Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro C. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro C. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de julio de 2025

Lorenzo Carballo Otero (Pontevedra, 1830). Mestre.

 

Rúa Casto Sampedro, anteriormente Rúa Lorenzo Carballo. Foto Carlos Muíños "Dula"-cinesdegalicia.educabarrie.org

        Director da escola de instrución primaria de Redondela, onde exerceu dende 1853 ata a súa xubilación en 1891. Exerceu como enfermeiro durante as epidemias de cólera en Cambados (1853-54) e Redondela (1865). En 1871 era o director da escola de instrución primaria de Redondela, cando o 22 de novembro a Dirección Xeral de Instrución Pública concede unha colección de libros, formada por 155 obras, para a creación dunha biblioteca popular neste centro. En decembro de 1872 foi proposto para unha cruz de María Victoria de segunda clase.

        Nun informe sobre o ensino en Redondela de 1879 recóllese:

Redondela (3000 almas) completa(106 niños-6<6anos, 60 de6-10,40>10, ordinariamente van 90)-Lorenzo Carballo Otero 49 años, casado más de 29 años de servicio, 23 de ellos en Redondela. El local es reducido y de malas condiciones.

        A súa labor como docente debía ser moi destacada como se destaca dun artigo publicado ao ano seguinte con motivo da Exposición rexional celebrada en Pontevedra:

A excepción do indicado e dunha colección de láminas de dibujo, de figura e planas, procedente da escola de Lorenzo Carballo Otero, de Redondela, nada vi que mereza a pena.

        Nun censo de 1883 consta que tiña o seu domicilio na rúa Alfonso XII.

        En xuño de 1891 foille concedida a xubilación. A principios do século XX a actual rúa Casto Sampedro levaba o seu nome. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/toponimia-rueiro-de-redondela.html )

        A nivel persoal casou con Dolores Pesqueira, natural de Santiago de Compostela. Probablemente fillo deles sería Francisco Carballo Pesqueira, quen exerceu como mestre da Escola incompleta de Quintela cando menos entre 1876 e 1879.

        A que sabemos con certeza que foi filla deles sería Consuelo Carballo Pesqueira, natural de Redondela, quen casaría con Luis Amado de la Riega, natural de Pontevedra, e que constaba como empregado. Serían pais de Luis Gustavo Amado Carballo (N. Pontevedra, 2-5-1901), máis coñecido como Luis Amado Carballo, poeta ao que lle adicaron o Día das Letras Galegas en 1982. Por parte de pai emparentado co tamén escritor Celso García de la Riega.

Luís Amado Carballo. Biblioteca Virtual Galega
 

        A primeira aproximación a unha biografía de Luis Amado Carballo sería publicada no xornal La Zarpa o 8 de setembro de 1929, no artigo “Amado Carballo. Datos biográficos” firmado por “X”. Se cadra o autor sería o redondelán Casto Sampedro que acostumaba firmar os seus artigos como “X” ou coas súas iniciais “C. S.”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html )


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Contribución á biografía de Amado Carballo: Algúns datos inéditos e un poema non recopilado. Aurora Marco. Grial. Revista Galega de Cultura. Nº76. Abril-Xuño de 1982.

Historia y memoria de la educación. Sociedad Española de historia de la Educación. Universidad nacional de educación a distancia. Nº1, 2015

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia de España, 1879-1884 Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración,La Ilustración Gallega y Asturiana.

Arquivo Universidade de Santiago>14-11-1879>F.U. ENSEÑANZA PRIMARIA, Caja 132, Porción 3ª, Ayto. de Redondela

Arquivo Deputación de Pontevedra. Censo electoral. Redondela (1883).

 

miércoles, 16 de agosto de 2023

Roberto Casal Mouriño.

 

Roberto Casal

         Actor, autor e director teatral. Membro das compañías Pés Ceibes, Titereficcións, Monifate Teatro e Teatro Ó Cubo, este último xunto a Sofía Espiñeira e Alfredo Pérez.

        Compaxina as actuacións coa continuación da súa formación con mestres como Stephen Mottram, Chris Geris, Paco del Águila, Salvatore Gatto…, estudando na Escola UNIMA España. Titulado como Técnico Superior en Animación Sociocultural e especializado na animación teatral e na promoción das artes escénicas. En 2022 recibiu o premio fin de carreira de Artes Escénicas da Xunta de Galicia, dotado con 3.500 euros, na modalidade de arte dramática.

        Participa na coordinación de espazos culturais como “Colectivo Tachán” e na realización de “Ficción Sonora” na Semana Cultural do IES Porto do Son. Forma parte do equipo docente da escola de teatro e danza Espazo Aberto.

Con Xosé M. González forma o proxecto teatral o Caso R e, en 2023, presentan “As mulleres do téxtil” unha obra homenaxe a todas as mulleres que traballaron na fabrica de Regojo e que será representado polo grupo de teatro de Reboreda e por alumnado do IES Floriani.


Cartel de Teatro ó Cubo

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo

Facebook

Unima. Federación España.

GaliciaPress

viernes, 18 de noviembre de 2022

Pedro Couñago Couñago (¿?/Reboreda, 5-5-1890)

 

Capela de Santo Paio. Foto: J. Migueles

Estudou Dereito na Universidade de Santiago (daquela Colegio mayor de Fonseca), sendo bibliotecario, secretario e reitor de dita universidade cara a 1840. Xuíz en Tabeirós e Pontecaldelas. Casou cunha irmá de Juan Manuel Pereira. Despois do falecemento da súa esposa ordénase crego e é presentado como párroco de Reboreda polo seu cuñado. Estaría á fronte da parroquia máis de 30 anos, ata o seu falecemento en 1891, aos 81 anos de idade. A devoción da súa nai mandou construír a capela de Santo Paio en Reboreda.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, 1864 Carta pastoral

Galicia histórica: Estudios. Edicións do Cerne, 1901

Historia del Colegio de Fonseca. Antonio Fraguas y Fraguas. Instituto P. Sarmiento de estudios gallegos (C. S. de I. C.), 1956

Reboreda. Parroquias de Redondela. Carlos Rodríguez. SNL de Redondela.

Faro de Vigo

martes, 14 de junio de 2022

Jaime Carrera Ibarzabal

 

Jaime Carrera. Faro de Vigo

        Natural de Redondela. Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra (1997-2001). Posteriormente ocuparía o cargo de Maxistrado da Sección Sexta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo ata a súa xubilación en xaneiro de 2021 ao cumprir a idade máxima de 72 anos. Tamén tivo como destinos Carrión de los Condes (Palencia), Bilbao e Pontevedra. Dous meses despois recibiu a insignia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Ese mesmo mes o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) informou favorablemente á proposta de concesión da Cruz de Honor de San Raimundo Peñafort.


Autor: Juan Migueles

 

BIBLIOGRAFÍA

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

domingo, 26 de diciembre de 2021

Amado Caride Ramos. (Chapela (Redondela), 1945). Deseñador gráfico.

 

Amado Caride. Foto: galiciadigital.com


    Iniciou a súa carreira profesional no Departamento de Diseño e Pintura da fábrica de porcelana Álvarez e en Publicidad Palacios. Director técnico creativo de Grafinsa (Gráficas del Noroeste, SA) colaborando e deseñando para marcas como Licor del Polo, Mac Donald's, Garavilla, Rianxeira, Escurís, Calvo S.A., etc. Foi asociado del ADG FAD, ICOGRADA- Barcelona, e da Asociación de Deseñadores Galegos. Na súa traxectoria empregou todo tipo de técnicas: pluma, pincel, lapis, cera, óleo, acuarela, tintas, esmaltes, pigmentos sobre cerámica, guasch, aerografía e ordenadores. Recibiu numerosos premios galegos e nacionais, sendo algunhas das súas obras: Cartel do Festival Bahía de Vigo, 1971; Logotipo Frigsa, 1981; Mascota Sede Vigo do Mundial 82; Mascota Anagrama Año Santo 1982; IV Semana de Cine de Lugo, 1982; Logotipo Dirección General de Tráfico (Accésit); LXVIII Campeonato Nacional Atletismo 88; Logotipo Connorsa, XXIX Copa de S.M. la Reina de Baloncesto 1991; Cartel "Año Internacional de la mujer atleta 98"; Cartel "Asociación Empresarios de Artes Gráficas de Galicia 99; Línea de Packaging "Cabo Peñas".


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

http://galegos.galiciadigital.com/es/amado-caride-ramos

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

miércoles, 20 de enero de 2021

Cabaleiro Durán, Alfonso (Chapela, 1957) _Xornalista

 

Alfonso Cabaleiro Durán. Xunta de Galicia
Alfonso Cabaleiro Durán. Xunta de Galicia

         Licenciado en Ciencias de la Información pola Universidade de Navarra. Entre outros cargos desempeñou a dirección de Informativos e da Radio Galega; foi director en Galicia de RTVE e da COPE Galicia e subdirector de informativos da TVG. Secretario xeneral de Medios da Xunta de Galicia (2003-2005/2009-2013). En abril de 2013 é nomeado xerente de Galicia Calidade, organismo dependente da Concellería de Economía e Industria.

        No ámbito xornalístico, foi redactor de El Correo Gallego e delegado en Santiago de Faro de Vigo e El Ideal Gallego. Tamén foi o primeiro director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Xunta de Galicia

Galicia Calidade

El Correo Gallego

Francisco Crespo Rivas (N. Redondela / F. 29-4-1947)

 

Francisco Crespo Rivas. Vida Gallega
Francisco Crespo Rivas. Vida Gallega


Tío do Padre Crespo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/crespo-pozo-jose-santiago-padre-crespo.html)

Estivo emigrado na Arxentina na década de 1870, onde traballou como procurador e colaborou na prensa. Propietario da Imprenta de Vilavella. Xunto con Serafín Reboredo Blanco, foi fundador do xornal El Pueblo, do que foi director.

Aparece como secretario na confraría Hermandad del Señor, fundada en Vilavella en 1910.

Concelleiro e fiscal municipal (1920-1931) de Redondela.

Nos censos de actividade de 1910 e 1925 consta como agricultor. En 1915 promoveu un Sindicato Agrícola Católico e, en 1916, sería premiado nos Xogos Florais de Pontevedra por un traballo de carácter agrícola. Foi amigo e colaborador de Casto Sampedro Folgar, conservándose parte da correspondencia mantida entre ambos. Publicou 3 libros:

  • Tres cosas gallegas. 1º El ganado gallego. 2º La emigración gallega. 3º La agricultura gallega. Ponteareas, Imprenta Montero.

  • Defensa de la ganadería gallega.

  • Redondela : lo que fué, lo que es y lo que puede ser (1939)

Os seus restos descansan no cemiterio dos Eidos, onde a súa tumba é un dos mausoleos destacados.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.

(Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013).

Censo de actividades 1910 e 1925

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, La Correspondencia Gallega, Vida Gallega, Diario de Pontevedra.

sábado, 9 de mayo de 2020

Cal Brandao, Mario (Porto, 1910/Maia, 1996)_Político portugués.

Foto: El Pueblo Gallego
         Fillo de Silo José Cal Muíños, natural de Redondela, quen fora irmán de Saturno Cal, alcalde da vila. Mario Cal Brandao era licenciado en Dereito e exerceu como avogado, sendo directivo do colexio de avogados de Oporte. Destacouse desde a súa mocidade pola súa militancia e actividades contra a a ditadura do Estado Novo encabezada por Antonio de Oliveira Salazar. Concretamente, na súa época universitaria entrou na loxa masónica Revolta e foi membro dos corpos directivos do Jardim-Ecola Joao de Deus, Asociación Académica e do Centro Republicano Académico, ademais de ser un dos fundadores da Editorial Horizonte. Detido catorce veces pola policía política PIDE, formou parte das comisións de apoio ás candidaturas democráticas á presidencia da República dos xenerais Norton de Matogueiras e Humberto Delgado. Foi un dos fundadores do Partido Socialista portugués (PS). En 1974 foi nomeado gobernador civil do Porto e sería durante 14 anos deputado da Asemblea da República.
          Déronlle o seu nome a dúas rúas de Guimaraes e Águas Santas.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
19961022 El País
19740901 El Pueblo Gallego
20100325 Jornal de Noticias

jueves, 16 de abril de 2020

Claudio Contreras. Político troca-chaquetas.

         A principios do século XX Claudio Contreras Valiñas, coñecido como O Chato, era un avogado implicado na causa agraria. Politicamente era dos máis activos de Redondela xunto con Juan Amoedo Seoane participando con este en varios mitins antiforais. Ata chegou a presentarse en 1911 a deputado provincial sen ser elixido. O seu discurso caracterizábase polos duros ataques a Riestra: “Sí, Riestra,este hombre funesto, es el autor de la ruína del país. Sólo odio y desprecio puede inspirar un cacique tan funesto. De mí os digo que si un día variase de opinión hacia él os autorizo para que me fusiléis por la espalda”.
         Chegan entón as eleccións municipais co resultado de 10 concelleiros agrarios por 9 rietristas. Claudio Contreras decide daquela trocar de partido, o que lle permite ser nomeado alcalde como rietrista en setembro de 1912. Catro anos despois deixa a alcaldía por ser nomeado Deputado provincial. Sendo xa considerado o cacique de Redondela, acada o control total da vila co nomeamento en 1918 como alcalde en funcións do seu irmán Ricardo, quen xa ocupara varios cargos como o de recadador de contribucións ou o de mestre habilitado.
         Todo isto provocou que lle adicaran unha canción coa música do popular “Vals de los Apaches”, co retrouso:
Traidor, traidor,
pillo, granuja e malvado,
si te hicieron diputado
fue porque has vendido tu honor.

Claudio Contreras Foto: Vida Gallega
         Esta cantiga sería incluída no índice de obras prohibidas polo alcalde de Redondela. Os que a cantaban eran encarcerados e os gardas municipais prestaban especial atención ao lavadoiro, onde as mulleres amosaban predilección por dito valse. Para compensar os partidarios do cacique tamén lle adicaron unha cantiga a Gregorio Espino, quen se enfrontara a Raimundo Riestra nas eleccións a deputado a cortes por Redondela.
         Na actualidade os redondeláns esqueceron estas cancións pero moitos aínda lembran o dito: De Contreras e Leirós líbranos Dios. A outra familia aludida era de tamén de corte conservador, tendo como maior expoñente a Eladio Leirós Fernández, Cóengo da catedral de Ourense.
         Apesares das críticas, Claudio Contreras continuaría a súa traxectoria política e volvería a ser elixido deputado provincial, actuando como man dereita do deputado a cortes por Redondela e Pontecaldelas, José Barreras Massó. Despois sería nomeado gobernador de varias provincias, ademais de ocupar diferentes cargos como o de recadador de contribucións de Vigo.
        O carácter do seu irmán Ricardo Contreras, quedou patente no seguinte suceso. O mestre de Redondela, José Gallego, amoestou ao seu fillo por poñer petardos no corredor da escola. Como resposta, losqueou en público ao citado mestre. Suceso máis grave aínda se temos en conta que exercía como primeiro tenente de alcalde e alcalde en funcións. Non sabemos se este suceso o chegou a prexudicar politicamente, pero en 1922 fracasaría no seu intento de ser reelixido coma alcalde de Redondela, nunhas eleccións nas que os agraristas venceron con 1.036 votos por 514 dos conservadores.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, La Integridad, El Progreso, El Diario de Pontevedra, Vida Gallega, El Correo de Galicia...
Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
 

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Libros: Festas da Coca

As festas do corpus en Redondela (1875-1975). Ed. Concello de Redondela.
A Coca de Redondela en 1.000 imaxes. Ed. Concello de Redondela e varios comercios.
A Coca e o mito do dragón. Clodio González Pérez. 1993. Ed. Ir Indo.




A festa da Coca de Redondela. O Corpus Christi e as súas manifestacións. José Martínez Crespo. Ed. Concello de Redondela.
A festa da Coca de Redondela. O Corpus Christi e as súas manifestacións. José Martínez Crespo. Ed. Concello de Redondela. (2ªEdición)
A lenda da Coca de Redondela. (Libro musicado). Xesús Cameselle Ben.





O Corpus de Redondela vístese de historia. Vestuarios e óleos realizados por Margot Araujo. José Martínez Crespo. Ed. Xunta de Galicia.
Corpus Christi en Redondela. José Martínez Crespo e Sabela Arias Castro. Ed. Ir Indo. 2008
Xan Carallás de Redondela. El mito, la figura, la Orden. José Martínez Crespo. Ed. Orden de Xan Carallás.


As Penlas de Redondela. Telmo Crespo Tojeiro.

Especiais Festa da Coca. Comisión de festas (Varios anos).
 

 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
Autor: Juan Migueles


domingo, 12 de abril de 2020

Crespo Toucedo, Luis (Redondela, 10-10-1973) Actor e director teatral.

           
Foto: engalecine6
         No 1995 funda xunto a Luis Bermejo a compañía Teatro del Zurdo. No 1999 esta compañía recibe o premio especial do xurado no Certamen de Teatro Joven de la Comunidad de Madrid pola obra "De aquí para allá". Outras obras nas que participou serían: Esperando al Zurdo, Lorca al Rojo vivo, Rosencrantz y Guilderstern han muerto, Los Caballeros de Aristófanes, Historias de Tíos y Machos... En televisión ten participado en: Rías Baixas, La Nit, Galicia Expres, Los ladrones van a la oficina... Tamén aparece na película Sé quien eres (2000). Ademais en Redondela propulsou o festival Artistas na Rúa e dirixiu o Festival de Títeres.

BIBLIOGRAFÍA
Asociación de Actores e Actrices de Galicia http://aaag.gal

Crespo Pozo, José Santiago (Padre Crespo). (Redondela 8-7-1909/ Colexiata de Xunqueira de Ambía 11-1978) Relixioso e escritor

Foto: Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia
Ingresou na orde da Mercé e cursou os seus estudios en Poio. Xa ordenado frade mercedario converteuse en investigador de heráldica e xenealoxía. Publicou, entre outras obras e tratados, Blasones y linajes de Galicia, Linajes de Galicia en el Perú ou Ascendencia Gallega de Bolivar. Colaborou en revistas tanto galegas como españolas e americanas. Tamén escribiu Vocabulario castellano-galego, poesía, ensaios sobre a Orde Mercedaria e traducións do latín e o italiano, ademais do estudo Píndaro, no que analiza a obra do poeta grego coa que demostra ter tamén coñecementos do idioma heleno.
Discurso no Instituto Peruano de Investigaciones Genealógicas. Foto: Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia
Foi membro de 16 Academias nacionais e estranxeiras: Real Academia Galega (1943), Instituto Peruano de Investigaciones Genealógicas (1951), Instituto Xenealógico Brasileiro (1953), The American Society of Heraldry (1953), Instituto Genealógico de Guayaquil (1953), Academia Costarricense de Ciencias Genealógicas (1953), Instituto Chileno de Investigaciones Genealógicas (1953), Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas (1953), Academia Mexicana de Genealogía y Heráldica (1954), Instituto Internacional de Genealogía y Heráldica, Federación de Institutos Genealógicos Latinos, Academia Guatemalteca de Ciencias Históricas, Genealógicas y Heráldicas,
de la Academia Mota-Padilla de Guadalajara (México), Collegio Araldico de Roma e Real Academia de la Historia (1977). Ademais de recibir a medalla de Ouro e socio de honra da Asociación de Amigos de los Pazos (1976). En 1966 puxéronlle o seu nome á rúa na que naceu. Nomeado fillo predilecto de Redondela e da Provincia de Pontevedra, fillo adoptivo de Poio e de Sarria (Lugo).

BIBLIOGRAFÍA
Algunos hijos ilustres de Redondela. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.
BOLETIN Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia nº8-pag16. IN MEMORIAN.
JOSÉ SANTIAGO CRESPO POZO. CENTENARIO DE SU NACIMIENTO. (1909-2009). Jerónimo López López e Carlos Viscasillas Vázquez
19540300 Spes órgano de la Juventud Católica de Pontevedra
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
19550301 Sal-Lux boletín interno Acad. Literaria de San Pedro Pascua
19550801 Hoja Oficial del Lunes
19540300 Spes órgano de la Juventud Católica de Pontevedra

Silvana Couñago Sestelo (Redondela, 4-12-1975) Actriz e bailarina

Foto: galegos.info
          
        Como bailarina danzou coa Compañía de Danza Druída, co Ballet Contemporáneo Spain Mura e o Ballet da RTVG. Como actriz participou nas películas: Finisterre (1998), Da man da raíña triste (2008), Os Mortos vas ás presas (2008), Flores Tristes (2008) e A puta da vida (2009). Actriz de reparto nas series Lendas de Galicia e Valderrei, tamén tivo personaxes episódicos en A vida por diante e Libro de familia. Ademais fixo televisión (Luar, Son de estrelas...), teatro, curtametraxes, publicidade, video-clips...

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

http://galegos.galiciadigital.com

www.galegos.info

IMDb => www.imdb.com

Adoración “Dori” Couñago (Reboreda-Redondela, 1977) Escritora de autoaxuda

Foto: Myspace
           Licenciada en Filoloxía Hispánica estableceuse en Oporto (Portugal). Alí traballou como mestra de español e tradutora para empresas, ata que lle xurdiu a oportunidade de dirixir un centro de adelgazamento para mulleres. No 2007 unha intervención cirúrxica troca a súa vida e abandona o seu traballo e comeza a escribir libros de autoaxuda. Os seus libros véndense en varios países de Europa e América e colabora cunha revista arxentina. Algunhas das súas obras tiveron como “madriña” á actriz Sienna Miller.
Obras:
El juego de Dorasypepes”, “Bella por dentro, bella por fuera”, “El Poder”, “Princesa virtual”, “Hombres vacíos y mujeres sin brillo”, “Bullying”

BIBLIOGRAFÍA

Constela Doce, Xurxo _ Arqueólogo, museólogo e ilustrador

        
Foto: Juan Migueles

         Establecido en Trasmañó. Cofundador da empresa A Citania S. L. En Redondela participou en varias actuacións na Mámoa do Rei, impulsou o Museo Meirande, a musealización e recuperación do Monte Penide, realizou e segue a realizar a catalogación de novos achados, ademais da promoción e divulgación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico mediante visitas guiadas.
         Dos concellos máis próximos podemos destacar a construción da aldea neolítica de Salcedo e a dirección de varias escavacións na cidade de Pontevedra, ademais de participar nas escavacións da rúa Hospital de Vigo, e no descubrimento de restos romanos na esquina das rúas Pontevedra e Areal en Vigo. Como ilustrador realizou debuxos para o centro de Interpretación da illa de Toralla ou os baseados nos restos do Paleolítico atopados no sur da provincia de Lugo. Coa súa empresa A Citania S. L. afrontou traballos no castelo de A Roca ou a igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela; exposicións de prehistoria; centros de interpretación, como As Dunas de Corrubedo ou Torre de Bolo; ou xacementos, como Adro Vello...

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
historiayarqueologia.wordpress.com
Faro de Vigo
La Voz de Galicia