 |
Basilio Lago Riveiro. Foto: El Pueblo Gallego
|
O
18 de xullo de 1936 produciuse un golpe de estado militar que
provocaría a chamada guerra civil española que remataría coa
vitoria do bando nacional en 1939. Como consecuencia España veríase
gobernada polo réxime fascista do xeneral Franco ata o falecemento
deste en 1975.
Falecidos
en combate (Bando Nacional)
Tralo
Golpe Militar do 17 de xullo,
Redondela,
como toda Galicia, pasou a formar parte dos territorios ocupados polo
bando nacional, polo que independentemente da súa ideoloxía os
redondeláns que se atopaban na nosa vila víronse na obriga de
loitar no exército de Franco. Algúns
destes falecidos foron empregados como propaganda franquista,
rematando os seus nomes nas fachadas das igrexas de Redondela e
Vilavella.
José
Alonso Amoedo (N. Cabeiro).
Soldado no Rexemento de
Infantería de Zamora 29 da Coruña, morto en acción de guerra o
10-2-1937.
Benigno
Alonso Gómez (N. Negros).
Soldado no Rexemento de Infantería de Mariña. Falecido na
Guerra.
Jesús
Alonso Montes (N. Cedeira). Faleceu
no "Baleares" o 6-3-1938.
Bernardino
Álvarez Álvarez. (N. Negros). Sarxento
no Rexemento de Infantería de Gerona nº18, de Zaragoza. Falecido en
combate o 6-11-1937.
Manuel
Álvarez Álvarez (N. Cedeira).
Soldado no Rexemento de Infantería de Aragón nº17 de Zaragoza.
Falecido na Guerra o 10-7-1938.
Juan
Álvarez Vázquez (N. Redondela).
Veciño da Rúa Espírito
Santo. Destinado á División 105, 1ª Brigada. Faleceu na Guerra o
10-07-1938 en Valdecosa (Tarragona)
Manuel
Balado Queimaliños (N. Redondela).
Cabo no Rexemento de Infantería de Zamora 29 da Coruña, morto en
acción de guerra o 10-05-1938.
José
Ballesteros Reboreda (N.
Chapela).
Cabo de infantería de Mérida. Faleceu loitando na fronte de Teruel,
aos 20 anos, en agosto de 1938. Fillo
de Cándido Ballesteros Reboreda. Era
sobriño do director de "Galicia Social", Victoriano
Ballesteros.
Manuel
Barciela Blanco (N. Vilar).
Soldado do Rexemento de Infantería Aragón nº17. Dado por
desaparecido na Guerra.
Santiago
Baz Rodríguez (N. Redondela).
Soldado no Rexemento de Infantería de San Quintín nº25, de
Valladolid, falecido en combate o 25-10-1938.
Juan
Bemposta Acuña (N. Cedeira). Soldado
no Batallón de Cazadores nº3 de Melilla, morto en combate o
10-09-1938.
Ricardo
Bouzas Couñago (N. Reboreda). Soldado
no Rexemento de Infantería de San Marcial nº22. Faleceu na Guerra.
Alfredo
Cabaleiro Amoedo (N. Cedeira).
Soldado no Rexemento de Infantería Argel nº27 de Cáceres, faleceu
na Guerra o 25-8-1938.
Narciso
Camiña Retorta (N. Reboreda).
Soldado no Cruceiro Baleares, morto en combate o 6-3-1938.
Antonio
Carreira Riveiro (Red.
10-1-1917).
Militante
do Partido Galeguista.
Tralo
golpe de estado militar afíliase a Falanje e enrólase como
voluntario en xaneiro de 1937 na Segunda
Bandera do Batallón de
FET y de las JONS.
Faleceu polas
feridas de metralla recibidas nun bombardeo na
fronte de Sigüenza (Guadalajara) en maio de 1937.
En
1959 a súa irmá xestionou o traslado dos seus restos a Redondela.
Déronlle
o seu nome ao cuartel da Falanje de Redondela, por ser o primeiro
caído en combate do concello.
Felipe Carrera Martínez.
Cedeira. Soldado en anticarros "Flechas Negras".
Faleceu na Guerra.
Amadeo
Comesaña López. Redondela.
Estudante de 25 años afiliado a FET y de las JONS. Foi dado por
morto ou desaparecido durante o asalto ao cuartel da Montaña
(Madrid) o 20-7-1936.
Alejandro Costas Fernández
“Platillero”. Natural de Redondela e
veciño de Paramos (Tui). Morto o
13 de agosto de 1936 tras "combate con las fuerzas del
ejército". O seu pai José (N.
Tui), e irmán
Emilio (N.
Vigo), tamén mortos.
José
Couñago Míguez. Reboreda. Soldado do Rexemento de Infantería
Gerona nº18 de Zaragoza. Dado por desaparecido.
Celso
Couñago Otero. Reboreda. Destinado na Compañía de Talavera de
la Reina do 1º Tercio da Legión. Faleceu na fronte o 10-09-1938.
Basilio
Cruz Álvarez. Trasmañó. Soldado no Rexemento de Infantería
Aragón nº17 de Zaragoza. Faleceu en combate o 10-06-1938 (noutra
fonte cítase o 29-8-1937 como data do seu falecemento).
Manuel
Darriba Lago. Redondela. Destinado no Rexemento de Infantería
Zaragoza nº39. Faleceu por enfermidade o 10-02-1938.
Constantino
Durán Rodríguez. 10-04-1938. Soldado no Batallón de Galicia de
FET y de las JONS. Faleceu en combate no sector de S. Mateo
(Castelló) en abril de 1938.
Juan
Fernández López. Cedeira. Soldado no Rexemento de Infantería
de Mariña. Faleceu en combate o 25-9-1938.
Manuel
García Cabaleiro. Chapela. Sarxento da Infantería de Mariña.
Falecido na fronte de Teruel o 20-05-1938.
Manuel
García Cabezas "Goal".
Redondela. Soldado no Rexemento de Mérida nº35 do Ferrol.
Falecido en combate. Facía as crónicas deportivas en El Soplete.
Membro do Partido Galeguista.
Juan
Gómez Crespo. Redondela. Carabineiro desaparecido en acción de
guerra en Biescas (Huelva).
Ramón Gómez Serín.
Redondela. En agosto de 1939 confirmouse o seu falecemento na fronte
de Teruel.
Ángel
González González. Chapela. Soldado do Rexemento de Infantería
de Aragón nº17, de Zaragoza, fillo de Ángel e de Isolina, morto o
17-10-1938 na fronte do Ebro.
José
González González. Quintela. Soldado no 2º Tercio da
Legión, morto o 10-10-1938.
Benito
González López. Chapela. . Soldado do Rexemento de Infantería
de Mariña. Falecido en combate.
Marcelino
Guisande López. Cedeira. Soldado do Rexemento de Infantería
Burgos nº31 de León. Falecido na guerra o 30-5-1938.
Salvador
Iglesias. Redondela. Faleceu en combate en Cataluña o
15-09-1938.
Faustino
Lago Cabaleiro. Negros. Soldado na 1ª sección de Montaña de
Sanidade. Falecido en combate o 27-5-1938.
Aladino
Lago Carrera. Cabeiro. Prestaba servizo no Rexemento de
Infantería de Burgos nº31 de León. Morto na fronte o 10-09-1938.
Alfonso
Lago Figueroa. Redondela. Soldado do Rexemento de Infantería de
Mariña falecido en combate en 1937 en Peñarroya (Córdoba).
Enrique
Lago Figueroa. Redondela. Soldado do Rexemento de Artillería
Lixeira nº 15 de Pontevedra. Morto por artillería inimiga o
10-05-1938, preto da Casa de Campo de Madrid. Irmán do anterior,
eran fillos de Laureano e Carmen. Pertencía ao Grupo Galeguista.
Cándido
Lago González. Redondela. Soldado na 1ª Compañía do Batallón
26 do Rexemento de Infantería de Burgos nº31 de León. Morto en
combate o 10-07-1938.
Emilio
Lago González. Chapela. Destinado no Rexemento de Infantería de
Aragón nº17. Morto no fronte o 10-08-1938.
Basilio
Lago Rivero. Chapela.
Atopábase realizando o servizo militar cando comezou a guerra.
Sarxento de Infantería, Mérida nº35. Faleceu o 2-4-1938 nos campos
de batalla de Teruel.
José
López Blanco. Redondela. Faleceu en setembro de 1938 en
Asturias.
Víctor
Lores López. Natural de Vigo e
veciño de Redondela. Cabo do Rexemento
de Mérida nº35 de Ferrol. Faleceu nun hospital por mor das feridas
sufridas, en xullo de 1937 aos 25 anos. Estaba casado con Carmen
Carrera, irmá do mercedario R. P. Carrera. Enterrado en Eidos.
 |
Víctor Lores. El Pueblo Gallego
|
Saladino Loureiro López.
Negros. Soldado do Rexemento de Infantería de Zaragoza nº30 de
Lugo. Faleceu na guerra o 10-07-1938.
Vicente
Luíngas Rosal. Negros. Soldado do Rexemento de Infantería Arxel
nº27 de Cáceres. Faleceu en combate o 17-06-1938.
Luis
Martínez Amoedo. Natural de
Redondela. Estudante
de menciña e Alférez Piloto de Aviación. Faleceu na fronte de
Teruel o 22-2-1938, aos 21 anos. Pais Eladio Martínez Pedrayo e
María Amoedo Seoane.
José
Martínez Rivas. Cesantes. Soldado do Rexemento de Infantería
Aragón nº17 de Zaragoza. Falecido en combate o 25-01-1938.
Ventura
Míguez Lago. Redondela.
Soldado
no 2º
Tercio da Legión,
de apenas 18 anos. Seminarista de Tui, membro da Juventud Católica e
militante de Falange de Redondela. Faleceu na fronte de combate en
xuño de 1939. Pai Francisco Míguez Sánchez.
Adolfo
Novoa Blanco. Cesantes. Soldado no Batallón de Cazadores de
Ceuta nº 7, de Malilla. Finado a consecuencia de feridas de guerra o
12-07-1938.
Isidro
Otero Míguez. Quintela. Soldado na 6ª Comandancia de
Intendencia. Falecido na Guerra en febreiro de 1939.
Manuel
Peixoto Costa. Redondela. Soldado do Rexemento de Infantería
Burgos nº31, de León. Falecido na Guerra.
Cándido
Pérez. Chapela. Faleceu
en Bilbao, ao comezar o
Movimiento Naciona xunto
ao tenente de navío vigués Javier Quiroga, quen daría nome a un
patrulleiro de guerra, sendo homenaxeado en Vigo en 1956.
Manuel
Pérez Chapela. Chapela. Soldado de Cazadores de Ceuta nº7 de
Melilla. Finado no fronte de Brunete o 24-07-1937.
Laureano
Presas Rodríguez. Quintela.
Morto o 10-07-1938 cando realizaba servizo militar no 2º Rexemento
de carros de combate de Zaragoza.
Ramón
Ramonet Figueroa. Quintela. Soldado do Rexemento de Infantería
de Mérida nº35, de Ferrol. Morto en combate no sector de Grado
(Asturias) o 10-12-1938.
Ramón
Reguera de la Iglesia. Reboreda. Soldado do Rexemento de
Infantería San Quintín nº25 de Valladolid, morto en acción de
guerra o 25-07-1938.
Joaquín
Rodríguez Bernárdez. Saxamonde. Soldado do Rexemento de
Infantería de Zamora nº29 da Coruña. Faleceu en combate o
11-04-1938.
Benedicto
Rodríguez Piñeiro. O Viso. Soldado do 2ºRexemento de
Infantería de Mariña do Ferrol. Desaparecido en combate entre o 18
e o 23 de setembro de 1938.
Enrique
Rodríguez del Río. Lexionario
de Redondela caído na fronte en xuño de 1937.
Domingo
Rodríguez Saavedra. Reboreda.
Soldado de Tiradores de Ifni, Batallón. 253, Rexemento 91. Morto por
mor das feridas no hospital Militar de Zaragoza o 15-05-1938 (noutra
fonte o 13-10-1937). Fillo de
Daniel Rodríguez Reguera e Elisa Saavedra Martínez.
José Sánchez Domínguez.
Redondela (Rúa Espírito Santo). Zapateiro de 20 anos de idade.
Soldado no Rexemento de Infantería Zaragoza nº30 de Lugo. Foi morto
ao ser disparado polas costas durante un ataque, probablemente por
descubrirse o seu pasado como militante do Partido Comunista. Fillo
de Carmen Sánchez Domínguez "A Nadora".
Jesús
Seijas López. Redondela. Faleceu ao disparárselle a arma cando
realizaba o saúdo militar a un superior. Aconteceu na estación de
Redondela, onde prestaba servizo de vixilancia. 10-11-1937. Enterrado
en Eidos.
 |
Jesús Seijas López. El Pueblo Gallego
|
Alfonso Vázquez Ricón.
Saxamonde. Soldado do Rexemento de Infantería Aragón nº17 de
Zaragoza. Morto en combate o 15-11-1938.
Manuel Vilán Pérez.
Cesantes. Soldado do Rexemento de Infantería Toledo nº26 de
Zamora. Faleceu en combate o 15-09-1938.
NOTA:
En
decembro de 1937 foi declarada con dereito a pensión, María Luisa
Lanzós Nuche, de Redondela, viúva do Comandante de Infantería,
Manuel Carrasco Verde. (Ata o de agora non puiden
establecer nin a data nin a causa do seu falecemento).
Enterrados en El Valle de los
Caídos
El Valle de los Caídos foi
unha gran obra construída por presos republicanos. Catorce deles
falecerían durante a obra e moitos máis o farían ao contraer
a silicose durante a perforación do túnel da cripta. O proxecto de
construílo recóllese no Decreto de 1 de abril de 1940. Trátase dun
gran mausoleo ideado por Franco para acoller aos ex-combatentes do
bando sublevado, que segundo o ideario falanxista eran “muertos
por Dios y por España. Pero como os restos de corpos exhumados
de cemiterios de toda España non chegaban ás previsións realizadas
abriuse a porta a enterrar a soldados do bando republicano. Como
apesares desta medida a cifra non alcanzaba chegouse ao levantamento
de fosas comúns. Este sería o caso dos cadáveres de 53 presos da
prisión provincial de Pamplona que foran enganados cunha posta en
liberdade para ser asasinados o 23-8-1936.
O investigador inglés Raymond
Carr estimou o custo da obra en 1.086’4 millóns de pesetas, uns
6.529.758 euros actuais. Unha cifra astronómica se pensamos que foi
construída no período de posguerra, no que meirande parte da
poboación sufría moitas carencias nas súas necesidades máis
básicas.
Estímase que hai enterradas
33.833 persoas, destas 48 eran galegos e 7 de Redondela, podendo
subir a cifra polas dúbidas na procedencia de 2 máis. A maioría
recibirían sepultura entre marzo e abril de 1959, pero os enterros
continuarían ata 1983. A inauguración oficial tería lugar o 1 de
abril de 1959, coincidindo co XX aniversario do fin da guerra.
O 27 de marzo de 1959 chegan os
restos de 35 falecidos procedentes da provincia de Pontevedra, entre
eles o primeiro redondelán enterrado en El Valle de los Caídos:
Armando Vázquez Taboelle.
Procedente do cemiterio de Pereiró (Vigo). Alférez de Infantería
veciño de Vigo, pero citado como natural de Redondela.
Os outros seis enterrados de
Redondela serían:
Ramón Ramonet Figueroa.
Manuel Fernández Pérez.
Cabo do Rexemento de Aragón,
natural de Redondela, morto en setembro de 1937. Procedente do
cemiterio de Sant Joan (Tarragona). Hai
dúbidas que sexa o Cabo de Redondela por haber outro soldado co
mesmo nome.
Belarmino Carrera Castro.
Morto en maio de 1938. Procedente do cemiterio de Griñón (Madrid).
Enrique Lago Figueroa. Citado
anteriormente. Procedente do cemiterio de Griñón (Madrid).
 |
Enrique Lago Figueroa El Pueblo Gallego
|
Bernardino Álvarez Álvarez.
Basilio Cruz Álvarez.
Faustino Lago Cabaleiro.
Domingo Rodríguez Saavedra.
Os
4 últimos citados anteriormente e procedentes do cemiterio de
Zaragoza.
En 1980 procedeuse á
exhumación dos primeiros cadáveres de El Valle de los Caídos,
reclamados polos seus familiares, que non deran permiso para o
traslado dos restos. A aprobación da chamada Lei de Memoria
Histórica de 2007, facilitaría e axilizaría os trámites
necesarios para ditas exhumacións. Outro dos problemas que se atopan
estes familiares son as obras e traslados de restos dentro da propia
cripta ao logo dos anos, sen control nin rexistro dos mesmos.
Redondeláns falecidos no País Vasco e Asturias (zona
republicana)
Antes do conflito bélico
moitos mariñeiros de Redondela marcharon ao País Vasco, onde había
unha gran demanda de man de obra neste sector. Alí os colleu o
inicio da guerra correndo diferente sorte.
Manuel
Barros Fervenza "Xabelón".
Natural
de Redondela, mariñeiro, casado con Luciana Montero Paz. Faleceu en
combate o 27 de agosto de
1936, en Pasaia (Guipúzcoa), cubrindo
a evacuación da cidade.
Tiña 42 anos.
José
Domínguez Villar.
Natural
de Redondela. Miliciano do batallón Nº 3 MAOC Nº 1. Pasaia.
Salsamendi (PC)
Larrañaga. Morto en combate en Otxandio o 04/04/37.
Faustino
Fervenza Míguez.
Natural
de Redondela (Pontevedra). Mariñeiro
da Federación Local de Sindicatos da UXT. Miliciano
do batallón Nº 11 CNT Nº 3 Isaac Puente. Falece en Asturias
combatendo na II Brigada Expedicionaria Vasca o 21/02/1937 aos
28 anos..
Bernardo
Gómez Fernández. Natural
de Redondela. Capitán
da
3ª Compañía.
Falecido
en combate no
monte Bizkargi (Biscaia)
o 17-05-1937.
Ángel
Milleiro Milleiro. Nado
en
Redondela o
27-12-1904 / Monte-Cuero-Grado (Asturias), 2-10-1936, con 31 anos.
Estableceuse en Jove, preto
de Gijón, casando
en
1927 con Angeles Ovin González (natural de Gijón
e
veciña
de Jove) en la parroquia de Roces (Xixón). Exerceu
como estibador, xornaleiro e canteiro.
Miliciano confederal morto na
fronte, concretamente no
monte Cuero (Grado-Asturias),
o
2 de Outubro
de 1936.
Juan
Milleiro Pérez. 29 anos, natural de Redondela, casado con
Dolores Novás Montero "A Presenteira". Era
contramestre do “Iziar”, da Casa Zuloaga e vivía en Trincherpe.
Faleceu xunto ao tamén redondelán Constantino Vázquez Lago, o 14
de agosto de 1936, durante un bombardeo en Pasaia (Guipúzcoa)
mentres desfrutaba dun día de descanso na praia.
Valentín
Ochoa Barreiro.
N. Redondela.
Bilbao. Alameda
Recalde. 25 anos. XSU.
Redeiro. Morte rexistrada o 24/7/36 en Donostia.
Celso
Otero Gómez.
Natural de Redondela. Miliciano do batallón Nº 3 MAOC Nº 1
Larrañaga (PC). Falecido en acción de guerra en Euba (Zornotza,
Bizkaia) o 10/05/1937.
Francisco
Posada Martínez. Natural de Redondela. Traballaba como decorador
en Bilbao, tiña 32 anos e pai de 5 fillos. Tralo fracaso do golpe
militar en Bilbao, foron detidos numerosos desafectos e moitos foron
confinados en buques. En outubro do 36, milicianos asaltaron eses
barcos-prisión fusilando sumariamente a decenas de presos. Para
evitar que volvesen producirse feitos similares, o Goberno de Euzkadi
decidiu trasladar os presos a Bilbao, habilitando como cárcere tres
edificios próximos á Prisión provincial. O 4 de xaneiro de 1937
produciuse un bombardeo da aviación franquista sobre Bilbao, que
deixou 5 mortos. Un avión alemán foi derribado e dous dos seus
ocupantes foron linchados. Logo a multitude liderada por milicianos
asaltou os catro edificios asasinando a 224 persoas. Entre eles, na
Casa Galera, Francisco Pousada Martínez.
Bienvenido
Rial Costas. Rande.
CNT. Carboeiro. Soldado do rexemento de infantería Mérida nº35.
Evadido a campo republicano o 27 de abril de 1937 por Gamiz-Olagorta
cota 64. Prisioneiro en El Dueso, trasládano á prisión de
Larrígana (Bilbao). Fusilado en Derio o 12 de marzo de 1938 aos 28
anos.
Constantino
Vázquez Lago.
Natural de Redondela (Pontevedra). Redeiro
da casa Arcelus afiliado a El Avance Marino. Como
xa comentamos, falece
xunto Juan Milleiro
Pérez na praia preto do
cuartel Garchegui (Pasai San Juan) mentres descansa a causa dun
bombardeo aéreo o 09 ou 10/08/36. Tiña
31 anos,
era solteiro,
de profesión redeiro
e
traballaba
na
Casa Arcelus. Estaba afiliado al Avance Marino.
Gonzalo
Amoedo e Gil Moure tamén citan a outro republicano falecido no País
Vasco que aínda non din identificado con ningún dos anteriores:
Juanito "Mico da Rigueira".
Outros Redondeláns no País
Vasco
Florián
Aguiar Soutullo. N. Redondela.
Trinxerpe. 23 anos. CNT. Nº1 Bakunin.
Miliciano 2ªCía. Pertencente á Fronte Popular de Altza
(Guipuzkoa).
Juan
Aguiar Soutullo. N.
Redondela. Trinxerpe. 33 anos. CNT. Nº1 Bakunin.
Miliciano 2ªCía. Pertencente á Fronte Popular de Altza
(Guipuzkoa).
Ramón
Aguiar Soutullo. N. Redondela.
CNT nº3
Isaac Puente. Pertencente á Fronte Popular de Altza (Guipuzkoa).
Severo
Álvarez Rodríguez. N.
Redondela. Pasaia-San Pedro 33 anos. Afiliado
a U.G.T. O
16-1-1937 embarcou no Gure
Izarra D6.
O
10-5-1937 pasa ao Dragaminas
D-23 (Eugenio)
como contramestre.
Floriano
Ayar. N. Redondela. 23 anos.
Trintxerpe. Milicias da CNT.
Ángel
Barbeito Cal. N. Redondela.
Pasaia. 36 anos. CNT. Afiliado ao sindicato El Avance Marino. Preso
na Illa de San Simón. Exiliouse en febreiro de 1939, pasou 30 meses
en batallóns de traballadores no sur de Francia. Nos anos 40 residía
en Anglet (Francia).
Ramón
Bas Rodríguez. N. Redondela.
UGT. Bou Iparreko Izarra.
Santiago
Bas Rodríguez. N. Redondela.
29 anos. CNT. Nª6 Celta
Miliciano 1ªCompañía.
Manuel
Bemposta Puga. N. Redondela.
Pasaia. 54 anos. UGT.
Mariñeiro afiliado ao sindicato socialista “La unión marítima de
Pasaia”. Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en
liberdade.
José
Blanco Martínez. N. Redondela.
Pasaia. 31 anos. CNT. Bous
Araba e Navarra. Mariñeiro.
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de libre absolución.
Ademais dos bous citados serviu en diferentes dragaminas e no
destrutor Jose Luis Diez.
Andrés
Cabaleiro. Chapela.
36 anos. CNT nº6 Celta
Fermín
González Rúa. N.
Redondela.
41
anos. CNT. Centinela
do cuartel da CNT Pasaitarra. NOTA:
¿Será o "Fermín Rodela” citado por Gonzalo Amoedo e Roberto
Gil?
Manuel
Landín González. N.
Redondela. UGT/PSOE. Dragaminas D-20 (Salvadora) e D-13 (Motriko).
Embarcado o 7-5-1937. Fogueiro. Detido como tripulante do vapor Isla
de Tenerife. Xulgado en Santander por adhesión á rebelión co
resultado de sentenza a cadea perpetua.
Adolfo
López López. N. Redondela.
Altza. 35
anos. Mariñeiro. Pertencía
ás milicias da Fronte Popular de Altza. Inculpado en
causa militar en Ferrol.
Alfonso
Martínez Rivas. Cesantes.
Trinxerpe. 27 anos. CNT nº3 Isaac Puente
José
Míguez Esteiro. N. Redondela.
Dragaminas D6 Gure Izarra.
Juan
Míguez Esteiro. N. Redondela.
Trintxerpe/Orereta.
29 anos. CNT. Milicias Confederais de Guipuzkoa. Retén de
Gaintzuriezketa.
Olimpio
Míguez Pazos. N. Redondela.
Pasaia. 34 anos. PSOE. Destacado militante da CNT San Pedro. Finado
no campo de exterminio nazi Mauthausen o 18-4-1943. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-ivos-campos-de.html
)
Ramón
Míguez Pazos. N. Redondela.
Pasaia, San Pedro. PSOE.
Dono do bar “Flor de Galicia”. Rematada a guerra viuse na obriga
de trocar o nome do bar por “España 2”.
Manuel
Mosquera. Chapela. Orereta,
Trintxerpe. 30 anos. CNT. Combate en Gaintzurizketa.
Ángel
Otero Lago. N. Redondela.
Pasaia, San Pedro. 33
anos. UXT. Buque auxiliar
Trinxerpe e bou Iparreko
Izarra. Mariñeiro.
Diego
Vázquez Lago. N. Redondela.
San Sebastián. 25 anos. CNT
nº1 Bakunin.
Miliciano 1ª Compañía.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Redondela, crónica dun tempo
pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo
Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Episodios de terror durante
la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón.
Gonzalo Amoedo López e
Roberto Gil Moure. Ed.
Xerais.
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003
Final
de traxecto: Cuelgamuros. Pontevedreses en El Valle de los Caídos.
Xoán Carlos Abad Gallego. Colección Vigo na Memoria. Instituto de
Estudios Vigueses.
Ministerio
de Cultura. Portal de Archivo Españoles.
http://pares.mcu.es
Nomes
e Voces.
http://vitimas.nomesevoces.net
Todos
los rostros.
todoslosrostros.blogspot.com
Foro
de historia militar Gran Capitán
http://www.elgrancapitan.org/foro/viewtopic.php?p=891483)
Euskal
Memoria Fundazioa
http://www.euskalmemoria.eus
Hotel
de Londres. Hospital de sangre de San Sebastián.
Por Manuel Solorzano.
http://enfeps.blogspot.com.es/2015/12/hotel-de-londres-hospital-de-sangre-de.html
Que aflore o soterrado. O
forte de San Cristobal.
Ateneo de Santiago.
http://www.ateneodesantiago.com/wp-content/uploads/2015/02/periodico.pdf
Wikipedia
https://es.wikipedia.org/wiki/Fuerte_de_San_Crist%C3%B3bal_
(Navarra)
Foros:
https://foros.xenealoxia.org>kruzul
Azul
Bilbao 1933. Materiales
para la historia del falangismo en Vizcaya. Asesinatos del 4 de enero
de 1937: las víctimas falangistas.
https://azulbilbao1933.wordpress.com/
Asturias
Semanal http://www.asturiasemanal.es/asturias3/libertad22.html
Gallegos
rojos en Asturias, rojos de Asturias en Galicia. Actas
do Congreso da Memoria. Narón, decembro de 2003. Publicada
en: A
represión franquista en Galicia. Asociación Cultural Memoria
Histórica Democrática.
Colaboran: Ayuntamiento de Narón y Diputación A Coruña. Ediciones
Embora. http://memoriahistoricademocratica.org/
Galegos
no exército de Euzkadi 1936-1937.
Sergio Balchada Outeiral.
En
Acto de Servicio: Combatentes galegos falecidos no exército de
Euzkadi. Sergio
Balchada Outeiral.
https://elgajedeloficio.wordpress.com/2021/03/12/en-acto-de-servizo-combatentes-galegos-falecidos-no-exercito-de-euzkadi/?fbclid=IwAR240NhwuJ2CMayqPkIWEhUVhEdHamsFoHsh12kPCbjxam1OZpeZzGUD5u4
Facetas de actualidad
española. 4-1938, n.º 12 (La Habana-Cuba)
En
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=>
El Pueblo Gallego e Hoja Oficial del Lunes.
Aportes:
Celso Xabier
Milleiro.