viernes, 8 de octubre de 2021

Sendeirismo por Negros

 


O Servicio de Normalización Lingüística de Redondela (SNL) ven de publicar tres novas entregas da colección Parroquias de Redondela: Reboreda, por Carlos Rodríguez; Cabeiro, por Amante Romero Álvarez e Negros, por Xosé Couñago Ribeira. Para este último o autor creou unha serie de andainas para percorrer a parroquia de San Estebo de Negros descubrindo o seu entorno e patrimonio (petróglifos, mámoas, muíños...). No libriño podedes atopar información detallada e códigos QR para poder realizar a andaina de forma sinxela coa axuda do teléfono móbil. Se non vos dades ben con esta tecnoloxía pero vos defendedes co ordenador aquí vos deixo o enlace web:


Rutas na Parroquia de Negros
https://goo.gl/maps/LNzYWTuBsL1YuhPF7

Podedes premer nunha ruta e nela atoparedes os puntos de interese con fotos e toda a información que precisedes.

Os libros poden recollerse gratuitamente no Multiusos da Xunqueira, no Multiusos do Piñeiral do Crego e nas presentacións das publicacións nas parroquias correspondentes.

Autor: Juan Migueles

 

  

sábado, 2 de octubre de 2021

Os Muíños de Redondela ao longo da historia.

 

Muíño de Antonio do Bicho "AÑO DE 1878"(Albagheira-Trasmañó)
Muíño de Antonio do Bicho "AÑO DE 1878", Trasmañó. Foto: J. Migueles

(Ver tamén a listaxe de muíños de Redondela na actualidade https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )


Neste apartado recompilei datos referentes aos muíños en diversos documentos históricos. Teremos que ter en conta a variación dos límites parroquiais ao longo da historia.


O documento máis antigo referente a muíños que atopei data de 1439: Los jueces árbitros otorgan sentencias relativas al pleito seguido por el monasterio de Santa María de Melón y el monasterio de Santa María de Armenteira sobre la posesión de unos molinos en Redondela.


No Arquivo da Universidade de Santiago atopamos datos dos muíños de Cedeira. En 1562 xa se fala do Cocho del Molino e, pasando o tempo, este lugar sería chamado en 1697, Molinos de Ponte da Lama. En 1562 cítanse aos Molinos da Maceira, do dominio do Duque de Soutomaior. En 1587 o Molino de Maria González de Ovello preto do marco da Rañada. E en 1697 cítase o molino da Ponte da Lama”, ademais dun muíño na Rañada e outro na Cavada. Tamén se fala de dous muíños daquela desaparecidos: "... y conoce el sitio donde hubo dos molinos en un riachuelo que está contiguo al cerrado donde el cura de esta feligresía tiene la casa rectoral, sin que allí se hallen dichos molinos". Neste mesmo ano tamén se fala de Domingo de Outeiro "do Muíño", veciño de Cedeira.


No Fondo Casto Sampedro do Museo de Pontevedra cítase en Reboreda a herdade Campo do Moyño nun documento de 1628 e Cabadiña do Moyño Vello, noutro de 1667. Outros documentos deste fondo serían:

1603. Redondela. Soutomaior. arrendamento que fixo Fernando Pérez a favor de Francesco Rodríguez polos muíños sitos na vila de Redondela e que Paio Somoza de Montenegro e Gerónima Sarmiento tratan de arrendar, do 30 de decembro de 1603.

1604. Redondela. Soutomaior. arrendamento dos muíños dos pasales de Redondela de Paio Somoza de Montenegro.

1628, xaneiro, 31 Poder que outorga Pedro Martínez de Parga, procurador de causas e veciño de Redondela, a Constanza Vázquez de Fuente, súa muller, para que poida arrendar a renda que lle pagan polos muíños de Gandariña.

1705, decembro, 15 Venda que fai Domingo de Sequeiros, veciño de Redondela, á sua irmán María de Sequeiros, da sua parte no muíño de Pedro Rodríguez, na freguesía de Santa María de Reboreda.

Copia dun foro que fai D. José Macedo Salazar a Santiago Landín dunha casa e unhas rodas de muíño en Reboreda (Redondela) datado o 6 de abril de 1795.


Muíño do Rachón en Reboreda. Foto: J. Migueles
Muíño do Rachón en Reboreda. Foto: J. Migueles

No Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella de 1699 aparecen pagando o foro do Campo do Rigueiro do Barro (Vilavella): “Domingo da Veiga e Juan da Veiga molinero”.


No Catastro de Ensenada (1752) rexístranse: 7 en Cedeira, 3 en Cesantes, 11 Chapela, 7 en Negros, 35 en Reboreda, 2 en Redondela, 10 en Saxamonde, 6 Trasmañó, 4 en Vilar de Infesta e 2 en Vilavella; Cabeiro non tiña muíños. Tamén aparecen os propietarios destes muíños. Dalgúns dos muíños de Reboreda fanse constar os seus nomes: da Freixa, da Fanega, da Manga, da Porta, do Francote, da Neta, da Rabadeira, da Cabada, do Cocho, do Cocho de Arriba, do Cumio e da Carosa. E como linde de Vilar de Infesta aparece o Muíño do Mangoeiro.


No Fondo Casto Sampedro tamén atopamos con data de 26 de xullo de 1753: Protesta que fan Pedro do Lago, veciño da freguesía e coto de Santo André de Cedeira (Redondela-Pontevedra), e Bernardo de Figueroa, de Vilavella, contra Domingo Ricón, ministro de Miguel de An Román, xuíz ordinario na freguesía de San Román de Saxamonde, por quitarlle este as fontes e mananciais que movían os seus muíños. Protocolo de Gerónimo Francisco de la Iglesia.


En 1756 denúnciase a un veciño de Chapela por construír un muíño na devesa real. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/04/as-reais-devesas-do-concello-de.html )


Nos datos que vou recollendo do censo de 1760, apenas dez anos de diferencia cco Catastro de Ensenada, as cousas seguen practicamente igual:

En 1760 os dous muíños fariñeiros en Vilavella propiedade da viúva María del Villar atópanse arruinados e non moen. En Chapela, Thomas Antonio Alvares lleva por arriendo a las monjas de Santa Clara de Pontevedra once molinos que muelen con agua corriente. El uno con una rueda al sitio de Espiñedo muele cuatro meses al año perteneciente a Francisco López. Otro en el mismo sitio de Antonio del Villar y hoy lleva Thomas Álvarez por arriendo de dichas religiosas. Otro al sitio de Cidadelle de una rueda propio de Juan Lorenzo de Theis y lo lleva Juan Antonio Figueroa, quien formó Gravio Notorio por no ser de maquía como todos los demás. Solo muele para gasto de su casa seis meses al año. Y los otros siete muelen todo el año uno de ellos de dos ruedas al sitio del Río Frío perteneciente a Diego de Araújo vecino de Vigo. El uno de Benito Falcón que lo lleva Leocadia Falcón, se halla de edificio de obra nueva con dos ruedas, una muele cuatro meses al año y la otra no muele por falta de agua.

Un Molino al sitio de Cavadiña

Un molino de dos ruedas muele todo el año con agua ¿Riofrío?

Un molino de una rueda al sitio de Riofrío muele con agua corriente todo el año.

Un molino a una rueda al sitio de Chapela... otro al mismo sitio arruinado

Un molino de una rueda al sitio de Espiñedo. Muele con agua corriente cuatro meses al año. Otro molino al sitio de Ríofrio de una rueda muele con agua corriente todo el año.

Un molino al sitio y lugar de Sidadelle de una rueda y muele con agua corriente seis meses del año.

Jacob Colbel, veciño de Vigo. Á súa morte Juana Taboada tamén veciña de Vigo. Un molino al sitio de Riofrío de una rueda, muele con agua corriente todo el año.

Otro molino al sitio de Fondon de una rueda muele con agua corriente todo el año. Otro molino en dicho sitio de una rueda muele con agua corriente todo el año.

Dña. Leocadia Falcón, por ausencia de su hermano D. Benito Falcón... un molino de una rueda al sitio de Chapela muele con agua corriente todo el año... En el sitio del Río de Segade un molino con dos ruedas y no muele sino seis meses al año con agua corriente una rueda

Muíño da Casqueira en Chapela. Foto: J. Migueles
Muíño da Casqueira en Chapela. Foto: J. Migueles

 

Neste censo sabemos algo máis dun muíño de Cedeira: Andres de Otero vecino de la feligresia de san Mamed de Quintela lleva los dias de Molienda que constan en su asiento en el Molino nombrado La Mazeira cargado por entero a Pasqua de Ottero difunta.


Manuel López , muiñero, veciño de Vilavella en 1834.

En Trasmañó: ...no hay minas salinas ni otro artefacto más que 6 molinos de una rueda, muelen con agua corriente cinco meses al año, no de continuo, sino interberadamente. Los cuales se hallan sitos en el Río de Lobagueiras y ascenderá de utilidad a cada uno a 60 reales de vellón anuales, de los cuales corresponden uno a Domingo Vázquez, otro Alonso Sánchez, otro a Domingo Gutierrez y consortes, otro a Andrea Gómez y sus consortes, y dos a D. Vicente Quiroga, vecino de Santiago de Vigo.


Nas Contas municipais do Concello de Redondela 1830-1837, atopo: Manuel López , molinero, veciño de Vilavella en 1834.


No Diccionario Madoz (1845) contabilízanse: 2 en Cabeiro, 2 en Cedeira, 4 en Cesantes, 4 en Chapela, 8 en Negros e 17 en Reboreda. Tamén se confirma a existencia de muíños en Quintela, Redondela e Ventosela sen especificar o número. Non constan en Saxamonde, Trasmañó, Vilar e O Viso.


No Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración de 1879: En Redondela: Abeleira (Ramón), Barros (Angela), Paradela (Francisco), Perez (Antonio) e Pérez (Vicente). En Cabeiro: Alvarez Martin (Antonio). En Cedeira: Pardo (Ramon). En Cesantes: Blanco Lago (Francisco) e Pesqueira (Cármen). En Chapela: Castro (Luis), Covelo González (Benito), Curbera (Franeiseo), González Alonso ( Vicente), González Romero (Vicente), Lago Blanco (Benito), Rodriguez (Manuel), Rodríguez (María) e Rodríguez Esteban (Manuel). En Negros: Figueroa (Miguel). En Reboreda: Alonso (José), Blanco (Santiago), Couñago (Joaquin), Lamas (Teresa), Lopez (Ramon), Ponte de Andrade (Manuel), Ramos (Roque) e Sampedro Borines (Concepción). No Viso: Fontan (Francisco).


Na Matrícula Industrial de 1885 (a máis antiga que se conserva no Arquivo do Concello de Redondela): Bernardino Alonso (1roda-6meses-Atrio), José Alonso (1-6-Reboreda), Antonio Álvarez Martínez (1-3-Cabeiro), Ángela Barros (1-6-Monjas), Francisca Blanco Lage (2-3-Cesantes), Lino Castro (1-6-Chapela), Carmen Casqueiro (1-6-Cesantes), Joaquín Couñago (1-6-Reboreda), Benito Covelo González (1-6-Chapela), Miguel Figueroa (1-6-Negros), Francisco Fontán Portela (1-6-Viso), González Alonso (1-6-Chapela), Benita Lago Blanco (1-6-Chapela), José Lago (1-6-Viso), Ramón López (1-6-Reboreda), Carmen Núñez e Vicente Pérez (1-6-Reboreda), Ramón Francisco Pardo (2-3-Cedeira), Manuel Pereira Estévez (1-6-Chapela), Francisco Paradela (1-3-Reboreda), Jose María Ricón Couñago (1-6-Reboreda), María Rodríguez (1-6-Saxamonde), Ramos Roque (1-6-Reboreda), Concepción Sampedro Borines (1-6-Reboreda), Francisco Tapias (1-6-Chapela).



Muíño da Regheira, Trasmañó. Foto: J.Migueles
Muíño da Regheira, Trasmañó. Foto: J.Migueles

Nun censo de actividades de 1905 atopamos en Redondela aos seguintes propietarios de muíños fariñeiros en Redondela:

Ramón Arelina, Ángela Barróz, Salustiano Méndez, Francisco Paradela, Antonio Pérez, Vicente Pérez e Prudencio Rivas. En Cabeiro Antonio (ilexible). En Cedeira os herdeiros de Pardo. En Cesantes Francisco Blanco e Carmen Pesqueiro. En Chapela Luis Castro, Benito Colela, Francisco Culera, Vicente González, Benito Lago, Manuel Rodríguez, María Rodríguez e Manuel Rodríguez. En Negros Miguel Figueroa. En Reboreda José Alonso, Santiago Blanco, Joaquín Couñago, Teresa Lama, Ramón López e Manuela Ponte de Andrade. En Saxamonde José Zabaleta. En Ventosela Manuel Bouzón. E no Viso Francisco Fontán.


En 1910 hai poucas variacións, en Redondela:

Ramón Abeleira, Ángel Barros, Francisco González, Juan González, Francisco Paradela e Antonio Pérez. En Cabeiro Antonio Álvarez Martín. En Cedeira sucesores de Pardo. En Cesantes Francisco Blanco Lago e Carmen Pesqueiro. En Chapela Teresa Castro, Francisco Curbera, Delfín ¿G...? López, Vicente González ¿Al...?, Benito Lago Blanco, Manuel Rodríguez e María Rodríguez. En Negros Victoriano Antonio e Miguel Figueroa. En Reboreda Manuel Crespo, Francisco García, Juan González, Alejandro Lago e Cándido Míguez. E no Viso Francisco Fontán.


Na Documentación da Finca de Sobral (1910) cítanse os Muíños de Esteiro.


En 1925 en Redondela: Florencio Alfaya, Juan M. Abilleira, María Balado, Severiano Bastos, Francisco González, Juan González, Alejandro Lago, Eladio Martínez e Prudencio Rivas. En Cabeiro, Antonio Álvarez. En Cedeira Florencio Alfaya e a viúva de Genaro Amoedo. En Cesantes Florencio Alfaya e "La Viocha". En Chapela Francisco Carrera, Luis Castro, Vicente González, Benito Lago, María Rodríguez e Manuel Rodríguez. En Negros Miguel Figueroa. En Reboreda José Alonso, Joaquín Couñago, Teresa Lamas, Ramón López e Manuela Ponte de Andrade. En Saxamonde José Zabaleta. En Ventosela Manuel Bouzón. E no Viso Francisco Fontán.


E nun anuario de 1932: Alfaya Pérez (Florencio), Mosquera Ballesteros (Ramón)


Anuncio da venta dun muíño, 1919. Redención

Outras noticias referentes a muíños serían:

En febreiro de 1901, solicitou permiso para aproveitar ata 2.000 litros de auga por segundo do río Louro, nos termos de Pazos de Borbén e Redondela, o veciño deste último punto don Bernardo Pereira para destinar á produción de enerxía eléctrica, e mover unha serra mecánica e un muíño fariñeiro.

1902, decembro. Causa do xulgado de Redondela contra Juan Álvarez Iglesias por lesións. O día 21 de xullo despois de discutir con Manuel Fernández polo aproveitamento dun rego de auga. Chegou ao muíño que este ten no lugar de Mangueiro, preto de Redondela, e cun legón deulle un golpe no costado esquerdo, necesitando 29 días para curarse.

En agosto de 1922 anúnciase a apertura pública dun muíño eléctrico na actual rúa Padre Crespo que conta cos máis modernos adiantos para millo, trigo, centeo e....sofre.

Pola contra, en 1929 as noticias son menos amables:

Febreiro: En Saxamonde apareceu afogada unha mendiga duns 65 anos e de nacionalidade portuguesa, na canle do muíño do Buraco, no barrio dos Valos.

Maio: A garda civil de Porriño denunciou ao veciño de Vilar, Manuel Figueroa, por sacar pedra dun muíño en ruínas sito en Guizán (Mos).


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Muíños nas terras de Redondela: Miguel Ángel Abraira Pérez.

O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso, 2020.

Pares http://pares.mcu.es

>Archivo Histórico Nacional> Monasterio de Santa María de Melón

Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella

Expediente de comprobación de bens, rendas e cargas das diferentes freguesías, efectuado por decreto de decembre de 1760 para o establecemento da Única Contribución

Catastro de Ensenada de todas as parroquias actuais do Concello de Redondela (1752).

Diccionario Madoz (1845)

Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración (1879)

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Matrícula Industrial de 1885-86. Arquivo do Concello de Redondela

No Arquivo da Deputación de Pontevedra https://atopo.depo.gal/ : Fondo Casto Sampedro, Vilavella-Contas municipais do concello de Redondela 1830-1837.

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración; Anuario Riera; Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España

USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, Gaceta de Galicia, La Integridad

Faro de Vigo