 |
| A dos Lagos. Foto compartida por José Francisco Lago Otero |
Antigamente
os salóns de peiteado eran barberías, tendencia que se recuperou
nos derradeiros anos grazas ao movemento hipster. Ata mediados do
século XX estes negocios son puntos de reunión onde se fala de
política, se fan coplas e ata se aprende a tocar a bandurria.
A
primeira referencia de salóns de peiteado femininos a atopo nun
anuncio de 1948. Nos 70-80 é cando se abren os primeiros a pé de
rúa, porque os que había eran en pisos. O motivo podería ser a
tradición de “peitear
na casa”
como un ingreso extra, pero sen un oficio recoñecido. Tamén hai que
ter en conta que tralo peche da empresa Regojo tamén agromaron
numerosos salóns de peiteado femininos “en
negro”.
 |
Anuncio 1948
|
Agustín
Sanchez:
Perruqueiro
cando menos entre 1884 e 1887.
Domingo
Sánchez:
Perruqueiro
cando menos entre 1894 e 1910.
Probablemente
fillo do anterior.
Antonio
Crespo
Otero:
Perruqueiro
cando menos entre 1879 e 1899.
Juan
Crespo
Otero:
Perruqueiro
cando menos entre 1899
e 1910.
A
este o sucedería Juan
Crespo Alonso “Bisbís”,
que
se estableceu
como mestre
barbeiro en 1905, na rúa Alfonso XII seguindo a tradición do seu
pai. Faleceu en 1935, tomando o relevo o seu fillo Juan Crespo
Fernández “Padilla”. Á súa vez o
seu fillo Juan Crespo, tamén chamado “Padilla”,
seguiu a saga que
actualmente (2020) é
atendida pola
5ª
xeración.
 |
Foto cedida pola Barbería Juan Crespo
|
 |
| Juan Crespo. 1º no Campionato Provincial de 1981. Foto Llanos |
Ismael
Gómez
Rivas:
Perruqueiro
cando menos entre 1899
e 1910.
Porfirio
Gómez Figueroa:
Fillo
do anterior. Na Praza Constitución 2. Perruqueiro
cando menos entre 1925
e 1943.
Persoa
moi popular en Redondela por protagonizar numerosas anécdotas
divertidas co seu amigo e
tamén perruqueiro
César “Pisquito”.
 |
Porfirio e Pisquito. Foto publicada en
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro).
|
Abelardo
Soto:
Perruqueiro
cando menos entre 1902
e 1905.
Manuel
Crespo: Perruqueiro
cando menos entre 1905
e 1908.
César
Martínez: Perruqueiro
en
1910.
Secundino
Martínez:
Na Ribeira en 1921.
Juan
Muíños: Na
rúa Alfonso XII. Perruqueiro
cando menos entre 1910 e1932.
 |
Anuncio, 1921
|
Cándido
Paradela.
Perruqueiro
cando menos entre 1925
e 1932.
Antonio
Lago
Araújo “Polisía”.
Perruqueiro
cando menos entre 1925
e 1932.
Actualmente
a Peluquería
Lago’s
anúnciase co slogan “desde
1920”.
 |
| Barbería dos Lagos ou Chicha, anos 40. Foto cedida por Antonio Ricón |
José
Villar
Mínguez
“Carracha”.
Perruqueiro
cando menos en1932.
Perruquería
de Antonio Villar Mínguez “Nicha”.
Na
Rúa Fermín Galán nos anos 30. Irmán
do anterior e como el futbolista, xogando moitos anos no Celta. Nun
dos seus contratos a súa ficha era de 1.000 pesetas, un soldo ao mes
de 300 e, a conta do club, un substituto
que atendera a súa barbería
os días que houbera desprazamento. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html
)
 |
Anuncio 1932
|
A de
“Pisquito”.
César Pazos Comesaña perruqueiro na
Ribeira desde os anos 20 ao que citamos ao falar de Porfirio. Tamén
era pintor e especialista en divertidas coplas. O seu fillo seguiría
coa profesión de barbeiro e coa paixón polas coplas, ademais de ser
o autor dos primeiros carteis da Festa do Choco. Hoxe
en día (2020) é atendida polo
neto, despois de que a súa irmá se
independizara e abrira unha barbería na Praza Ribadavia.
Peluquería Villaverde.
De Leopoldo Villaverde, na
rúa Alfonso XII nos
anos 40.
 |
Anuncio 1948
|
Vicente Martínez. En 1958.
Bernardino Otero (Tito). En 1958.
Peluquería Toñita.
Desde os anos 60. Antonia
Crespo Fernández comezou
na barbería familiar, sendo a primeira muller de Redondela en
afeitar aos homes. Co
tempo pasou a chamarse Rosas.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-primeira-barbeira.html
)
 |
Anuncio 1965
|
A
de Beloso. Na
rúa Padre Crespo (enriba do Bar Niza). Anos 60-70.
Peluquería
¿? Dúas
irmás na rúa Alfonso XII enriba da Imprenta Amador e anteriormente
do outro lado da rúa. Eran coñecidas como “As
Anuncias”
porque che contaban a
vida de todo o mundo.
Peluquería
Filo. No
Adro. Nos anos 70-80.
Peluquería
Imagen.
Abriu
na Rúa Xeneral Rubín en
1980.
 |
Anuncio 1986
|
Peluquería
Alfredo.
Na
R. Reveriano
Soutullo,
7. Salón
de peiteado no
que se deu a coñecer Jorge
Rubín a
principios dos 80. (
Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rubin-jorge-redondela-empresario.html
)
 |
Faro de Vigo 1982
|
 |
Jorge Rubín, 1982. Foto: Llanos
|
Garby,
gabinete de belleza.
En
Reveriano
Soutullo 3, nos
anos 80.
Marilola.
Na
rúa Loureiro. Despois trocaría de local e de nome, pasando a
chamarse Elas.
Peluquería
Rulos.
Na Praza Ponteareas desde finais
dos
anos 80.
CESANTES
A Barbería de
“Caruco”. Natural do
Porriño, estableceuse no Pereiro alá polos anos 40-50 do pasado
século.
Barbería de
“Manolo do Cura”
 |
| Barbería de "Manolo do Cura" Foto cedida por Maruchi Reigosa ao Obradoiro Fernando Monroy |
A de Manola. Na Avd.Mendiño (debaixo abriría co tempo o Bar
Mapache)
A de Muchita. Fronte ao Bar Tranquilo.
CHAPELA
Peluquería de Carlos, en Chapela. Nela
celébrase en 1951 o sorteo da Copa José Ríos a celebrarse en
Domaio e con participación de D. Chapela e Copiba F.C.
NEGROS
A
do Bicas. A
carón do Bar Rosi.
REBOREDA
Manolo
Perillán (“Que Burro É”). Pasando
a rotonda, nunha casa que foi expropiada polo AVE.
A
de Puri.
CHAPELA
Peluquería de Carlos, en Chapela. Nela
celébrase en 1951 o sorteo da Copa José Ríos a celebrarse en
Domaio e con participación de D. Chapela e Copiba F.C.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro
(1939-1989).
Arquivo
do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86,
1886-87,1887-88, 1889-90.
Biblioteca
Nacional de España:
www.bne.es
=> Anuario-almanaque del
comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración,
Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración,
Anuario regional descriptivo,
informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura,
profesiones, arte y turismo del Norte de España...
Faro de Vigo.
Xornais locais=> LA
IDEA, El Soplete, La Opinión, Terra!...
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=>
El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja
Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...
Programas
da
Agrupación Artística Redondela
e das Festas da Coca.
Programas
Festas da Coca
Aportes
Gonzalo Amoedo, Marcos
Muíños, Antonio Cobián, Olga Rodríguez, Laura Riveiro, Rosa
Míguez, Carlos Couñago, Manuel
Seijas, Mª Teresa Pérez, Jose Antonio Figueroa, Gonzalo Figueroa.