 |
A selección de Uruguai campiona de 1930. Arriba de esquerda a
derecha: Figoli (adestrador), Andrade, Gestido, Nasazzi, Ballesteros, Mascheroni,
Fernández e Greco (masaxista). Abaixo: Dorado, Scarone, Anselmo, Cea e Iriarte. Uruguai
venceu na final a Arxentina por 4 a 2.
|
¿Dous redondeláns foron os primeiros españois en gañar o Mundial
de Fútbol? Cada certo tempo reábrese o debate e ata na Wikipedia
podemos ollar como o lugar de nacemento dos futbolistas Lorenzo
Fernández e Pedro Cea vai variando de Redondela a Uruguai e de
Uruguai a Redondela. Ademais, ao figurar nas biografías tan só o
primeiro apelido dificulta a busca da súa orixe.
Poñámonos
en situación. Alá polo 1930 celebrouse o primeiro mundial de fútbol
en Uruguai. Nesta primeira cita existía unha norma que permitía
xogar aos emigrantes na selección do país que os acollera. No
equipo vencedor, Uruguai, formaban Pedro Cea “El Vasco” e Lorenzo
Fernández “El Gallego”, dos que se chegou a dicir que eran de
Redondela. O equipo derrotado sería Arxentina na que xogaba Pedro
Suárez “Arico”, nado en Santa Brígida (Gran Canaria) en 1908.
http://es.wikipedia.org/wiki/Pedro_Su%C3%A1rez_%28futbolista,_1908%29
Dende Uruguai
afírmase que os dous naceron en Montevideo e aquí xurde a polémica
sin que ata o de agora ninguén aporte as partidas de nacemento dos
dous xogadores.
Jaime Conde no Faro de
Vigo afirma que Pedro Cea naceu en Redondela o 1 de setembro de 1900,
e emigrou ao continente americano cos seus pai sendo moi neno. Por
outra banda Antonio Paniagua e Pablo Gregorio Taboada en Cuadernos de
Fútbol, nº 67, aportan datos posteriores de visados deste xogador
en visitas a outros países nos que aparece Montevideo como lugar de
nacemento. Nun destes visados atopa os nomes dos pais: José Cea e
María Urriza, o que nos deixa claro a orixe vasca por parte da nai e
a galega pola do pai. Pero tamén engade: ... el periódico vigués
Galicia, el 10 de abril de 1924, fecha en la que la selección
uruguaya estaba instalada en Vigo como parte de su gira europea
previa a los Juegos Olímpicos. En el artículo se relata una escena
en la que Cea se acerca a una aldea de Redondela para conocer a su
abuela, a la que no vio nunca, enseñándole ella la cama en la que
nació su padre, pero sin hacer ninguna referencia a que él naciese
allí. Por lo emocionante e indicativo del artículo, merece la pena
una reproducción textual del fragmento que se le dedica a este
encuentro. Además supone una buena muestra de la sangría humana que
la emigración supuso para el pueblo gallego:
“De
la estancia de los uruguayos en Vigo podríamos dar a la publicidad
notas muy curiosas. Ayer ha tenido lugar una escena conmovedora entre
el jugador Cea y su abuela, a la que no conocía. Esta última reside
en una aldea de Redondela y allá fué (sic) ayer tarde en automóvil
el interior izquierda del equipo uruguayo con varios
compañeros.Después de múltiples indagaciones, consiguió Cea
encontrar la casa de sus antepasados. Al darse a conocer a su abuela,
se estrecharon ambos en tan cariñoso abrazo y tales palabras de amor
maternal prodigó la viejecita a su nieto, que todos cuantos
presenciaron la escena derramaron abundante llanto. Luego la abuela
de Cea, con el júbilo que de de suponer (sic), fue enseñando a éste
el hogar donde nació y se crió su padre, incluso la cama donde vino
al mundo, que la viejecita conserva como una reliquia. La referencia
que anoche hizo Cea de todo lo ocurrido a sus compatriotas, conmovió
a éstos profundamente”.
 |
| Uruguai 1930. Héctor Scarone, Lorenzo Fernandez e Pedro Cea. Celebración gol de Cea na final |
O problema é que non
temos constancia do apelido Cea en Redondela, pero nun
traballo de
Marcos Martín Reboredo atopamos o
nome completo do
pai, José Cea Araújo. Este segundo apelido si que ten presencia en
Redondela.
Por
su parte, Fernando Arrechea, autor en Cuadernos
de fútbol,
consiguiu
documentación correspondente a unha
xira
de Nacional en Centroamérica e
Norteamérica en 1927. No
rexistro
do
porto
de Nueva York consta
que todos os membros da expedición eran uruguaios,
salvo un médico alemán. Na
convocatoria aparecen
Cea e
Fernández, aínda
que o segundo non actuaría de
forma oficial co equipo. Outro
documento posterior, o
visado para asistir á
Copa do
Mundo de 1950 celebrada en Brasil, tamén confirma a Montevideo como
lugar de orixe
de Cea.
Nese
mesmo
documento aparece
como data de nacemento tamén o
1 de setembro
de 1900.
En
canto a Lorenzo Fernández, Jaime
Conde sinala como
lugar de nacemento Redondela o 20 de maio de 1900 . Os seus éxitos
chegaban a Redondela en forma de recortes á barbería
Lago sita
na rúa Ribeira, dende onde era seguido por familiares e veciños. Os
cales tiveron a ocasión de coñecelo cando, tras o triunfo nas
Olimpíadas
do 28, viu xogar coa selección de Uruguai un amigable contra o Celta
en Balaídos.
Antonio
Paniagua e Pablo Gregorio Taboada atoparon
a alguén co mesmo nome no Rexistro Civil
(sección 4) de Uruguai o 12 de setembro de 1899 (uns
meses antes da data de nacemento que consta na súa biografía)
no departamento de Canelones. Os seus pais se chamaban Eusebio
Fernández e Hipólita Cabrera.
Nas
miñas pescudas puiden comprobar que no
Arquivo do equipo C. A. Peñarol
teñen a Lorenzo Fernández como Uruguaio pero non conservan
documentos que o acrediten. A
proba definitiva veu no Rexistro Civil de
Redondela, no que
ningún dos dous futbolistas consta
coma nacido en
Redondela, nin en 1900 nin nos anos
anteriores e posteriores.
Por
aportes orais confirmáronme que Lorenzo Fernández era fillo doutro
Lorenzo Fernández nado en Cesantes. En
canto a Cea, o artigo antes mencionado do xornal Galicia o sitúa
como fillo dun home que naceu nunha parroquia de Redondela. Por
contra, o alcume do xogador, “El Vasco”, e o apelido da súa nai,
María Urriza, deixa claro a procedencia desta. En
resumo, podemos afirmar que Lorenzo Fernández e Pedro
Cea naceron en Uruguai, pero, cando menos os seus
pais (da nai de Lorenzo Fernández aínda non sabemos nada) naceron
en parroquias de Redondela.
LORENZO FERNÁNDEZ (“El
Gallego” ou “El Patrón en la cancha”)
 |
| Lorenzo Fernandez. Mundo Uruguayo, 1928 |
Nado en Urugüai
o 20 de maio de 1900. Fillo de Lorenzo Fernández, de Cesantes, quen
emigrou a Uruguai a
finais do s. XIX.
Lorenzo
Fernández comezou con 14 anos xogando de
medio-centro no Club Atlético Capurro no
campionato de Terceira Extra e no 1921 debuta na primeira categoría
co Wanderers, acadando
o título do Campionato Uruguaio en 1923. En 1925 estrea a
camisola celeste da selección contra Paraguai e ao ano seguinte
disputa a Copa Libertadores (Campionato
Sudamericano)
en Chile, no que acadan o triunfo, destacando coma un dos
mellores da competición.
Dous
anos máis tarde, xa no Peñarol de Montevideo, volve xogar
coa selección o Campionato Sudamericano perdendo a final contra
Arxentina por 3-2. Pero o desquite chegaría na final dos Xogos
Olímpicos de Amsterdam’28 onde gañaron, a pesares de que El
Gallego perdeuse a final por lesión.
 |
| Lorenzo Fernández exercendo de capitán do Peñarol. alvarocw.tumblr.com |
No
1929 os arxentinos volven a gañarlles no Campionato Sudamericano por
2-0. Lorenzo estrease coma dianteiro marcando tres goles contra Perú.
E
chegamos a 1930, ano do primeiro Campionato Mundial de
Fútbol celebrado en Uruguai. Lorenzo Fernández
segue sendo titular indiscutible da selección que chega a final que
os enfrontará ao seu eterno rival Arxentina. Estes comezan
adiantándose no marcador, pero os uruguaios realizan a remontada e
pasan a historia como primeiros Campións Mundiais gañando o partido
cun 2-1 final. Nese equipo podería haber mais xogadores de orixe
español. Un deles podería ser Pedro Cea por alcume El
Vasco, dianteiro que foi segundo na táboa de goleadores con
cinco tantos. Chegou a dicirse que tamén procedía de Redondela,
pero non hai constancia deste apelido no noso concello. Completaban o
equipo Alvero Gestido, Jose Mazassi, Enrique
Ballestrero, Ernesto Masqueroni, Jose Leandre Andrade,
Pablo Dorado, Hector Scarone, Hector Casstro e
Santos Iriarte.
Xa
sería no 1935, no Campionato Suramericano de Perú, e con
Uruguai gañando na final 3-0, como non, contra os arxentinos, cando
El Gallego ten que abandonar o campo extenuado. A vitoria
estaba conseguida pero este partido sería a despedida de Lorenzo
Fernández da selección despois de 31 partidos e 4 goles. A pesares
disto aínda seguiría xogando ata 1939, ano no que colgaría
definitivamente as botas.
Os
equipos nos que militou foron o Caparro, o Wanderers, o
Peñarol, co que acadou 3 títulos de liga (1928 e 1929, como
equipo amateur, e 1932 primeiro ano da era
profesional), o Nacional e o River Plate arxentino co
que realizou unha xira europea no 1936. É recordado en Uruguai por
formar unha histórica media coñecida como La Cortina Metálica
xunto a Tatito Silva e Álvaro Gestido. Tamén recae nas súas
botas a honra de marcar o que é considerado o primeiro gol da era
profesional nun Peñarol-River Plate no ano 1932. Xogou co número 5
no primeiro clásico uruguaio no Estadio Centenario, gañando o
Peñarol 1-0. Despois da súa retirada en 1941 co Nacional, aínda
adestraría a equipos coma o Peñarol (1941-42) ou o Racing, chegando a ser seleccionador entre 1956 e 1958.. Faleceu
o 16 de novembro de 1973 en Montevideo.
Unha última dúbida nos ronda sobre este xogador, xa que parece moi
obvio que tería algo que ver con que en Redondela se creara un
equipo infantil chamado Peñarol con camisetas cedidas por aquel
club. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html
)
PEDRO CEA (El Vasco)
 |
| Pedro Cea Mundo Uruguayo, 1928 |
José Pedro Cea
Urriza. Dianteiro. Foi o único xogador da selección de Uruguai que
xogou tódolos partidos que levaron a acadar os ouros olímpicos de
1924 e 1928 e o Campionato do Mundo de 1930. Ademais do alcume “El
Vasco” recibiu o nome do “Empatador Olímpico” polos decisivos
goles que marcou nas olimpíadas de París 1924 e Amsterdam 1928.
Conseguiu o empate celeste frente a Holanda nas semifinais de 1924 e
marcou un dos tres goles cos que derrotaron a Suiza na final. En 1928
marcou o gol do empate fronte a Italia. E ata no Mundial de 1930
marcou o gol do empate frente a Iugoslavia e na final empatou a
Argentina cando Uruguai perdía 2 a1.
 |
| Gol de Cea a Rumania-Uruguay1930. Foto: Bob ThomasPopperfoto |
Xogou moitos anos no
Nacional, do que era gran
seguidor. Entrou na sede do Peñarol, que xurara
non pisar, cando morreu o seu amigo Álvaro Gestido. Antes de marchar
díxolles aos que o miraban: “Ustedes nunca podrán saber qué
clase de hombre han perdido”.
Na súa carreira
enfrontouse moitas veces a Lorenzo Fernández. Nunha ocasión nun
Peñarol – Nacional de Segunda División, antes de empezar, “El
Vasco” díxolle a un compañeiro para que escoitara Lorenzo:
“Manco, hoy tuya y mía, ¡eh...!, jugala por el medio, que ahí
Peñarol no puso a nadie...”. Lorenzo contestou: “¿Y yo
quién soy...?”. E Cea que retruca: “Vos no sos nadie...”.
Así de quentes no partido houbo moitas patadas pero ao final saíron
todos abrazados como amigos.
Despois de retirarse
convertiuse en comentarista de radio xunto a Dalton Rosas Riolfo no
programa “Tierra de Campeones “, onde resumiu nunha frase
a súa filosofía futbolística: "cortita y al pie".
Neste
mesmo programa preguntáronlle unha vez:
-Vasco
¿es verdad que ustedes nunca cobraron nada por jugar...?”.
-¿Quién
le dijo eso...? Mire, hoy es día de Colombes (Olimpiada 1924). El
lechero, el diariero, cuando llegaron a casa me felicitaron. Después
tomé el repechito de Agraciada, y cada uno que veía me gritaba
“¡Vasco, lo felicito...!”. Al entrar a Radio Carve. Juan Enrique
De Feo, Raúl Fontaina y muchos otros me dieron un apretón de manos
para congratularme por el aniversario... Usted mismo me acaba de dar
un abrazo...
-
¿Y eso qué tiene que ver?
- ¿No se da cuenta...? ¡Todavía
me están pagando...!
Noutra
ocasión preguntáronlle: “Vasco, ¿a ustedes los afectó la
altura en México?” E el que non cría que a altitude afectase
aos xogadores contestou: “Sos loco... en ese tiempo México
estaba al nivel del mar...”
Faleceu
en 1970 e os seus restos foron velados na sede do Nacional.
Para
rematar e como
curiosidade dicir
que no 2002 Correos
Uruguayos emitiu
selos coas imaxes dos xogadores que
formaban a selección uruguaia de 1930.
 |
| Pedro Cea www.correo.com.uy |
BIBLIOGRAFÍA.
Faro de Vigo
27/08/2000 páx.14 e
3/9/2000 suplemento Faro Domingo pax. 4 e 5 artigo de Jaime Conde.
https://www.farodevigo.es/deportes/2006/06/08/lorenzo-fdez-redondelano-uruguay-18224121.html
Lorenzo Fdez. Un redondelano
en Uruguay. 28-6-2006 Faro de Vigo.
Antonio
Paniagua Pérez y Pablo
Gregorio Taboada Cuadernos de Fútbol, nº 67, fecha: 1 julio
2015, ISSN: 1989-6379. Publicado en Centro de Investigación de
Historia y Estadística del Fútbol Español:
https://www.cihefe.es/cuadernosdefutbol/2015/07/sobre-el-origen-de-pedro-cea-y-lorenzo-fernandez/.
Arquivo do equipo C. A.
Peñarol.
www.historiadelfutbolcanario.com
www.nacionaldigital.com
www.es.wikipedia.org
www.radiosinternet.com
http://www.padreydecano.com/cms/idolos/lorenzo-fernandez/
https://alacontra.es/2019/04/pedro-cea-lorenzo-fernandez/
,
por
Marcos Martín Reboredo.