Mostrando entradas con la etiqueta A Fala. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Fala. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de julio de 2023

A Fala. Refráns (1 de 2)

 

Retrato de festa, 1913. Publicada en

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.


 

A cabra co vicio da cos cornos no cu: Cando te empeñas en facer algo mal.

A chorar a Cangas... que che dan un real e unha taza de caldo. Antigamente a xente con cartos, cando morría un familiar, contrataban choronas "profesionais". Canto mais ricos mais choronas levaban. As de mais sona eran as de Cangas, que por tal motivo eran as mellor pagadas

Vai chorar a Cangas que che dan unhas zapatillas.

A falta de caldo boas son codias / A falta de pan boas son codeas / A falta de pan boas son tortas

A familia cercana canto mais lonxe mellor.

A honra é coma un caldeiro de auga.... Se che cae, nunca a recuperas toda.

A loucura e o ser da cordura.

A loucura non ten cura.

A mellor lotaría é o aforro e a economía.

A min non me dan leite as vacas e a outros párenlle os bois: Cando alguén ten moitos cartos e non se sabe como os consegue.

A morte non ten doutor que de xeito.: A todos nos chega o final.

A muller é como a xoubiña, canto máis pequena máis riquiña.

A primeira escoba e a segunda señora. Trato do marido á muller cando casa dúas veces.

A que fode e non empreña, se virgo ten virgo lle queda.: Anacrónico refrán sobre o principal papel da muller noutros tempos que era o de ser nai.

A quen Deus non lle da fillos, dálle o demo sobriños.: Se non tes fillos non agardes que te cuide o resto da familia.

A quen quere saber, dáselle merda a lamber.: Remedio contra a xente que quere saber da túa vida.

A rama non cae moi lonxe da arbore / A mazá non cae moi lonxe da maceira / De tal pau tal astilla. Cando o fillo-a parécese ao pai/nai.

A taberna sen xente ven pouco vende: Dicíao a “Nadora”, famosa taberneira da vila.

Aquí como en Bueu, cada un ao seu: Non te metas na vida dos demais.

As claras da noite son putas. Cando o ceo ao anoitecer colle un color determinado vai vir tormenta.

As que me dan, eu non as quero, e as que eu quero, non mas dan. Cando os casamentos eran arranxados.

Variación: Os que me veñen, non os quero, e os que quero non me veñen.

As sardiñas, por maio pingan no borrallo, polo san Xoan pingan no pan. O borrallo é borralla quente.

Ás veces o can anda tras do rabo e non sabe que o leva posto: Cando buscas explicacións ás cousas e as tes diante, ou mesmo cando buscas algo e o tes ao lado.

Así non hai corpo que aguante, nin bolsillo que resista.: Cando algo custa moito.

Ata o trinta de maio non te quites o saio: Ata o dez de xuño sempre vai mal tempo.

Ata San Andrés andas como ques, de San Andrés en diante medias e ghuantes: Ven o frío.

Atrás virá quen bo te fará. / Detrás virá quen bo te fará. / De fóra virán que bo te farán. / Atrás virá quen ben me deixará.: Cando non se aprecia o que fas.

Avós a facer, fillos a manter e netos a desfacer.: Cando te dan todo feito non sabes o que custou conseguilo.

Barrigha do ghalegho... caldeira do inferno.:

Burro morto, cebada ó rabo.: Despois duna desgraza hai que seguir adiante.

Bo carallo traes, bo carallo levas!: Ti fas o parvo e eu tamén. Cando alguén ven a pedirche que fagas algo que te vai causar un trastorno para favorecelo, pero sen pedilo abertamente.

Cabalo vello non colle andadura e se a colle pouco lle dura.

Cando chove no menguante de octubre, sete meses nos cubre.

Cando chove na lúa de octubre, sete lúas cubre.

Cada un é dono do que cala, e escravo do que di.: Ás veces é mellor calar que falar.

Cada un fala da feira seghún lle vai nela. Cada quen ten o seu punto de vista.

Cada un manda na súa fame.: Cada quen manda nos seus asuntos.

Cada un sabe as súas e Dios as de todos.: Cada hai unha discusión cada persoa ten a súa versión do acontecido.

Café fervido, café perdido: Explicación básica de como facer ben o café.

Cagha o Rei, cagha o Papa, de caghar ninguén escapa.

Cambia como a folla do olmo. Cando alguén di agora unha cousa e logo outra.

Cando a miseria entra pola porta o amor salta pola ventá. Os problemas económicos acaban con moitas parellas.

Cando a esposa anda os grilos, mal para pais e peor para fillos.: Fai referencia ao tradicional papel da muller como ama de casa.

Cando a limosna é moita ata o santo desconfía.: Non hai que fiarse de quen malgasta os cartos.

Cando Dios quería ata do Norte chovía.: Cando alguén di: Se Dios quere.

Cando o burro quere ser cabalo é difícil supéralo!: Cando alguén quere facer cousas por riba das súas posibilidades.

Cando o muíño anda atrás do gran. Vai mal a cousa.:

Cando chove e fai sol, peitéanse as bruxas. / Choiva e sol, estase peinando a bruxa.

Cando chove e fai sol, anda o demo por Ferrol, cunha caixa de alfileres, pa espetar no cu as mulleres, e cunha caixa de prendedores, pa espetar no cu os señores.

Cando cove no menguante de octubre sete meses nos cubre.

Cando queren foder ó probe ata do norte chove.: A choiva con nortada afecta ás colleitas.

Cando veñen, veñen todas xuntas: Refírese ás desgrazas.

Cantos máis escaravellos mandas máis merda che carrexan.

Carto gañado, carto papado. / Cristo ghanado, cristo papado: Dise da persoa que gasta axiña o que gaña.

Casa cunha muller limpa e delghada que ghordas e porcas xa se volven elas: Consello machista para escoller moza.

Cazador e troiteiro nen boa meda nen bo palleiro.: Non es bo agricultor se perdes o tempo noutras cousas.

Ceo empedrado choiva de contado / Ceo escamento, chuvia ou vento. Unha formación de nubes que semellan escamas anuncia mal tempo.

Chámame can e bótame pan.: Di o que queiras pero eu vivo ben.

Chuvia do mar e vento da ría cagarría para todo o día (Cagarría= poalla, poalleira)

Coa muller e co diñeiro, non xoghes compañeiro

Comendo así manhá, non morremos hoxe / Se como así mañá, non morro hoxe. Se mañá a comida é tan boa como a de hoxe, non teño ganas de morrer.

Comer e caghar, todo mal é empezar. / Comer e rañar todo é empezar

- Como te chamas? - Come castañas. - E de apelido? - Caldo cocido. - Canto pesas? Mil artesás, canto vales? Mil reales / Como te chamas? Come castañas. O burro as cagha e ti as apañas.

Con bo pan e muita leña, o inverno, a ninguen empeña!

Da familia, ou se fala ben ou non se fala

Da frente á paxareta, para que o demo non se meta

Da banda do mar nin as flores.

Da igual Xan que Perillán.: Tanto ten unha cousa que outra.

De balde e a paus andan os cans.

De broma de broma cheghou o carallo á cona.: Cando alguén ven facéndose o gracioso e acaba fastidiándote.

De Contreras e Quirós líbrenos Dios: Fai referencia a Claudio Contreras Valiñas, político que cambiara de partido para facerse coa alcaldía, e á súa esposa Teresa Quirós Pereira.

De Quirós, Contreras e Leirós líbrenos dios, que do demo librámonos nós. Variación do refrán anterior, no que tamén se fai referencia a Eladio Leirós.

De fóra virán que da túa casa te botarán.: Desconfía dos descoñecidos.

De San Martiño para diante, non hai diaño que aghuante.: Chegada do mal tempo.

Deixa de moela porca. Cando un se metía demasiado con outro.

Despois da Peregrina inverno encima.: As festas de Pontevedra marcan o fin do vran.

Despois dos peidos ven a merda. Cando hai unha tronada moi forte que anuncia unha tormenta.

Detrás de Maio, ven San Xoán.: A festa máis importante de xuño.

Días de fame non son de fartura.: Hai días malos.

Días de todo, vésperas de nada !!: Hai veces en que vai todo ben e, pola contra, outras que vai todo mal.

Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña.: Se eu estou ben dáme igual o que fale a xente.

Dios dálle pan a quen non ten dentes.: Cando alguén ten un ben que non desfruta.

Dios dea para comer, que a roupa cómprase.: O máis importante é que non falte comida na casa.

Dios é bo, pero o demo non é malo.:

Dios os da, e o demo os xunta. / Dios os da e eles se xuntan.: Cando se xuntan dúas persoas das que tes unha opinión negativa.

Díxolle o corvo a pegha, vaite para alá que es neghra.: Cando ves nos demais defectos que tes ti.

Dúas cosas hai no mundo que non podo comprender: os cregos ir ó inferno e os médicos morrer. / Hai dúas cousas no mundo malas de entender: os curas iren ó inferno e os médicos morrer.: Crítica a curas e médicos.

Empanada de choco sabe a pouco.: Exaltación da nosa gastronomía.

En can fraco todo son pulghas.: Cando as cousas van mal e póñense peor.

En casa de ferreiro cuchilo de pau.: Cando alguén desatende cousas do seu oficio na súa propia casa.

En febreiro a raia sabe a carneiro.: Momento axeitado para comer raia.

En Paredes non te quedes e terra de pouco pan, o forno de miña soghra cría silvas polo verán.: Crítica a esta parroquia de Vilaboa.

En xaneiro medra o dia a paso de carneiro

En xaneiro non cambies de poleiro

En xaneiro, polo dia o sol e a noite o braseiro

En xaneiro sete capas e un sombreiro. Mes frío.

Entre broma e broma! A verdade asoma.: Falamos de broma pero saen asuntos serios.

Entre pais e fillos non metas os fuciños.: Non te metas en asuntos de familia.

Entroidos mollados, Pascuas enxutas. /Entroidos mollados, Pascuas floridas.

Espirran as cabras, choiva segura. / Espirran as cabras, ven temporal !!

Está un a morrer e aínda está a aprender. / Vai a burra morrendo, vai a burra aprendendo. Nunca é tarde para aprender.

Febreiro se ten máis catro non queda can nin ghato / Adeus febreiriño curto, cos seus días vinte e oito, se dura máis catro non queda can nin ghato. / Vaite, febreiriño corto cos teus vinte e oito se duraras máis catro non quedaba can nin gato nin orellas ao pegureiro nin cornas ao carneiro.: Mes moi frío.

Fillos criados traballos dobrados e casados multiplicados.: Cando casan os fillos dan máis traballo porque tamén hai que atender ás súas familias.

Fillos de quen somos, netos de quen quedamos.: Exaltación dos nosos ancestros.

Fun á casa do veciño e avergoñeime, e voltei para miña casa e arranxeime. /Fum a casa da vecinha e avergonhei , voltei a minha e amanhei.: Cando ías onda un veciño a pedir algo, un favor, unha ferramenta, etc...e, voluntaria ou involuntariamente, non te valía e tiñas que volver e arranxarte polos teus propios medios.

Ghaivotas á terra, mariñeiros á merda: Cando as gaivotas veñen á terra é porque non hai peixe no mar.

Galiña que canta de galo e muller que asubía, na miña casa non pía.: Refrán machista facendo referencia ao recato que debía manter a muller casada.

Ghaliña que non pica na casa xa picou. / A vaca que non come co Boi, ou come antes ou come despois.: Fai referencia ás posibles infidelidades dunha muller.

Ghaliña vella fai bo caldo: Cando unha muller cos seus anos aínda está de bo ver.

Ghracias ao tío rico traballa Perico.: Cando alguén é beneficiado por un familiar.

Granceiro a granceiro, a galiña está enchendo o peteiro.: Cando se consiguen beneficios pouco a pouco.

Goberna María co que Xoan traía.: Muller que administra os cartos gañados polo marido.

Home cansado, carallo levantado

Home pequeno fol de veleno.: Cando alguén é pequeno pero ten mal xenio.

Home refraneiro , maricón ou taberneiro.





A Fala. Refráns (2 de 2).

  

inicios S. XX. Grupo na Rúa IsidoroQueimaliños. Foto cedida por Isidro Viruleg


Manda quen pode e pode quen manda.: O poder permite mandar.

Mans que non dades que esperades.: Se non compartes non agardes que compartan contigo.

Marso marsán pola mañán cara de can pola tarde sol de verán / Marzo, marzal, pola mañá cara de rosa, pola noite cara de can.: Mes da primavera na que o tempo anda revolto.

Mi marido tiene cosas de loco, cuando por mucho cuando por poco: Cando se falaba dalgunha liorta entre parellas.

Miña abra dicía vale mais ser puta que ladra

Morra a marta, morra farta.: Cando se quere dar por rematada unha discusión.

Morreu a sogra, pariume a vaca quedamos os mismos que eramos na casa./Morreu papá, pariu a burra e somos os mesmos: Hai xente á que non se lle bota en falta cando morre.

Move o rabo o can, non por ti senón polo pan

Muller riedeira, ou puta ou peideira!!: Refrán machista sobre o recato que deberían gardar as mulleres.

Nas uñas das mans ou nas dos pés saldrás a quen es.: Nalgunha cousa te parecerás aos teus pais.

Nin so que pare, nin arre que escangalle. / Nin tanto corre que fuxa, nin tanto so que pare.: Facer as cousas con medida.

Ninguén é tan alguén, que non precise de ninguén.: Sempre precisas de amigos.

Non e mais limpo o que mais limpa si non o que menos emporca.: Consello hixiénico.

Non hai festa sen ghaiteiro, nin mexada sen peido.

Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro.

Non pidas a quen pediu, nen sirvas a quen serviu.: Cando alguén sae da pobreza axiña esquece as súas orixes.

Non sabe a raposa cando as galiñas dormen fora.: Sospeitas de infidelidades.

Non se collen troitas coas bragas enxoitas.: Cando alguén quere beneficios sen levar traballos.

Non te poñas ao sol sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro.: Hai que protexerse do sol todo o ano.

Non temos mais honra que a que o mundo nos da!:

Novembro, bendito mes é. Comeza con Tódolos Santos e remata en Santo André.!!

Nunca compres a quen comprou, compra a quen herdou que non sabe canto custou.

Nunca falta un roto, para un descosido.: Cando algo vai a peor.

Nunca foi máis negro o corvo cás alas.: Non sexas negativo.

O ben feito ben parece.: Hai que facer as cousas ben.

O bo cociñeiro faino a fame.: Para ser cociñeiro hai que apreciar o valor dos alimentos.

O home lume a muller estopa ben o demo e sopla

O médico vai e ven, e o mal quédalle a quen o ten.: Crítica aos médicos.

O porquiño deixa o cunquiño: Cando alguén se levanta da mesa sen recoller o prato e os cubertos.

O primeiro ano cara con cara. Ó segundo ano: Cara con cu. Ó terceiro ano: Cu con cu. E ó cuarto ano: Nin cara nin cu.: Os casados na cama.

O que alto mira baixo se queda.: Cando alguén ten aspiracións por riba das súas posibilidades.

O que ao bar vai comer, os fillos doutro vai manter.: Cando alguén descoida a súa familia.

O que bebe moito viño perde o cu polo camiño.: Coidado cos excesos de alcohol.

O que come pola man de outro enghorda pouco.: Traballar pra outro da pouco beneficio.

O que compra e minte o bolsillo sinte. Cando alguén presume do barato que merca e non llo cres.

O que con gusto morre, hasta a morte lle sabe.: Cando alguén semella que desfruta

con algo malo.

O que da o que ten, a pedir ben.: Se es desprendido vas pasar necesidades.

O que dá o seu en vida, colla un fol e pida.: Hai que aforrar para non pasar penurias de vello-a.

O que de novo baila ben de vello aínda te da un xeito.:

O que mexa é non bota un peido e como un-ha festa sin gaiteiro.:

O que moito medo ten, nunca no bo cono fode!:

O que non comen os ratos aparece polos buracos.: Cando perdes algo.

O que non fuma nin bebe viño o demo yo leva por outro camiño

O que non levou o ladrón, aparece por algún cantón.

Se non o levou o ladrón andará por algún rincón

O que nunca tivo nada e agora ten un porquiño, anda todo o día corricho, corrichiño.: Cando alguén sen posibles mellora a súa situación e presume do que ten.

O que regala non perde , si o que recibe o comprende.

O que sae ós seus non dexenera

O que se alegra do mal do veciño, venlle a el polo camiño.: Non hai que alegrarse das desgrazas alleas.

O que tapa o frío tapa o calor.:

O que teña cu e tetiñas que non se alegre do mal das veciñas /O que teña tetiñas que non se meta cas súas veciñas

O que traballos busca, malos traballos o persiguen: Frase que popularizou “Cabezo”.

O que vai a o avoghado, nunca ven desconsolado.

O que xogha por necesidade, perde por obligasión.

O sol de febreiro é un lobo no quinteiro.

O sol de marzo queima á dama no palacio

Ola rota non é san. O médico non te pode curar de todo, nunca volves a estar igual que antes. O mesmo que unha ola, cando rompe, podes soldala pero nunca máis será unha boa ola.

Ola rota non fai bo caldo: Se queres facer algo ben tes que ter o necesario en boas condicións.

Onde hai papeis, calan barbas.:

Onde manda patrón, non manda mariñeiro.: Hai que obedecer ao que manda.

Onde mexa un portugués, mexan dous ou tres: Cando ao mexar unha persoa lle entran ganas a máis xente.

Onde nacen as estrughas nace o remedio.: Onde nacen as ortigas nacen os mentrastes, planta que se a frotas contra o pel cura a urticaria que produce o contacto coa anterior.

Os curas e taberneiros son da mesma condición cantos mais bautizos fagan mais diñeiro po queixón

Os amigos buscámolos nós e a familia dánosla Dios: A familia non se escolle.

Os defectos do meu marido ninguén os sabe si eu non os digo

Os fillos da miña filla, meus netos son. Os do meu fillo, serán ou non.

Ou ben nas mans ou ben nos pés, has de tirar a quen es. Para tirar semellanzas.

Ouvella que berra bocado que perde. /Ouvella que bala, bocado que perde.: Mentres falas non comes.

Pagando o que debo, sei o que teño. Mellor non mercar fiado.

Para saber como é un visiño hai que botar con el un aniño.

Pascuas molladas, boas anadas: Se chove pola Pascua a colleita é boa.

Pascuas molladas, anadas dobradas: O contrario que o anterior.

Pasou o día pasou a romaría: Indica que pasado o momento non hai volta de folla.

Patadas de burro non chegan ó ceo

Pola Candeloria, inverno fora; se chove ou venta, aínda entra; e se fai por rir aínda está por vir: Predición meteorolóxica.

Pola Candeloria metade do inverno vai fora.
Pola Candeloria, inverno fora; se chove ou venta, inda entra.
Candela, candeloria, que chores que deixes de chorar, metade do inverno está por pasar.
As Candelas, que chova que ría, 40 días son de in...vernía.
Se xea o día de Candelas sesenta noites detrás dela.
Pola Candeloria, pon a pita vella e a nova

A partir da Candeloria ningunha ave voa soa. O 2 de febreiro festexamos que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos.

Polo pan baila o can: Cando se fai algo por interese persoal.

Polo rabo da culler, vaiche o gato a ola.

Polo San Amaro os trompos ao faiado.

Polo Santo Andrés sae mes e entra mes.

Polo San Martiño borrachos e trompos ó camiño.

Polo San Martiño castañas, peidos e viño.

Polo San Martiño mata o porquiño. E por San Andrés, quen non mata ó porco mata á muller: Marca a época idónea para matar o porco.

Polo San Martiño quen non ten porco mata ó veciño.

Polo San Martiño, trompos ó camiño.

Polo San Martiño zapa o teu viño

Polo San Sebastián medra o día ao paso dun can.

Por maio aínda lle queiman o tallo

Por onde saltan as cabras han de saltar os cabritos

Por San Xoán a sardiña molla o pan.

Por San Xoán aínda pregunta o vello si é verán:

Por Santa Lucía crece o día o paso dunha ghaliña e por xaneiro a paso de carneiro.

Por Santa Lucía merman as noites, medran os días!

Por Santa Lucía morre a noite e medra o día

Primeiro vento e logo mar déixate estar. Primeiro mar e logho vento vaite para adentro.

Que Deus deixe acabar o ano con este corpo, porque o que vén, ou espido ou morto.

Quen calar non pode falar non sabe

Quen chega tarde nin olle misa nin come carne

Quen con lobos anda a ouvear aprende / Quen con lobos anda home que ouvea

Quen con lume xoga, mollado se levanta. Non xogues co lume que vas mexar na cama.

Que Dios dea mazás que as peras fanse

Que Dios me leve andando!!

Quen en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns!

Quen moito escolle o demo colle. Consello para buscar marido.

Quen neste mundo quere andar, ten que ver, oír e calar.

Quen non aforra unha mistura no aforra un Cristo

Quen non ten cabeza ten pés. Cando tes un despiste.

Quen quere saber, dáselle merda a lamber.

Quen se queima ten o rabo de palla!

Quen teña tenda que a atenda e se non que a venda

Raposo que moito dorme ghaliña ghorda non come

Rubias á Franqueira, vellas á borralleira. Se ao solpor o ceo está de cor alaranxado cara ao sur (cara a ermita da Franqueira, lugar de peregrinaxe na Cañiza) vai vir mal tempo. As vellas teñen que quedar na casa a carón da lareira, onde queda a borralla.

Rubias ao mar vellas a sollar: Cando o solpor é de cor laranxa cara ao norte (a boca da ría, o mar aberto), hai bo tempo ao día seguinte e as vellas poden tomar o sol.

San Antón san Antoniño dáme forza no carallo como ó porco no fuciño

Santa Lucía, saca da noite e mete no día.

Sardiña que leva o gato, non volta ó prato!

Se ao mariñeiro lle dan de beber, ou o joderon ou o queren joder.

Se chove o día tres, chove todo o mes.

Se chove o domingo antes da misa toda semana de risa

Se me entendes non me descubras, cas miñas contas non dan coas túas.

Se non chove nin fai vento vai vir bo tempo

Se ten barbas San Antón e se non a Purísima Concepción.: Se non é unha cousa é a outra.

Se vas a Peinador mira ben que vas facer, porque vas a traballar e non vas comer. Referido a o traballo gratuíto obrigatorio que os veciños debían realizar na construción do aeroporto de Peinador.

Se vas a San Andrés e dormes alá, vas en Santos e s en navidad.

Se xea o día de San Blas, vinte xeadas máis.

Tronada pola terra ou norte ou néboa

Unha mexada sen peido é coma unha flor sen cheiro

Unha nai é unha nai, nda que sexa dunha silva. Aínda ca silva me picara,sempre son a súa filla. / Quen me dera ter nai aínda que fora unha silva por moito que a silva picara sempre era madre miña.

Unha para ver e outra para aprender

Vende cabritos, cabra non ten , de onde lle ven?

Veñen os do monte, correr cos da corte. Expresión para facer de menos aos das aldeas.

Voda de foguetes, voda de moquetes

Xeada na lama, cama mollada: Se despois de chover hai xiada, logo chove.

Xente de Marín xente de gran caldeirada, un dia todo e outro dia nada. / Xente de Marín, tropa do carallo.

Xuntáronse os dous ó catarro e a tos / Xuntáronse a fame coas ganas de comer.: Cando se xuntan dúas persoas semellantes nalgún aspecto negativo.

Zapatilla branca no mes de xaneiro moita fachenda e pouco diñeiro


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

A taberna de Nador. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. 2004.

Aportes: Gonzalo Amoedo, Manuel Migueles, Matilde Fernández, Antonio Cobián, Gonzalo Figueroa, Carlos Couñago, Modesto Campos, Javier Vilas, Maica Alonso...

Facebook>Daquela disíase. Grupo de Antonio Ricón.




 

viernes, 21 de julio de 2023

A Fala. Ditos populares de Redondela. (1 de 2)

 

Galicia nos 50. Chovendo na feira de Redondela. Foto de Luis Zamora.

A bordo que son fanecas. Aproveita as ocasións favorables.

A faser abono á Xunqueira! Frase de Tino Molete camareiro en Venus para botar aos clientes máis pesados.

A nortada do Cristo: Chámase ao vento do norte que sopra cando se achega o Día do Cristo, festivo en Redondela.

A vaca da Ghandona por non mover o rabo, deixa comer a cona.: Cando alguén é moi vago.

A ver se che pasa esa muxa!: Cando tes catarro ou tos. A muxa en galego e escrito muja en portugués era a a sarna dos animais que lles producía proído e caída do pelo.

Aí ven un mariñeiro da conquiña / Co que traes ti e catro quilos de patacas, come unha familia / Mariñeiro de aghua seca.: Cando vas pescar e regresas co cesto baleiro.

Andades aos caghanichos: Cando se mercaba pouca cousa ou aos poucos.

Andar bravo / Andar quente da rabadilla /Andar quente coma un can: Estar excitado sexualmente.

Andar escaravello: Que non anda dereito, que anda torto. Ex: Douche unha hostia que vas andar escaravello todo o día. Tamén se empregaba facendo referencia aos trompos, cando un bailaba mal dicíase que escaravellaba. Normalmente isto se arranxaba endereitando a punta e cando bailaba dereitiño e non escaravellaba dicíase que era unha subela. Na RAG atopamos subela co significado de: Instrumento aguzado de metal, con mango de madeira, que se usa para furar coiro, goma etc. Tamén recolle escaravello como un tipo de insecto e escaravellar como: 1. Remover a superficie de [a terra]. 2. Andar en [o nariz, dentes etc.] co dedo ou cun obxecto.

Andar de furriqueira: Ter cagarría, diarrea.

Ano da fame: Chamado así o ano de 1941, época da posguerra, pola carencia de alimentos. Nesta época popularizáronse a frases: “Comer non comiabamos, pero rir riabamos” ou “Hai que encher a barriga de risa”.

-Arrastro!! -Os collóns contra o canastro / -Arrastro!.- Arrastro anda calquera. : Xogando ás cartas.

¡Arrota, bota!: Cando alguén bota un eructo. Xa o empregaban os nenos en Redondela nos anos 40-50, ata o de agora non coñezo a orixe.

Boca de sarghón: Insulto.

Bótame a arrancadeira: Era a última copa para ir para a casa ou a traballar.

Botar a lingua a pacer: Falar sen coñecemento.

Botar un grolo / Tomar un ghlorio / Tomar unha fecha / Botar unha fecha / Mollar a palleta: Beber un viño.

Cada can que lamba seu carallo: Cando alguén comenta problemas alleos.

Cada quen arrima as brasas á súa sardiña. Cada un mira polos seus propios intereses.

Cada vez que di unha verdade cáelle un ollo o chan.: Alguén moi mentiroso.


Cando ti non faghas alghunha estremonía, rabea o demo!: Cando un neno se porta mal.

Cheghar e encher. Cando chegas e comezas a xantar ou tes sorte.

Cheghou Varela pra fodela. Cando chega alguén que non tiñas ganas de ver.

Cheira que alimenta! Cando cheira mal.

Cheiras a catinga / Cheiras a Cotexo. Faite falla un baño.

Chete larete: Cando algo te gusta.

Chímpalle unha ghaseosa!: Denota sorpresa.

Come, bebe e ponte ghordo. Cando lle desexas a alguén que lle vaia ben pero lonxe de ti.

Coméchela co caldo. Cando alguén esquece algo.

Comedes como curas!: Cando chega o xantar e a mesa queda en silencio.

Con que xente me metín ao mar!: Cando vas mal acompañado para facer unha tarefa.

Con quen casei á miña filla!: Cando, por exemplo, alguén se asocia nun negocio e sabes que esa persoa non responde ás expectativas.

Cuida os pés, porque a cabeza...: Cando non estás centrado.

Custoume ferro e fariña. /Levei un traballiño neghro.: Cando tes moito traballo.

Das máis traballo que levar un porco ao lombo. / Das máis traballo que un fillo parvo.: Cando alguén dáche traballo ou é pesado.

Date unha piña nun ollo vas ver como miras.: Cando tes algo diante e non o atopas.

Defensor de pleitos pobres: Cando se defende a alguén que non paga a pena.

Déixate guiar! Acepta os consellos.

Deuche o salouco: Tes hipo.

Deulle o teo. / Deulle a neura. / Deulle un ataque miserere.: Deulle un ataque de nervios.

Dios dalle pan a quen non ten dentes: Cando alguén ten unha sorte inmerecida ou ten algo ao que non lle da aprecio.

Dios me dea paciencia... e un carro pra levala: Cando alguén molesta ou incomoda.

Durme ós mortos: Cando alguén é aburrido.

Durmir como un choco: Durmir moito e ben.

Durou menos ca un peido na man.: Cando algo dura pouco.

E dalle polo pao: Cando alguén insiste nalgunha cousa coa que non coincidimos.

É máis amarrado que o cu dun sapo: Alguén tacaño.

É máis duro ca unha codia de pan

É máis feo que pegharlle a un pai

En marzo marxexa:

Engancharse nunha silva.: Cando paras a falar con alguén.

Enriba da cona un corte: O colmo da mala sorte.

Entón é mellor ir á corte e matalas todas: Cando pasa algo que non se desexa.

Eres máis lento que o carro da bosta

Eres tan listo como o can da Pachina, pero un día baixou á vila e colleuno un coche: Cando alguén se bota de listo. “A Pachina” era unha señora de Cesantes. O alcume é familiar chegando ata

os nosos días, “os Pachíns” ou “os Pachines”.

Ese ao meu lado é café pequeno. Cando din que alguén fai algo ben e que ti o fas mellor.

Ese come as casas da Coruña. Cando alguén come moito.

Ese/esa corre as caravanas.

Ese empreña polas orellas.: Cando alguén cambia datos ou exaxera a contar un conto que oíu.

Esa mina o mar: O din as mariscadoras das compañeiras que traballan mal, cavando moito e collendo pouco marisco.

Esas cósenche unha saia nun momentiño.: Falan mal de todo o mundo.

Escapa Lercio que arde o cine.: Emprégase cando é mellor marchar. A frase ven dunha ocasión na que dous amigos "da montaña" viñeron ao cine por primeira vez en Redondela e, ao saír lume na pantalla, un deles gritou esa frase asustado.

Eses son uns rabias a fame: Teñen pero non comparten.

Eses son outros López: Frase que en tempos empregábase en Redondela para facer referencia a algo que non nos interesa. Popularizouse polo costume dun home que cada vez que unha persoa co apelido López facía algo meritorio dicía que era da súa familia, pola contra, cando un López aparecía nos xornais por roubar ou facer algo malo, sempre contestaba con esta frase.

Está bien pero muy bien no está: Cando piden a túa opinión.

Está coxo e non oe ben: Dise cando falas con alguén e se fai o xordo.

Está máis duro cun caralhote! /Está duro como un ferrote

Está salado como unha pilla: Según o léxico dos irmáns Millares Cubas, "Salado como la pilla.- La pilla (pila) es el montón que en la cubierta del barco costero se forma con los Pescados en salmuera...".

Esta vida quere outra.

Estaba de ser. / Iba durmindo.: Cando falece alguén.

Estar cheíño como un pegho: Cando comiches ou bebiches moito.

Estar vendo a peseta. Persoa tacaña ou demasiado aforradora.

Estás cheíña como unha nécora da ría: Piropo a unha muller.

Estás para botar no banco: Estás gordo.

Estar mazado coma un pulpo: Estar canso.

Eu tiña neghros... neghros os collóns de traballar: Un emigrante retornado do Brasil.

Facer bagazo: Cando algo é forte ou ten un efecto moi forte. Ex.: A augardente branca cando a bebes fai bagazo .

Facer ghaseosa: Cando todo sae moi ben. Ex: Onte fixemos ghaseosa na festa.

Facer a gata. Faltar os estudantes a clase.

Facer unha ghallifa.: Unha trampa ou trasnada.

Facíalle Deus mil favores. / Era mellor que Deus se acordara del-a.: Cando alguén moi maior está na últimas.

Falan os mudos.: Cando fala alguén que era mellor que estivera calado.

Fan de nós un pandeiro.: Cando fan de nós o que queren, usado para referirse aos fillos pequenos, pero tamén aos políticos.

Férveche o cu. / Parece que tes os diablillos / Non tes paraxe

Fina da capadura: Cando se di dunha persoa que é fina para os seus propios intereses, egoista.

Foi unha regha: Cando choveu pouco.

Fun a Vigo por ver Cangas: Cando unha acción non da os resultados esperados.

¿Hai café?: Preguntábase ás peixeiras para saber se había peixe pequeño que non pasaba por lonxa. Tamén se empregaba nos quioscos referíndose ao tabaco de contrabando, tamén coñecido como “tabaco de batea”.

Hai días e horas.: Cando alguén di: Hai días.

Hai fanecas na ría.: Cando alguén se rasca o cu.

Hai que arder!: Grito propio das festas rachadas.

Hai que darlle de comer aparte.: Cando alguén non nos cae ben.

Hai que entregarse! / Hai que ir morrendo!: Para vellos pesados.

Hai que comer o que da o tempo: Cando non te gusta o que hai de comer.

Hai que poñer os pes por onde pisan as vacas.

Hola a todos menos a uno.: Popularizouse cando Federico Gómez “Loreto” espetouno no Café América, facendo referencia a José Otero “Mañas”

Hoxe naceu un escribano: Cando vai moito frío.

Hoxe o día está encuruxado: Mal tempo. Día escuro e con choiva.

Ir ás achas: Ir a arrancar os canotos que ficaban despois de talar unha árbore.

Iso cólleche un dreito

Iso é do ano da polca.: De hai moito tempo.

Isto é chegar e encher.: Cando entra o peixe nada máis saír ao mar ou cando chegas a casa e está a mesa posta e comezas a comer.

Lambeute a becerra! / Pasoute a lingua a vaca! / Lambeute a vaca!: Cando vas moi peiteado co pelo mollado ou con fixador.

Lambida dos gatos: Persoa fraca.

Levache un carallo coma un braso.: Cando algo non da os froitos agardados.

¡Levanta!, que xa pasaron as leiteiras: É tarde.

Leva o chaleco apretado: Cando alguén está moi fraco.

Levas lume no cu.: Cando vas apurado.

Levas pan e porco: Cando alguén quere fastidiarte e sae escaldado.

Lume de caroza.: Ir rápido.

Lume nel!!!: Grito de ánimo cando alguén pon a outro no seu sitio .

Lume de Viqueira. Viqueira era o apelido dun fogueteiro santiagués. Semella que era bo no sei oficio e se estendeu a frase para louvar os fogos dunha festa se eran bos, “É lume de Viqueira”. Actualmente emprégase “Lume de Viqueira” cando se mira a unha persoa que increpa a outra ou para dicir que algo vai rápido “A lume de Viqueira”.

Máis largho que un día sen pan. Cando non da pasado o tempo.

Máis merda que no pao dun galiñeiro: Cando hai moita suciedade.

Mal raio te parta, mala centella (ou chispa) te coma. / Mala chispa te coma, compra un cabalo. Mal raio te parta, xa o teño comprado

Mala herba nunca morre / Herba ruín non corre pelighro.

Man lava man e dúas a cara. Non hai tres sen dous, nin dous sen un.

Manda carallo na Habana: Cando nos sorprende algo.

Mañá chove que sopla o vento da crava fanada.

María matouse. Cando caes.

Mentres capo non asubío: Mentres Fago unha cousa non podo facer outra)

Mentres vas e ves non queda o camiño sen xente: Vas a ir para nada.

Menuda ghueva que ten ese home.: Cando alguén era demasiado parado para actuar ou para facer as cousas.

Meter o barco nas pedras: Meterse nun lío.

Mexan por nós e dicimos que chove
Mi caballo murió: Algo que non ten remedio.

Mira que todos temos unha veighiña en Toledo...

Mirarlle o cu a curuxa: Pasar medo.

Moi ven me levo con ela, somos íntimos na lexania.: Cando non te levas ben.

Mollar a palleta: Beber viño.

Moreno de nola... de no lavarte. / Moreno de yate... de ya te lavarás.: Cando “admiras” o moreno doutra persoa.

Morra o conto.: Acabouse a discusión.

Morreu un que nunca morrera.

Morreu dun ataque miserere / dunha embolia / dunha angina de peito: Antigamente principais causas de morte.

Morre marta morre farta: Cando alguén que comeu moito pide máis comida. Pode ser polo animal (marta) q é capaz de comer sen parar con tal de non deixar nada atrás, ademais de q come de todo.

Morreu o can , acabouse a rabia! /Morreu o can, morreu a rabia.: Cando desaparece a causa dun problema.

Autor: Juan Migueles