Mostrando entradas con la etiqueta Vilavella. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vilavella. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de abril de 2025

Relixiosas: As monxas do convento de Vilavella

 

 

Vista traseira do Convento de Vilavella. Postal

        No Boletín Eclesiástico de Tuy de 15 de maio de 1861 dise o seguinte: “La Patrona de este Monasterio es la Purificación de Nuestra Señora, habiendo sido antes Santiago Apóstol. El hábito variaba según las festividades; blanco cuando rezaban de vírgenes, azul cuando de mártires y mezclado de uno y otro color en las demás; el escapulario siempre azul. Pero hoy ha variado por disposición del Sr. García Benito. Al lado izquierdo del pecho traen un escudo con la imagan de Nuestra Señora del Niño y la de San Simeón, y el verso Nunc dimittis servum tuum y en el reverso las armas de S. Pedro Príncipe de los Apóstoles”.


(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html)


Superiora do Convento de Vilavella

1568. Constanza de Haro.

1603. Inés de Avalle Mariño. Superiora do Convento de Vilavella. En 1603 o Concello de Pontevedra encárgalle unhas confituras para regalar ao arcebispo Maximiliano de Austria.

1669 Antonia de los Reis. Aparece como abadesa do convento na venda duns terreos.

1691 Antonia Sarmiento de Ribadeneira

1709 Abadesa Dª Antonia del ¿Prior?

1721 Abadesa Dª Benita de Zúñiga.

1768 Abadesa María Teresa de San Pedro.

18?? Ignacia de San Marcos. Aparece na redención dun foro en 1812.

18?? Faleceu o 4 de febreiro de 1874, aos 76 anos, a Abadesa Rosa del Pilar Foyo y Rubín.

1878, 29 de xuño. Faleceu Sor Rosa de San Rafael Bugallal, presidenta do convento.

18?? Clara Llaujer Martínez. En novembro de 1892: “Falece en Vigo Francisca Martínez Martínez, viúva de Llauger, nai da abadesa do convento de Vilavella”. Profesara como novicia neste convento o 21 de maio de 1877.

18?? En decembro de 1894 faleceu a abadesa, Sor Pilar, coñecida no século por Elisa Astray Caneda, irmá do deputado de Verín, Julio, e do inspector de Sanidade da Armada, Marcelino Astray Caneda. Cuñada do Ex-ministro conservador Linares Rivas e tía de Millán Astray, secretario do Goberno na illa de Cuba.

1894. Abadesa Clara Llauger Martínez, citada como María Clara de la Asunción. Continuaba o 29 de febreiro de 1912 cando falece en Vigo o seu irmán, Antonio.

1916, decembro. Vicenta María del Pilar Rubín. Elixida Abadesa, levaba 14 anos de vida claustral.

1925. Exerce como Superiora, Mª de la Concepción Llanger y Bugarín.

1933. Abandonan o convento trala súa venda: a abadesa, Pilar Rubín (da Rioxa), contaba 47 anos.


Relixiosas do Convento de Vilavella

1574 Constanza, Elvira, Aldonza e Ana Prego de Montaos y Sotomayor. Irmás de García Prego de Montaos, fundador do convento. Entraron no Convento de Vilavella en 1574 como primeiras señoras fundadoras segundo consta no testamento do seu irmán García.

16?? Ángela de Prado Mariño y (de) Soutomaior. A súa irmá Mariana casou con Nuño Prego de Montaos y Lanzós

16?? Catalina Bermúdez de Novoa. En 1605.

1628. Ginebra de la Asunción. Monxa que aparece nun cobro deste ano.

1665 Inés de Salazar y Acuña. Novicia que aparece nunha venda.

1681. Antonia de Romay. Aparece como solteira residente no convento de Vilavella, nun documento de venda.

1700 Mariana de San Miguel, Francisca de la Purificación ¿? e Jacinta del Espíritu Santo; mordomas.

1704 Jazinta del Espiritu Santo, Josefina Benita de ¿? e María de san Miguel; mordomas.

1705. Ana de Araújo consta como monxa de Vilavella nunha carta de pago.

1709 Señoras graneiras Dª Francisca de Jacinto e Dª Francisca Pestaña.

1721 Graneiras: Francisca Pestaña e Dª María Feliciana de Jesús.

1736 Ysabel de San Luis: “Recibimos para alimentos de doña Ysabel de San Luis en 4 de diciembre del año 36, 24 ferrados ferrados de trigo para el 2º año de noviciado”.

1736 María de ¿Bentera?: “Recibimos de mano de doña Maria de ¿Bentera? de la asuncion 24 ferrados de trigo para el año de nobiciado que ¿? en 15 de agosto de 1736”.

1753 Juana Luisa de San Antoniuo e Teresa de San Miguel, ceden unhas propiedades herdadas no Porriño.

1768 Arquiveiras Isavel María de San Luis e Manuela de Santa Ana.

1779 Teresa de San Juan e ¿? de San Francisco: “... prestáronnos las Sras. depositarias Dª Teresa de San Juan y Dª ¿? de San Francisco”

17?? Ana María Figueroa Barreiro, natural de Santiago. En 1783 o seu irmán Manuel Ventura Figueroa, importante político da época, dispón que se lle entreguen 800 ducados anuais ao mesmo tempo que crea unha fundación que financie os estudos dos seus descendentes e familiares que chegou ata os nosos días (Fundación Figueroa).

1812 Josefa de San Antonio e Antonia Bernarda de San Gabriel, depositarias.

1861, 12 de abril. Falece Sor María de la Concepción San Pedro.

1862, 22 de marzo. Aos 22 anos faleceu Enriqueta Martínez de las Mercedes, Relixiosa Cantora profesa deste convento.

1872, 15 de abril. Falece Sor María Mercedes de la Asunción.

1872, 20 de xullo. Faleceu no convento aos 79 anos, a relixiosa Margarita García de Santa Ana.

1874, 9 de febreiro. Faleceu aos 88 anos, a Sra. de la Concepción, Dª María Carmen San Román, relixiosa.

1874, 20 de marzo. Foi nomeada presidenta do Convento de Vilavella, Rosa de San Rafael Bugallal.

1877, 9 de xullo. Faleceu a relixiosa Vicenta Feal de Sto. Domingo.

1878, 24 de outubro. Tomou o hábito Concepción Leiras, natural de Tui.

1878, 23 de decembro. Tomou o hábito como lega Feliciana Doural y Cardoso, de Torroso.

1879, 8 de xaneiro. Recibiu o hábito Jovita Díaz Varela, de Monforte de Lemos.

1879, 5 de febreiro. Profesou como relixiosa Carmen Fernández Sousa.

1880, 3 de xaneiro. Profesou a novicia Concepción Leiras y Pérez, natural de Tui.

1880, 12 de abril. Tomou o hábito de novicia Elisa Peregrina María Caneda y Álvarez.

1880, 18 de maio. Profesou Jovita Díaz Cedrón.

1883, 9 de xuño. Tomou o hábito María Castaño y Pérez.

1883, 4 de xullo. Profesión relixiosa de dona Clotilde González de la Concepción.

1883, 1 de outubro. Tomou o hábito Carmen Losada Campos.

1884, 21 de xaneiro. Tomou o hábito Aurora Godón, natural de San Paio de Navia.

1884, 14 de xullo. Profesou María Castaño.

1884, 23 de xullo. Profesou Gumersinda Feijoo.

1884, 7 de novembro. Profesión relixiosa de Carmen Losada Campos, natural de Silleda.

1885, 15 de abril. Tomou o Santo Hábito María Josefa González y Bernárdez, natural de San Miguel de Cabreira. 1886, 16 de xuño. Profesión relixiosa de María Josefa González y Bernárdez co nome de Sor María Josefa de San Pedro.

1887, 29 de xullo. Tomou o Santo Hábito en clase de Lega Manuela Vázquez y Domínguez.

1890, 24 de xullo. Faleceu aos 82 anos a relixiosa Josefa del Carmen Bugallal.

1894, xullo. Faleceu no convento Sor Madre de la Concepción, natural de Ribadavia.

1895 Toma o hábito co cargo de organista Isabel P. Sarodio, de Guillarei.

1897, novembro. Faleceu Sor María del Carmen, monxa profesora, natural das Vascongadas.

1899, febreiro. Faleceu Sor Manuela Santa Rita.

1899, 9 de marzo. Faleceu a Lega Rita Vázquez Domínguez.

1899, maio. Toma o hábito a novicia María Rodríguez Portal, natural de Ribadavia.

1899, decembro. Tomou o hábito de novicia no convento de Xustinianas de Redondela, a xove Concepción López, natural de Lugo; foi madriña dona Enriqueta Díaz de Salazar.

1900, maio. Ingresou como novicia Indalecia Fernández y Prado. Natural de Lugo. Foi apadriñada polo catedrático de Lugo, D. Juan Morillo e a señorita Fernanda Queimaliños de Redondela, irmá do médico do convento.

1900, agosto. Profesa a novicia Adriana Bezzares Moreno, natural de Cañas (Logroño), sendo apadriñada polo P. Comendador do convento de Poio e a Srta. Josefa Amar de la Torre, de Vigo.

1900, agosto. Falece Sor Dolores. Lega.

1904, decembro. Profesan María Pérez Míguez, de Castelló, e Vicenta Meiriño Vázquez, de Arnoia.

1911, novembro. Faleceu a irmá San Lorenzo, que no mundo foi Gumersinda Feijoo Montenegro y Gayoso, da casa de Casdemiro.

1912, febreiro. Fixo os últimos votos, Sor Amable de Sta. Teresa de Jesús, que no século se chamaba Amable Fernández Somoza, natural de Póvoa de Brullón (Lugo).

1916, setembro. Falece no convento Sor Carmen del Corazón de Jesús, de 25 anos de idade, levaba 4 de vida relixiosa.

1920, febreiro. Tomou o hábito a que fora presidenta da Congregación de las Hijas de María de Vilavella, María Otero Paz, natural de Redondela, filla de Ramón Otero Milleiro e Mª Paz Martín.

1923, abril. Faleceu no convento de Vilavella aos 70 anos e 48 de relixiosa, Rda. M. Guadalupe. No mundo chamouse María de la Asunción Lago Bugarín, natural de Cabral.

1924, abril. Faleceu unha monxa de 76 anos natural de Tui.

1926, setembro. Faleceu no convento Sor María de la Cruz, coñecida no século como Carmen González Alonso. Natural de Mosende (Porriño), tiña 64 anos e levaba 23 de vida relixiosa.

1928, novembro. Procedente do convento de Agustinas de Vilavella, ingresou no manicomio de Conxo, Sor Concepción de Santa Teresa López López, de 58 anos, natural de Lugo.

1933. Abandonan o convento trala súa venda, ademais da citada abadesa, seis monxas: Rosario, galega, 49 años; Ángeles, castelá, 50 anos; San José Troncoso, 84 anos; San Pedro, galega, 79 anos; María, 78 anos; e Dolores, 72 anos. E dous legas: de 60 e 68 anos.




Mordomo do Convento de Vilavella

Joseph Bernardo Pérez. En 1762.


Sacristán do Convento de Vilavella

Joseph Boullosa. En 1762.


19??-1933 Manuel Otero Lago. Derradeiro sacristán. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/manuel-otero-lago-xisma-vilavella.html )



Monxas naturais do Concello de Redondela que profesaron noutros conventos

Madre Constanza de Jesús (Redondela, s. XVIII)

Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela no século XVIII.

Engracia Míguez

Engracia Míguez, naceu en Redondela en 1836, tomando o hábito de Clarisa aos 18 anos en 1854. A revolución de 1868 obrigouna a abandonar o convento ata que en 1875 as xestións do arcebispo da diocese, Sr. Payá, permitiu á súa volta ao convento. Despois de exercer 23 anos como abadesa, falecería no convento de Santa Clara en 1916, contando daquela 80 anos.

Nicandra ¿?. Sobriña de Manuel Otero Lago, anteriormente citado. Profesou no Mosteiro das Madres Carmelitas Descalzas da Virxe do Carme e San Xosé de Sabarís (Baiona).



Nicandra. Foto cedida pola familia Fernández Otero

Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy y colección de los chronicones pequeños publicados, e inéditos, de la Historia de España. Flórez, Enrique, 1702-1773

Libro de la cofradía de Ntra Sra de los Ángeles (1703-1790), Arquivo Diocesano de Santiago, serie Cofradías y otras instituciones religiosas, nº 11, fol. 5 r.

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Cesión de parte dunha casa e dous lagares con terra labrada das Fascaiñas en Porriño (1753). Venda en "censo redimible al quitar" (1669). Carta de pago (1705). Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628). Venda da metade dunha casa de soto e sobrado en Vigo (1681). Venda por "censo redimible al quitar" (1665).

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional diario de Lugo, El lucense diario católico de la tarde, Gaceta de GaliciaDiario de Santiago, La correspondencia gallega, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, El Heraldo Gallego...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Reforma (Madrid), La Época (Madrid), El Heraldo de Madrid, El Día, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.

Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ => La Semana Católica de Salamanca, Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella).

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Arquivo Deputación de Pontevedra: atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1835-1840)), 1792-Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira.), Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cedeira. Tomo I (1948), Redención de censo ás monxas de Redondela (1812)



sábado, 30 de diciembre de 2023

Prateiros de Redondela.

 

Rúa Prata cara a 1930 Foto: Otto Wunderlich. Fototeca del Patrimonio Histórico

         No rueiro de Redondela podemos atopar nomes vencellados aos antigos gremios ou oficios, sería o caso de: Rúa Prata, R. Campo das Redes, R. Cabo dos Fumeiros, R. da Leña, R. do Muíño, R. das Regateiras ou Camiño da Tafona.

        A todos estes poderían engadirse nomes xa desaparecidos: Praza do Estaleiro, Pz. Do Mercado, Rúa dos Fornos, Pz. Do Leite, Barrio dos Muíños, R. da Carnicería ou Pz. Do Pan; e tamén nomes que se popularizaron aínda que nunca chegaran a ser oficiais como a Rúa da Herba ou A Canteira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html )

        Hoxe imos a deternos na Rúa Prata, nome que xa aparece nun documento de 1521 e que faría referencia ao oficio de prateiro. Pero quen eran eses artesáns e que importancia tiñan na vila para darlle este nome a unha rúa? A verdade é que outros oficios ligados ao arte como sería o dos imaxineiros ou ebanistas estaría moi documentado (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/imaxineiros-ebanistas-de-redondela.html ) e ata atopamos bastante información dun canteiro da época (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/12/pedro-gonzalez-canteiro-s-xvi-s-xvii.html ). No caso dos prateiros a cousa complícase porque atopei o nome de varias persoas desempeñando este oficio pero apenas temos referencia das súas obras.

        Curiosamente a pesares de ser un topónimo do século XVI, polo que habería varios artesáns na nosa vila, a mediados deste século realízase unha oferta aberta para a realización dunha cruz de prata para a igrexa de Redondela.


Escritura de poder de vecinos de Redondela, a Rodrigo Troncoso, regidor, a Juan Botello, procurador general de la citada villa, para concertar e igualar con cualquier platero o plateros de Santiago, o de otro lugar, para realizar una cruz de plata, para la iglesia de Santiago en la citada villa. (1555, abril, 7)


        Neste século XVI podemos citar a:

Grabiel Alonso. Prateiro e veciño de Redondela, citado nun documento de 1594 sobre a renda dunha viña. En 1609 sería acusado de “judaizante”.

Gaspar Gómez. Prateiro citado nun documento de 1601 sobre o cobro dunhas casas en Redondela.

Gaspar Rodríguez. Aparece nunha carta de pago de 1578, como prateiro veciño de Santiago, xunto a súa irmá, María Rodríguez, como fillos e herdeiros dos defuntos Manuel Rodríguez e a súa dona Guiomar Rodríguez, veciños que foron da vila de Redondela.

Gonzalo Rodríguez. Prateiro e veciño de Redondela, citado nun documento de 1594 sobre a renda dunha viña.


        No S. XVII:

Nicolás Domínguez. Prateiro de Redondela que en 1732 realizou unha cruz procesional para a parroquia de Santiago de Esponseda (Noucos-Ribadavia), para o que se lle facilitou a prata da cruz vella, que pesaba 160 onzas. Recibiu polo seu traballo “cuarenta pesos”.

Juan Durán. Prateiro de Redondela no censo de 1694.

Gregorio Giráldez Duarte. Prateiro veciño de Redondela en 1675 e casado con María Duarte.

Gaspar Gómez. Aparece como prateiro de Redondela en varios documentos de compra de propiedades de 1665 e 1667; e no censo de 1694. Podería tratarse do mesmo Gaspar Gómez morto exhausto en Reboreda cando fuxía dos saqueos realizados polos ingleses despois da batalla de Rande (1702).

Antonio Martínez. Prateiro, veciño de Redondela que en 1705 vende ao seu irmán Domingo Martínez Nieto, parte dunha parra e horta que lle pertence na propiedade "del Cruseiro Viejo de la Esfarrapada".

Antonio Pereira. Prateiro no censo de Redondela de 1694.

Francisco Roupeiro Nogueira. Prateiro veciño de Redondela en 1698.


        No S. XVIII:

Joseph Alcalde de Romay. Prateiro veciño de Redondela e do Gremio da Terra en 1719

Fernando Alcalde de Romay. Prateiro veciño de Redondela e do Gremio da Terra en 1719

Francisco de Avilés y Vázquez. Nun censo de 1763 aparece como prateiro veciño de Vilavella. Idade 30 anos, casado ten unha filla e unha criada. Gaña polo oficio de prateiro que exerce 3 r. v. ao dia: É Casa de Mesón e pola utilidade que esta lle deixa ao ano regulanselle 80 r. v.”. Posible irmán seu sería Manuel Avilés, natural de Redondela, que en 1735 se expón as Informacións de Limpeza de Sangue, por ser colexial electo a unha beca sumulista do Colexio de San
Xerome, destinada a
os naturais do bispado de Tui. Constan como pais Francisco de Avilés e Dominga Vázquez.

Juan Crespo. Prateiro nun censo de Redondela de 1712. En 1732 coa súa muller Juana de Amoedo aparecen como padriños dun neno bautizado en Santiago de Redondela. Aparece tamén como prateiro no Catastro de Ensenada de Quintela (1752).

Domingo González de Lamas Carballido. Prateiro nado a principios do s. XVIII.

Domingo Fernández do Casal. Prateiro no Catastro de Enseada de Redondela (1752).

Pedro Fernández do Casal. Prateiro no Catastro de Enseada de Redondela (1752).

Juan Francisco de Figueroa. Prateiro no Catastro de Enseada de Redondela (1752).

Pascual González. Prateiro no Catastro de Enseada de Redondela (1752).

Francisco Pérez. Nun censo de 1763 aparece como oficial prateiro veciño de Vilavella. Idade 28 anos, casado ten un fillo menor dos 18 anos, e unha filla, ten de utilidade como oficial de prateiro un r. v. e 17 mrs vellón ao día”.

Manuel Pérez. Nun censo de 1763 aparece como prateiro veciño de Vilavella. “Procurador. casado, idade 53 anos, ten na súa compaña un fillo Presbítero e dúas criadas, polo oficio de prateiro que exerce regúlanselle de utilidade tres rr.”

Francisco de Soto. Prateiro no Catastro de Enseada de Redondela (1752). Propietario dun muíño.

  

    O último prateiro atopado sería:

Leopoldo Fernandez Avendaño. Prateiro de 40 anos en 1899 e estaba casado con Esperanza Alján. Faleceu no seu domicilio na rúa Loureiro o 10 de xaneiro de 1914.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición. Manuela Sáez González.

Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX. José Couselo Bouzas.

Catastro de Ensenada (1752) de Redondela e Quintela.

Arquivo da Catedral de Santiago.

Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Galiciana>Arquivo do Reino de Galicia.

Fondo Casto Sampedro. MuseoPontevedra.

Censo de Redondela (1694) por Celso Xavier Milleiro.

1763 Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.http://pares.mcu.es

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

Aportes Celso Xavier Milleiro e Xosé Moreira Docampo.



 

domingo, 10 de septiembre de 2023

Ferreiros e Ferraxerías

 

La Llave, 1922. Publicada en

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro


 

Ferreiros de mediados do S. XVIII

En Reboreda (1752): Marcos de Carabelos, Juan Antonio González, Bartolomé Martínez, Francisco Martínez, Francisco Sestelo,

En Redondela : Juan Martínez e Antonio Martínez (entre 1719 e 1724); Antonio Lorenzo (en 1752).

En Vilavella (1763): Domingo de Amoedo, Caietano de Amoedo e Pascual Carballo (aos seus 63 anos xa estaba xubilado).


Ferreiros 1ª metade do S. XIX

Eugenio Fernández. Mestre ferreiro en 1842.

Robustino Táboas. En 1842.


Ferreiros ata mediados do S. XX

José Araújo. Cando menos entre 1879 e 1904.

Tomás Campos. Entre 1879 e 1899.

José Esteiro. Cando menos entre 1884 e 1904.

Bernardino Docampo. Cando menos entre 1902 e 1925.

Tomás Campos. Cando menos entre 1902 e 1910.

José Portela. Cando menos entre 1902 e 1910.

Manuel Bastos. Cando menos entre 1925 e 1932.

Baldomero Testa. Cando menos entre 1925 e 1942. 

José Rubín Aguiar. En 1932.

Manuel González Tojeiro. En 1942.


CESANTES

José González "Pé de Pote". Ferreiro en Santa Mariña-Cesantes. Cando menos entre 1900 e 1914. O lugar pasou a ser coñecido popularmente como A Curva de Pé de Pote.

Fermín Gómez Casal. Ferreiro veciño de Cesantes nos 40.

Ferreiros na 2ª metade do S. XX

Talleres Bastos. Herrería, cerrajería, construcciones metálicas. Na Av. Alvedosa 21 en 1984.


Ferretería Alfaya. Foto cedida por J. A. Xesteira


Ferraxería-Pinturas ata mediados do S. XX

Pilar Esteiro. Cando menos entre 1899 e 1925.

Juan Muíños Carramal. Cando menos entre 1899 e 1910. Pode ser o mesmo Juan Muíño, citado en 1932.

Reboredo e hijo. Cando menos entre 1899 e 1910. Tería continuidade con: La Electra. Ferraxería e bazar, de José Reboredo Blanco. Na rúa Alfonso XII, nun solar que hoxe en día pertence á Praza Ribadavia.

Anuncio en La Redención, 1919.

 

Ramón Feijoo. Quincallería cando menos entre 1904 e 1910.

Bernardo García. Cando menos entre 1905 e 1917.

Hermanos Escobar. Quincallería cando menos en 1910.

Ferretería Alfaya. Na rúa Alfonso XII. O seu primeiro propietario sería Antonio Alfaya. Cando menos desde 1917 ata 2014, ano en que pechou.

La Llave. Nos anos 20 na Ribeira, no baixo da Sociedade de Mariñeiros, polo que estaba especializada en artigos de pesca.

José Fernández. Hojalatería en 1925. (Censo de actividades 1925. todocoleccion.net)

Claudio Rodríguez Mouriño. En 1932.

Leopoldo Otero. Quincallería en 1932.


 

Ferraxería-Pinturas na 2ª metade do S. XX.

Ferretería Redondela. Materiais de construción, louza, vidros e material eléctrico. Rúa Ribeira.

Ferretería José Martínez. Louza e material eléctrico na rúa Xeneral Rubín nos anos 50.

Ferretería Vidal. Na rúa José Regojo cando menos desde 1980. Aínda segue aberta (2023).

Comercial Otero. Almacén de pinturas e barnices en 1980.


Anuncio en El Pueblo Gallego, 1956.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arquivo do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España.

Faro de Vigo.

Xornais locais=> LA IDEA, El Soplete, La Opinión, Terra!

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...

Programas da Agrupación Artística Redondela e das Festas da Coca.

Deputación Provincial => atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1841-1843))

As Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Gonzalo Amoedo. Edit. Fundación 10 de marzo.2006. Páx. 150

http://pares.mcu.es => Catastro de Ensenada, 1763 Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Archivo Histórico Nacional>Convento de Nuestra Señora de la Cerca (Santiago )