cadros famosos.
         A historia da súa vida quedou recollida no documental “Ángel” de Fernando Carreira “Cuchi”.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Aportacións Ángel Barros,
Faro de Vigo

Alberto Luis Barciela Castro (Chapela, 1964) Comunicación e Prensa

           
Foto: academiatv.es
       

            Director de comunicación e relacións externas da CRTVG desde 1994, membro do Pleno e da Comisión Permanente do Consello Galego de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, da Ponencia Técnica de Novos Medios e do equipo técnico de estudios sobre Periodismo Electrónico do Consello da Cultura Galega. Periodista de profesión, é membro do Colegio Profesional de Periodistas de España, membro de número da Sociedad Española de Autores y Editores, e pertence á Asociación de la Prensa de Madrid.

Foi xefe de prensa do Centro Galego de Madrid, traballou nas revistas Sábado gráfico, El Caso e El Cocodrilo. Colaboró con diferentes medios de comunicación escritos e audiovisuais en Madrid, foi subdirector do Gabinete de Comunicación do Grupo Parlamentario Popular no Senado.

En 1990 regresou a Galicia, sendo director do Gabinete de Comunicación do Presidente de la Xunta impulsando as Xornadas de Comunicación de Vilalba, o Club Internacional de Prensa de Galicia e o proxecto da Cidade da Cultura.

2022 Premio Nacional de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

academiatv

El Correo Gallego