Mostrando entradas con la etiqueta Escolas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escolas. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de julio de 2025

Lorenzo Carballo Otero (Pontevedra, 1830). Mestre.

 

Rúa Casto Sampedro, anteriormente Rúa Lorenzo Carballo. Foto Carlos Muíños "Dula"-cinesdegalicia.educabarrie.org

        Director da escola de instrución primaria de Redondela, onde exerceu dende 1853 ata a súa xubilación en 1891. Exerceu como enfermeiro durante as epidemias de cólera en Cambados (1853-54) e Redondela (1865). En 1871 era o director da escola de instrución primaria de Redondela, cando o 22 de novembro a Dirección Xeral de Instrución Pública concede unha colección de libros, formada por 155 obras, para a creación dunha biblioteca popular neste centro. En decembro de 1872 foi proposto para unha cruz de María Victoria de segunda clase.

        Nun informe sobre o ensino en Redondela de 1879 recóllese:

Redondela (3000 almas) completa(106 niños-6<6anos, 60 de6-10,40>10, ordinariamente van 90)-Lorenzo Carballo Otero 49 años, casado más de 29 años de servicio, 23 de ellos en Redondela. El local es reducido y de malas condiciones.

        A súa labor como docente debía ser moi destacada como se destaca dun artigo publicado ao ano seguinte con motivo da Exposición rexional celebrada en Pontevedra:

A excepción do indicado e dunha colección de láminas de dibujo, de figura e planas, procedente da escola de Lorenzo Carballo Otero, de Redondela, nada vi que mereza a pena.

        Nun censo de 1883 consta que tiña o seu domicilio na rúa Alfonso XII.

        En xuño de 1891 foille concedida a xubilación. A principios do século XX a actual rúa Casto Sampedro levaba o seu nome. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html )

        A nivel persoal casou con Dolores Pesqueira, natural de Santiago de Compostela. Probablemente fillo deles sería Francisco Carballo Pesqueira, quen exerceu como mestre da Escola incompleta de Quintela cando menos entre 1876 e 1879.

        A que sabemos con certeza que foi filla deles sería Consuelo Carballo Pesqueira, natural de Redondela, quen casaría con Luis Amado de la Riega, natural de Pontevedra, e que constaba como empregado. Serían pais de Luis Gustavo Amado Carballo (N. Pontevedra, 2-5-1901), máis coñecido como Luis Amado Carballo, poeta ao que lle adicaron o Día das Letras Galegas en 1982. Por parte de pai emparentado co tamén escritor Celso García de la Riega.

Luís Amado Carballo. Biblioteca Virtual Galega
 

        A primeira aproximación a unha biografía de Luis Amado Carballo sería publicada no xornal La Zarpa o 8 de setembro de 1929, no artigo “Amado Carballo. Datos biográficos” firmado por “X”. Se cadra o autor sería o redondelán Casto Sampedro que acostumaba firmar os seus artigos como “X” ou coas súas iniciais “C. S.”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html )


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Contribución á biografía de Amado Carballo: Algúns datos inéditos e un poema non recopilado. Aurora Marco. Grial. Revista Galega de Cultura. Nº76. Abril-Xuño de 1982.

Historia y memoria de la educación. Sociedad Española de historia de la Educación. Universidad nacional de educación a distancia. Nº1, 2015

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia de España, 1879-1884 Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración,La Ilustración Gallega y Asturiana.

Arquivo Universidade de Santiago>14-11-1879>F.U. ENSEÑANZA PRIMARIA, Caja 132, Porción 3ª, Ayto. de Redondela

Arquivo Deputación de Pontevedra. Censo electoral. Redondela (1883).

 

lunes, 27 de febrero de 2023

Sucesos (1950-1979)

 

1951, setembro. O Xeneral Franco pasa por Redondela en dirección a Porriño. Un vehículo da súa comitiva sofreu un accidente na ponte de Quintela, co resultado de varios feridos, entre eles un alto mando da Garda Civil.


1952, 2 de febreiro. A veciña de Negros, Elvira Crespo Rodríguez, denunciou que dun local a carón da súa casa fóronlle roubados media cabeza de porco, dous lacóns, un pedazo de costela e outro de touciño, valorado todo en 400 pesetas.


1953, xaneiro. Ao saír da taberna “La Concha”, en Quintela, discutiron varios veciños de Reboreda, resultando gravemente ferido Claudio Mouriño Lago, de 45 anos. Semella que o agresor foi José Campos Campos, de 30 anos de idade, completando o grupo José Mouriño, parente do ferido, Severino Vidal e dous máis.


1953, 1 de febreiro. Foron detidos Álvaro Alonso Couto, de Vigo; Valentín Craveiro de Jesús “Catito”, de Redondela; e José Antela Bugarín, domiciliado en Fozara (Ponteareas), que se declararon autores de 21 roubos. En Redondela: No establecemento de Nieves Boullosa, en Trasmañó, dúas veces, a primeira artigos por valor de 1.250 pesetas e a segunda 2.600 en metálico e 900 en prendas de vestir. No domicilio de Manuel Cabaleiro, en Rande, unha caldeira de cobre valorada en 3.500 pesetas. Tentaron entrar nun comercio de Cedeira, barrenando a porta, pero fuxiron ao ser descubertos. No comercio de Rosendo Álvarez, en Cabanas (Trasmañó) levaron cartos en metálico. No comercio de Natividad Bastos, en Vilavella, levaron obxectos por valor de 1.500 pesetas. No comercio de Carmen González, en Trasmañó, levaron parte dun porco, valorado en 800 pesetas. Nunha romaría de Cedeira, Antela levaba 15.000 pesetas, sendo atacado polas costas por Valentín para roubarlle, o que non conseguiu ao non perder o coñecemento o primeiro.


1953, 14 de marzo. A veciña de Redondela denunciou onte que ao baixar do autobús na rúa Alfonso XII, notou a falta dun paquete con 18 camisas valoradas en 800 pesetas.


1954, 8 de xullo. Na vila chocaron dous coches e outro con exceso de velocidade provocou danos no toldo do señor Moreno.


1955, 4 de maio. Foi instruído atestado contra Arturo Rodríguez Couñago, que manobrando un camión cargado de madeira falláronlle os freos, indo contra unha casa inmediata, ocasionando danos por valor de 3.000 pesetas.


1955, 10 de maio. No alto da Encarnación o ciclista Enrique Froeces Míguez, de 19 anos, de Redondela, foi atropelado por un camión causándolle graves feridas que exisiron o seu internamento nun sanatorio.


1955, 18 de maio. Cando traballaban no derribo duns barracón da Xunta de Obras do Porto de Vigo, derrubouse unha viga metálica sobre a que estaban os peóns Guillermo Domínguez Acuña, de 29 anos, casado e veciño de Teis, e José Mouriño, de 41 anos, casado e veciño de Redondela. O primeiro sufriu fractura das extremidades inferiores e un brazo e lesións na cara e cabeza de prognóstico grave. O segundo fractura dos dous pulsos, epístase, e numerosas feridas en cabeza e rostro de prognóstico grave.


1955, 14 de xuño. Foi detido en Redondela pola Garda Civil, Moisés R. G., quen nunha discusión co seu pai, Moisés R. B., deulle unha puñada que lle provocou unha fractura da mandíbula inferior.


1956, 12 de setembro. Cando circulaba pola parroquia de Cesantes un carro de bois levando enriba ao neno de 3 anos Casimiro Crespo Bouzón, este caeu rozándolle a cabeza unha das rodas. Trasladado a esta vila foi atendido polo doutor Antonio Ocampo Otero, quen lle apreciou ferida con racho en rexio occipital con perda de coiro cabeludo, prognóstico reservado. Hai pouco un irmán deste neno tamén sufriu un accidente que lle provocou a morte.


1957, 9 de maio. Nas Catro Pontes, límite de Chapela e Teis, bateron de fronte o coche conducido polo comerciante estabelecido en Lisboa, Arlindo Cal Corujeira, acompañado polo seu fillo de sete anos, co camión cargado de bocois de viño procedente de Redondela, conducido por Manuel Diz Montáns. Os feridos serían trasladados á Casa de Socorro e de alí á clínica do Dr. Troncoso. Arlindo Cal sufre fractura de esterno con forte contusión torácica e hemotórax, ferida contusa na fronte e múltiples erosións con forte schock traumático de prognóstico grave. O seu fillo, ferida inciso-contusa no xeonllo dereito, outra no queixo e outra no frontal, fractura dos ósos do nariz, conmoción cerebral e schock traumático e varias erosións de prognóstico reservado.


1958, 7 de setembro. En termos de Redondela, unha moto con dous ocupantes veciños da Cañiza, atropelou a un can que resultou morto. O condutor perdeu o control chocando cunha bicicleta con motor que viña en sentido contrario, conducida por Rafael Luca de Tena Lazo, farmacéutico veciño de Redondela. Resultou ferido de consideración o Sr. Luca de Tena e de menos importancia os ocupantes da motocicleta.

1959, 21 de maio. Ás 2 da madrugada incendiouse unha casa en Laredo (Chapela), quedando destruída na súa totalidade. Semella que foi debido a un descoido do único inquilino da vivenda, José González Gómez, quen pouco antes de durmirse caeulle a cinza dun cigarro nunha cama preto da súa, espertando coa casa en chamas. Era de planta baixa e propiedade de José Martínez Fernández.


1960, 12 de xaneiro. A Garda civil de Vigo rexistrou unha casa no Coto (Cesantes), atopando: 365 caixas de tabaco rubio (182.500 paquetes), 208 despertadores de mesa, 55 transistores, 140 pilas, 120 camisas de nylon e 36 pistóns para coche. En total 5.640 kg. valorados en 2.100.000 pesetas.


1960, 26 de agosto. Por funcionarios da Brigada de Investigación Criminal desta Xefatura Superior de Policía, foi detido na madrugada do pasado mércores, o habitual delincuente contra a propiedade, Gonzalo Currás Fonseca, de 29 anos de idade, alias “O Gorila”, natural e con residencia habitual en Vigo, como autor de varios roubos en Vigo, Redondela e A Coruña.

1961, 21 de outubro. O Tenente do Exército do Aire, don Juan Gagane, que procedía de Salamanca, pilotando unha avioneta, non puido entrar no aeródromo de Peinador a causa da falta de visibilidade. Voou despois sobre Redondela e intentou tomar terra na estrada de Reboreda, pero cando ía a facelo pasou por alí un camión e obrigouno a aterrar nun campo de millo. Unha das ás da avioneta bateu contra un cable do tendido do alumeado eléctrico, e fíxolle capotar. O piloto resultou con feridas na cabeza e a fractura dun brazo. Saíu á estrada polo seu propio pé e nun coche foi trasladado a Vigo, onde foi hospitalizado.


1964, 06 de setembro. Ás sete da mañá declarouse un violento incendio na fábrica de Copiba. O lume orixinouse ao entrar en funcionamento unha das novas cámaras frigoríficas que se están a instalar. Axiña acudiron os tres coches do corpo de bombeiros e os equipos anti- lumes do buque-factoría “Galicia” e da empresa Hijos de J. Barreras. Os traballos de extinción prolongaríanse ao longo do día. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )


1966, 7 de xaneiro. En Redondela foi detido o veciño daquel termo J. B. R., como autor do roubo de 3.200 pesetas ao veciño do Viso, Manuel Martínez Barral.


1966, 21 de setembro. En Redondela foi alcanzado por un camión José Maquieira López. Resultou con diversas lesións polo que foi trasladado a un sanatorio pontevedrés.


1966, 15 de decembro. Un camión conducido polo veciño de Redondela, Manuel Pérez Rodríguez, chocou na estrada de Fornelos de Montes cunha moto, resultando o condutor con feridas de gravidade.


1968, 21 de setembro. Pola Garda Civil do posto de Bouzas foi detido, despois de laboriosas pescudas, Ramón Carro Navia, de 37 anos, natural de Vilagarcía, que se facía pasar por oficial da Mariña Mercante. Descubriuse que este individuo roubou un día unha maleta na estación marítima de Vigo que correspondía, efectivamente, a un oficial da Mariña Mercante e que contiña dous uniformes, un branco e outro negro, que empregaba segundo as circunstancias. Foi detido na estación de Redondela cando se dirixía en tren a Vilagarcía. No seu domicilio foron encontrados numerosos obxectos procedentes dos seus roubos. Con este mesmo truco contraeu matrimonio nesta mesma provincia, simulando no seu fogar que os obxectos subtraídos eran regalos á sua volta de viaxes por mar, que non facía. Calcúlase que os obxectos roubados sobrepasan en valor as 200.000 pesetas.


1969, 18 de xaneiro. En Redondela inundáronse algunhas rúas de Vilavella, e tamén a estrada xeral de Vigo a Pontevedra, impedindo o paso dos vehículos lixeiros, por chegar a auga á altura dos tubos de escape. Entre os inmobles afectados está a Central de Teléfonos, na que a auga chegou a alcanzar unha altura de 30 a 35 centímetros. En ningún momento quedou interrompida a comunicación telefónica, ó ser retirados os equipos a lugares máis altos, evitando así que foran deteriorados polas aguas.


1969, 13 de agosto. Sete mil piñeiros que poboaban máis de cinco hectáreas de terreo arderon como consecuencia dun incendio que se declarou no monte Mirallo, propiedade do Patrimonio Forestal do Estado, na parroquia de Negros.


1969, 3 de setembro. Nun incendio no monte "Mirallo", en Redondela, arderon 1.500 pinos de tres anos de plantación, que foron valorados en cincuenta mil pesetas.

 

1970, 27 de xuño. No domicilio do veciño de Redondela, Ramón Hernández Ramírez, produciuse un incendio, orixinado por un escape de gas na cociña. Os danos orixinados polo sinistro, foron valorados en 60.000 pesetas.


1974, 12 de xuño O veciño de Pontevedra, Angel González López, foi condenado á pena dun mes e un día de arresto maior, á privación do carné de conducir por tres meses e un día, e ao abono dunha indemnización de 508.500 pesetas, como autor dun delito de imprudencia. Conducindo un automóbil, atropelou en Redondela a José Costoya Amoedo, que sufriu feridas diversas, quedándolle varias secuelas permanentes.


1974, 9 de agosto. Manuel Martínez Rodríguez, de 15 anos, foi atropelado por un automóbil, ao tentar cruzar correndo na estrada do Viso. Trasladado ao Hospital Provincial, apreciáronselle feridas diversas, diagnosticadas de graves.


1974, 9 de setembro. O grupo escolar de Redondela, disposto para 32 unidades e que leva en funcionamento dous anos e medio, tivo que ser desaloxado. O curso non puido comezar, porque repisou cedendo de vigas e aparecendo gretas de gran tamaño, o que fixo que se considere perigosa a estancia dentro do recinto. Dáse a circunstancia de que o arquitecto que planeou a obra faleceu e ninguén quere asumir a responsabilidade de ditaminar cal pode ser o futuro do edificio. Ademais dos defectos de construción, un dos motivos puido ser que o edificio se construíra sobre pilotes no que antes fora una marisma.


1976, 24 de agosto. Tormenta en Redondela. Unha chispa eléctrica arrasou as instalacións do servizo telefónico. A avaría afecta a unha ampla zona do sur de Pontevedra. Diversos técnicos e persoal de servizos especializados, traballan intensamente para solucionar este grave problema.


1977, 22 de abril. Por culpa da compra dunha vaca recibiu un corte cun coitelo nunha man, o inválido de Saxamonde, Afasto Martínez Bernárdez, labrador inválido de Saxamonde comprara no mercado de Santiago unha vaca en 35.000 pesetas, deixando de sinal 2.000. Pero cando chegou a Redondela decatouse de que andaban tras a compra da citada vaca tres carniceiros da vila. Tiveron unha discusión e o Afasto recibiu un corte na man con coitelo. Foi atendido nun sanatorio de Pontevedra e tivéronlle que dar máis de 30 puntos.


1977, 2 de maio. Unha das rodas dianteiras dun autobús que transportaba once escolares, desprendeuse do seu engrenaxe, cando o vehículo circulaba na estrada denominada de Os Valos. Non se rexistraron desgracias persoais, mais os escolares resultaron con lixeiras contusións.


1979, 28 de xaneiro. Ingresou nun sanatorio de Pontevedra a veciña de Redondela Peregrina Rodríguez Paz, atropelada por un turismo na súa localidade de residencia. As lesións son consideradas pouco graves.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Regional, El Pueblo Gallego, El Áncora, La Idea Moderna, El Progreso, Gaceta de Galicia, El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, La Correspondencia Gallega...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es=> El Siglo Futuro, La Iberia, El Correo Español

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

 

miércoles, 15 de junio de 2022

Carolina García Tenreiro (Neda (A Coruña))

Primeira concelleira de Redondela.

Mestra de profesión comezou a súa carreira docente como interina en Aranza (Soutomaior), praza á que renuncia en 1914. Despois sería substituta en Codeseda (A Estrada) e Salceda de Caselas. A finais de 1916 foi nomeada mestra de Guláns (Ponteareas), alí púxose a mal co párroco quen a levou aos tribunais. O xornal "El Tea" conta que a sentenza non sería cumprida por presións de arriba pero o cura xunto co deputado Sr. Barrón, conseguiron que o seu nomeamento como mestra de Guláns quedara sen efecto.

En agosto de 1918 sería nomeada mestra substituta en Vilaboa. Logo exercería en Chaín (Pontecaldelas), entre maio de 1921 e xuño de 1926, cando foi nomeada mestra de Santo Paio de Arriba (Reboreda). Despois de pasar pola escola de Ventosela, en marzo de 1935, volve a tomar posesión da de Santo Paio de Arriba, onde ensinaría ata a súa xubilación en 1943.

Militante do Partido Radical, foi a primeira muller Concelleira de Redondela tomando posesión o 13 de novembro de 1934. En 1935 formaría parte da comisión organizadora das Festas da Coca. Algunhas das súas intervencións como concelleira:

Interesa se abone la indemnización de Casa habitación aos mestres o máis axiña posible e sen preferencia. (Abril 1935)

Denuncia o estado ruinoso dunha casa en Reboreda. (Xullo, 1935)

Interesa se abone la indemnización de Casa habitación aos mestres o máis axiña posible e sen preferencia. (Outubro 1935)

Interesa o arranxo da fonte da Esfarrapada que se atopa en malas condicións. (Decembro 1935)


Outra das súas preocupacións era o exceso de velocidade dos coches que cruzaban a vila. Era chamada polos seus detractores Carolina “Guau Guau” por ir a todos lados acompañada do seu can.

Sofreu proceso de depuración, sendo suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936 e reposta en abril de 1938. En maio de 1944 concédenselle 2.000 pesetas de haberes pasivos como mestra xubilada.


Autor: J. Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

El Pueblo Gallego

 

domingo, 9 de enero de 2022

Fernando González Gómez "Rey Chiquito" (Tolosa 25-3-1868 / Redondela 22-12-1947)

 

Fernando González.  A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001
Fernando González.

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 



Naceu en Tolosa onde estaba destinado o seu pai como militar. Pasou a súa infancia en Redondela para emigrar aos trece anos a Bos Aires. Colaborou e dirixiu revistas e xornais en Río de Janeiro, Sao Paulo, Pará, Buenos Aires, Mendoza, Córdoba, Tandil, Santiago de Chile, La Habana, Mérida-Yucatán, México e outras capitais. Ademais foi vicecónsul de España no estado de Pará (Brasil).

En 1896 marchou a Oviedo para alistarse no Batallón de Asturias. Participou na guerra de Cuba coma xornalista e cabo do exército, sendo repatriado por unha ferida nun brazo.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/1898-guerra-de-cuba.html )

De volta en Redondela exerceu de mestre

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-l.html )

e seguiu como xornalista en varios xornais locais. Director de: “La Propaganda”, “Pimienta y Mostaza” e “Ecos del Distrito”; e redactor de“El Pueblo”, ademais do “Faro de Vigo”, “El Pueblo Gallego”, “Ahora” e “Semana” estes últimos de Madrid.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/xornais-de-redondela.html )

 

Nos faladoiros do Hotel España facía honor ao seu alcume, que fai referencia ás súas dotes para o debate, arremetendo contra os abstemios. No boletín das Festas da Coca de 1969 Serafín Gesteira Fernández aporta algunha das súas perlas: “Mucho me he preguntado por qué los que no beben son a veces tan dañinos. Yo desconfío siempre de las personas que no beben... Mirad: si uno que no bebe se calla y se preocupa de sus asuntos propios, aún puede tolerarse, y siendo un poco magnánimos, hasta se puede llegar a tener cierta amabilidad con él... Sin embargo, no es muy corriente esta condición en los abstemios, porque siempre acaban derramando veneno.” ”Me llegó a decir un buen amigo mío allá por tierras de Uruguay, que toda aquella persona que no le guste beber, es un enfermo, un loco o tiene algún vicio oculto peor que cualquier padecimiento físico.” ”Yo no recuerdo ningún hombre o mujer de talento que no bebiera. Dicen que no hay regla sin excepción; pero en este caso quisiera yo comprobarlo. Y os digo, a fe de buen cristiano que el alma de los abstemios no debe de ser muy aprovechable por lo arrugada y reseca.” 

1926 escola en Redondela de Fernando González . Bodas de Oro. Antonio Ocampo.
1926 escola en Redondela de Fernando González . Bodas de Oro. Antonio Ocampo.

 

En 1934 era vicepresidente do Centro Republicano Radical, chegando a ser concelleiro durante a alcaldía de Buenhijo Pérez Sobrino como membro do Partido Radical. Na súa primeira actuación interesaríase pola asistencia dos nenos á escola.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/partidos-politicos-de-principios-do-s-xx.html ).

Por contra o seu fillo, Amado González Cardama, militaría en Falange e sería o derradeiro alcalde da ditadura franquista.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Alcuños de Redondela. Francisco X. Sobral Crespo.

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.

Festas da Coca de 1969. Serafín Gesteira Fernández

Festas da Coca, 1944.

La Justicia (Madrid))

El Pueblo

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego

miércoles, 11 de noviembre de 2020

Galería. Escolas de Cedeira, Chapela, Quintela e Trasmañó.

 

Escola de Trasmañó sen data. Foto: Redondela crónica gráfica
Escola de Trasmañó sen data. Foto: Redondela crónica gráfica

Escola de nenas de Cedeira. Anos 40. Fª familia Alonso Acosta
Escola de nenas de Cedeira. Anos 40. Foto cedida pola familia Alonso Acosta

Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján
Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján

Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján
Cara a 1960. Escola Quintela, Rosita a de Rivada (ou a de Triscallo). Foto: Luz Marcos Buján

1945 cara a. Leonor escola na Ponte Quintela.FªMari Carmen Teles
Cara a 1945. Leonor na Ponte, Quintela. Foto cedida por Mari Carmen Teles

1938 Escola de DªConcha (Concepción Barrera) Laredo-Chapela Foto Chapela de onte a hox
1938 Escola de DªConcha (Concepción Barrera) Laredo-Chapela Foto Chapela de onte a hox

Anos 40 Escola de Purita Zendón. Arquivo JMigueles
Anos 40 Escola de Purita Zendón. Arquivo JMigueles

Autor; Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.

 Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia.

 

jueves, 20 de agosto de 2020

Os libros de contas do Concello de mediados do s. XIX

S. XIX Oleo de G. Vivian. Convento de Vilavella. Foto publicada en
Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia 2001.

         O Concello de Redondela tal e como o coñecemos non se formaría ata 1835, ano no que se aproba definitivamente a abolición dos señoríos xurisdicionais, que no noso caso significaría a anexión de Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella. Certo é que houbera unha unificación precedente en 1822 pero o réxime señorial restauraríase ao ano seguinte. De Vilavella sabemos que pertenceu aos Cabaleiros Templarios e despois dun período con señor feudal sería doado por Enrique II en 1371 ao bispado de Tui, de aí que manteña durante séculos a súa independencia con Redondela, pertencente ao Bispado de Santiago dende a súa fundación a mediados do s. XII.
Para facernos unha idea da poboación da que estamos a falar nun censo de 1799: Redondela ten 300 habitantes, Cabeiro 40, Cesantes 250, Cedeira 170, Negros 38, Reboreda 400, Quintela 40, Saxamonde 170, Trasmañó 90, Vilar 40, O Viso 230 e Vilavella 120. Non aparece Chapela, que nesta época aínda pertencía ao arciprestado de Val do Fragoso e contaba con 80 veciños. Non sería ata 1820 que esta parroquia pasaría a formar parte de Redondela, trala aprobación dunha nova distribución en 47 partidos xudiciais por parte da Xunta de Goberno da provincia de Galicia. Tamén faltaría na relación Ventosela, que acababa de separarse de Reboreda en 1786, polo que é probable que os seus veciños engrosaran o número de veciños de Reboreda. Este feito unido a que varias das actuais rúas de Redondela atopábanse dentro dos lindes de Reboreda explica o porqué de que esta fora a parroquia máis poboada. Chegamos aquí a unha cuestión que debemos ter en conta ao falar destes anos, que sería o feito de que os límites parroquiais seguirán a sufrir modificacións ata principios do século XX.
         Este é un período convulso, saímos da guerra carlista e, pouco despois, a Raíña rexente María Cristina promulgou unha lei municipal que lle daría ás ao partido Moderado fronte ao Progresista. Isto provocou unha revolución que nomeou rexente ao xeneral Espartero, que tan só tres anos despois vese na obriga de disolver as cortes e exiliarse a Inglaterra. Na nosa vila, o 8 de outubro dese ano de 1843, os partidarios do xeneral respaldados polo alcalde e o xuíz de Primeira instancia conseguen que non se verifiquen as eleccións nas que presuntamente serían destituídos. Uns días despois, o 23 de outubro, tería lugar o alzamento de Vigo. Sen moitos apoios os redondeláns adictos á causa marchan á cidade olívica participando activamente na revolta, que non chegaría moi lonxe capitulando a cidade a principios de novembro. Todos estes acontecementos resúmense nunha inestabilidade política, que a nivel local tradúcese en sucesivos trocos ao fronte da alcaldía e en continuas acusacións de irregularidades nos gastos das contas municipais.
         Daquela as eleccións municipais consistían en que cada parroquia elixía un representante chamado elector, agás Reboreda e Redondela que escollían dous por ser as máis poboadas. Estes electores eran os que votaban a elección de Alcalde Primeiro, Alcalde Segundo, catro Rexedores e Procurador Xeral. En 1841, despois dunha reclamación houbo que repetir a elección do Alcalde Segundo e os Rexedores, mais dos quince electores con dereito a voto faltaron sete. Non semellaban moi interesados no tema poñendo pobres escusas, non contestando ao requirimento ou, no caso de José Puga y Sampayo, representante de Reboreda e párroco da mesma, deixando as cousas claras porque estaba nunha casa a carón do edificio onde tiña lugar a reunión e negouse a ir aducindo que: “habiendo salido de su casa sólo con chocolate se hallaba en ese momento atacado de una debilidad que le imposibilitaba concurrir pidiendo se le eximiese de hacerlo”.
         Entre os ingresos do Concello chaman a atención os arbitrios (impostos) que podían ser: da alfóndega, de pesos e medidas, do augardente e licores, do viño...
1842. “… que recibí de Juan José Molinos como arrendatario del arbitrio de un Real en Carro de los que transitan con tráfico por la calle de Villavieja...”
        Nalgún caso tamén se cita aos maiores contribuíntes que en 1837 serían: Dionisio de Táboas, Pedro Queimaliños i Evaristo San Pedro.
1891, Redondela vista general. Foto: Hauser y Menet. Biblioteca Nacional de España

Soldos
        Podemos diferenciar entre os gastos do Concello varias partidas máis ou menos fixas como serían os soldos do persoal. Entrarían aquí o médico titular da vila, Miguel de la Gándara, e os mestres: “ Antonio Sestelo... que con su mujer como maestros elementales de primeras letras”. Queda ven as claras o nulo papel da muller nesta época que nin sequera é recoñecida polo seu nome na súa nómina. Teñamos en conta que a nivel burocrático a muller era sempre representada por un home, xa fora polo seu esposo, pai, irmán ou representante legal.
       Aparecen tamén varios cargos curiosos como o “encargado do reloxo”, que sería neste período Juan Francisco Martínez, que en 1844 engade un gasto extra por ter que rectificar unha pezas xunto co ferreiro Eugenio Fernández. Ese mesmo ano tamén se paga ao “encargado do tambor de bandos” José Serín por anunciar un tedeum. En 1845 a “Manuel Cerin tambor por tocar a dos bandos, uno para el alistamiento y otro animando los días de sorteo en la actual quinta”.
Outros empregados do concello serían o depositario, o secretario, o alguacil e o porteiro.

Lactancia e cárcere
        Outros soldos aos que tiña que facer fronte o consistorio eran os das Nodrizas, mulleres que lle daban o peito aos nenos e nenas orfos. O número destes aumentaría considerablemente se comparamos os datos de 1835, 1841 e 1844. Estas partidas permítennos saber os nomes non só das mulleres, algunhas das cales repiten varios anos, se non tamén os dos nenos e nenas, así como a súa idade.
“… satisfechos a Juana Casal, de Cedeira, por la lactancia de una expósita que se le puso a su cargo en todo el año de 1835...”
1841. “A Manuela Garrido vecina de Villavieja por 3 meses de lactancia de un niño expósito llamado Carlos... A Juana Casal de Cedeira por 3 meses de lactancia a una niña llamada Paciencia... A María Figueroa de Cedeira por 3 meses de lactancia de una expósita llamada Rosa... “
1844. “ Lactancia a expósitos: A María Figueroa de Cedeira que lacta a Rosa de 5 años cumplidos por seis meses... A la misma por la lactancia de Narciso de exposito de edad de 8 meses por 5... A Juana Casal de Cedeira por la lactancia de María Paciencia de edad de 5 años cumplidos por 6 meses... A Josefa Docampo por la lactancia de María Manuela exposita de dos años menos un mês y medio por 6 meses... A Juana Otero de Redondela a Manuel Savino exposito de edad de 4 meses menos 3 días por 5 meses... A Manuela Garrido que lacta a Carlos exposito de edad de 6 años escasos por 6 meses... A María Rosa Rodríguez de Trasmañó por 6 meses de lactancia del expósito Nazario Manuel de edad de 6 meses la cantidad de... A Josefa Vieitez de Cedeira, por la lactancia del expósito Juan José de edad de 9 meses por 6 meses que vivió la cantidad de...”
        
        Nos datos anteriores omitín os das mulleres doutros concellos, porque daquela Redondela era un partido xudicial composto polos concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Mos. Ao ser cabeza de partido cobrábase aos outros concellos por algúns servizos como o xa comentado da lactancia de expósitos e tamén polo do cárcere. Neste último caso o gasto era o do alumeado e o soldo dos gardas, pero tamén as obras para adecentar a mesma:
1833. “Recibí del depositario de Villavieja … importe de luz, leña y paja que han gastado de mi tienda para los presos y guarda... Antonio Milleiro”.
“… por el conocimiento de la escalación de la carcel que lo verifico el maestro Juan Fontan, com dos oficiales que ocuparon dos medios días, com mas un día que ocupó el Fontán en dirigir los oficiales...”
        Tamén existía unha partida para a atención médica, que incluía ao médico e ao boticario, e outra para axudar aos presos pobres, que coma os demáis gastos era xestionada polo Alcalde Carcelero, cargo que neste período desempeñaba Miguel García.

Relixión
         Outros cargos habituais era o das festas relixiosas afrontándose gastos por: a procesión do Corpus, o sermón de Coaresma, a festividade da Candelaria ou a festividade da Virxe da Concepción patroa do Concello. Tan só un ano antes da unificación do Concello (1835) había uns pagos máis xenerosos como: “el alumbrado diario del Santísimo Sacramento” ou“al cura párroco de esta villa por reparos de la ropa de la iglesia”; e tirando do fio:“al mismo cura párroco por atender a las ropas de la iglesia”. Tamén tiña a súa parte o “sacristán de la iglesia de esta villa por tocar las campanas en los sábados de todo el año para la concurrencia de las misas de la Concepción”.
         A Monarquía tamén traía os seus gastos: “... al Comisionado que entendió en la función celebrada en esta villa por el cumpleaños de la Reina Nª Sª Dª Isabel Segunda”, ”...por los fuegos artificiales en la función celebrada por los días de la Reina Nª Sª Dª Isabel Segunda”.
1898, Redondela vista xeral. Foto: La revista moderna
Outros pagos fixos
        Tamén se fan pagos pola subscrición ao Boletín Oficial de Pontevedra, Anales Administrativos ou ao Diario de Administración. Pagábase tamén ao partido de Tui polos arbitrios municipais e pola celebración dunha feira e mercado.
         Outra partida sería para as comunicacións así, por exemplo, podíase pagar á persoa que comunicase á capital de provincia o resultado do sorteo dos quintos (mozos que ían realizar o servizo militar) ou pola condución deses quintos á capital e en xeral das comunicacións urxentes, como no seguinte caso:
1844. “El depositario entregará a Manuela Crespo, vecina de esta villa la cantidad de... por 5 veces en 5 días que fue com pliegos al Sr. Jefe político... com el resultado de las elecciones para Diputados y senador... “
         Outros casos sería o do traslado de presos:
19-12-1842.... entregará a los Nacionales Antonio Barros, Benito Soto y Agustín Sánchez 30 r.v. Que deben haber por el Reglamento por el día de hoy y el de mañana... a fin de conducir a todo seguro al reo, D. José Bentura Álvarez, Presbítero, a la capital de Pontevedra, por orden del Sr. Juez en 1ª Instr. de este partido... para a espurgar su condena de rentas de causa formada...
          En canto aos pagos do material empregado no Concello permítenos coñecer o nome dalgúns tendeiros da vila e ata do xefe de Correos:
1845. “… a D. Antonio de Otero del comercio de esta villa … por papel común que ha suministrado para el gasto de este ayuntamiento y boletas de alojamiento...”
1844. “... a D. José Otero Administrador encargado de Correos de esta villa y su partido por el correo de este Ayuntamiento...”
Pagos extraordinarios
        O paso do exército supuña un gasto extra nos fondos municipais como sucedeu en 1842: “… entrego a Antonio de Otero de esta vecindad 74 reales por el importe de 8 arrobas de yerba y 3 ferrados de maíz que se dieron por raciones a los caballos que estuvieron en esta vila con Excmo. Capitán General”.
         En 1845 baixo o título “Gastos obligatorios de policía urbana” aparece: “por premios de muertes de animales dañinos...”. Semella que aquel ano os raposos atacaron os galiñeiros e o Concello promoveu a caza deste animal pagando 20 reais polos machos, 30 polas femias e 40 polas femias preñadas:
“A Francisco Antonio Landin vecino de Cabeiro por premio de la muerte de una zorra preñada, otra vieja libre, un zorro viejo y tres zorrillos... A Manuel Vicente Milleiro vecino de esta villa por la muerte de un zorro macho... A Juan Antonio Carballo vecino del Viso por la muerte de otro zorro... A Rafael Carballido vecino de Villar por la muerte de otro zorro... A Pedro Táboas vecino del Viso por la de otro zorro... A Francisco Blanco de idem por la de otro zorro... A José Agustín Pérez de Sajamonde por la de otro zorro... A Gregorio Pérez de Cesantes por una zorra preñada... Juan Alonso de Cedeira por una zorra... A Juan Manuel Costas de Quintela por otra zorra... A Manuel Alvarez vecino de Negros por una garduña o marta... A Jose Santorio vecino de Chapela la muerte de una zorra...”
        Lamentablemente esta lista veríase aumentada nos seguintes meses.
Os "sofás" na Praza Constitución, 1935. Foto publicada en
Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia 2001.

Obras
        Por último citar algúns pagos por obras e reparación das rúas:
1842. “… que satisface al maestro cantero Juan Fontán por la conclusión del enlosado de la plaza, sofás, guarda ruedas, puente y paredes de la plaza para la pescadería...”
        Este primeiro pago é moi interesante porque fala dos “sofás”, que fan pensar nos bancos de pedra que permaneceron na praza Constitución ata xuño de 1924 data na que o Concello acorda a súa retirada. Isto non sentou ben entre a poboación quen protestou, pero a decisión estaba tomada e os bancos foron substituídos por uns máis modernos de metal e madeira. Os “sofás” serían trasladados ao Paseo da Xunqueira ata a súa retirada durante as obras motivadas pola construción do parking. Tan só se salvou un banco que sobrevive solitario nun recuncho da Alameda. 
10-3-1842. Al maestro herrero Eugenio Fernández por cinco libras de hierro y su trabajo... Al maestro herrero de Villavieja por 6 libras de hierro y su trabajo... Al maestro herrero Robustino Tavoas por 8 libras de hierro y su trabajo...”
10-8-1843. “Juan Fontán, canteiro veciño do Viso, recibín do concello... para hacer la cabada desde el hospital hasta Pousadouro...”
28-12-1845. “...a Ysidro Labadia por la colocación de 21 vidrios en las puertas y ventanas de la Casa Consistorial incluso masilla y su trabajo …
30-12-1845. “...a Andrés Arines carpintero... rectificación de la balaustrado del balcón de la Casa Consistorial”.
20-9-1846. Miguel Acuña, mestre Canteiro comprueba el estado de unas obras.”

Un dos "sillóns" na Xunqueira, nevada de 1961. Foto cedida por Sebastián Fdez.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA
España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.
1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto
1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Biografías y vidas. https://www.biografiasyvidas.com/biografia/e/espartero.htm

Congreso de los Diputados http://www.congreso.es

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Centinela de Galicia (A Coruña)

BOE-www.boe.es => Gaceta de Madrid,
Boletín Oficial de la Provincia de Guadalajara, Boletín de noticias
Internovas
Deputación de Pontevedra. https://atopo.depo.gal/ => Contas municipais do concello de Redondela 1830-1837/1835-1840/1841/1841-1843/1843/1844. Expediente de eleccións municipais. Redondela (1841)
1924/06/27La Voz de Galicia
Aportes orais.

sábado, 25 de abril de 2020

Mestres-as ata mediados do S. XX: M-Z

Continuación de: Mestres-as ata mediados do S. XX: A-L

Madero ¿?, Maruja
Non era de Redondela. Ensinou na vila como interina ou substituta.

Mafeira Rori, Juan (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Magdalena, Luis
Era mestre no concello de Redondela en 1935.

Malvar Díaz, Bernardino
A finais de 1898 nomeado mestre interino de Reboreda. En xaneiro de 1906 pide autorización para soster unha escola de primeiro ensino en Redondela. Non lle debeu de ser concedida porque en decembro de 1907 foi nomeado mestre interino de Moreiras (Ourense)

Malvar Graña, Elías (Cesantes)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Malvar Graña, Enrique
Foi nomeado mestre interino para a escola nacional de Saxamonde en xuño de 1918. E novamente en setembro dese ano. O 28 de decembro acadaría en propiedade a escola de nova creación Mourente 2ª, en Pontevedra.

Malvar y Malvar, Josefa
En decembro de 1925 nomeada mestra interina da nova escola de Soutoxuste.

Mancebo, Plácido
Mestre na graduada de Redondela en 1921.

Mandado Bouzón, María (Maruja) (Redondela 1903)
Obtivo o título na Normal de Pontevedra. Realizou substitucións nas escolas femininas da vila (no 43 estivo en Vilar de Infesta). Logo, daría clases en Pazos de Borbén (á que ía a pé), Famelga (Outes), Chandebrito (Nigrán) e o Morrazo. Máis tarde, estableceuse en Valladolid de onde era natural o seu esposo.

Mandado Bouzón, Teresa (Redondela 1918 / Cataluña 1968)
Como a súa irmá, comezou facendo substitucións en escolas de nenas da vila (no 43 en O Viso). En 1953 traballaba na escola de Chandebrito (Nigrán). En 1955 foi nomeada mestra substituta en Justanos (Pontecaldelas). Traballou en escolas dos concellos de Pazos de Borbén e Mos antes de trasladarse a Puigcerdá (Girona), onde exerceu durante 7 anos antes de morrer cando contaba 50 anos de idade.

Marcos Vilela, Francisco
Procedente de Viveiro fíxose cargo da escola de nenos de Quintela en outubro de 1956.

Marín ¿?, Mercedes
Tiña escola na Rúa Calvo Sotelo (actual Santa Mariña) nos anos 30-40.

Marín Mateo, María Teresa
Por orde do 2 de abril de 1907 e en virtude do concurso de setembro do ano anterior, foi nomeada mestra en propiedade de Chapela, deixando vacante a de Porto en Salvaterra. Contaba daquela 14 anos, 6 meses e 23 días. En xaneiro de 1912, sendo mestra da escola de nenas de Chapela, é proposta para recibir unha recompensa por realizar tarefas extraordinarias ó ensino. En decembro de 1918, fíxose efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas. En decembro de 1920, como representante do Concello de Redondela aparece asinando un manifesto da Asociación Provincial de Mestres Limitados, no que se reivindican os dereitos deste colectivo. En xullo de 1925 recuperábase dunha operación á que fora sometida.
Seguía en Chapela en 1930 cando solicita a permuta coa mestra de Trasmañó. Ao ano seguinte por segunda vez denéganlle esta petición. Finalmente, en outubre de 1931, solicita a xubilación, séndolle concedida a finais dese ano.

Márquez Gulías, María Araminta
Nomeada mestra interina de Cabeiro en maio de 1948.

Márquez Reymán, Román
Foi nomeado mestre interino de Chapela en novembro de 1924.

Martín Escudero, Socorro (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Martín Escudero, Soledad (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Martínez Currais, Soledad Teodora (A Lama 8-11-1910 / Redondela 24-4-1983)
Orfa sendo nena, criouse en O Viso co seu tío. Opositou no 1931, sendo destinada a Calvos. Despois de ensinar en Los Llanos (Almería), en 1934 é trasladada a Couso (Campolameiro), onde casa. En 1944 acada praza en O Viso, ensinando nesta parroquia ata 1974, ano no que xubila por enfermidade.
Martínez Currais Soledad Teodora-Foto Mestras de Redondela


Martínez Estévez, Enriqueta
Nomeada mestra interina de Negros en decembro de 1933.

Martínez Figueroa, Juan
Mestre da escola de Vilar de Infesta dende 1876 e ata marzo de 1916, mes no que lle concederon a xubilación. Falecería pouco despois.

Martínez García, Camila
Nomeada mestra en propiedade para a escola de Redondela en novembro de 1921.

Martínez Gómez, José
En xaneiro de 1938 foi nomeado mestre interino da graduada de Redondela.

Martínez Moreira, Secundino (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Martínez Otero, Manuel
En 1886 auxiliar da completa de Redondela. En 1908 era mestre titular da escola de nenos de Mos.

Martínez Pereira, Joaquín (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Martínez Pereira, Venancio (Soutomaior)
Impartiu clases no Viso durante trinta anos. A pesares de ser membro da Falanxe, ábreselle expediente de depuración, sendo suspendido de emprego e soldo. En xaneiro de 1938 é confirmado no seu cargo con dereito a percibir os haberes que deixara de cobrar.
En 1962 administraba no Viso un comedor para os nenos máis desfavorecidos. En 1968 foi trasladado á escola de Redondela, onde seguía en 1971. Foi tenente alcalde de Redondela nos anos 60 e presidiu a organización das Festas da Coca.

Martínez Pereiro, Manuel
Mestre da escola nacional de Soutomaior ata que en setembro de 1923 é trasladado á escola graduada de Redondela. Seguía nesta escola cando, en novembro de 1934, foi detido pola Benemérita por mor dun rexistro practicado o día 9 no Grupo Escolar, onde se atoparon documentos da Casa do Pobo, sendo o detido de filiación socialista.
En 1.935 era mestre en O Viso. Foi suspendido en 1936. En outubro de 1937 a Comisión Depuradora do distrito decide que sexa separado definitivamente do ensino. En novembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo, sendo proposto para separación definitiva.

Martínez Saco, Ramón.
Mestre da escola incompleta de nenos do Viso en 1870. Alcalde, deputado a cortes e provincial por Redondela.

Martínez Sánchez, José
Nomeado mestre de Cesantes en novembro de 1934. Xulgado por rebelión militar e suspendido de emprego e soldo en 1936. Reposto en xullo de 1937 con baixa no escalafón. En xaneiro de 1942 segue na mesma escola cando lle conceden 30 días por enfermidade.

Martínez Vidal, Eufrasia
Nomeada en agosto de 1895, mestra interina de Quintela.

Mauricio Mouriño, Manuel
En outubro de 1903, foi ascendido ao soldo de 550 pesetas anuais por razón do Censo, como mestre da escola mixta de Cedeira. En abril do ano seguinte, seguía no mesmo posto cando faleceu naquela parroquia.

Medialdea Tilve, María
Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

Mediero, Antonio.
Xa tiña escola na Rúa Ribeira antes de 1920. O que non sabía a lección tiña que poñerse no balcón, de xeonllos, cos brazos en cruz e cunha carapucha na cabeza.

Mencía Rey, Andrés (Aragón/Chapela, 1955)
Natural de Aragón, foi nomeado mestre de Chapela en abril de 1925. Formou parte da directiva da Sociedad de Agricultores de Chapela. En xullo de 1931, Andrés Mencía e Joaquín Pais, mestre de Redondela, asistiron na Casa del Pueblo, de Vigo, a unha reunión para organizar e constituír a Federación Provincial de Trabajadores de la Enseñanza, que actuaría dentro da Federación Nacional e da Internacional, sindicais autónomas adheridas á Unión General de Trabajadores. Seguía en Chapela cando foi suspendido no 1936. A pesares de ser reposto en novembro dese mesmo ano, en novembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo, sendo proposto para separación definitiva, o que se concreta en maio de 1940. Residiu en Chapela ata o seu falecemento en decembro de 1955.

Méndez García, Adela
Nomeada mestra interina de Cabeiro en setembro de 1897. En febreiro de 1899 destinada a Cela (Mos).

Méndez Fernández, Sara (Reboreda)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Menéndez de Mella, María
En 1879 tiña escola privada de nenas na Praza.

Mera Varela, Leonor
En novembro de 1934, por solicitude dos interesados, Leonor Mera Varela e o seu consorte, Manuel María Sanfiz Mirón, son nomeados para as escolas de Quintela. Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Continuaba nesta escola en 1942.

Míguez, Josefa
Aprobou o ingreso na Normal de Pontevedra en 1927.

Milleiro Sampedro, Alejandro (Redondela, 23-11-1917/Pontevedra, 17-12-2006)
En outubro de 1935 aproba a oposición, non chegando a exercer por sacar o título durante a II República. Ademais, en 1936 militaba nas Xuventudes Socialistas Unificadas en Pontevedra. Converteuse en Xestor administrativo, sendo propietario da Gestoría Milleiro na citada cidade.

Milleiro Sampedro, María Estrella (Moaña, 11-9-1913/Pontevedra, 08-09-2008)
Apesares de nacer en Moaña a súa familia era de Redondela. Non chegou a exercer por sacar o título durante a II República.

Milleiro Sampedro, Regina Eladia (Redondela, 6-11-1905 / Marín, 17-11-1987)
Filla de Celso Milleiro Seoane e Regina Sampedro Barruthe. Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933. Mestra represaliada polo franquismo sendo daquela mestra en Filgueira (Crescente). En setembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo propóndose a súa separación definitiva.
Finalmente resólvese que pase a desempeñar con carácter definitivo a escola de Tremoedo (Vilagarcía).
Milleiro, Regina. Foto cedida por Celso Milleiro

Moldes Castro, Miguel (Chapela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Monteagudo Maquieira, Fernando
Nomeado para a axudantía de nenos de Redondela en xuño de 1889; tendo exercido daquela un ano, 6 meses e 10 días de interinidade.

Montero Espinosa, Olimpio
Nomeado mestre da escola de Trasmañó en febreiro de 1907. Tres anos despois, en febreiro de 1910, foi trasladado a unha escola do concello de Sanxenxo.

Montero Moreno, Aurea
En febreiro de 1922 acada praza na sección segunda da graduada de Redondela. En outubro de 1934 apróbase o seu traslado da escola de Redondela á da Av. de la Inmaculada (Madrid).

Montero Mouriño, Norberto (Pontevedra)
En decembro de 1933 concédenlle praza como interino na escola de Cabeiro. Ao ano seguinte seguía na mesma figurando como un membros fundadores da asociación Casa del Maestro. En 1937 exercía na Estrada. En 1942 mestre en Redondela. En agosto de 1943, apróbase o seu traslado a Teis.

Montes Barcia, Sebastián
En agosto de 1943 foi publicado o seu traslado de Cernadelo a Vilar de Infesta.

Montes Cendón, Pura
Tiña escola na Rabadeira (Cedeira) nos anos 30-40.

Moreira Hermida, Josefa (Reboreda)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Mosqueira Alonso, Francisco
É trasladado, en decembro de 1937, da escola de Cangas á de Redondela.

Mosquera Gil, Emilia
Emilia Mosquera Gil era mestra de Soutoxuste en xuño de 1946, cando se lle concede licenza por enfermidade.

Mosquera Manso, Francisco
Mestre da graduada de Redondela, cando menos dende 1938, ao que se lle abre expediente en novembro de 1939. En febreiro de 1940, no mesmo posto é dado de alta nas Nóminas de Subsidio Familiar.

Moure, Norberto
En marzo de 1938, o cursillista Norberto Moure foi nomeado para unha sección da graduada de Redondela.

Moure Trelles, Carmen
En decembro de 1921 é nomeada en propiedade mestra de Cabeiro. Ensinaría nesta escola ata que en abril de 1933 é proposta para unha escola de Caldas de Reis. En 1934 pasaría a Pereira (Mos) e en 1943 a Tameiga, tamén en Mos.

Mouriño Gómez, Manuel Mauricio
Mestre da incompleta de Cedeira cando menos entre 1870 e 1879.

Muíños, Gonzalo
Co seu curmán Luis Cabaleiro, nos anos 40 daban clases de Bacharelato na escola que tiñan Paulina Sánchez e Carmiña Lago na Rúa Isidoro Queimaliños.

Muíños Blanco, María Amalia (Amalita) (Redondela, abril 1911 / Redondela 10-5-1993)
Estudou na Normal de Pontevedra. No 1932 pertencía ó Grupo Galeguista de Redondela. No 1933 era mestra nas Colonias Escolares do Rebullón. O seu primeiro destino foi Angudes (Crecente), logo pasaría a Torneiros (O Porriño). En 1965 consegue o traslado a Reboreda, praza que ocupará ata a súa xubilación.
Muíños Blanco, Amalia-Foto Mestras de Redondela

Muíños Castro, María (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Muíños y Muíños, María del Carmen (Redondela)
En xullo de 1928 é nomeada mestra interina de Chenlo (Porriño), sendo trasladada ao ano seguinte para Budiño, no mesmo concello. En xullo de 1930 é nomeada en propiedade para Eiras (O Rosal).

Muíños Reboredo, Pilar
En 1956 rematou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Ourense,

Muñoz, Emilia
En maio de 1911 nomeada mestra substituta de Ventosela.

Muñoz Pereira, Pedro
En marzo de 1942 foi nomeado con carácter eventual para Vilar de Infesta.

Nantes Calviño, Julián
Cando menos entre 1886 e 1888 mestre da incompleta de Quintela, que se ve na obriga de denunciar ao Concello de Redondela por non facilitarlle casa. En 1891 é proposto para Tomeza.

Navarro Acuña, Miguel
En xullo de 1942 nomeado mestre de Redondela. O 30 de marzo de 1946 foi declarado incurso. O 15 de novembro de 1946 acórdase a súa baixa definitiva. Orde que é revocada o 28 de xuño de 1948.

Novás Aboal, Mencía
Nomeada mestra interina de Ventosela en outubro de 1899. Volvería ao noso Concello cando, o 28 de xullo de 1926, é nomeada mestra de Soutoxuste (O Viso). Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. En agosto de 1943, publícase o seu traslado de Soutoxuste a Cantoarena.

Novás Vázquez, José
Ex-combatente en febreiro de 1941 e nomeado mestre interino de Cabeiro.

Novo Díaz, Rosendo (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados do 10-10-1933. Pouco despois realizou as prácticas na graduada de Redondela.

Novoa García, Preciosa (Paisáns (Ramiráns-Celanova) 1878 / Vigo 1954)
Estudiou en Ourense. Exerceu en Xácevas (Quintela de Leirado), Rodeiro e O Rosal. En outubro de 1925 obtén praza en Ventosela, onde permanecerá ata a súa xubilación. Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

Núñez Anido, José Antonio
En maio de 1919, aprobouse o seu traslado da escola de Cecebre (Coruña) á de Saxamonde. En maio de 1921, sendo aínda mestre en Saxamonde, é elixido vice- secretario da Asociación de Mestres de Redondela. En xullo dese ano é trasladado a Parades (Outeiro do Rei-Lugo).

Ocampo Otero, María (Maruja) (Redondela, 14-4-1917)
En Pontevedra obtivo os títulos de Bachiller e Maestra Nacional, mais non chegou a exercer.

Ogando Mouco, Leoncio (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Olivares Guzmán, Julio (Cesantes)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Orge ¿?, Josefina (Fina) e Mari Carmen.
Irmás que exercían na rúa Cruceiro. A primeira acadaría praza no colexio de Reboreda, continuando a segunda coa escola, coñecida posteriormente como La Escuelita.

Orge Alonso, Francisco (O Viso)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Orge Alonso, Jose María
Mestre. Trasladado á escola de Pazos de Borbén procedente de Louredo (Mos) en abril de 1913.

Otero Fernández, Arminda (Redondela 11-7-1887 / Pontevedra 1955)
Cursou Maxisterio en Pontevedra. Propietaria e mestra dunha escola mixta na Praza Constitución, recibiu autorización de apertura en 1904. Ademais ensinou nunha escola rural de Ourense, Figueirido (Pontevedra), en Teis (Vigo), da que pasou en 1934 a Cantoarena (Marín) colexio no que se xubilou con 70 anos.

Otero Fernández, Luciano (Redondela)
Titulado en Pontevedra exerceu en varias poboacións da provincia. Faleceu en Pontevedra nos anos 80. Irmán de Margarita.

Otero Fernández, Margarita (Redondela 1879 / Pontevedra 1977)
Despois de pasar pola Escola Normal de Pontevedra, iniciouse traballando un ano nunha escola rural de Lugo e cinco en Vilalonga. Despois exercería na Escola Anexa á Normal de Pontevedra durante 42 anos, ocupando varias veces o cargo de directora.
Otero Fernández Arminda-Foto Mestras de Redondela
Otero Fernández Margarita-Foto Mestras de Redondela



















Otero Fernández, Rita (Redondela, 1902 / Redondela, 1956)
Estudou Maxisterio pero non chegou a exercer. Casou co industrial José Regojo.

Otero Fernández, Agripina, Paulina, María e Rosa
Irmás dos anteriores, cursaron tamén Maxisterio, pero morreron moi novas de tuberculose e só as dúas últimas chegaron a exercer durante un breve período.

Otero Martínez, María
En 1879 tiña escola privada de nenas na rúa Rivero.

Otero Otero, Carmen (Redondela)
Aprobou maxisterio cara a 1933.
Otero Fernández, Rita Foto Mulleres redondelás
Otero Sestelo, Araceli-Foto Mestras de Redondela













Otero Sestelo, Araceli (Redondela 1910 / Redondela 5-8-1951)
Estudiou en Pontevedra para adicarse ó ensino en escolas rurais como a de Amorín (O Rosal) ou a de Refoxos (Silleda). Foi suspendida durante un tempo polo réxime franquista. Organizou roupeiros escolares entre outras actividades e colaborou na Coral Polifónica de Pontevedra. Faleceu solteira en Redondela.
Otero Sestelo, Dolores (Lola) (Redondela 12-10-1898)
Cursou bacharelato e Maxisterio en Pontevedra. En febreiro de 1922 acada praza en Tremoedo (Vilanova de Arosa). En setembro do ano seguinte pasa a ensinar na escola de nenas de O Viso (1923-36) á que iba a pé. En decembro de 1935 aprobouse o seu traslado ao Grupo Escolar de Redondela, pero non se fixo efectivo ata despois de sufrir a súa destitución o 1-9-1936 polo réxime franquista. Foi restituída en xaneiro de 1938 con perda de tódolos haberes deixados de percibir. Nesta escola sería directora varios anos e daría clases ata xubilarse en 1967. Promoveu os roupeiros escolares e fomentou as actividades teatrais.

Otero Sestelo, Ernestina 

Otero Sestelo, Esperanza (Redondela 5-11-1900)
Despois dos seus estudios en Pontevedra é destinada a Regueira (Xove) en 1927. Pasou logo á escola de Petelos (Mos). Como as súas irmás foi suspendida durante un tempo. Foi restituída en xaneiro de 1938 con perda de tódolos haberes deixados de percibir. No 1960 obtivo a praza definitiva en Vilavella. Promoveu os roupeiros.
Otero Sestelo, Dolores-Foto Mestras de Redondela
Otero Sestelo, Esperanza-Foto Mestras de Redondela













Padín Lorenzo, Manrique (Redondela)
Acadou o título na Normal de Pontevedra en 1916. En 1925 exercía como oficial xeómetra en Ávila.

Padín Padín, Eulogio
Mestre da incompleta de Cesantes cando menos entre 1871 e 1879.

Pais Llorens, Joaquín. (Freijo (Outes) en 1889 / 30-12-1960)
Despois de dar clases en Marín presentouse ás oposicións obtendo praza en Redondela en 1918. En maio de 1921 é elixido secretario da Asociación de Mestres de Redondela. Pouco despois cumpre o servizo militar sendo destinado a Xauen (África) como sarxento do batallón expedicionario de Murcia. Alí enferma tendo que recuperarse durante dous meses nun sanatorio de Santander.
Foi director da escola graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa. En xullo de 1931, Joaquín Pais e Andrés Mencía, mestre de Chapela, asistiron na Casa del Pueblo, de Vigo, a unha reunión para organizar e constituír a Federación Provincial de Trabajadores de la Enseñanza, que actuaría dentro da Federación Nacional e da Internacional, sindicais autónomas adheridas á Unión General de Trabajadores. Nomeado alcalde interino da Comisión Xestora de Redondela entre marzo e abril 1933. En 1936 foi destituído como profesor e posteriormente preso por motivos políticos. Pasaría 18 meses nas cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiría dando clases particulares.
Pais LLorens, Joaquín. Foto Antonio Ocampo. Bodas de Oro

Pajares Braña, Avelina
O 28 de xullo de 1926 nomeada mestra de Rande. En 1935 permuta a súa praza pola de Laro (Silleda).

Palmeiro, Manuel
O 28 de decembro de 1918 por concurso de oposición acadou a praza de mestre na escola masculina de Cedeira de nova creación, onde ensinaría ata a súa xubilación por cumprir a idade regulamentaria, en abril de 1939. En maio de 1921 é elixido vicepresidente da Asociación de Mestres de Redondela.

Palmeiro Fernández, María Teresa (Cedeira (Redondela), 20-7-1903)
Acadou o título en setembro de 1932. Aparece en relacións de mestres aspirantes a interinidades en 1933, 1935 e 1938; e como mestra opositora en 1942. Exerceu pouco tempo.

Paratcha Vázquez, Carlos
Mestre en Feás (Calvos de Randín-Ourense), ata que en febreiro de 1930 é nomeado mestre de Vilar de Infesta. Seguía nesta escola cando en febreiro de 1936 foi nomeado vocal do Sindicato Agrícola de Vilar. Suspendido de emprego e soldo meses despois, sería restituído en novembro dese mesmo ano.
Resolveuse, en novembro de 1940, o seu cese na escola de Vilar para desempeñar con carácter definitivo a escola de Laxe (Moraña).

Paseiro Castro, María Luisa (N. Redondela)
Filla de María Castro Lago, quen fora directora da graduada de nenas de Redondela. Examinouse na Normal de Pontevedra en 1909. Era profesora nacional en Leiro (Ourense) en 1922. En 1956 exercía en Lebosende (Ribadavia), xunto ao seu marido o tamén mestre, Luis Vázquez Yebra.
Paseiro Castro, Socorro (N. Redondela)
Irmá da anterior. Iniciou os seus estudos de Maxisterio en 1925. Exerceu pouco tempo.

Pastor Marín, Antonia
En maio de1922 esta mestra, que ensinaba en Madrid, é proposta para a sección 1ª da escola graduada de nenas de Redondela. Seguía neste posto en 1923. En decembro de 1924 presenta unha instancia solicitando tomar parte nas oposicións restrinxidas.

Patiño Cerdeiro, Carmen
Proposta en xullo de 1891 para a escola de Quintela. En marzo de 1894 levaba máis de 4 anos de servizo. Pouco despois é proposta para unha escola do Concello de Lalín.

Pausa, José Juan
Era mestre no concello de Redondela en 1935.

Paz Rivas, María Luisa
En decembro de 1933 concédenlle a escola de Quintela.

Pazó, Manuel
En abril de 1918 a Instrución de Primeiro Ensino de Pontevedra ordenou a clausura das escolas particulares de Chapela, que funcionaban a cargo de Carmen Iglesias e Manuel Pazó, por non cumpriren os requisitos regulamentarios antes da súa apertura.
Apesares disto mantivo escola particular en Parada, Chapela, ata o seu suicidio acontecido en 1927, cando contaba 70 anos.

Pazos Álvarez, Juan Antonio
Foi mestre en Negros cando menos dende 1894, levando daquela dez anos e once meses exercendo. Naquela escola se xubilaría o 17 de xuño de 1931, séndolle concedida en novembro dese ano unha pensión de 2.400 pesetas. En 1939 a súa esposa Angélica González solicita pensión de viuvez.

Pazos Iglesias, Ricardo
Mestre de Negros cando menos entre 1870 e 1879.
Pedruela Tuda, Isaac
Era mestre no concello de Redondela en 1935.

Peña Gil, Carmen
En novembro de 1934 acada praza na escola de Redondela. En abril do ano seguinte pediu unha excedencia por máis de un ano e menos de dous. En maio de 1937 solicita e se lle concede a conmutación da excedencia pola ilimitada.

Pereira Ibáñez, Carlos
Mestre do Grado Profesional do barrio das Olivas, en Tui, foi nomeado para a graduada de Redondela en febreiro de 1936. Pouco despois sería un dos moitos docentes suspendidos, decidíndose a súa restitución en outubro de 1938. En 1942 sería nomeado mestre da escola Casablanca, en Vigo.

Pereira Otero, Elena Umbelina (Redondela 12-2-1915)
Foi a número un da promoción de 1936 en Pontevedra. Iniciou a súa carreira na escola de Vilavella. En outubro de 1937 é nomeada mestra de Santo Paio de Arriba, en Reboreda. En xaneiro de 1938, é nomeada mestra de Rande en virtude de sanción da titular. En xullo dese mesmo ano pasa a de Pazos de Borbén, seguirán: Tameiga (Mos), Praza da Feira (Arcade), C. P. Arcade e o Colexio Troiteiro Padín (Arcade). Fixaría a súa residencia definitivamente en Soutomaior. Finou no ano 2001.

Pereira Otero, Gemma (Redondela)
Como a súa irmá Lucila formouse na Escola Normal de Ourense, mais nunnca chegaría a exercer. Rexentaría unha farmacia na Praza Ribadavia na que traballaría ata a súa xubilación.

Pereira Otero, Lucila (Redondela 11-10-1924)
Estudou na Escola Normal de Ourense. Tivo escola na rúa Alfonso XII. O seu primeiro destino sería Vilar de Avión (Ourense). En 1953 comezaría a traballar na escola de nenas do Padroado Industrias Regojo. O 3 de outubro de 1955 é nomeada con carácter definitivo para a unitaria de Redondela, onde ensinaría ata a súa xubilación. Ata o 64 deu clases de bacharelato aos alumnos que querían examinarse por libre, xa que Redondela non contaba con instituto.
Pereira Otero, Lucila Foto Mestras de Redondela
Pereira Otero, Elena Umbilina  Foto Mulleres redondelás













Pereira Pena, Ramón (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Pereira Pérez, Teresa (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Pereira Rivadulla, María (Rande-Cedeira)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Pereira Vázquez, María Concepción
Suspendida durante o proceso de depuración tralo alzamento de 1936.
Pereira Yáñez, Carlos (Redondela)
Acadou o título de Maxisterio en Pontevedra en 1935.

Pereiro Calvo, Severina
Severina Pereiro Calvo mestra de San Román Coruña proposta en agosto de 1934 para Negros.

Pérez, Francisco
Mestre de Reboreda cando menos dende 1847 ata 1879.

Pérez Barros, María de los Remedios
Aprobou as oposicións en outubro de 1885. O seu primeiro destino sería Cesantes, onde exercía cando, en febreiro de 1886, se propón que a escola incompleta mixta desta parroquia se converta en escola completa de nenas. Ao ano seguinte o veciño de Cesantes, Crisanto Otero, pretende que lle abran expediente sen conseguilo. Pouco despois falece en xuño de 1887.

Pérez Borines, María
Tiña escola en Catapeixe (Cesantes) nos anos 30-40.

Pérez Fernández, Manuel
Ensinaba en Allariz cando en abril de 1932 é nomeado mestre nacional de Negros. Un ano despois solicita a xubilación por incapacidade física. Ao mes seguinte concédeselle a baixa por enfermidade. Reintegrouse ao ensino en xaneiro de 1935. Seguía como titular daquela escola cando foi suspendido de emprego e soldo en setembro de 1936. En agosto do 1938 quedaron sen curso tanto a súa solicitude de reposición como a de xubilación. Separado do servizo e baixa no escalafón en maio de 1940. En febreiro de 1943 foi ratificada a orde pola que foi suspendido.

Pérez Freire, Florinda
Foi nomeada mestra interina de Vilavella, en outubro de 1946.

Pérez García, Saturio
En novembro de 1892 é proposto para a escola incompleta de nenos de Reboreda, sendo nomeado pouco despois. Debeu renunciar ao cargo, porque en abril de 1893 anúnciase a concurso dita escola.

Pérez Míguez, María Teresa Carmen
Examinouse en Pontevedra na primeira metade do s. XX, pero non chegou a exercer. Casada co industrial Telmo Tojeiro Fernández.

Pérez Míguez, Rosa (Redondela 25-3-1917)
Titulouse na Normal de Pontevedra. Comezou a exercer en plena Guerra Civil en Gurgueiro (A Golada). Seguirán os destinos de Valadares (Vigo), Soutoxusto (O Viso, 1942-44), Macenlle (Marín), Meira (Moaña) e Pontevedra. Xubilouse ós 66 anos, fixando a súa residencia en Pontevedra.

Pérez Rodríguez, Carmen (Carmiña) (Redondela, set. 1909 / Vigo 21-09-1982)
Obtivo o título en Pontevedra. Despois de varias interinidades acadou destino en Villamolat de Mur (Cataluña), onde só tiña 2 alumnos. Despois ensinaría en Romai (Portas), Fozara (Ponteareas), Luneda (A Cañiza), Cans (O Porriño) e Celtia, onde se xubilou.
Pérez Rodríguez Carmen-Foto Mestras de Redondela
Pérez Míguez Rosa-Foto Mestras de Redondela













Pérez Sobrino, Erundina (Redondela / Red. 1940)
Propietaria e mestra dunha escola mixta na Praza Constitución, recibindo autorización de apertura en 1904. Seguía exercendo na nosa vila cando menos ata os anos 20 do pasado século.

Pérez Sousa, Erundina (Redondela, 1900 / Redondela, 1977)
Promotora de actividades como teatros e veladas musicais. Estudou en Pontevedra. O seu primeiro destino foi unha unitaria de Vigo, logo virían Lavacolla (Santiago de Compostela), Cangas, Fornelos de Montes, Cabeiro e Cabral (Vigo). No 1932 formaba parte do Grupo Galeguista de Redondela. En novembro de 1934 foi nomeada substituta para a sección graduada de A Cañiza dun mestre procesado.

Pérez Sousa, Laureana (Redondela / Vigo, 1975)
Acadou o título na Normal de Pontevedra, en 1926. Traballou en Sarria e Sete Coros (Padrón), antes de servir na escola de César na provincia de Lugo. En xaneiro de 1936 foi nomeada mestra en propiedade para Beade-Porto (Lavadores-Vigo), pola quenda especial de consortes, conseguía así ensinar na mesma parroquia que o seu esposo Serafín Alonso Veiga..
Pérez Sousa Erundina-Foto Mestras de Redondela
Pérez Sousa Laureana-Foto Mestras de Redondela













Pierres Castellano, José (O Viso)
O 26-9-1931 é nomeado mestre suplente da escola graduada de nenos de Redondela.

Pintos Miguel, María (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Piñeiro Camiña, José
Nomeado mestre interino de Vilar Infesta en xaneiro de 1929. En 1935 era titular da escola de Hío (Cangas).

Piñón Portela, Ángel
En novembro de 1940 nomeado mestre interino en Ventosela. No 41 aproba oposición e no 42 é nomeado mestre de Camposancos (A Garda)

Portas, Esperón, Aurora.
En decembro de 1910 nomeada mestra interina de Ventosela.

Portela Barreiro, Carmen
En setembro de 1938 a alumna-mestra Carmen Portela Barreiro, elixe a escola de Outeiro das Penas. Seguiría ensinando nesta escola en 1942.

Portela Pazos, José
En outubro de 1923 foi nomeado mestre en propiedade de Vilar Infesta. Deixou esta escola en decembro de 1928, cando acadou praza en propiedade na de Corredoira (Cotobade).

Portela Pazos, Ricardo
En setembro de 1918 é nomeado mestre interino da escola mixta de Trasmañó.

Posaco Gaona, Francisco (Redondela)
Francisco Posaco Gaona, de Redondela, en maio de 1931 aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades que nunca prestaran servizo.

Pousada Salgado, Felisa (Verín)
Mestra de Vilar de Infesta en xaneiro de 1948.

Puente Barcala, Ramón
Resolveuse en novembro de 1940 que da escola de Arnois (A Estrada) pase a desempeñar con carácter definitivo a de Vilar de Infesta.

Puertas Rodrigo, Dario (Soria)
En xullo de 1921 nomeado mestre nacional en Vilar de Infesta ata que en outubro de 1923 é destinado a Soria.

Puga Martínez, Segundo
Deportista completo (Ver Futbol>Waterpolo>Tenis>Tenis de Mesa) en 1936 cursaba o segundo curso de Maxisterio en Pontevedra.
En abril de 1941 é nomeado mestre de Caleiro (Vilanova de Arousa). Apesares disto, habería de agardar ata o mes de xuño a que se lle concedera a habilitación para o desempeño de escolas, resolvéndose así o proceso de depuración iniciado contra el. Continuaba naquela escola cando, en setembro de 1942 solicita unha excedencia por máis dun ano e menos de dous, que lle sería concedida ao ano seguinte.
Despois, xunto á súa esposa Mercedes, tamén mestra, abriría unha academia en Redondela. En 1949 emigrarían a Arxentina, onde aínda tiñan fixada a súa residencia nos anos 60. En 1967 visitou Redondela, onde recibiu unha homenaxe por parte dos seus ex-alumnos. Pouco antes de xubilarse volvería a Redondela para solicitar unha escola, co fin de ter dereito a unha pensión, a cal non chegaría a desfrutar ao falecer pouco despois da súa chegada.

Quiroga Fernández, Manuel
En outubro de 1934, sendo mestre en Lavid (Lugo), acada praza definitiva na escola de Cidadelle, Chapela. Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Continuaba ensinando en Chapela en 1942.

Real Alfaya, María (Redondela)
Examinouse na Normal de Pontevedra en 1909. En maio de 1918 xa era mestra na escola de Castrelo (Forcarei), na que seguía ensinando cando, o 5 de xuño de 1926, é nomeada provisionalmente mestra de Soutoxusto (O Viso), si ben en xullo é destinada definitivamente para a escola de Igrexa (Chapela). Seguía nesta escola cando é suspendida o 1-9-1936, sendo restituída en novembro dese mesmo ano.

Reboredo Rodríguez, Dula (Redondela 1906)
Graduada en Pontevedra en 1925 con sobresaíntes en todas as materias, comezou a traballar en Boimorto en 1930. A finais de 1931 foi nomeada para Barreiros (Gondomar). Ao ano seguinte pasaría a Ramallosa e de alí a San Pedro de Cardeiro (A Coruña) e Cuñas (Pontecaldelas), onde exercería entre 1934 e 1947. En xaneiro de 1948 pola quenda de consortes é nomeada para Negros, onde permanece ata 1968. Daquela pasaría a Redondela onde se xubilou en 1976.

Reboredo Rodríguez, Josefa (Pepita) (Redondela, 9-3-1911 / Redondela 21-2-1998)
Presentouse ás oposicións no 1936, cando iniciaba Guerra Civil. No 1937 é destinada a Darbo (Cangas), Pidre (Dozón 1945-1948), Malvas (Tui), Guillade (Crecente), Canicouba (Soutomaior) e Borbén (Pazos de Borbén) dende 1953 ata a súa xubilación. Xa casada se titulou como matrona en Santiago compaxinando esta profesión cos seus destinos docentes.

Reboredo Rodríguez, Sulpicia (Picia) (Redondela, 17-1-1910)
Examinouse en Pontevedra. Ensinou nos colexios de nenas de Vilar de Infesta, Nespereira (Pazos de Borbén) e dende 1947 en Freixeiro (Vigo), onde estableceu a súa residencia. A ditadura franquista suspendeuna 10 meses de emprego e soldo.
Irmás Reboredo Rodríguez-Foto Mestras de Redondela
Reguera Domínguez, Manuela Elvira (Soutomaior)
No 1915 toma posesión dunha praza en Redondela. En xuño de 1949, era mestra de Rañadoiro, cando é nomeada novamente para o noso concello, concretamente para Trasmañó. No 1957 cesa nesta escola, para ser trasladada a Lavadores (Vigo).

Reigosa Abal, Matilde
Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Vilavella.

Rey, ¿Amalia?
Tiña escola na Rúa Alfonso XII nos anos 30-40.

Rey, Óscar
Pai do ex-alcalde de Redondela, Xaime Rey, era mestre en Cesantes nos anos 60.

Rey Carou, Emilia (Cuntis)
En xaneiro de 1933, a señorita Rey Carou, de Cuntis, que pouco antes acadara o título de mestra, foi nomeada interina en Redondela. En xuño de 1934 destinada a Lomo del Valle (Tenerife). En xaneiro de 1939 resólvese o seu proceso de depuración.

Rey Couto, Carmen
En xuño de 1904 é nomeada mestra interina da escola de nenas de Vilavella.

Rey Crespo, Germana
En maio de 1916 toma posesión da escola de Cabeiro. En decembro de 1918 era mestra de Reboreda, cando se fixo efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas. En abril de 1920, casou con Telesforo López de Quereño, mestre de Chapela. Despois de varias licenzas por enfermidade, en xuño de 1924, é nomeada para Lavadores.

Rey García, Pilar
Mestra de Vilar de Infesta en xuño de 1935.

Rivadeneira, Manuel
En agosto de 1910, Manuel Rivadeneira solicitou que se lle autorice para fundar unha escola de primeiro ensino en Cesantes.

Riveiro Pascual, Manuel
En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Cabeiro.

Rivero López, Dolores (Redondela)
Acadou o título de Maxisterio en 1933.

Robledo Tubilla, Luciana
Nomeada mestra de Vilar de Infesta en abril de 1934. En outubro dese mesmo ano apróbase o seu traslado a Sostesgudo (Burgos).

Rocamán Portas, Ramón
En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Saxamonde.

Rodríguez, Carlos
Na elección de escola con carácter interino para mestres ex-combatentes celebrada en xullo de 1939, escolle Chapela.

Rodríguez, Encarnación ou Erundina
Propietaria e mestra dunha escola mixta na Rúa Ribeira, cando menos entre 1902 e 1904.

Rodríguez Couñago, Juan Manuel
En outubro de 1916 é proposto como mestre interino para a escola de Vilar de Infesta, a que exerce ata ser nomeado mestre de Cesantes en xuño de 1918.

Rodríguez Couñago, Narciso
En maio de 1919, aprobouse o seu traslado da escola de Cabral (Vigo) á de Cesantes. En maio de 1923 se lle ascende o soldo a 3.500 pesetas. En 1926 era presidente da Asociación de Mestres de Redondela. A finais de 1934 é trasladado a Ponte Maior (Canedo-Ourense)

Rodríguez Dios, Prudencio
En setembro de 1918, foi nomeado mestre interino de Cesantes. O 28 de decembro dese ano adxudicóuselle mediante oposición a praza da escola masculina de nova creación de Reboreda. Nesta parroquia coincidiu coa súa dona,a tamén mestra Marina García Mouriño. Continuou nesta parroquia ata o seu traslado en 1933 a Coia (Vigo).

Rodríguez de la Escalera, Mercedes
En xaneiro de 1917 era mestra da Escola Nocturna de Obreiros cando o Bispo de Tui fixo unha doazón de 300 pesetas para que os alumnos formaran un equipo de fútbol e se costearan as equipaxes.

Rodríguez Feijoo, Saturnino
Nomeado mestre interino de Cabeiro en agosto de 1942.

Rodríguez García, Matilde.
Era interina en Pazos de Borbén no 1897. En 1901 foi nomeada para Ventosela. Ao ano seguinte, solicitou dous meses de licenza para ampliar os seus estudos. Continuaba na mesma escola cando, en setembro de 1911, é suspendida dous anos de empleo e soldo.

Rodríguez González, María Asunción
En novembro de 1934 acada praza na escola feminina de Cedeira. Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

Rodríguez Hegarly, María B. (Redondela)
En xaneiro de 1933 aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades.

Rodríguez Iglesias, Francisca
Foi nomeada mestra interina en Cedeira en outubro de 1904.

Rodríguez Martínez, África (Redondela, 8-10-1915)
Titulada en Pontevedra no 1935 e casada cun mestre, tomou destino en Galápagues (Soria), Santa María do Monte (Coruña), Parada (A Cañiza) e colexio Ibáñez Martínez (Ferrol). Estableceu a súa residencia en Oviedo.
Rodríguez Martínez África-Foto Mestras de Redondela
Rodríguez Pereira, Teresa.
A finais de 1895 é nomeada mestra de Quintela. En novembro de 1898 seguía nese posto con máis de 13 anos de servizo, cando solicita o traslado a Deiro (Vilaboa).

Rodríguez Rodríguez, Andrés
En xullo de 1940, aparece para a escola de Redondela nunha relación de oficiais do exército que son nomeados mestres provisionais cun soldo de 4.000 pesetas.

Rodríguez Rodríguez, Miguel
En outubro de 1936 autorízase a permuta dos mestres Miguel Rodríguez Rodríguez, de Ansemil (Silleda) e José Salgado Balboa, de Ventosela.

Rodríguez Rodríguez, Sofía.
En febreiro de 1905 foi nomeada mestra da escola completa mixta de Vilavella. En novembro de 1918 ascende de categoría pasando a cobrar 2.000 pesetas. En maio de 1921, sendo aínda mestre en Vilavella, é elixida vocal da Asociación de Mestres de Redondela. En xuño dese ano volven a aumentarlle o soldo a 3.500. Falecería pouco despois o 24-08-1921 aos 42 anos. Estaba casada con Buenhijo Pérez Sobrino (Ver Alcaldes).

Rodríguez Salgueiro, Genaro.
Nado o 11-05-1864. Traballou como interino nas escolas de nenos de Castrelo (1890-1891), Torroso (1891), Salvaterra (1891-1892), Redondela (1892), Baión (1894-1895) e Redondela (1895-1896); sendo mestre en propiedade da escola de Castrelos (Cambados) dende o 1-4-1896 ata o 12-1-1928 que se xubilou.

Rodríguez Salinas, Antonia (Madrid, 1893 / Redondela, 1995)
Estudou na Escuela Normal de Madrid. Chegou a Redondela polo apresamento, durante a Guera Civil, na illa de San Simón, do seu compañeiro o escritor Alberto Marín. Negouse a revalidar o seu título ante as autoridades franquistas, creando unha escola privada na súa casa na actual rúa Telmo Bernárdez, onde vivía co seu fillo ó que facía pasar por sobriño por non estares casada. As súas clases tiñan un marcado carácter republicano, encargándose de romper as últimas follas dos libros cheas de símbolos franquistas. Polas tardes tamén ensinaba a adultos. Xubilouse con 75 anos e morreu ós 102.
Rodríguez Salinas, Antonia Foto Mulleres de Redondela

Rodríguez Soage, Clotilde.
En agosto de 1894 foi nomeada mestra da escola de Trasmañó con 250 pesetas. En xuño de 1897, acumulaba máis de 4 anos traballados. En xaneiro de 1903, con varios compañeiros de escolas doutros concellos, solicitan da superioridade se lles expidan novos títulos administrativos cos soldos correspondentes, tendo en conta os censos de aprobación e os acordos tomados polos Concellos elevando de categoría as súas escolas. En maio de 1905, pretende o traslado sen oposición á escola de Reboreda pero non lle foi concedido. Deixaría definitivamente Trasmañó tras ser nomeada, en marzo de 1906, mestra propietaria da escola de Valadares, en Lavadores, da mesma clase e co mesmo soldo de 625 pesetas.

Ruzo Campos, Manuel
O 21 de outubro de 1902 foi nomeado mestre titular de Cesantes en virtude de concurso único. En setembro de 1907 foi confirmado neste cargo co haber de 825 pesetas. Continuaría nesta escola ata a súa xubilación en abril de 1918.

Sabina García, Juana
O 31 de xullo de 1926, estando como mestra en Rivasiera Son (Coruña), acadou o nomeamento definitivo na escola de Outeiro das Penas (Cesantes), onde ensinou cando menos ata 1938.

Salgado Balboa, José
En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Ventosela. Non chegaría a exercer porque pouco despois autorízase a súa permuta con Miguel Rodríguez Rodríguez, mestre de Ansemil (Silleda).

Salgueiro Pereira, Josefa
En abril de 1922 tomou posesión como mestra interina na escola graduada de nenas de Redondela.

Sánchez, María Filomena (Redondela)
Acadou o título de Maxisterio en Pontevedra en 1935.

Sánchez Estévez, Saturnina
O 28 de decembro de 1918 por concurso de ingreso de interinos acadou a escola de Cabeiro. Seguía en esta escola cando, en setembro de 1921, foille imposta unha “Amonestación privada”, como resultado do expediente gobernativo seguido contra ela. Ao mes seguinte concédeselle a excedencia nomeándose unha nova mestra para Cabeiro. En marzo de 1924 deixa esta escola ao ser nomeada mestra de Arnoso (Ponteareas).

Sánchez Mos, María (Redondela)
Examinouse na Escola Normal de Pontevedra en xuño de 1908. En 1933 aparece nunnha relación de mestres aspirantes a interinidades.

Sánchez Otero, Eduardo (Redondela)
Membro do Partido Galeguista de Redondela, acadou o título de Maxisterio no 1935. Casado coa tamén mestra Dolores Abelleira Blanco. En setembro de 1936 foi nomeado mestre interino de Cesantes. En 1950 ensinaba en Muros e, cando menos entre 1952 e 1961 na escola de Rianxo.

Sánchez Otero, Paulina (Redondela, 1898 / Redondela, 21-6-1971)
Acadou a titulación na Normal de Pontevedra. Durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago. Logo comezaría a traballar como interina en varias escolas nacionais: Cedeira (entre decembro de 1928 e xuño de 1929), Cesantes (setembro 1930-setembro 1931), Fofe (O Covelo, 1934), O Viso, Moreira (Soutomaior) , Reboreda e Budiño (Porriño, ¿?-1952),entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966). Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas...; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago. O Gobernador de Pontevedra concedeulle a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento do seu labor. No 2016 o colectivo "As Rapazas de Paulina" recolle firmas para poñerlle o seu nome a unha das rúas de Redondela. No 2017 é nomeada polo Concello Persoeiro do Ano.
Sánchez Otero, Paulina Fª Faro de Vigo 2016
Sanfiz Mirón, Manuel María
En novembro de 1934, por solicitude dos interesados, Leonor Mera Varela e o seu consorte, Manuel María Sanfiz Mirón, son nomeados para as escolas de Quintela. Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

Santorio, Ángel.
En xullo de 1910 solicita autorización para abrir unha escola en Chapela.

Santoro Villavicencio, Tomás
Mestre habilitado de Vigo que ante a renuncia, en abril de 1922, de Ricardo Contreras Valiñas como mestre habilitado do partido de Redondela, atenderá a praza ata o novo nomeamento, por ser o máis próximo.

Sanz Ortega, José
Mestre nacional casado coa tamén docente, Maruja Domínguez Pereira.

Sarasquete Hermo, Luis
Nomeado mestre interino para Negros en maio de 1937, cando tan só levaba exercido pouco máis de sete meses.

Seco Carchena, Emilio (¿?-Ourense, 1979)
Director de graduada antes da Guerra, a represión desposuíuno da dirección na época de posguerra. Finalmente tomaría posesión do cargo de director dunha escola de Naya, onde exerceu durante dous anos. Trasladouse logo a Redondela, que dirixiu ata a súa xubilación en 1972. Estaba casado coa tamén mestra Dolores Fernández Francisco.
Seco Cárchena_Emilio -director escola Redondela 1971 Foto El Pueblo Gallego
Segond Berdiales, Jesús
O 3 de decembro de 1898 toma posesión da praza de mestre interino na escola de nenos de Redondela, renunciando ao ano seguinte.

Sestelo, Antonio
En 1841 coa súa muller (descoñezo o nome) eran os mestres elementais de Redondela.

Sineiro Nogueira, Sofía (Rande)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

Sobrado ¿?, Concepción
En decembro de 1920, é nomeada mestra interina da sección 2ª da escola de nenas de Redondela.

Somoza Barros, Ramón (Campo Lameiro)
Aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades, en xaneiro de 1933. En setembro de 1936 é nomeado interino de Piñeiro (Cuntis). En xaneiro de 1938 de Armonde (Campo). En 1942 é nomeado para Alxán (Soutomaior).
En xaneiro de 1949, pola lei de consortes foi nomeado con carácter provisional mestre da graduada de Redondela. En 1959 exercía como director desta escola, na que se xubilou a principios dos 80, despois de pasar pola escola Cervantes, tamén en Redondela.
Tres dos seus fillos aprobaron as oposicións de Maxisterio en 1962.

Soñora Soñora, Sara
En 1965, exercendo en Cabeiro outorgáronlle o Diploma de Mestres Distinguidos.

Sotelo Loureiro, Claudio
Foi mestre interino en O Viso, cando menos dende 1923. Involucrado na vida social desta parroquia ocupou varias veces a presidencia da Sociedade Agraria de O Viso, onde dirixía un cadro de declamación. En abril de 1926 recibe unha homenaxe por parte dos veciños desta parroquia. O 19-9-1927, despois de aprobar as oposicións en Santiago, foi trasladado á escola de Abeas (Pastoriza-Lugo), sendo despedido na estación polos membros da citada asociación.
En 1930, volta ao noso concello, daquela como mestre de Saxamonde. Seguía nesta praza en 1936 cando é suspendido. Sería restituído ao seu posto, con pérdida dos haberes que deixou de percibir, en decembro de 1936. En xaneiro de 1940 é nomeado delegado da Asociación de Maestros Católicos no partido de Redondela. A mediados de 1949 falecería por mor dunha caída fortuíta ao golpearse na cabeza cunha pedra, nun camiño de Saxamonde, parroquia onde seguía a ensinar.

Sotelo de la Torre, “Sita”
Era filla do tamén mestre Claudio Sotelo Loureiro. Tiña escola na R. Ernestina Otero. Alí ensinou ata os anos 80 axudada por Marisa. Chegou a ter máis de 100 alumnos con idades comprendidas entre os 3 e 14 anos (nos últimos anos só entre 3 e 5). Pola proximidade deste colexio coa industria téxtil Regojo moitas veces pedíanlle nenas e nenos para probar camisas e pixamas.

Soto Fernández, José
Oficial do exército nomeado mestre provisional en Redondela en xullo de 1940.

Soto Fontán, Enrique (¿? / O Viso, 21-8-1932)
Mestre en Trespieles (Fornelos do Monte) ata que en xuño de 1904 é nomeado mestre interino de O Viso, onde exerceu ata o seu falecemento o 21-8-1932. O 25-4-1922 este mestre solicita a súa substitución nesta mesma escola por incapacidade física. En marzo de 1923 concédese a incapacidade por catro anos. Rematado ese tempo solicita a volta ao servizo en 1927, máis non se reincorpora ata abril de 1928. En 1932 formou parte da Xunta Local de Fomento Pecuario como mestre máis antigo da vila. Pouco despois falece e en outubro, a súa viúva, Ramona Alján Vidal, e os seus fillos solicitan os haberes devindicados e non percibidos polo finado correspondentes o seu labor como mestre, así mesmo, solicitan a pensión de viuvez.
Soto Lorenzo, José Clemente
Mestre da incompleta do Viso, cando menos entre 1871 e 1879,
Soutullo, Concepción "Concha" (Redondela)
Aprobou o ingreso na Normal de Pontevedra en 1927.

Soutullo Pérez, Maruja (Redondela)
En 1926 cursaba o primeiro curso na Escola Normal de Pontevedra.

Taboada Tabanera, Prudencio
En setembro de 1936 nomeado mestre interino para unha sección da graduada de Redondela. En xuño de 1937 desestímase a súa instancia para ser reintegrado a esta escola.

Táboas, Inés
Nomeada mestra substituta interina da escola mixta de Cesantes en maio de 1901 e do Viso en abril de 1904. En abril de 1913 é trasladada á escola de Ventosela procedente dunha da provincia de Ourense. Faleceu estando no cargo, en 1925.

Tilve Rodríguez, Gumersinda
En xullo de 1903, foi nomeada mestra en propiedade da escola de Cabeiro. Daquela contaba con case catro anos de experiencia e o seu anterior destino fora Chandrexa (Ourense). En xuño de 1905 a xunta local de Redondela acordou o seu traslado á de Reboreda. Este troco sería aprobado en setembro, pero unha reclamación da mestra de Trasmañó o deixaría sen efecto. En maio de 1906 nomeada mestra de Noalla, Sanxenxo.

Tojeiro Fernández, Carmen Engracia (Redondela, entre 1905 e 1916)
Formada en Pontevedra. Desenrolou toda a súa carreira en Ribas do Sil e faleceu en 1996.

Tojeiro Fernández, Manuela (Redondela, entre 1905 e 1916)
Examinouse en Pontevedra. Manuela exerceu en Viana do Bolo e xubilouse en Valladolid, onde fixou a súa residencia.

Tojeiro Fernández, María Asunción (Redondela, entre 1905 e 1916)
María Asunción entre outras estivo en Pazos de Borbén, xubilouse nunha escola de Coruña e faleceu en 1987.

Tojeiro Fernández, María Teresa “Mucha” (Redondela, entre 1905 e 1916)
Tivo escola en Redondela, pero a denuncia dun veciño apartouna do maxisterio. Polo orgullo de ver a súa imaxe manchada negaríase a volver ao ensino.

Tomé Ramos, Amalia Aurora
En outubro de 1899 era mestra en Mañufe (Gondomar), con máis de 10 anos de servizo, cando é proposta para a escola de Reboreda, sendo nomeada en decembro dese ano.

Tomé Varela, María del Carmen (Pontevedra ¿? / Pontevedra, 1928)
En xaneiro de 1905, sendo mestra de Desteriz (Ourense), solicita praza en Cedeira, que pouco despois lle sería concedido. En decembro de 1918, fíxose efectivo o seu ascenso de categoría, a 1.500 pesetas. En 1920 recibiu un novo aumento de soldo pasando a cobrar 2.000 pesetas. Seguiu nesta escola ata o seu falecemento, ocurrido en decembro de 1928 na súa vila natal, Pontevedra. A súa irmá, Francisca, era daquela mestra nacional en Carracido (Porriño).

Torrado Llorente, María de las Nieves
Nomeado mestra interina de Chapela en outubro de 1906.

Torrado Sánchez, José (Redondela)
Aprobou a oposición en outubro de 1935. Co inicio da Guerra Civil, troca o ensino pola carreira militar. Establecéndose finalmente como capitán de Artillería en Ceuta.

Torre Rúa, Amelia de la
O 28 de xullo de 1926 nomeada mestra de Outeiro das Penas (Cesantes). Poucos días despois este nomeamento foi anulado, porque xa recibira un novo destino.

Troncoso Eiján, Joaquín.
Cura ecónomo de Quintela, en xullo de 1903 obtivo o título de mestre superior na Escola Superior de Pontevedra.

Ucha Rodríguez, Emilio
Nomeado interino en Vilar de Infesta en setembro de 1936, e novamente en xullo de 1939, daquela como ex-combatente.

Uña, Dionisio
Era mestre no concello de Redondela en 1935.

Uña Escudero, María del Carmen
O 25 de decembro de 1928 publícase o nomeamento provisional de esta mestra de Coruña, como mestra de sección da graduada de Redondela.

Valderrama Fernández, Francisco
A “Gaceta” do 23 de maio de 1933 anuncia o nomeamento provisional de Francisco Valderrama Fernández, de Francelos (Ourense), para a graduada de Redondela. En setembro de 1936 é nomeado provisionalmente director desta escola, apesares do cal abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Seguía dirixindo este centro en maio de 1943, cando foi confirmado como delegado comarcal do S. E. M. de Redondela.

Valladares Rodríguez, José
Oficial do exército nomeado mestre provisional en Redondela en xullo de 1940.

Valverde Daviña, Manuela
Nomeada mestra interina da completa de nenas de Cesantes en maio de 1887 para substituír á titular que se atopaba enferma. En xullo de 1888, sería ratificada no cargo tralo falecemento de dita mestra.

Valverde Mayo, Antonio
Era mestre no concello de Redondela en 1935.

Valverde Mayo, Josefa
Nomeada mestra de Vilavella en novembro de 1921, substituíndo á falecida Sofía Rodríguez Rodríguez. Despois de dous meses exercendo en dita escola este nomeamento foi anulado, saíndo a praza a concurso e adxudicándoselle a Josefa outra escola.

Vázquez Míguez, Teresa
Acada o título no 1935.

Vence García, Domingo
En xaneiro de 1939 destinado como mestre interino a Cedeira.

Vidal Portela, Placeres (Pontevedra, 9-7-1899 / Pontevedra 31-10-1996)
Cursou Maxisterio en A Coruña, aprobando as oposicións no 1920. En febreiro de 1922 acada praza na sección primeira da graduada de Redondela. Ao mes seguinte concédeselle a escola de nenas de Vilavella, na que ensinou durante 37 anos.
Durante a Guerra Civil abríuselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Apesares disto en xuño de 1939 e nomeada inspectora provisional na provincia de Pontevedra. Non sería ata 1960 cando sería nomeada definitivamente inspectora en Pontevedra, xubilándose aos 70 anos neste posto.
Vidal Portela Placeres-Foto Mestras de Redondela

Vieitez Pérez, Erundina Celia
Nomeada mestra interina da escola de nenas de Vilavella en novembro de 1939.

Vila Ubeira, Perfecto da
Nomeado mestre de Saxamonde, en virtude de reintegro, en marzo de 1922. O 16-09-1925 concédeselle unha excedencia por máis dun ano e un máximo de dous. O 18-11-1927 conmútaselle a excedencia.

Vilán Fontenla, Ramón
Cando menos dende 1886 mestre da incompleta de Chapela. En 1894 como mestre de Chapela de 4ª clase, 9 anos e 7 meses.

Vilariño Rodríguez, Francisco
En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Negros, escola onde exerceu tan só durante oito meses.

Villar Landeira, Manuel
Nomeado mestre de Vilar de Infesta en febreiro de 1920. Por Real Orde do 1-4-1921 concédeselle unha excedencia.

Villar Martínez, Celia (Redondela 1909)
Estudiou en Pontevedra obtendo o título en 1940. Antes tivera escola en Vilavella. Durante 15 anos realizou 13 substitucións nas provincias de Pontevedra e Lugo, unha delas foron 6 meses de 1947 en Trasmañó. En 1955 trasládana a Olicio (Cangas de Onís), acadando praza. Logo de 3 anos en Padróns (Ponteareas) volta a Asturias. En 1967 obtén praza en Mos, chegando a ter 112 alumnas, polo que loitará ata a construción dun Grupo Escolar. En 1978 chega a Redondela, xubilándose un ano despois.

Villar Martínez, Clementina (Redondela, 13-11-1913)
Preséntase ás suspendidas oposicións de 1936. No 37 comeza a traballar en Cillero (Viveiro) e no 1939 en Cubilledo (Baleira). Nas súas segundas oposicións, por non ter carné da Falange segue como interina por Piñeiro da Igrexa (O Covelo), Ventosela, Reboreda, Rañadoiro (Soutomaior), Amoedo (Pazos de Borbén), Louredo (Mos), Bouzas (Vigo) e Darbo (Cangas). Obtén praza definitiva en Cabral (Vigo), onde permanecerá 30 cursos (14 como directora). Antes de xubilarse no 1983 exerceu no colexio Altamar (Vigo). Estableceu a súa residencia en Vigo.
Villar Martínez Clementina-Foto Mestras de Redondela


Villar Martínez Celia-Foto Mestras de Redondela










Villar Martínez, Lourdes (Redondela, 17-12-1915)
A Guerra Civil interrompe os seus estudos, examinándose por libre. No 1941 comeza a súa carreira en Oitavén (Fornelos do Monte), vindo andando a Redondela a pasar os fines de semana. Pasa logo a Vilavella, Budiño (Porriño), Cangas de Onís, A Fonsagrada, Mañón, Guizán (Mos), A Pastoriza (Lugo) e, finalmente, Redondela, onde se xubila aos 65 anos.

Villar Martínez Lurdes-Foto Mestras de Redondela
 Villar Martínez, Nicanor (Redondela)
En 1927 acada o seu primeiro destino, a escola mixta de Mazaricos (A Coruña).
En abril de 1936 foi nomeado mestre e bibliotecario do colexio de xordomudos de Madrid, cando daquela exercía na Garda.
Tralos sucesos de xullo de 1936, déronlle morte a tiros en Caldas de Reis despois de ser sacado do cárcere de Redondela.

Villar Martínez, Paulino (Redondela)
Acadou o título no 1935. Despois de participar na Guerra Civil, en novembro de 1939, como ex-combatente elixe a escola de Cerdeira (As Neves). En setembro de 1942, sería nomeado substituto para a escola de Caldelas de Tui.

Villaverde Rajoy, Domitila
En 1928 aparece como mestra de Cabeiro probablemente como interina. Volvo atopar datos como mestra de Cabeiro en 1936. Abriríaselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

Viñas Novás, Adela
En decembro de 1925 nomeada mestra interina da escola de nenas de Cesantes. En novembro do ano seguinte sería destinada como interina a Torroso (Mos).

Viñas Novás, Antonio
En xaneiro de 1938 foi nomeado mestre interino de Negros. Ao ano seguinte casouse na nosa vila con Isabel Abelleira. En 1940 é nomeado para a provincia de Lugo.

Viso Fadón, Manuel
Era mestre da escola nacional de nenos de La Rivera de Deusto (Vizcaya), cando estalou a Guerra Civil. Ante a imposibilidade de voltar ao seu destino o 16 de setembro presentouse no concello de Vigo, sendo nomeado mestre interino da escola de nenos de Chapela en outubro de 1936.

Yáñez y Conde, Antonio María
Propietario e mestre dunha escola na rúa Francisco de Federico (actual Padre Crespo), cando menos entre 1902 e 1904.

Outros
Nesta relación aínda faltan moitos-as mestres-as dos que non atopei datos. Moitos deles tiñan a súa propia escola sen ter a oposición aprobada o que dificulta a busca. A continuación engadirei algúns mestres con escola na vila dos que descoñezo os apelidos:

Pepe. Tivo escola na R. Reveriano Soutullo ata principios dos anos 40.
Petra. Tivo escola na Calle Vieja (R. Padre Crespo). Estaba casado con Francisco Alegre garda do cárcere de Redondela.
Dorotea. Daba clases na esquina de R. Telmo Bernárdez coa R. Dos Eidos no antigo cuartel. Posteriormente, sería a escola de Jesusa e de Adela, xa nos anos 30 e 40.
María Inmaculada. Xa tiña escola en Redondela antes de 1920.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº 0. Un Século de educación en Redondela (1900-2003). Equipo de investigación do Seren.
Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.
Mestras de Redondela. 1900-1945. Ed. Asociación de Mulleres Xanela.
A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
A memoria e o esquecemento. O Franquismo da provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo López.
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
(conelpapa.com-opusdei)
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, El Compostelano, El Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, El Magisterio gallego, El heraldo gallego, Galicia, Gaceta de Galicia Diario de Santiago, El Progreso, El Noticiero Gallego, La Integridad...
Consello da Cultura. www.consellodacultura.gal => Céltiga (Buenos Aires)
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
http://www.cervantesvirtual.com/ => Escuela española.
www.boe.es: Gaceta Oficial de Madrid, Boletín Oficial del Estado
Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Escuela moderna, Suplemento a La Escuela moderna, Gaceta de Instrucción Pública, El Mortero.
USC (Universidade de Santiago de Compostela)>F.U. ESCOLAS DE SOCIEDADES, S.H. 230, Exp. 13/Escuela de la Sociedad de Agricultores de Chapela "La Progresiva".
USC>14-11-1879>F.U. ENSEÑANZA PRIMARIA, Caja 132, Porción 3ª, Ayto. de Redondela
La Voz de Galicia.
Aportes: Celso Milleiro, Carmen Sotelo, Fernando Rodriguez Argiz, Telmo Crespo
Faro de Vigo
Galicia histórica: Estudios. Edicións do Cerne, 1901-Google Books
(atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1842))