Mostrando entradas con la etiqueta Sucesos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sucesos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de febrero de 2024

1976 Explosións en Chapela.

Un veciño amosa o estado da súa vivenda. Foto: Freire.

        Recentemente a ampliación da Ponte de Rande suposo a expropiación de casas e terras que coma sempre non estivo exenta de polémica. En 1976 durante a construción da autopista a cousa non foi mellor, manifestacións e enfrontamentos coa policía foi a tónica xeral.

        Unha vez iniciadas as obras, en Chapela e Trasmañó as alarmas avisaban do emprego de dinamita para romper as rochas que ían aparecendo no trazado. O sistema funcionaria ata que o 9 de outubro algo saiu mal. A onda explosiva lanzaría bloques de granito de máis de cen quilos nun radio de 200 metros nas inmediacións do Alto da Encarnación. 

Unha das vivendas afectadas. Foto: Freire

        Tan só oito días antes unha das casas afectadas, propiedade de José González Lago, xa sufrira outro percance. Varias pedras impactaran nunha das paredes, xusto no lugar no que momentos antes xogaba o seu neto quen, por sorte, entrara na vivenda. O pobre de José non tería tanta sorte e unha das pedras batería nos seus beizos despois de atravesar unha porta de cristal.

        As protestas dos veciños por aquel feito non surtirían efecto senon todo o contrario e nesta ocasión serían cinco as casas atravesadas por rochas de gran tamaño. Por fortuna non houbo feridos. A precaución deixou casos como o do bebé de oito meses José Luis Lage González, que salvou a vida grazas a que a súa nai, a instancia da avóa Josefa Ribeiro Vieitez, o sacou da cama na que estaba ao escoitar a serea. 

Cama onde estaba o bebé. Foto: Freire.

        Dúas das casas quedaron totalmente destrozadas e inhabilitadas, o segundo andar de Antonio Veiga Domínguez ameazaba con derruirse en calqueira momento. Ante a falta de autoridades que acudiran ao lugar dos feitos e ante a ameaza de choiva e a inminente chegada da noite, saiu cara a Redondela unha comisión de veciños formada por José López Romero, Francisco Silveira Ramos, Guillermo Caride Fernández e Ricardo Estévez Sosin. Ao chegar descubriron que o alcalde, Pedro Otero Rey, acabara de presentar a dimisións uns días atrás e o novo atopábase en Madrid co primeiro tenente alcalde. Ante a falta de vacío de poder sería o xefe dos municipais o que se responsabilizaría de asumir o gasto das comidas dos afectados, quedando no aire o tema do aloxamento.

        Os danos materiais serían numerosos: tellados, paredes, mobles, reloxos... Tamén se vería afectado un coche e varios serían os animais que perecerían, contabilizándose galiñas, patos, coellos e ata un porco.

Algúns dos animais falecidos. Foto: Freire

        A estrada nacional tamén quedaría cortada momentaneamente pola caída de pedras aínda que o tráfico sería axiña restablecido, apesares de quedar un gran burato.

        Os traballadores da empresa Racosa contratada por Autopistas del Atlántico achacaron o feito á posible existencia dunha fisura nunha das rocas, pois a carga empregada fora a mesma que noutras ocasións.

Interior dunha das vivendas. Foto: Freire.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

El Pueblo Gallego

martes, 28 de febrero de 2023

Crónicas do Tren (A partires de 1950)

Accidente en Rande, 1976. Arquivo Cameselle
Accidente en Rande, 1976. Arquivo Cameselle

1950, 21 de xullo. Ao paso dun tren de viaxeiros lanzouse ás vías con intención de suicidarse, Arturo Montero, que foi arrollado.

1950, 25 de xullo. Un veciño de Gomesende (Ourense) de 62 anos, que se dirixía a Santiago para entregar 25.000 pesetas que lle foran confiadas. Ao notar na estación de Redondela que lle faltaban os cartos, botouse baixo un tren de manobras falecendo pouco despois.

1951, 27 de novembro. Un desprendemento de terra en Chapela provocou o descarrilamento da máquina do tren mixto de Madrid que saíra de Vigo. Por sorte ninguén resultou ferido.

1951, 30 de decembro. O tren mixto Vigo-Santiago cando manobraba na vía morta da estación de Redondela, sufriu o descarrilamento dun coche de viaxeiros e o furgón de cola. Houbo varios feridos pero tan só o veciño de Cesantes, Amador Bouzón Cabaleiro, con contusións de prognóstico reservado.

1952, 18 de marzo. Cando o tren especial de Pontevedra manobraba na estación de Redondela, resultou alcanzado o xove Manuel Rodríguez Estévez, de 23 anos, mozo autorizado daquela estación, que resultou cun pé seccionado. Foi trasladado a un sanatorio de Vigo, onde ficou hospitalizado.

1952, 10 de xuño. Cando cruzaba o viaduto de Pontevedra, Carolina Gómez Cordero, de 24 anos e veciña de Redondela, entretida falando cunha amiga, pisou unha táboa podre caendo á finca dos señores de Leirós. A xove faleceu no acto ao fracturarse a mandíbula probablemente contra a estrutura de ferro do viaduto.

            1952, 27 de xuño. Saturno Cal saíu no expreso de Madrid para agardar por un amigo que debía vir de Portugal. En Porriño informáronlle que nos Valos cruzaríase co expreso, polo que ao chegar á estación de Mos buscou ao seu amigo na plataforma. Como non o atopou tentou volver ao tren cando este xa iniciaba a marcha tendo a mala sorte de cair e ser alcanzado polo vagón de cola, falecendo no acto.

1955, 3 de agosto. A Garda Civil de Redondela atopou na vía férrea restos humanos diseminados nun traxecto de cen metros. Pola gorra foron identificados como pertencentes ao sereno dunha fábrica chamado Agustín Otero Collado, de 40 anos, natural e veciño de Trasmañó. Parece que ó atravesar a vía para dirixirse ó traballo foi alcanzado polo tren.

            1956, 19 de xaneiro. Pouco antes da entrada no depósito de máquinas, un tren chocou cunha locomotora que viña en dirección contraria. Resultaron feridos Luis Fespaita Martínez, veciño de Cabra1, condutor do mercancías e o fogoneiro do mesmo, Luis Álvarez García, veciño de Vigo. Foron conducidos á Casa de Socorro e o primeiro, como consecuencia das graves lesións que sofreu, ingresou cadáver, por fractura da base do cranio. O fogoneiro presentaba lesións i erosións que foron consideradas de prognóstico reservado.

1958, 21 de marzo. O tren “corto de Pontevedra” descarrilou a uns 700 metros da estación de Chapela. Un dos vagóns quedou a uns centímetros dun desnivel de 30 metros, ao fondo do cal había casas habitadas. Por sorte non houbo feridos.

1966, 6 de agosto. Un desprendemento nas proximidades do vello cargadoiro de Rande O motivo puido ser as obras de ensanche dos marxes da vía para o que se empregou dinamita a poucos metros do lugar do suceso. Non houbo desgrazas persoais e a única consecuencia foi o corte do tráfico ferroviario durante varias horas.

1976, 9 de setembro. Choque preto do apeadoiro de Rande dun tren de pasaxeiros e unha locomotora, caendo un dos vagóns por unha pendente de 36 metros. O resultado sería de 17 mortos e 40 feridos. Sería o accidente máis grave sucedido en Galicia ata a traxedia de Angrois en 2013.

Accidente en Rande, 1976. Foto: Magar
Accidente en Rande, 1976. Foto: Magar

1976, 17 de setembro. O garda-agullas de RENFE, don José Piñeiro, de 54 años. que serviu durante doce na estación de Chapela, foi sometido e expediente por parte da compañía a raíz anteriormente citado accidente de ferrocarril. Un portavoz de RENFE indicou que o escaso servizo de trens que tiña a estación permitía que o citado empregado prolongase a súa xornada laboral. Pouco antes de producirse o accidente mortal entre Redondela e Chapela, o funcionario deu paso a un mercancías que saíu do porto para Redondela, máis tarde lle preguntaron si podía saír un tren de Santiago de aquela estación, ó que contestou afirmativamente, pero logo esqueceu cambiar a agulla.

1978-10-21 Tres nenos de Cedeira cruzaron o viaduto Vigo-Pontevedra coa mala sorte de que nese momento viña o tren. Asustados saltaron da ponte pola falta de varandas enterrándose na area do río. Internados na Residencia Almirante Vierna, recibiron a alta médica os poucos días. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/07/a-caida-desde-o-viaduto-de-pontevedra.html )

1982, 12 de setembro. Onte, a 200 metros da estación de Redondela, foi arroiada polo ferrobús Vigo-Ourense, a anciá Josefa Gómez Carballo, de 64 anos. Recollida aínda con vida por un coche patrulla da policía, foi trasladada á residencia «Almirante Vierna», onde ingresou cadáver.

1989. Explosión na estación de Chapela ao estoupar unha tapa de seguridade dun vagón de cemento que afectou a 16 coches e 5 inmobles.

(Ver tamén https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/02/cronicas-do-ferrocarril.html )

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.

SEREN

Nº4. Os viadutos de Redondela: Arquitectura, arte e estética. Carlos A. Antuña Souto e Javier Antuña Castro.

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego, El Diario de Santiago, La Ilustración Gallega y Asturiana, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Integridad diario católico, Galicia diario de Vigo, La Idea Moderna, El Heraldo Gallego, El Áncora, La Correspondencia Gallega, El Compostelano, La Noche, El País, El Norte de Galicia...

Ministerio de Cultura http://prensahistorica.mcu.es=> El Imparcial (Madrid), El Heraldo de Madrid, La Epoca (Madrid), El Siglo futuro (Madrid))

Biblioteca Nacional de España www.bne.es => El Pabellón Nacional (Madrid), El Día, La Libertad, El Imparcial, La Correspondencia de España, El País, La Época, El Heraldo de Madrid, El Correo Español

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Crónica Negra (1951-1979)

1959 Incendio casa no Coto. Foto: Siorty-El Pueblo Gallego

1955, 21 de maio. Para proceder á realización duns análises, o farmacéutico e químico Luis Pereira Otero trasladouse á Fábrica de aceites da estrada da Portela, acompañado do seu fillo de 4 anos. Nun descoido o neno caeu nun pozo onde se acumulan aceites. Apesares de socorrelo axiña non puido facerse nada por salvarlle a vida.

1955, 14 de xuño. A veciña de Trasmañó, Perfecta Rodríguez Álvarez, foi golpeada cunha botella. Na Casa de Socorro de Vigo aprecióuselle unha ferida de sete centímetros na rexión temporal con probable corte da arteria temporal. O seu estado foi considerado grave e trasladada ao hospital do Cristo da Victoria de onde nos informan que non se teme pola súa vida.

1955, 8 de xullo. O neno de Cesantes, Bernardo Crespo Fontán, de sete anos de idade, trasladárase ao pobo de Redondela para visitar a uns parentes e ao regresar aproveitou a oportunidade dun camión que ía a pasar por Cesantes e montouse nel sen ser visto por ninguén. Ao chegar o camión a Cesantes o neno tirouse do mesmo en marcha, sen que o condutor nin ningún dos ocupantes o advertiran e o caer quedou morto no acto na estrada. Un automóbil que pasou pouco despois polo lugar do suceso descubriu o cadáver e deu conta ás autoridades do feito.

1957, 12 de marzo. Apesares de ser atendido no Sanatorio Almirante Viena, faleceu o empregado de ferrocarril, Leopoldo Pena Olea, domiciliado en San Xoán do Monte, que sufriu unha caída coa súa moto en Chapela. Ía acompañado da súa filla de corta idade que se salvou milagrosamente.

1957, 12 de marzo. Cando saía dunha consulta médica e se dirixía a casa duns familiares que viven nas Travesas, faleceu a veciña de Redondela, Carmen Rodríguez Magariños, de 66 anos. Suponse que faleceu por unha afección cardíaca da que estaba a tratarse e apesares de ser conducida á Casa de Socorro, tan só se puido certificar á súa morte.

1958, 16 de outubro. En Saxamonde foi atropelado o neno de 13 anos, Manuel Lago Álvarez. As feridas eran tan graves que faleceu ás poucas horas. O coche pertencía á universidade de Heidalberg e era conducido por Helmnt Ernst Georg Grasslim, avogado de 25 anos, natural de Mappheim (Alemania Oriental).

1959, 18 de xuño. Na parroquia de Cabeiro, cando traballaban varias mulleres nun campo de millo, produciuse unha forte tormenta. A caída dun raio matou a María Méndez Taibo e feriu á súa cuñada Dolores Bastos Taibo nun brazo e unha perna.

1959, 2 de xullo. Un incendio destrúe unha casa no Coto (Cesantes) alugada ao mariñeiro Raúl Campos. No incendio iniciouse cando o matrimonio non estaba na vivenda, falecendo unha filla de nove anos. Carmiña Campos lograría sacar a súa irmá de sete anos, pero as dúas resultaron con queimaduras de consideración. Por desgraza a pequena tamén falecería ao día seguinte

1962, 28 de setembro. Na Concheira (Rande) chocaron un taxi de Pontevedra e un turismo de Vigo. No accidente perdeu a vida o taxista e resultaron feridas sete persoas, tres delas nenas menores de idade.

1962 Dous dos accidentados na Cuncheira. Foto: Siorty- El Pueblo Gallego

1965, 9 de xullo. Perfecto Castro González, de 60 anos, casado e domiciliado en Chapela, caeu onte do segundo andar dun edificio en construción en Chapela. Trasladado á residencia Almirante Vierna, ingresou cadáver.

1965, 29 de decembro. O veciño de Redondela, Víctor López Carrera, conducía unha moto pola Travesía de Vigo (Chapela) cando ao cruzarse cun camión desviouse atropelando a José Bastilleiro Rodríguez, de 61 anos e veciño de Caldas de Reis, que faleceu, e a Manuel González Duarte, que resultou ferido.

1966, 17 de setembro. Cando estaba xogando preto da casa dos seus pais en Redondela, o neno José Figuero Rivas, de 9 anos, caeu a un pozo sen que ninguén o vira, perecendo afogado.

1966, 15 de novembro. Catro falecidos ao caer ao mar un taxi no peirao de Guixar. Os pasaxeiros eran empregados de Butano S. A. que se dirixían a realizar un transvase de gas dende un buque aos depósitos que a empresa posúe en Guixar. Un deles era Rafael Gómez Jorge, natural de Vigo e veciño de Riofrío (Chapela).

1966 Coche accidentado en Guixar. Foto: Arjones-El Pueblo Gallego

1969, 05 agosto. Na Residencia Sanitaria «Almirante Vierna» .faleceu José Campos Balado, a consecuencia das feridas que sofreu o día 31 ao disparárselle unha escopeta cando a limpaba no seu domicilio de Reboreda.

1969, 12 de decembro. No lugar de Millarada, no punto chamado “Regato da Poza”, atopouse o cadáver do veciño daquel lugar, Francisco Vilaboa Grana, de 43 anos de idade. Suponse que se trata dun accidente casual, porque semella que padecía ataques epilépticos.

1973, 7 de abril. Foi atropelada por un camión en Redondela Laura Paz Millán, veciña de Pontesampaio de 63 anos, quen faleceu horas despois.

1974, 21 de novembro. Manuela Martínez Veiga, de 71 anos, foi atropelada por un automóbil cando tentaba cruzar a rúa en Redondela. A anciá resultou con graves feridas que ocasionaron a súa morte.

1975, 2 de xuño. Fernando Tiago Suárez, de 67 años, veciño de Mos, e Paulino García Alvarez, de 44 anos, domiciliado en Redondela, foron atropelados nesta última vila por un turismo conducido por un veciño de Pontevedra. Os dous homes invadiran a calzada mentres descargaban unha furgoneta. Fernando Tiago faleceu e o seu compañeiro resultou ferido grave.

1975, 26 de xuño. José Otero Amoedo, de 22 anos, que levaba 14 meses de servizo militar e tiña previsto licenciarse o 14 de xullo, faleceu no deserto do Sahara en acto de servizo ao pisar o Land-Rover no que viaxaba unha mina anti-carros. Os seus restos mortais serían trasladados dous días despois ao domicilio familiar en Eirapedriña (Cedeira), onde viven os seus pais e outros cinco fillos do matrimonio.

1975, 6 de novembro. Francisco Quinteiro García, de 66 anos, ao tratar de cruzar a calzada en Redondela, foi alcanzado por un automóbil, que lle produciu graves feridas como consecuencia das cales faleceu.

1976, 19 de agosto. Cando se bañaba no río Verdugo cuns amigos, desapareceu baixo as augas o mozo Domingo Otero Pereira, de 16 años, veciño de Cesantes. O seu corpo sería rescatado polo persoal da Axudantía de Mariña, do fondo do río onde quedara aprisionado.

1979, 10 de febreiro. Ingresou cadáver na residencia Almirante Vierna, Enrique García Barral, de 68 anos, que vivía na rúa General Mola (actual José Regojo), de Redondela. Faleceu ao ser atropelado por un coche cando cruzaba a Plaza de Santa Rita en Vigo.

1979, 15 de decembro. Unha muller resultou morta en atropelo, en Redondela. Trátase de Adoración Ponche García, de 44 anos, casada, á que alcanzou o automóbil PO-57.733, conducido por Leocadio Domínguez Estévez.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia, El Diario de Pontevedra, La Integridad, El Progreso, El Regional, El Lucense, La Correspondencia Gallega, El Pueblo Gallego, Correo de Galicia...

www.boe.es => Gaceta Oficial de Madrid

www.consellodacultura.gal => Eco de Galicia (A Habana)

No Ministerio de Cultura http://prensahistorica.mcu.es => El Correo Salmantino, La Correspondencia de España, El Lábaro (Salamanca)...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => El Globo (Madrid), El Liberal, El Día (Madrid), El Correo Español, El regional

La Voz de Galicia => http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Faro de Vigo => Hemeroteca.

lunes, 27 de febrero de 2023

Crónica Negra (1931-1950)

1931, 4 de agosto. Avelino Barrera González, ambulante, natural de Redondela e veciño de Salcedo, foi ferido dun disparo cando tentaba roubarlle o coche a un veciño de Leiro (Ribadumia), quen puxo os feitos en coñecemento da benemérita de Cambados.

1932, xaneiro. Na fonte da Ribeira tres mozos, un deles bébedo, intentaron abusar dunha servinte, acudindo os veciños a auxiliala.

1932, 3 de xaneiro. Atopándose Benigno López Chapela nunha taberna que en Chapela ten María López, entrou Manuel Castro Castro, que días antes tivera un altercado con aquel na mesma taberna, sacou un coitelo e deulle unha puñalada, falecendo á noite seguinte.

1932, xullo. O turismo que conducía Manuel Iglesias Pérez atropelou no alto de Cesantes á nena de catro anos, Carmen Bastos Barreiro, que sufriu unha fractura na base do cranio, falecendo pouco despois.

1932, 10 de agosto. Na estrada de Prado a Pazos de Borbén o veciño de Pías (Ponteareas), Claudio Bernárdez Bugarín, quixo subir a unha furgoneta cargada de piñeiros propiedade do veciño de Saxamonde Constantino Rodríguez Barciela. A camioneta estaba en marcha e caeu debaixo dela, pasándolle as rodas por riba das pernas, causándolle feridas graves. Despois de ser curado na Casa de Socorro de Ponteareas foi trasladado ao Hospital de Pontevedra onde faleceu.

1933, xaneiro. O día 20 pola noite foron colocadas varias bombas no barrio de Rande. Estouparon dúas que provocaron pequenos danos materiais nas casas de Manuel Cabaleiro e Carmen Rodríguez. Unha terceira causou danos por valor de máis de mil pesetas. Sospéitase que este suceso forma parte da presión que veñen sofrendo ás obreiras que traballan na fábrica de Portanét en Vigo.

1933, 14 de xullo. Faleceu afogado en Redondela, o veciño Félix Barral Otero, de 13 anos. Mentres se bañaba, crese que unha das veces que se botou á auga feriuse na cara, perdendo o coñecemento.

1933, 1 de setembro. Na vía férrea de Redondela a Vigo, á saída do primeiro túnel, foi atopado envolto nuns papeis un feto duns cinco ou seis meses en avanzado estado de putrefacción.

1933, 30 de decembro. Fai uns días rifaron Encarnación González e Ricardo González, porque ela cunha filla de 16 anos chamada María lavaba a roupa nun pozo que Ricardo pretendía cegar. Durante a disputa Ricardo golpeou a María no ventre e faleceu onte a noite. Practicada a autopsia, o médico forense ditaminou que a morte foi natural. A veciñanza da parroquia de Quintela, onde vivía María, esta indignado por crer que a rapaza faleceu por mor dos golpes de Ricardo. O Xulgado intervén no asunto.

1934, 21 de marzo. Un automóbil ocupado polo alcalde da Garda e varios concelleiros, atropelou en Outeiro das Penas, Cesantes a Julia Táboas, de 38 anos, solteira, deixándoa morta. Hai algún tempo a súa nai falecera atropelada por un tren.

1934, 7 de abril. A Benemérita detivo ao demente Juan Paz, fugado do Manicomio de Conxo. Estaba recluído por sentencia da Audiencia de Pontevedra, por asasinato dunha veciña súa. No momento de ser detido, montaba nunha bicicleta, e acompañáballe un portugués, que se deu á fuga. O xefe do cárcere non se comprometeu a recibilo, por inseguridade da mesma, quedando nos calabozos municipais.

1934, 14 de agosto. Un neno faleceu afogado no Muro. Francisco Montero Cabaleiro de 15 meses de idade era cuidado por unha nena menor de idade cando nun descoido caeu nun lavadoiro. Era fillo de Francisco Montero e Cándida Cabaleiro.

1935, 17 de xaneiro. Na casa de hóspedes de Redondela, chamada La Choqueira, apareceu morto, nunha habitación, un individuo, que semellaba obreiro sen traballo. Atopóuselle unha cédula persoal a nome de José Basanta Chan, de 47 anos, solteiro, fogoneiro, natural de Ferrol. Segundo o informe médico, a súa morte foi natural.

1935, 8 de febreiro. Esta mañá faleceu en medio de grandes dores, Angelita Amoedo Ruiz, de 26 años, natural de Redondela no momento na que a atendía la botadora de cartas Rosa Moreras. Crese que a morte foi producida por un abortivo que lle proporcionou non se sabe quen. O Xulgado intervén no asunto.

1935, 16 de marzo. Falece no incendio da súa casa na Quintana (Reboreda), o labrador Santos Ricón Míguez “Chiculate”, de 76 anos. Era viúvo e paralítico.

1935, 2 de maio. Celebrouse unha carreira ciclista en Redondela. Ao chegar os corredores á meta o coche do xurado quixo adiantalos, índose contra un grupo do público e atropelando a dezaseis persoas na súa maioría nenos. Resultaron feridos graves Isidoro Buceta, Castor Castro, Antonio González, e Marcial Pereira. Os demais menos graves.

1935, 28 de agosto. José Benito Míguez Amoedo, de 19 anos, veciño de O Coto-Cesantes, matou dunha pedrada ao seu pai Vicente Míguez Posada, quen o atacou cun coitelo de grandes dimensións. Eran continuos os altercados entre os dous porque o pai maltrataba a toda a familia, especialmente á súa dona Elisa Amoedo Otero. O falecido tiña mal carácter, segundo din por mor dunha enfermidade crónica. Estivera en América de onde regresou hai un ano, adquirindo débedas que descoñecen os familiares. José Benito foi detido.

1935, 13 de decembro. Nunha praia de Chapela atopouse o corpo do empregado de Telefónica, Alejandro Rojo, casado, de Victoria, de 47 anos de idade. Acudiron ao lugar o xuíz, o actuario Sr. Pintos, o oficial Sr. Pereira e o forense Sr. Torrado. A autopsia determinou que a causa da morte foi a asfixia. Crese que se trata dun suicidio porque días antes se despedira dos seus compañeiros de traballo.

1936, 7 de xaneiro. Á saída de Pontecaldelas precipitouse por un barranco unha camioneta cargada de aves. Dous dos ocupantes saíron despedidos sufrindo feridas leves. O terceiro, Luis Iglesias Domínguez, de 21 anos, natural de Ourense e veciño de Redondela, foi trasladado ao Sanatorio Marescot en estado crítico, falecendo ao día seguinte.

1938, 4 de xaneiro. En Angorén (Chapela), un automóbil atropelou á veciña Blanca Rivas, de 24 años, solteira, que faleceu no acto a causa do golpe recibido na cabeza, con saída de masa encefálica. No lugar atopábase o mozo da falecida, o sarxento de Artillería Angel López Corbal, de 25 años, quen saíu co seu automóbil en persecución do coche que cometeu o atropelo. Apiques estaba de darlle alcance, cando o paso dunha caravana automobilista procedente da Coruña evitou que identificara ao condutor.

1938, 7 de xaneiro. Faleceu en Cesantes a xove Dolores Crespo Míguez, de 17 anos, atropelada por un automóbil que se deu á fuga.

1938. Os familiares dun finado solicitaron a exhumación do cadáver por botar a faltar un obxecto valioso. Tan estraña petición foi concedida, e cal sería a súa sorpresa ó comprobar que ao morto faltáballe o traxe. Despois descubriuse que fora o sepultureiro municipal quen llo roubara.

1941, 31 de marzo. Incéndiase un almacén de materias inflamables que os propietarios da fábrica EIMA, lle tiñan alugado a Lloves, co resultado de varios mortos.

1942, 15 de xullo. Nunha canteira dos estaleiros de “Lorenzo y Compañía” sita no lugar do Espiñeiro, en Guixar, o contratista Antonio Costas Bugarín estaba colocando un barreno, que fixo explosión alcanzándoo, así como ao obreiro Herminio Rodríguez, de Chapela. Horas despois faleceron os dous a causa das feridas recibidas.

1942, 4 de agosto. Un automóbil atropelou no Pereiro a Preciosa Cabaleiro Vidal, causándolle fracturas de brazo e cranio. Foi trasladada a Pontevedra para o seu ingreso no hospital, pero dada a gravidade do seu estado foi levada á súa casa do Viso onde faleceu. A finada deixa tres fillos de curta idade.

1946, 6 de maio. Cando se atopaba en Redondela subido a un poste do tendido eléctrico sufriu unha descarga o empregado Manuel Ochoa Castiñeira, caendo ao chan e sufrindo tan graves lesións que falecería pouco despois.

1946, 25 de xuño. Manuel Rodríguez Fernández, veciño de Chapela, faleceu no acto ao caer dun terceiro piso cando traballaba nunha casa en construción no barrio de Espiñeiro.

1946, 31 de xullo. Polas forzas de Carabineiros de servizo no peirao de tras-atlánticos de Vigo descubriuse flotando o cadáver dun afogado. Resultou ser Serafín Reboreda Blanco, veciño de Redondela, de 62 anos. Suponse que caeu ao mar unhas horas antes.

1948, 18 de agosto. No serradoiro de Adriano Miranda, en Guixar, resultou con feridas graves e fractura da base do cranio por mor dun accidente o obreiro Crisanto Rivas Domínguez, de 37 anos, que faleceu pouco despois de ser conducido á súa casa en Chapela.

1950, 13 de xuño. Un mozo de Vigo perece afogado no “Pozo” ao tentar salvar ao seu irmán, que sería rescatado por un amigo.

1950, 22 de agosto. Aos 37 anos de idade, faleceu en Redondela, vítima de tráxico accidente, o debuxante valenciano Pascual Llop.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia, El Diario de Pontevedra, La Integridad, El Progreso, El Regional, El Lucense, La Correspondencia Gallega, El Pueblo Gallego, Correo de Galicia...

www.boe.es => Gaceta Oficial de Madrid

www.consellodacultura.gal => Eco de Galicia (A Habana)

No Ministerio de Cultura http://prensahistorica.mcu.es => El Correo Salmantino, La Correspondencia de España, El Lábaro (Salamanca)...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => El Globo (Madrid), El Liberal, El Día (Madrid), El Correo Español, El regional

La Voz de Galicia => http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Faro de Vigo => Hemeroteca.

Sucesos (1950-1979)

1951, setembro. O Xeneral Franco pasa por Redondela en dirección a Porriño. Un vehículo da súa comitiva sofreu un accidente na ponte de Quintela, co resultado de varios feridos, entre eles un alto mando da Garda Civil.

1952, 2 de febreiro. A veciña de Negros, Elvira Crespo Rodríguez, denunciou que dun local a carón da súa casa fóronlle roubados media cabeza de porco, dous lacóns, un pedazo de costela e outro de touciño, valorado todo en 400 pesetas.

1953, xaneiro. Ao saír da taberna “La Concha”, en Quintela, discutiron varios veciños de Reboreda, resultando gravemente ferido Claudio Mouriño Lago, de 45 anos. Semella que o agresor foi José Campos Campos, de 30 anos de idade, completando o grupo José Mouriño, parente do ferido, Severino Vidal e dous máis.

1953, 1 de febreiro. Foron detidos Álvaro Alonso Couto, de Vigo; Valentín Craveiro de Jesús “Catito”, de Redondela; e José Antela Bugarín, domiciliado en Fozara (Ponteareas), que se declararon autores de 21 roubos. En Redondela: No establecemento de Nieves Boullosa, en Trasmañó, dúas veces, a primeira artigos por valor de 1.250 pesetas e a segunda 2.600 en metálico e 900 en prendas de vestir. No domicilio de Manuel Cabaleiro, en Rande, unha caldeira de cobre valorada en 3.500 pesetas. Tentaron entrar nun comercio de Cedeira, barrenando a porta, pero fuxiron ao ser descubertos. No comercio de Rosendo Álvarez, en Cabanas (Trasmañó) levaron cartos en metálico. No comercio de Natividad Bastos, en Vilavella, levaron obxectos por valor de 1.500 pesetas. No comercio de Carmen González, en Trasmañó, levaron parte dun porco, valorado en 800 pesetas. Nunha romaría de Cedeira, Antela levaba 15.000 pesetas, sendo atacado polas costas por Valentín para roubarlle, o que non conseguiu ao non perder o coñecemento o primeiro.

1953, 14 de marzo. A veciña de Redondela denunciou onte que ao baixar do autobús na rúa Alfonso XII, notou a falta dun paquete con 18 camisas valoradas en 800 pesetas.

1954, 8 de xullo. Na vila chocaron dous coches e outro con exceso de velocidade provocou danos no toldo do señor Moreno.

1955, 4 de maio. Foi instruído atestado contra Arturo Rodríguez Couñago, que manobrando un camión cargado de madeira falláronlle os freos, indo contra unha casa inmediata, ocasionando danos por valor de 3.000 pesetas.

1955, 10 de maio. No alto da Encarnación o ciclista Enrique Froeces Míguez, de 19 anos, de Redondela, foi atropelado por un camión causándolle graves feridas que exisiron o seu internamento nun sanatorio.

1955, 18 de maio. Cando traballaban no derribo duns barracón da Xunta de Obras do Porto de Vigo, derrubouse unha viga metálica sobre a que estaban os peóns Guillermo Domínguez Acuña, de 29 anos, casado e veciño de Teis, e José Mouriño, de 41 anos, casado e veciño de Redondela. O primeiro sufriu fractura das extremidades inferiores e un brazo e lesións na cara e cabeza de prognóstico grave. O segundo fractura dos dous pulsos, epístase, e numerosas feridas en cabeza e rostro de prognóstico grave.

1955, 14 de xuño. Foi detido en Redondela pola Garda Civil, Moisés R. G., quen nunha discusión co seu pai, Moisés R. B., deulle unha puñada que lle provocou unha fractura da mandíbula inferior.

1956, 12 de setembro. Cando circulaba pola parroquia de Cesantes un carro de bois levando enriba ao neno de 3 anos Casimiro Crespo Bouzón, este caeu rozándolle a cabeza unha das rodas. Trasladado a esta vila foi atendido polo doutor Antonio Ocampo Otero, quen lle apreciou ferida con racho en rexio occipital con perda de coiro cabeludo, prognóstico reservado. Hai pouco un irmán deste neno tamén sufriu un accidente que lle provocou a morte.

1957, 9 de maio. Nas Catro Pontes, límite de Chapela e Teis, bateron de fronte o coche conducido polo comerciante estabelecido en Lisboa, Arlindo Cal Corujeira, acompañado polo seu fillo de sete anos, co camión cargado de bocois de viño procedente de Redondela, conducido por Manuel Diz Montáns. Os feridos serían trasladados á Casa de Socorro e de alí á clínica do Dr. Troncoso. Arlindo Cal sufre fractura de esterno con forte contusión torácica e hemotórax, ferida contusa na fronte e múltiples erosións con forte schock traumático de prognóstico grave. O seu fillo, ferida inciso-contusa no xeonllo dereito, outra no queixo e outra no frontal, fractura dos ósos do nariz, conmoción cerebral e schock traumático e varias erosións de prognóstico reservado.

1958, 7 de setembro. En termos de Redondela, unha moto con dous ocupantes veciños da Cañiza, atropelou a un can que resultou morto. O condutor perdeu o control chocando cunha bicicleta con motor que viña en sentido contrario, conducida por Rafael Luca de Tena Lazo, farmacéutico veciño de Redondela. Resultou ferido de consideración o Sr. Luca de Tena e de menos importancia os ocupantes da motocicleta.

1959, 21 de maio. Ás 2 da madrugada incendiouse unha casa en Laredo (Chapela), quedando destruída na súa totalidade. Semella que foi debido a un descoido do único inquilino da vivenda, José González Gómez, quen pouco antes de durmirse caeulle a cinza dun cigarro nunha cama preto da súa, espertando coa casa en chamas. Era de planta baixa e propiedade de José Martínez Fernández.

1960, 12 de xaneiro. A Garda civil de Vigo rexistrou unha casa no Coto (Cesantes), atopando: 365 caixas de tabaco rubio (182.500 paquetes), 208 despertadores de mesa, 55 transistores, 140 pilas, 120 camisas de nylon e 36 pistóns para coche. En total 5.640 kg. valorados en 2.100.000 pesetas.

1960, 26 de agosto. Por funcionarios da Brigada de Investigación Criminal desta Xefatura Superior de Policía, foi detido na madrugada do pasado mércores, o habitual delincuente contra a propiedade, Gonzalo Currás Fonseca, de 29 anos de idade, alias “O Gorila”, natural e con residencia habitual en Vigo, como autor de varios roubos en Vigo, Redondela e A Coruña.

1961, 21 de outubro. O Tenente do Exército do Aire, don Juan Gagane, que procedía de Salamanca, pilotando unha avioneta, non puido entrar no aeródromo de Peinador a causa da falta de visibilidade. Voou despois sobre Redondela e intentou tomar terra na estrada de Reboreda, pero cando ía a facelo pasou por alí un camión e obrigouno a aterrar nun campo de millo. Unha das ás da avioneta bateu contra un cable do tendido do alumeado eléctrico, e fíxolle capotar. O piloto resultou con feridas na cabeza e a fractura dun brazo. Saíu á estrada polo seu propio pé e nun coche foi trasladado a Vigo, onde foi hospitalizado.

1964, 06 de setembro. Ás sete da mañá declarouse un violento incendio na fábrica de Copiba. O lume orixinouse ao entrar en funcionamento unha das novas cámaras frigoríficas que se están a instalar. Axiña acudiron os tres coches do corpo de bombeiros e os equipos anti- lumes do buque-factoría “Galicia” e da empresa Hijos de J. Barreras. Os traballos de extinción prolongaríanse ao longo do día. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )

1966, 7 de xaneiro. En Redondela foi detido o veciño daquel termo J. B. R., como autor do roubo de 3.200 pesetas ao veciño do Viso, Manuel Martínez Barral.

1966, 21 de setembro. En Redondela foi alcanzado por un camión José Maquieira López. Resultou con diversas lesións polo que foi trasladado a un sanatorio pontevedrés.

1966, 15 de decembro. Un camión conducido polo veciño de Redondela, Manuel Pérez Rodríguez, chocou na estrada de Fornelos de Montes cunha moto, resultando o condutor con feridas de gravidade.

1968, 21 de setembro. Pola Garda Civil do posto de Bouzas foi detido, despois de laboriosas pescudas, Ramón Carro Navia, de 37 anos, natural de Vilagarcía, que se facía pasar por oficial da Mariña Mercante. Descubriuse que este individuo roubou un día unha maleta na estación marítima de Vigo que correspondía, efectivamente, a un oficial da Mariña Mercante e que contiña dous uniformes, un branco e outro negro, que empregaba segundo as circunstancias. Foi detido na estación de Redondela cando se dirixía en tren a Vilagarcía. No seu domicilio foron encontrados numerosos obxectos procedentes dos seus roubos. Con este mesmo truco contraeu matrimonio nesta mesma provincia, simulando no seu fogar que os obxectos subtraídos eran regalos á sua volta de viaxes por mar, que non facía. Calcúlase que os obxectos roubados sobrepasan en valor as 200.000 pesetas.

1969, 18 de xaneiro. En Redondela inundáronse algunhas rúas de Vilavella, e tamén a estrada xeral de Vigo a Pontevedra, impedindo o paso dos vehículos lixeiros, por chegar a auga á altura dos tubos de escape. Entre os inmobles afectados está a Central de Teléfonos, na que a auga chegou a alcanzar unha altura de 30 a 35 centímetros. En ningún momento quedou interrompida a comunicación telefónica, ó ser retirados os equipos a lugares máis altos, evitando así que foran deteriorados polas aguas.

1969, 13 de agosto. Sete mil piñeiros que poboaban máis de cinco hectáreas de terreo arderon como consecuencia dun incendio que se declarou no monte Mirallo, propiedade do Patrimonio Forestal do Estado, na parroquia de Negros.

1969, 3 de setembro. Nun incendio no monte "Mirallo", en Redondela, arderon 1.500 pinos de tres anos de plantación, que foron valorados en cincuenta mil pesetas.

1970, 27 de xuño. No domicilio do veciño de Redondela, Ramón Hernández Ramírez, produciuse un incendio, orixinado por un escape de gas na cociña. Os danos orixinados polo sinistro, foron valorados en 60.000 pesetas.

1974, 12 de xuño O veciño de Pontevedra, Angel González López, foi condenado á pena dun mes e un día de arresto maior, á privación do carné de conducir por tres meses e un día, e ao abono dunha indemnización de 508.500 pesetas, como autor dun delito de imprudencia. Conducindo un automóbil, atropelou en Redondela a José Costoya Amoedo, que sufriu feridas diversas, quedándolle varias secuelas permanentes.

1974, 9 de agosto. Manuel Martínez Rodríguez, de 15 anos, foi atropelado por un automóbil, ao tentar cruzar correndo na estrada do Viso. Trasladado ao Hospital Provincial, apreciáronselle feridas diversas, diagnosticadas de graves.

1974, 9 de setembro. O grupo escolar de Redondela, disposto para 32 unidades e que leva en funcionamento dous anos e medio, tivo que ser desaloxado. O curso non puido comezar, porque repisou cedendo de vigas e aparecendo gretas de gran tamaño, o que fixo que se considere perigosa a estancia dentro do recinto. Dáse a circunstancia de que o arquitecto que planeou a obra faleceu e ninguén quere asumir a responsabilidade de ditaminar cal pode ser o futuro do edificio. Ademais dos defectos de construción, un dos motivos puido ser que o edificio se construíra sobre pilotes no que antes fora una marisma.

1976, 24 de agosto. Tormenta en Redondela. Unha chispa eléctrica arrasou as instalacións do servizo telefónico. A avaría afecta a unha ampla zona do sur de Pontevedra. Diversos técnicos e persoal de servizos especializados, traballan intensamente para solucionar este grave problema.

1977, 22 de abril. Por culpa da compra dunha vaca recibiu un corte cun coitelo nunha man, o inválido de Saxamonde, Afasto Martínez Bernárdez, labrador inválido de Saxamonde comprara no mercado de Santiago unha vaca en 35.000 pesetas, deixando de sinal 2.000. Pero cando chegou a Redondela decatouse de que andaban tras a compra da citada vaca tres carniceiros da vila. Tiveron unha discusión e o Afasto recibiu un corte na man con coitelo. Foi atendido nun sanatorio de Pontevedra e tivéronlle que dar máis de 30 puntos.

1977, 2 de maio. Unha das rodas dianteiras dun autobús que transportaba once escolares, desprendeuse do seu engrenaxe, cando o vehículo circulaba na estrada denominada de Os Valos. Non se rexistraron desgracias persoais, mais os escolares resultaron con lixeiras contusións.

1979, 28 de xaneiro. Ingresou nun sanatorio de Pontevedra a veciña de Redondela Peregrina Rodríguez Paz, atropelada por un turismo na súa localidade de residencia. As lesións son consideradas pouco graves.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Regional, El Pueblo Gallego, El Áncora, La Idea Moderna, El Progreso, Gaceta de Galicia, El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, La Correspondencia Gallega...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es=> El Siglo Futuro, La Iberia, El Correo Español

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Incendio dun autobús.

Algunhas das feridas. El Pueblo gallego-Foto: Siorty

 En setembro de 1961 iniciouse un incendio no autobús da liña Vigo-Redondela á altura das Catro Pontes. A causa atribuíuse a un fallo no funcionamento do tubo que leva o combustible ao motor. O condutor, José Cuervo, detivo o autobús en canto advertiu as lapas saíndo do motor. Apresares de que os pasaxeiros abandonaron axiña o vehículo tanto polas portas como rompendo os cristais, houbo sete feridos. Os veciños acudiron a socorrer os pasaxeiros e a extinguir o lume, que xa estaba apagado cando chegaron os bombeiros.

Unha das accidentadas. El Pueblo gallego-Foto: Siorty

Na Casa de Socorro da rúa Uruguai, de Vigo, foron asistidos Dorinda Lorenzo Lorenzo, de 60 anos, con domicilio en Soutomaior; Digna Lameiro Alonso,de 73, veciña de Rande; María del Carmen González Lourido, de 10, de Soutomaior; Gloria Pereira Alján, de 49, veciña do Viso; María Denis, de 30, veciña de Rande; Isolina Cobián Fernández, de 54, de Soutomaior; e José Acebedo Hermo, de 49, con domicilio no Viso. Este último foi o único dos feridos cualificado como leve, o resto dos accidentados sofren feridas de prognostico reservado. A máis preocupante é a nena con queimaduras graves en cabeza, costas e mans. Tanto ela como Dorinda Lorenzo e Isolina Cobián foron ingresadas no Hospital Municipal de Vigo e o resto de feridos por diferentes centros sanitarios de dita cidade.

Autor: J. Migueles

BIBLIOGRAFÍA

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego

domingo, 13 de marzo de 2022

Sucesos 1950-1979

Asolagamento 1969. Foto cedida familia Fernández Otero
Asolagamento 1969. Foto cedida familia Fernández Otero

1951, setembro. O Xeneral Franco pasa por Redondela en dirección a Porriño. Un vehículo da súa comitiva sofreu un accidente na ponte de Quintela, co resultado de varios feridos, entre eles un alto mando da Garda Civil.

1952, 2 de febreiro. A veciña de Negros, Elvira Crespo Rodríguez, denunciou que dun local a carón da súa casa fóronlle roubados media cabeza de porco, dous lacóns, un pedazo de costela e outro de touciño, valorado todo en 400 pesetas.

1953, xaneiro. Ao saír da taberna “La Concha”, en Quintela, discutiron varios veciños de Reboreda, resultando gravemente ferido Claudio Mouriño Lago, de 45 anos. Semella que o agresor foi José Campos Campos, de 30 anos de idade, completando o grupo José Mouriño, parente do ferido, Severino Vidal e dous máis.

1953, 1 de febreiro. Foron detidos Álvaro Alonso Couto, de Vigo; Valentín Craveiro de Jesús “Catito”, de Redondela; e José Antela Bugarín, domiciliado en Fozara (Ponteareas), que se declararon autores de 21 roubos. En Redondela: No establecemento de Nieves Boullosa, en Trasmañó, dúas veces, a primeira artigos por valor de 1.250 pesetas e a segunda 2.600 en metálico e 900 en prendas de vestir. No domicilio de Manuel Cabaleiro, en Rande, unha caldeira de cobre valorada en 3.500 pesetas. Tentaron entrar nun comercio de Cedeira, barrenando a porta, pero fuxiron ao ser descubertos. No comercio de Rosendo Álvarez, en Cabanas (Trasmañó) levaron cartos en metálico. No comercio de Natividad Bastos, en Vilavella, levaron obxectos por valor de 1.500 pesetas. No comercio de Carmen González, en Trasmañó, levaron parte dun porco, valorado en 800 pesetas. Nunha romaría de Cedeira, Antela levaba 15.000 pesetas, sendo atacado polas costas por Valentín para roubarlle, o que non conseguiu ao non perder o coñecemento o primeiro.

1953, 14 de marzo. A veciña de Redondela denunciou onte que ao baixar do autobús na rúa Alfonso XII, notou a falta dun paquete con 18 camisas valoradas en 800 pesetas.

1954, 8 de xullo. Na vila chocaron dous coches e outro con exceso de velocidade provocou danos no toldo do señor Moreno.

1955, 4 de maio. Foi instruído atestado contra Arturo Rodríguez Couñago, que manobrando un camión cargado de madeira falláronlle os freos, indo contra unha casa inmediata, ocasionando danos por valor de 3.000 pesetas.

1955, 10 de maio. No alto da Encarnación o ciclista Enrique Froeces Míguez, de 19 anos, de Redondela, foi atropelado por un camión causándolle graves feridas que exisiron o seu internamento nun sanatorio.

1955, 18 de maio. Cando traballaban no derribo duns barracón da Xunta de Obras do Porto de Vigo, derrubouse unha viga metálica sobre a que estaban os peóns Guillermo Domínguez Acuña, de 29 anos, casado e veciño de Teis, e José Mouriño, de 41 anos, casado e veciño de Redondela. O primeiro sufriu fractura das extremidades inferiores e un brazo e lesións na cara e cabeza de prognóstico grave. O segundo fractura dos dous pulsos, epístase, e numerosas feridas en cabeza e rostro de prognóstico grave.

1955, 14 de xuño. Foi detido en Redondela pola Garda Civil, Moisés R. G., quen nunha discusión co seu pai, Moisés R. B., deulle unha puñada que lle provocou unha fractura da mandíbula inferior.

1956, 12 de setembro. Cando circulaba pola parroquia de Cesantes un carro de bois levando enriba ao neno de 3 anos Casimiro Crespo Bouzón, este caeu rozándolle a cabeza unha das rodas. Trasladado a esta vila foi atendido polo doutor Antonio Ocampo Otero, quen lle apreciou ferida con racho en rexio occipital con perda de coiro cabeludo, prognóstico reservado. Hai pouco un irmán deste neno tamén sufriu un accidente que lle provocou a morte.

1957, 9 de maio. Nas Catro Pontes, límite de Chapela e Teis, bateron de fronte o coche conducido polo comerciante estabelecido en Lisboa, Arlindo Cal Corujeira, acompañado polo seu fillo de sete anos, co camión cargado de bocois de viño procedente de Redondela, conducido por Manuel Diz Montáns. Os feridos serían trasladados á Casa de Socorro e de alí á clínica do Dr. Troncoso. Arlindo Cal sufre fractura de esterno con forte contusión torácica e hemotórax, ferida contusa na fronte e múltiples erosións con forte schock traumático de prognóstico grave. O seu fillo, ferida inciso-contusa no xeonllo dereito, outra no queixo e outra no frontal, fractura dos ósos do nariz, conmoción cerebral e schock traumático e varias erosións de prognóstico reservado.

1958, 7 de setembro. En termos de Redondela, unha moto con dous ocupantes veciños da Cañiza, atropelou a un can que resultou morto. O condutor perdeu o control chocando cunha bicicleta con motor que viña en sentido contrario, conducida por Rafael Luca de Tena Lazo, farmacéutico veciño de Redondela. Resultou ferido de consideración o Sr. Luca de Tena e de menos importancia os ocupantes da motocicleta.

1959, 21 de maio. Ás 2 da madrugada incendiouse unha casa en Laredo (Chapela), quedando destruída na súa totalidade. Semella que foi debido a un descoido do único inquilino da vivenda, José González Gómez, quen pouco antes de durmirse caeulle a cinza dun cigarro nunha cama preto da súa, espertando coa casa en chamas. Era de planta baixa e propiedade de José Martínez Fernández.

1960, 12 de xaneiro. A Garda civil de Vigo rexistrou unha casa no Coto (Cesantes), atopando: 365 caixas de tabaco rubio (182.500 paquetes), 208 despertadores de mesa, 55 transistores, 140 pilas, 120 camisas de nylon e 36 pistóns para coche. En total 5.640 kg. valorados en 2.100.000 pesetas.

1960, 26 de agosto. Por funcionarios da Brigada de Investigación Criminal desta Xefatura Superior de Policía, foi detido na madrugada do pasado mércores, o habitual delincuente contra a propiedade, Gonzalo Currás Fonseca, de 29 anos de idade, alias “O Gorila”, natural e con residencia habitual en Vigo, como autor de varios roubos en Vigo, Redondela e A Coruña.

1961, 21 de outubro. O Tenente do Exército do Aire, don Juan Gagane, que procedía de Salamanca, pilotando unha avioneta, non puido entrar no aeródromo de Peinador a causa da falta de visibilidade. Voou despois sobre Redondela e intentou tomar terra na estrada de Reboreda, pero cando ía a facelo pasou por alí un camión e obrigouno a aterrar nun campo de millo. Unha das ás da avioneta bateu contra un cable do tendido do alumeado eléctrico, e fíxolle capotar. O piloto resultou con feridas na cabeza e a fractura dun brazo. Saíu á estrada polo seu propio pé e nun coche foi trasladado a Vigo, onde foi hospitalizado.

1964, 06 de setembro. Ás sete da mañá declarouse un violento incendio na fábrica de Copiba. O lume orixinouse ao entrar en funcionamento unha das novas cámaras frigoríficas que se están a instalar. Axiña acudiron os tres coches do corpo de bombeiros e os equipos anti- lumes do buque-factoría “Galicia” e da empresa Hijos de J. Barreras. Os traballos de extinción prolongaríanse ao longo do día. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )

1966, 7 de xaneiro. En Redondela foi detido o veciño daquel termo J. B. R., como autor do roubo de 3.200 pesetas ao veciño do Viso, Manuel Martínez Barral.

1966, 21 de setembro. En Redondela foi alcanzado por un camión José Maquieira López. Resultou con diversas lesións polo que foi trasladado a un sanatorio pontevedrés.

1966, 15 de decembro. Un camión conducido polo veciño de Redondela, Manuel Pérez Rodríguez, chocou na estrada de Fornelos de Montes cunha moto, resultando o condutor con feridas de gravidade.

1968, 21 de setembro. Pola Garda Civil do posto de Bouzas foi detido, despois de laboriosas pescudas, Ramón Carro Navia, de 37 anos, natural de Vilagarcía, que se facía pasar por oficial da Mariña Mercante. Descubriuse que este individuo roubou un día unha maleta na estación marítima de Vigo que correspondía, efectivamente, a un oficial da Mariña Mercante e que contiña dous uniformes, un branco e outro negro, que empregaba segundo as circunstancias. Foi detido na estación de Redondela cando se dirixía en tren a Vilagarcía. No seu domicilio foron encontrados numerosos obxectos procedentes dos seus roubos. Con este mesmo truco contraeu matrimonio nesta mesma provincia, simulando no seu fogar que os obxectos subtraídos eran regalos á sua volta de viaxes por mar, que non facía. Calcúlase que os obxectos roubados sobrepasan en valor as 200.000 pesetas.

1969, 18 de xaneiro. En Redondela inundáronse algunhas rúas de Vilavella, e tamén a estrada xeral de Vigo a Pontevedra, impedindo o paso dos vehículos lixeiros, por chegar a auga á altura dos tubos de escape. Entre os inmobles afectados está a Central de Teléfonos, na que a auga chegou a alcanzar unha altura de 30 a 35 centímetros. En ningún momento quedou interrompida a comunicación telefónica, ó ser retirados os equipos a lugares máis altos, evitando así que foran deteriorados polas aguas.

1969, 3 de setembro. Nun incendio no monte "Mirallo", en Redondela, arderon 1.500 pinos de tres anos de plantación, que foron valorados en cincuenta mil pesetas.

1969, 13 de agosto. Sete mil piñeiros que poboaban máis de cinco hectáreas de terreo arderon como consecuencia dun incendio que se declarou no monte Mirallo, propiedade do Patrimonio Forestal do Estado, na parroquia de Negros.

1970, 27 de xuño. No domicilio do veciño de Redondela, Ramón Hernández Ramírez, produciuse un incendio, orixinado por un escape de gas na cociña. Os danos orixinados polo sinistro, foron valorados en 60.000 pesetas.

1974, 12 de xuño O veciño de Pontevedra, Angel González López, foi condenado á pena dun mes e un día de arresto maior, á privación do carné de conducir por tres meses e un día, e ao abono dunha indemnización de 508.500 pesetas, como autor dun delito de imprudencia. Conducindo un automóbil, atropelou en Redondela a José Costoya Amoedo, que sufriu feridas diversas, quedándolle varias secuelas permanentes.

1974, 9 de agosto. Manuel Martínez Rodríguez, de 15 anos, foi atropelado por un automóbil, ao tentar cruzar correndo na estrada do Viso. Trasladado ao Hospital Provincial, apreciáronselle feridas diversas, diagnosticadas de graves.

1974, 9 de setembro. O grupo escolar de Redondela, disposto para 32 unidades e que leva en funcionamento dous anos e medio, tivo que ser desaloxado. O curso non puido comezar, porque repisou cedendo de vigas e aparecendo gretas de gran tamaño, o que fixo que se considere perigosa a estancia dentro do recinto. Dáse a circunstancia de que o arquitecto que planeou a obra faleceu e ninguén quere asumir a responsabilidade de ditaminar cal pode ser o futuro do edificio. Ademais dos defectos de construción, un dos motivos puido ser que o edificio se construíra sobre pilotes no que antes fora una marisma.

Grupo escolar de Redondela en 1975. Faro de Vigo