Mostrando entradas con la etiqueta Fogar Méndez Núñez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fogar Méndez Núñez. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de abril de 2020

Cargos na Illa de San Simón

 
Persoal do Lazareto. Foto publicada en Historia de las Rías
Persoal do Lazareto. Foto publicada en Historia de las Rías


        Para falar dos cargos públicos da illa de San Simón comezaremos por 1842, ano no que abre o lazareto, establecemento sanitario no que os pasaxeiros e tripulantes dos barcos que viñan doutros países pasaban as corentenas obrigatorias antes de desembarcar no porto de Vigo. Noutro apartado citamos aos relixiosos que anteriormente habitaron a illa. ( Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/outros-relixiosos.html ) Outra entrada que podedes consultar é a historia da illa de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-illa-de-san-simon.html )


Lazareto (1842-1927)

Director (Alcaide/Teniente Alcaide) do Lazareto (Médico)

1842 Vicente de Vicente. Suspendido tralo alzamento de Vigo en 1843. Traslado da R.O. de 6 de xaneiro pedindo información da conduta observada durante os disturbios da cidade de Vigo. Data: 1844

1843 José María de Bacelar. Pediu a substitución por enfermidade.

1844 Wenceslao Tizón. Tenente coronel. Nomeamento e comunicacións -reclamación económica e de permisos de empregados Data: 1844.

1845 Eugenio Torres Moreno. Expediente do alcaide: Eugenio de Torres Moreno Data: 1845

1846 Wenceslao Tizón. Expediente de propostas e nomeamento de alcaide: Wenceslao Tizón Data: 1846

1847-1849 José Ubiña. Expediente de nomeamento de alcaide: José Oubiña, por R.O. de 19 de maio de 1847 -Suspensión do cargo e proposta de nomeamento doutros aspirantes, 1848 -Declaración de separación do cargo, por R.O. de 18 de xaneiro de 1849 Data: 1847-1849 Expediente relativo á solicitude de José Ubiña para ser reposto como Alcaide do Lazareto de San Simón, 1849.

1849 Ramón Santiago. Nomeado alcaide en 1849.

1849 Dimas Álvarez de la Braña. Solicitude de licenza por problemas de saúde, 1849. No cargo en 1853

18533-1854 Gregorio García González. Expediente do alcaide: Gregorio García González, 1853-1855.

185? Ramón Blanco. En novembro de 1856 nomeado administrador da Aduana de Vigo.

1849-58 Ramón Buch. Nomeamento por RO de 7 de xuño de 1849. Rexeitamento de aumento de soldo por RO de 18 de outubro de 1849. Obriga de presentar fianza para o posto e protesta do alcaide, 1850-1853. Nomeamento de alcaide, 1856, outubro. Documentos de fianza, 1851-1856. Expediente e denuncia por malas prácticas, 1858, marzo- abril. Expediente de toma de posesión: prórrogas concedidas, R.O. de outubro de 1858 para que tome posesión do seu cargo sin demora tendo que presentar a fianza obrigatoria (1858, novembro). Cesante o 20 de decembro de 1858. Cese por R.O. de 18 de febreiro de 1859.

1854. Benigno María Cid. Expediente de denuncias presentadas contra o alcaide Benigno Cid por incumplimentos. Data: 1854

1857-1858. Antono Noguera y Díaz. Expediente do alcaide Antono Noguera y Díaz Data: 1857-1858. Expediente de reclamación de atrasos do alcaide Antonio Nogueras y Díaz, 1862 . - Alcaide Antonio Nogueras cesa no día 7-4-1858.

1858, 20 de decembro. Joaquín Yáñez Rodríguez.

1859. Jose de Prado Landeira. Comerciante de Vigo. Nomeamento por R.O. de 11 de marzo de 1859. -solicita a cancelación da fianza, 1860 -comunica o mal estado de saúde que padece para non poder recibir os efectos e enseres que son do establecemento, 1863 -comunica que non posee a chave de secretaria para poder acceder aos documentos indispensables no seu traballo, 1863 Datas: 1860-1863

1861 José María Villar. Continúa en 1863. Expediente formado por diversas comunicacións da Dirección do Lazareto (alcaide José María Villar) sobre varios asuntos: -gastos de material -compra de lancha -gardas fixos -expulsión dun mozo por venda ilegal -disputa entre soldados e pasaxeiros ... Data: 1861

- Expediente de nomeamentos, ceses e comunicacións de directores: -Castor de Prado y Alvarado -Onofre Rubín -Julián Paseiro -Benito Manuel López Datas: 1864-1865

18?? -1881. Eugenio Sequeiros Matos. Médico de Moaña nomeado aos 28 anos. En abril de 1881 renuncia ao cargo. Logo sería alcalde de Moaña (1888-1898) e deputado provincial dende 1901 ata o seu pasamento en 1903. Defensor da clase mariñeiro o seu nome pasaría a figurar nos rueiros de Cangas e Moaña.

189? Domingo Antonio Pazos. Faleceu estando no cargo en outubro de 1897.

1898 Enrique Moreno. Cando menos entre agosto do 1898 e setembro de 1899, época na que tivo que facer fronte á chegada dos repatriados de Cuba.

1??? Ildefonso Zabaleta. Cara a 1909-1911.

19?? Joaquín Nogueira. En 1915.



O bacteriólogo Dr. Salvat, o director do Lazareto Sr. Zabaleta e dúas monxas. Foto publicada en As illas de San Simón e San Antonio
O bacteriólogo Dr. Salvat, o director do Lazareto Sr. Zabaleta e dúas monxas. Foto publicada en As illas de San Simón e San Antonio


Teniente-Alcaide

1843 Eugenio de Torres Moreno. Expediente de nomeamentos de persoal, teniente alcaide 1843.

Expediente sobre suceso ocurrido entre teniente alcaide e carabinero en ausencia do alcaide do Lazareto. Data: 1850

1845 Expediente de previsión de prazas do persoal: -cargo de teniente alcaide interino: Juan Labarta

18??-1859 Hipólito Cabra cesa en San Simón e noméase de Mahón por R.O. de 17-6-1859

1859 Luis Patiño nomeado por R.O. de 17-6-1859.


Médicos-Directores

18??-1874. José Arias Carvajal,

1874. Adolfo Núñez. Nomeado en 1874.


Médicos e cirurxiáns

Período 1842-1854

1842-1843/1846. Francisco Julián Pérez. Suspendido tralo alzamento de Vigo en 1843. En 1845 solicita a reposición no cargo. Reposto en 1846.

1843-1848. Francisco de Paula Navarro Serrano. Cirurxián. Expediente de nomeamentos de persoal: -cirurxián, 1843. No cargo en 1845. Solicitude desestimada de aumento de soldo (por RO de 20 de xullo de 1848). Renuncia do cargo (por RO de 28 de marzo de 1848). Solicita ser reposto, 1849.

1845 Ramón Sarandeses Peña. -médico interino Data: 1845 Alcalde do Concello de Agolada cara a 1853-1855.

18?? Nicolás Fandiño Fontenla

1848Benigno María Cid en 1848 e 1853.

1853. Ramón Blanco. Expediente do médico consultor da Xunta de Sanidade: Ramón Blanco Data: 1853

185?-1859. Agustín Burset.

1859. Onofre de Rubín. Nomeamento de Onofre de Rubín e cese de Agustín Burset por Real Orde de 21 de maio de 1859.

1860. Julián Pereiro de Andújar. Expediente do médico do Lazareto Julián Pereiro de Andújar relacionado cos seguintes temas: -necesidades do hospital. Contén relacións de instrumental necesario -reclamación de vivenda digna -comunicación para que declare no xulgado polo estado de saúde do soldado Fermín Montero Data: 1860

1865. Expediente de nomeamentos e ceses dos médicos do Lazareto: -Saturio de Andrés y Hernández -Leopoldo Arnaud Datas: 1865

1871. Benito Suárez: nomeamento e cese en 1871.

1871. José Barros Carrete. Expediente do desprazamento do secretario de Sanidade do porto de Vigo, José Barros Carrete, ao lazareto para cubrir a praza de médico por ser necesario. Data: 1871

18?? Francisco Estévez Aires, licenza en 1871

18?? José Ventura Pérez, cese en 1871

1871 José Arias Carvajal, nomeamento en 1871.

1874. Ramón Pérez Burgos. Nomeado médico 2º en 1874.

18?? Nicolás Paz Pardo. Confírmase que continua como médico 2º en 1886 cando se rebaixan os soldos de varios traballadores do Lazareto pasando de cobrar 2.000 pesetas a 1.500.


Farmacéutico do Lazareto

185? José Benito Pardo

1854-1857 Jose Mª Chao: - reclama pagamento de subministros de farmacia durante a cuarentena de 1854. Data: 1856 - cese como subministrador de medicamentos e fumigacións e que se repoña no servizo a José Benito Pardo. Data: 1857

1857-1863. José Benito Pardo: -queixa por falta de asistencia das fumigacións, 1863 -cese como encargado dos subministros de medicamentos por R. Orde do 28 de setembro de 1863.

1865 Antonio Aguiar y Montserrat: -nomeamento de Antonio Aguiar y Montserrat como novo encargado por R. Orde de 19-05-1865. Cesado. Substituído por José Benito Pardo por R. Orde de 10-07-1865.

1865 José Benito Pardo.

18?? Agustín Irribaren. Cando menos dende 1896 ata 1904. En 1898 trocara a súa residencia de Redondela a Vigo.


Intérprete

1846 Indalecio Rubín de Velázquez. Reposto en 1846. Seguía en 1853. Expediente do intérprete: Indalecio Rubín de Velázquez Data: 1853

1861 Gervasio Seoane. Continúa en 1862.

1864. Expediente de nomeamentos, ceses e comunicacións de intérpretes: -Amador Ruiz García -Marcelino Ferrer Yañez Datas: 1864

1874 Jacobo Domínguez.


Secretario do Lazareto

1846 Francisco Ramón Rubín. Reposto en 1846. En 1948.

18??-1864. Fernando Romero, cese 1864.

18??-1871. Ángel Martínez Fortuny, cese en 1871.

1871 Manuel Villa y García, nomeamento 1871.

1886, febreiro. Manuel Criado López. En xuño dese ano se rebaixan os soldos de varios traballadores do Lazareto pasando de cobrar 2.000 pesetas a 1.500.


Porteiros

1862. Juan Fariñas. Nomeamento 1862.

1865. Manuel Pérez. José Rodríguez Docampo,

18??-1871. Francisco Paz, cese en 1871.

1871 Juan Vitros, nomeamento en 1871.


Celador

1874 Daniel Diéguez García


Encargado da cartería

1862 Domingo Baltar. Nomeamento 1862.


Escribinte Auxiliar

1862. José Gorvas Araújo

1865. Modesto Rodríguez Olivié


Conserxe do Lazareto

18?? Maximino Paseiro. Confirmado no posto en xuño de 1886 cando se rebaixan os soldos de varios traballadores do Lazareto pasando de cobrar 2.000 pesetas a 1.500.

1??? Manuel Vázquez Datán. Cesou en xaneiro de 1909 por unha reforma.


Cura

18?? B. Álvarez. Cando menos entre 1902 e 1904.

Capelán

1848. Víctor Suárez. En 1848-49 ábrese expediente para que devolva certa cantidade de cartos que se apropiou do finado Francisco Chimis.

1848. Andrés Navaza. Capelán en 1848 e 49.

1849 Juan Antonio González Troncoso. Nomeado por R. O. 27-2-1849.

1858 ou 59. cese de Francisco Vázquez

1858 ou 59 toma de posesión de Perfecto Rodríguez.

185?-1860. Fernando Rodríguez. Renuncia en 1860.

1860. Tomás Fernández. Nomeado en 1860.

Expediente do cura párroco do Lazareto e un conflito co alcaide. Data: 1862

18?? Andrés Pereira. En 1891.

19?? Herminio Fernández Domínguez. Deixou o cargo en novembro de 1912 ao ser nomeado ecónomo do Porriño.

1913 Honorato Fernández.


Carabineiro

18?? Juan Benavente. En 1852 solicita saír do lazareto para presentarse no Xulgado de 1ª instancia de Vigo.


Garda Fixo.

18?? Manuel Calvar. En 1852 solicita o pago de haberes atrasados.

1858. José María Márquez. A Xunta de Sanidade manifesta que D. José María Márquez garda fixo escribente interino do Lazareto de San Simón presentou a renuncia a este cargo por ter sido nomeado secretario do Concello do Rosal, 1858.

1858. Expedientes de nomeamentos e reclamacións de persoal: - Miguel Mª Vázquez, garda fixo escribinte - José Nogueira, garda fixo carpinteiro Data: 1858

1858 ou 59. Ramón Eduardo Couto. Escribinte- garda fixo Ramón Eduardo Couto solicita licenza. Datas: 1858-1859

Expediente contra un garda fixo e dous mariñeiros por desembarcar sen permiso na ribeira. Data: 1860

1861 Domingo Baltar

1861 José María Grovas. Continúa en 1864-65.

1862. Manuel Pérez.

1864-65: José Menéndez, José María Grobas, Ramón Bugarín, Juan Francisco Bugarín, Rafael Gómez Osorio, Mariano Pérez.

- Manuel Oliver, José María Morcira, Manuel Bouzón, José Benito Rivas, ceses. Datas: 1871


Gardas prácticos

1861 Juan José Pérez, Vicente de Lago.


Hotel e Fonda

Castor Garrido. En 1904.

1853. Expediente promovido pola Xunta de Sanidade sobre a supresión e peche da cantina e da fonda polos excesos que se cometen e polas tarifas de prezos non axustadas.

1857. Expediente de reclamación de Santiago Otero sobre a concesión do servizo da fonda a Manuel Pérez. Data: 1857

Expediente sobre comportamentos e outras queixa da Fonda do Lazareto (1862-1863): -excesos dun criado da fonda informado polo director, 1861 -queixas contra o dono por parte de Dionisio de Angulo, 1862 -soldados e outros pasaxeiros de varios buques que enferman por exceso de comida, informado polo médico e polo director, 1863 -alugueres que percibiu o fondista pola caseta que ocupa o boticario informado polo director, 1863 Datas: 1862-1863

Expediente de tarifas de precios de fonda -Lista impresa do Goberno da Provincia de Pontevedra cos precios de fonda , licores, refrescos e café, lavado e pranchado de roupas, xogos de villar e naipes. Asinado polo Gobernador. Pontevedra, 1861, xuño, 1. -lista coa tarifa de precios para os xogos de villar, tresillo e demais lícitos no Lazareto. Agosto, 1. 4 exemplares -lista coa tarifa do lavado e pranchado. Agosto, 1. 3 exemplares -lista coa tarifa de precios de fixos para a fonda, botellería, refrescos e café. Impreso, 4 exemplares. (s.d.) Data: 1861


Mariñeiro da Falúa

1856 Juan Pérez. Expediente sobre a separación do servizo do mariñeiro da falúa Juan Pérez. Data: 1856-1857.

18??-1858 Francisco Collazo

1858 José Villar, mariñeiro de 3ª da falúa, en reemplazo de Francisco Collazo Data: 1858-1859

18??-1871. Bernardo Beltrán, cese en 1871.

1871. Bernardino Miguez Villanueva. Nomeado en 1871.


18¿?-1874 Manuel Sobral Fernández. Cesa en 1874.

1874 Benito Conde, nomeado en 1874


Dependentes das falúas

1861 Domingo de Lago, Salustiano Coloret


Telegrafista

Comunicacións do Ministerio da Gobernación sobre a instalación de estación telegráfica Datas: 1863-1864


Varios cargos

Lazareto de San Simón >Expediente sobre persoal: -Manuel Pazo e Manuel Cameselle solicitan que se lles repoñan no destino que tiñan. Data: 1847

1865. Castor de Pedro y Alvarado, Vicente López y Zurbano, Marcelino Ferrer Yañez, Florencio Rivas Cuevas.


Lugar de lecer, 1927-1936

Celador

192? Jenaro Alonso Bouzón. No cargo en 1929.


Cárcere, 1936-1943

Director e subdirector do cárcere

1936 Fernando Lago Búa. Natural de Pontevedra. Director Provincial de Prisións e Director deste penal. Xunto ao médico Francisco Bustelo, foi xulgado por extorsionar aos presos sendo xulgados e fusilados o 5-1-1937.

1936-1937. Pelegrín González Velasco. Director veciño de Vigo e casado na Estrada, onde estivera destinado como funcionario da prisión do partido. No cargo dende a detención de Lago Búa ata principios do 1937. Volvería de forma provisional en 1939.

1937, marzo-1937, outubro. Carlos Hidalgo. Repetiría no cargo en 1938.

1937. Joaquín Fernández. Subdirector e administrador da prisión que exerceu coma director durante as ausencias de Carlos Hidalgo.

1937, outubro-1937, novembro. Claudio Pastor Valero.

1937. José Ruíz Giménez. Subdirector baixo a dirección de Claudio Pastor.

1938, xaneiro-marzo, 1939. Carlos Hidalgo.

1939, abril-1939, outubro. Constantino Cacho Lacal.

1939, finais-1940, xullo. Pelegrín González Velasco.

1940, agosto-1941, febreiro. Camilo Rey Avalos.

19?? Evencio. Subdirector e administrador, exerceu interinamente como director en períodos comprendidos entre a marcha do titular e a toma de posesión do novo nomeado.19?? Evencio. Subdirector e administrador, exerceu interinamente como director en períodos comprendidos entre a marcha do titular e a toma de posesión do novo nomeado.

1941-1942. Miguel Cudillero Angulo. Procedería do cárcere de Yeserías. Un expediente promovido polo cura e funcionarios do penal provocou o seu traslado a Segovia.

1943 José Acuña. En funcións.

Xefe de Prisións.

19?? Manuel Vicente Álvarez. A petición propia concedéuselle a xubilación en setembro de 1940.


Médico do penal.

1936 Francisco Bustelo Bustelo. Natural de A Coruña e establecido en Vigo. Xunto ao director, Fernando Lago Búa, foi xulgado por extorsionar aos presos sendo xulgados e fusilados o 5-1-1937.

1939 Teófilo Abad Fernández

1941, maio. Jesús Valverde Gutiérrez.


Funcionarios de prisións

Álvaro Cunqueiro “O Bisagras”. Natural de Cambados. Curmán do famoso escritor de igual nome e do primeiro alcalde franquista de Redondela, Francisco Cunqueiro Montenegro.

Francisco Padín Loureiro. De Cambados.

Couxo de Cambados”. Pode ser un dos anteriores.

Ramón Cajaraville.

Enrique de Gregorio

Desiderio Villafañe.

Segundo Álvarez Iglesias. De Canedo (Ourense). Dende 1938como funcionario na illa, vivindo coa súa muller e os seus 7 fillos. Chegou a exercer como director en 1940.

Jesús Valverde

Emilio Basterra

Antonio López

Miguel Carreira Castro. Garda de prisións natural de San Martiño (Lugo). Vivía na Illa coa súa muller e 11 fillos.

Emilio Torrado Sánchez. Veciño de Redondela, logo sería trasladado ao cárcere de Vigo.

Santiaguito

Boris Carlof”. Funcionario grande e con cara de poucos amigos.

José Acuña Lamas. Preso na Illa San Simón dende 1936, exerceu como administrador en funcións dende 1943 ata o seu peche. Antes da guerra fora secretario do Gobernador civil republicano da provincia de Pontevedra.


Militares.

Serafín Macías Rivera. Faleceu o 22-6-1938 na illa. Soldado do Rexemento de Mérida Nº35 con base en Vigo e encargado de protexer as illas.

Ramón Losada. Capitán á fronte da vixilancia en 1936, cando dirixía o penal Lago Búa.


Outros oficios nun censo de 1940.

Darío González Pazo. Mariñeiro, natural de Vigo

Julio Vilaboa Villar. Albanel de Vigo.

Ricardo Fernández Pérez. Carpinteiro de Vigo.


Monxas das Hermanas de San Vicente Paul (a partires de 1939)

Pilar Lomero Villanueva. Natural de Agües (Huesca). Superiora.

Vicenta Miguel Folgado. De Manises (Valencia)

Rosario Gómez Gutiérrez. De Hozo (Santander)

Modesta Cordeiro Santos. De Cangas do Morrazo.

Aquilina Cajete Fernández. De Carrelos (Ourense)

María Martínez Patiño. De Roza (A Coruña)


Capeláns

Petronilo Nieto Gómez. Famoso pola súa maldade cos presos.

Cirilo Sagasagoitia. Natural do País Vasco. Procedente da residencia dos RR. PP. Salesianos de Vigo.

Aquilino Alonso Martínez.

Serafín Álvarez


Deshabitada, 1943-1948


1948-1950. Albergue Nacional.


Fogar Méndez Núñez, 1954-1958

Director

Ángel Arines Escariz. Cando menos entre 1956 e 1957.

Luis Díez Sanz. Cando menos entre maio de 1959 e 1962.


Intendente

Luis Díez Sanz. En 1956.


Instrutor do Frente de Juventudes

Vázquez Gil. En 1956.


Mestres

Nicolás García

Alejandro Romeral


Celador

Gerardo Alonso. Mariñeiro e veciño de Redondela.


Capelán

Celestino Albán. Párroco da freguesía de Cesantes.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais.

Arquivo da Catedral de Santiago

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo Gallego, Gaceta de Galicia Diario de Santiago, El pueblo gallego, Boletín eclesiástico del Obispado de Tuy, Crónica de Pontevedra...

Centro de Documentación Local. Biblioteca Pública de Moaña =>

http://bibliomoana.blogspot.com.es/2015/06/un-alcalde-para-lembrar-eugenio.html

Fondo Casto Sampedro-Museo de Pontevedra: Acordo para traer material para a reconstrución do convento de San Simón (1705).

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

Arquivo da Deputación de Pontevedra. https://atopo.depo.gal

Xornais locais => La Idea

  


martes, 14 de abril de 2020

A Illa de San Simón. Historia

Illa de San Simón. Foto: J. Migueles, 2010
           
            A Illa de San Simón é en realidade un arquipélago formado polas illas de San Simón e San Antón unidas por unha ponte, ademais de varios illotes menores.
Trátase dunha illa chea de encanto xa que por ela pasaron Cabaleiros Templarios, o pirata Francis Drake e diferentes congregacións de monxes; inspirou ao poeta Mendiño a famosa cantiga de amigo Sedíame na Illa de San Simón; escenario da batalla de Rande e no pasado máis recente foi lazareto e cárcere durante a Guerra Civil.


Historia da Illa de San Simón

O feito histórico máis antigo do que temos referencia sería do ano 997, cando Almanzor asalta a fortaleza de Pontesampaio, os seus defensores escapan ata a illa de San Simón onde son masacrados. Os máis documentados serán o do viquingo Olav Harraldson, no 1014, e o do normando Easl Ulf no 1032.
No século XII os Caballeros Templarios (orde de monxes guerreiros) habitan a Illa de San Simón. Constrúen nela a igrexa chamada San Simón que lle da nome ata os nosos días. Trala disolución da orde o 22 de marzo de 1312 a Illa deixa de pertencer aos templarios, pasando á Coroa.
O 14 de setembro de 1317 o rei Enrique II dóalle ao Bispo de Tui, Juan de Castro, Vilavella e a Illa de San Simón xunto co castelo de Entenza e a vila de A Guarda.
Mendiño escribe a cantiga de amigo que fala da Illa de San Simón, obra do século XIII ou XIV.
O século XV é a época da revolta irmandiña e a loita dos señores pola posesión de territorio. A ría de Vigo será o lugar de enfrontamento entre o Arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca e Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga). A illa pertence aos señores de Soutomaior ata que en 1507 as súas forzas son expulsadas polos veciños de Redondela.
En 1517 o franciscano andaluz Fr. Juan Pascual, fundador dos Padres Pascualinos Recoletos de San José, aproveita a antiga igrexa dos Templarios para crear o cenobio Custodia de los Pascualinos de San Simón. Logo visitaría a illa Fr. Pedro de Alcantara, o seu segundo Custodio. Os ataques do corsario inglés Francis Drake, en 1585 e 1589, provocan que os pascualinos abandonen a Illa. En 1596 os monxes beneditinos de San Juan de Poio instálanse na illa de San Antón fuxindo dunha epidemia. Cinco anos máis tarde os franciscanos volven á Illa de San Simón e fan prevalecer os seus dereitos sobre os beneditinos que se ven na obriga de marchar.
A illa de San Simón sofre novos saqueos trala batalla de Rande coa vitoria da flota anglo-holandesa sobre a franco-española en 1702. Despois de numerosas invasións a orde franciscana obtén licenza para abandonar a illa no 1724. Pero non sería ata finais do 1746 cando se trasladarán ao lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, doado polo duque de Soutomaior.
1856 Gravado de R. Monleón. La Ilustración Española y Americana
 
Lazareto
A illa permanece abandonada ata que María Cristina de Borbón, coa Real Orde do 6 de xuño de 1838, concede permiso para a construción dun lazareto na Illa de San Simón, co fin de tratar aos enfermos dos barcos que debían pasar a corentena. Pasa deste xeito a depender do porto de Vigo, colaborando ao gran desenrolo económico desta cidade. As obras e os dereitos de explotación serían concedidos ao comerciante asentado en Vigo Norberto Velázquez Moreno. A illa de San Simón é unida mediante unha ponte á illa de San Antón, que dará acollida aos enfermos máis graves. No 1854 o lazareto pasa a depender do Estado debido a súa baixa rendibilidade.

En 1863 conséguese comunicar telegraficamente a illa de San Simón con Vigo mediante un cable submarino.


O 5 de xullo de 1898 España é derrotada por Estados Unidos trala perda da escuadra do contraalmirante Cervera na baía de Santiago de Cuba. O porto de Vigo convértese daquela nun lugar idóneo para a repatriación de Cuba e Santo Domingo das tropas por ser o máis occidental da Península, ter o calado suficiente e dispor do lazareto de San Simón. Durante a travesía moitos morreron de febre amarela, outras enfermidades que traían eran disentería e paludismo. O 28 de agosto chega o vapor Isla de Luzón. Saíra de Cuba con 2.213 persoas e xa deixara 32 mortos polo camiño. Desembarcan en San Simón 2 mortos máis, que son enterrados no cemiterio da propia illa, e 414 enfermos. Ao día seguinte trasládanse outros 50 doentes graves, quedando aínda no barco 30 enfermos dos que morren 3. Pasada a corentena varias gabarras levan ao porto de Vigo a 800 homes do barco e a 200 do lazareto, case todos necesitan angarellas e na illa aínda quedan 42 enfermos graves. A historia se repetiría ata a chegada do derradeiro barco o 6 de outubro. En pouco máis dun mes chegaron ao porto de Vigo 7.215 soldados e oficiais, sendo moitos os mortos durante a viaxe e a corentena, dos que 148 descansan no cemiterio de Pereiró (Vigo).

Illa SanSimón chegada de enfermos no barco hospital Alicante. Foto: La revista moderna, 1898
 
1927-1936. Abandono.
En 1927 a Illa deixa de funcionar como lazareto, converténdose en lugar de veraneo da crase alta viguesa. Atrás quedaban 12 anos de funcionamento como lazareto nos que pasaron por ela 2.349 naves.
Ao ano seguinte, a Gaceta do 1 de marzo de 1928 publica o proxecto de establecer o Aeroporto Nacional de Galicia en As Gándaras de Budiño (Porriño) e o Aeroporto Marítimo Nacional de Galicia na enseada de San Simón. Tamén se prevé o futuro traslado do aeroporto cando se rematen as obras de recheo no aeroporto marítimo de Cesantes. Por sorte para o ecosistema e ás xentes do mar non chegou a realizarse.

1936-1943. Cárcere.
Tralo comezo da Guerra Civil o xeneral Martínez Anido decide converter a illa en prisión, entrando en funcionamento o 1 de outubro de 1936. O primeiro director do centro e mais o médico extorsionaban ás familias dos reos que decidían fusilar. A situación normalizouse cando, ao seren descubertos, despois dun consello de guerra foron pasados polas armas. Outros momentos duros serían cando coa Caída do Norte fondeou xunto a illa o buque prisión vasco Upo Mendi e tamén cando, no 1938, trasladan á illa aos presos máis vellos das restantes cárceres españolas. A humidade, a fame e a masificación (chegou a acoller a 2.500 persoas) acabaría coa vida de moitos deles. En canto aos fusilamentos, tan só se realizaron unha vez na illa, a práctica común era sacar aos reos e matalos nas estradas próximas. Os cadáveres eran atopados nas cunetas polas mulleres que ían vender a Vigo e Pontevedra. No 1943 deixa de funcionar como cárcere, abandonando as instalacións os últimos presos.

Relación de presos na illa de San Simón, realizada por Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
 
 
Presos na Illa de San Simón. pontevedraconfollasverdes-3.bp.blogspot

1948-1950. Albergue Nacional.
Despois de cinco anos de deshabitada a Secretaría General del Movimiento decide que a illa sexa empregada como Albergue Nacional para uso e desfrute da Garda de Franco nos períodos de lecer. O 22 de agosto do 1950 morren 43 destes homes ao envorcar a lancha, chamada Monchita, que os conducía dende a Illa de San Simón ata Cesantes para ir xogar un partido de fútbol. O cruceiro que hai no Cobreiro (illote preto da Illa de San Simón) lembra o sucedido. O albergue sería pechado en 1958.

Barco do naufraxio. Foto: "Naufraxios no mar de Vigo". Francisco Díaz Guerrero.
 
1955-1963 Hogar Méndez Núñez.
En 1952, a Delegación provincial de Auxilio Social proxecta instalar na illa o “Hogar de Formación Marinera”, por iniciativa do delegado Luis Huesa Pérez, e co apoio do Gobernador civil, Elías Mario Palao Martialay. Non sería ata a Orde Ministerial do 27 de maio de 1955 cando se decide instalar na illa o Hogar Méndez Núñez para acoller aos orfos dos mariñeiros e de familias pouco favorecidas. Despois da realización de obras a inauguración oficial tería lugar o 21de agosto de 1954. Entraría en funcionamento o 2 de marzo de 1955.
Outra Orde Ministerial, esta do 9 de abril de 1963, ordena o traslado dos nenos á Residencia Santo Domingo Savio, coñecida popularmente como a Casa dos enanitos, sita na Xunqueira no lugar que hoxe ocupan os Xulgados. A Illa é novamente abandonada.

Nenos do Fogar Méndez Núñez. Foto publicada no Diario de Pontevedra-

Abandono e rehabilitación
En 1966 pasou a depender do Ministerio de Información e Turismo, coa intención de transformalo nun centro turístico pero nunca se levou a cabo. Este non é mais que un exemplo dos moitos proxectos propostos dende os anos 20 ata o día de hoxe polos diferentes sectores da administración pública aos que pertenceu a illa, outros serían: parador de turismo, casino, museo marítimo, facultade de Ciencias do Mar...
En marzo de 1973 o Concello de Redondela agrega a illa de San Simón no seu Plan de Ordenación, o que orixinou que Vigo reclamara a súa propiedade. O contencioso alargouse no tempo, ata que o 21 de decembro de 1981, o Ministerio de Administración Territorial deulle a razón ao concello de Redondela.
O 18 de xullo de 1992 os creadores do documental “Aillados”, que narra os anos en que a illa funcionou como cárcere, organizan unha visita á San Simón para os superviventes que estiveron alí presos.
En 1998 a Xunta, sendo Conselleiro de Cultura o redondelán Jesús Pérez Varela, comeza os traballos de rehabilitación.
            En virtude do decreto 237/1999 do 29 de xullo é declarada BIC con categoría de "sitio histórico".
            No período do bipartidismo en Galicia é chamada Illa da Memoria. No 2009 o goberno popular trócalle o nome por Illa do Pensamento.
            Na actualidade a Illa de San Simón acolle multitude de actividades como: visitas guiadas, campamentos de verán, Festival Sin Sal, Batalla de Rande (travesía a nado), Con Barqueira e Remador (Taller internacional de tradución poética), San Simón Fiddle Camp (Campamento de música)...
 
Illa de San Simón. Foto: Saturno Cal-Vida Gallega, 1928
 
Autor: Juan Migueles

 
BIBLIOGRAFÍA
Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón. Antonio Caeiro, Juan A. González e Clara Mª de Saá.
A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo López. Ed. Xerais.
Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais.
As Illas de San Simón. Aproximación a súa historia. J.A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.
Enseada de San Simón. Achegamento ó seu medio natural. Xoán Ignacio Amoedo Lueiro.
Historia de las Rías. (2 Volumes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.
SEREN
Nº4. San Simón, Illa da memoria. Datos sobre os capeláns. Avelino Bouzón Gallego.
1768 España_sagrada_theatro_geográphico_histórico.

Vía Vigo. El Cable Inglés y el Cable Alemán. José Ramón Cabanelas. Instituto de Estudios Vigueses (2013)

La Voz de Galicia.
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego
Aportes: Olga Rodríguez Puga e Mª del Carmen Valle