Ademais dos produtos de mar e as
gaseosas, que vimos nos seus apartados correspondentes, houbo máis
empresas alimentarias en Redondela. Estas son algunhas delas:
 |
| Convento de Vilavella, 1913. Vida Gallega |
Fábrica de doces
do Convento de Vilavella (Vilavella)
As
monxas de Vilavella elaboraban
deliciosos doces: cabelo
de anxo,
toronja, noces...
En 1603 o Concello de Pontevedra encarga á superiora Inés Avalle
Mariño uns pasteis
para agasallar ó Arcebispo Maximiliano de Austria de visita nesa
cidade.
En 1857 o seu doce de froitas en caldo de azucre é premiado na
Exposición de produtos agrícolas de Madrid. Ese mesmo ano os seus
doces tamén son premiado na Exposición Agrícola de Pontevedra.
 |
Cabelo de anxo, "espejuelo" e "naranjillo" elaborados por Geles Crespo seguindo as receitas das monxas.
|
En
1867 representaron a España na Exposición Universal de París con:
doce
de froitas
en caldo de azucre, de azar, laranxa, naranjillo,
cabelo
de anxo
e
noz. O prezo
era de 0’5 a libra e consumíanse máis no estranxeiro
que en España. Nesta
ocasión serán
acompañadas polas redondelá Petronila Rodríguez Criado que
participa cos seus propios doces, no seu caso o
prezo era o mesmo e o consumo dalgunha consideración tanto no
interior coma no exterior.
Na
exposición rexional celebrada en Santiago en 1875 presentaron:
naranjas,
limoncillos, flor de azahar, cabello
y cidra en almíbar. Na
Exposición Rexional de Lugo de 1877 recibiron unha medalla
presentando: Barriles
almíbar de limoncillo, precio 3'5 pesetas; idem, de naranjilla, 3'25
id.; Idem flor de azahar, de nuez, de cabello y e toronja, 3 id.
Naqueles
tempos tamén tiña moito éxito o doce de caldo de azucre que en
1895 comeza a levar un selo de garantía para evitar as imitacións
que se vendían na nosa vila. Por
estes anos a
fama dos
doces
estendeuse
por España e cruzou fronteiras, aparecendo nos menús das
celebracións das colonias galegas en Buenos Aires e La Habana.
A
principios do s. XX estes doces eran envasados en pequenos
barrís
de madeira por Manolito Barral e Camilo “de Vilavella”.
Doces
de Petronila Rodríguez Criado
Como
dixemos no apartado adicado aos doces do Convento de Vilavella, en
1867, Petronila Rodríguez Criado tamén
representou
a España na Exposición Universal de París con: doces, limoncillo,
toronja,
mazá, naranjillo,
cabelo
de anxo
e
noz.
Primeira
empresa no Convento de Vilavella
Tralo
abandono do
convento en
1932,
foi arrendado a José Regojo, Florencio Soto e José Docampo que o
empregaron para
elaborar un
doce de froitas seguindo
a tradición das monxas, pero a empresa non duraría moito.
Fábrica
de Marmelo-El Convento (A
Rabadeira-Cedeira)
Pequena fábrica de marmelo establecida nunha casa alugada a Purita
Zendón na Rabadeira (Cedeira) durante os anos 40-50. Foi constituída
por dous socios, un de Vigo apelidado Reboredo e o outro de
Redondela, Segismundo Pérez.
 |
Envoltorio das Pastillas de café cedido por Tatán.
|
Pastillas de Café
y Leche Sucesora de Antonia Córdoba.
Negocio familiar situado
na Praza Ribadavia no primeiro piso do edificio que hai xunto á Casa
da Torre. En 1925 era rexentado por Melitón Sanmartín. Esta empresa
chegou a ser representativo
de Redondela, porque cando o tren chegaba á nosa estación o
primeiro que escoitaban os viaxeiros era ao vendedor ofertando estes
caramelos.
 |
| Comercial Lechera Gallega 1962. Foto Manuel Martínez Docampo |
Comercial Lechera
Gallega S. L. (despois Ilsa-Frigo).
Estaba situada na actual rúa Ernestina Otero. Recollía o leite de
pequenos produtores para a súa distribución, chegando a vendela en
Madrid.
Nas
súas instalacións a inicios dos 50 xa estaba a empresa de xeados
Ilsa-Frigo á que abastecía de leite. Pechou as súas portas a
finais dos 70, trasladándose Ilsa-Frigo
a Cesantes ata a perda da concesión das
herdeiras de Gonzalo Muíños no
2013. A
nova empresa distribuidora establecería a súa base loxística no
parque empresarial de Amoedo.
Refinería del Noroeste Aceites y Grasas S. A. (Vigo
e Redondela)
Empresa envolta en 1972 no “caso Reace”. Dende principios dos
anos 60 tiña parte das súas instalacións en A Portela, na nave
coñecida como “A Fedora” polo cheiro que botaba. A súa historia
foi levada ao cine na película Redondela. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/redondela-pelicula.html
)
 |
Botella de aceite REACE 1 litro. todocoleccion.net
|
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Apuntamentos
sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela). Amado González
Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN:
0211-5530
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo
López e Roberto Gil Moure. 2003
Galeguismo
e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros.
Edicións do Castro
Redondela,
crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro
franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro
2002.
Aportes:
Gonzalo Amoedo, Manuel Migueles, Matilde Fernández, Nanato Lago
Amoedo e Jesús Queimaliños.
Arquivo
do Concello de Redondela: Matrícula Industrial: 1885-86,
1886-87,1887-88, 1889-90, 1890-91, 1891-92, 1892-93, 1893-94,
1899-1900, 1893-94, 1896-97, 1897-98, 1898-99, 1899-1900, 1900-1914.
ABC:
http://www.abc.es/hemeroteca
El
Correo Gallego: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130
Vigometropolitano:
http://www.vigometropolitano.com/
La
Vanguardia (dende 1881): www.lavanguardia.es/hemeroteca
El
País: www.elpais.com
El
Noroeste (Hemeroteca)
http://www.csbg.net/
www.hemerotecadigital.bne.es
Anuario
del comercio, de la industria, de la magistratura y de la
administración: 1879-1884, Revista de geografía comercial...
BOE
> www.boe.es
www.mcu.es:=>
Varios xornais
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La
Integridad, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso,
El Lucense, La Correspondencia Gallega, Gaceta de Galicia, Diario de
Galicia, La Noche, Vida Gallega...