Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro L. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiro L. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de mayo de 2023

José Lago Ochoa (Cesantes (Redondela), 1964)_Oficial da Mariña

 

José Lago Ochoa. Faro de Vigo
José Lago Ochoa. Faro de Vigo

Comandante do patrulleiro “Espalmador”, dragaminas “Genil”, buque de apoio a submarinistas “Neptuno”, fragata “Méndez Núñez” e LHD “Juan Carlos I”, co que realizou a súa primeira misión no exterior, concretamente en Kuwait, no Golfo Pérsico, entre maio e xuño de 2018.

Durante a súa traxectoria militar desempeñou diversos destinos en terra no Estado Maior, na Unión Europea e como oficial de enlace naval para a Operación “Libertad Duradera” en 2004.

Anteriormente, durante a guerra do Golfo exerceu como de alférez de navío na corveta “Diana”.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Faro de Vigo.

Atlántico Diario.


domingo, 20 de noviembre de 2022

Lorenzo Docampo, Enrique (Vigo, 1892/Vigo, 1981)

 

Enrique Lorenzo. Publicada en Vigoempresa
Enrique Lorenzo. Publicada en Vigoempresa

Despois de estar emigrado en Arxentina (1911-1915), volveu a Vigo onde comeza a traballar no sector naval, co-fundando en 1919 unha empresa de caldeiraría, que sería o xerme das Factorías Vulcano. Esta empresa sería un referente en Vigo na construción naval durante os anos 60. Gabábase de coñecer o nome de todos os seus numerosos empregados. Creou unha cooperativa para proporcionar vivenda a moitos deles e patrocinou a un club de balonmán que chegou a disputar a primeira división. Ligado a esta empresa tamén posuía unha serraría na Estrada de Pazos, en Reboreda. Para outro dos seus negocios construíu un embarcadoiro en Trasmañó para a comercialización de grava. Outros dos seus negocios sería a conserveira “Conservas La Guía”, que abriu en 1958 en Meira (Moaña), e Aceros de Galicia y Sumna, de suministros metalúrxicos navais.

A nivel político foi presidente da Deputación de Pontevedra durante sete anos (1963-1970), logo de acceder por vez primeira a ela, como deputado, en 1960. Nese mesmo período foi Procurador nas Cortes como representante das deputacións provinciais.

Moi involucrado na vida social viguesa, sendo membro da xunta directiva da Cámara de Comercio de Vigo, conselleiro do Banco de Vigo, censor de cuentas de Tranvías Eléctricos de Vigo, presidente do Centro de Hijos de Vigo, directivo do Club de Campo de Vigo e presidente fundador do Real Aero Club de Vigo. Dentro das iniciativas deportivas do Aero Club destacan a construción do primeiro campo de golf da provincia e a creación do Rally Rías Baixas. Ademais era un gran afeccionado do Celta e tiña un palco en Balaídos.

Estaba casado con Maruja Feijoo Alfaya, filla de Ramón Feijoo e Genoveva Alfaya, neta de Fermín Alfaya Milijosa. Era propietaria do Pazo de Pousadouro, en Reboreda, e a finca Meu Lar, en Redondela. Residían na Praza de España en Vigo, nunha casa obra do arquitecto Gómez Román, e que actualmente (2022) está alugada pola Fundación Celta de Vigo. Empregaban Meu Lar como segunda residencia, mentres que, nos 50, encargaron a reforma do pazo ao mesmo arquitecto, pero tan só o empregaron para celebracións familiares.

En 1968 recibiu a Orde do Mérito Civil e unha rúa de Vigo leva o seu nome. Enrique falecería aos 89 anos, o 20 de novembro de 1981. Está enterrado no cemiterio de Pereiró, en Vigo. Factorías Vulcano inunciaría a súa liquidación en 2019.


Vulcano anos 30-Facebook RecuerdaVigo
Vulcano anos 30-Facebook RecuerdaVigo



Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Vigo Empresa. https://www.vigoempresa.com/enrique-lorenzo-docampomemoria-de-un-gran-vigues-y-hombre-singular/

Aportes Gonzalo Amoedo e Antonio Cobián

Wikipedia.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, La Noche...

 

 

 


martes, 14 de junio de 2022

José Alejandro López (Buenos Aires (Arxentina), 1905)

 

Portada dun libro de José Alejandro López

        Cirurxián. Descendente de galegos, o seu pai era de Redondela e a súa nai dunha aldea preto de Santiago de Compostela. Graduouse en menciña antes da maioría de idade. En 1973 publicou en Buenos Aires: La hernia inguinal simple (su tratamiento quirúrgico). Este sería o primeiro libro de cirurxía en ser publicado en galego. Desde 1962 todos os anos visitaba España coa súa esposa, que era tamén arxentina, pero descendente de asturianos. Foi director e subdirector do Hospital Español de Buenos Aires onde traballou durante toda a súa carreira. Membro de varias sociedades noutros países como as de Patología Digestiva e a de Proctología en España ou a de Menciña e Cirurxía en Río de Janeiro.

Entre as súas publicacións podemos citar:

Parasitología humana.

Manual de la instrumentadora.

Mientras sangra el bisturí. José Alejandro López. Ed. Plus Ultra.

De la medicina y de los médicos: aforísmos médico quirúrgicos: recordando: adiós a la cirugía. José Alejandro López. Ed. Marymar. Buenos Aires, 1977.

Cirugía y cirujanos. José Alejandro López. Ed. Marymar. Buenos Aires


        Tamén exerceu como xornalista e escritor publicando:

Embrujo español.

Cantares de tierra y cielo. (Poesía).

Adiós doctor, La vida de un medico rural


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

National Library of Medicine Current Catalog: Cumulative listing, Volumen 2. National Library of Medicine (U.S.)

La Voz de Galicia

Mientras sangra el bisturí. José Alejandro López. Ed. Plus Ultra.

 

domingo, 26 de diciembre de 2021

Concepto López Lorenzo (Vigo, 18??/Reboreda, 1918) _Empresario / Emigrante retornado.


Concepto López. Foto: Vida Gallega
Concepto López. Foto: Vida Gallega

Emigrante enriquecido en Arxentina, en 1914, adquiriu o pazo de Torres Agrelo que rebautizou co nome de La Tapera, que en algúns países de América significa casa en ruínas e abandonada, e que hoxe en día non se emprega. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )

En 1911 foi principal accionista e fundador, xunto aos tamén indianos Manuel Losada e Martín Echegaray, de Tranvías Eléctricos de Vigo. Na primeira asemblea desta sociedade celebrada o 1 de abril, da que formaba parte como vogal é nomeado Presidente Honorario xunto a Manuel Losada. Tamén aportou capital á empresa de electricidade Electra Popular de Vigo y Redondela, polo que estivo moi ligado ao desenrolo industrial da Cidade Olívica.

Era sogro de Carlos Gunche, enxeñeiro de orixe arxentino propietario da Industria Metalífera Española (IME) na Portela (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html ), e avó de Raúl Carlos Gunche López, quen sería nomeado alcalde nos anos 40. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )

Concepto López falecería de forma tráxica en 1918 durante a tala dunha árbore no citado Pazo de Torres Agrelo. Nos xornais da época contábase que estaba supervisando os traballos cando unha póla caeulle enriba, pero algún houbo que adornou o relato atribuíndolle un épico final no que falecía ao salvar a unha criada de falecer aplastada.


Fotos: Vida Gallega
Fotos: Vida Gallega


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

SEREN

Nº1. O pazo como elemento diferenciador da cultura de noso. Telmo Crespo Tojeiro.

Nº3. Heráldica de Redondela. Ernesto Iglesias Almeida.

Guía didáctica para escolares: Nº3. Arquitectura e urbanismo en Redondela. Alfonso Sotelo Ramos.

Pazos y torres. Inventario de la provincia de Pontevedra. Tomo I. Juan M. López-Chaves Meléndez / Grato E. Amor Moreno. Ed. Diputación de Pontevedra.

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

Redondeláns. Web de X. Docampo e C. Milleiro

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> Hoja Oficial del Lunes (Vigo), Gaceta de Galicia (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), Diario de Galicia (Santiago), El Progreso (Pontevedra), Vida Gallega...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es =>El Imparcial...

Faro de Vigo

http://www.farodevigo.es/servicios/hemeroteca/hemeroteca.jsp

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Torres Agrelo => http://www.torresagrelo.com/

Torres Agrelo => Galicia Agraria-blog. De Lisboa a Peñaranda. Los negocios harineros de un emigrante de Covelo

Los tranvías de Vigo en el recuerdo. Juanjo Olaizola. http://www.mundo-ferroviario.es/index.php/historia/18367-los-tranvias-de-vigo-en-el-recuerdo

Tranvías eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad. Fernando Torres Carbajo. https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/tranvias-electricos-una-empresa-emblematica-de-nuestra-ciudad/

sábado, 18 de abril de 2020

María Luisa López López. A primeira Secretaria de Concello de España.

Foto: Faro de Vigo
        En 1964 foi nomeada secretaria do Concello de Redondela María Luisa López y López, converténdose na primeira muller en ocupar este posto en España. A vocación víñalle de familia, xa que o seu pai era Xefe de Negociado da Administración Local e o seu avó fora secretario do Concello de Monforte de Lemos. A súa preparación estaba fóra de toda dúbida xa que estudara Dereito, Maxisterio, Graduado Social e atopábase empezando Ciencias Económicas. Fora a única que pasou o primeiro exame da oposición de sete mulleres que se presentaron. Despois de case tres anos no cargo, en marzo de 1967, sería trasladada ao Concello de Padrón sendo despedida cunha cea homenaxe.
        Teñamos en conta que dende 1950 se suprimiran seis profesións ás que tiña acceso a muller con anterioridade: Carreira Diplomática, Notaría, Rexistro da Propiedade, Estadísticos Técnicos, Estadísticos Facultativos e Corpo Administrativo de Aduanas. Ademais en 1964 a muller tiña vetado o acceso a 42 oficios, tales como a matanza de reses bravas, buzo... Se a iso sumamos os empregos non recoñecidos, como podían ser o traballo no campo ou o marisqueo, é de entender que a poboación activa en España rondaba o millón setecentas mil mulleres.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego

A incorporación da muller ao mercado laboral.

Ernestina Otero coa súa familia. Arquivo Manuel Puga
Ernestina Otero coa súa familia. Arquivo Manuel Puga
           

Como xa cito no apartado adicado ás escolas, (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html ) no tomo II do Censo de Población de España, publicado en 1924, recóllese que a provincia de Pontevedra contaba en 1900 con 457.262 habitantes, dos que 315.228 eran analfabetos. En 1920 a situación mellorara un pouco e de 533.419, non sabían ler nin escribir 287.996. Máis da metade dos españois eran analfabetos, o 52’23%. En Pontevedra o número de analfabetos situábase por riba da media cun 53’99. Redondela era o concello máis castigado da provincia cun 60’58% de analfabetos. As máis prexudicadas destas tremendas estadísticas serían as mulleres, apesares de iniciativas como a levada a cabo en 1917 de abrir en Redondela unha escola nocturna para mulleres adultas.

Maioritariamente as mulleres traballaban na casa, no campo, no mar e vendendo polas vilas e feiras. A posibilidade de ter un traballo remunerado pasaba pola industria salgadura, que deron paso ás conserveiras e empresas análogas como Copiba e posteriormente Pescanova. As que tiñan a sorte de seguir cos estudos accedía a Maxisterio, titulación tradicionalmente con maioría feminina. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-l.html ) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-m-z.html ) Destacar aquí como precursoras ás primeiras catedráticas, Ernestina Otero Sestelo (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/otero-sestelo-ernestina-vilavella.html ) e Sara Leirós Fernández (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/leiros-fernandez-sara-redondela-1897.html ), se ben é certo que a segunda é menos coñecida por seguir a corrente da escola tradicional, o mesmo que sucede coa súa irmá María de los Ángeles, mestra de Historia no Instituto provincial de Ourense. Tamén podemos citar a Placer Vidal Portela, durante moitos anos mestra de Redondela, que en 1939 foi nomeada inspectora de Primeiro Ensino, aínda que de xeito provisional.

Durante a Guerra Civil e os anos posteriores, vívese en Redondela o gran crecemento da empresa téxtil Regojo e en menor medida da fábrica de cepillos, provocando a entrada de moitas mulleres no sector industrial.

Nesta época a muller tamén comeza a abrirse paso noutros sectores como o da sanidade. Gemma Pereira Otero, a mediados dos 30, sería a primeira licenciada en Farmacia de Redondela, poñéndose á fronte da farmacia do seu pai, Luis Juan Pereira Míguez, despois do falecemento deste. Estaba situada na praza Figueroa e nos 50 estaría rexentada por outra muller, María del Pilar Amaro de Velo. Despois seguiría os seus pasos Mª Rita Lima Díaz que rexentaría farmacia trala morte do seu esposo Luis Pereira, irmán de Gemma. Temos que ter en conta que nesa época o máis parecido a unha médica en Redondela era unha comadrona, sendo as máis antigas das que atopei noticias: María Novás, en 1910: e Juana Novás e Evelia Pereira, en 1925. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/sanidade.html )

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Ver os apartados: Persoeiros>Educación / Escolas / Empresas / Cargos públicos>Sanidade/Persoeiros L e O.

http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Correo Gallego

Aportes: Manuel Puga.

 

domingo, 12 de abril de 2020

Gustavo Luca de Tena de Haz (Cedeira (Redondela), 1946) Xornalista e tradutor

Foto: www.setmanaridirecta.info

Un dos máis destacados protagonistas da renovación xornalística en Galicia. Director de La Hoja del Lunes, xefe de sección en La Voz de Galicia, formou parte do consello de redacción de Can sen dono e exerceu de redactor en El Pueblo Gallego, ABC e A Nosa Terra. Traballou en Radio Madrid e foi correspondente de Cuadernos para el diálogo. Tradutor de literatura anglosaxona ao galego. É autor do estudio “Lengua, cultura y periodismo en Galicia 1845-1936”.

En 1962 recibiu o premio Martín Codax que compartiu con Cuco Cerecedo e o fotógrafo Secundino Iglesias pola serie As Rías Baixas, publicada en El Pueblo Gallego.


Obras:

Lengua, cultura y periodismo en Galicia 1876-1936 (1970).

Noticias de América (1993).

Fraga, retrato de un fascista (2001).



Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Industrias pesqueras: revista maritima quincenal: Volumen 63,Números 1523-1535

books.google.esServicios Industriales Pesqueros (Firm) - 1990

La Voz de Galicia 

Wikipedia 

Aportes Gonzalo Amoedo

 

López Vázquez Ballesteros, Ramón María (Vilavella 29-05-1807/ ¿?)

          Colexial de Fonseca. Membro da Audiencia de Cáceres en 1833. En 1839 era Maxistrado Decano da Audiencia Territorial de Oviedo. En decembro de 1843 foi nomeado asesor da superintendencia da Facenda pública. Membro do Partido Moderado. Elixido Deputado a Cortes pola circunscrición de Pontevedra en 9 ocasións (as 4 últimas polo distrito de Tui) entre 1837 e 1851. Senador Vitalicio 1861-1862. O 30 de outubro de 1857 é nomeado Presidente da Sala do Tribunal Supremo de Xustiza, xubilándose en 1869. Supernumerario da Orde de Carlos III en 1846 e Gran Cruz en 1864. Comandante.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Senado.es

López Vázquez Ballesteros. Politicos. Publicado por Xosé Docampo en Xenealoxía.org

1838 Noticia de los señores colegiales huéspedes y actuales del Colegio Mayor de Fonseca
Boletín de Noticias (1843, varios números)
El Eco de Galicia (1851, varios números)
La Oliva, El Iris de Galicia, Boletín Judicial de Galicia

Lemos de los Reyes, Ángel “Mojica” (Vigo 1-3-1917/A Estrada 5-12-2002) Pintor

Foto: www.terra.es
Pintor que realizou exposicións por toda a xeografía galega, Palma de Mallorca, Bos Aires, etc., con obras en coleccións privadas por todo o mundo. Pasou a súa infancia en Redondela. Con 15 ou 16 anos co seu amigo Ramonet colle un tren correo con dirección a Madrid coa esperanza de ser alguén no mundo da arte. En León a policía os manda de volta, pero son recibidos como heroes e as coplas populares deron conta da súa aventura. Despois embarcaría en Vigo de polizón pero foi descuberto e desembarcado en Lisboa. Tras a Guerra Civil tentaríao de novo logrando esta vez chegar a Bos Aires. Regresa a España no 1977 establecéndose definitivamente na Estrada.
Foto: www.terra.es


Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
20130415 El País
19880511 La Voz de Galicia

Sara Leirós Fernández (As Neves, 1897-Santiago de Compostela, 1978) Mestra e escritora

Foto: "A Escola Normal de Santiago de Compostela"
        
      

        Naceu en As Neves pero axiña viu vivir a Redondela de onde era natural a súa nai. Realizou os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio en Madrid. Despois de exercer en varias escolas primarias accedeu ao cargo de mestra numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929. Formou parte dun grupo de mestres e inspectores que na primavera de 1936 visitaron Francia, Bélxica, Holanda, Suiza e Italia; co fin de coñecer de primeira man as novas correntes educativas implantadas en Europa. Despois da Guerra Civil exerceu como mestra de Xeografía e Historia na Escola Normal do Maxisterio feminino de Santiago de Compostela. Traballou neste centro, do que foi directora accidental en 1960, ata a súa xubilación.

        O seu pensamento altamente tradicionalista e relixioso pode considerarse a antítese da pedagoxía impulsada por Ernestina Otero Sestelo. Como mostra basta con ler os títulos das obras que publicou:
 
Compendio de Geografía General, 1934.
El Padre Feijoo. Sus ideas crítico-filosóficas, Santiago, Paredes, 1935
La Gracia y María en tu escuela, 1954.
El existencialismo en la educación, Paredes, Santiago, 1959.
El Cuidado, 1963
El Padre Feijoo: su magisterio. Antología de sus obras, La Voz de la Verdad, Lugo, 1967.
Pedagogía y salvación en la mentalidad hispánicas, 1967
Mi esperanza de siempre vivir, 1968.
Despliegue, 1973.
Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual, 1973
Por el camino, El Eco franciscano, Santiago, 1975.

Autor: Juan Migueles

 
BIBLIOGRAFÍA
A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a ...‎ - Página 179. Aurora Marco, Anxo Serafín Porto Ucha - 2000 - 378 páginas
Sara Leirós por Xosé Bangueses García. Publicado en Feminismo, Mulleres: intrépidas, valerosas.
Sara Leirós Fernández por Antón Costa Rico en www.culturagalega.org
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Galicia, El Noticiero de Vigo, El Pueblo Gallego
Aportes: Sara Leirós Lobeiras

Leirós Fernández, Eladio (Redondela, 14-9-1897 / Santiago, 4-12-1977) Relixioso, escritor e mestre

Cara a 1965. Foto: liturgia.mforos
         Cóengo arquiveiro das Catedrais de Ourense e Santiago, Chantre da Catedral de Santiago, doutor en Filosofía e diplomado en Psicoloxía pola Universidade de Madrid e pola Academia Santo Tomás de Roma, doutor en Teoloxía e Filosofía pola Universidade Gregoriana, catedrático en filosofía nos Seminarios de Tui, Ourense e Santiago, catedrático de Filosofía nos Institutos de Ponferrada e Arzobispo Gelmírez, mestre de Filosofía en varios institutos de ensino medio, ingresou como membro correspondente na Real Academia Galega en 1945.
         Escribiu numerosos traballos, moitos deles publicados no Boletín da Real Academia Galega, nos Boletíns da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos, de Ourense e Lugo e en revistas como “El Museo de Pontevedra” ou “Compostellanum” entre outras. Tamén colaborou co xornal “El Compostelano” de Santiago.
         Algunhas das súas obras:
El deambulatorio de la catedral de Ourense, 1948.
Catálogo de los archivos monacales de la S. I. Catedral de Ourense, 1951.
Documentos sobre los puentes de Orense, (comparte autoría coa súa irmá Mª de los Ángeles)
Don Enrique IV y el Arzobispo de la Catedral de Santiago de Compostela, 1956.
El espíritu de Juan XXIII en torno al “Diario del alma”, 1973
San José en el orden sobrenatural, 1975.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Don Eladio Leirós Fernández. Uxío Torre Enciso. 1980 Boletín nº 360 Real Academia Galega
Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Galicia, El Ideal Gallego, El Correo de Galicia, La Noche, El Pueblo Gallego

martes, 7 de abril de 2020

Libros. Arte

Lino Lago. Ed. Xunta de Galicia
Redondela Hoxe. Arte na fin do milenio. Ed. Xunta de Galicia


Autor: Juan Migueles

lunes, 30 de marzo de 2020

López Vázquez Ballesteros, Joaquín (Vilavella-Redondela, S. XIX) Político.

Irmán de Ramón María. Deputado a Cortes 3 veces pola provincia de Pontevedra (1843-44 e 51) e 1 pola de Ourense (1844). Gobernador da provincia de Murcia. Supernumerario da Orde de Carlos III en 1830.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Senado.es

López Vázquez Ballesteros. Politicos. Publicado por Xosé Docampo en Xenealoxía.org

1838 Noticia de los señores colegiales huéspedes y actuales del Colegio Mayor de Fonseca
Boletín de Noticias (1843, varios números)
El Eco de Galicia (1851, varios números)
La Oliva, El Iris de Galicia, Boletín Judicial de Galicia

María de los Ángeles Leirós Fernández (Redondela, 1912) Mestra


         Estudou Maxisterio en Ourense e acadou o título de doutora en Historia. Mestra de Historia no Instituto provincial de Ourense, nos cursos 1937 e 1938, 1946-1947 e dende 1951 ata 1958. Co seu irmán Eladio Leirós Fernández escribiu o libro Documentos sobre los puentes de Orense.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
mulleresourensas.blogspot.com.es

Lago, Lino (Redondela, 1973) Pintor.

Foto: ourensedixital.com

Pintor hiperrealista. Licenciado en Bellas Artes na Universidad Complutense de Madrid. Estableceuse en Lituania. Parte da súa obra foi adquirida entre outros por: Museo de la “Fundación de las Artes y los Artistas” de Barcelona, Banco Central Hispano, Paradores, “Bite” Lituania, Zona Franca Vigo ou Caixanova. Ten realizado exposicións en New York, La Habana, Shangai, Madrid, Berlín ou Copenhague

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
La Voz de Galicia
Faro de Vigo

Isaura Lago (Negros-Redondela) Poetisa

Foto: Concello de Redondela, 2019
         Ten publicado o libro “Primaveras marchitas”. Pertence á Agrupación Poética Brétema de Vigo, participando en dúas antoloxías deste colectivo. Recibiu no 2017 o 1º premio no Certame de Poesía Feliciano Rolán.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Agrupación Poética Brétema