martes, 31 de enero de 2023

Técnicas para conservar o peixe.

 


1957, Raias a secar nas barcas. Foto: villamalea.eu
1957, Raias a secar nas barcas. Foto: villamalea.eu

Antes da chegada das conservas eran varias as empresas de salga que había no noso concello. O sal era o principal conservante naqueles tempos, pero non o único.

Vendo fotos antigas de Redondela podemos comprobar que baixo o Viaduto de Pontevedra secábase peixe, porque ante a falta de medios dos que dispomos agora era unha forma de conservar o pescado de xeito económico. O que secaban deste xeito eran xurelos e raias. Os xurelos os estiraban nas pedras, mentres que as raias as colgaban das barcas ou mesmo dos ferros do viaduto ou colocaban paus con cordas para tendelas. Os xurelos poñíanse a secar directamente, mentres que as raias había que poñelas primeiro en remollo. Algúns lembran comer os xurelos crus despois de secar e din que era moi saboroso. Tamén contan que a raia debía ser máis forte pero non faltaba algún rapaz quen nun despiste lle botaba a boca nos anos da fame.

Hai que distinguir a raia da ouxa, coñecida como “raia brava”. Este é un peixe hoxe moi estendido porque non se comercializa, se ben é certo que había quen o pescaba para comer as ás, tirando o resto da carne. Ademais o seu aguillón faino perigoso para ser pescado. Outro peixe co que non a debemos confundir é a zapata. Peixe moi apreciado pero moi complicado de cociñar xa que para preparalo primeiro hai que sacarlle a pel.

Un pouco máis afastado do mar, concretamente na Canteira dous irmáns tiñan un secadoiro de bacallau, que logo levaban cun camión a vender a Vigo.

Outra técnica de conservación sería o afumado. Unha referencia clara en Redondela a atopamos no Cabo dos Fumeiros, topónimo dado por ser o lugar onde se afumaban as sardiñas.

Nas conversas mantidas para este artigo saíron os nome dun par de peixes dos “que xa non hai”:

O carabellón. O nome técnico empregado pola Consellería do Mar é Rei, podendo chamarse tamén: gaián, carabilla, pixón, saroupa, crico (as femias), escarabellón, lavanco, xoio, xoio azul, laberneiro (os machos) ou ghaiolo. Segundo din: “Era moi bonito baixo a auga”, “Parecido ao rubio, pero máis escuro”.

O escarpón. Do que contan que: “Era riquísimo”. Apesares de citalo como desaparecido, se hai sorte, aínda hai días que se pode atopar na Praza de Abastos, como pode comprobarse nesta reportaxe gráfica realizada por alumnos do instituto Mendiño.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmendino/?q=node/602


Raia a secar nunha barca. Foto cedida por J. A. Xesteira
Raia a secar nunha barca. Foto cedida por J. A. Xesteira


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Alberte Román Losada. Ed. Asoc. Alén Nós 2009.

Aportes orais.

La Voz de Galicia

 

miércoles, 4 de enero de 2023

Cruceiros Privados


 

Anteriormente falamos dos cruceiros do Concello de Redondela que se atopan en chan público (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html) e tamén dos cruceiros desaparecidos ou dos que tan só quedan restos (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/cruceiros-desaparecidos.html ), polo que chegou o momento de enumerar os cruceiros de propiedade privada. Lembramos que calquera elemento patrimonial de máis de cen anos é considerado Ben de Interese Cultural (BIC), aínda que na práctica a protección desta figura non sempre é a axeitada. É difícil coñecer o ano de construción de todos estes cruceiros, pero ata o de agora non teño constancia de que ningún sexa anterior a 1950.


Cabeiro

Cño. Soutiño

42.256694,-8.630722


Cño. Soutiño-Google Maps

Cedeira

CD01. Subida a Cedeira

42.281188,-8.61925

CD02. Cruceiro de Manolicho. Subida a Cedeira.

42.279962, -8.620384

CD03. Cruceiro de Amador. A Portela. Obra de Amador, fillo dos propietarios, cando realizou un curso de cantería.

42.286794, -8.623613

CD04. A Portela

42.287387, -8.624653

Cruceiro de Manolicho. Foto: Evaristo Cancelas
Subida Cedeira. Foto: J. Migueles


A Portela. Foto: J. Migueles

 









 

Cruceiro de Amador. Foto: J. Migueles

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CD05. Cruz dos Figueiral. A Regasenda

42.287335, -8.638217

CD06. Camiño da Rabadeira. Fortóns.

42°16'24.3"N 8°36'57.5"O (42.273415, -8.615984)

CD07. Camiño da Rabadeira. Fortóns.

42°16'23.6"N 8°36'55.4"W (42.273213, -8.615376)

A Rabadeira. Google Maps


Cruz dos Figueiral. Foto: J. Migueles
A Rabadeira. Google Maps



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cesantes

CS01. Cruceiro do Monte Gordo (San Pedro. Propiedade particular): Feito nos anos 30 do pasado século en lembranza dun home que morreu ao caer dun piñeiro cando recollía piñas. Recollido en Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. 2004. SEREN Nº 1, 2, 4 e 5. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

CS02. Telleira 1

42.292291, -8.614348

CS03. Cño. da Telleira, 27-2

42.290187, -8.617524

CS04. Telleira 3. Sen cruz.

Recollido en “Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.” como CR13.

 

A Telleira 2. Foto: J. Migueles

A Telleira 1. Foto: Evaristo Cancelas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CS05. Av. Mendiño I

42°17'29.01"N, 8°36'47.20"O

CS06. Av. Mendiño II

42°17'33.4"N 8°36'48.0"O (42.292615, -8.613343)

CS07. Av. Mendiño III

42°17'34.0"N 8°36'50.8"O (42.292766, -8.614116)

CS08. San Pedro

Recollido en “Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.” como CR1

Av. Mendiño 1. Foto: J. Migueles

Av. Mendiño 2. Foto: Evaristo Cancelas

 

Av. Mendiño 3. Google Maps


CS09. R. Torre de Calle

42.300352, -8.608832

CS10. R. Torre de Calle2

42.300352, -8.608832

CS11. R. Torre de Calle 3

42.302222, -8.605103

CS12. Fronte ao Círculo Cultural-

42.308296, -8.608140

 

Torre de Calle 1. Google Maps


Torre de Calle 2. Google Maps
 

 

 

Torre de Calle 3. Google Maps

 

Fronte ao Círculo. Google Maps

 

 

 

 

 

 


 

 

 



CS13. Cruceiro de Rita Regojo

42.302296, -8.614739

CS14. Rúa Carballiño

42.308136, -8.611804

CS15. Cño. Fontaíña

42.309631, -8.609983

CS16. Cño. Eido de Andrea

42.303156, -8.604997

Carballiño. Foto: Google Maps
 
Fontaíña. Foto: Google Maps



Eido de Andrea. Foto: Google Maps

 

CS17. Cño. Nogueiral

42.300885, -8.613477

CS18. Adro de San Pedro

42.299803, -8.611558

CS19. Cño. da Marina

42.299211, -8.612181

CS20. O Pereiro. Cara a 2010 colocaron un varal, supoño que coa idea de facer un cruceiro, pero segue sen cruz (2022).

42.303939, -8.603181



Nogueiral. Google Maps
Adro de San Pedro. Google Maps


 

 

 

 


 

 

 

A Marina. Google Maps

 

O Pereiro. Foto: J. Migueles

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CS21. Cño. da Porta Levada

42.307838, -8.607669

CS22. Cño. das Lopas

42.305737,-8.606679

CS23. Cño. das Lopas

42.304541, -8.605712

 

 

Porta Levada. Google Maps

Cño. das Lopas. Foto María Mar
Cño. das Lopas. Foto: María Mar
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chapela

CH01 Estr. de Cabanas (Alto da Encarnación)

42.276291, -8.666619

CH02 Laredo-R. Doutor Morant (Paseo da Praia de Arealonga)

42.266808, -8.675171

CH03 Subida ao Pé do Pandeiro 10

42.259805, -8.670747

CH04 Cño. Do Falcón 1

42.261679, -8.668411

Est. Cabanas. Google Maps

Doutor Morant. Google Maps


Falcón. Foto: J. Migueles

 

 

 

 

 

 

 

 

Subida Pé do Pandeiro. Foto: J. Migueles

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CH05 Cño Espiño

42°15'46.31"N, 8°40'18.86"O

CH06 Cño. da Fraga

42°16'06.2"N 8°39'48.1"O (42.268380,-8.663350)



Espiño. Foto: J. Migueles


Fraga. Foto Mar Basalo











 

Negros



Quintela

PO 2907

42.268909, -8.598792

Cño. da Costeira

42.262579, -8.606502

Est. Vella

42.263931, -8.605310

Cño. da Costeira. Google Maps
Est.Vella.Google Maps


PO2907. Foto: J. Migueles

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 Reboreda

RB01 Pazo de Pousadouro

42.285682, -8.601796

RB02 Subida á Igrexa

42.284810, -8.596249

RB03 Cño. do Cotiño de Reboreda (Santo Paio de Abaixo)

42.283947, -8.598489

RB04 Cño. da Carambola-cruce co Cño. Outeiro de Reboreda

42.290369, -8.594221

Pazo Pousadouro. Foto: J. Migueles
 
Carambola. Google Maps

Subida á Igrexa. Google Maps

Cotiño. Google Maps


 

RB05 Cño. de Manote

42.289456, -8.595811

RB06 Cño. Outeiro de Reboreda1-Cantería

42.290881, -8.593477

RB07 Cño. Outeiro de Reboreda2-Desvío sen saída-Cantería (3 cruceiros-taller cantería )

42.290393,-8.592710

RB08 Cño. Outeiro de Reboreda3

42.291265,-8.591876 

Manote. Google Maps.
Outeiro 3. Google Maps

Outeiro 2. Foto: María Mar



 

 

 

 

 

 

 

 

Outeiro 1. Google Maps
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 RB09 Camiño Outeiro de Reboreda4

42.291201, -8.590750

RB10 Cño. Outeiro de Reboreda5-cruce con Estrada do Cadaval.

42.29209, -8.58995

RB11 Estrada Ventosela

42.287706, -8.600392

RB12 Estrada Ventosela2

42.291282, -8.597492

RB13 Cño. do Seixal (Santo Paio de Abaixo)

42.277921, -8.598124

 

Outeiro 4. Foto Maria Mar

Outeiro 5. Foto: J. Migueles

Est. Ventosela 1. Google Maps

Est. Ventosela2. Foto: J. Migueles

Seixal. Google Maps



Redondela

Cruceiro de José Fernández “Sesé”. Pz. Ponteareas

42.27899, -8.61092

Cruceiro de Manuel García “Mirón”. R. Carballo

42.282867, -8.605570

R. do Muro

42.272, -8.61037

Cruceiro de Pazos. Estrada Campo de Fútbol.

42.293137, -8.607799

Estrada de Vigo

42.279875, -8.613049


Cruceiro de Sesé. Foto: J. Migueles

O Muro. Google Maps

Cruceiro de Mirón. Foto: Ignacio P. Rey

Estrada de Vigo. Foto: María Mar

Cruceiro de Pazos. Foto: Google Maps

Saxamonde

Est. a Nespereira

42.245617, -8.596484

Cruceiro do Marco ou do Alto dos Valos (Os Valos): Realizado por Gerardo Senra Vilas, canteiro e dono da propiedade na que se atopa o cruceiro xunto a outras das súas obras. Presenta o Cristo baixo INRI e San Antonio de Padua co neno no colo. No varal, Santiago apóstolo.

42.242639,-8.596625

Alto dos Valos. Foto: J. Migueles

Est. Nespereira. Google Maps

 



 

 

 

 

 

 

 

 


Trasmañó

Cño. da Minada

42.2649050,-8.6543888 

Est. San Vicente

42.271049, -8.650516

Est. San Vicente. Google Maps

 
Cño. da Minada Google Maps

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ventosela

VE01 Cño. da Igrexa 8

42.299625, -8.586728

VE02 Est. Castiñeira 3

42.299443, -8.587627

VE03 Est. Castiñeira2

42.29795, -8.58547

VE04 Estrada da Castiñeira-cruce con Camiño do Cruceiro de Ventosela

42.29824, -8.58537


Est. Castiñeira1. Foto: J. Migueles

Est. Castiñeira2. Foto: J. Migueles

Est. Castiñeira3. Foto: J. Migueles

Igrexa. Foto: J. Migueles

VE05 Cño. Eido de Arriba

42.305471, -8.589404


VE06 Cño. da Pedreira de Ventosela

42.30075, -8.58445



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vilar de Infesta

Camiño das Cartas

42.234949, -8.611838


Cño. das Cartas. Foto: J. Migueles

O Viso

VS01 Cño. Pazo de Soutoxusto-N550

42.3244284,-8.6120300

VS02 Cño. da Capela Soutoxusto

42°19'27.07"N, 8°36'42.88"O

VS03 Soutoxusto N550

42°19'25.96"N 8°36'44.37"O

VS04 Cño. Moreira Soutoxusto

42.319217, -8.609403

VS05 Cño. do Galleiro

42.313310, -8.603831

Soutoxusto. Foto: J. Migueles

Cño. Capela. Google Maps


Moreira. Google Maps

Soutoxusto. Google Maps


 

Galleiro. Google Maps

 

 

Autor: J. Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Estanislao Fdez. de la Cigoña. Edit. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.2005.

SEREN

Nº 1, 2, 4 e 5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. Carlos A. Antuña e J. A. Orge.

Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes e lavadoiros de Cesantes. Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy.

Facebook> Cruceiros Galicia >Maria Mar