Edificio
renacentista de principios do s. XVI fundada pola familia Prego de
Montaos. Pasaría despois a ser propiedade dos Condes de San Román.
Nos
anos 50 constrúese a actual Casa do Concello, pasando a Casa da
Torre a ser ocupada por unha empresa de autobuses. En 1996 foi
adquirida pola Xunta de Galicia, sendo restaurada para adicala a
albergue de peregrinos, contando con salas de exposicións e
biblioteca. Dende a súa inauguración está exposto un miliario
atopado en Cesantes e cedido polo Museo de Pontevedra e, dende 2017,
unha colección de cerámica de Sargadelos doada por Adriano Marques
de Magallanes. É o único pazo de Redondela aberto ao público na
actualidade, todos os demais son de propiedade privada, se ben é
certo que o Pazo de Torres Agrelo está adicado á hostalaría.
 |
| Pazo de Petán. Foto: Juan Migueles, 2008. |
Pazo de Petán ou de Santa Teresa (Rúa Padre
Crespo-Redondela)
A mediados do s. XVIII era propiedade do fidalgo Francisco Borja
Sarmiento, señor xurisdicional das parroquias de Corzáns e Petán
(A Cañiza), de aí o nome do pazo.
En
1904 María Valledor, veciña de Castropol (Asturias) que o tiña en
venta, realiza xestións para inscribir este pazo, descubríndose que
conservaba dereitos sobre el Fernando Rodríguez Trelles, xa
falecido, polo que se inicia a busca dos seus herdeiros.
O Pazo finalmente pasaría a mans de Félix
Suárez Eguía, que era o seu dono en 1917. Residía en Oviedo,
pasando
tempadas en Redondela, cando menos ata 1927. Precisamente
en Oviedo posuía a Casa
Félix Suárez Eguía,
que é un exemplo de
arquitectura modernista obra de Francisco García Nava coa
colaboración de Emilio Fernández-Peña Villa.
Anos máis tarde, foi mercado en estado ruinoso polo industrial José
Regojo Rodríguez, quen o converteu na súa vivenda e dende entón
pertence a súa familia. A súa esposa daríalle o nome de Pazo de
Santa Teresa. No 2009 iniciáronse novas obras de reforma no Pazo.
Actualmente (2023) alúgase para a celebración de eventos.
 |
| Pazo de Pousadouro. Foto: expansion.com |
Pazo de Pousadouro (Asnelle de Abaixo-Reboreda)
O
Pazo de Pousadouro foi mandado construír
no s. XVIII por Buenaventura Marcó del Pont, empresario catalán
establecido en Vigo, cidade da que chegou a ser alcalde. Conseguiu da
Coroa a concesión para Vigo de comerciar coas Indias (1773) e
licenza de corso
para acosar ao
comercio naval inglés e aos seus aliados portugueses (1779). Dos
seus fillos destacar a Francisco Casimiro Marcó del Pont, derradeiro
Gobernador de España en Chile, e a Juan José Marcó del Pont,
Conselleiro de Estado do rei Fernando VII e Ministro de Facenda do
pretendente Carlos V. En 1834 por Real
Orden Testamentaria póñense á venda
o Pazo de Pousadouro e outras propiedades. No pazo pódese ver o
brasón pertencente a esta familia. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/buenavenura-marco-del-pont-calella.html
)
Por
esta época o pazo pasou á familia Rivas. Entre os descendentes
desta rama podemos citar a Maximino Crespo Rivas, xuíz municipal de
Redondela a principios do S. XX.
A finais do s. XIX, o pazo sería mercado por Fermín Alfaya Milijosa
avogado, licenciado en filosofía e letras, que chegou a ser Deputado
provincial. A súa neta María (Maruja) Feijoo Alfaya casou co
empresario naval vigués Enrique Lorenzo Docampo , fundador de
Vulcano
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/lorenzo-docampo-enrique-vigo-1892vigo.html
). Nos anos 50 o pazo sería reformado polo arquitecto
Gómez Román, pero non se empregou como residencia se non como lugar
para as celebracións familiares. O pazo sería herdado polos tres
fillos da parella.
 |
Pazo Reboreda. Foto: Juan Migueles
|
Pazo ou Casa de Reboreda
(Reboreda)
Pazo de Torrecedeira
(Cedeira)
Construído
no s. XVII por Joseph
García del Portillo, dono do coto de Cedeira, co
nome de Casa
do
Corredor, nome
do lugar.
Despois do ataque de ingleses e holandeses nos saqueos posteriores á
batalla de Rande, sería rehabilitado por Joseph Pestaña, quen
substituíu
ao anterior á
fronte do
señorío.
 |
| Pazo de Torre Cedeira. Foto: Pazos y torres de la provincia de Pontevedra | |
Entre outros foi propiedade de Manuel Bárcena y Franco (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/manuel-barcena-franco-vigo-26-8-1834.html
), que foi alcalde de Vigo, senador, fundador da Caixa de Aforros
de Vigo a quen, polo Real Despacho do 3 de xaneiro do 1891, a Raíña
Rexente concédelle o título de Conde de Torrecedeira, de aí o nome
do pazo.
Tres
anos antes (1888) este propietario acometeu a
reforma do inmoble, encargando a obra ao
arquitecto francés Michel Pacewicz quen deseñou a ala oeste. Este é
un dos máis destacados arquitectos de Vigo, onde deixou obras
como os da Escola de Artes e Oficios ou, en García Barbón, o
edificio hoxe ocupado polo Hotel NH. En Cedeira tamén construíu a
Casa de Monterraso e, moi preto, en Vilavella, a Casa Masiell. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html
)
Con
Pacewicz traballaba Louis Lombard, tamén francés, de Lyon, que se
encargaba de deseñar os xardíns. Pouco sabemos del, tan só que son
obras súas os xardíns do Pazo de Torrecedeira e do Castelo de
Soutomaior. A nivel persoal, casaría en Rande (Cedeira), polo que
moitos dos seus descendentes seguen levando o seu apelido, se ben é
certo que perdeu o “d” final, Lombar. Entre eles citar á súa
neta Petronila
Lombar Amoedo, ama de chaves do pazo.
Neste
xardín destacar un cedro californiano que está recollido no
Catálogo de Árbores Senlleiras. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/as-arbores-senlleiras-de-redondela.html
)
Pouco
tempo despois instalouse o primeiro teléfono de Redondela, que
comunicaba o Pazo de Torrecedeira coa casa que o seu dono tiña en
Vigo, sen posibilidade de outras comunicacións.
A
finais do século XX e principios do XXI, rodáronse varias no pazo,
pasando por ela figuras como Paco Rabal ou Carmen Maura. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/peliculas-rodadas-en-redondela.html
)
En
2002 saíu na prensa e nos programas do corazón, pola celebración
dunha voda á que asistiron moitos famosos da época. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-voda-do-ano.html
)
Hoxe
en día (2022), o actual conde de Torrecedeira comparte a propiedade
de este pazo con varios familiares, permanecendo baleiro e sendo
empregado tan só en contadas ocasións para celebracións
familiares.
 |
Pazo de Torres Agrelo a principios do S. XX. Foto: Vida Gallega
|
Pazo de Torres Agrelo (Reboreda)
A orde franciscana establecida na Illa de San Simón trasladaríase
en 1746 ao lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, onde fundarían
o Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo. Este
convento sería destruído polos franceses en 1809 e en
moitas ocasións cítase por error que estaba no mesmo lugar onde se
construíu o Pazo de Torres Agrelo, pero non teñen nada en común
máis ca súa proximidade. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html
)
Aclarado
este punto, atopei unha noticia de 1834, na que se da conta que trala
morte dos donos do Pazo de Pousadouro, por Real Orden
Testamentaria ponse á venda o Bosque de Agrelo que
contaba “con murallas” entre outras propiedades.
En
1888, Montero Ríos alúgalle a propiedade á viúva do comerciante
vigués José Carreras, para que desfrute coa súa familia do verán
o presidente do Congreso, Cristino Martos.
En
setembro de 1890 Norberto Velázquez Barrio, alcalde de Vigo,
organiza neste pazo un acto de recibimento aos xefes e oficiais da
escuadra española fondeada na ría.
En
1907 o médico madrileño Sebastián Recaséns pasa a tempada de
verán coa súa familia no Pazo de Torres Agrelo. Lamentablemente
falece o seu fillo, Manuel Recaséns Serrano, de 12 anos, nun
accidente de caza.
En
1910 aparece nos xornais a noticia de que o pintor Joaquín Sorolla
quería alugar este pazo para pasar o verán, pero non atopei
constancia de que chegara a instalarse.
 |
| Pazo de Torres Agrelo. Foto: M.Alonso, 2017. |
En maio de 1914 foi adquirido por Concepto López Lorenzo, quen
rebautizou o pazo co nome de La Tapera, que en algúns países
de América significa casa en ruínas e abandonada, e que hoxe en día
non se emprega. Emigrante enriquecido na Arxentina, foi fundador e
principal accionista de Tranvías Eléctricos de Vigo e tamén
aportou capital á empresa de electricidade Electra Popular de
Vigo y Redondela, polo que estivo moi ligado ao desenrolo
industrial da Cidade Olívica. En 1918 faleceu accidentalmente
durante a tala dunha árbore nesta propiedade. Era sogro de
Carlos Gunche, enxeñeiro de orixe arxentino, e avó de Raúl Carlos
Gunche López, quen sería nomeado alcalde nos anos 40. Concepto
López falecería de forma tráxica en 1918 durante a tala dunha
árbore nesta propiedade.
En
1925 pertencía a José María Cruces Álvarez natural de Maceira
(Covelo) que fixo fortuna establecendo unha fábrica de fariña preto
de Lisboa, co nome de Cruces & Barros, polo ano 1915. Nos
anos 20 ampliou os seus negocios coa empresa, Harinera Gallega
Ltda., domiciliada en Vigo e con fábrica en Peñaranda de
Bracamonte (Salamanca).
En
xuño de 1931 o pazo saíu a poxa pública porque os seus herdeiros:
María de la Concepción, José Manuel Joaquín e Jaime Cruces y
Cruces; non podían facer fronte ó pago dun préstamo que recibiran
por 100.000 pesetas. En 1937 era propiedade de José Luis Iturria.
Nos
anos 80 e 90 pertencía aos irmáns Javier e María Eugenia Iturria y
Rodríguez-Eztenaga. Actualmente (2020) é propiedade da familia Marcote e
está adicado á hostalaría.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº1.
O pazo como elemento diferenciador da cultura de noso. Telmo
Crespo Tojeiro.
Nº1.
A construcción da antiga casa do Concello da vila de Redondela en
1788. José Mtnez. Crespo.
Nº2.
Facendo camiño en Cedeira. Dolores Míguez Montes.
Nº3.
Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.
Nº3.
Unha igrexa barroca no arciprestado de Redondela: Santo André de
Cedeira. María Iglesias Rodríguez.
Guía didáctica
para escolares: Nº3. Arquitectura e urbanismo en Redondela.
Alfonso Sotelo Ramos.
Pazos y torres.
Inventario de la provincia de Pontevedra. Tomo I. Juan M.
López-Chaves Meléndez / Grato E. Amor Moreno. Ed. Diputación de
Pontevedra.
As vilas de
Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel
González Fernández. Ed. Concello de Redondela.
Historia
de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre
outros. Ed. Faro de Vigo.
Redondeláns.
Web de X. Docampo e C. Milleiro
Casto Sampedro
Arqueoloxía e memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios
autores, 2013. J. M. Crespo
Universidade
de Santiago de Compostela
USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela
En
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia.
Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Regional (Lugo), Hoja Oficial del Lunes (Vigo), Gaceta de Galicia
(Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), Diario de Galicia
(Santiago), El Progreso (Pontevedra), Vida Gallega...
Na
Biblioteca Nacional de España:
www.bne.es
=>El Imparcial...
Boletín
Oficial de la Provincia de Oviedo
Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/servicios/hemeroteca/hemeroteca.jsp
La Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
http://arquitecturavigo.blogspot.com/2007/02/don-manuel-brcena-de-andrs-franco-conde.html
http://www.senado.es/cgibin/BRSCGI?CMD=VERDOC&BASE=HISE&DOCN=000002914
http://www.camaravigo.es/es/manuel-barcena-y-franco-el-fundador.html
Aportes de Gonzalo
Amoedo, Xosé Moreira Docampo e Sara María Lorenzo González.
http://es.wikipedia.org/wiki/Casimiro_Marc%C3%B3_del_Pont
https://vigopedia.com/biografias-buenaventura-marco-del-pont-y-bori/
Volumen
27 de Cuadernos de estudios gallegos. Escrito
por José Luis Pensado
Pazo
de Petán => http://castropol.blogia.com
Torres
Agrelo => http://www.torresagrelo.com/
Galicia
Agraria-blog. De
Lisboa a Peñaranda. Los negocios harineros de un emigrante de Covelo
Torrecedeira =>
https://www.observersciencetourism.com/ga/punto-de-interes/jard-n-ingl-s-del-castillo-de-soutomaior?fbclid=IwAR3VDLAZRrsK-0Cc5Pl9FEElta0xqJOmE4lNVje8_6fJ7ijU-TA60jdOMVw#description