Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro O. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro O. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de noviembre de 2022

José Antonio Orge Quinteiro

José Antonio Orge terceiro pola esquerda. Faro de Vigo

José Antonio Orge terceiro pola esquerda. Faro de Vigo


 

 Historiador local. Membro fundador do Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN), da que é presidente (2022). Esta asociación publica un boletín con artigos do patrimonio e historia do concello de Redondela de varios autores. Tamén promove actos culturais principalmente de aniversarios de datas históricas da nosa vila.

Ten publicado os libros:

Redondela a través do tempo. Jose Antonio Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia 2001. (Libro de fotografías)

Las Islas de San Simón: aproximación á súa historia. José Antonio Orge Quinteiro. Deputación de Pontevedra, 1995. ISBN 84-88363-26-5. 2002 (3 ed.) . ISBN 84-8457-117-3

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto. Ed. Xunta de Galicia. 1999.


Artigos:

El Lazareto marítimo de San Simón. José Antonio Orge Quinteiro. El Museo de Pontevedra. ISSN 0210-7791, Nº45. 1991, páxs. 477-518.

Redondela en la historia: La Batalla de Rande. J. A. Orge Quinteiro. Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais. Deputación Provincial de Pontevedra. Nº 8-9 (1992).

Rivalidad entre los ayuntamientos de Pontevedra y Vigo por la ubicación de un establecimiento cuarentenario: el lazareto de San Simón. José A. Orge Quinteiro. Galicia en Madrid. Revista de letras y artes galaico-hispánicas. Nº 45 (1993).

Os miliarios romanos de Redondela: apuntamentos para unha historia de Redondela. José Antonio Orge Quinteiro. El Museo de Pontevedra. ISSN 0210-7791, Nº55. 2001, páxs. 19-26.

Las batallas de Puentesampaio. José Antonio Orge Quinteiro. Historia de las Rías. (2 Vol.). Ed. Faro de Vigo.

San Simón, un archipiélago cargado de historia. José Antonio Orge Quinteiro. Historia de las Rías. (2 Vol.). Ed. Faro de Vigo.

O Cristo dos Navegantes. José Antonio Orge Quinteiro.

Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro. Internovas. Historias de Redondela (Páxina web desaparecida).


Artigos publicados en SEREN:

Nº 0. A batalla de Rande. Guerra de Sucesión española. J.A. Orge Quinteiro. 2003.

Nº1. O Cristo dos Navegantes. José Antonio Orge Quinteiro. 2004

Nº1. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela. 2004. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº2. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (2ª parte). 2005. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº3. Os Eidos: A vila dos mortos. José Antonio Orge Quinteiro.

Nº4. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (3ª parte). 2007. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº5. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (4ª parte). 2008. José Antonio Orge Quinteiro e Carlos Alberto Antuña Soto.

Nº5. Os miliarios romanos de Redondela: apuntamentos para unha historia de Redondela. José Antonio Orge Quinteiro. 2008.

Nº6. Redondela na historia: don José Sarmiento de Valladares, Vicerrei de Nova España. José Antonio Orge Quinteiro. 2009-2012.

Nº7. A picota ou rolo da vila de Redondela: Apuntamentos para unha historia de Redondela.

José Antonio Orge Quinteiro. 2013-2017.

Nº7. Os símbolos do Concello de Redondela. José Antonio Orge Quinteiro. 2013-2017.

Nº7 Achegamento aos inicios do fútbol en Redondela. Dolores Míguez Montes e José Antonio Orge Quinteiro. 2013-2017.

Nº8. Os leguarios e vítores redondeláns: xalonamentos na camiñería galega do século XVIII. José Antonio Orge Quinteiro. 2018-2020.


Autor: Juan Migueles

 

jueves, 16 de junio de 2022

Manuel Otero Lago “Xisma” (Vilavella, 1870/25-2-1950)

 

 

Manuel Otero Lago. Foto cedida pola familia Fernández Otero


        Empresario Conserveiro, Alcalde de Redondela e Sacristán das Monxas de Vilavella.

        Na súa infancia axudaba aos seus pais na tenda e cuns 10 anos tiña a tarefa de levar a cabalo as provisións para os peóns do ferrocarril que estaban a construír o túnel dos Valos. Saía ás 5 da mañá polo que á volta viña tan canso que quedaba durmido seguindo o cabalo o camiño que coñecía de memoria. Co andar do tempo chegou a ser dono dunha empresa conserveira na actual Rúa Padre Crespo. Esta fábrica tiña na entrada un bar que daba servizo tanto aos empregados como aos veciños e na outra beira posuía unha casa na que abriu unha tenda de comestibles. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )

 

        Foi durante uns 12 anos concelleiro pola parroquia de Cabeiro, a onde se desprazaba a cabalo. Daquela o camiño para chegar a esta parroquia desde Redondela era de terra. Para tratar de mellorar esta situación logrou levar a Cabeiro a un Deputado, volvendo avergoñado porque ao chegar os veciños lle cantaron: “Serás Deputado e chegarás a ser Ministro pero como non arranxes o camiño encoméndate a Jesucristo.” Un exemplo das súas intervencións no Concello sería no pleno 6 de novembro de 1920 cando como concelleiro prega: “... á alcaldía que ordene á garda municipal non permita tender a roupa de ningunha clase na reixa que circunda o terreo do convento, pois elo desdí o ornato público”. Tralo Golpe de Estado de Primo de Rivera foi nomeado alcalde, cargo que abandonaría aos poucos días. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )

 

Manuel Otero de mozo. Cedida pola familia Fernández Otero
Manuel Otero de mozo. Cedida pola familia Fernández Otero

        Tamén sería presidente da confraría de Ánimas de Vilavella, pertencendo a varias asociación relixiosas máis. Outro cargo que ostentaba era o de Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella. Entre as súas atribucións estaba a de empregar un cuño co que lacraba os barrís de madeira, que facía cos seus fillos con madeira de salgueiro. Nestes barrís envasábanse os doces elaborados polas monxas e que chegaron a ter certa sona a nivel nacional. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )

Selo do Sacristán. Foto: J. Migueles
Selo do Sacristán. Foto: J. Migueles

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Aportes orais Matilde Fernández

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es


sábado, 25 de abril de 2020

Libros. Literatura Infantil

O libro da illa de San Simón. Ed. A Nosa Terra.
Os Bolechas. A Coca de Redondela. Pepe Carreira.
Xiana e a Coca de Redondela (libro+CD), Lendas galegas. Faro de Vigo, 2011


 
Semente de igualdade, semente de liberdade. Ernestina Otero, Mulleres Galegas Vol. IV. Enrique Mauricio, Carlos Taboada. Ed. Lela, 2017.
Ernestina Otero. Aprende coas Mulleres Galegas 6- Secretaría Xeral de Igualdade



Autor: Juan Migueles

sábado, 18 de abril de 2020

A incorporación da muller ao mercado laboral.

Ernestina Otero coa súa familia. Arquivo Manuel Puga
Ernestina Otero coa súa familia. Arquivo Manuel Puga
           

Como xa cito no apartado adicado ás escolas, (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html ) no tomo II do Censo de Población de España, publicado en 1924, recóllese que a provincia de Pontevedra contaba en 1900 con 457.262 habitantes, dos que 315.228 eran analfabetos. En 1920 a situación mellorara un pouco e de 533.419, non sabían ler nin escribir 287.996. Máis da metade dos españois eran analfabetos, o 52’23%. En Pontevedra o número de analfabetos situábase por riba da media cun 53’99. Redondela era o concello máis castigado da provincia cun 60’58% de analfabetos. As máis prexudicadas destas tremendas estadísticas serían as mulleres, apesares de iniciativas como a levada a cabo en 1917 de abrir en Redondela unha escola nocturna para mulleres adultas.

Maioritariamente as mulleres traballaban na casa, no campo, no mar e vendendo polas vilas e feiras. A posibilidade de ter un traballo remunerado pasaba pola industria salgadura, que deron paso ás conserveiras e empresas análogas como Copiba e posteriormente Pescanova. As que tiñan a sorte de seguir cos estudos accedía a Maxisterio, titulación tradicionalmente con maioría feminina. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-l.html ) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-m-z.html ) Destacar aquí como precursoras ás primeiras catedráticas, Ernestina Otero Sestelo (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/otero-sestelo-ernestina-vilavella.html ) e Sara Leirós Fernández (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/leiros-fernandez-sara-redondela-1897.html ), se ben é certo que a segunda é menos coñecida por seguir a corrente da escola tradicional, o mesmo que sucede coa súa irmá María de los Ángeles, mestra de Historia no Instituto provincial de Ourense. Tamén podemos citar a Placer Vidal Portela, durante moitos anos mestra de Redondela, que en 1939 foi nomeada inspectora de Primeiro Ensino, aínda que de xeito provisional.

Durante a Guerra Civil e os anos posteriores, vívese en Redondela o gran crecemento da empresa téxtil Regojo e en menor medida da fábrica de cepillos, provocando a entrada de moitas mulleres no sector industrial.

Nesta época a muller tamén comeza a abrirse paso noutros sectores como o da sanidade. Gemma Pereira Otero, a mediados dos 30, sería a primeira licenciada en Farmacia de Redondela, poñéndose á fronte da farmacia do seu pai, Luis Juan Pereira Míguez, despois do falecemento deste. Estaba situada na praza Figueroa e nos 50 estaría rexentada por outra muller, María del Pilar Amaro de Velo. Despois seguiría os seus pasos Mª Rita Lima Díaz que rexentaría farmacia trala morte do seu esposo Luis Pereira, irmán de Gemma. Temos que ter en conta que nesa época o máis parecido a unha médica en Redondela era unha comadrona, sendo as máis antigas das que atopei noticias: María Novás, en 1910: e Juana Novás e Evelia Pereira, en 1925. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/sanidade.html )

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Ver os apartados: Persoeiros>Educación / Escolas / Empresas / Cargos públicos>Sanidade/Persoeiros L e O.

http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Correo Gallego

Aportes: Manuel Puga.

 

jueves, 16 de abril de 2020

Persoeiro do ano

 

Casto Sampedro. Foto: Museo de Pontevedra

 

            No 2012 o Concello decide nomear ao Persoeiro do ano, celebración que consistirá nunha serie de actos, que comprenden dende exposicións, publicación de biografías e, as veces, darlle o nome do galardoado a unha rúa. Os homenaxeados foron:


2012 Casto Sampedro y Folgar. Investigador e impulsor da arqueoloxía, historia e etnografía na nosa provincia. Fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e do Museo de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html )


2013 Alejandro Otero Fernández. Destacado Xinecólogo e Político. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/otero-fernandez-alejandro-redondela-14.html )


2014 Rita Otero Fernández. Destácase a súa caridade cos máis necesitados na época da posguerra. Irmá do anterior e esposa do empresario José Regojo.


2015 Telmo Bernárdez Santomé. Médico. Político agrarista, chegaría a ser xefe provincial de Izquierda Republicana durante a II República. Fusilado o 11 de novembro de 1936. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html )


2017 Paulina Sánchez. Mestra organizadora de funcións de teatro e de numerosas actividades.


 
Sánchez Otero, Paulina Foto publicada no Faro de Vigo


            Os trocos de goberno municipal atrasou a celebración deste galardón tres anos e a pandemia do Covid-19 un ano máis. Trócase o nome por “Ano de...”.


2020-2021 As mulleres de San Simón. Homenaxe ás mulleres que formaron unha rede solidaria de axuda aos presos do réxime franquista na illa de San Simón, entre os anos 1936 e 1945.


Autor: Juan Migueles

 

 
 
 

martes, 14 de abril de 2020

1809. Guerra da independencia dos franceses.

        En xaneiro de 1809 chegan a Galicia as tropas francesas do Mariscal Soult perseguindo ás inglesas do Xeneral Moore, aliadas de España, que foran derrotadas en Benavente por Napoleón. Os franceses vencen ós ingleses en Castro de Elviña, cerca da Coruña, e en poucos días toman as principais vilas galegas.
Mariscal Soult. Foto: Wikipedia
          O 30 de xaneiro entre as 8 e 9 da noite chega a Redondela o destacamento francés do Xeneral Franceschi perseguindo ó Marqués de la Romana, que fuxía cara a Vigo, para pasar a noite na vila. Os seguintes días pasan por Redondela moitas tropas a meirande parte diríxense a conquistar o norte de Portugal. No camiño arrasan o Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo (Cesantes). 
         O exército francés é sitiado en Tui e as tropas do Xeneral Macunne saen de Santiago na súa axuda. O 12 de abril ó chegar a Pontesampaio (Pontevedra) atópanse con forzas mandadas polo coronel Murillo, nas que participan moitos redondeláns, que lles fan fronte armados con canóns do fortín de Rande. Ó quedar sen municións retíranse resultando morto o xefe do grupo, o licenciado José Macedo. Para dar unha lección os franceses saquean e incendian O Viso, Redondela, Vilavella, Negros, Vilar, Saxamonde, Mos, Louredo e Porriño.
Marques de la Romana Foto: Wikipedia
        Ó día seguinte, de regreso de Tui, Macunne volve a saquear e incendiar Redondela. Nestes dous ataques mataron en Redondela unhas 140 persoas despois de torturas e violacións. Queimaron 204 casas, entre elas a parroquial que gardaba os arquivos municipais o que nos privou da documentación de épocas anteriores. As igrexas tamén foron saqueadas, o convento de Vilavella foi empregado para gardar aos cabalos e o Convento de Agrelo foi incendiado, sendo asasinados tres monxes e o lego Fr. Jacinto Alfaya de 81 anos.
         O 7 e 8 de xuño ten lugar a Batalla de Pontesampaio. As forzas galegas co Coronel Pablo Morillo enfróntanse ás francesas do Mariscal Ney. Supuxo a derrota e a expulsión do exército francés de Galicia. Nesta batalla destacouse o irlandés John O’ Doherty, alférez de navío destinado na Portela, que dirixiu 3 lanchas armadas con canóns. Francia ocupou Galicia durante tan só 6 meses perdendo a metade dos 58.000 homes cos que chegou.

Coronel Pablo Morillo. Foto: Wikipedia

     
Nos libros parroquiais atopamos as seguintes referencias a estes feitos:
Redondela.
Benita Balado, viuda de Manuel Talles, que fue fusilada por los invasores, el día 15 de abril, de este año de 1809; en cuya fecha, quemaron así mismo estos malvados esta villa y la de Villavieja; y cometieron estos salvajes, otras atrocidades, de que, solo ellos, son capaces; Francisca Fernández, viuda de Antonio Miguéns; José Mocedades Verdeal, viudo de María Villapol, el cual, murió fusilado por los franceses en Arcade, el día 13 de Abril, desde donde continuaron hacia Tuy; Francisca Amoedo, viuda de Juan María Queimaliño, que murió sola y desamparada de los naturales de este entorno, huidos, a consecuencia de las violencias y quemas, realizadas por los invasores franceses, el 14 de abril; Isabel Alfaya, viuda de Andrés da Terra; y el hijo de estos, Calisto, que fue muerto el día anterior, 13 de Abril por los franceses, cuando huía de ellos, en el lugar de Portela; los cadáveres de madre e hijo, fueron inhumados en la iglesia de San Andrés de Cedeira; María Juana Besada, mujer de Benito Pérez; la cual, estando en cama enferma, murió quemada por los franceses, el citado 14 de Abril; Teresa Amoedo, impedida y encamada; Jacinta Fernández, viuda de Domingo de Lamas; María Fernández, mujer de Ventura Ropeiro, la cual, estando encamada e impedida, murió quemada, también el 14 de Abril, en el incendio que ejecutaron los franceses; José Luis, viudo de Juana Cameselle, vecinos de la Rúa del Rivero, de esta villa, el cual, fue fusilado en su casa por los invasores franceses; Francisco de Mera, marido de Sebastiana Rodríguez; Domingo Fervenza, viúdo de Juana Alfaya; el cual estando ciego, impedido y en cama, fue quemado con la casa en que vivía; (nota): -A sus funerales que tuvieron lugar el 29 de Diciembre de 1810, asistieron once sacerdotes y dieciséis religiosos del convento de Agrelo, inmediato a Redondela.- José de Lamas, viudo de Josefa Ferbenza, impedido y accidentado, fue quemado con su casa; Ventura Curuxeira, marido de María Carrera; y Francisca de Soto, viuda de Simón de Lago; la cual fue también quemada viva.”

Vilavella.
En el día 15 de Abril de 1809, dentro de esta iglesia de Santiago de Villavieja, Redondela, se le dió sepultura al cadáver de Don Juan Pereira, Juez de dicha villa; fue muerto repentinamente el día anterior, 14 de abril, dentro de su misma habitación, por los enemigos franceses; era marido de Josefa Miguele; no consta haber hecho testamento, y por disposición de su mujer, asistieron, posteriormente, a sus tres funciones con Misa Cantada, treinta sacerdotes y religiosos. Para que conste, lo firmo: Juan Francisco de Lago.””El mismo día 15 de abril, dimos sepultura a los cadáveres de: María Fernández, viuda de Lorenzo Pereira; muerta en su misma cama por los franceses; Josefa Méndez, viuda de José Mouriño; José Prego y su mujer Josefa Fernández; Santos Míguez y su esposa María Camiña; Ignacio Pérez, marido de María Socorro Losada; Juan José Antonio Areal y Crespo, Marido de María Jacinta del Villar; José Amil, escolante, marido de Manuela Vázquez, era pobre no tenía más que lo que ganaba con su escuela de primeras letras, quedándole una hija llamada Josefa Amil; Antonio Figueroa, carpintero, marido de María Seoane; José María Correa, pintor, marido de María Paula García; María Mateo Rodríguez, viúda de José Villar; Juana Pérez, mujer de Juan de Sisto, muerta, como los anteriores, por los crueles enemigos franceses, el día 14, al paso que quemaron las villas y más lugares después de haber robado todo”. “La mayor parte de las víctimas recibieron alevosa muerte, dentro de sus viviendas”. “El día 10 de Mayo de 1809, murió Eliseo Otero, de resultas de haberle maltratado los crueles enemigos, el 14 de abril, en los términos de la parroquia de Reboreda, en cuya iglesia, recibió sepultura”. “En la parroquia de Nespereira recibió sepultura, Manuel Conde, que se hallaba allí, huyendo de los franceses; era como el anterior; de la parroquia de Villavieja”. “En la citada parroquia de Villavieja, se le dio sepultura, el 14 de Marzo de 1809, al cadáver de Francisco de Castro, viúdo de Plácida Boullón, del barrio de Outide, muerto el día anterior de un fusilazo, que le dio en la vereda, un inhumano francés; recibió los Santos Sacramentos y fue amortajado en hábito de sayal; asistieron a su entierro y más exequias, diez sacerdotes, tal como lo tenía señalado en una donación que tenía hecha a favor de un hijo”.

Quintela
“El 14 de abril de 1809, los invasores franceses quemaron 18 casas de esta feligresía, mataron a cuatro personas y, entrando en la iglesia, robaron hasta el Copón y un Cáliz”.

Saxamonde
“14 de Abril de 1809. Día Memorable (en una fajita impresa pegada al libro de difuntos de Saxamonde que comienza en 16 de Julio de 1492 y acaba en...). Día 14, día de terror y llanto para los fieles vecinos en la que los franceses quemaron ermita y cinco casas ni cuentan los pajares, hórreos, cortijos y casas a que prendieron fuego y logró apagarse: en el mismo asesinaron nueve hombres y diez mujeres, vecinos todos de esta parroquia los que se enterraron como se pudo al día siguiente. Fdo.: Abad D. (ilegible) de Castro”.”El 19 de Abril de 1809: Miguel Beiga, de Padrón; Joseph Barciela, de Padrón; Joseph Luisquiños, de Padrón; Juan Bernárdez, de Padrón, asesinado en Negros (sin embargo, en el libro de difuntos de Negros aparece como: Pedro Fernández, casado, vecino de Saxamonde, quien no recibió los santos sacramentos por matarlo los franceses); Joseph Riva, de Padrón; Miguel de Lago, lugar de Redollo; Manuel Calvar, de Padrón; Pedro Balado, de Padrón; Catalina Calvar, de Padrón; Antonia Míguez, de Padrón; Francisco Ricón, de Padrón, asesinados todos por los franceses”. “Una epidemia que hubo en esta feligresía en este año de 1809, en el que hubo ocasión de tener a un tiempo a cuarentena enfermos sacramentados, el poco lugar que había y andar uno como confuso fue causa de que varias partidas, por haberse traspapelado los apuntes, no se pusieron con el debido orden”.

O Viso
“Juan de Sobral, marido de Francisca Martínez, muerto por los enemigos el 14 de abril de 1809”.

Cedeira
“El 18 de Abril de 1809, funerales por Agustina Pérez, hija de Antonio y de María Otero, murió el día antecedente repentinamente, asustada de los enemigos, de quienes recibió golpes. No recibió los sacramentos, ni testó y sus hijos ¿? No asistieron a su entierro”. 21 de Abril de 1809. “... sepultura eclesiástica el cadáver de Ignacio de Otero, esposo de Bernarda de Montes, mis feligreses, lugar de Cobelo, muerto el día antecedente de resultas de haber sido herido el día trece en las dehesas de Quintela por el enemigo al retirarse indefenso...” 26 de Abril de 1809. “... Se han celebrado en esta iglesia de mi cargo las exequias de entierro y más términos por alma de Gabriel Figueroa, viúdo de Antonia de Montes, mis feligreses, lugar de Cobelo, murió repentinamente en las dehesas de Quintela el día 13 de este mes, pasado por el pecho con unas balas al retirarse indefenso a su casa...”. 14 de Noviembre de 1809. “... Se celebraron en esta iglesia de mi cargo las funciones de entierro y más términos por la alma de los dos hermanos Santiago y Antonio Méndez Lago, solteros, que murieron aquí en el Hospital de Vigo de resultas de unas heridas que recibió en la defensa de su religión y este en el Reyno de Andalucía, hijos legítimos de Josef y Eulalia de Lago, mis feligreses, lugar de Rande...”.

Ventosela
El 25 de abril de 1809 fue enterrado en Reboreda el vecino de Ventosela Juan Benito Barros, quien mouriera en la primeira parroquia en la revolución con la Francia.

Cesantes
El 12 de Junio de 1809 se celebraron funerales por Gerónimo Freire, esposo de María de Lago, que fue muerto por los franceses en el primer combate de Pontesampaio.

Rafael Martinenzo. Mapa de Pontesampaio 1810. Ministerio de Defensa-

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.
1809 Proezas del Pueblo Gallego. Celestino Viéitez
Tomo 2. Orgullo, gloria y honor.
Tomo 3. La muerte no fue su final.

domingo, 12 de abril de 2020

Otero Soto, Alejandro (Redondela, 20-04-1925) Avogado e Político

   
         Licenciado en Dereito en 1946 pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en exercicio nos colexios de Santiago e A Coruña desde o ano 1951, especialista en Dereito Penal e posteriormente en Dereito Laboral e en, actuacións ante o Tribunal de Orde Pública. Socialista por tradición familiar, o seu pai era José Otero (Rexistrador da Propiedade) varias veces detido e multado e o seu tío Alejandro Otero Fernández (destacado político republicano). Pertenceu ao P.S.I. e posteriormente ao PSP. desempeñando os cargos de Secretario Gral. da Agrupación de Santiago. S° Gral. de Relacións Políticas do PSP en Galicia. Baixa voluntaria no PSP en abril de 1977 ao non conseguirse a unidade dos socialistas, incorporándose máis tarde ao PSOE, no que foi secretario de Relacións Políticas da AS de Santiago. Membro fundador da Xunta Democrática de Galicia en marzo de 1975. Representante da Taboa Democrática. Representante na Plataforma de Organismos Democráticos. Asesor Técnico do representante da Taboa Democrática na Comisión de Negociación dos Nove. Membro da Comisión Técnica Electoral. Defensor de todos os estudantes e traballadores antifranquistas durante a clandestinidade e dun xeito gratuíto. Detido e multado varias veces. Sometido a Consello de Guerra. Os seus bens foron embargados por responsabilidades políticas. Avogado Laboralista da UGT. Secretario de Acción Reivindicativa do Sindicato de Oficinas e Despachos de Santiago. Membro da Comisión Nacional Galega por Santiago. Secretario de Relacións Sindicais da provincia da Coruña. Secretario Xeral da provincia da Coruña. Coordinador do Comité Técnico de Campaña do Referendo na provincia da Coruña. Durante a clandestinidade, a case totalidade das reunións dos grupos e forzas políticas da oposición en Galicia facíanse na súa casa. Nas eleccións de 1979 presentouse a senador pola Coruña.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Fundación Pablo Iglesias. http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/31853_otero-soto-alejandro
1979/02/27La Voz de GaliciaA Coruña47

Ernestina Otero Sestelo (Vilavella (Redondela) 23-10-1890 / 13-2-1956) Pedagoga

Foto publicada en "Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga"
          Despois de rematar os seus estudios na Escola de Maxisterio de Pontevedra no 1908 coas máximas cualificacións, especializouse en Ciencias e Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio de Madrid.
          Iniciou a súa carreira na Escola de Maxisterio de Pontevedra na cátedra de Pedagoxía. Era 1915, nunha España na que no mundo laboral a muller tiña un papel ben distinto que hoxe en día. Isto non impediu que co tempo chegara a ser a directora deste centro. Puxo en práctica numerosas innovacións educativas como promover o roupeiro e o comedor escolar, a educación de adultos ou o fomento do estudio e investigación das características históricas, xeográficas e culturais de Galicia.
A Guerra Civil truncou esta actividade. Despois de 21 anos neste cargo, como moitos outros foi depurada, xa que dera o seu apoio a prol do Estatuto de Galicia. Primeiro foi suspendida de emprego e soldo e despois trasladada á Escola Normal de Ourense, onde traballaría durante 13 anos. No 1951 recuperou a súa cátedra en Pontevedra, exercendo o ensino ata o seu falecemento 5 anos máis tarde.
Nos anos 90 a súa figura foi homenaxeada en Redondela nun acto no que se lle da o seu nome a unha rúa da vila. No 2018 tamén lle foi imposto ao edificio do Reitorado da Universidade de Vigo despois dunha votación popular. En xaneiro do 2019 o Concello de Pontevedra aproba darlle o seu nome a unha das rúas do polígono de Tafisa. Ese mesmo mes a Asemblea Feminista Paxaretas crea o Premio Ernestina Otero, co obxectivo de “recoñecer a mulleres pioneiras e relevantes do concello de Redondela, así como a entidades, asociacións ou colectivos que teñan desenvolvido un labor a prol da igualdade real entre homes e mulleres de Redondela “.
Coa familia. Foto publicada en "Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga"

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.
Mestras de Redondela. 1900-1945. Ed. Asociación de Mulleres Xanela.
Unidade didáctica. Personas que dan nome as rúas e prazas de Redondela. Xose Manuel Moreira Docampo. (Inédito. Fondos da Biblioteca de Redondela)
Facebook>Asemblea Feminista Paxaretas
dogrisaovioleta.gal

Otero Fernández, Alejandro (Redondela 14-12-1888 / México26-6-1953) Médico e Político.

Foto: culturagalega.org
Médico xinecólogo, profesor desta especialidade na Universidad Central de Madrid. Despois sería catedrático de Obstetricia na Universidade de Granada, da que sería nomeado rector o 29 de novembro de 1932. Socialista e membro da UGT foi Concelleiro na cidade de Granada, Deputado a Cortes por Granada e Pontevedra (1931) e Subsecretario de Armamento durante a Guerra Civil. Exiliouse a Francia, onde formará parte do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE), e México, onde se converteu no Xefe do Servicio de Xinecoloxía do Hospital Español e foi membro fundador da Sociedade Mexicana de Obstetricia e Xinecoloxía, da Unión de Profesores Universitarios Españoles no Estranxeiro e un dos médicos da Casa Presidencial mexicana. En canto á súa actividade política foi vicepresidente do Partido Socialista en México. Ofrecéronlle volver a España, ao que se negou mentres gobernara Franco. Faleceu en 1953, ao ano seguinte os seus restos serían trasladados ao cemiterio dos Eidos.

Homenaxe en Redondela, 1927. Foto: Llanos
A principios dos anos 30 déuselle o seu nome a unha rúa en Redondela (actual rúa Reveriano Soutullo), que rapidamente foi cambiado co xiro da situación política en España. O 2013 foi declarado polo Concello de Redondela “Ano Alejandro Otero”, entre os actos celebrados vólveselle a por o seu nome, desta volta a unha praza, que formaba parte da Rúa Alfonso XII.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)
www.culturagalega.org
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Vida Gallega

O’Doherty Brown, John. (Bolyborron (Irlanda) 6-11-1777 /Redondela) Militar

Foto publicada en Historias de las Rías
          Descendente da nobreza irlandesa, queda orfo ós 7 anos e cos 6 irmáns emigra a España fuxindo da persecución dos potestantes. Entra no exército español cos seus irmáns Henry e Clinton Dillon que morrerían en combate. John participou en numerosos combates navais: Las Guayanas, Las Malvinas, Río de la Plata, Trafalgar, Las Canarias....
En 1808, estando destinado no Apostadeiro da Portela, casou en Redondela con María Josefa Macedo Salazar. Xa na guerra da Independencia, 1809, loitou contra os franceses en Santander, A Coruña e Pontesampaio. Nesta última tivo un papel destacado, sendo alférez de navío e ao mando de 3 lanchas con canóns encargouse da defensa da ponte romana dende a auga.
Retirouse do exército en 1812 como Teniente de Fragata. En 1823 foi nomeado Ayudante Militar del Distrito de Redondela. Debido á dificultade para pronunciar o seu nome era coñecido popularmente como Juan do Juerto. Entre os seus descendentes destacan en Redondela os irmáns Juan e Manuel Amoeo Seoane.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
SEREN: Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.

martes, 7 de abril de 2020

Libros: Autobiografías

Bodas de Oro (1939-1989). Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía.
Recuerdos de mi vida 1990. José Regojo Rodríguez
O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.



Autor: Juan Migueles

Libros: Biografías de persoeiros de Redondela

Luis Telmo Bernárdez Santomé
Luis Telmo Bernárdez Santomé. Un bo e xeneroso. Isaac Borja Araújo Figueroa.


Alejandro Otero Fernández
Alejandro Otero. El médico y el político. José Fernández Castro.
Alejandro Otero. Enriqueta Barranco e Fernando Girón
Alejandro Otero. O heroe ausente. Enriqueta Barranco Castillo e Fernando Girón Irueste.Concello de Redondela.




Rita Otero Fernández
Paseando el recuerdo. Mi abuela Rita Otero. Gracia Regojo Bacardi.
Rita Otero. Una vida de entrega. Sabela Álvarez Manzano.
Ernestina Otero Sestelo
Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.



Ernesto Padín Lorenzo
Ernesto Casto Padín Lorenzo. Un poeta redondelán. Carlos Antuña e Lola Míguez. Ed. Coordenadora de equipos de normalización lingüistica dos centros educativos de Redondela.
Casto Sampedro Folgar
Casto Sampedro Arqueoloxía e memoria. 75 aniversario do seu pasamento. Varios autores, 2013
Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.
 



Diego San José de la Torre
Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José. Diego San José de la Torre, Manuel Puga Pereira e Xose Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela.
Paulina Sánchez Otero
Paulina. Mestra de soños Telmo Crespo Tojeiro
 


Reveriano Soutullo
Reveriano Soutullo Otero, el alma lírica de la música gallega, vida y obra. Mª Rosa Arija Soutullo. Ed. Diputación de Pontevedra, 2011.
Reveriano Soutullo Otero. Estudio biográfico y musical. Jaime Estévez Vila.



Biografías. Outros estudos e artigos.

José Santiago Crespo Pozo

In Memoriam. José Santiago Crespo Pozo. Centenario de su nacimiento. (1909-2009). Jerónimo López López e Carlos Viscasillas Vázquez. Boletín Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia nº8-pag16.

Eladio Leirós Fernández

Don Eladio Leirós Fernández. Uxío Torre Enciso. 1980 Boletín nº 360 Real Academia Galega

Diego San Jose

Diego San José: Paseo radiofónico por las calles de Madrid. Gemma Sara Ventín Sánchez. Universidad Complutense de Madrid, 2005.

Johan Soárez

A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII. A personalidade histórica do trobador Johan Soayrez Somesso. Henrique Monteagudo. Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela, 2013.

Reveriano Soutullo

Reveriano Soutullo. Cidra e Balancé. 2. Vol. 2016. Edita Asociación Nacional de Directores de Banda

La Leyenda beso, zarzuela en dos actos. Reveriano Soutullo y Juan Vert. Libreto: Enrique Reoyo, Antonio Paso (hijo) y José Silva Aramburu.

El último romántico. Zarzuela en dos actos. Soutullo y Vert. Unión Musical Ediciones S. L.

Reveriano Soutullo y el pasodoble Ponteareas. Rosana Boente Lago

Antonio del Villar

Antonio del Villar, retablista. Dolores Álvarez Fernández. Espacio. Tiempo y Forma, Serie Vil, H." del Arte, t. 8, 1995, págs. 167-189


Autor: Juan Migueles